viernes, 30 de octubre de 2020

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN E SOLICITUDE DE COBRAMENTO DAS AXUDAS AOS PROXECTOS DE REORGANIZACIÓN PRODUTIVA DAS EMPRESAS GALEGAS PARA A FABRICACIÓN DE EQUIPAMENTO SANITARIO

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2020 pola que se amplía o prazo de execución dos proxectos e de presentación da solicitude de cobramento da Resolución do 13 de abril de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

AMPLIACION ORZAMENTARIA PARA 2020 DA PRESTACIÓN PERIÓDICA DE MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 13 de decembro de 2019 pola que se convoca para o ano 2020 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo.

AMPLIACIÓN DE PRAZOS DA SUBVENCIÓN PARA A CONCESIÓN DIRECTA DE BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO 2020

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 21 de outubro de 2020 pola que se procede á ampliación dos prazos recollidos na Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V).

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A CONTRATACIÓN DE AXENTES DE EMPREGO E UNIDADES DE APOIO, E SE CONVOCAN PARA 2020

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 15 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento TR352B).

Obxecto
Financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais, a través da concesión de axudas e subvencións para a contratación ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2019 de axentes de emprego e unidades de apoio (procedemento TR352B), que colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego no ámbito das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.

Entidades beneficiarias
Entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais que establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción, preferentemente, das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS NAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS PROFESIONAIS NAS MODALIDADES DE MÚSICA, DE DANZA E DE ARTES PLÁTICAS E DESEÑO EN GALICIA, CURSO 2019-20

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 19 de outubro de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20 (código de procedemento ED311F).

Obxecto
Convocar premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais para o alumnado que finalizou os estudos profesionais de Música, os estudos profesionais de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño no curso 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias
Alumnado que finalizou os estudos profesionais de Música, os estudos profesionais de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño no curso 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de Música e Danza ou cunha nota media final igual ou superior a 8,75 no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño cursado.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

HORARIO DE APERTURA E PECHE DOS ESTABLECEMENTOS ABERTOS AO PÚBLICO E DE INICIO E FINALIZACIÓN DOS ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E DAS ACTIVIDADES RECREATIVAS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

ORDE do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.

Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 29 de octubre de 2020

AXUDAS TEMPORAIS E EXCEPCIONAIS AOS SECTORES AGRARIOS MÁIS DESFAVORECIDOS POLA INCIDENCIA DA CRISE DO COVID-19

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 28 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas temporais e excepcionais aos sectores agrarios máis desfavorecidos pola incidencia da crise do COVID-19, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan as axudas para o ano 2020 (códigos de procedemento MR436E e MR436F).


Obxecto
O obxecto destas axudas é garantir a continuidade da actividade empresarial nos sectores de flor cortada e planta ornamental e no de vacún de carne.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas físicas e xurídicas:
Atendendo ao punto anterior, poden ser beneficiarias destas axudas:
a) As persoas titulares das explotacións agrarias de flor cortada.
b) As persoas titulares dos viveiros de planta ornamental.
c) As asociacións, agrupacións, organizacións de produtores de flor cortada ou planta ornamental ou as persoas das alíneas anteriores, que realicen a comercialización dos produtos dos seus socios.
d) As persoas titulares de explotacións agrarias con orientación produtiva cárnica de vacún.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS A PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIOSANITARIO NO ÁMBITO DOS TRASTORNOS MENTAIS E AS ADICCIÓNS, ORIENTADOS A MINIMIZAR O IMPACTO QUE A PANDEMIA POLA COVID-19 TEN NA SAÚDE MENTAL DA POBOACIÓN GALEGA

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 19 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega (código de procedemento SA463I).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega (código de procedemento SA463I).
O contido dos programas, que se desenvolverán durante o ano 2020 e 2021, deberán axustarse ás liñas de actuación indicadas no artigo 3 de esta orde, de conformidade coa tipoloxía de cada programa recollido no anexo I.

Entidades beneficiarias
Poderán solicitar esta subvención as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e outras organizacións, sempre que cumpran os seguintes requisitos sinalados no punto 1 artigo 4 da orde.
Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica nos termos sinalados no punto 2 do artigo 4.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Para poder ser beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo da orde e que estará dispoñible tanto na guía de procedementos (https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos) como na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código SA463I.

martes, 27 de octubre de 2020

AMPLIACIÓN DE ORZAMENTO, PRAZO MÁXIMO DE EXECUCIÓN E DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE COBRAMENTO DO PROGRAMA CHEQUES DIXITALIZACIÓN COVID-19

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2020 pola que se amplían o orzamento, o prazo máximo de execución e o de presentación da solicitude de cobramento establecidos na Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19), susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).

DATAS, LUGAR E HORARIOS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA Á OBTENCIÓN E RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE CONSELLEIRO DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS POR ESTRADA E FERROCARRIL

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2020, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos correspondentes exercicios.

Primeiro. As correspondentes probas terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Os ditos exercicios realizaranse nas datas, horarios e aulas que a continuación se sinalan:

Segundo. Para os efectos de realizar os correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 30 minutos antes do comezo de cada exercicio.
Terceiro. As persoas interesadas serán convocadas para cada exercicio en chamamento único, e resultará excluído da súa realización quen non compareza.
Non poderán acceder ao exame aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas ás que se lles diagnosticase a enfermidade e que non rematasen o período de illamento, ou as que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
Non obstante, anúnciase que aqueles que acrediten atoparse, na data de realización do exame, nalgunha das circunstancias anteriores, poderán solicitar a repetición do exame noutra data.
Dada a situación sanitaria en que nos atopamos e co fin de respectar as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, non se poderá acceder ao edificio da EGAP ata que un membro do tribunal non comece o chamamento; así mesmo, solicítase que, para evitar aglomeracións, só se presenten a cada hora os aspirantes que vaian realizar a proba correspondente a ese horario.
Cuarto. Os/as aspirantes excluídos/as por non comparecer no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.
Quinto. Os/as aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En caso contrario, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.
Sexto. Os/as interesados/as deberán levar bolígrafo e, para a realización do suposto práctico, poderán ir provistos do ADR ou RID e de máquina calculadora sen memoria RAM.
Sétimo. Será obrigatorio o uso de máscara facial que cubra nariz e boca en todo momento, tanto no exterior como no interior do edificio da Escola Galega da Administración Pública (EGAP).
Evitaranse as aglomeracións tanto fóra como dentro do edificio, realizando o acceso de forma ordenada e gardando a distancia de seguridade.
Na espera, acceso e permanencia no interior do edificio, en todo momento, atenderanse as instrucións do persoal, e deberase:
• Prestar atención e cumprir a información ofrecida polos membros do tribunal ou persoal de vixilancia.
• Prestar atención e respectar a distancia de seguridade, localización, espera de quenda...
• Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar na aula onde se realice o exame.
Recoméndase consultar, antes do día do exame, a páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade-Dirección Xeral de Mobilidade-Formación, https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/, onde estarán expostas e actualizadas as medidas preventivas de seguridade que deberán ser adoptadas no desenvolvemento das probas no contexto creado pola COVID-19.

SUBVENCIÓNS PARA CONTRIBUÍR A SUFRAGAR OS CUSTOS DE ALUGAMENTO DOS ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO 2020

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO



Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións para contribuír a sufragar os gastos de alugamento dos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período en que permaneceron pechados en aplicación da Orde do 15 de agosto de 2020 da Consellería de Sanidade e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas e xurídicas que exerzan, a título de arrendatario, a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno, que sexan titulares dun contrato de alugamento, e resulten afectados pola paralización desta como consecuencia das medidas adoptadas para a prevención e contención da evolución do brote de COVID-19.

Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 26 de octubre de 2020

RESUMO DA MEDIDAS DE PREVENCIÓN DO COVID-19 DICTADAS EN OUTUBRO

 RESUMO DAS  MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS DA ORDE DO 21 DE OUTUBRO DE 2020.

Período de Aplicación: 14 días  naturais desde o 22 de outubro.

Normas  de carácter Xeral

Agrupacións de persoas: calquera actividade de carácter familiar ou social na vía  pública ou espazos de uso público estará limitada a 5 persoas.

    Excepcións: actividades laboráis, empresariais, profesionais ou administrativas, centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais e deporte federado.

Persoas maiores de 75 anos: evitar a actividade diaria en horas de moita afluencia.

Peche total de festas, verbenas e outros eventos populares.

Normas por sectores de actividade.

Velorios e enterros: 25 persoas ao aire libre. 10 persoas en espazos pechados.

Enterramentos e cremacións: 25 persoas.

Lugares de culto: 50% do aforo.

Cerimonias nupciais: segundo as restriccións dos lugares de culto. Celebración: 100 persoas  ao aire libre e 50 persoas en lugares pechados.

Comercio e servizos profesionais: 50% da súa capacidade.

Mercados ambulantes (Feiras): 50% dos postos habituais autorizados.

Academias, autoescolas, centros privados de ensino non  regrado e formación xestionada ou financiada pola Xunta: 50% do máximo permitido.

Hostalería e Restauración: Prohibido o servizo na barra, aforo no interior do 50%, grupos de persoas en mesas  máximo de 5 persoas. Hora de peche á 01:00 h.

Hoteis, aloxamentos turísticos  e albergues: zonas común ao 50%  do aforo. Actividades grupais  máximo de 5 persoas incluído o monitor.

Cines, teatros, auditorios…: butacas preasignadas e 50% do aforo. Noutros recintos e locais destinados a espectáculos públicos os asistentes deberán permanecer sentados e cun 50% do aforo total cun límite máximo de 60 persoas en lugares pechados e de 150 ao aire libre.

Centros de lecer infantil: 50% do aforo.

Actividades e instalacións deportivas: a actividade non federada deberá de ser sen contacto físico e máximo de 5 persoas de forma simultánea sen contar o monitor.

Aforos en eventos deportivos: público sentado, 50% da capacidade da instalación cun límite de 60 persoas en lugares pechados e 150 ao aire libre.

Piscinas: 50% do aforo.

Actividades turísticas: grupos de 5 persoas. En centros de información e puntos de información  ao 50% do aforo.

Tempo libre infantil e xuvenil: 50% do límite máximo permitido e grupos de 5 persoas incluídos os monitores.

Parques públicos e similares: aforo de 1 persoas por cada 4m2  e recomendación de peche entre as 00:00 e as  06: 00.

Congresos, encontros, reunións de negocios, conferencias, eventos e actos similares: 50% da capacidade da instalación cun  máximo de 60 persoas en recinto pechado e 150 ao aire libre.


RESUMO NORMAS DO REAL DECRETO LEXISLATIVO 926/2020 DO 25 DE OUTUBRO.

Declaración do Estado de Alarma

Nas  Comunidades Autónomas a autoridade competente delegada será o Presidente da Comunidade Autónoma.

As autoridades competentes delegadas quedan  habilitadas para ditar as ordes e resolucións de: circulación de persoas en horario nocturno, circulación entre comunidades autónomas, limitación de persoas en espazos públicos e privados, lugares de culto, duración temporal das limitacións, flexibilización e suspensión das mesmas e prestacións persoais.

A declaración de Alarma afecta a todo o territorio do Estado é a súa duración  será ata o 9 de novembro.

Liberdade de Circulación en horario nocturno (23:00 -06:00):

As autoridades competentes delegadas poderán determinar esta limitación desde as 22:00 horas e ata as 07:00 da mañá.

Excepcións:

o Adquisición de medicamentos e produtos sanitarios.

o Asistencia a centros sanitarios.

o Asistencia a centros veterinarios de urxencia.

o Cumprimentos de obrigas laboráis e empresariais.

o Retorno ao lugar de residencia despois da realización das actividades deste apartado. 

o Asistencia a maiores e dependentes.

o Causas de forza maior.

o Calquera actividade de natureza semellante  e acreditada.

o Repostaxes en gasolineiras para realizar as actividades previstas  neste apartado.

 Limitacións de entrada e saída entre comunidades autónomas:

Restrínxense as entradas e saídas de persoas de cada comunidade autónoma salvo polos seguintes motivos:

o Asistencia a centros sanitarios

o Cumprimento de obrigas laboráis, empresariais.

o Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos incluídas as escolas de educación infantil.

o Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.

o Asistencia a maiores e dependentes.

o Desprazamentos a entidades financeiras, seguros e repostaxes en gasolineiras en territorios limítrofes.

o Actuacións requeridas ou urxentes ante órganos públicos, xudiciais ou notarías.

o Renovacións de permisos e documentación oficial.

o Realización de exames ou probas oficiais.

o Por causas de forza maior.

o Calquera actividade de natureza semellante e acreditada.

As autoridades delegadas competentes poderán limitar entradas e saídas en ámbitos xeográficos inferiores á comunidade autónoma.

Estas medidas non afectan ao réxime de fronteiras e para territorios con fronteiras con terceiros Estados, a autoridade competente delegada comunicará as medidas ao Goberno do Estado.

Limitacións de grupos de persoas en espazos públicos e privados.

Limitados a un máximo de 6 persoas, salvo as excepcións de instalacións e establecementos abertos ao público.

As reunión en lugares de tránsito público e manifestacións poderán limitarse ou prohibirse se non se garanten as normas de distanciamento persoal para prevención dos contaxios.

Exclúense as actividades laborais e institucionais.

Limitacións lugares de culto.

As que fixen as autoridades delegadas competentes.

Eficacia das limitacións.

Non será inferior a 7 días.

Flexibilización das medidas.

A autoridade competente delegada segundo a evolución dos indicadores sanitarios poderán modular, flexibilizar e suspender as medidas de limitacións de entrada e saída entre comunidades autónomas, limitacións de grupos de persoas en espazos públicos e privados e limitacións en lugares de culto no ámbito territorial que determine.


PREMIOS DE ARTESANÍA DE GALICIA 2020

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN200A).

Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios de Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Beneficiarios
Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.


Importe
Destínase un total de 13.000,00 euros con cargo aos orzamentos da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

Premio Artesanía de Galicia 2020.
Dotación de 9.000 euros e trofeo acreditativo.

Premio Traxectoria 2020.
Trofeo acreditativo e sen dotación económica.

Premio Bolsa Eloy Gesto 2020.
Bolsa de formación de 4.000 euros e diploma acreditativo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 16 de novembro de 2020 e remata ás 14.30 horas do 27 de novembro de 2020.

jueves, 22 de octubre de 2020

PROGRAMA SENIOR DIGITAL


 



AXUDAS POLA CRISE SANITARIA DO COVID-19 NO SECTOR DA FLOR CORTADA E PLANTA ORNAMENTAL PARA 2020

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 16 de outubro de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental (código de procedemento MR436D).


Obxecto
Convocar para o exercicio orzamentario 2020, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental (código de procedemento MR436D, axudas para o sector de flor cortada e planta ornamental), de acordo coas bases reguladoras establecidas no Real decreto 883/2020, do 6 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector de flor cortada e planta ornamental (BOE núm. 265).

Entidades beneficiarias
Poderán solicitar a axuda as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que se trate de titulares de explotacións de flor cortada ou planta ornamental e
b) Que acrediten a destrución de produción entre o 14 de marzo e o 20 de xuño de 2020, ambos inclusive.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 5 de novembro de 2020.

CONVOCATORIA CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O DESENVOLVEMENTO DA FUNCIÓN DIRECTIVA NO ANO 2020

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2020 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

AMPLIACIÓN PRAZO XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 14 de outubro de 2020 pola que se amplía o prazo de xustificación da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2020, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT238A).

MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DERIVADA DO COVID-19 NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

miércoles, 21 de octubre de 2020

AMPLIACIÓN PRAZO MÁXIMO EXECUCIÓN E SOLICITUDE DE COBRAMENTO DAS AXUDAS AOS PROXECTOS DE EMPRESAS GALEGAS PARA GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NO CONSUMIDOR

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

AMPLIACIÓN DE PRAZO MÁXIMO DE EXECUCIÓN E SOLICITUDE DE COBRAMENTO DAS AXUDAS AOS PROXECTOS DOS COMERCIOS RETALLISTAS GALEGOS PARA CONTRIBUÍR Á REACTIVACIÓN DO COMERCIO GALEGO

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2020 pola que se amplían o prazo máximo de execución e o de presentación da solicitude de cobramento establecidos na Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos dos comercios retallistas galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor, susceptibles de financiamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524C).

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS PARA 2020 E 2021

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para os anos 2020-2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421G).

IX XORNADAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA DIXITAL (E-MARTES)

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2020 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a IX Xornada de formación práctica dixital (E-martes).

1. Obxectivos.
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, a autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

2. Contidos.
A IX Xornada de formación práctica dixital (E-martes), que terá lugar o martes 3 de novembro de 2020, abordará os seguintes contidos:
– Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia: Notifica.gal.
– Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
– Sede electrónica.
Este contido adaptarase aos dous grupos de persoas a que vai dirixida a actividade e constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da escola.
3. Persoas destinatarias.
As persoas destinatarias desta actividade son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. No caso das empregadas e empregados públicos, priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

4. Desenvolvemento.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: martes, 3 de novembro de 2020.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas.

5. Número de prazas.
Persoal empregado público: 16.
Cidadanía: 13.
O número de prazas convocadas vén determinado pola capacidade das aulas adaptada ás medidas de seguridade e hixiene previstas na normativa vixente para a prevención da COVID-19.

6.Inscrición.
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade, todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo cos requisitos de selección establecidos no punto 3 desta convocatoria. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais, ou «outros», para a cidadanía).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. O prazo para a inscrición nesta actividade estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 28 de outubro de 2020.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39/981 54 62 41.

martes, 20 de octubre de 2020

INFORMACIÓN XUVENIL: MOCIDADE, BENESTAR E SAÚDE EMOCIONAL NA ERA DO CORONAVIRUS


 

Mocidade, benestar e saúde emocional na era do coronavirus

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS A PRODUCIÓNS E COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS DE CONTIDO CULTURAL GALEGO 2018

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 14 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento CT207A).

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO PARA AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA AOS CONSUMIDORES VULNERABLES SEVEROS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

ORDE do 13 de outubro de 2020 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN414D).

19 DE OUTUBRO DIA DO CANCRO DE MAMA

"No sabemos lo fuertes que somos hasta que ser fuertes es la única opción que tenemos."

viernes, 16 de octubre de 2020

SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN AUDIOVISUAL GALEGO EN FESTIVAIS E MOSTRAS NACIONAIS E INTERNACIONAIS 2020

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2020 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción e difusión do audiovisual galego en festivais e mostras nacionais e internacionais, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT404B).



Finalidade
A promoción e difusión do cinema a través da participación de filmes galegos en festivais e mostras de cinema de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT404B).

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas, dedicadas profesionalmente á actividade de creación e produción no ámbito audiovisual galego, que leven a cabo algunha das actividades descritas como subvencionables.
Só poderán participar nesta convocatoria aquelas persoas físicas (autónomas) ou xurídicas que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual. En canto á participación de entidades produtoras, será preciso que a empresa estea dada de alta no IAE na epígrafe 96.1.1. Só se poderá presentar unha única solicitude por obra para cada un dos festivais de cinema que se describen na base seguinte.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes para os eventos xa celebrados serán dun mes desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Para os celebrados con posterioridade á publicación da presente convocatoria, será dun mes contado desde que se produza a comunicación oficial, por parte do festival, da selección da obra, e en calquera caso non poderá exceder o 15 de novembro de 2020.
Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

AMPLIACIÓN DE PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA O IMPULSO DA COMERCIALIZACIÓN DIXITAL 2020

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

ORDE do 8 de outubro de 2020 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocado ao abeiro da Orde do 30 de xullo de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o impulso da comercialización dixital e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN201G).

miércoles, 14 de octubre de 2020

CONVOCATORIA PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2020 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.


Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial en que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.
Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.

Prazas convocadas, datas, lugar e horario
1. As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse de acordo co seguinte calendario.

2. As probas de avaliación terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT de cada localidade indicada no punto anterior, localizacións que se poden consultar na web http://cemit.xunta.gal/centros.
3. As previsións establecidas neste calendario poderán ser modificadas á vista das recomendacións que realicen as autoridades sanitarias da comunidade autónoma en función da evolución da pandemia da COVID-19.

Solicitudes de participación
1. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
4. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante; serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.
5. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base quinta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídos.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A CONTINUIDADE DE CASAS DO MAIOR

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 2 de outubro de 2020 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS212B).

AMPLIACIÓN DO CRÉDITO ORZAMENTARIO EXISTENTE PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 7 de outubro de 2020 pola que se amplía o crédito orzamentario existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2020, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT238A).

martes, 13 de octubre de 2020

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS CLASES B E C Á MOCIDADE GALEGA, DIRIXIDAS ÁS PERSOAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 8 de outubro de 2020 pola que se modifica a Orde do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS321A).

DOMINGOS E FESTIVOS EN QUE SE AUTORIZA A APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS DURANTE O ANO 2021

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

ORDE do 2 de outubro de 2020 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2021.

Artigo único

Os domingos e festivos en que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público durante o ano 2021 son:

3 de xaneiro

10 de xaneiro

1 de abril

31 de outubro

28 de novembro

5 de decembro

8 de decembro

12 de decembro

19 de decembro

26 de decembro

viernes, 9 de octubre de 2020

MODIFICACIÓN.- OFERTA EMPREGO PÚBLICO DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR 2020 DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2020 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador para o ano 2020, modificada como consecuencia do requirimento do Ministerio de Facenda.

Categoría/corpo docente                                  Nº de prazas                    Sistema de acceso


Profesor/a titular de universidade                             30                                Quenda libre


Profesor/a titular de universidade                             2                                   Quenda libre 

(reserva do 15 % para persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e obtivese o certificado I3)

Profesor/a contratado/a doutor/a                              14                                    Quenda libre


Profesor/a contratado/a doutor/a                               6                                     Quenda libre

(reserva do 15 % para persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e obtivese o certificado I3)

  Catedrático/a de universidade                                31                                Quenda de promoción interna                 



SUBVENCIÓNS A EMPRESAS TITULARES DE ORQUESTRAS PARA OS ANOS 2020 E 2021

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas titulares de orquestras, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TU500B).

Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a regulación da concesión de subvencións a empresas titulares de orquestras.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as entidades titulares de orquestras que teñan o seu domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo poderán ser beneficiaras das subvencións as agrupacións de entidades titulares de orquestras que teñan o seu domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Prazo de xustificación da subvención
O prazo para a xustificación da subvención será ata o 15 de novembro de 2021.

SUBVENCIÓNS PARA A POSTA EN PRÁCTICA DE PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO DE GALICIA 2019

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 23 de setembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 7 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento TR332A), como consecuencia da situación e da evolución da epidemia COVID-19.

jueves, 8 de octubre de 2020

PREMIOS GALEGOS DE INNOVACIÓN E DESEÑO 2020

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras dos Premios Galegos de Innovación e Deseño e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN822E).

Obxecto
A finalidade dos premios é recoñecer o labor de persoas e empresas galegas pola súa excelente contribución á innovación como un elemento indispensable no desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial, alcanzando con iso altas cotas de competitividade nos mercados, tanto galegos, nacionais como internacionais.
Así mesmo, trátase de recoñecer aos profesionais e empresas que contribúen significativamente á mellora do prestixio do deseño galego e ás empresas que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, demostran que o deseño actúa como como motor de innovación e competitividade.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias dos Premios Galegos de Innovación e Deseño as persoas físicas e as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade. En ambos os casos, en función da categoría a que concorran, deberán posuír as seguintes características:
a) Premios Galegos de Innovación:
– Categoría «Traxectoria Innovadora»: empresarios e profesionais cunha traxectoria de polo menos dez anos en que a innovación fose unha das súas características relevantes.
– Categoría «Grande Empresa»: grandes empresas cunha actividade innovadora de polo menos dez anos.
– Categoría «Pequena e Mediana Empresa»: pequenas e medianas empresas con demostrada actividade innovadora de polo menos cinco anos.
b) Premios Galegos de Deseño:
Premiarán persoas, institucións e organizacións que destaquen polo seu labor de posta en valor do sector do deseño galego.
– Categoría «Profesionais»: profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de polo menos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
– Categoría «Empresas»: empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante polo menos dez anos.
– Categoría «Mozos/as Deseñadores/as»: dirixido a aqueles creadores, cunha idade que non exceda os trinta e cinco anos no día de presentación da candidatura, e cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

martes, 6 de octubre de 2020

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA RE-ACCIONA

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2020, conxunta do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se modifica a distribución dos servizos ofertados na Resolución conxunta do 18 de maio de 2020, pola que se dá publicidade ao acordo que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A).

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA PROGRAMA APROL-ECONOMÍA SOCIAL

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 24 de setembro de 2020 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 5 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social) e se convocan para o ano 2020.

lunes, 5 de octubre de 2020

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS PARA 2020 DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2020 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2020.


Primeiro. Publicar a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos da USC para o ano 2020, recollida nos anexos a esta resolución.

Segundo. Esta oferta de emprego inclúe as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes, segundo se detalla nos anexos, dentro do contexto global de restrición orzamentaria que afecta as administracións públicas.

Terceiro. Nesta oferta, de acordo co previsto no artigo 48 da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, establécense os criterios xerais, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas.

Cuarto. As convocatorias das probas selectivas de acceso libre derivadas desta oferta publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado para garantir a publicidade exixida no artigo 75.2 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e executaranse dentro do prazo máximo previsto no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS DESTINADAS AO FOMENTO DE ACTIVIDADES DE CREACIÓN-PRODUCIÓN OU INVESTIGACIÓN CON FINS EXPOSITIVOS NA ÁREA DAS ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS 2020

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 28 de setembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 11 de setembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das artes plásticas e visuais e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT403E).


jueves, 1 de octubre de 2020

SUBVENCIÓNS AO FOMENTO E PROMOCIÓN DO TALENTO MUSICAL 2020

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións ao fomento e promoción do talento musical, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT402F).

Finalidade
A finalidade destas axudas é o impulso aos proxectos de deseño, preprodución, produción, edición e promoción de produtos fonográficos (fonogramas e videoclips) que conteñan maioritariamente obra de artistas galegos ou que estean interpretadas por músicos galegos, realizadas por parte de empresas con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas e entidades beneficiarias
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción e promoción de actividades musicais, que se atopen dadas de alta no IAE de produción ou edición discográfica e que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.