miércoles, 21 de enero de 2026

AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS DE PERSOAS CONSUMIDORAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN, FORMACIÓN E DIVULGACIÓN EN MATERIA DE CONSUMO

 Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2025 pola que se convoca e regula, mediante tramitación anticipada de gasto e en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2026, a concesión de axudas ás asociacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de diversas actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo (código de procedemento CO400B).

Obxecto
As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización, por parte das asociacións de consumidores inscritas na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia, dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración de enerxía, comercio electrónico seguro, intelixencia artificial, vivenda e servizos financeiros, coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes. Este prazo iniciarase ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O último día de presentación de solicitudes finalizará ás 20.00 horas. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.