miércoles, 29 de enero de 2020

AXUDAS PROGRAMA GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas os organismos intermedios empresariais de Galicia. Por organismos intermedios empresariais enténdense as asociacións empresariais, os consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústers empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).
Enténdese por clúster empresarial, para os efectos destas bases, as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación cluster.
Consideraranse, así mesmo, beneficiarias as empresas que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, e que teñan o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia e que participen directamente nas accións subvencionadas e ás cales se imputará a axuda en minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS DO PROGRAMA GALICIA EXPORTA EMPRESAS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e no posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS ÁS ENTIDADES DE DEFENSA SANITARIA GANDEIRAS DE GALICIA (ADGS)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) para a realización das actuacións sanitarias establecidas no anexo V da presente orde.
2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural, co código de procedemento administrativo MR237B.
3. Así mesmo, por medio desta orde convócase a devandita axuda para anualidade 2020-2021 de conformidade co establecido no Real decreto 81/2015, do 13 de febreiro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na presente orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.
Quedan excluídas da condición de beneficiarias as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.
b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá, como mínimo, o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo V da presente orde.
c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade, e que as ditas explotacións teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
As explotacións que integren as agrupacións deberán estar inscritas no rexistro especificado no artigo 3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e se regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.
d) Estaren ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como cumprir o resto dos requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Non estaren suxeitas as explotacións a unha orde de recuperación pendente tras a decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
f) Non ter a consideración de empresa en crise, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, de acordo coas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01 da Comisión, do 31 de xullo de 2014).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto
Convocar, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, con código de procedemento administrativo PL600A.
Os cursos que se convocan na modalidade presencial relaciónanse no anexo II (niveis Celga 2, 3 e 4) e os que se convocan na modalidade de teleformación relaciónanse no anexo III (niveis Celga 1, 2, 3 e 4).

Persoas destinatarias
1. Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
2. No caso dos cursos de teleformación, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– A conta de correo electrónico especificada na solicitude.
No curso Celga 1 de teleformación, deberán dispoñer a maiores de:
– Calquera navegador web co plugin de Flash.
Nos cursos Celga 2, Celga 3 e Celga 4 de teleformación, deberán dispoñer a maiores de:
– Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz.
3. Para solicitar un curso Celga 2, Celga 3 ou Celga 4 de teleformación será requisito indispensable o seguinte:
a) Se se solicita un curso destinado á poboación que reside en Galicia, a persoa deberá estar empadroada nalgún dos concellos da provincia galega correspondente.
b) Se se solicita un curso destinado ao resto da poboación, a persoa deberá estar empadroada fóra de Galicia.

Solicitudes e prazo
1. Para conseguir o axeitado rendemento e o aproveitamento do curso hai que procurar a homoxeneidade dos coñecementos do alumnado. Polo tanto, á hora de formular a solicitude dun curso dun determinado nivel Celga, deberase ter en conta a definición de contidos previstos na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 30 de xullo de 2007 (corrección de erros no DOG núm. 178, do 13 de setembro).

2. No caso dos cursos presenciais:
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL600A, que se publica como anexo I, e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de Cultura e Turismo da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo
https://sede.xunta.gal.
No caso de que unha persoa precise apoio para realizar o curso presencial por mor dunha discapacidade, indicará na súa solicitude o apoio concreto que necesita, cuxa concesión será valorada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

3. No caso dos cursos de teleformación:
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL600A, que se publica como anexo I, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.

En aplicación do previsto no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e do artigo 10.2 da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia (DOG núm. 141, do 26 de xullo), as persoas que desexen participar nun destes cursos de teleformación deben dispoñer dun equipamento informático cos requisitos técnicos sinalados no punto 2.2, o que implica que contan coa capacidade técnica para acceder e dispoñer dos medios electrónicos necesarios. Polo tanto, as solicitudes dos cursos de teleformación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

4. Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.

5. O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

martes, 28 de enero de 2020

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS NA XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES PARA USO TÉRMICO E PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA AS PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS E CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2020 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas.
– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.
Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Persoas beneficiarias
En función do tipo de axuda solicita, as seguintes persoas poderán ser beneficiarias:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (Plans de mellora nas explotacións agrarias, código procedemento MR405A).
a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.
b. Agricultores mozos que se instalan nunha explotación de nova creación.
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código procedemento MR404A).
a. Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, no teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe de dita explotación.
– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (código procedemento MR405B).
a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de febreiro de 2020.

INDEMNIZACIÓNS POLO SACRIFICIO OBRIGATORIO DE ANIMAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio ou morte de animais, ou pola destrución de produtos, no marco de programas ou actuacións oficiais de vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades animais, e pola morte de animais no contexto das medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente, ou como consecuencia directa de tratamentos, manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico, así como nos demais supostos recollidos na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, e convocalas para o ano 2020.

2. Esta orde regulará o procedemento de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, que se atopa recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia co código MR553C.

Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán optar ás indemnizacións previstas no artigo 1 as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares:
a) De animais que se sacrifiquen ou morran por resultaren reaccionantes ás probas diagnósticas de tuberculose, brucelose, leucose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún, ou por ter convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes.
b) De animais e os seus produtos de calquera especie, sacrificados/mortos e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles.
c) De aves reprodutoras ou poñedoras da especie Gallus gallus e reprodutoras da especie Meleagris gallopavo, sacrificadas por orde da autoridade competente dentro dos programas nacionais de control de salmonela.
d) De aves sacrificadas por mor da declaración oficial dun foco de influenza aviaria ou de enfermidade de Newcastle.
e) De porcos sacrificados/mortos por mor da declaración oficial dun foco de peste porcina clásica ou de peste porcina africana.
f) De animais que se sacrifiquen/morran por resolución da autoridade competente en materia de sanidade animal, afectados por enfermidades distintas das sometidas a programas sanitarios oficiais.
g) De animais que morresen como consecuencia directa de actuacións, tratamentos e manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico e, en xeral, de animais que morran no contexto de medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente.
h) Os demais supostos recollidos na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, e na normativa estatal e da Unión Europea de desenvolvemento dos programas e das actuacións sanitarias de vixilancia, loita, control e erradicación de cada enfermidade.
2. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias das indemnizacións reguladas nesta orde as persoas ou entidades que se atopen en calquera das circunstancias sinaladas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, puntos 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo, será de obrigado cumprimento a apreciación recollida no artigo 14 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación complementaria, será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de novembro de 2020.

AXUDAS AO ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTADO MEMBRO DA UNIÓN EUROPEA DURANTE O VERÁN 2020, CO OBXECTO DE COÑECER A LINGUA DESE PAÍS.

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 142 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2020, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Orzamento e contía das bolsas
O importe global previsto na orde é de 142.000 euros.
A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes
Será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 13 de marzo de 2020.

DECRETO 7/2020 DE INSPECCIÓN AMBIENTAL DE GALICIA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

DECRETO 7/2020, do 9 de xaneiro, de inspección ambiental de Galicia.


lunes, 27 de enero de 2020

AXUDAS PARA ACCIÓNS SILVÍCOLAS DE PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSASDOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E PARA O INCREMENTO DA CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN E DO VALOR AMBIENTAL DOS ECOSISTEMAS FORESTAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MR605A), e se convocan para o ano 2020, a través de dúas liñas de axuda.
2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:

a) Liña I (medida Feader 8.3): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.

b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

3. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1.c), 21.1.d), 24 e 25 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante a Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, pola Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018, e pola Decisión de execución da Comisión, C (2019) 1707 final, do 26 de febreiro de 2019.

 Beneficiarias
1. Serán beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.
3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
5. As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda..
6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre, polo menos, unha das seguintes circunstancias:
a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
b) Tratándose dunha sociedade na cal, polo menos, algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
7. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
8. Non poderán ser beneficiarias as entidades locais.

 Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADA EN GALICIA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE


Obxecto
O outorgamento de subvencións da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia, ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que teñan xustificado ante a Dirección Xeneral de Mobilidade, con anterioridade á data de publicación desta orde, a súa representatividade no marco do sector profesional, para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte, participen ou non de xeito efectivo no referido órgano de representación.

As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue ou poida outorgar, cando menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial en que desenvolven a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da Comunidade Autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo II a esta orde, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF318A.
Entre outra documentación, a solicitude deberá ir acompañada dunha descrición detallada dos cursos que se pretenden ofertar, que deberá presentarse necesariamente en formato xls, xlsx ou compatible, e de acordo co modelo facilitado para tal fin pola Dirección Xeral de Mobilidade.

viernes, 24 de enero de 2020

AXUDAS Á INTERNACIONALIZACIÓN DIXITAL DAS EMPRESAS GALEGAS (GALICIA EXPORTA DIXITAL)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitvidade nos mercados internacionais, considerando que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercuten nas posibilidades de negocio, posibilitando a presenza en mercados, facilitando o aceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permiten abrir canles comerciais novas, achegando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións. O obxecto último destas bases é o desenvolvemento e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. En todo caso, a solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá presentarse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
c) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Prazo de presentación de solicitudes
Na convocatoria 2020.1, o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 24.3.2020.
Na convocatoria 2020.2, o prazo de presentación de solicitudes comezará o 25.3.2019 e finalizará o 25.5.2020.

PRÉSTAMOS DIRECTOS PARA O FINANCIAMENTO EMPRESARIAL EN GALICIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha das seguintes liñas de préstamos: préstamos para investimentos estratéxicos, préstamos para financiar investimentos en elementos de transporte de mercancías por estrada propulsados por motores de combustibles alternativos, préstamos para financiar investimentos en infraestruturas de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais e préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I das bases reguladoras.
c) Acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no Anexo I das bases reguladoras, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, agrupacións e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior apartado 1.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de decembro 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS DO PERÍODO 2014-2020

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2020.

Persoas beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as que recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde.

AXUDAS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social (código de procedemento TR356A).

Obxecto
Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral, previamente cualificadas no Rexistro Administrativo de EIL de Galicia, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
A través deste programa se lles subvenciona parcialmente ás empresas de inserción laboral os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social que teñan contratacións mínimas de 6 meses.

Entidades beneficiarias
1. As empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nas bases reguladoras.
2. Tamén poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda teñan solicitado a súa cualificación como EIL, de conformidade co Decreto 156/2007.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Cada entidade só poderá presentar unha única solicitude.

Outros datos
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva.
O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.
A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 6 de novembro de 2020.

Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social (código de procedemento TR356C).

Obxecto
Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral, previamente cualificadas no Rexistro Administrativo de EIL de Galicia, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
A través deste programa, establécense os seguintes tipos de axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social:
a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EIL.
b) Inicio e posta en marcha da actividade.
c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EIL.
e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
f) Formación para as persoas en proceso de inserción.
g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.

 Entidades beneficiarias
1. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nas bases reguladoras.
2. Tamén poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda teñan solicitado a súa cualificación como EIL, de conformidade co Decreto 156/2007.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes para todos os tipos de axudas deste programa comeza a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finaliza o 2 de outubro de 2020.

Outros datos
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva.
O período subvencionable comprende desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.
A data máxima de xustificación das accións subvencionadas é o 6 de novembro de 2020.


PROGRAMA DE POSTA A PUNTO PARA O EMPREGO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Levar a cabo unha intervención integral que dote as persoas participantes (persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga ou que formen parte dunha unidade de convivencia beneficiaria da Risga) das motivacións, habilidades, competencias e capacidades que require o tecido empresarial para o acceso ao emprego, de xeito que a través da inserción laboral se poida reverter a súa situación de exclusión social.

Entidades beneficiarias
Entidades sen ánimo de lucro que na data de publicación da convocatoria cumpran as condicións de:
– ter recollido como finalidade nos seus estatutos a inserción ou inclusión sociolaboral de colectivos en situación ou risco de exclusión social, ou estar de alta na área de inclusión do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
– ter desenvolvido, como mínimo durante tres anos, programas dirixidos especificamente á inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión, segundo o establecido no artigo 3 da Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
– estar ao día no cumprimento das súas obrigas rexistrais.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva.
O período de execución de accións será o comprendido entre a data da notificación da resolución da axuda e o 30 de setembro de 2022.

PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A IGUALDADE LABORAL, A CONCILIACIÓN E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Establecer as bases reguladoras, para o ano 2020, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarias
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.
No caso da liña I (Plans de Igualdade) terán que contar como mínimo con 10 persoas traballadoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 23 de enero de 2020

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES PARA USO TÉRMICO E PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA DESTINADAS A PARTICULARES

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA DIRIXIDAS A PARTICULARES

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica, para o exercicio 2020, que se xuntan á resolución como anexo I.
2. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2020 que se xuntan á resolución como anexos II ao VIII (código do procedemento IN421O).
3. Convocar para o ano 2020, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción prevista no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións dirixidas a proxectos de enerxía fotovoltaica. As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro da solicitude e ata o esgotamento do crédito, do cal se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.

Xustifícase a excepcionalidade porque nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial en promover proxectos que fomenten a xeración e o aproveitamento de enerxía procedente de fontes renovables que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases, se poidan levar adiante en Galicia. Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables poidan ser atendidos en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de maneira continuada.

Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial, sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas privadas sen personalidade, que non se poderán disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
1. As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento. Estas serán seleccionadas mediante un procedemento sometido aos principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non discriminación, que se regula na Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinados a particulares, que se publicará simultaneamente ás bases reguladoras destas axudas.
2. As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras segundo o modelo do anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Se a entidade colaboradora presenta a solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará o 3 de marzo ás 9.00 horas e finalizará o 1 de xullo de 2020.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXIAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO DIRIXIDAS A PARTICULARES

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico, destinadas a particulares, para o exercicio 2020, que se xuntan á resolución como anexo I (código de procedemento IN421P).
2. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2019 que se xuntan a esta resolución como anexos II ao VIII.
3. Convocar para o ano 2020, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións dirixidas a proxectos de enerxías renovables para usos térmicos. As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orden de entrada no rexistro da solicitude e ata o esgotamento do crédito, do cal se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.
Xustifícase a excepcionalidade porque nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial en promover proxectos que fomenten a xeración e o aproveitamento de enerxía procedente de fontes renovables que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases, se poidan levar adiante en Galicia. Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables poidan ser atendidos en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de maneira continuada.

Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial, sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, estas non se poderán disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
1. As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento. Estas serán seleccionadas mediante un procedemento sometido aos principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non discriminación, que se regula na Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinados a particulares, que se publicará simultaneamente ás bases reguladoras destas axudas.
2. As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras segundo o modelo do anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Se a entidade colaboradora presenta a solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará segundo a tipoloxía do proxecto nas seguintes datas:
– Biomasa (excluída a tipoloxía B2-B3 en zonas non densamente poboadas), o 2 de marzo de 2020, ás 9.00 horas.
– Xeotermia, o 4 de marzo de 2020, ás 9.00 horas.
– Solar térmica, o 4 de marzo de 2020, ás 9.00 horas.
– Aerotermia, o 6 de marzo de 2020, ás 9.00 horas.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizara o 1 de xullo de 2020 para todas as tipoloxías de proxectos.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE BIOMASA DESTINADAS A PARTICULARES

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, para o exercicio 2020, que se xuntan á resolución como anexo I (IN421H, IN421I).
2. Seleccionar, en réxime de concorrencia competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.
3. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2020 que se xuntan á resolución como anexos II ao IX.
4. Publicar o convenio de colaboración para as axudas a particulares para proxectos de enerxías renovables, ao cal se deben adherir as entidades colaboradoras (anexo X).
5. Convocar para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, segundo o disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións dirixidas a proxectos de enerxías renovables e á mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas zonas rurais para equipamentos térmicos de biomasa.

Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 3 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, estas non se poderán disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras segundo o modelo do anexo III desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.
As solicitudes deberanse presentar exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Se a entidade colaboradora presenta a solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
2. As entidades colaboradoras contarán cun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitar a súa adhesión, cubrindo e confirmando o formulario de adhesión (anexo II).
3. O prazo de presentación das solicitudes de axudas será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

V XORNADA DE FORMACIÓN PRÁCTICA DIXITAL (E-MARTES)

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2020 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a V Xornada de formación práctica dixital (E-martes).

Contidos.
A V Xornada de formación práctica dixital (E-martes), que terá lugar o vindeiro martes, 4 de febreiro, abordará os seguintes contidos:
– Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia:
   notifica.gal
– Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
– Sede electrónica.
Este contido adaptarase aos dous grupos de persoas a que vai dirixida a actividade, e constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da escola.

Persoas destinatarias.
As persoas destinatarias desta actividade son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. No caso das empregadas e empregados públicos priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

Desenvolvemento.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
Data: martes, 4 de febreiro de 2020.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas.

Número de prazas: 50.

Inscrición.
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo cos requisitos de selección establecidos no punto 3 desta convocatoria. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica» para o persoal empregado público da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais ou «outros» para a cidadanía).
Co obxecto de xustificar debidamente a prioridade referida no punto 3 desta resolución, respecto do persoal empregado público que realiza funcións directamente relacionadas coa materia impartida, poderase achegar a novas.egap@xunta.gal, no prazo de inscrición, a documentación acreditativa que corresponda.

3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

4. O prazo para a inscrición nesta actividade estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación da convocatoria desta xornada no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 28 de xaneiro de 2020.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

miércoles, 22 de enero de 2020

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PORDUCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
A instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria.
Para efectos desta resolución, consideraranse do sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 a 02.40 do CNAE-2009, ambas incluídas. Tamén serán subvencionables as actividades incluídas no IAE que se correspondan con estas clases do CNAE 2009.
Para os efectos destas bases, defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento UE 651/2014.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas na alínea anterior.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes comezará o 10 de febreiro de 2020, ás 9.00 horas, e concluirá o 15 de maio de 2020, ás 23.59 horas.
2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACION ELÉCTRICA AOS COSUMIDORES VULNERABLES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Pagamento da factura eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social para asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias
Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social. Terán esta consideración aquelas persoas que reúnan os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecidos no artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regulan a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo e, ademais, estean en risco de exclusión social. Esta situación deberá estar acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais correspondentes.

Contía
Importe máximo por solicitante de 300 €/ano ou de 450 €/ano no caso de familias numerosas.

Prazo de presentación de solicitudes
Comezará o día seguinte ao da publicación deste extracto no DOG e rematará o 30 de novembro de 2020.

SUBVENCIÓNS PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS DE COOPERATIVAS, SOCIEDADES LABORAIS, CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO E EMPRESAS DE INSERCIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e finalidade
Sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades representativas da economía social de Galicia, a través dos seguintes programas de axudas:
– Programa I - Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
– Programa II - Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.

 Entidades beneficiarias
– As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
– As asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral para as actuacións previstas no programa II.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para presentar as solicitudes de axuda é un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E IMPULSO DO COOPERATIVISMO E A ECONOMÍA SOCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


 Obxecto e finalidade
Realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

 Entidades beneficiarias
– As asociacións de entidades de economía social.
– Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.
– As cámaras de comercio.
– As universidades.
– As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.
As entidades beneficiarias deben ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición de convenio de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, nos termos previstos no artigo 13 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social e se regula o seu funcionamento, con anterioridade á publicación da orde de convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE EUROTAXI, TAXI DE EMISIÓNS CERO E TAXI ECO

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE


Obxecto
1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas ás persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi de tipo ECO.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2020.
3. En concreto, poderán ser obxecto de subvención os vehículos novos que se adquisen entre o 2 de abril de 2019 e a data establecida nesta orde para xustificar a axuda.
4. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes.
Para que xeren dereito á axuda, as autorizacións deberán axustarse ás seguintes regras:
a) As autorizacións terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) As ditas autorizacións deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular o solicitante.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de outubro de 2020.

SUBVENCIÓNS PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos que se recollen no anexo II, Relación de equipamento (código de procedemento PR949A).

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas.

Prazo para presentar as solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


martes, 21 de enero de 2020

CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

                                                                                      ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA


Obxecto
Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e convócase, baixo o réxime de concorrencia competitiva, o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas orientado aos nenos e nenas galegos, con idades comprendidas, segundo estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos (código do procedemento PR775A).

Persoas beneficiarias
Poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.

Non poderán acceder a estes premios as persoas participantes cuxos representantes legais se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os fillos e fillas de quen sexa integrante do xurado non poderán presentar textos a esta convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.