lunes, 16 de enero de 2012

CONVOCATORIA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE CARNÉS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención  dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2012 nas seguintes especialidades:
– Operador/a industrial de caldeiras.
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
Prazo de presentación de solicitudes.
Convocatoria ordinaria.O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 16 ao día 27 de xaneiro de 2012, ambos os dous incluídos.
Convocatoria extraordinaria.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 ao día 13 de xullo de 2012, ambos os dous incluídos.

jueves, 12 de enero de 2012

BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria de oito bolsas de formación nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e que se inclúen como anexos a esta orde, nos cales se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.

A contía das bolsas será de 990 euros brutos mensuais, nos cales van incluídos os custos da cota da Seguridade Social (cota patronal e cota obreira).

As actividades de formación iniciaranse previsiblemente o 1 de abril de 2012 e rematarán o 31 de marzo de 2014. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

Poderán solicitar estas bolsas ou ser beneficiarios/as delas os/as licenciados/as universitario/as en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que para cada proxecto se sinalan nos anexos desta orde, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes.

 O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

martes, 10 de enero de 2012

BOLSAS DE FORMACIÓN DE EXPERTOS/AS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO

 CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de doce bolsas de formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento.

Estas bases teñen por obxecto regular a convocatoria de doce bolsas para a formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento.
Os destinos das bolsas serán a sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (en diante Dirección Xeral), as oficinas técnicas de cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (OTC) ou algunha organización internacional multilateral, nalgún dos países onde desenvolven os seus proxectos.
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non-discriminación, eficacia e eficiencia.
 
Prazo de solicitude: ata o 10 de febreiro de 2012.



miércoles, 4 de enero de 2012

PLAN RENOVE EQUIPOS DE ILUMINACIÓN INTERIOR

INEGA


Obxecto: 1. Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior existentes, de forma que cumpran, polo menos, coas exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación (HE3) se a instalación está incluída no ámbito deste, reducindo o consumo de enerxía.
2. Seleccionar as entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
3. Convocar as devanditas axudas.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado, deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Non será subvencionable a actuación en edificios de natureza pública ou dos seus organismos ou sociedades dependentes, se teñen unha facturación enerxética e de mantemento das instalacións consumidoras de enerxía superior a 200.000 euros/ano.
Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
Cando o solicitante da axuda sexa unha empresa, esta non poderá ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1, letras h) do Regulamento (CE) n.º 1998/2006, do 15 de decembro, relativo a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis.
 Vixencia do Plan.O Plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2012.

martes, 3 de enero de 2012

PLAN RENOVE DE EQUIPAMENTOS DE CLIMATIZACIÓN


INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA



Obxecto:
1. Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a fomentar a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas que se renoven, dos edificios existentes, de forma que cumpran, ao menos, coas exixencias mínimas que fixa a normativa vixente, e reduzan o seu consumo de enerxía.
2. Establecer a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
3. Convocar as devanditas axudas.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector  residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado, deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Non será subvencionable a actuación en edificios de natureza pública ou dos seus organismos ou sociedades dependentes se teñen unha facturación enerxética e de mantemento das instalacións consumidoras de enerxía superior a 200.000 euros/ano.
Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 y 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.
Cando o solicitante da axuda sexa unha empresa, esta non poderá ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1, alínea h), do Regulamento  (CE) 1998/2006, do 15 de decembro, relativo a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado, ás axudas de minimis.
Prazo de solicitude:O plan entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2012.

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES


Obxecto: Poderán ter dereito a subvención todas aquelas actuacións que se axusten ás prescricións técnicas recollidas no anexo I, sempre que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 1 de outubro de 2011 e o 15 de setembro de 2012, coa excepción da liña de axudas de gasificación/biogás, cuxos proxectos se deberán executar entre o 1 de outubro de 2011 e o 31 de decembro de 2013.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, en especial os indicados para cada liña de axuda no anexo I:
a) As persoas físicas maiores de idade ou emancipadas que teñan plena capacidade de obrar.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos.
c) As empresas que teñan contratada a xestión enerxética, total ou parcialmente, de inmobles e instalacións de titularidade pública ou privada, e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. O pagamento dos servizos que prestan as ditas empresas baséase na obtención de melloras de eficiencia enerxética e no cumprimento dos demais requisitos de rendemento convidos. Contarase en todo caso co visto e prace do titular do inmoble ou instalación, por se dese lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes.
d) Os distintos tipos de administracións públicas.
e) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica. Nestes casos deberanse facer constar expresamente na solicitude os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Fundacións, asociacións, comunidades de bens ou calquera tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen ánimo de lucro, tales como comunidades de propietarios, comunidades hereditarias ou, en xeral, entidades de base patrimonial que, aínda carecendo de personalidade xurídica, conten cunha administración común para levar a cabo a actuación para a que solicitan a subvención.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de xaneiro de 2012

PLAN RENOVE DE FIESTRAS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de Fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan as devanditas axudas como anticipadas de gasto.
Obxecto: Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
Beneficiarios:        Persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios do sector terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: O Plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2012.

PLAN DE VEHÍCULOS EFICIENTES


Obxecto:
 1. Establecer As bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas á modernización do parque de turismos e vehículos comerciais de menos de 3.500 kg de MMA e motocicletas, mediante a adquisición de vehículos de propulsión híbrida ou alimentados con gas natural, gases licuados do petróleo ou hidróxeno para aproveitar as vantaxes da maior eficiencia enerxética de vehículos novos que produzan menor impacto ambiental.
2. Regular a selección das entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
3. Convocar as estas axudas.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas e  as comunidades de bens .
As entidades colaboradoras do Plan de Vehículos Eficientes son as encargadas de tramitar a solicitude (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).
Prazo de presentación de solicitudes: Poderanse reservar os fondos a partir dos 9 días hábiles contados desde o seguinte á publicación no DOG do presente plan ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito.