miércoles, 27 de marzo de 2013

PLAN RENOVE CALDEIRAS INDUSTRIAIS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Obxecto: Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de axudas dirixidas á substitución de caldeiras pertencentes a procesos industriais que utilizan como combustible fuelóleo, gasóleo ou calquera outro combustible non renovable, por caldeiras de alta eficiencia que utilicen gas natural co fin de acadar redución do consumo de enerxía das empresas e os conseguintes aforros en termos económicos.

Prazo de Presentación: Dende as 9.00 horas do 4 de abril ata as 14.00 horas do 2 de setembro de 2013.

lunes, 11 de marzo de 2013

PROGRAMA DE AXUDAS ECONOMICAS INDIVIDUAIS A GALEGOS RESIDENTES NO EXTERIOR


Obxecto: convocatoria do programa de axudas económicas individuais e de carácter social para o ano 2013 en réxime de concorrencia non competitiva e as bases que o rexen.
Vai dirixido aos emigrantes de orixe galega que posúan a nacionalidade española e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se encontren en situación de precariedade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir necesidades básicas de subsistencia e a atención sociosanitaria.
Prazo de presentación: ata 20 de abril.

jueves, 7 de marzo de 2013

AXUDAS PARA TRANSFORMACION E COMERCIALIZACION DE PRODUTOS AGRARIOS E FORESTAIS

 
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto.- Esta orde ten por obxecto establecer as bases das axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar para os investimentos en mellora das condicións de transformación e comercialización dos produtos agrarios e forestais para o período 2007-2013 e convocar as cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio orzamentario de 2013. A concesión destas axudas efectuarase mediante concorrencia competitiva.
Beneficiarios.- Persoas físicas e xurídicas que teñan unha actividade económica, sexan titulares das instalacións obxecto de axuda, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables. As corporacions locais non poderán ser beneficiarias destas axudas.
Prazo solicitude: ata 7 de abril de 2013.


miércoles, 6 de marzo de 2013

BOLSA FORMATIVA NO EIDO DA ARTESANIA

DEPUTACION DE LUGO

ANUNCIO DE CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DUNHA BOLSA FORMATIVA NO EIDO DA ARTESANÍA QUE TEN POR OBXECTO CONSOLIDAR O SECTOR ARTESANAL MEDIANTE A SÚA PROFESIONALIZACIÓN, DESTINADA AO ÁREA DE ARTESANIA E DESEÑO, DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO (2013 – 2014)

Obxecto: O obxecto da presente convocatoria é conceder, en réxime de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia e concorrencia competitiva, unha axuda para novos/as menores de trinta anos con interese demostrable no ámbito do deseño e da artesanía, cunha formación mínima de bacharel e formación complementaria no eido da artesanía e o deseño, que desexen ampliar a súa formación práctica nas dependencias do CENTRAD, nalgunha das materias que son da súa competencia. Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

martes, 5 de marzo de 2013

CONVOCATORIA DE BOLSAS FORMATIVAS

DEPUTACION DE LUGO

CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DUNHA BOLSA FORMATIVA DE XORNALISMO PARA ÁREA DE CULTURA, TURISMO, ENSINO, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PATRIMONIO HISTÓRICO DA DEPUTACIÓN DE LUGO 2013 – 2014

 OBXECTO.-
Por medio destas bases establécense os criterios reguladores para proceder á convocatoria dunha bolsa formativa para colaborar no programa formativo de Cultura e Xornalismo para o ano 2013 – 2014. Nas presentes bases e tamén nos anexos (I, II e III) detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes. O bolseiro/a realizarán a súa actividade na Área de Cultura, Turismo Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo.

A bolsa regulada nas presentes bases - concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia. Con esta Bolsa formativa, a Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo pretende non só impulsar o coñecemento e maila conservación do Patrimonio Cultural lucense, senón que tamén - e unha vez máis – fomentar a formación dos profesionais universitarios.

CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE UNHA BOLSA FORMATIVA DE MEMORIA HISTÓRICA PARA A ÁREA  DE CULTURA, TURISMO, ENSINO, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PATRIMONIO HISTÓRICO DA DEPUTACIÓN DE LUGO 2013 – 2014.

OBXECTO.- Por medio destas bases establécense os criterios reguladores para proceder á convocatoria
de unha bolsa formativa para colaborar no programa formativo de Memoria Histórica para o ano 2013 – 2014. Nas presentes bases e tamén nos anexos (I, II e III) detállanse os requisitos específicos e obrigatorios que deben reunir as persoas solicitantes. O bolseiro/a realizará a súa actividade no Servizo de Cultura da Deputación de Lugo, sendo os seus obxectivos a revisión e a catalogación do material de investigación que se estime oportuno durante a duración temporal da bolsa.

A bolsa reguladas nestas bases - concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios
de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Con esta bolsa formativa, o Servizo de Cultura da Deputación de Lugo pretende non só impulsar o coñecemento e maila conservación do Patrimonio Cultural lucense, senón que tamén - e unha vez máis – fomentar a formación dos profesionais universitarios.

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 15 de marzo de 2013