viernes, 26 de febrero de 2021

AXUDAS PARA ACCIÓNS SILVÍCOLAS DE PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E PARA O INCREMENTO DA CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN E DO VALOR AMBIENTAL DOS ECOSISTEMAS FORESTAIS

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR605A).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento administrativo MR605A), e se convocan para o ano 2021, a través de dúas liñas de axuda.
2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:
a) Liña I (medida Feader 8.3): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.
b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.
3. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1.c), 21.1.d), 24 e 25 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello (DOUE 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado, por última vez, mediante a Decisión de execución da Comisión C (2020) 8432 final, do 25 de novembro de 2020.

Beneficiarios
1. Serán beneficiarios as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do arrendatario do terreo a un terceiro.
2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas, as entidades locais e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.
3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
5. As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre, polo menos, unha das seguintes circunstancias:
a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
7. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 17 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE INCLUSIÓN NAS LISTAS PARA NOMEAMENTO DE PERSOAL INTERINO PARA O DESEMPEÑO CON CARÁCTER TRANSITORIO DE PRAZAS RESERVADAS A FUNCIONARIOS INTERINOS E A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, e se aproba o modelo normalizado de solicitude (código de procedemento AP522T).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aprobar e dar publicidade ao modelo normalizado de solicitude que se xunta como anexo I a esta orde (código de procedemento administrativo AP522T), así como a outros modelos normalizados aplicables na tramitación do procedemento de presentación de solicitudes (anexos II e III).

Persoas solicitantes
Poderán presentar solicitude todas aquelas persoas que queiran formar parte das listas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a cobertura temporal de postos reservados a persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, e que consideren que cumpren os requisitos establecidos no artigo 8 do Decreto 37/2006 para poder inscribirse nas listas.

Requisitos
1. Serán requisitos indispensables para poder inscribirse nas listas posuír a titulación ou formación académica exixida para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade e os demais requisitos legalmente exixidos para participar na convocatoria pública das correspondentes probas selectivas na data de presentación da solicitude de inclusión na lista pola persoa interesada en formar parte dela, de acordo co establecido no artigo 8 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, así como, se é o caso, os requisitos establecidos para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade nas convocatorias de apertura de listas.
2. As persoas solicitantes deberán posuír, así mesmo, o nivel de coñecemento da lingua galega previsto no artigo 8 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Forma e prazo de presentación
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. O prazo de presentación de solicitudes, no caso de listas elaboradas que se encontren en xestión, esténdese desde o día 1 de marzo ata o 30 de abril de cada ano, e estas elabóranse no período comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de decembro.




As solicitudes poderanse presentar, así mesmo, no prazo establecido nas resolucións da dirección xeral competente en materia de función pública de apertura do prazo de presentación de solicitudes de inclusión en listas.

LEI 9/2021, DO 25 DE FEBREIRO, DE SIMPLIFICACIÓN ADMINISTRATIVA E DE APOIO Á REACTIVACIÓN ECONÓMICA DE GALICIA

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

LEI 8/2021, DO 25 DE FEBREIRO, DE MODIFICACIÓN DA LEI 8/2008, DO 10 DE XULLO, DE SAÚDE DE GALICIA.

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

MEDIDAS NO TERRITORIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

DECRETO 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.


CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.


ORDE do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

LEI 7/2021, DO 17 DE FEBREIRO, DE MUSEOS E OUTROS CENTROS MUSEÍSTICOS DE GALICIA

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia.

LEI 6/2021, DO 17 DE FEBREIRO, DE RESIDUOS E SOLOS CONTAMINADOS DE GALICIA

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia.

miércoles, 24 de febrero de 2021

SUBVENCIÓNS ÁS AXENCIAS DE VIAXES PARA MANTEMENTO DO ESTABLECEMENTO

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás axencias de viaxes para mantemento do establecemento, que serán susceptibles de financiamento no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU983F).

Obxecto e réxime
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír ao desenvolvemento da normal actividade das axencias de viaxes para o ano 2021.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as axencias de viaxes, entendendo por tales as empresas turísticas descritas no artigo 83 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, tanto na súa categoría de grosistas, retallistas e grosistas-retallistas, que teñan o seu domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

Prazo de xustificación de la subvención
O prazo para a entrega da documentación xustificativa abranguerá ata o 1 de setembro de 2021.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA O REEQUILIBRIO FINANCEIRO DOS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO DE INICIATIVA SOCIAL E EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL ESPECIALMENTE AFECTADOS POLA CRISE DO COVID-19

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o reequilibrio financeiro dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19 (código de procedemento TR341Y).


CONVOCATORIA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE VINTE ANOS

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

Obxecto e ámbito de aplicación
A presente resolución ten por obxecto convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2021 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento administrativo ED534A) e determinar as condicións en que se realizará.

Modalidades
1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes
Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.

Prazo, lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición
1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.
2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
3. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, conforme o modelo que figura no anexo I da presente resolución, nos centros educativos sinalados no número 4 desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
4. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
5. Cando proceda, xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
a) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.
b) Certificado de residencia no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II por cumprir as condicións previstas na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
c) Certificacións académicas ou copia simple do libro de escolaridade e/ou historial académico que acrediten estar en condicións de validar algún exercicio da proba. No momento da presentación, e para os efectos de cotexo das ditas copias cos documentos orixinais, estes últimos deberán ser mostrados polas persoas interesadas.

Realización da proba
1. A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 23 de abril de 2021 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
2. Para a realización da proba as persoas candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

martes, 23 de febrero de 2021

INFORMACION XUVENIL: YOUTH4CLIMATE

 


Youth4Climate

xuventude.xunta.es

Youth4Climate: Driving Ambition desenvolverase do 28 ao 30 de setembro en Milán. Neste evento participarán mozos e mozas de todas as par...

CONCESIÓN DIRECTA DA AXUDA COMPLEMENTARIA Á DO PROGRAMA DE BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2021 de concesión directa da axuda complementaria á do Programa de bono de alugueiro social.

Obxecto e finalidade
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar a concesión directa das subvencións complementarias ás do Programa do bono de alugueiro social.
2. Estas axudas son complementarias ás subvencións concedidas ás persoas beneficiarias do Programa de bono de alugueiro social e teñen a finalidade de subvencionar, conxuntamente con estas, o importe mensual da renda do alugueiro da vivenda, satisfacendo deste xeito unha solución habitacional a colectivos especialmente vulnerables.

Persoas beneficiarias e requisitos
1. Serán beneficiarias destas axudas complementarias todas as persoas que na data publicación desta resolución no DOG teñan unha resolución de concesión inicial ou, de ser o caso, de prórroga do Programa de bono de alugueiro social, así como aquelas outras que resulten beneficiarias do citado programa en virtude da convocatoria correspondente a anualidade 2021.
2. Será requisito necesario para ser persoa beneficiara destas axudas que no expediente de concesión conste o correspondente contrato de alugamento da vivenda achegado pola persoa interesada.
3. Non poderán ser beneficiaras desta axuda as persoas a quen lles fose declarada a perda do dereito ou revogación da subvención concedida no marco do anterior programa ou nas que concorra algunha das situacións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Tampouco poderán ser beneficiarias destas subvencións complementarias aquelas persoas beneficiarias do Programa do bono de alugueiro social, cando a renda do seu contrato de alugamento sexa satisfeita integramente coa axuda do citado programa.

Contía da axuda e duración
1. A contía da axuda será polo importe da renda mensual do contrato de alugamento da persoa beneficiaria non subvencionado no marco do Programa do bono de alugueiro social. No caso de que tivesen recoñecida esta axuda no ano 2020, o importe mensual da axuda complementaria para o ano 2021 será a mesma que viñan percibindo no ano 2020.
2. En ningún caso o importe desta axuda complementaria conxuntamente coa axuda do Programa do bono de alugueiro social poderá superar o límite máximo da renda do contrato de alugamento que figure no respectivo expediente, nin a axuda complementaria poderá exceder o importe máximo de axuda mensual previsto no artigo 6 da Orde do 18 de decembro de 2018 e no artigo 5 da Orde do 11 de abril de 2019.
3. A axuda terá unha duración máxima de doce meses, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2021. No suposto de que se adquira a condición de persoa beneficiaria do Programa do bono de alugueiro social con posterioridade á data de publicación desta resolución, a axuda concederase desde o mes da data da resolución de concesión da axuda ata o 31 de decembro de 2021, sempre que no expediente conste o contrato de alugamento achegado pola persoa beneficiaria. No suposto de que o contrato de alugamento se achegue con posterioridade á data da resolución de concesión, a axuda recoñecerase desde o mes da data de presentación do contrato, salvo que este tivese efectos económicos posteriores, caso este en que se concederá a axuda desde ese mes ata o 31 de decembro de 2021.

Procedemento de concesión
1. O procedemento de concesión destas axudas iníciase de oficio mediante esta resolución.
2. A tramitación deste procedemento será realizada pola área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda, sen que sexa necesario que as persoas interesadas teñan que presentar solicitude ningunha.
3. Os datos necesarios para a tramitación do procedemento son os que figuran no expediente do Programa do bono de alugueiro social.
4. A resolución de concesión específica da axuda complementaria será ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
5. Contra a resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Presidencia do IGVS, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación

Xustificación da subvención
A subvención xustificarase mediante a presentación, dentro dos dez primeiros días naturais de cada mes, dunha declaración responsable en que a persoa beneficiaria indique que continúa residindo na vivenda alugada, a cal deberá ir dirixida á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda. Esta declaración responsable poderá presentarse por vía electrónica accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada ou en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pagamento da subvención
O pagamento da subvención complementaria será mensual e realizarase mediante transferencia bancaria na conta da persoa arrendadora que conste no expediente do bono de alugueiro social.

Obrigas das persoas beneficiarias
Ademais das recollidas nesta resolución e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, serán obrigas das persoas beneficiarias:
a) Presentar, dentro do prazo sinalado no ordinal sétimo, as declaracións responsables de que continúa residindo na vivenda alugada.
b) Facilitar toda a información que requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
c) Permitir ao IGVS a realización das inspeccións ou as comprobacións que se consideren oportunas para verificar a exactitude dos datos achegados ou o destino da subvención concedida.
d) Comunicar á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda alugada calquera modificación das circunstancias determinantes do recoñecemento da subvención.

AMPLIACION PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS DE PROXECTOS DE PROGRAMACIÓN MUSICAL EN SALAS PRIVADAS HABILITADAS LEGALMENTE PARA ORGANIZAR ESPECTÁCULOS MUSICAIS DENTRO DA PROGRAMACIÓN DO XACOBEO 2021

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2021 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 2021, e seprocede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT302D).

TERRITORIO A EFECTOS DA APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Primeiro. Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios
De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de teren estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Aruba, Ecuador, Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Honduras, Illas Turks e Caicos, Illas San Vicente e Granadinas, Paraguai, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana e Santa Lucía.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Bangladesh, Bahrein, Emiratos Árabes, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kyrguistán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Acerbaixán, Albania, Andorra, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Francia, Guárense, Kosovo, Latvia, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Montenegro, Portugal, República Checa, Reino Unido, San Mariño, Serbia e Suecia.

e) Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Andalucía, Aragón, Asturias, Castilla y León, Ceuta, Comunidade Valenciana, Madrid, Melilla e País Vasco.

Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase recorrer en alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

PROGRAMA II- OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS (TR500D)

 






PROGRAMA I-HOSTALARIA (TR500C)

 



CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS DE APOIO Á ETAPA DE FORMACIÓN POSDOUTORAL

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 31 de decembro de 2020, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).

CORRECCIÓN DE ERROS.- NORMAS DE PESCA NAS AUGAS CONTINENTAIS DE GALICIA DURANTE A TEMPADA 2021

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2021.

lunes, 22 de febrero de 2021

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES II EDICIÓN DOS PREMIOS DE INNOVACIÓN EN SAÚDE 2020

 AXENCIA GALEGA PARA A XESTIÓN DO COÑECEMENTO EN SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2021 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras da II edición dos Premios de innovación en saúde 2020 no Sistema público de saúde de Galicia e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA304A).

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A INSTALACIÓN, REFORMA E ADAPTACIÓN DAS TERRAZAS DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN E A ADQUISICIÓN DE ELEMENTOS DE ENVASADO E EMPAQUETADO PARA O SERVIZO DE CONSUMO NO DOMICILIO

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524E).

SUBVENCIÓNS DO PLAN DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO (PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS)

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 9 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR302A).

Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública de subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas e a súa execución, correspondentes aos exercicios de 2021 e 2022, xestionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade (procedemento TR302A).

Programas de formación subvencionables
Poderán subvencionarse os seguintes programas de formación:
a) Os programas de formación transversais integrados por accións formativas dirixidas á obtención de competencias transversais a varios sectores da actividade económica que deben ser obxecto de atención prioritaria para dar resposta ás tendencias identificadas e favorecer a empregabilidade e mobilidade intersectorial das persoas traballadoras.
Así mesmo, estes programas poderán incluír accións formativas dirixidas á obtención das competencias clave para o acceso aos certificados de profesionalidade.
b) Os programas de formación para a cualificación e o recoñecemento profesional, integrados por unha oferta especifica de formación modular para a obtención de certificados de profesionalidade. Nestes programas o contido específico dunha acción formativa corresponderase, como mínimo, cun módulo formativo completo.

Entidades beneficiarias: requisitos e acreditación
1. Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refire esta orde as entidades privadas que, na data de entrada en vigor desta convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados no correspondente certificado de profesionalidade ou tivesen solicitada a inscrición mediante declaración responsable nesa data na correspondente especialidade formativa non vinculada a certificado de profesionalidade, na Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral na Comunidade Autónoma de Galicia, de xeito que lles permita impartir a formación para a que solicitan subvención nas modalidades presencial, de teleformación ou mixta.
Con independencia do tipo de modalidade da especialidade formativa para a que se solicite subvención, as entidades beneficiarias poderán facer uso da aula virtual nos termos sinalados nesta orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Forma e lugar de presentación das solicitudes e documentación complementaria
As solicitudes e a documentación complementaria presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación informática SIFO, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes.

Execución
As beneficiarias poderán executar os programas de formación desde a data de notificación da resolución de concesión da subvención ata o 30 de novembro de 2022.

viernes, 19 de febrero de 2021

INFORMACION XUVENIL SEMANA DO 13 AO 19 DE FEBREIRO

 


Carné xove: novas vantaxes en General Óptica

xuventude.xunta.es

General Óptica renova a oferta que ten para as persoas titulares do carné xove. E faino aumentando non só a súa presencia,...

Insistimos con Lingua de Namorar:

Lingua de namorar 2021

xuventude.xunta.es

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. O obxect...

Martes 23 de febrero!!:

 

 

 

Entroido no IES Xulián Magariños de Negreira

xuventude.xunta.es

Desde o IES Xulián Magariños de Negreira envíannos unha foto de Entroido do equipo de Correspondentes Xuvenís en pleno ent...

Información vs desinformación

xuventude.xunta.es

A Deputación Provincial da Coruña organiza, a través de Europe Direct A Coruña, unha campaña en liña sobre i...

 

Tesouros vivos

xuventude.xunta.es

A UNESCO chámalles "tesouros vivos" a testemuñas de vida relevantes, portadoras de saberes de alta significación para a comunidad...

Campamento espacial  para este verán:

European Space Camp

xuventude.xunta.es

European Space Camp é un campamento de verán que terá lugar no verán de 2021, este campamento dáse de forma anual e...

Meninas Jam 2021

xuventude.xunta.es

A Universidade da Coruña e a asociación Videoxogo.gal únense para celebrar Meninas Jam, unha jam de videoxogos online do 18 ao 25...

 

 

Exames de carnés profesionais e de habilitacións profesionais

xuventude.xunta.es

A Consellería de Educación convoca exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitaci&o...

 

Para os máis pequenos da casa:

Talleres experimentais de arquitectura contemporánea. MIES É +

xuventude.xunta.es

O CGAC presenta a sexta edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil. O p...

Accións formativas on line de EspazoCoop

xuventude.xunta.es

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta a súa Programación Formativa -no marco da REDE EUSUMO- para o mes de Marzo de 2021 of...

 

Curso avanzado de especialización orquestral

xuventude.xunta.es

A Escola de Altos Estudios Musicales de Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral título propio de posgrao da Univ...

Boletín de bolsas, axudas e subvencións

xuventude.xunta.es

Xa podes consultar o boletín quincenal de bolsas, subvencións, axudas e premios Boletín de novidades!

 

 

 

 

Queres aprender Checo?

xuventude.xunta.es

As Escolas de Verán de Estudos Eslavos son cursos de estudo organizados por varias universidades públicas da República Checa. Os...

Prácticas en Euradio

xuventude.xunta.es

Dúas veces ao ano, Euradio, unha estación de radio europea con sede en Nantes desde 2007 e Lille desde 2018, recibe a "equipos europeos"...

 

 

Para as familias:

Plan de rescate de autónomas/os e microempresas afectadas pola COVID-19

xuventude.xunta.es

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca un plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola c...

Subvencións a asociacións da provincia da Coruña

xuventude.xunta.es

A Deputación da Coruña convoca subvencións a asociación sen ánimo de lucro para os seguintes proxectos: - Proxectos...

 

Subvencións deportivas

xuventude.xunta.es

A Secretaría Xeral para o Deporte convoca subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deport...

 

Rede cultural da Deputación da Coruña 2021

xuventude.xunta.es

A Rede Cultural da Deputación da Coruña está dirixida aos artistas que queran ser contratados e a Concellos que queran contratar...

 

 

 

Imaxes para mil versos desde Brión

xuventude.xunta.es

O Concello de Brión vai celebrar o Día de Rosalía (o 24 de febreiro) cunha semana de actividades nas redes sociais. Trátas...

Ata o martes 23 de febrero!!:

 

IV Concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo 2021 “Día internacional da muller”

xuventude.xunta.es

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Em...

 

 

VI Concurso Balbino de relatos

xuventude.xunta.es

Edicións Fervenza e Técnicas & Gramaxe co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Fundaci&oa...

Podcasts en galego "Xosé Mosquera Pérez, O vello dos contos"

xuventude.xunta.es

O IES Rosalía de Castro de Santiago e Arraianos Producións, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüísti...

 

Cursos de tempo libre: http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/33-cursos-de-tempo-libre

 

Ofertas de emprego:  http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico