lunes, 29 de junio de 2015

III EDICIÓN DO CAMPUS EMPRENDEMENTO SOSTIBLE

DEPUTACIÓN DE LUGO

“III Edición do Campus Emprendemento Sostible”, que nace para estimular o espírito empresarial, combinando sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, implantadas en contornas rurais da provincia de Lugo, que poden servir como referencia para os emprendedores das Reservas da Biosfera de Terras do miño e Ancares Lucenses.  Podedes consultar información ao pé deste correo ou na web http://deputacionlugo.org/campusemprendementosostible/index.html

Que son os Campus?
Trátase dunha iniciativa que ofrece formación totalmente gratuíta para un total de 120 beneficiarios, potenciais emprendedores da provincia de Lugo. Este proxecto, nace para estimular o espírito empresarial e a creación de empresas con conciencia medioambiental nunha contorna como as Reservas da Biosfera de Terras do Miño e Ancares, caracterizadas pola súa riqueza e potencialidades.

Para o desenvolvemento da III Edición do Campus de Emprendemento Sostible, levaranse a cabo unha serie de accións dirixidas ao fomento da actividade emprendedora a través dunha metodoloxía formativa experiencial que combinará sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, implantadas en contornas rurais da Provincia de Lugo. Estas empresas, ademais de constituír un modelo de empresa economicamente rendible, socialmente comprometida e medioambientalmente respectuosa, constituirán un foro de encontro e interacción cos potenciais emprendedores nos que compartir a súa experiencia, inquedanzas, atrancos, dúbidas e  éxitos acadados.

Nesta III Edición, celebraranse un total de 6 accións formativas, que se dividirán en función do perfil dos emprendedores segundo o grao de maduración da súa idea empresarial.

·         CAMPUS DE MOTIVACIÓN E XERACIÓN DE IDEAS: dirixido a aquelas persoas que estean a valorar a posibilidade de emprender de xeito sostible. Neste campus traballarase a motivación para o emprendemento sostible, explicando os elementos principais a ter en conta á hora de crear unha empresa e traballando os instrumentos que axudan á busca de ideas empresariais como as oportunidades de negocio ou exemplos de boas prácticas de empresas establecidas en Reservas da Biosfera en España.

·         CAMPUS DE MADURACIÓN DA IDEA EMPRESARIAL: dirixidos a aquelas persoas que xa teñan un pouco mais avanzada a súa idea de negocio. Neste campus traballarase cos emprendedores a maduración da idea empresarial, traballando a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira. Unha vez finalizado o campus, haberá unhas sesións de titorías para poder prestar asesoramento personalizado aos alumnos que desexen continuar o traballo de maduración iniciado durante o campus.

Datas e o lugar de celebración
CAMPUS DE MOTIVACIÓN E XERACIÓN DE IDEAS
1.       Fogar de Santa María (antigo INLUDES). Datas: 6 ao 9 de Xullo. Horario de mañá: 10:00 a 14:00 h.
2.       BECERREÁ. DATAS: 6 ao 9 de outubro. HORARIO DE TARDE: 16:00 A 20:00 H.
CAMPUS DE MADURACIÓN DA IDEA EMPRESARIAL
3.       Centro de Interpretación Terras do Miño. Datas: 29 de setembro ao 1 de outubro. Horario de mañá: 10:00 a 14:00 h.
4.       ANCARES -CERVANTES. DATAS: 19 AO 22 DE OUTUBRO. HORARIO DE TARDE: 16:00 A 20:00 H.
5.       Centro de Interpretación Terras do Miño. Datas: 26 ao 29 de outubro. Horario de tarde: 16:00 a 20:00 h.

As accións formativas terán lugar de luns a mércores e o xoves realizarase a visita ás empresas durante todo o día.

Que tes que facer para inscribirte?
Só tes que cubrir unha sinxela ficha na que se recollerán os teus datos no seguinte enderezo www.deputacionlugo.org ou chamando ao 982 22 78 12.


viernes, 26 de junio de 2015

PLAN RENOVE DE FIESTRAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Obxecto
A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
Vixencia do plan
O plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2015.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola DXEM no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Presentación de solicitudes
As entidades colaboradoras do Plan renove de fiestras son as encargadas de tramitar o procedemento (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).
Prazo de presentación de solicitudes
As entidades colaboradoras contarán cun prazo de 5 días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia para solicitar a súa adhesión (código de procedemento IN412A).
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará 25 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de outubro de 2015, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web da DXEM e no Diario Oficial de Galicia (código de procedemento IN412B).

PLAN RENOVE DE CALDEIRAS DE ALTA EFICIENCIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Obxecto
A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas a promover a instalación de caldeiras de alta eficiencia enerxética de gas natural, GLP ou biomasa de potencia térmica maior ou igual a 5 kW para a produción de auga quente sanitaria e/ou calefacción en substitución de caldeiras de baixa eficiencia enerxética situadas en vivendas particulares e comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (códigos de procedemento IN422D-IN422E).
As novas instalacións e equipamentos axustaranse ao establecido no Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas en edificios así como a calquera outra normativa de aplicación.
As caldeiras de gas natural ou GLP que se van implantar e que son obxecto da axuda deberán contar con cámara de combustión estanca e ser de condensación ou baixa temperatura.
Esta orde subvencionará unicamente, no referente a instalación de novas caldeiras de biomasa, aquelas actuacións que se vaian desenvolver en vivendas unifamiliares e comunidades de veciños situadas nas zonas incluídas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Esta información pode ser consultada nos propios concellos ou na web http://www.planeamentourbanistico.xunta.es .
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas de dereito privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.
Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola DXEM no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Presentación de solicitudes
As entidades colaboradoras do Plan renove de caldeiras de alta eficiencia son as encargadas de tramitar o procedemento (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).
Prazo de presentación de solicitudes
As entidades colaboradoras contarán cun prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia para solicitar a a súa adhesión (código do procedemento IN422D).
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comenzará 25 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de outubro de 2015, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web da DXEM e no Diario Oficial de Galicia (código do procedemento IN422E).

jueves, 25 de junio de 2015

ÉPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENDIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

ORDE do 17 de xuño de 2015 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.

Artigo único. Época de perigo alto de incendios
Decláranse como época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2015 as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.


BOLSAS DE FORMACIÓN NOS LECTORADOS DA LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade, de dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se relacionan na táboa seguinte:

Destino                                                      Localidade                                  País
Universidade Federal da Bahía                  Salvador de Bahía                       Brasil
Universidade da Sorbona Nova-París III          París                                    Francia

Requisitos
1. Poderán participar nesta convocatoria as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
– Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
– Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desenvolvemento das actividades obxecto desta convocatoria.
– Non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes.
– Non atoparse incluídas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Titulación académica:
▪ Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
• Licenciatura en Filoloxía Galega.
• Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
• Grao en Lingua e Literatura Galegas.
• Grao en Estudos de Galego e Español.
• Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
▪ Poderá solicitar a praza localizada en Francia quen estea en posesión dalguna das seguintes titulacións:
• Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
• Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
2. Tamén poderán participar os lectores ou lectoras que, antes de rematar o período máximo de estadía, se visen obrigados a cesar na súa condición por causas alleas á súa vontade, sempre que esta circunstancia non derivase da resolución dun procedemento de tipo disciplinario.
3. Quedan excluídas aquelas persoas que sexan lectores ou lectoras de lingua, literatura e cultura galegas, ou que o fosen no seu momento, agás nos supostos de cobertura provisional previstos no artigo 16.
Prazo de solicitude: Ata o 27 de xullo de 2015.

martes, 23 de junio de 2015

CORRECCIÓN DE ERROS.- CONVOCATORIA DE PROBAS Á OBTENCIÓN E RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE CONSELLEIRO DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORIAS PERIGOSAS POR ESTRADA E POR FERROCARRIL

AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADA EN GALICIA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Obxecto
1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras polas que se rexerá o outorgamento de subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia, ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2015.
3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que teñan xustificado ante a Dirección Xeral de Mobilidade, con anterioridade á data de publicación desta orde, a súa representatividade no marco do sector profesional, para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte, participen ou non, de xeito efectivo, no referido órgano de representación.
As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue, ou poida outorgar, cando menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial en que desenvolvan a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da Comunidade Autónoma.
2. As entidades indicadas no punto anterior non deberán, no momento de presentar a solicitude, estar incursas en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 23 de xullo de 2015.

DECRETO 85/2015 MODIFICACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2015 DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

viernes, 19 de junio de 2015

PROGRAMA MICROCRÉDITOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As presentes bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia por parte das microempresas.
Beneficiarios
2.1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases os autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa. Para os ditos efectos, terá a consideración de microempresa a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:
a) Que teña menos de 10 traballadores.
b) Que teñan unha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.
c) Que cumpra o criterio de independencia.
Para os efectos da determinación dos criterios anteriores, estarase á definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de la UE.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2.2. Terán que ter formalizada unha operación de préstamo, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con fondos do ICO das liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2015, ICO-Garantía SGR/SAECA 2015 ou ben con fondos da propia entidade financeira, sempre que estean avalados por unha SGR.
En calquera caso, os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2015 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe inferior ou igual a 25.000,00 €, a un prazo igual ou superior a cinco anos e cumprir coas condicións específicas, de actividade e localización establecidas nestas bases.
2.3. En aplicación do artigo 51.b) da Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, os solicitantes quedan exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non teren pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Non obstante, deberán cubrir no formulario telemático de solicitude a declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.
2.4. Ademais de reuniren os requisitos establecidos para cada liña de financiamento, deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións e non ser consideradas empresas en crise de acordo coa definición de empresa en crise establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de outubro de 2015, e as axudas concederanse de conformidade co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PROGRAMA DE APOIO FINANCIERO ÁS PEMES

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As presentes bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia, por parte das pequenas e medianas empresas.
Beneficiarios
2.1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases os autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa ou pequenas ou medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión das axudas. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2.2. Terán que ter formalizada unha operación de préstamo, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con fondos do ICO das liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2015, ICO-Garantía SGR/SAECA 2015 ou ben con fondos da propia entidade financeira sempre que estean avalados por unha SGR ou polo Igape.
En calquera caso, os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2015 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe superior a 25.000,00 €, a un prazo igual ou superior a cinco anos e cumprir coas condicións específicas e características dos proxectos a financiar, establecidas nestas bases.
2.3. En aplicación do artigo 51.b) da Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, os solicitantes quedan exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma. Non obstante, deberán cubrir no formulario telemático de solicitude a declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma.
2.4. Ademais de reunir os requisitos establecidos para cada liña de financiamento deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións e non ser considerados empresas en crise de acordo coa definición de empresa en crise establecida no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape, iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de outubro de 2015, concedéndose as axudas de conformidade co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

SUBVENCIÓN Á ASISTENCIA AO MICA E AO WOMEX

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e dos obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a asistencia ao MICA (Mercado de Industrias Culturais Arxentinas) en Arxentina (días 3 a 6 de setembro de 2015) e ao Womex (The World Music Expo) en Budapest (días 21 a 25 de outubro de 2015).
A finalidade da presente convocatoria é o fomento da internacionalización das industrias culturais galegas, en especial en mercados con vínculos culturais comúns con Galicia, como é o mercado de América do Sur, así como o fomento da participación no Womex, encontro internacional de músicas do mundo, celebrado en Santiago de Compostela no ano 2014 coa colaboración da Agadic e que este ano 2015 se celebra en Budapest.
2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e dos seus organismos dependentes.
3. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do evento.
4. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Beneficiarios
1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado, dedicadas profesionalmente á produción ou distribución de bens ou servizos culturais, con ánimo de lucro, domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, con establecemento operativo en Galicia, que asistan como profesionais invitados ao MICA, Mercado de Industrias Culturais de Arxentina, ou ao Womex, inscritos como profesionais, e que desempeñen a súa actividade profesional en Galicia.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.
Prazo de solicitude: ata o 20 de xullo de 2015.

jueves, 18 de junio de 2015

PROGRAMA RE-SOLVE 2015

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
Estas bases regulan o contido e o procedemento de tramitación do programa de apoio dirixido a facilitar o acceso ao financiamento por parte das pemes do seu activo corrente.
Beneficiarios do programa de apoio
2.1. Poderán acceder aos reavais previstos nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal en Galicia.

