viernes, 29 de mayo de 2020

AXUDAS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS/AS PARA A REPARACIÓN, A REHABILITACIÓN E/OU ADAPTACIÓN DOS EDIFICIOS DE VIVENDAS PROTEXIDAS PROMOVIDOS POR ESTE INSTITUTO

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto convocar para o exercicio 2020 as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en adiante, IGVS) que teñan máis de 10 anos de antigüidade e que non estean descualificados, correspondente ao procedemento VI420A.

Persoas beneficiarias
Poderán ter a condición de beneficiarias destas subvencións as comunidades de propietarios/as dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo IGVS que no momento de presentar a correspondente solicitude teñan máis de 10 anos de antigüidade e que non estean descualificados, sempre que non recibisen outra axuda do IGVS para a realización de obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria correspondente e, ademais, cumpran cos seguintes requisitos:
a) Que o seu edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. De non ser o caso, a comunidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garantan que o edificio terá as condicións necesarias de seguridade estrutural.
b) Que non estean incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da LSG.
c) Que sexan seleccionadas conforme a prelación realizada en aplicación do baremo previsto no ordinal décimo cuarto da Resolución de bases do 4 de abril de 2019 e conforme a disposición orzamentaria existente.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación da solicitude de axuda será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e no mes de vencemento. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

CONTINUACIÓN DA TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO DAS AXUDAS EXTRAORDINARIAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS 2020

jueves, 28 de mayo de 2020

AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL


Obxecto
1. Poderán ser subvencionables os proxectos de investimento realizados polas pequenas e medianas empresas descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental.
2. Considéranse subvencionables os seguintes investimentos:
a) Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de produción da empresa, así como para os procesos de secado da madeira.
b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
c) Tecnoloxías da información e comunicación (TIC´S).
d) Outros bens de equipamento que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.
e) Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada, de normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas do sector da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos agroalimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos. Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
2. Os solicitantes da axuda para acadar a condición de beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do importe deste ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida na conta por importe do investimento.
3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado á data de publicación da convocatoria -modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).
b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e, no suposto de ser esixible, un contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.
c) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou dados de alta nalgún código CNAE que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria.
3. Así mesmo, as persoas solicitantes con persoal contratado por conta allea en número igual ou superior a tres traballadores, deberán ter, polo menos, na data de publicación da convocatoria o 40 % do cadro de persoal da empresa con contratos por conta allea e tempo indefinido. Para as empresas de nova creación, entendendo como tales as creadas dentro dos 18 meses anteriores á data publicación da convocatoria, bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 40 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione. O persoal en réxime de autónomos non computará para os efectos do cálculo das porcentaxes de estabilidade de emprego recollidas nesta resolución.

 Contía
As axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A4.741A.770.0, código de proxecto 2018 00006, con 1.400.000 euros para o ano 2020 e 600.000 euros para o ano 2021.
Os investimentos subvencionaranse cunha axuda do 50 % dos gastos elixibles.
A axuda máxima por solicitante limitarase a 200.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA


Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.

Destinatarios
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

Solicitudes de participación
1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal).
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
4. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base sexta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como un número adecuado de reservas.

SUBVENCIÓNS PARA A ASISTENCIA A MERCADOS E FOROS INTERNACIONAIS DE CONTIDOS AUDIOVISUAIS 2020

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a comercialización exterior de produtos de contido audiovisual galego en mercados e foros de negocio de carácter internacional que teñan lugar entre o 1 de decembro de 2019 ata o 13 de marzo de 2020, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT404C).

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora e/ou distribuidora audiovisual e que leven a cabo algunha actividade de creación e produción no campo audiovisual galego ou algunha das actividades descritas na cláusula seguinte que motiven a subvención e cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS DE PRODUCCIÓN GALEGA 2020

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, que contribúa a asegurar a madurez dos produtos audiovisuais galegos, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

ORDE DO 18 DE MAIO DE 2020 POLA QUE SE ACORDA A CONTINUACIÓN DE DETERMINADOS PROCEDEMENTOS DE SUBVENCIÓNS INDISPENSABLES PARA A PROTECCIÓN DO INTERESE XERAL OU PARA O FUNCIONAMENTO BÁSICO DOS SERVIZOS PÚBLICOS NO ÁMBITO DA CONSELLERIA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA DURANTE A VIXENCIA DO ESTADO DE ALARMA

miércoles, 27 de mayo de 2020

SUBVENCIÓNS ÁS ACTIVIDADES DE DISTRIBUCIÓN PARA INDUSTRIAS CULTURAIS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro (código de procedemento CT402C).

Persoas beneficiarias
Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia (modalidades A1, A2, A3 y A4).

Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia (B1, B2 e B3).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

AXUDAS Á APICULTURA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e convocalas para o ano 2020 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural.

Ámbito de aplicación e requisitos

1. Poderán optar ás axudas previstas no artigo 2 da orde:
a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, de 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
b) Cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia, na medida en que os seus integrantes cumpran os requisitos para ser beneficiarios dalgunha ou dalgunhas das axudas recollidas no Programa 2020-2022.

2. Para poder acollerse ás ditas medidas da axuda, os apicultores, a título individual ou como integrantes dunha cooperativa ou organización representativa, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren inscritos no Rexistro Oficial Apícola da Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2020, fóra daqueles titulares que adquirisen a dita titularidade por falecemento, xubilación ou incapacidade laboral do titular, sempre que o novo titular adquira a titularidade por sucesión, xubilación ou incapacidade laboral do anterior e fose parente del en, como máximo, cuarto grao. Así mesmo, exceptúanse do dito requisito os supostos de forza maior.
b) Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas, para o caso dos apicultores que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda para realizar a transhumancia, sexan ou non persoas traballadoras autónomas.
c) Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e se regula o Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
d) Disporen dun seguro de responsabilidade civil.
e) Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.
f) Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2019 antes do día 1 de marzo do ano en curso.
g) Teren realizada a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) segundo o recollido no artigo 7, punto 2, do Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas, modificado polo Real decreto 448/2005, do 22 de abril, e no artigo 6 do Decreto 339/2009, do 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia.
As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas por parte do seu titular.

3. Para o caso das cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, para poderen ser beneficiarias a solicitude de axuda deberá incluír, como mínimo, 1.500 colmeas.

4. Un mesmo apicultor só poderá ser beneficiario de axuda por unha mesma actuación de forma única para cada unha das súas colmeas, ben a título individual, ben como integrante dunha cooperativa ou asociación ou agrupación de produtores. Non obstante, os apicultores incluídos na solicitude de axuda presentada por unha cooperativa, asociación ou agrupación de produtores, ben sexa para unha ou varias liñas de axuda, non poderán solicitar a axuda como integrantes doutra cooperativa, asociación ou agrupación de produtores. De ser o caso, soamente se terá en conta ese apicultor na solicitude da asociación que o inclúa como beneficiario naquela liña de axuda que ocupe o primeiro lugar atendendo á orde de prelación que se establece no artigo 9.1 desta orde de axudas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

RESOLUCION DO 20 DE MAIO 2020 POLA QUE SE CONTINÚA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E SE ADÍA A REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4 NO ANO 2020

AXUDAS AO INVESTIMENTO PARA A FABRICACIÓN DE PRODUTOS RELACIONADOS CO COVID-19 (INVISTE COVID-19)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar aqueles proxectos de investimento levados a cabo polas empresas galegas que permitan a fabricación de produtos relacionados co COVID-19, como os seguintes:
– Medicamentos (incluídas as vacinas) e os tratamentos, os seus produtos intermedios, os ingredientes farmacéuticos activos e as materias primas necesarias para a súa produción.
– Produtos sanitarios, equipamentos hospitalarios e médicos (incluídos os respiradores, a roupa e o equipamento de protección e as ferramentas de diagnóstico), así como as materias primas necesarias para a súa produción.
– Desinfectantes e os seus produtos intermedios, así como as materias primas químicas necesarias para a súa produción.
– Ferramentas de recollida/tratamento de datos.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Deberán levar, ou proxectar levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, que permita a fabricación de produtos relacionados co COVID-19.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

lunes, 25 de mayo de 2020

SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS E A IMPLANTACIÓN DE DOMÓTICA ENERXÉTICA

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan galego de eficiencia enerxética nas familias (código de procedemento IN414C), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN414B), recollidas como anexo I desta resolución, e proceder á convocatoria para a anualidade 2020.
2. Seleccionar, en réxime de concorrencia non competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (anexos II e III).
3. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2020, que se xuntan a esta resolución como anexos IV a VI.
4. Publicar o convenio de colaboración para as axudas do Plan galego de eficiencia enerxética nas familias, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo III).
5. Convocar para o ano 2020, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións destinadas a renovación de electrodomésticos e a instalación de domótica enerxética.

Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiaria terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes de axudas serán presentadas polas entidades colaboradoras segundo o modelo de formulario normalizado anexo IV desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.
2. As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Se a entidade colaboradora presenta a solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
3. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 30 de xullo de 2020, e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).
4. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de xullo de 2020 ás 9.00 para a actuación 1 e o día o 2 de xullo de 2020 ás 9.00 horas para a actuación 2, e rematará o 30 de setembro de 2020 ou cando se esgoten os fondos.

RESOLUCION DO 12 DE MAIO DE 2020.- CONTINUACIÓN DA TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS QUE REGULAN AS ORDES DA APLICACIÓN DE PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL NAS DIVERSAS CAMPAÑAS, E AS RESOLUCIÓNS DE AXUDAS PARA A SUBMINISTRACIÓN DE FROITAS FRESCAS, CASTAÑAS E LEITE LÍQUIDO DE CONSUMO AO ALUMNADO DE CENTROS ESCOLARES

viernes, 22 de mayo de 2020

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE AXUDAS PARA CONTRIBUÍR A MINIMIZAR O IMPACTO ECONÓMICO E SOCIAL DO COVID-19 NOS ALUGUEIROS DE VIVENDA HABITUAL

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Obxecto
Concesión de axudas ao alugueiro, mediante a adxudicación directa, ás persoas arrendatarias de vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social do COVID-19, teñan problemas transitorios para atender o pagamento parcial ou total do alugueiro. Especificamente, o programa inclúe no seu obxecto a concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 del Real decreto lei 11/2020, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, contraídas polas persoas arrendatarias de vivenda habitual a cuxa devolución non puidesen facer fronte.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude cumpran os seguintes requisitos:
a) Teren a nacionalidade española ou residiren legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
b) Seren titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, con mención expresa da súa referencia catastral e do medio e forma de pagamento á persoa arrendadora.
c) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de familiar. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes da súa unidade familiar deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento na data da presentación da solicitude.
d) Estaren en situación de vulnerabilidade económica, conforme o establecido no ordinal terceiro.
e) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Non estar incurso nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e/ou no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 30 de setembro de 2020 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

AXUDA COMPLEMENTARIA Á DOS PROGRAMAS DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL E DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DESTINADO AO ALUGAMENTO DE VIVENDAS PARA VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar a concesión directa das subvencións complementarias ás dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.
2. Estas axudas son complementarias ás subvencións concedidas ás persoas beneficiarias dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero e teñen a finalidade de subvencionar, conxuntamente con estas, o importe mensual da renda do alugueiro da vivenda, satisfacendo deste xeito unha solución habitacional a colectivos especialmente vulnerables.

Persoas beneficiarias
1. Serán beneficiarias destas axudas complementarias todas as persoas que na data publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia teñan unha resolución de concesión inicial ou, de ser o caso, de prórroga do Programa do bono de alugueiro social ou do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, así como aqueloutras que resulten beneficiarias en virtude das actuais convocatorias.
2. Será requisito necesario para ser persoa beneficiara destas axudas que no expediente de concesión conste o correspondente contrato de alugamento da vivenda achegado pola persoa interesada.

Procedemento
1. O procedemento de concesión destas axudas iníciase de oficio mediante esta resolución.
2. A tramitación deste procedemento realizaraa a Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda, sen que sexa necesario que as persoas interesadas teñan que presentar solicitude ningunha.

MODIFICACIÓN DOS CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DAS AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN

RESOLUCION DO 15 DE MAIO 2020. CONTINUACIÓN DO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DOS PREMIOS XXV ÁLVARO CUNQUEIRO, XI MANUEL MARÍA E XIV BARRIGA VERDE

ORDE DO 13 DE MAIO RELATIVA AS EXCEPCIÓNS PARA 2020 NA EXECUCIÓN DOS CONTROIS ADMNISTRATIVOS E SOBRE O TERREO ESTABLECIDOS NAS CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓNS DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN DE ERROS._ SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA A PROMOCIÓN DE ACTUACIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS E INCLUSIÓN SOCIAL

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA AS SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE

AXUDAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e o funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Poderán ser obxecto de subvención na liña 1 os gastos xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020, ambos os dous incluídos.

Poderán ser obxecto de subvención na liña 2 os gastos e actuacións realizadas no período comprendido entre o 1 de decembro de 2019 e o 30 de novembro de 2020, ambos os dous incluídos.

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres as asociacións de mulleres e as federacións constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, que teñan domicilio social en Galicia e estean inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), sempre que compran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

RESOLUCIÓN RELATIVA Á APERTURA DOS MERCADOS DE GANDO

RESOLUCIÓN RELATIVA Á XESTIÓN DA BIOMASA, LIMPEZA, ROZA E MANTEMENTO

miércoles, 20 de mayo de 2020

CONTINUACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE VARIOS PROCEDEMENTOS DE SUBVENCIÓNS VI432C, VI432D, VI406A, VI422E, VI422F

AMPLIACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS A PRODUCIÓNS E COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS DE CONTIDO CULTURAL GALEGO

CONTINUACIÓN PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DESTINADAS Á ELABORACIÓN DE INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAIS

DECRETO 73/2020 POLO QUE SE REGULAN OS APROVEITAMENTOS MADEIREIROS E LEÑOSOS, DE CORTIZA, DE PASTOS, MICOLÓXICOS E DE RESINAS EN MONTES OU TERREOS FORESTAIS DE XESTIÓN PRIVADA EN GALICIA

MODIFICACIÓN.- AXUDAS AOS PROXECTOS DE REORGANIZACIÓN PRODUTIVA DAS EMPRESAS GALEGAS PARA A FABRICACIÓN DE EQUIPAMENTO SANITARIO

CONTINUACIÓN DA TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO DAS AXUDAS PARA A ATRACCIÓN E RETENCIÓN DE TALENTO INVESTIGADOR NA CATEGORÍA DE PERSOAL INVESTIGADOR DISTINGUIDO NAS UNIVERSIDADES DO SUG.

CORRECCIÓN DE ERROS.- ORDE 6 DE MAIO DE 2020 DE CONTINUACION DE PROCEDEMENTOS DE SUBVENCIÓNS INDISPENSABLES PARA A PROTECCIÓN DO INTERESE XERAL OU PARA O FUNCIONAMENTO BÁSICO DOS SERVIZOS PÚBLICOS DESTA CONSELLERIA

ACORDOS DO CENTRO DE COORDINACIÓN OPERATIVA DA SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA NO TERRITORIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

jueves, 14 de mayo de 2020

AMPLIACIÓN DE PRAZOS DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN DE DETERMINADAS SUBENCIÓNS DA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

AXENCIA TURISMO DE GALICIA








RESOLUCIÓNS PARA LEVANTAR A PARALIZACION DE PROCEDEMENTOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA NENOS DE 0-3 ANOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL



AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS




MODIFICACIÓN PARCIAL DE PRAZOS DE SUBVENCIÓNS NO ÁMBITO DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

miércoles, 13 de mayo de 2020

CONTINUACIÓN DO PROCEDEMENTO PARA A CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS A ESTABLECEMENTOS E SERVIZOS TURÍSTICOS PARA A OBTENCIÓN E/OU MANTEMENTO DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA A INNOVACIÓN, A DIXITALIZACIÓN E A IMPLANTACIÓN DE NOVAS FÓRMULAS DE COMERCIALIZACIÓN E EXPANSIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL 2020

AXUDAS AO ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTADO MEMBRO DA UNION EUROPEA, DURANTE O VERAN DE 2020, CO OBXECTO DE COÑECER A LINGUA DESE PAÍS - SEN EFECTO

lunes, 11 de mayo de 2020

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA PARTICIPACIÓN GALEGA NO PROGRAMA MARCO DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN DA UE( HORIZON 2020)

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


IN607F. Axudas para preparación de propostas de calidade ao Programa marco.

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria para o ano 2020 da liña 1 das axudas para o fomento da participación galega de calidade no Programa marco da Unión Europea:
– Liña 1 (código de procedemento administrativo IN607F): axudas para actividades de preparación de propostas de calidade, tanto de xeito individual como en consorcio, ao Programa marco de investigación e innovación. Consideraranse propostas de calidade aquelas que acadaron no proceso de avaliación da convocatoria do Programa marco á cal concorreron unha puntuación superior ao 75 % da nota máxima establecida.
Deberase ter en conta, ademais, o resto de condicións e requisitos incluídos no artigo 1 da convocatoria.

Beneficiarios
Poderán ter a condición de beneficiarios, segundo o artigo 3 da convocatoria e das bases reguladoras, pemes e organismos de investigación e difusión. Deberanse ter en conta, ademais, as definicións recollidas no anexo I das bases reguladoras.
Non poderán ser beneficiarias delas aquelas entidades que, pola actividade que desenvolvan ou o sector a que pertenzan, se atopen entre as excepcións recollidas no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 1407/2013 relativo ás axudas de minimis.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria, e permanecerá aberta ata o 30 de novembro de 2020 ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.

IN607G. Axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada á fase I do instrumento peme do Programa marco.

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria para o ano 2020 da liña 2.1 das axudas para o fomento da participación galega de calidade no Programa marco da Unión Europea:
– Liña 2.1 (código de procedemento administrativo IN607G): axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada a algunha das convocatorias da fase I do instrumento peme do Programa marco sempre que esta acadase unha avaliación igual ou superior aos 13 puntos ou fose distinguida co selo de excelencia.
Deberase ter en conta, ademais, o resto de condicións e requisitos incluídos no artigo 1 da convocatoria.

Beneficiarios
Poderán ter a condición de beneficiarios, segundo o artigo 3 da convocatoria e das bases reguladoras, as pemes. Deberanse ter en conta, ademais, as definicións recollidas no anexo I das bases reguladoras.
Non poderán ser beneficiarias delas aquelas entidades que, pola actividade que desenvolvan ou o sector a que pertenzan, se atopen entre as excepcións recollidas no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 1407/2013 relativo ás axudas de minimis.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria e permanecerá aberta ata o 30 de novembro de 2020, ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.

IN607H. Axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada á fase II do instrumento peme do Programa marco.

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria para o ano 2020 da liña 2.2 das axudas para o fomento da participación galega de calidade no Programa marco da Unión Europea:
– Liña 2.2 (código de procedemento administrativo IN607H): axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada a algunha das convocatorias da fase II do instrumento peme do Programa marco sempre que esta acadase unha avaliación igual ou superior aos 12 puntos ou fose distinguida co selo de excelencia.
Tamén serán subvencionables aquelas propostas individuais de calidade presentadas á nova acción piloto do Consello Europeo de Innovación que dá continuidade ao instrumento peme, sempre que estas sexan compatibles coas bases reguladoras destas axudas e a presente convocatoria. Estas propostas deberán contar con selo de excelencia ou cunha nota de avaliación suficiente para a súa obtención.
Deberase ter en conta o resto de condicións e requisitos incluídos no artigo 1 da convocatoria.

Beneficiarios
Poderán ter a condición de beneficiarios, segundo o artigo 3 da convocatoria e das bases reguladoras, as pemes. Deberanse ter en conta, ademais, as definicións recollidas no anexo I das bases reguladoras.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades que se atopen nas excepcións recollidas no artigo 1.3 do Regulamento (UE) 651/2014.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria permanecendo aberta ata o 30 de novembro de 2020, ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.




SUBVENCIONS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA A PROMOCIÓN DE ACTUACIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS E INCLUSIÓN SOCIAL PARA 2020,2021 E 2022

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Finalidade
A finalidade consistirá na concesión de subvencións ás entidades de iniciativa social que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, levan a cabo a referida atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social, e desenvolven programas e/ou prestan servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante.

Beneficiarias
Serán beneficiarias as entidades de iniciativa social a que se refire o artigo 30 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos socias de Galicia, sempre e cando reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

b) Carecer de ánimo de lucro. Para os efectos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, considéranse entidades privadas de iniciativa social aquelas organizacións non gobernamentais e institucións non gobernamentais que realicen actividades de servizos sociais carecendo de ánimo de lucro. Para estes efectos, acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu labor con carácter gratuíto, de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.

d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.

e) Dedicarse, con carácter preferente en concordancia cos seus estatutos, á realización de actuacións referidas á atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social, e ao desenvolvemento dos programas e/ou da prestación de servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.

ORDES DA CONSELLERIA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA