martes, 31 de mayo de 2011

AXUDAS A PEQUENA E MEDIANA EMPRESA E OUTRAS ENTIDADES PARA A ELABORACIÓN E IMPLANTACIÓN DE PLANS DE IGUALDADE

MINISTERIO DE SANIDADE, POLITICA SOCIAL E IGUALDADE


Obxecto: convocatoria de axudas destinadas a pequenas e medianas empresas e entidades de entre 30 e 250 traballadoras e traballadores que elaboren e implanten plans de igualdade para o fomento da igualdade efectiva de mulleres e homes
Beneficiarios: as empresas, sociedades cooperativas, comunidades de bens, asociacións e fundacións de entre 30 e 250 traballadoras e traballadores que, no ámbito das relacións laborais, adopten un plan de igualdade tendente a alcanzar na súa organización a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 20/06/2011

AXUDAS AOS TITULARES DE EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS PARA FACILITAR O ACCESO AO FINANCIAMENTO

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL Y MARINO 

Axudas aos titulares de explotacións gandeiras para facilitar o acceso ao financiamento

Obxecto: convocatoria de axudas destinadas a:
a) Sufragar o custo dos avais concedidos por SAECA, necesarios para a obtención de préstamos, destinados aos titulares de explotacións gandeiras, que debido a circunstancias extraordinarias, requiren urxente financiamento
b) Facilitar que os titulares dos préstamos concedidos para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias acorden coas entidades financeiras unha carencia de ata dous anos de duración na amortización dos citados préstamos.
Beneficiarios: os titulares de explotacións gandeiras, que subscriban préstamos con entidades financeiras avalados por SAECA
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31/08/2011

lunes, 30 de mayo de 2011

NORMATIVA/SOCIEDADES DE FOMENTO FORESTAL

AXUDAS EN MATERIA DE TRABALLO EN IGUALDADE DAS MULLERES

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia

Obxecto: convocatoria de axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade, para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á conciliación da vida familiar e laboral en pequenas e medianas empresas (pemes).
Liñas de axuda:
Liña I: axudas para a implantación de plans de igualdade.
Liña II: axudas para actuacións tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.
Liña III: axudas para os investimentos realizados polas empresas co fin de habilitar servizos de comedor, gardaría, lugares axeitados para o repouso das traballadoras embarazadas, salas de lactación e instalacións análogas para garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.
Beneficiarios: as pequenas e medianas empresas que teñan domicilio social en Galicia ou empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que, pola súa vez, teñan contratado un mínimo dun 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, catro persoas.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27/06/2011

AXUDAS E SUBVENCIÓNS ÁS EMPRESAS CALIFICADAS COMO INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO (ILES)

CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: convocatoria de axudas para fomentar e promover a creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local e no medio rural, mediante o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego (ILE) e inscritas no rexistro administrativo habilitado para o efecto.
Tipos de axuda:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación.
c) Apoio á función xerencial.
d) Subvención financeira.
e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
Beneficiarios: as empresas privadas constituídas e que iniciasen a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos/as e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego, e non transcorrese máis dun ano desde a notificación da resolución de cualificación, ou de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27/06/2011

martes, 24 de mayo de 2011

SUBVENCIÓN ÁS INDUSTRIAS CULTURAIS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Subvencións ás industrias culturais
Obxecto: convocatoria de axudas establecidas pola Agadic para contribuír á promoción das industrias culturais, a través das seguintes liñas:
- Subvencións á actividade escénica
- Programa Crédito-cultura
- Subvencións á produción e promoción de traballos discográficos
- Subvencións á distribución
- Subvencións a salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada
- Subvencións á mellora técnica de estudios de gravación e salas de música ao vivo
Beneficiarios: as persoas físicas e xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, que cumpran os requisitos específicos que se sinalan nesta resolución para cada modalidade de subvención
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24/06/2011

lunes, 23 de mayo de 2011

SEMINARIO: “PLANIFICACIÓN EMPRESARIAL”

Organiza
Fundación CEL – Iniciativas por Lugo, Igape e Bic Galicia
Obxecto
Axudar ó emprendedor a coñecer os conceptos básicos necesarios para enfocar o plan de negocio, deseñar o proxecto de empresa e contrastar a viabilidade do mesmo, en sesións eminentemente prácticas e impartidas por recoñecidos profesionais do mundo da empresa e a formación.
Destinatario
Persoas con proxectos empresariais, que queiran ampliar ou mellorar os seus coñecementos de xestión empresarial, a través da realización dun plan de negocio. Estas persoas deberían ser titulares ou cotitulares dos proxectos seleccionados.
Datas
Entrevista de selección: 30 de maio de 2011
Sesións de formación: 6, 7, 8, 9, 14, 15, 16, 21, 22, 23 de xuño de 2011
Titorías: 29 e 30 de xuño de 2011
Horario
De 16:00 a 21:00 horas
Lugar
Viveiro de Empresas da Fundación CEL, Pazo de Feiras e Congresos, O Palomar s/n, Lugo.
Notas
Inscrición gratuíta. Prazas limitadas. Tlf. 982 284 150
Máis información
Axencia de Emprego Fundación CEL
monica.renda@fundacioncel.org / Tlf. 982 284 150 ext. 301 e 304

miércoles, 18 de mayo de 2011

SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (RSE) NAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

Obxecto: convocatoria de axudas para fomentar a responsabilidade social empresarial (RSE) nas pequenas e medianas empresas (pemes), a través das seguintes liñas:
Liña I: axudas para a implantación de modelos, sistemas ou ferramentas de xestión que introduzan conceptos de RSE nas empresas galegas.
Liña II: axudas para que a empresa reciba formación específica en materia de sustentabilidade ou responsabilidade social empresarial.
Liña III: axudas para a obtención de reportes, estándares ou certificacións en responsabilidade social empresarial.
Beneficiarios: as empresas privadas con domicilio social e centro de traballo en Galicia, que reúnan as seguintes condicións:
a) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
b) Que conten cun número de persoas traballadoras inferior a 250.
c) Atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto, coa administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.
d) Non teñen consideración de beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 18/06/2011

martes, 10 de mayo de 2011

SUBVENCIÓN PARA ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

Concesión directa de subvencións para a adquisición de vehículos eléctricos

Obxecto: convocatoria de axudas para a adquisición de vehículos eléctricos novos, entendendo como tales aqueles cuxa enerxía de propulsión procede, total ou parcialmente, da electricidade das súas baterías, cargadas a través da rede eléctrica.
Beneficiarios:a) As persoas físicas. No caso dos profesionais autónomos, haberán de estar dados de alta no Imposto de Actividades Económicas.
b) As entidades privadas con personalidade xurídica propia e co seu correspondente Código de Identificación Fiscal.
c) As Administracións públicas, as sociedades ou entidades que teñan consideración de carácter público estatal, autonómico ou local.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/11/2011 ou ata o esgotamento dos fondos.

PROGRAMA IGAPE DE BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROMOCIÓN EXTERIOR

IGAPE
Corrección de erros: Programa do Igape de bolsas de formación en promoción exterior 

Enlaces relacionados:

Programa do Igape de bolsas de formación en promoción exterior

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

O prazo para a xustificación das anualidades 2011 e 2012 das axudas concedidas amplíase desde o 15 de novembro de 2011 ata o 31 de xaneiro de 2012 e do 15 de novembro de 2012 ata o 31 de xaneiro de 2013.

O prazo para a xustificación da anualidade 2011 das axudas concedidas amplíase desde o 30 de novembro de 2011 ata o 31 de xaneiro de 2012.

CONVOCATORIA 6 BOLSAS DE COLABORACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN NO CONSELLO DA CULTURA

Dentro do plan de actividades do Consello da Cultura Galega para o ano 2011 figura a convocatoria pública de bolsas de colaboración para proxectos de investigación sobre diversos aspectos da cultura galega:
  • Dúas bolsas para colaborar na Área de Publicacións.Requisitos: ser Licenciado/a en Filoloxía Galega
  • Dúas bolsas para colaborar na Área de Documentación. Requisitos: ser Diplomado/a  en Biblioteconomía e Documentación ou Licenciado/a en Documentación.
  • Dúas bolsas para colaborar na Área Técnica.  Requisitos: Ter estudos de técnico/a de imaxe e son (grao superior de técnico/a de son e imaxe, FP ou similar ou outra titulación superior.
Duración: seis meses, comprendidos entre o1 de xullo e o 31 de decembro de 2011.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 9 de xuño de 2011.