miércoles, 7 de enero de 2026

1ª CONVOCATORIA DO PROGRAMA GALICIA SUMA TALENTO

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 11 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2026-2029 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento do programa Galicia suma talento: Plan de formación empresas para os anos 2026-2027 (código de procedemento TR301P).

Obxecto e ámbito de aplicación
1. A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as convocatorias públicas de subvención das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas e con compromiso de contratación (código de procedemento TR301P).
Enténdese por unidade formativa da empresa a formación con compromiso de contratación impartida con medios propios da beneficiaria, ou a través dunha entidade contratada nos termos desta orde, que teña por obxecto a realización das accións formativas solicitadas e relacionadas coa súa actividade empresarial.
2. As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2026-2029. Así mesmo, coa publicación desta orde realízase a súa primeira convocatoria para os anos 2026 e 2027.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten e as agrupacións temporais de empresas.
Entenderase por agrupación temporal de empresas para os efectos desta orde, cando distintas empresas pertencentes a un sector ou actividade acrediten a correspondente agrupación mediante un acordo ou convenio entre elas.
2. Sen prexuízo do disposto no punto 1 deste artigo, poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases as empresas que sexan entidades de formación e que sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados ou inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención. Neste caso será a entidade de formación beneficiaria a que se faga cargo da responsabilidade da execución da actividade formativa subvencionada e do cumprimento do compromiso de contratación, podendo asumir o dito compromiso mediante acordos ou convenios con outras empresas que efectuarán a contratación laboral.
3. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, as empresas públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

Persoas destinatarias da formación
As accións formativas obxecto de financiamento dirixiranse ás persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a consideración de persoa desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia e a súa situación laboral como non ocupada, na data da súa incorporación á acción formativa.
Non será precisa a inscrición como demandante de emprego cando unha norma específica así o determine e, en particular, no suposto de persoas mozas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

Compromiso de contratación da primeira convocatoria
Cada acción formativa incluirá un compromiso de contratación do 60 % do alumnado aprobado e/ou formado, en contratos cunha duración mínima de 6 meses, ou do 40 % se a contratación é por un período igual ou superior aos 12 meses.
Non se poderán combinar ambos tipos de contratos nunha mesma acción formativa.
Forma e lugar de presentación das solicitudes e documentación complementaria
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo I, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes.

Prazo de presentación das solicitudes da primeira convocatoria
O prazo de presentación de solicitudes, que se contará desde o día da entrada en vigor da orde, estará aberto ata o día 1 de decembro de 2026.

Prazo de execución das accións formativas da primeira convocatoria
As accións formativas non poderán comezar ata transcorrido un mínimo de cinco días hábiles desde a aceptación da resolución de concesión.
A data límite para o remate das accións formativas será o 31 de marzo de 2027.