jueves, 30 de septiembre de 2021

PROGRAMA RE-ACCIONA COVID-19

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (programa Re-acciona COVID-19), susceptible de ser financiada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG402A).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas destinadas a facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras previamente seleccionadas mediante a Resolución do 25 de agosto de 2021 DOG nº 169, do 2 de setembro, e publicadas na páxina do Igape http://reacciona.igape.es/reacciona-covid19
Os servizos para os que se poderá conceder axuda son os seguintes:
a) Reestruturación financeira e adecuación de estados financeiros tras o impacto da COVID-19 e os novos modelos de negocio.
b) Preparación para a transmisión ou adquisición de unidades produtivas.
c) Elaboración, adaptación e implementación de plans estratéxicos de internacionalización da empresa ou sector ao novo escenario internacional.
d) Análise de mercados internacionais concretos en relación á nova situación motivada pola emerxencia sanitaria COVID-19 e as necesidades específicas do solicitante de cara á apertura ou permanencia no dito mercado.
e) Consultaría relacionada coa implementación de metodoloxías de traballo e procesos acordes aos principios da economía circular.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Que desenvolvan a súa actividade en Galicia, polo menos nun centro de traballo.
b) Que, tendo a condición de peme segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, conten cun número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3.
c) Que a súa facturación no exercicio 2020 sexa inferior á facturación do exercicio anterior 2019 polo menos nun 10 %.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de novembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN DE SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE PROMOCIÓN E DINAMIZACIÓN DO XACOBEO 2021, PROGRAMA O TEU XACOBEO

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2021 pola que se amplía o prazo de execución previsto na Resolución do 4 de xuño de 2020 pola que se modifican os prazos de execución e xustificación recollidos na Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021.

MODIFICACIÓN PRAZOS EXECUCIÓN ANUALIDADE 2021 DO PROGRAMA TALENTO SENIOR

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2021 pola que se modifican os prazos para a anualidade 2021 establecidos nos artigos 4 e 25 da Resolución do 1 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Talento sénior), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN858A).

miércoles, 29 de septiembre de 2021

AMPLIACIÓN DOS PRAZOS MÁXIMOS DE EXECUCIÓN, PRESENTACIÓN DA XUSTIFICACIÓN E SOLICITUDE DE COBRAMENTO DAS AXUDAS AO INVESTIMENTO PARA A FABRICACIÓN DE PRODUTOS RELACIONADOS

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021 pola que se amplían os prazos máximos de execución e de presentación da xustificación e solicitude de cobramento da convocatoria das axudas ao investimento para a fabricación de produtos relacionados coa COVID-19, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e publicadas mediante a Resolución do Instituto Galego de Promoción Económica do 13 de maio de 2020 (código de procedemento IG415B).

Artigo primeiro
Fixar no 30 de decembro de 2021 a data da cal non pode exceder o prazo de execución dos proxectos que se estableza na resolución de concesión, establecida no Resolvo quinto da convocatoria das axudas aos investimentos para a fabricación de produtos relacionados coa COVID-19, publicadas mediante a Resolución do 13 de maio de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para a fabricación de produtos relacionados coa COVID-19 (Inviste COVID-19), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (DOG núm. 100, do 26 de maio de 2020).

Artigo segundo
O beneficiario deberá presentar a xustificación dos investimentos e a solicitude de cobramento como moi tarde o 31 de outubro de 2020 para a anualidade 2020, e como moi tarde o 31 de xaneiro de 2022 para a anualidade 2021 e, en todo caso, no prazo máximo dun mes desde a finalización do prazo de execución fixado na resolución de concesión.

Artigo terceiro
Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO, DIRIXIDAS A PARTICULARES, PARA 2021

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 22 da Resolución do 28 de decembro de 2020, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 18 de xaneiro de 2021).

Primeiro. Modificar a data límite que figura no artigo 22 das bases reguladoras para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa, quedando a redacción do artigo do seguinte xeito:

«O prazo para a execución das instalacións iníciase unha vez se teña efectuado a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará o 30 de setembro de 2021.

Para todas as solicitudes de axuda nas que se puxera a disposición do solicitante a resolución de concesión a partir do 1 de xullo, o prazo de execución das instalacións amplíase ata o 25 de outubro de 2021».

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.gal), para os efectos previstos no artigo 44 e 45.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 32.3 de la LPACAP, contra o presente acordo non cabe recurso de ningún tipo.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA, DIRIXIDAS A PARTICULARES, PARA 2021

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 22 da Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica, dirixidas a particulares, para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 18 de xaneiro).

Primeiro. Modificar a data límite que figura no artigo 22 das bases reguladoras para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa, quedando a redacción do artigo do seguinte xeito:

«O prazo para a execución das instalacións iníciase unha vez que se efectúe a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará o 30 de setembro de 2021.

Para todas as solicitudes de axuda en que se puxese á disposición do solicitante a resolución de concesión a partir do 1 de xullo, o prazo de execución das instalacións amplíase ata o 25 de outubro de 2021».

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.gal), para os efectos previstos nos artigos 44 e 45.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 32.3 de la LPACAP, contra o presente acordo non cabe recurso de ningún tipo.

SUBVENCIONS PARA APOIAR A XESTIÓN E MANTEMENTO DAS REDES SECUNDARIAS DE FAIXAS DE XESTIÓN DA BIOMASA E DAS FAIXAS LATERAIS DAS VÍAS MUNICIPAIS EN MVMC.

DEPUTACION DE LUGO

CONVOCATORIA E BASES QUE CANALIZARÁN AS SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA APOIAR A XESTIÓN E MANTEMENTO DAS REDES SECUNDARIAS DE FAIXAS DE XESTIÓN DE BIOMASA E DAS FAIXAS LATERAIS DAS VÍAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL, DENTRO DOS TERREOS DAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN, NA EXECUCIÓN DO PROGRAMA “O QUE NON ARDE”, NA ANUALIDADE 2021.

Obxecto
Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, no marco do Programa “O que non arde”, de axudas dirixidas ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (en adiante, CMVMC) da provincia de Lugo, e ás súas agrupacións, baixo calquera forma xurídica (agás a sociedade mercantil), destinadas á xestión forestal conxunta, para a posta en marcha de actuacións de silvicultura preventiva que contribuirán a prever e minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción dos montes, de acordo con 2 eixos de actuación.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as CMVMC da Provincia de Lugo, e as súas agrupacións, baixo calquera forma xurídica (agás a sociedade mercantil), cuxos montes foran convenientemente clasificados polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais da provincia de Lugo e inscritos no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.
No caso de arrendamento total ou parcial do monte, para a realización dun aproveitamento de pastos por gando en extensivo (actividade encadrada dentro do Eixo 1), o/s arrendatario/s poderá/n ser beneficiario/s de subvención e, polo tanto, poderá/n solicitala, sempre que o dito aproveitamento teña lugar en terreos que cumpran os requisitos establecidos no parágrafo anterior, e que, ademais, polo seu número de cabezas de gando e clase, sexa compatible coa conservación do monte.
No caso de cesión parcial do monte, para o seu aproveitamento individual por parte dalgún/s comuneiro/s, mediante pastoreo por gando en extensivo (actividade encadrada dentro do Eixo 1), e sempre que a cesión se corresponda con terreos que cumpran os requisitos citados nos parágrafos anteriores, este/s poderá/n ser tamén beneficiario/s das subvencións, sempre que o lote, a sorte ou parcela obxecto de cesión non sexa inferior á unidade mínima de cultivo. Nestes casos, será preciso a achega do documento de asignación de lotes indicando o seu aproveitamento.

Prazo de presentación de solicitudes
Os interesados en solicitar estas axudas disporán dun prazo de presentación de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

FESTIVAL PORTAMÉRICA

 

Asiste ao festival Portamérica co Carné Xove!

xuventude.xunta.es

O sorteo, que se iniciará ás 14.00 horas do día 27 de setembro e finalizará o xoves 30 ás 12.00 horas, ten a seguin...

martes, 28 de septiembre de 2021

AXUDAS A PERSOAS TITULADAS UNIVERSITARIAS EN SITUACION DE DESEMPREGO PARA A MATRICULA NUN MASTER UNIVERSITARIO OFICIAL OFERTADO POLAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA EN 2021/22

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 15 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2021/22 (código de procedemento ED421A).

Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Persoas beneficiarias
Persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas no curso 2021/22 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

lunes, 27 de septiembre de 2021

INFORMACION XUVENIL-DO 18 AO 24 DE SETEMBRO


 



Correspondentes Xuvenís 3.0

xuventude.xunta.es

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca un curso máis o programa Correspondentes Xuvenís 3.0...

O programa Carné Xove suma a adhesión de varios establecementos do municipio de Chantada.

xuventude.xunta.es

  Dende hoxe pasan a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove os seguintes e...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Saúdos


E-MARTES SOBRE CONTRATACION PUBLICA DE GALICIA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre a contratación pública de Galicia.

Obxectivos
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, á autoxestión da aprendizaxe e á identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Contidos
As Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) correspondentes ao mes de outubro estarán dedicadas á contratación pública de Galicia e abordarán os seguintes temas:
• A plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG).
• Como facer unha presentación electrónica das ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
• Xestor de expedientes de contratación (Plation).
• Como darse de alta no Rexistro Xeral de Contratistas (RXC) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
• Como presentar unha factura electrónica a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia.
A formación será impartida nunha primeira parte teórica e común aos dous grupos de persoas destinatarias e nunha posterior parte práctica adaptada a cada grupo nas aulas de informática da Escola.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias destas actividades son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

Desenvolvemento
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: os martes 5 e 19 de outubro de 2021.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas cada xornada.

Número de prazas
• Persoal empregado público: 16.
• Cidadanía: 13.
O número de prazas convocadas vén determinado pola capacidade das aulas adaptada ás medidas de seguridade e hixiene previstas na normativa vixente para a prevención da COVID-19.

Inscrición
1. A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nestas actividades, todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava, respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que están integradas estas actividades (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a xornada en que desexen matricularse:
• Xornada E-martes de formación práctica dixital: contratación, 5 de outubro.
• Xornada E-martes de formación práctica dixital: contratación, 19 de outubro.
As persoas que resulten seleccionadas para a primeira xornada, no caso de teren solicitadas as dúas xornadas, serán excluídas da listaxe de persoas seleccionables para a segunda xornada do mes, salvo renuncia recibida coa antelación prevista na base décima desta resolución.
5. Os prazos para inscribirse nestas actividades serán os seguintes:
• Para a xornada E-martes, que se desenvolverá o día 5 de outubro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 30 de setembro de 2021.
• Para a xornada E-martes, que se desenvolverá o día 19 de outubro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 14 de outubro de 2021.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

SUBVENCIONS A PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARACTER SOCIAL DIRIXIDOS A PROMOCION DA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES, E DE PREVENCION E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes, e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, no ano 2021 (código de procedemento SI452A).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva, e teñen por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas para o ano 2021 destinadas á realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade.
Os programas desenvolveranse no ano 2022. As subvencións destinaranse a programas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, para lograr a eliminación de estereotipos de xénero que conducen a que as mulleres padezan unha situación de desvantaxe no eido laboral, social, persoal, económico, político e cultural. Así mesmo, subvencionaranse determinados programas que teñan por obxecto a prevención de todas as formas de violencia contra as mulleres, segundo o recollido na Lei 11/2007, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Serán obxecto de subvención os seguintes tipos de programas:
a) Acollemento, atención e asesoramento para mulleres en situación de vulnerabilidade.
b) Acollida e aloxamento que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e das súas fillos e fillas.
c) Programas de información e formación para o empoderamento e participación activa dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade e a mulleres do medio rural, que impulsen o emprendemento, o autoemprego, a formación e a mellora da súa capacitación de cara a mellorar a súa empregabilidade.
d) Programas de conciliación dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade que consistan en actividades de coidado e atención a menores de doce anos, persoas con discapacidade e/ou dependentes e persoas maiores.
e) Actuacións de información e de formación para o empoderamento e participación activa das mulleres, en especial, as que sofren situacións de vulnerabilidade e/ou as que residen no medio rural.
f) Programas para o tratamento da saúde integral das mulleres e/ou sobre a sexualidade das mulleres.
g) Programas de apoio e tratamento integral dirixidos a grupos de mulleres vítimas da violencia de xénero especialmente vulnerables: mozas e adolescentes, mulleres con discapacidade, mulleres maiores, mulleres que residen no medio rural, mulleres inmigrantes, mulleres pertencentes a minorías étnicas etc.
h) Programas de que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e das súas fillos e fillas.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social e a Cruz Roja Española sempre que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico. As entidades solicitantes deberán estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración.
No caso de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de recente creación, entenderase cumprido o requisito sempre que o cumpran cada unha das entidades que a integran. Naquelas entidades que modifiquen a súa forma xurídica, sucedendo en dereitos e obrigas a outra preexistente, entenderase cumprido este requisito se a entidade orixinaria estaba legalmente constituída con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscrita no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico.
b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos, acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven a súa función con carácter gratuíto de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
c) Ter o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Ter entre os seus fins institucionais recollidos nos seus estatutos a realización dos programas e actuacións subvencionables de acordo co establecido no artigo 5.
Os fins e obxectivos das entidades solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre mulleres e homes, potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social e atender as mulleres en situación de vulnerabilidade. Estes fins e obxectivos deberán estar recollidos nos seus estatutos ou desprenderse da súa actuación xeral.
f) Desenvolver as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materiais necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.
No caso de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de recente creación, entenderase cumprido o requisito sempre que o cumpra cada unha das entidades que a integran. Naquelas entidades que modifiquen a súa forma xurídica, sucedendo en dereitos e obrigas a outra preexistente, entenderase cumprido o requisito se o cumpría a entidade orixinaria.
2. Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica nos seguintes termos:
a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no punto 1 anterior.
b) As entidades agrupadas deberán achegar un acordo neno que se indiquen os compromisos e o orzamento correspondente a cada un dos membros para a execución conxunta das actuacións, así como a porcentaxe da subvención que corresponderá a cada un dos membros, de ser o caso.
c) Deberán nomear unha persoa en representación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
3. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.