viernes, 28 de abril de 2017

CORRECCIÓN DE ERROS.- BASES REGULADORAS DAS AXUDAS QUE SE TRAMITEN AO ABEIRO DA MEDIDA LEADER

CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN E RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE CONSELLEIRO DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS POR ESTRADA E FERROCARRIL

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


RESOLVO:

Primeiro. Convocar as probas para obter e/ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, para a Comunidade Autónoma de Galicia e para o ano 2017.
Esta convocatoria rexerase polas bases que se incorporan como anexo I a esta resolución.
Segundo. Dispoñer a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, todo isto de conformidade co disposto nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

jueves, 27 de abril de 2017

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA DE FORMACIÓN POS DOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO SUG, NOS ORGANISMOS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN DE GALICIA E NOUTRAS ENTIDADES DO SISTEMA I+D+i GALEGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
O apoio á etapa posdoutoral mediante dúas modalidades:
Modalidade A: axudas para a ampliación da especialización no estranxeiro do persoal investigador doutor e a súa reincorporación na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante un contrato de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración na Comunidade Autónoma de Galicia.
Modalidade B: axudas para posibilitar a continuación da súa formación e establecer unha traxectoria investigadora propia, para as persoas que obtiveron unha praza nunha universidade do SUG na convocatoria de 2013 do Programa de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan I2C que permaneceu nel ata o 1 de abril de 2017 e que obtivo unha avaliación positiva e para as persoas investigadoras da convocatoria de 2012 ás cales, por circunstancias especiais, se lles concedese un aprazamento da avaliación e que obteñan unha avaliación positiva, mediante un contrato de dous anos de duración nunha universidade do SUG.
Beneficiarios
As universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia, sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.
Poderán acceder a estas axudas os organismos e entidades sinalados no parágrafo anterior que presenten como candidatas persoas co grao de doutor que cumpran, na data de peche da convocatoria, as condicións que se indican nela para cada tipo de axuda nos anexos I e II, segundo a modalidade a que opten.
Contía
O importe total da convocatoria é de 8.690.000 euros: 6.630.000 euros para a modalidade A e 2.060.000 euros para a modalidade B.
Na modalidade A poderanse conceder ata 51 axudas (a previsión inicial é de 45 en universidades do SUG e 6 no resto de entidades beneficiarias). O importe máximo de cada axuda é de 45.500 euros anuais, que inclúe tres conceptos:
1. O financiamento dun contrato dun máximo de 44.000 euros brutos anuais durante a fase de estadía e de 38.000 euros brutos anuais durante a fase de retorno.
2. Un complemento anual por axuda destinado ás entidades beneficiarias para cubriren os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía de 1.500 euros anuais durante a fase de estadía e de 1.000 euros anuais durante a fase de retorno.
Na modalidade B poderanse conceder 20 axudas. O importe total máximo de cada axuda é de 47.000 euros anuais, que inclúe tres conceptos:
1. O financiamento dun contrato posdoutoral dun máximo de 38.000 euros brutos anuais.
2. Unha axuda complementaria, por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación, de 5.000 euros para o ano 2017 e de 10.000 euros para os anos 2018 e 2019.
3. Un complemento anual por axuda, destinado ás universidades beneficiarias para cubriren os gastos asociados á contratación, de 1.000 euros anuais.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓN PARA A CONSECUCIÓN DE MERCADOS DE EXCELENCIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a consecución de mercados de excelencia, a mellora dos recintos onde se desenvolva o comercio non sedentario e a posta en marcha de actuacións que permitan aos mercados aproveitar as sinerxías xeradas polo Camiño de Santiago.
Beneficiarios
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia e asociacións e cooperativas de persoas praceiras de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.


AMPLIACIÓN DE PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES DUB

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Artigo único. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes
Ampliar ata o 5 de maio de 2017, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 7 da Resolución do 14 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2017.

AMPLIACIÓN PRAZO DE PRESENTACIÓN SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE AXUDAS ECONÓMICAS INDIVIDUAIS PARA PERSOAS RESIDENTES NO EXTERIOR PARA O ANO 2017

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Artigo único. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes
Ampliar ata o 10 de maio de 2017, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 13 da Resolución do 14 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2017.

miércoles, 26 de abril de 2017

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS EN MATERIA DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Artigo único. Modificación da Resolución do 23 de outubro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

O artigo 2.11.4 do anexo I da Resolución do 23 de outubro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, queda redactado do seguinte xeito:

«2.11.4. Nos casos dun incumprimento parcial, a cantidade anticipada que se vai devolver obterase pola diferenza entre a dotación percibida ata o momento da renuncia e a que lle corresponde polos días efectivamente desfrutados. A renuncia comporta, ademais, unha penalización do 10 % da dotación da bolsa correspondente ao período de bolsa realizado. Esta penalización non será aplicable no período de prórroga da bolsa cando o motivo da renuncia sexa a incorporación no mercado laboral ou por causa de forza maior».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta modificación entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sendo aplicable aos expedientes iniciados pendentes de resolución.



CONCESIÓN DE INDEMNIZACIÓNS EN MATERIA DE SANIDADE VEXETAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto:
a) Establecer, no marco dos programas de control e loita contra pragas de corentena, as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polas medidas fitosanitarias adoptadas sobre os vexetais afectados polos organismos de corentena.
b) Convocar a concesión de indemnizacións para o ano 2017 (procedemento MR465A)
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica cuxos produtos vexetais fosen afectados polas medidas fitosanitarias adoptadas en virtude dunha declaración da presenza da praga pola autoridade competente, orixinada polo desenvolvemento dun programa oficial de erradicación dos organismos de corentena dos determinados na correspondente convocatoria. As empresas poderán ser beneficiarias sempre que teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria, segundo o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal para o período 2014-2020 e no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.
2. No caso de produtores de plantas de viveiro, estes deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, polo que non será posible o outorgamento de indemnización se no momento da inspección inicial o viveiro non cumpre este trámite.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes computarase desde o día seguinte ao da publicación desta orde e finalizará o 30 de setembro.

PROGRAMA INICIATIVA XOVE 2017

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
O establecemento das bases reguladoras da concesión de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia que se desenvolven durante o ano 2017 e nas cales os mozos e mozas participen activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por eles mesmos.
Beneficiarios
a) Grupos informais de entre 5 e 8 mozos e mozas, debidamente identificados, con idade comprendida entre os 18 e 30 anos e empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade, inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Outros datos
O período subvencionable abrangue desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2017.
Coa presentación da solicitude achegarase o proxecto de iniciativas xuvenís seguindo o modelo publicado na convocatoria.
Todas as entidades e grupos aos cales se lles conceda a axuda e o soliciten recibirán un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida.
A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima de 50 puntos na avaliación dos proxectos e a concesión efectuará por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

martes, 25 de abril de 2017

CORRECCIÓN DE ERROS.- OFERTA DE PRAZAS XUVENÍS DO PROGRAMA CAMPAÑA DE VERÁN 2017

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 73, do 17 de abril de 2017, cómpre realizar a oportuna rectificación:

No anexo I A. Campamentos de verán 2017-Xeral, na páxina 17773, na data correspondente á actividade Explora O Courel, na instalación Albergue Municipal Quiroga, onde di: «1-8/07», debe dicir: «11-18/07».

ACCION DE VERÁN 2017

lunes, 24 de abril de 2017

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES NAS EMPRESAS DE PRODUCCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para instalar equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables nas empresas de produción agrícola primaria que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución. Serán subvencionables as seguintes tecnoloxías: biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica e minieólica (código de procedemento IN421l).
Beneficiarios
a) Empresas legalmente constituídas e empresarios autónomos, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria. Considéranse como tales as actividades incluídas na sección A, clases da 1.11 á 02.40 do CNAE-2009, ambas as dúas incluídas.
b) Empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas que desenvolvan algunha das actividades recollidas no parágrafo anterior.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se publiquen as bases no DOG.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e na páxina web do Inega (www.inega.gal), de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
Os autónomos presentarán as súas solicitudes por medios electrónicos dado que, por razón da súa capacidade económica, técnica, profesional ou dedicación profesional, teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.
Se algunha persoa interesada presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se presentase a emenda.
Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
Financiamento e contía
1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para os exercicio 2017 e imputaranse á aplicación orzamentaria 09.A2.733A.770.9; o importe total asignado a esta convocatoria ascende a 600.000 €.
O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. A contía da axuda será do 50 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 50.000 euros por proxecto e de 100.000 € por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

viernes, 21 de abril de 2017

CORRECCIÓN DE ERROS.-SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN, MELLORA E AMPLIACIÓN DE PEQUENAS INFRAESTRUTURAS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ADQUISICIÓN DE MAQUINARIA E EQUIPAMENTOS EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL


Obxecto
Apoio á ampliación e modernización de pequenas empresas mediante a adquisición de equipamentos produtivos destinados a actividades non agrícolas, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial no territorio rural galego.
Beneficiarios
a) Pequenas empresas situadas en zonas rurais. Para estes efectos, a definición de pequena empresa é a que resulta do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, pola que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entederase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Outros datos
A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de axuda do 45 % dos gastos subvencionables.
As axudas concedidas están amparadas no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro (DO L 352, do 24 de decembro), referente á aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE.

jueves, 20 de abril de 2017

CONVOCATORIA PROBAS CONSTATACIÓN COMPETENCIA PROFESIONAL DE XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANPORTE POR ESTRADA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Primeiro. Os exercicios da primeira convocatoria do ano 2017 das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada terán lugar o 7 de maio de 2017, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, San Lázaro, Santiago de Compostela).
Segundo. Os/as aspirantes que fosen admitidos/as para a realización das probas serán citados/as en chamamento único segundo a seguinte distribución:
a) Transporte interior e internacional de mercadorías: todos eles/as ás 9.00 horas.
b) Transporte interior e internacional de viaxeiros: todos eles/as ás 16.00 horas.
Terceiro. Unha vez situados/as os/as aspirantes dentro da aula, non se permitirá a súa saída, agás no suposto de entrega do exercicio. Non obstante, o tribunal poderá apreciar a concorrencia de circunstancias médicas debidamente acreditadas, como no suposto de mulleres embarazadas, toma de medicamentos ou similares que fagan necesario que o/a aspirante teña que ir ao baño.
Cuarto. Os/as aspirantes deberán presentarse provistos/as de DNI en vigor ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, tamén en vigor; a súa falta dará lugar á non admisión do/a aspirante á realización das probas. Recoméndase igualmente aos/ás aspirantes que concorran provistos/as da copia da solicitude de admisión e da folla xustificativa do pagamento das taxas de exame.
Así mesmo, deberán dispor dun lapis do número 2 e goma de borrar para realizar o exame, de xeito que se poida efectuar a súa corrección mediante mecanismos automatizados. Poderán tamén levar máquinas calculadoras sen memoria RAM para realizar as operacións matemáticas que resulten necesarias.
Quinto. Non se permitirá o acceso á sala onde se realizarán os exercicios con teléfonos móbiles.
Igualmente, tampouco se permitirá o acceso e tenza de axendas ou outros dispositivos de carácter electrónico, agás o indicado no punto anterior respecto das máquinas calculadoras. Do mesmo xeito, queda prohibido o acceso con calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización das probas.
Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

miércoles, 19 de abril de 2017

MODIFICACIÓN.-SUBVENCIÓNS A EMPRESAS ILLADAS EN ZONAS RURAIS PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA


Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 11 de maio de 2017.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL E REALIZACIÓN DE VIAXES POR RAZÓN DE INTERESE SOCIAL, ASISTENCIAL OU HUMANITARIO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
A concesión de axudas dirixidas a persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega residentes no exterior, que carezan dos recursos económicos necesarios para atender unha situación sobrevida de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, que precisen dunha actuación urxente, para evitar ou paliar unha situación de necesidade ou exclusión social, así como as que teñan por obxecto sufragar os custos das viaxes que teñan que realizar por razón destas características.
Beneficiarias
As persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguinte.
Para os efectos da presente convocatoria, terán a condición de persoas galegas residentes no exterior aquelas persoas emigrantes que teñan nacido en Galicia ou ben acrediten ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos, con nacionalidade española, así como tamén os/as seus/súas fillos/as que teñan nacionalidade española e que estean vinculados con calquera concello galego no Padrón de residentes no exterior (PERE) ou no Censo electoral de residentes no exterior (CERA).
Excepcionalmente, para o caso de que estas persoas teñan que realizar unha viaxe e non poidan valerse por si mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha persoa acompañante.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de novembro de 2017, ambos os dous incluídos.

martes, 18 de abril de 2017

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE REDES DE DISTRIBUCIÓN DE ENERXÍA TÉRMICA CON BIOMASA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións de equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible cun esquema de funcionamento baseado nunha xeración térmica centralizada e unha distribución desta enerxía aos puntos de consumo mediante redes.
Beneficiarios
a) As entidades locais de Galicia e entidades delas dependentes.
b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) Empresas legalmente constituídas.
Poderá existir unha diferenciación entre o titular da instalación solicitada e a titularidade dos centros consumidores de enerxía. Nestes casos, se o solicitante forma parte do sector público, deberá xustificarse o desenvolvemento do proxecto con convenios ou acordos asinados cos titulares dos centros consumidores de enerxía que acaden o 50 % do consumo enerxético previsto na súa solicitude. Por outra banda, o solicitante tamén poderá ser unha empresa de servizos enerxéticos que subministre enerxía térmica a distintos consumidores (sector público, empresas, residencial, entidades sen ánimo de lucro…) .
Contía
1. A contía global da convocatoria ascende a 4.500.000,00 euros. O financiamento da convocatoria correspóndese con fondos comunitarios derivados do programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 % e financiamento privado nun 20 %.
2. A contía da subvención será dun 80 % do custo elixible no caso de que os beneficiarios sexan:
a) Entidades locais.
b) Sector público autonómico.
A contía da subvención será dun 50 % do custo elixible no caso de que os beneficiarios sexan empresas e as súas agrupacións e asociacións. No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais, e no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais.
3. A contía máxima da axuda por proxecto ou por solicitante será de 1.000.000 de €.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o seguinte a aquel en que se publiquen as bases no DOG.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, PARA CREACIÓN DE EMPRESAS OS AGRICULTORES MOZOS E CREACIÓN DE EMPRESAS QUE DESENVOLVAN PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

lunes, 17 de abril de 2017

GALICIA EMPRENDE: AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na Comunidade Autónoma, fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e favorecer a creación de emprego a través da subvención á creación de pequenas e medianas empresas por parte de novos emprendedores, así como aos proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) e cumpran as condicións establecidas no artigo 4 das bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
Na convocatoria 2017.1 o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 20.6.2017.
Na convocatoria 2017.2 o prazo de presentación de solicitudes comezará o 30.6.2017 e finalizará o 29.9.2017.
Na convocatoria 2017.3 o prazo de presentación de solicitudes comezará o 10.10.2017 e finalizará o 30.11.2017.

PROGRAMA CAMPAÑA DE VERÁN 2017

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 7 de abril de 2017 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2017 e se procede á súa convocatoria.

Obxecto
1. Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2017 que se detalla no anexo I desta orde.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.
2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web www.xuventude.xunta.es
3. Co fin de lograr a efectiva difusión desta campaña para vindeiras convocatorias e co obxectivo de garantir os principios de transparencia, accesibilidade da información e veracidade (artigo 2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno), recolleranse experiencias e mesmo fotografías das instalacións e das persoas participantes que poderán ser empregadas para noticias contidas en xornais, publicacións e mesmo divulgadas tanto a través de servizos da sociedade da información como en páxinas web da Consellería de Política Social.
Para estes efectos, a presentación da solicitude de participación implica a autorización para a publicación destas imaxes, que serán incorporadas ao ficheiro «Actividades dirixidas á cidadanía», co tratamento previsto no artigo 15 desta orde.
Participantes
1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado no anexo I para cada actividade.
2. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2017, cómpre destacar o seguinte:
a) Os/as nacidos/as no ano 1999 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
b) Os/as nacidos/as no ano 2008 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
3. Para ser admitido no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia.
4. Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
5. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
a) Facer constar a súa condición no punto que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios se os precisase.
b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. A programación de actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na páxina web de xuventude (www.xuventude.xunta.es).
Os requisitos sinalados anteriormente serán condición necesaria para a admisión da solicitude e o seu incumprimento non permitirá a participación da persoa solicitante no campamento.
As persoas solicitantes con discapacidade que cumpran os requisitos sinalados deben optar, de conformidade co artigo seguinte, por unha destas dúas vías: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os dous procedementos.
6. Os/as menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.
7. O incumprimento das normas recollidas neste artigo dará lugar á non admisión da solicitude.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.



CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2017

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2017, co código de procedemento ED523A, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
Persoas beneficiarias
Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Estar matriculado no curso 2016/17 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
Importe
A dotación total para os premios será de 12.000 €.
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
1. Modalidade A: ciclos de grao superior:
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.
2. Modalidade B: ciclos de grao medio:
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será 30 días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.


BASES REGULADORAS PARA DESENVOLVER OBRADOIROS DE FOLCLORE, ARTESANÍA, COCIÑA E SEMINARIOS DE CULTURA GALEGA NAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para a realización de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas no exterior, dirixidos ás persoas asociadas galegas e aos seus descendentes, así como a aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia ou que participen nas actividades da asociación.
2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócase este programa para o ano 2017, procedemento PR923C.
Entidades beneficiarias
Poderán solicitar a organización dos obradoiros as entidades galegas que estean inscritas no Rexistro da Galeguidade dentro das seccións de Comunidades Galegas, Centros Colaboradores, Federacións ou aquelas entidades que estean en proceso de unión ou fusión.
Excepcionalmente, por resolución da persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración, poderase conceder a organización dun destes obradoiros a aquelas entidades que, estando incluídas dentro do Rexistro da Galeguidade, non se encontren en ningunha das seccións antes mencionadas, sempre que xustifiquen debidamente que contan cun grupo folclórico consolidado.
Os obradoiros de folclore están dirixidos ás entidades que teñan grupos ou escolas de folclore constituídas da modalidade solicitada.
Os obradoiros artesanais están dirixidos ás entidades que teñan un taller no cal un grupo de persoas se dedique a desenvolver esas actividades.
Os obradoiros de cociña e os seminarios de cultura galega están dirixidos a entidades que conten con instalacións e equipamentos adecuados para o seu desenvolvemento e teñan entre os seus obxectivos a promoción e difusión dos costumes e cultura de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes para a organización de obradoiros será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cóm-puto, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

miércoles, 12 de abril de 2017

ESTADÍAS E SERVIZOS NAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de estadías e servizos para o ano 2017 das residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social (código de procedemento BS419A).
O procedemento regulado pola presente orde comprende exclusivamente as estadías reflectidas no anexo II cuxa adxudicación corresponde á Consellería de Política Social.
Persoas destinatarias
Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior.
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
Tipos de servizo
O servizo de residencia consistirá no aloxamento e na mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.
Poderán gozar do servizo de comedor os e as familiares e persoas con relación de amizade cos ou coas residentes, que veñan visitar as instalacións, segundo as normas para a provisión de prazas que determine a persoa que exerza a dirección de cada residencia, e sen prexuízo da prioridade que se outorgue e se garanta ás persoas aloxadas.
Prezos
Os prezos, tanto para os servizos de residencia como para as persoas non residentes, serán os previstos no Decreto 84/2012, do 16 de febreiro, modificado polo Decreto 65/2016, do 2 de xuño, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.
Solicitudes
1. Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias quendas.
2. A solicitude formalizarase no formulario normalizado que figura como anexo I desta orde e que estará dispoñible na guía de procedementos e servizos que se atopa no enderezo: http://www.xunta.gal/resultados-da-guia-de-procedementos
Presentación de solicitudes: lugar e prazo
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. O prazo de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 2 de maio de 2017.

martes, 11 de abril de 2017

AXUDAS DE MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS A ERASMUS+ PARA ALUMNADO QUE CURSA ENSINANZAS ARTÍSTICAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2016/17.
Requisitos
Cidadáns/cidadás da Unión Europea ou estranxeiros/as non comunitarios/as con residencia no Estado español, matriculados/as no curso 2016/17 en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas artísticas superiores, que obtivesen unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2016/17 e non gozasen desta axuda en convocatorias anteriores.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BOLSAS DE EXCELENCIA PARA A MOCIDADE DO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cen bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas axudas os cidadáns galegos residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 31 de maio de 2017, ás 24.00 horas (horario de España).




lunes, 10 de abril de 2017

CORRECCIÓN DE ERROS.-(GALICIA RURAL EMPRENDE) AXUDAS DESTINADAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS PARA A PROGRAMACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS Á PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO E AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

viernes, 7 de abril de 2017

PROGRAMA AVENTURATE EN GALICIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto e réxime das axudas
1. Esta resolución ten por obxecto regular as axudas correspondentes ao programa Aventúrate con Galicia para o ano 2017, que ten por finalidade facilitar aos mozos e mozas da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.
2. Así mesmo, é obxecto desta resolución convocar as devanditas axudas para o ano 2017, procedemento PR930B.
3. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Co fin de lograr a efectiva difusión desta convocatoria para vindeiros anos e co obxecto de garantir a transparencia na organización e xestión pública (artigo 2.a) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno), de proporcionar e difundir información constante, veraz, obxectiva e clara sobre a actuación do sector público, recolleranse experiencias e mesmo fotografías das instalacións e das persoas participantes, que poderán ser empregadas para noticias contidas en xornais e publicacións e mesmo divulgadas tanto a través de servizos da sociedade da información como en páxinas web da Secretaría Xeral da Emigración, así como da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Persoas beneficiarias e requisitos
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter a súa residencia habitual fóra de Galicia.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
c) As persoas participantes deberán ter, o 30 de xullo de 2017, unha idade comprendida entre os 14 e os 17 anos.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalene ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións para proxectos desenvolvidos dentro dalgunha das catro dimensións seguintes (procedemento PR 804A):
a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
c) Investigación sobre o desenvolvemento.
d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.
Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento que estean inscritas na sección A do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e as agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación definidos na Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.
Non se considerarán agrupación de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación ou federación á cal pertenza a devandita organización, ou aquelas nas cales os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 6 de abril de 2017

CORRECCIÓN DE ERROS.- ORDE DO 31 DE XANEIRO DE 2017

SUBVENCIÓNS PARA SUFRAGAR OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS GALEGAS DE PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


 Obxecto
Esta orde ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos, de entidades asociativas de centros especiais de emprego e de entidades asociativas de empresas de inserción laboral.
Entidades beneficiarias
1. Programa entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas. Serán beneficiarias aquelas entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial que estean inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos de Galicia.
2. Programa entidades asociativas de centros especiais de emprego. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as entidades asociativas de centros especiais de emprego de Galicia.
3. Programa entidades asociativas de empresas de inserción laboral. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as entidades asociativas de empresas de inserción laboral de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS DESEMPREGADAS PARADAS DE LONGA DURACIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA 


Obxecto
Coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2017 dos incentivos á súa contratación por conta allea.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos e autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten por conta allea persoas traballadoras desempregadas de longa duración, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para os distintos tipos de axudas e non incorran nas circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As sociedades civís e comunidades de bens deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación.
Prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
2. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
3. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

martes, 4 de abril de 2017

CONVOCATORIA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1,2,3 E 4

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA



Obxecto.
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017 (ED114A).
Persoas destinatarias.
As persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2017, nacionais ou estranxeiras.
Datas de realización das probas.
Celga 4: 10 de xuño de 2017.
Celga 2: 11 de xuño de 2017.
Celga 3: 17 de xuño de 2017.
Celga 1: 18 de xuño de 2017.
Estas datas poderán mudarse por razóns de forza maior ou para a mellor administración das probas.
Se o número de aspirantes non permitise a realización da totalidade das probas orais no día sinalado nesta resolución, a Comisión Central de Avaliación determinará o día ou días en que terá lugar a devandita avaliación oral, que serán debidamente publicitados na páxina web www.lingua.gal.
Lugares onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada proba de nivel Celga.
Presentación de solicitudes e prazo.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta resolución e aboar a taxa que se indica na convocatoria.
Deberán indicar a proba ou probas ás cales solicitan presentarse e a localidade.
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada nas bases sexta e sétima será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

PRESTACION ECONÓMICA POR FILLOS MENORES DE TRES ANOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2017 (código BS410A).
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2.1.2014 e o 1.1.2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.
2. Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
3. Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.
4. En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.
5. As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais, deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.
6. As persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de trinta e cinco (35) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

PROGRAMA ESCOLAS ABERTAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


 Obxecto
1. A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a realización de obradoiros culturais de especialización de carácter presencial dirixidos a persoas responsables de impartir docencia nas entidades galegas do exterior e ás persoas galegas residentes fóra de Galicia.
2. Así mesmo, é obxecto desta resolución a convocatoria de axudas para participar nos obradoiros para o ano 2017, procedementos PR923E e PR923H.
Persoas beneficiarias e requisitos
1. Persoas responsables de impartir docencia nas entidades galegas do exterior.
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para este programa as persoas responsables de impartir docencia naquelas entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
Poderán solicitar participar neste programa aquelas persoas responsables de impartir docencia nas entidades galegas:
a) Que teñan constituídas escolas ou grupos consolidados da especialidade solicitada cunha actividade continuada, cando menos, nos dous últimos anos.
b) Aquelas entidades que, non cumprindo o establecido no parágrafo anterior, tivesen grupos constituídos nos últimos dez anos e estean no seu proceso de recuperación.
c) No caso de persoas que soliciten participar no obradoiro de confección de traxe tradicional galego, a entidade galega deberá ter grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido, como mínimo, durante catro anos.
As persoas solicitantes deben ser maiores de 18 anos e menores de 65 e ser responsables de impartir a docencia, na modalidade solicitada, dentro da entidade galega en que exercen a súa función docente. Malia o anterior, mediante resolución razoada, á vista de circunstancias excepcionais de excelencia ou dedicación nas materias que se impartirán no obradoiro correspondente, a persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración poderá autorizar a participación dalgunha persoa maior ou menor destas idades.
2. Persoal directivo das entidades galegas do exterior.
Para a modalidade de formación de persoal directivo, poderán ser beneficiarias aquelas persoas que pertenzan á xunta directiva daquelas entidades galegas que, no Rexistro da Galeguidade, estén inscritas nas sección de Comunidades Galegas, Centros Colaboradores ou Federacións de Entidades.
As persoas solicitantes por estas entidades deberán ter unha idade comprendida entre os 21 e 31 anos, e formar parte da xunta directiva destas entidades no último ano, cando menos, na data do remate do prazo de presentación de solicitudes.
As persoas solicitantes dos distintos obradoiros non poderán ter participado no Programa escolas abertas máis de dúas veces nos últimos catro anos, en calquera modalidade. Se así foi, quedarán excluídas.
Non poderán ser beneficiarias aquelas persoas solicitantes que exerzan o seu labor docente ou pertenzan a entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Persoas físicas que non exerzan docencia nunha entidade galega do exterior.
Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as persoas emigrantes galegas e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, maiores de 18 anos e menores de 65, residentes fóra de Galicia, que acrediten ser responsables de impartir docencia na modalidade que soliciten en entidades distintas das mencionadas no número 1 deste artigo e que cumpran os requisitos exixidos para o resto dos participantes.
Non poderán ser beneficiarias as persoas en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin poderán ter participado no Programa escolas abertas máis de dúas veces nos últimos catro anos, en calquera modalidade. Se así foi, quedarán excluídas.
3. Os requisitos teñen que cumprirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.