viernes, 29 de julio de 2016

LEI 9/2016 MODIFICACIÓN DA LEI 4/2007 DE COORDINACIÓN DE POLICÍAS LOCAIS

CONVOCATORIA PRAZAS COLABORADORES BOLSEIROS NOS CENTROS RESIDENCIAIS DA CORUÑA, OURENSE E VIGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto e ámbito de aplicación
1. A presente orde ten por obxecto a convocatoria de prazas de colaboradores bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2016/17.
2. O número de prazas ofertadas é o seguinte:
Centro Residencial Docente da Coruña: 18 prazas.
Centro Residencial Docente de Ourense: 6 prazas.
Centro Residencial Docente de Vigo: 6 prazas.
3. As persoas adxudicatarias de prazas de colaborador bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta, durante o período de funcionamento en que estea aberta aos residentes.
Requisitos persoais e dispoñibilidade
1. A persoa solicitante deberá ter os seguintes requisitos:
a) Dezaoito anos cumpridos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2016.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
2. A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teñan que realizar o devandito labor de apoio.
Requisitos académicos
1. A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2016/17.
2. Considéranse estudantes en réxime de dedicación académica a tempo completo os matriculados no número de créditos indicado a seguir:
a) Estudos de grao: 60 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o número de créditos que resulte de dividir o total dos que integran o plan de estudos (agás os de libre elección) entre o número de anos que o compoñan.
Estes solicitantes terán preferencia na adxudicación de prazas.
3. Non obstante, os solicitantes en situación de matrícula parcial poderán obter praza cando estean matriculados no número mínimo indicado a seguir:
a) Estudos de grao: entre 30 e 59 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o 50 % dos créditos indicados no punto 2.b).
Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 5 de agosto de 2016.

LEI 8/2016 MODIFICACIÓN LEI 13/2008 DE SERVIZOS SOCIAIS DE GALICIA

C.Err.- AXUDAS AO ESTABLECEMENTO DE SISTEMAS AGROFORESTAIS.

PRÓRROGA DO PRAZO DE VALIDEZ DOS CARNÉS DE BIOCIDAS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 29 de xuño de 2016 pola que se prorroga o prazo de validez dos carnés de biocidas.

Artigo único. Prórroga da validez dos carnés de biocidas

De conformidade co establecido no número 3.a) da disposición transitoria primeira, validez dos carnés actuais, do Real decreto 830/2010, do 25 de xuño, polo que se establece a normativa reguladora da capacitación para realizar tratamentos con biocidas (BOE núm. 170, do 14 de xullo), no ámbito dos biocidas dos tipos 2, 3, 4, 14, 18 e 19, prorrógase ata o 15 de xullo de 2020 a validez dos actuais carnés, niveis básico e cualificado, ata o momento homologados para uso ambiental e na industria alimentaria.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

BASES PROGRAMA RESPONSABILIZATE (RSE)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
As presentes bases teñen por obxecto regular o proceso de selección de pemes ás que se prestarán os servizos do programa Responsabilízate.
O programa consiste en impulsar unha maior implantación da RSE nas pemes cun acompañamento real dun titor experto en RSE que facilite este labor. A titorización estará orientada a dous aspectos básicos:
1º. Diagnose ou análise do estado e potencial da RSE na peme galega: consistirá en facilitar a diagnose da situación ou posibilidades da RSE e a formación nas pemes, que abra un camiño para o interese e implantación da RSE na peme.
2º. Actuación: acompañar na definición dun plan de acción e implantación das primeiras accións.
Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destes servizos as pequenas e medianas empresas (pemes) que teñan radicado o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
2. Ademais do especificado no punto anterior, as pemes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.
d) Non ter sido sancionadas, por ningunha causa, nos tres últimos anos.
 Servizos aos que optarán as beneficiarias
1. O programa Responsabilízate componse dos seguintes servizos:
a) Análise do estado ou diagnose da situación da RSE: o diagnóstico partirá dun primeiro contacto para coñecer a empresa en profundidade. Tras un estudo e a realización da análise a través da plataforma Xunta Pro_RSE, completarase o diagnóstico final. Esta fase terá unha duración estimada de 15 horas para cada unha das empresas seleccionadas.
b) Formación: consistirá nun mínimo de 15 horas de duración por cada empresa, nas que se tratarán cuestións como a sensibilización e contexto da RSE, o mapa de grupos de interese, enfoques de diálogo con estes grupos e as ferramentas para xestionar a RSE. Esta formación poderá organizarse agrupándose as distintas empresas que participan no programa.
c) Plan de acción e implantación: consistirá nun proceso, dunha duración aproximada de 40 horas por empresa, no que se definirá o plan de RSE e se acompañarán a pemes na implantación das primeiras accións identificadas.
2. Aos servizos da letra c) poderán optar as pemes que, unha vez realizados os dous servizos anteriores, conten con maiores potencialidades para adoptar unha xestión en materia de RSE.

viernes, 8 de julio de 2016

MODIFICACIÓN PRAZO XUSTIFICACIÓN AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXÍAS FORESTAIS

AXUDAS A INVESTIMENTOS NON PRODUTIVOS NO ÁMBITO DOS PARQUES NATURAIS DE GALICIA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO


 Obxecto
O obxecto desta orde é regular as bases do réxime de axudas dirixidas a restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade nas zonas Natura 2000, os sistemas agrarios de alto valor natural, así como mellorar o estado da paisaxe agraria galega dentro dos espazos protexidos ou nas súas áreas de influencia socioeconómica, por medio de proxectos que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos, e para o mantemento das condicións ambientais necesarias dirixidas á conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e cos seus hábitats. Incluiranse axudas destinadas a investimentos non produtivos necesarios para acadar obxectivos ambientais, é dicir, investimentos que non dean lugar a un aumento significativo do valor ou da rendibilidade das explotacións agrícolas, senón que contribúan á mellora do carácter de utilidade pública das zonas Rede Natura 2000 pertencentes aos parques naturais.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:
a) Agricultores/as e titulares de terreos forestais privados, entendendo por titular tanto persoas físicas ou xurídicas propietarias ou arrendatarias, preferiblemente residentes en zonas rurais situadas dentro do parque natural, ou xestores de terras que realicen investimentos non produtivos necesarios para alcanzar os compromisos adquiridos baixo programas agroambientais ou outros obxectivos ambientais na Rede Natura 2000, ou aqueles que realicen investimentos nunha explotación que reforce o carácter de utilidade pública dunha zona Natura 2000 ou doutras áreas de alto valor natural.
b) Os concellos que teñan toda ou parte da súa superficie dentro do parque natural, na súa condición de xestores de elementos comúns da paisaxe agraria.
c) As asociacións ambientalistas e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas en áreas elixibles.
d) As empresas que teñan o seu domicilio fiscal nalgún dos municipios en que se sitúe o parque natural, constituídas con anterioridade á publicación desta orde. Darase prioridade a aquelas con domicilio fiscal dentro do parque natural e que sexan propietarias ou arrendatarias das terras para as cales se solicita a axuda.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

jueves, 7 de julio de 2016

MODIFICACIÓN.- AXUDAS DESTINADAS Á RENOVACIÓN TOTAL OU PARCIAL DE ASCENSORES EXISTENTES DE COMUNIDADES DE PROPIETARIOS

SUBVENCIÓN PARA A CONCESIÓN DIRECTA DE BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, así como nas accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas, no marco da formación de oferta da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral. Tamén se inclúen as subvencións en concepto de bolsas e axudas derivadas da oferta formativa executada nos centros da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como nos centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, respecto das accións formativas incluídas nos acordos de colaboración para a impartición de formación profesional para o emprego nos centros educativos. Ademais, por medio desta orde tamén se convocan, para a anualidade 2016, as subvencións a que se refire o punto anterior.
Persoas beneficiarias
Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que, ademais de reunir os correspondentes requisitos, participen nas accións formativas recollidas no marco da formación de oferta da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, dirixidas prioritariamente tanto a persoas traballadoras desempregadas como a persoas traballadoras ocupadas.
Prazo de presentación das solicitudes
A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito e, en calquera caso, antes do 15 de decembro de 2016.

martes, 5 de julio de 2016

TIPO DE XUROS SEGUNDO SEMESTRES PARA OPERACIÓNS ACOLLIDAS A CONVENIOS E PROGRAMAS DO IGAPE

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Os tipos de xuro de referencia para o segundo semestre do ano 2016 para as operacións acollidas aos  convenios e programas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) será o seguintes:

 -0,1445 %.

SUBVENCIÓNS A CONFEDERACIÓNS, FEDERACIÓNS E ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE ASESORAMENTO E FORMACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto a realización, polas entidades referidas no punto primeiro, dun ou varios proxectos formativos orientados á adquisición de formación prelaboral e de habilidades para o desenvolvemento de actividades na vida cotiá que permitan unha preparación para unha futura inserción sociolaboral dos participantes.
Entidades beneficiarias
Poderán ser destinatarias das subvencións reguladas nesta convocatoria as confederacións e as federacións cuxo obxecto social inclúa a promoción ou realización de accións no ámbito das persoas con discapacidade e as entidades de iniciativa social que, contando con análogo obxecto social, non se atopen asociadas nin federadas ás anteriores entidades de segundo nivel asociativo.
Poderán, así mesmo, ser destinatarias as confederacións e federacións referidas no parágrafo anterior, que concorran conxuntamente con entidades de iniciativa social do seu ámbito federativo como agrupación de entidades, nos termos previstos polo artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
En ambos os dous supostos anteriores, as persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas na área de persoas con discapacidade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.
b) Carecer de ánimo de lucro.
c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Cumprir os requisitos e condicións establecidos nesta orde e na normativa xeral de subvencións.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

PREMIOS AOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE GALICONS-NET

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto regular e convocar os premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net, para difundir e promover os valores do consumo responsable nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Destinatarios
Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2015/16 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do Plan Proxecta; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego de Consumo.
Categorías de participación
Establécense tres categorías de participación:
Categoría A: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
Categoría B: alumnado de educación secundaria obrigatoria.
Categoría C: alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio de formación profesional e de educación de persoas adultas.
Prazo de presentación
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de setembro de 2016.

AXUDAS ÁS FAMILIAS NUMEROSAS PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA NAS ESTACIÓNS DE MONTAÑA DE GALICIA PARA 2016

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Convocar para o ano 2016 o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia en que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 euros anuais.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

viernes, 1 de julio de 2016

BOLSAS DE FORMACIÓN TITULADOS EN CICLOS FORMATIVOS DE ACUICULTURA

CONSELLERÍA DO MAR


Obxecto
Formación en réxime de empresa tutelada de catro persoas tituladas nos ciclos formativos de acuicultura.
Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun país membro da Unión Europea ou estranxeiro con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estean en posesión do ciclo formativo de acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria. Poderase presentar aquel alumnado titulado como técnico medio en Operacións de Cultivo Acuícolas/técnico medio en Cultivos Acuícolas e/ou técnico superior en Produción Acuícola/técnico superior en Acuicultura.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS DOS GRUPOS OPERATIVOS DA AXENCIA EUROPEA DE INNOVACIÓN

PROGRAMA EMEGA 2016

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto apoiar e fomentar o emprendemento feminino en Galicia e a creación de emprego, por conta propia e por conta allea, para mulleres.
O programa Emega comprende as seguintes liñas e axudas complementarias: a) liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais; b) liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade; c) liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas para paliar unha situación económica adversa e acadar o necesario equilibrio empresarial para asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico; d) liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica; e) axuda complementaria Concilia: co obxecto de promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, en dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea; f) axuda complementaria Dual: para incentivar a participación no programa de titorización que organiza a Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro da convocatoria.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nas bases reguladoras.
Debe tratarse de empresas coa categoría de micro ou pequenas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten: empresarias individuais, sociedades civís ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
Importe
A contía das axudas establécese en función da liña solicitada e do número de postos de traballo xerados para mulleres, por conta propia e por conta allea, de acordo co seguinte:
a) Liña Emprende: incentivos desde 12.000 € ata 22.000 €.
b) Liña Innova: incentivos desde 15.000 € ata 22.000 €.
c) Liña Activa: incentivos desde 6.000 € ata 18.000 €.
d) Liña ITEF: incentivos desde 18.000 € ata 50.000 €.
e) Axuda complementaria Concilia:
Concilia-promotoras: incentivo de 3.000 €.
Concilia-persoas traballadoras por conta allea: incentivo de 1.000 € a 5.000 €.
f) Axuda Dual: incentivo de 500 €.
Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total dun millón trescentos trinta e oito mil cen euros (1.338.100 €), o 80 % con cargo ao FSE e o 20 % con cargo a fondos propios da Comunidade Autónoma. Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro.