martes, 28 de junio de 2011

AXUDAS PARA XESTIÓN DE SUBPRODUTOS DE ORIXE ANIMAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
 Axudas destinadas ás explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos, para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano.

Obxecto: Bases reguladoras das axudas destinadas a explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos, para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados a consumo humano.  Axudas para a mellora da xestión técnica dos Sandach que se corresponden con catro liñas de axuda:
a) Axudas ás pequenas e medianas empresas agrarias.
b) Axudas a industrias agroalimentarias.
c) Axudas ao almacenamento e procesamento intermedio de subprodutos.
d) Axudas a plantas de transformación, destrución e valorización de subprodutos.
Beneficiarios: titulares de explotacións gandeiras, as industrias agroalimentarias, titulares de establecementos Sandach, de almacenamento e procesamento intermedio de subprodutos e titulares de establecementos de plantas de transformación segundo os requisitos estipulados para cada liña.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 29 De xullo do ano 2011.

AXUDAS PARA O FOMENTO DA PRIMEIRA FORESTACIÓN DE TERRAS NON AGRÍCOLAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas

Obxecto: . Poderán ser obxecto de axuda aqueles terreos que estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) como:
– Forestal (FO).
– Pasto con arboredo (PA).
– Pasto arbustivo (PR).
Beneficiarios:  Os propietarios particulares, as sociedades e agrupacións dos ditos propietarios, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 29 de xullo do ano 2011.

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Obxecto: Modificación do artigo 22 da orde de 25 de Marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e asesoramento nas explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010.
a) Poderán realizarse pagamentos á conta, os cales poderán supoñer a realización de pagamentos fraccionados que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas, e aboaranse por contía equivalente á xustificación presentada.
b) O importe conxunto destes pagamentos á conta non poderá ser superior ao 80% da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.
c) Os beneficiarios destas axudas das cales os pagamentos sexan superiores a 18.000 euros deberán constituír unha garantía bancaria ou unha garantía equivalente que corresponda ao 110% do importe do pagamento á conta.


miércoles, 22 de junio de 2011

IGAPE/PROGRAMA RE-IMAXINA


Obxecto: Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación de tres liñas de financiamento subsidiado para facilitar o acceso ao financiamento nos investimentos das microempresas, dos emprendedores, e das pemes que melloren a súa competitividade:
Liña Microcréditos: créditos para financiar investimentos nas microempresas galegas.
Liña Peme xove: créditos para financiar investimentos en proxectos emprendedores galegos.
Liña Peme competitiva: créditos para financiar investimentos que permitan mellorar a competitividade das pemes galegas.
Beneficiarios: Pequenas e medianas empresas, persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
Para cada liña de financiamento, establécense os seguintes requisitos adicionais:
a) Para a liña denominada Microcréditos poderán ser beneficiarias aquelas empresas con domicilio fiscal en Galicia, cun máximo de 10 traballadores e cunha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.
b) Para a liña denominada Peme xove poderán ser beneficiarias aquelas empresas que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia, e que ademais, non veñan desenvolvendo a mesma actividade para a que solicitan o financiamento nun prazo superior a dous anos contados desde a data de presentación no Igape, directamente ou mediante a súa participación no capital doutra sociedade que desenvolvese a mesma actividade.
c) Para a liña denominada Peme competitiva poderán ser beneficiarias aquelas empresas que veñan exercendo en Galicia por un período superior a dous anos algunha das actividades recollidas no anexo II destas bases.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro do ano 2011

XORNADA: “ DINAMIZADORES TIC 2011 “

 OrganizaAula Tic Pemes da USC-CEI-NODUS
ObxectoDifusión do proxecto de “Dinamizadores TIC 2011”  3ª edición  que permitiu que un grupo de alumnos de ADE e de FP de informática se incorporaran en empresas de Lugo para implementar ferramentas de software libre de xestión para pemes. A xornada permitirá coñecer a través dos propios beneficiarios do programa, os resultados que supuxo a participación no devandito proxecto e así ter a oportunidade de participar como beneficiario da próximo edición que se realizará na  convocatoria 2011-2012,
Data22 de xuño de 2011
Horario19:00 h a 20:00 h
LugarSalón de Actos del Cei-Nodus, Avda. Coruña nº 490
NotasGratuíta
Máis informaciónTl: 982 297 468,  a través da web http://www.cei.lugo.es/ ou ben a través do correo electrónico info@cei.lugo.es

SUBVENCIÓNS PARA CREACIÓN E MELLORA DE HOTEIS-BALNEARIOS E HOTEIS-TALASO

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Subvencións a entida­des privadas para incentivar o turismo mediante a creación e mellora de hoteis-balnearios e hoteis-talaso na Comunidade Autónoma de Galicia 

Obxecto: poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta orde, os seguintes investimentos:
Liña A) de axudas destinadas a proxectos de creación de hoteis-balneario e de hoteis-talaso.
Liña B) de axudas destinadas a proxectos de mellora, remodelación ou modernización das instalacións. existentes nos establecementos hoteleiros hoteis-balnearios e de hoteis-talaso.
Beneficiarios:  as empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos hoteleiros en que se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención, segundo o establecido no artigo 1 das bases.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/07/2011

SUBVENCIÓNS PARA CREACIÓN E MELLORA ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS DO GRUPO I E CREACIÓN OU MELLORA DA OFERTA COMPLEMENTARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto: poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta orde, os seguintes investimentos:
Liña A) de axudas destinadas a proxectos de mellora, remodelación ou modernización das instalacións existentes dos establecementos hoteleiros -Obras destinadas a conseguir a elevación de categoría do hotel
-Obras destinadas á reconversión de cuartos en suites.
-Obras destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras para procurar facilidades a persoas con discapacidade física ou sensorial.
-Mellora de garaxes ou aparcamentos para uso exclusivo de clientes no mesmo predio onde se localice o establecemento.
-Ampliación ou mellora de instalacións dedicadas ao coidado da saúde
-Implantación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión nos establecementos
-Obras destinadas á renovación, tecnificación e innovación que conduzan á implanta­ción de sistemas de protección e mellora ambiental, tales como: mellor uso e depuración de augas, emisións atmosféricas, vertedura de augas, xeración e tratamento de residuos sólidos e non sólidos, contaminación acústica, substitución de materiais, etc.
Liña B) de axudas destinadas a proxectos de creación ou mellora da oferta comple­mentaria de servizos nos establecementos hoteleiros existentes (instalacións deportivas, recreativas ou de ocio, garderías, spa ...) e aqueloutras actividades destinadas especial­mente para público infantil e todas aquelas que a priori se revelen como susceptibles de xerar máis gasto e/ou maior estancia media dos viaxeiros.
As accións de mellora abranguen tanto actuacións de modernización e remode­lación de todas as instalacións hoteleiras como aquelas definidas para a creación ou mellora da oferta complementaria do establecemento.
Beneficiarios:  empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos hoteleiros nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención, segundo o establecido no artigo 1 destas bases.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/07/2011
 

SUBVENCIÓNS PARA INCENTIVAR O TURISMO DE AVENTURA, ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto: Consi­deraranse investimento subvencionable as actuacións dos proxectos que se citan a seguir:
Liña A) Investimentos para a mellora das infraestruturas para actividades hípicas, náuti­cas, golf e oferta turística complementaria.
Liña B) Investimentos para a redacción de proxectos para a creación de campos de golf.
Liña C) Investimentos para a adquisición e/ou renovación de activos fixos (bicicletas, piraguas, embarcacións, material golf, sendeirismo, centros BTT, etc.).
Liña D) Creación de novas ofertas e novos produtos así como a implementación de no­vas tecnoloxías para a xestión e comercialización do produto ofertado.
Beneficiarios:  As empresas (pemes) autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención, segundo o establecido no artigo 1 destas bases.
Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse ao remate do prazo de presen­tación de solicitudes.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/07/2011

lunes, 13 de junio de 2011

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA


Obxecto: convocatoria de subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia. Liñas de axuda:
Liña A) Fomento de actividades turísticas
Liña B) Servizos básicos para a economía e a poboación rural
Liña C) Conservación e mellora do patrimonio rural
Beneficiarios:- Fomento de actividades turísticas: Asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas en promover actividades turísticas no medio rural
- Servizos básicos para a economía e a poboación rural: Asociacións, fundacións, comunidades veciñais de montes en man común e entidades privadas sen ánimo de lucro. Asociacións e confederacións de empresarios. Concellos e mancomunidades de concellos consorcios e entidades dependentes das anteriores con participación maioritaria dos concellos
- Conservación e mellora do patrimonio rural: Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28/07/2011

SUBVENCIÓNS A EMPRESAS DE TURISMO

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Subvencións a establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis talaso, hoteis balneario, balnearios, cafetarías, bares, restaurantes, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre, co obxecto de implementar as correspondentes normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE)
Obxecto: convocatoria de subvencións a establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balneario, balnearios, cafetarías, bares, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre para a implantación das correspondentes normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
Beneficiarios: os titulares dos establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balneario, balnearios, cafetarías, bares, restaurantes, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre que conten con clasificación turística expedida pola Comunidade Autónoma galega e que estean comprendidos na definición de pequena ou mediana empresa
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13/07/2011

miércoles, 8 de junio de 2011

PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL (EIL)


Obxectivo: convocatoria de incentivos ás empresas de inserción laboral, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo en Galicia. Son actuacións subvencionables:
- A contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social.
- A contratación de xerentes ou técnicos necesarios para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa de inserción laboral.
- A contratación de técnicos expertos en accións de orientación e acompañamento á inserción.
- A realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario.
- A formalización de préstamos con entidades financeiras.
- A creación e ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral.
Beneficiarios: as empresas de inserción laboral.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011