martes, 31 de agosto de 2021

MODIFICACIÓN.- AXUDAS APOIO PROXECTOS PILOTO, DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS, PRÁCTICAS, PROCESOS E TECNOLOXÍAS NO ÁMBITO AGROFORESTAL

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021 pola que se modifica a Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.

AMPLIACIÓN CRÉDITO ORZAMENTARIO BONO TURÍSTICO #QUEDAMOSENGALICIA21

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2021 pola que se amplía o crédito orzamentario existente para a concesión das axudas previstas na Resolución do 7 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono Turístico #QuedamosEnGalicia21 e se establece a súa convocatoria para o 2021 (código de procedemento TU985D).

BOLSAS AO ALUMNADO DAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA QUE PARTICIPA EN PROGRAMAS DE MOBILIDADE CON PAÍSES EXTRACOMUNITARIOS NO CURSO 2021/22

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 13 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2021/22 (código de procedemento ED441B).

Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva 164 bolsas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2021/22 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.

Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2021/22 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Orzamento e contía das bolsas
O importe global previsto na orde é de 278.800 €.
Cada bolsa terá unha dotación máxima de 1.700 €.

lunes, 30 de agosto de 2021

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE VIVENDA NOS CENTROS HISTÓRICOS, 2021

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2021 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos previsto na Resolución do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento VI400A).

(E-MARTES) USO DE CERTIFICADOS DIXITAIS NA XUNTA DE GALICIA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.

Obxectivos.
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, a autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Contidos.
As Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) correspondentes ao mes de setembro abordarán o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:
– Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
– Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.
A formación constará dunha introdución xurídica e posterior práctica nas aulas de informática da escola.

Persoas destinatarias.
As persoas destinatarias destas actividades son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

Desenvolvemento.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: os martes 7 e 21 de setembro de 2021.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas cada xornada.

Número de prazas.
• Persoal empregado público: 16.
• Cidadanía: 13.
O número de prazas convocadas vén determinado pola capacidade das aulas adaptada ás medidas de seguridade e hixiene previstas na normativa vixente para a prevención da COVID-19.

Inscrición.
1. A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nestas actividades, todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo cos requisitos de selección establecidos no punto 3 desta convocatoria. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que están integradas estas actividades (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a xornada en que desexen matricularse:
• Xornada E-martes de formación práctica dixital: certificados, 7 de setembro.
• Xornada E-martes de formación práctica dixital: certificados, 21 de setembro.
As persoas que resulten seleccionadas para a primeira xornada, no caso de teren solicitadas as dúas xornadas, serán excluídas da listaxe de persoas seleccionables para a segunda xornada do mes, salvo renuncia recibida coa anticipación prevista no punto 10 desta resolución.

Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:
• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 7 de setembro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 2 de setembro de 2021.
• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 21 de setembro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 13 de setembro de 2021.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA CONECTA COVID

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 22 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2021 as axudas para proxectos de innovación en produto relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, programa Conecta COVID, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN852E), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

MODIFICACIÓN.- PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO A TRAVÉS DO PROGRAMA I, AXUDAS Á PROMOCIÓN DE EMPREGO AUTÓNOMO, E PROGRAMA II, AXUDAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS, 2020

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 23 de agosto de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

SUBVENCIÓN CREACIÓN E LANZAMENTO DE PLATAFORMAS DE MARKETPLACE PARA PRODUCTOS AGROALIMENTARIOS NO MEDIO RURAL,2021

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

ORDE do 9 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H).

Obxecto
O obxecto é a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural (código de procedemento CO300H).

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que non concorra ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007:
a) Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia situados en zonas rurais e cunha poboación inferior a 10.000 habitantes.
Os concellos deberán cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
b) Federacións de asociacións de comerciantes, legalmente constituídas, de ámbito superior ao municipal.
c) Grupos de desenvolvemento rural (GDR) recoñecidos polo Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), do 16 de novembro de 2016, polo que se resolve a convocatoria sobre a selección de estratexias de desenvolvemento local e de grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.




Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

ORDE DO 27 DE AGOSTO 2021, MODIFICACIÓN ORDE DO 25 DE XUÑO 2021 MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 27 de agosto de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE DO 25 DE AGOSTO DE 2021, MODIFICACIÓN ORDE DO 21 DE XULLO DE 2021 MEDIDAS CUALIFICADAS DE PREVENCIÓN

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 25 de agosto de 2021 pola que se modifica o anexo da Orde do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e que precisan de autorización xudicial para a súa eficacia.

viernes, 27 de agosto de 2021

PROGRAMA SINERXIA DA INTERNACIONALIZACIÓN

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2021 pola que se lle dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Programa sinerxía da internacionalización e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG423A).


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto favorecer o incremento da internacionalización das empresas galegas non pemes, coa finalidade de incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización.
As actuacións que engloban están dirixidas:
a) A aumentar a base de empresas exportadoras.
b) A fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
c) A conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
d) A difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

Beneficiarios
As empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que superen os límites establecidos para definición de peme segundo o anexo I do Regulamento 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 26.6.2014, L 187).
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, que non sexan consideradas empresas en crise en 31 de decembro de 2019 (para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que aparece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento 651/2014 da Comisión) e que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda e as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
e) Que cumpran a normativa de axudas de minimis segundo o previsto no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28.6.2014) e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013) e o Regulamento (UE) 2019/316 da Comisión do 21 de febreiro de 2019 que o modifica (DOUE L 51 do 22 de febreiro de 2019).
f) Que estean ao día nos pagamentos ás cámaras de Comercio, Industria e Navegación de que formen parte.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

INCREMENTO DO CRÉDITO DE AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR 2021

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 20 de agosto de 2021 pola que se incrementa o crédito da Orde do 22 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para os anos 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento BS212A).

ORDE DO 25 DE AGOSTO DE 2021 POLA QUE SE MODIFICA O ANEXO II DA ORDE DO 25 DE XUÑO DE 2021 MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 25 de agosto de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

jueves, 26 de agosto de 2021

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE APOIO Á RECUPERACIÓN DE NEGOCIOS EN CRISE OU SEN REMUDA XERACIONAL MEDIANTE FÓRMULA DE ECONOMÍA SOCIAL

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de apoio á recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional mediante fórmulas de economía social e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento TR802R).

EMERXENCIA CINEXÉTICA TEMPORAL NAS COMARCAS DOS ANCARES, CHANTADA, A FONSAGRADA, LUGO, A MARIÑA CENTRAL, A MARIÑA OCCIDENTAL, SARRIA, TERRA CHÁ E TERRA DE LEMOS

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas dos Ancares, Chantada, A Fonsagrada, Lugo, A Mariña Central, A Mariña Occidental, Sarria, Terra Chá e Terra de Lemos.

Primeiro. Declarar a emerxencia cinexética temporal na comarcas sinaladas no anexo I desta resolución nas que se inclúen os tecores e zonas libres indicados no anexo II, debido ás circunstancias especias derivadas dos danos á agricultura, ao perigo de accidentes de tráfico e previsibles riscos ambientais ocasionados polo xabaril, coa finalidade de axilizar a aplicación de medidas conducentes ao control das poboacións desta especie, a través de distintas modalidades e procedementos de captura.

Segundo. A vixencia desta declaración de emerxencia cinexética temporal estenderase desde a entrada en vigor da presente resolución ata o 27.2.2022, abranguendo o período hábil de caza establecido para o xabaril no artigo 16.2 da Resolución do 26 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Terceiro. Durante a vixencia da declaración de emerxencia cinexética temporal, nas comarcas incluídas no anexo I poderanse adoptar as medidas que se relacionan a continuación para o control da poboación de xabaril, permitíndose abater ou capturar sen límite de exemplares, xabarís de ambos os sexos, prioritariamente femias adultas e sub-adultas en todas as súas idades. Nestas zonas permitirase, así mesmo, abater crías e femias seguidas de crías, logo de autorización especial da Dirección Xeral de Patrimonio Natural de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 13/2013, do 23 de decembro.

a) En terreos cinexéticos:
As modalidades de caza permitidas para esta especie poderán practicarse durante todos os días da semana, salvo o especificado a continuación para as zonas libres de caza, con comunicación previa á Xefatura Territorial da CMATV efectuada cunha antelación mínima de dez días naturais, atendendo aos seguintes condicionantes:

• Nos terreos en réxime cinexético especial: as cazarías correspondentes a xornadas que non estean aprobadas no correspondente plan anual de aproveitamento da tempada 2021/22, deberán ser comunicadas previamente á correspondente xefatura territorial competente en materia de caza, cunha antelación mínima de dez días naturais.

• Nas zonas libres de caza as cazarías estarán suxeitas a autorización: deberán solicitarse á correspondente xefatura territorial competente en materia de caza cunha antelación mínima de dez días naturais. No período que abrangue ata o 6 de xaneiro de 2022, poderanse autorizar cazarías ao xabaril os luns, martes, mércores, venres e sábados, sempre que non sexan festivos. Desde o 7 de xaneiro ao 27 de febreiro de 2022, ambos incluídos, poderanse autorizar cazarías os luns, martes, mércores e venres, sempre que non sexan festivos.

Na modalidade de agarda ou espera poderán agruparse nunha soa comunicación varias xornadas, e deberase indicar expresamente, por motivos de seguridade, a localización aproximada, mediante coordenadas UTM, dos diversos postos fixos que poidan ocuparse.

Así mesmo, en terreos de réxime cinexético especial poderanse autorizar os propietarios dos terreos afectados para realizar, persoalmente ou mediante terceiros, agardas ou esperas, con autorización do titular do aproveitamento cinexético. Neste caso, as persoas cazadoras deberán portar durante a acción de caza unha autorización por parte do titular cinexético, que será nominativa, persoal e intransferible para cada xornada, e deberán cumprir, así mesmo e en todo caso, cos requisitos exixidos no artigo 58 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

Co fin de aumentar a eficacia e optimizar o aproveitamento cinexético nesta modalidade, facilitar a identificación dos exemplares e garantir a seguridade das persoas, poderase utilizar con carácter excepcional:
– Un visor convencional/óptico de aumentos durante a práctica da modalidade de agarda ou espera nocturna e fontes luminosas para a iluminación dos albos.
– Dispositivos electrónicos, tales como detectores ou controladores de hora de paso ou presenza, para a posterior realización de esperas nocturnas ao xabaril.
– Nos cultivos con destino á colleita en que se iniciasen os danos, poderase dispor de cebadoiros de gran ou froitos co obxecto de asegurar a eficacia no momento concreto dos controis.

Nestes terreos permitirase, así mesmo, e a captura en vivo de exemplares de xabaril, mediante o emprego de capturadeiros, con posterior sacrificio de todos os exemplares capturados, de acordo co procedemento que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, sendo necesario dispoñer dunha autorización expresa.

Na solicitude deberá indicarse expresamente a súa localización mediante a achega dun plano a escala suficiente, e os datos do persoal responsable da súa execución (nome, apelidos e DNI).

b) En terreos non cinexéticos:
Nos terreos non cinexéticos para o emprego de modalidades e procedementos de captura será necesario dispoñer dunha autorización expresa.

Permitirase a captura en vivo de exemplares de xabaril, mediante o emprego de capturadeiros, con posterior sacrificio de todos os exemplares capturados, de acordo co procedemento que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Cando a aplicación de capturadeiros non reporte os resultados desexados, poderá permitirse a práctica da modalidade de agarda ou espera diúrna e nocturna, logo de solicitude do interesado, na que se indicará a localización aproximada dos postos fixos, mediante coordenadas UTM por motivos de seguridade, adoptando as medidas ou precaucións necesarias para garantir a seguridade das persoas. Será preceptivo, neste caso, a acreditación da existencia dos danos mediante informe da Xefatura Territorial.
Nesta clase de terreos, as medidas ou medios de captura permitidos deberán solicitarse á Xefatura Territorial, con polo menos 15 días de antelación á data de celebración. O prazo para resolver e notificar será dun mes, e o silencio administrativo será desestimatorio.

Cuarto. Os exemplares capturados como consecuencia da aplicación das medidas adoptadas na área de emerxencia cinexética temporal, deben identificarse mediante precintos e comunicarse debidamente á Xefatura Territorial da CMATV no prazo de 15 días naturais, segundo o seguinte procedemento:

a) En terreos de réxime cinexético especial: a comunicación das capturas realizadas en xornadas non planificadas no plan anual de aproveitamento aprobado para a tempada 2021/22, realizarase utilizando o procedemento MT720P «procedemento xenérico de caza», mentres que os resultados das cazarías planificadas no plan anual de aproveitamento se comunicarán utilizando o procedemento MT720D.

b) En terreos de réxime cinexético común e terreos non cinexéticos: a comunicación das capturas poderá realizarse utilizando o procedemento MT720P «procedemento xenérico de caza», ou ben, no caso de tratarse dun suxeito non obrigado a relacionarse electronicamente coas administracións públicas, poderá presentar os resultados en papel no rexistro das xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Quinto. Na Reserva Nacional de Caza dos Ancares aplicarase o seu réxime especial de funcionamento.

Sexto. A presente resolución permanecerá vixente ata a finalización do período hábil de caza do xabaril para a tempada 2021/22. Con todo, poderá quedar suspendida no seu conxunto ou en parte do ámbito de aplicación incluído no punto primeiro, logo de resolución, no momento en que se constate que desapareceron as causas que motivaron a súa declaración.

Sétimo. A presente resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

miércoles, 25 de agosto de 2021

INCREMENTO DO CRÉDITO DAS AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS 2021

 INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2021 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Resolución do 29 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, e se establece a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento MT402A).

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS 2021 DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2021 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2021.


CORRECCIÓN DE ERROS.- BASES REGULADORAS PARA O FOMENTO E A CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 30 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación (código de procedemento TR807I), e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (código de procedemento TR340E), e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021.

martes, 24 de agosto de 2021

TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DA APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, en que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Primeiro. Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios
De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de teren estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.
b) Nos seguintes territorios do continente americano: Aruba, Colombia, Cuba, Curaçao, Ecuador, Guatemala, Honduras, Illas Virxes Británicas, Illas Virxes EEUU, Nicaragua, O Salvador, Paraguai, Venezuela, Haití, Nicaragua, San Martín e Xamaica.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Afganistán, Bangladesh, Emiratos Árabes Unidos, Indonesia, Iraq, Irán, Israel, Kazakstán, Kirguistán, Malaisia, Mongolia, Siria e Tailandia.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Chipre, Francia, Islandia, Illa de Man, Jersey, Mónaco, Reino Unido, Xeorxia e Xibraltar.

e) Oceanía: Fidxi e Polinesia Francesa.

f) Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Baleares, Ceuta, Extremadura, País Vasco e La Rioja.

Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase recorrer en alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

BASES REGULADORAS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PLAN DE FORMACIÓN NO XACOBEO EN GALICIA PERÍODO 2021-22

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 5 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022 e se procede á súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR303B).

Obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas do Plan de formación no Xacobeo Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas e xestionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade (procedemento TR303B).
Tamén poderán participar nas referidas accións formativas reguladas por esta orde aqueles colectivos que, para tales efectos, se determinan no artigo 27.
2. As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2021-2022.
Así mesmo, coa publicación desta orde realízase a súa primeira convocatoria para o período 2021-2022.

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias as establecidas no artigo 5 da Orde do 5 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022 e se procede á súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR303B).

Prazo de presentación das solicitudes
Cada convocatoria determinará o prazo de presentación de solicitudes, que non poderá ser inferior a un mes.
Na presente convocatoria o prazo de presentación será dun mes, contado desde o día da súa entrada en vigor da orde.
Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Prazos de realización das accións formativas da primeira convocatoria
As accións formativas correspondentes á presente convocatoria non poderán comezar antes do 1 de novembro de 2021, polo que non se admitirá ningunha solicitude que formule datas anteriores.
A data límite para o remate das accións formativas que se desenvolvan exclusivamente durante a anualidade 2021 será o 20 de decembro de 2021.
Para os cursos que se desenvolvan durante as anualidades 2021 e 2022 ou exclusivamente durante a anualidade 2022, a data límite para o remate das accións formativas será o 30 de setembro de 2022.
Non poderá iniciarse ningunha acción formativa sen a validación previa, a través da aplicación informática SIFO, do cumprimento de requisitos e condicións por parte de persoal técnico da unidade administrativa competente.

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DE AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL (AUXS)

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

lunes, 23 de agosto de 2021

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE EMPREGO PARA PERSOAS MOZAS INCLUÍDAS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 10 de agosto de 2021 pola que se modifica o artigo 34 da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de Programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR353B).

2ª CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA 2021 DO PROGRAMA I DE AXUDAS AO CUSTO SALARIAL DE PERSOAS TRABALLADORAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL NAS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 4 de agosto de 2021 pola que se realiza a segunda convocatoria de axudas para o ano 2021 do Programa I de axudas ao custo salarial de persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social nas empresas de inserción laboral (código de procedemento TR356A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto realizar unha segunda convocatoria de axudas do Programa I de custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social (procedemento TR356A) reguladas na dita Orde do 31 de decembro.
A través deste programa subvencionánselles parcialmente ás empresas de inserción laboral os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social que teñan contratacións mínimas de 6 meses.

Entidades beneficiarias
1. Poden ser beneficiarias das axudas deste programa, de acordo co establecido no artigo 6 das bases reguladoras aprobadas pola dita Orde do 31 de decembro de 2020:
– As empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nas bases reguladoras para as axudas do Programa I.
– Aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda teñan solicitado a súa cualificación como empresa de inserción laboral, de conformidade co Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción sociolaboral, e a Orde do 6 de maio de 2008 pola que se regula o procedemento de cualificación das empresas de inserción laboral e a organización e o funcionamento do seu rexistro administrativo. Non obstante, non se poderá pagar a axuda mentres non obteñan a dita cualificación.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde ata o 30 de setembro de 2021. Non obstante, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva.
O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021.
A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 8 de novembro de 2021.

ORDE DO 20 DE AGOSTO DE 2021, PRORROGA E MODIFICACIÓN DA ORDE DO 25 DE XUÑO DE 2021 DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 20 de agosto de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se mantén a suspensión da exixencia da exhibición de documentación para o acceso a determinados establecementos prevista nela e na Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e se substitúe por unha regulación transitoria e provisional.

ORDE DO 19 DE AGOSTO DE 2021, PRÓRROGA E MODIFICACIÓN DO ANEXO DA ORDE DO 21 DE XULLO DE 2021 DE MEDIDAS CUALIFICADAS DE PREVENCIÓN

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 19 de agosto de 2021 pola que se prorroga e se modifica o anexo da Orde do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e que precisan de autorización xudicial para a súa eficacia.

viernes, 20 de agosto de 2021

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN DE PROXECTOS DO PROGRAMA DE CENTROS DE FABRICACIÓN AVANZADA

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2021 pola que se amplía o prazo máximo de execución dos proxectos establecido na Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa de centros de fabricación avanzada), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408C).

CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NIVEL BÁSICO

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Obxectivos.
Proporcionar a formación que establece o anexo IV-A) do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.

Destinatarios/as.
Poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e da Administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que se encontren en servizo activo, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación.
Duración: 60 horas.
Edicións: tres.
Datas: do 21 de setembro ao 19 de novembro de 2021.
Proba final: o día 19 de novembro ás 10.00 horas.
A proba final do curso realizarase ben de xeito telemático a través da aula virtual ou ben de forma presencial descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas. A elección dunha ou outra forma de realización das probas, dependerá da evolución da situación derivada da COVID-19 e será comunicada a través das canles de comunicación do curso coa debida antelación.
Prazas: 100 por edición.
Contido.
1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
2. Riscos xerais e a súa prevención.
3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
5. Primeiros auxilios.
6. Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será do 23 de agosto ao 1 de setembro de 2021.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividade solicitada e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 53, 981 54 63 35 e 981 54 62 57 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO (CEE)

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

Programa I: subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional (código de procedemento TR341K).

Obxecto e finalidade
O obxecto deste programa é subvencionar os custos salariais e de seguridade social por conta da empresa, derivados da contratación indefinida do persoal das unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos CEE.
A finalidade é promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo II das bases reguladoras, e en particular:
a) Que formen parte do seu cadro de persoal traballadores e/ou traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2 da orde que establece as bases reguladoras destas axudas e que se define no punto terceiro deste extracto.
b) Que dispoña de unidades de apoio á actividade profesional e que estas teñan a composición establecida no artigo 31 das bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de setembro de 2021.

Período subvencionable e xustificación da axuda
Con cargo á anualidade de 2021 subvencionarase o período do 1 de xullo de 2021 ata o 31 de outubro de 2021.
Con cargo á anualidade 2022 subvencionarase o período do 1 de novembro de 2021 ata o 30 de xuño de 2022.
A presentación da conta xustificativa necesaria para o pagamento final das axudas do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional realizarase (detallada por anualidades) ao remate do período subvencionable, como data máxima o 30 de setembro de 2022.

Programa II: axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica para os CEE (códigos de procedemento TR341E e TR341N).

Obxecto
O obxecto deste programa é fixar, con carácter indefinido, as bases reguladoras das subvencións aos centros especiais de emprego establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo III desta orde.
Igualmente, os centros de traballo para os cales se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do dito Decreto 200/2005.
Así mesmo, poderán ser beneficiarios aqueles CEE que na data de presentación da solicitude de axudas teñan solicitada a súa cualificación como centro especial de emprego ou a ampliación de novos centros de traballo.
No caso das axudas de asistencia técnica sinaladas no artigo 40.1.a), b), c), para seren beneficiarios os CEE deberán estar cualificados como centros de iniciativa social ou sen ánimo de lucro no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de conformidade co artigo 10 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, ou ter solicitada a cualificación desta condición na data de presentación da solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 30 de setembro de 2021.
Período subvencionable e xustificación das axudas

O período subvencionable comprende desde o 1 de xullo de 2021 ata o 30 de xuño de 2022:
– Anualidade 2021: accións subvencionables desde o 1 de xullo de 2021 ao 31 de outubro de 2021. A xustificación desta axuda deberá realizarse, como máximo, o 30 de novembro de 2021.
– Anualidade 2022: accións subvencionables desde o 1 de novembro de 2021 ao 30 de xuño de 2022. Neste caso a xustificación da axuda deberá realizarse, como máximo, o 30 de setembro de 2022.
– A axuda de asistencia técnica para o informe de auditoría necesario para a presentación da conta xustificativa dos programas I e III establecida no artigo 40.1.d) deberá xustificarse unha soa vez como data máxima o 30 de setembro de 2022.

Programa III: axudas ao mantemento do custo salarial nos CEE (código de procedemento TR341M).

Obxecto
O obxecto deste programa é axudar os CEE a financiaren o custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas en centros de traballo do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo IV das bases reguladoras.
Así mesmo, poderán ser beneficiarias aquelas entidades que na data de presentación da solicitude de axudas teñan solicitada a súa cualificación como centro especial de emprego ou ampliación de novos centros de traballo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 30 de setembro de 2021.

Período subvencionable e xustificación das axudas
Con cargo á anualidade 2021 subvencionaranse as mensualidades de xullo a outubro de 2021.
Con cargo á anualidade orzamentaria de 2022 subvencionaranse as mensualidades de novembro e decembro de 2021 e as mensualidades de xaneiro a xuño de 2022.
A presentación da conta xustificativa necesaria para o pagamento final das axudas do Programa III de subvencións ao custo salarial (detallada por anualidades) será ao remate do período subvencionable, como data máxima o 30 de setembro de 2022.

jueves, 19 de agosto de 2021

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DE EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, 2021

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR352A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e das condicións polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións que, baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación institucionais, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro sinaladas no artigo 3, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas e mulleres vítimas de violencia de xénero desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social (código de procedemento TR352A), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas na presente orde as entidades sen ánimo de lucro que, na data de publicación da presente convocatoria, estean inscritas na categoría de iniciativa social do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), cuxa actividade principal estea dirixida a desenvolver ou fomentar accións específicas para a inserción das persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, servizos comunitarios, igualdade, maiores, familia, infancia, menores ou mulleres, de conformidade coas áreas de actuación recollidas no RUEPSS (comunidade, dependencia, discapacidade, inclusión, maiores, familia, infancia, menores e igualdade), sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As entidades deberán dispor dun centro de traballo, entendendo por tal unha oficina ou delegación permanente que poida ser habilitada para o efecto, na Comunidade Autónoma de Galicia, distinta da sede social da entidade cando coincida co domicilio das persoas físicas que dirixen a entidade, en propiedade, arrendada ou cedida formalmente a esta.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

miércoles, 18 de agosto de 2021

BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (código de procedemento TR802L).

Obxecto
Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social de Galicia co fin de remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o brote da COVID-19, facilitándolles acceso á liquidez e protección fronte a outros prexuízos económicos significativos que xurdisen por mor da COVID-19 mediante liñas de axudas que, con especial incidencia na transformación dixital, melloren a súa actividade económica, incrementen a súa competitividade e, en definitiva, manteñan empregos de calidade.

Entidades beneficiarias
1. As sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter presentadas as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.
No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobado o balance e conta de resultados pola súa asemblea xeral.
c) Acreditar unha antigüidade de 42 meses na data de solicitude.
d) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

PROGRAMA DE APOIO Á RECUPERACIÓN DE NEGOCIOS EN CRISE OU SEN REMUDA XERACIONAL MEDIANTE FÓRMULAS DE ECONOMÍA SOCIAL

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE


Obxecto e finalidade
Apoiar a recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional, mediante fórmulas de economía social, destinadas a remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o gromo de Covid-19 e a impulsar a actividade económica.

Entidades beneficiarias
As sociedades laborais e cooperativas, previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, de economía social de Galicia, xurdidas de sociedades de capital, sociedades civís, asociacións que estivesen a desenvolver unha actividade económica ou persoas autónomas preexistentes, a través dun proceso de transformación encadrable nalgún dos procesos que se detallan no artigo 6 da orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2021, salvo que se produza o suposto de esgotamento do crédito orzamentario.

martes, 17 de agosto de 2021

ORDE DO 16 DE AGOSTO, MODIFICACIÓN ORDE 25 DE XUÑO 2021 MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 16 de agosto de 2021 pola que se modifican o anexo II da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e o anexo da Orde do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e que precisan de autorización xudicial para a súa eficacia.

ORDE DO 13 DE AGOSTO, MODIFICACIÓN ORDE 25 DE XUÑO 2021 MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 13 de agosto de 2021 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se suspende a exixencia da exhibición de documentación para o acceso a determinados establecementos prevista nela e na Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e se substitúe por unha regulación transitoria e provisional.

ORDE 11 DE AGOSTO 2021, MODIF. ORDE 21 DE XULLO DE 2021 MEDIDAS CUALIFICADAS DE PREVENCIÓN

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 11 de agosto de 2021 pola que se modifica o anexo da Orde do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e que precisan de autorización xudicial para a súa eficacia.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PRODUTOS, PROXECTOS E OBRAS REALIZADOS CON MADEIRA, 2020

 AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2021 pola que se modifican os artigos 18.2.a) e 23.3 respecto dos proxectos de investimento obxecto de axuda ao abeiro da Resolución do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de produtos, proxectos e obras realizados con madeira, e se convocan para o ano 2020.

AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN CLASES B E C Á MOCIDADE GALEGA

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS321A).

Obxecto

Establecer as bases reguladoras das axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas mozas que na data de presentación da solicitude cumpran os seguintes requisitos:
a) Teñan feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso clase C, e non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
b) Estean empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Estean inscritas no SNGX e figuren como persoas beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Estean matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentaren a solicitude ou ben teñan o/os permiso/s para o/os que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, ao non ser necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas, e concederánselles a todas aquelas persoas solicitantes que reúnan os requisitos exixidos. Se o orzamento previsto na orde non é suficiente para proceder ao pagamento de todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación.
O gasto subvencionable é a suma a tanto global de obtención dos permisos de condución obxecto da orde. A xustificación do custo de obtención do/dos permiso/s de condución e do seu pagamento faranse conforme a regulación de custos simplificados, en función da xustificación da obtención do/dos permiso/s de condución obxecto da solicitude.
A xustificación da axuda presentarase con data límite do 15 de decembro de 2021.

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS CELGA DAS E.O.I.

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓN DO PLAN DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO EXERCICIOS 2021 E 2022

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 28 de xullo de 2021 pola que se modifica parcialmente a Orde do 9 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR302A).

MODIFICACIÓN.-PLAN FORMATIVO PARA O EMPREGO

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 28 de xullo de 2021 pola que se modifica parcialmente a Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR301K).



PROBAS DIRIXIDAS Á OBTENCIÓN E RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE CONSELLEIRO DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (códigos de procedemento IF310A, IF310B e IF310C).


PREZOS MÁXIMOS DE VENDA E RENSA DAS VIVENDAS PROTEXIDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de xullo de 2021, polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.


TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DA APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Primeiro. Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.
De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:
a) En calquera dos países do continente africano.
b) Nos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Aruba, Bahamas, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Curaçao, Guatemala, Illas Virxes Británicas, Illas Virxes EEUU, Venezuela, Haití, Nicaragua, Panamá, Porto Rico, St Martin, Estados Unidos e Trindade e Tobago.
c) Nos seguintes territorios de Asia: Afganistán, Bangladesh, Emiratos Árabes Unidos, Indonesia, Iraq, Irán, Israel, Kazakstán, Kirguistán, Kuwait, Malaisia, Maldivas, Mongolia, Siria e Tailandia.
d) Nos seguintes territorios de Europa: Andorra, Chipre, Francia, Irlanda, Islandia, Illa de Man, Jersey, Malta, Mónaco, Montenegro, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Rusia, Turquía e Xibraltar.
e) Oceanía: Fidxi e Polinesia Francesa.
f) Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Aragón, Balears, Cataluña, Madrid, Navarra, País Vasco e La Rioja.

Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase recorrer en alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

CORRECCIÓN DE ERROS.- PLAN GALICIA EMPREGA

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 14 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento TR342C e TR342A).


TICKET DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

ORDE do 28 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións, para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300B).

Obxecto
Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, de ámbito superior ao municipal, ou federacións, para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial.

Entidades beneficiarias
Asociacións de comerciantes, de ámbito superior ao municipal, ou federacións, sen fins de lucro, que desenvolvan actuacións para a revitalización do comercio de proximidade e incentivación da demanda comercial, a través de fórmulas conxuntas e integrais que superen a capacidade de actuación das asociacións de comerciantes de ámbito municipal.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

PROGRAMA BONO COIDADO

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 27 de xullo de 2021 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Coidado e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS412A).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, así como proceder á súa convocatoria.
2. Para os efectos desta orde, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes:
– Do 1 ao 7 de xaneiro.
– Do 15 ao 17 de febreiro.
– Do 29 de marzo ao 5 de abril.
– Do 23 de xuño ao 14 de setembro.
3. As axudas previstas nesta orde tramitaranse de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, dado que polo obxecto e a finalidade das subvencións non será necesaria a comparación e prelación das solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Coidado os/as pais/nais e titores/as de nenos/as de ata doce anos de idade, estes incluídos, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e se atopen nos supostos seguintes:
a) Que o neno ou nena sexa menor de trece anos no momento no que se produce o suposto para o que se solicita axuda.
b) Que ambos os proxenitores, titores/as, acolledores/as, gardadores/as con fins adoptivos, familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, estean efectivamente traballando, no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente, debendo presentar, nestes casos, cada proxenitor unha solicitude individual.
2. Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Lugar e prazo de presentación das solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e chave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 30 de setembro de 2021. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PRIVADAS

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 26 de xullo de 2021 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (código de procedemento ED314D).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a subvencionar o funcionamento de escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que non conduzan a títulos académicos ou profesionais.

Requisitos
1. Poderán solicitar estas axudas os titulares das entidades sinaladas no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
2. Estes centros deberán estar radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas destinaranse ao desenvolvemento das súas actividades docentes desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2021.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE EUROTAXI, VEHICULOS TAXI DE EMISIÓNS CERO E VEHICULOS TAXI ECO

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 30 de xullo de 2021 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi ECO, e se convocan para o exercicio 2021, mediante tramitación anticipada (código de procedemento IF303A).

ORDE DO 4 DE AGOSTO POLO QUE SE PRORROGA A ORDE DO 21 DE XULLO DE 2021 DE MEDIDAS CUALIFICADAS DE PREVENCIÓN

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 4 de agosto de 2021 pola que se prorroga a Orde do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e que precisan de autorización xudicial para a súa eficacia, e pola que se modifica o seu anexo.

BOLSAS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE PSÍQUICA PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA NO VALEDOR DO POBO

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2021 pola que se convocan dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica neste organismo.

Obxecto
As bolsas terán por obxecto a formación práctica na Valedora do Pobo de persoas con discapacidade psíquica, vinculada cos seus estudos, como medida para favorecer a súa inclusión.

Requisitos
Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que acrediten reunir todos os seguintes requisitos:
– Ser persoas con discapacidade psíquica (ou a causa de enfermidade mental) nun grao igual ou superior ao 33 %.
– Non contar con experiencia laboral, nin por conta propia nin por conta allea, nos últimos dous anos, contados a partir da data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ou, canto menos, que a dita experiencia non exceda os catro meses en tal período de dous anos.
Non poderá ser titular das bolsas:
– Quen gozase de bolsa ou práctica remunerada dalgunha Administración pública no últimos catro anos por período superior a 6 meses ou por tempo superior a 480 horas.
– Quen sexa menor de 18 anos.
As persoas nas que concorran discapacidade intelectual e psíquica só poderán presentarse a unha das convocatorias do ciclo de dous anos no que se fagan ambas; é dicir, dentro dos dous anos nos que se dean de forma sucesiva ambas as convocatorias poderán presentarse á de discapacidade psíquica ou á de discapacidade intelectual, pero non ás dúas.

Duración

Cada unha das bolsas terá a duración de seis meses e desenvolveranse de forma sucesiva. As bolsas non poderán ser prorrogadas.
Ao finalizar entregarase un certificado acreditativo.

Convocatoria e Solicitudes
1. Convocatoria.
A convocatoria será publicada no Diario Oficial de Galicia e na web da Valedora do Pobo.

2. Presentación das solicitudes.
As solicitudes e a documentación adxunta presentaranse no rexistro da Valedora do Pobo (rúa Hórreo, nº 65, Santiago de Compostela, A Coruña) ou por calquera outro medio admitido en dereito.

3. Solicitudes e documentación que se van achegar:
As persoas interesadas deberán achegar o seguinte:
– Escrito de solicitude dirixido á Valedora do Pobo, cuberto e asinado, conforme o modelo do anexo. Só se valorarán os méritos que figuren na solicitude.
– Certificado do recoñecemento, grao e tipoloxía da discapacidade.
– Declaración responsable de non contar con experiencia laboral, nin por conta propia nin por conta allea, nos últimos dous anos, contados a partir da data de publicación da resolución de convocatoria das bolsas no Diario Oficial de Galicia, ou, canto menos, que a dita experiencia non excede os catro meses en tal período de dous anos.
– Declaración responsable de non ter sido beneficiario de bolsa ou práctica remunerada nalgunha Administración pública no últimos catro anos por período superior a 6 meses ou por tempo superior a 480 horas.

4. Prazo de presentación.
O prazo de presentación será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

5. Requirimento de documentación adicional.

A comisión de selección poderá requirir a documentación adicional que considere precisa para realizar a súa función. Deberá entregarse de tal forma que permita verificar a súa autenticidade.

6. Posibilidade de retirada posterior da documentación.
A documentación das persoas non seleccionadas poderá ser devolta a petición da interesada ou de quen fose debidamente autorizada, unha vez transcorridos dous meses desde a data na que se faga pública a adxudicación.