2.2. En aplicación do artigo 51.b) da Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, os solicitantes quedan exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou ser debedor por resolución de procedencia de reintegro. Non obstante, deberán cubrir no formulario telemático de solicitude a declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

2.3. Ademais, deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecida no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións, e non seren consideradas empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise establecida no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.
Actividades incentivables
Considéranse atendibles todas as actividades, agás as excluídas nas letras c), d) e e) do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro), e para as empresas do sector pesqueiro no artigo 1 do Regulamento (CE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e para as empresas do sector agrícola no artigo 1 do Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro).
Condicións e requisitos
Poderán acollerse a este programa de apoio aquelas pequenas e medianas empresas que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, tributos, Seguridade Social, alugamento, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento e cotas de leasing. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros, nin á cancelación anticipada de pasivos bancarios, agás pólizas de crédito ou préstamo destinados á mesma finalidade que venzan durante o exercicio 2015.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes por parte dos interesados, nas entidades financeiras, iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de outubro de 2015.

miércoles, 17 de junio de 2015

PROBAS PARA A OBTENCIÓN E RENOVACIÓN DO CERTIFICADO PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS POR ESTRADA E POR FERROCARRIL

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Obxecto das probas e prazo de presentación das solicitudes
1. Esta convocatoria ten por obxecto a realización das probas dirixidas á obtención (código MT310A) do certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril, así como á renovación (código MT310B) dos certificados de conselleiro de seguridade.
2. O prazo de presentación das correspondentes solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. A data ou datas de realización das probas será determinada na resolución pola que se fixen os cadros de horarios e a relación definitiva de admitidos e excluídos.
Modalidades de transporte, programa das probas e estrutura dos exercicios
1. Este proceso selectivo abrangue as seguintes modalidades de transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril:
– Todas as clases.
– Clase 1 (materias e obxectos explosivos).
– Clase 2 (gases).
– Clase 7 (materias radioactivas).
– Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9. Materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo europeo para o transporte internacional de mercadorías perigosas (ADR) e no Regulamento relativo ao transporte internacional por ferrocarril de mercadorías perigosas (RID).
–Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).
2. De conformidade co establecido no anexo do Real decreto 1566/1999, do 8 de outubro, sobre os conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable, os coñecementos que se terán en conta para a expedición do correspondente certificado referiranse, como mínimo, ás materias que no dito anexo se relacionan.
3. A lexislación sobre a cal versarán os exercicios será o ADR, o RID e demais normativa estatal, comunitaria e internacional que afecte o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril; todo isto, de acordo co previsto no referido anexo do Real decreto 1566/1999, do 8 de outubro. A referida normativa será a vixente na data de realización das probas.
4. A estrutura dos exercicios e a súa forma de cualificación serán as establecidas na Orde FOM/605/2004, do 27 de febreiro, de capacitación profesional dos conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable (BOE núm. 59, do 9 de marzo).
Obtención do certificado de conselleiro de seguridade (código MT310A)
Os exercicios que deben superar os aspirantes a conselleiros de seguridade constarán de dúas probas:
a) A primeira delas, na cal non se permitirá a consulta de textos, consistirá en responder 50 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas. Cada resposta acertada valorarase con 2 puntos e será preciso acadar un mínimo de 50 puntos para superar esta proba. As respostas erróneas ou en branco non terán penalización. Os aspirantes disporán de 60 minutos para o desenvolvemento deste exercicio.
b) A segunda proba consistirá na realización dun estudo ou suposto que, con referencia ao ámbito do modo do transporte e á especialidade correspondente, versará sobre as tarefas e obrigas que deberá realizar e/ou cumprir o conselleiro. Os aspirantes disporán de 60 minutos para a realización deste exercicio e permitirase a consulta de textos normativos sempre que non figure neles a resolución de casos prácticos.
Ademais, para a realización desta proba, os aspirantes deberán ir provistos de máquina calculadora sen memoria RAM para a realización das operacións matemáticas que cumpran e de bolígrafo. Esta segunda proba puntuarase entre 0 e 100 puntos, sendo preciso acadar un mínimo de 50 para a súa superación.
Renovación do certificado de conselleiro de seguridade (código MT310B)
1. O certificado renovarase por períodos de cinco anos se, durante o último ano anterior á data de expiración do certificado, o seu titular supera un exame.
2. Para participar na proba para a renovación do certificado será preciso que o certificado que se quere renovar estea en vigor e dentro do seu último ano de validez o día da celebración do exame.
3. O exame consistirá nunha proba de 50 preguntas tipo test; valorarase cada resposta acertada con 2 puntos e será preciso acadar un mínimo de 50 para superar este exercicio. As respostas erróneas ou en branco non terán penalización. Os aspirantes disporán de 60 minutos para realizar esta proba.

lunes, 15 de junio de 2015

BOLSAS DE ESTUDOS NO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALARIA DE GALICIA

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


 Obxecto
Estas bases teñen por obxecto o establecemento das bolsas de matrícula e de excelencia, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), para o curso 2015/16.
Clases e contías das bolsas
1. As modalidades de bolsa, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, alcanzarán unicamente unha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.
2. Segundo a contía, as bolsas distribúense da seguinte forma:
Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.
3. Conforme os requisitos académicos e económicos, de ser o caso, as bolsas divídense en dous grupos:
A. Bolsas de matrícula:
a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de Diploma superior en Xestión Hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de Diploma superior en Xestión Hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña.
B. Bolsas de excelencia:
2 bolsas tipo I para o 1º curso Diploma superior en Xestión Hoteleira.
Solicitantes
Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2015/16.
Requisitos xerais
Para poder optar á concesión dunha bolsa deberán cumprirse as seguintes condicións:
1. Ser español, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o propio estudante ou os seus sustentadores se encontren traballando en España. De conformidade coa disposto na Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, na redacción dada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a súa condición de residentes; queda excluído de concorrer a estas bolsas quen se encontre en situación de estancia.
2. Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior.
3. Matricularse por primeira vez no curso para o cal se pide a bolsa.
4. Non ter en vigor unha bolsa ou exención do CSHG.
5. Optar só por un tipo de bolsa (matrícula ou excelencia).
Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas
1. Para ter dereito ás bolsas de matrícula serán necesarios os seguintes requisitos:
a) Para as bolsas de 1º curso de Diploma superior en Xestión Hoteleira, acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
b) Para as bolsas de Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña, acreditar ter superado o bacharelato (ou equivalente), ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
c) En ambos os casos, a renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos nesta resolución.
2. Para ter dereito ás bolsas de excelencia desta resolución será necesario acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 8 puntos, antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
Prazo de solicitude: ata o 21 de Xullo de 2015.

PROGRAMA GALEUROPA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto, finalidade e vixencia
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán os procedementos de concesión de axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 25 anos, ou menores de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2015, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil.
Preténdese promover e axudar a financiar á mobilidade da mocidade galega para que realice estadías de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos enumerados nas táboas de cada convocatoria de axudas ben directamente concedendo axudas individuais aos mozos e mozas participantes ou ben mediante concesión de axudas a proxectos de mobilidade ás entidades galegas que se especifican no artigo 3 destas bases reguladoras e na base 3ª do anexo-A.
2. A finalidade do programa de mobilidade transnacional xuvenil é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.
3. As bases específicas reguladoras de cada un dos procedementos incorporaranse como anexo-A desta orde, que forma parte integrante dela.
4. Estas bases teñen vixencia indefinida.
Procedementos que regulan estas axudas
As axudas á mobilidade establecidas nesta orde regularanse a través de 3 procedementos distintos:
BS324A: axudas individuais de mobilidade transnacional, concedidas directamente pola Consellería de Traballo e Benestar á mocidade galega.
BS324B: axudas a proxectos de mobilidade transnacional presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.
BS324C: axudas para proxectos de mobilidade transnacional presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos segundo se indica no artigo 3 e máis concretamente no anexo-A, base 3ª.
Persoas/entidades beneficiarias da subvención
1. As persoas e entidades beneficiarias desta axuda varían en función do procedemento de que se trate. Os requisitos para participar en cada un deles, regúlanse no anexo-A desta orde:
BS324A. Mozos e mozas individualmente.
BS324B. Entidades sen ánimo de lucro que, con sede permanente ou domicilio social en Galicia desenvolvan actividades no eido da xuventude.
BS324C. Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
2. Serán excluídas as persoas e entidades solicitantes que se atopen nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas/entidades que non se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Destinatarios/as das prácticas formativas non laborais
As persoas destinatarias das mobilidades, ademais dos requisitos que poidan exixir as distintas convocatorias e os procedementos específicos destas bases reguladoras, deberán cumprir os requisitos exixidos no Sistema nacional de garantía xuvenil.
1. Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Ter menos de 25 anos, ou menos de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.
3. Ademais dos requisitos anteriores, en coherencia coa citada Lei 18/2014, deberán cumprir os seguintes:
a) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
b) Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
c) Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.
Estes requisitos, agás o de idade, deberán manterse no momento da selección das persoas que participarán nas mobilidades.
Prazo de solicitude: O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda non será inferior a un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e respectaranse, de ser o caso, o prazo concreto establecido en cada orde de convocatoria.

viernes, 12 de junio de 2015

CONVOCATORIA PARA INTEGRAR A LISTAXE DE PERSOAL DE VIXIANTES DA REDE MUSEÍSTICA

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS

RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA POLA QUE SE APROBA A CONVOCATORIA E AS BASES ESPECÍFICAS DE SELECCIÓN DE VIXILANTES DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL PARA PRESTAR SERVIZOS COMO FUNCIONARIOS INTERINOS POR CALQUERA DAS CIRCUNSTANCIAS PREVISTAS NO ARTIGO 10 DO EBEP.

A Presidencia da Deputación Provincial de Lugo, por Resolución de 10 de xuño do 2015 aprobou a convocatoria e bases polas que se rexerán a selección de persoal para integrar a listaxe de persoal para desenvolver funcións de Vixiantes da Rede Museística provincial para cubrir situacións de necesidade de substitución transitoria do persoal permanente, xa que nestes momentos non existen aspirantes na listaxe prevista na Resolución da Presidencia de 16 de decembro do 2011, ao obxecto de poder cubrir provisionalmente as ditas necesidades.
Considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en particular os referidos ao artigo 21.dous da lei 36/2014 de 26 de decembro xa mencionada, en uso das facultades que lle confire a esa Presidencia o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, resolvo:
.- Aprobar as Bases Especificas que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso -
oposición libre para a elaboración de listaxes de aspirantes a prestar servizos como funcionarios interinos en
prazas de Vixilante de Museo, para atender ás necesidades de substitucións do persoal permanente, mentres se considere necesario, urxente e prioritaria a súa cobertura transitoria ou non se reincorporen os titulares.
Con respecto ás Bases Xerais que rexerán nestes procedementos selectivos estarase ás aprobadas por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2015 (publicadas no BOP nº 021 de data (27/01/2015).
.- Convocar publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas ao obxecto de prestar servizos
como funcionarios/as interinos/as en prazas de:
 -Escala de Administración Especial:
 -Denominación: “Vixilante”, Praza de Cometidos especiais, Agrupacións profe- sionais.
 -O posto de Vixiante encádrase na Rede Museística provincial.
.- A incorporación do persoal temporal á Deputación realizarase conforme ao establecido na Resolución de 16 de decembro de 2011, pola que se aproban as modificacións dos criterios polos que se rexe a incorporación de persoal temporal, vixentes dende o 1 de xaneiro do 2012.
4º.- O prazo de presentación de solicitudes de participación, conforme ao sinalado nas Bases Xerais, será de 10 días naturais contados dende o día seguinte da publicación desta convocatoria no BOP.
.- Ordenar que se realicen cantos trámites sexan necesarios para desenvolver os procedementos selectivos.
.- Do contido da presente resolución darase conta, na próxima sesión que celebre, á Xunta de Gobernos aos efectos oportunos. 

miércoles, 10 de junio de 2015

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DE INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA EMPRESA ORDINARIA E PROGRAMA DE EMPREGO CON APOIO NO MERCADO ORDINARIO DE TRABALLO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR



Obxecto e finalidade
1. Coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade nas empresas ordinarias con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria, para o ano 2013, das subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, a través dos seguintes programas:
– Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria (anexo A).
– Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo (anexo B).
2. A xestión destes programas realizarase de acordo cos seguintes principios:
a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Traballo e Benestar.
c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.
3. As bases específicas de cada un dos programas regúlanse nos correspondentes anexos A e B desta orde e forman parte integrante dela.
Persoas ou entidades beneficiarias das subvencións
1. Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta orde as que se establecen para cada programa regulado nos seus anexos, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.
2. Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
En ningún caso poderán obter a condición de entidades beneficiarias as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos puntos 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non recaia resolución xudicial firme en virtude da cal se poida practicar a inscrición no correspondente rexistro.
3. Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
4. A xustificación por parte das persoas ou entidades beneficiarias de non estar incursas nas prohibicións, contidas nos puntos 2 e 3 anteriores, para obter a condición de beneficiario realizarase mediante declaración responsable.
Prazos de Solicitude
Os prazos de presentación de solicitudes do Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, regulado no anexo A desta orde, serán os seguintes:
a) As solicitudes de axudas á contratación deberanse presentar ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2013.
b) As solicitudes de axuda pola adaptación de postos de traballo deberanse presentar antes do inicio desta adaptación, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2013.
c) As contratacións ou transformacións de contratos temporais en indefinidos e as adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 1 de outubro de 2012 e a data de publicación desta orde, poderanse acoller ás súas axudas, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a contratación ou se tivese iniciado a execución do proxecto de investimento. O prazo para a presentación destas solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
O prazo de presentación de solicitudes do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, regulado no anexo B desta orde, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes e os anexos dos programas están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar no seguinte enlace: http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
Para cubrir as solicitudes de subvención poderase empregar a aplicación informática de axuda facilitada pola Consellería de Traballo e Benestar na súa páxina web, na epígrafe de axudas e subvencións.
Para a presentación de solicitudes as persoas ou entidades beneficiarias poderán contar co asesoramento dos axentes de emprego e desenvolvemento local da rede coordinada pola Consellería de Traballo e Benestar.

martes, 9 de junio de 2015

SUBVENCIÓN PARA A PROGRAMACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS A PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS BENEFICIARIAS DO PROGRAMA DE ACTIVACIÓN PARA O EMPREGO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro, xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, a través das súas xefaturas territoriais.
2. As accións formativas subvencionables serán aquelas en que se impartan:
• Especialidades formativas vinculadas a certificados de profesionalidade.
• Competencias clave de nivel 2 en lingua castelá (FCOV22), matemáticas (FCOV23), comunicación en lingua galega (FCOVXX01).
• Competencias clave de nivel 3 en lingua castelá (FCOV02), matemáticas (FCOV12), comunicación en lingua galega (FCOVXX02).
• Accións formativas vinculadas coa aprendizaxe de idiomas que figuran no anexo III.
• Accións formativas vinculadas ás competencias requiridas polas empresas no ámbito das TIC que figuran no anexo III.
3. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.
Entidades beneficiarias
Todos aqueles centros e entidades de formación inscritos e acreditados no rexistro de centros e entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, naquelas especialidades formativas a que fai referencia o artigo anterior en que estean inscritas ou acreditados á data de publicación desta orde.
Prazo de solicitude: Ata o día 9 de xullo de 2015.

lunes, 8 de junio de 2015

AXUDAS Á CONSTITUCIÓN E AO FUNCIONAMENTO DAS AGRUPACIÓNS DE PRODUTORES DE PLANTAS VIVAS E PRODUTOS DA FLORICULTURA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as normas para a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia da concesión de axudas previstas no Real decreto 233/2002, do 1 de marzo, polo que se regula o recoñecemento das agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura e se establecen medidas de apoio á súa constitución e ao seu funcionamento.
Beneficiarios
1. Poderán solicitar estas axudas as agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura recoñecidas como tales pola Comunidade Autónoma de Galicia, ao amparo do disposto no Real decreto 233/2002, do 1 de marzo, e demais disposicións que o desenvolvan.
2. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias seguintes:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, estar declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.
d) Estar incursos a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.
Prazo de solicitude: ata o día 8 de xullo de 2015.

viernes, 5 de junio de 2015

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DE PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR PROXECTOS DE INVESTIMENTO CON FONDOS BEI

SUBVENCIÓNS PARA ACONCESIÓN DE BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
A presente orde ten por obxecto aprobar a convocatoria de concesión de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas e nos plans formativos dirixidos prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas, no marco da formación de oferta da Dirección Xeral de Emprego e Formación, sempre e cando o prevexan as súas bases de convocatoria reguladoras.
Tamén se inclúen nesta orde de convocatoria as bolsas e axudas derivadas da oferta formativa executada nos centros da Consellería de Traballo e Benestar, así como nos centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto das accións formativas incluídas nos acordos de colaboración para a impartición de formación profesional para o emprego nos centros educativos.
Beneficiarios
1. Poderán obter a condición de beneficiarios das bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 da presente orde e que reúnan os requisitos exixidos no artigo 4 desta orde.
Para os efectos do anterior, terán a condición de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á acción formativa, se esta é posterior á data de inicio do curso.
Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, sendo ocupadas no momento da súa incorporación á acción formativa, adquiran a condición de desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o desenvolvemento da acción formativa. Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles podan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de desempregado.
No suposto de que a persoa traballadora desempregada adquira a condición de ocupada durante a realización do curso, deixará de percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte ao que teña lugar esta situación.
2. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. A xustificación polas persoas solicitantes de non estar incursas en ningunha das prohibicións para acceder á condición de persoas beneficiarias a que fai mención o antedito artigo, realizarase mediante unha declaración responsable dirixida ao órgano concedente das subvencións e que se incluirá no modelo de solicitude que se xunta á presente orde como anexo I.
Prazo de resolución: O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder dos seis meses e computarase a partir da data da presentación das solicitudes. Unha vez transcorrido dito prazo sen terse notificado resolución expresa, a solicitude poderá entenderse desestimada.

PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS PARA O CURSO 2015/16

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Modalidades de acceso.
1. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio.
Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior.
Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, e cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puideren establecer na especialidade ou modalidade correspondente.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.
Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.
c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Inscrición para as probas.
1. A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo VI, coa excepción dos aspirantes á especialidade de Hípica, que se imparte no CPR Cemar Mondariz e no CPR Santa Apolonia, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos. Alternativamente tamén se poderán presentar por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e utilizarase o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es (código ED318A).
O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 10 de xullo de 2015. Para tal fin, os centros docentes deberán expor nos seus taboleiros de anuncios o seguinte:
a) Normativa reguladora da admisión do alumnado.
b) Calendario de publicación da relación de alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións.
c) Calendario e normas para formalizar a matrícula.
2. Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo I a esta resolución. Tamén poderá utilizarse o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es . Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría do centro.
Igualmente, poderase presentar a solicitude por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
En ambos os casos se xuntará a documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados.