viernes, 30 de abril de 2021

BOLSA DE FORMACIÓN PRÁCTICA ESPECIALIZADA NA OFICINA ESPAÑOLA DE TURISMO EN ROMA DURANTE 2021-22

AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2021 pola que se regulan as bases para a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma durante os anos 2021 e 2022, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981B).

Obxecto e réxime
Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma.
O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2021 e 2022 cunha duración máxima de 18 meses, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas que reúnan os requisitos previstos no artigo 5 das bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Aboamento das axudas
O primeiro pagamento será do 20 % do importe total da bolsa e realizarase unha vez que a persoa bolseira estea incorporada efectivamente ao seu destino; os dous pagamentos seguintes serán o 35 % respectivamente; o cuarto pagamento será o 10 % da bolsa, unha vez finalizadas as prácticas.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DO PROGRAMA I HOSTALARÍA E DO PROGRAMA II OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 29 de abril de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021.

ACCIÓNS FORMATIVAS DO PLAN FORMATIVO PARA O EMPREGO PERÍODO 2021-2023

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR301K).

Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, xestionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade, a través das súas xefaturas territoriais (procedemento TR301K).
Tamén poderán participar nas referidas accións formativas aqueles colectivos que para tales efectos se determinan na propia orde.

Programación
As accións formativas para as cales se pode solicitar financiamento mediante subvención son as da modalidade de programación da oferta formativa para persoas traballadoras desempregadas.
Poderán ser obxecto de financiamento aquelas especialidades formativas que se determinen no anexo II de cada convocatoria, así como os módulos transversais e complementarios que se impartan asociados a estas.

Entidades beneficiarias: requisitos e acreditación
Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases as entidades que, na data de entrada en vigor da correspondente convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados e/ou inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.
As entidades deberán dispor no ámbito territorial de Galicia das instalacións debidamente acreditadas e/ou inscritas que permitan a impartición das acciones formativas solicitadas.
Así mesmo, os centros presenciais vinculados a entidades acreditadas e/ou inscritas para impartir especialidades formativas na modalidade de teleformación deberán estar homologados na correspondente especialidade na data de entrada en vigor da convocatoria e localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Forma e lugar de presentación das solicitudes e documentación complementaria
As solicitudes e a documentación complementaria presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación informática SIFO, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes.

Execución da primeira convocatoria
As accións formativas correspondentes a esta convocatoria non poderán comezar antes do 1 de setembro de 2021, polo que non se admitirá ningunha solicitude que formule datas anteriores.
A data límite para o remate das accións formativas que se desenvolvan exclusivamente durante a anualidade 2021 será o 20 de decembro de 2021.
Para cursos que se desenvolvan durante as anualidades 2021 e 2022 ou exclusivamente durante a anualidade 2022, a data límite para o remate das accións formativas será o 30 de setembro de 2022.

jueves, 29 de abril de 2021

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS E DE MÚSICA PARA 2021

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2021 pola que se aproban as bases xerais de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas e de música, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT213A).

Finalidade
Establecer e aprobar as bases reguladoras das subvencións para o apoio a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e aprobar a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT213A).

Persoas beneficiarias
1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases. Para a modalidade B (festivais de artes escénicas), poderán presentarse, ademais, as entidades locais galegas.
2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
3. Será requisito para a concesión de subvencións ás entidades locais que estas cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.
4. As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas da Agadic se non cumpren coa obrigación de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E CATÁSTROFES EN MVMC E SOFOR

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 23 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).

ORDE DO 28 DE ABRIL DE 2021, MODIFICACIÓN DA ORDE DO 17 DE MARZO DE 2021 DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 28 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

DECRETO 68/2021, DO 28 DE ABRIL, MODIFICACIÓN DO DECRETO 45/2021, DO 17 DE MARZO, MEDIDAS DE GALICIA PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

DECRETO 68/2021, do 28 de abril, polo que se modifica o Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

miércoles, 28 de abril de 2021

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DESENVOLVIDOS POR EMPRESAS GALEGAS DE EXHIBICIÓN CINEMATOGRÁFICA DE CARÁCTER COMERCIAL QUE CONTRIBÚAN A GARANTIR E FORTALECER A SÚA VIABILIDADE

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos desenvolvidos por empresas galegas de exhibición cinematográfica de carácter comercial que contribúan a garantir e fortalecer a súa viabilidade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT207C).


Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións de concorrencia non competitiva establecidas pola Agadic para proxectos de empresas de exhibición cinematográfica comercial que contribúan a garantir e fortalecer a súa viabilidade, favorecer a captación de público, promover a difusión do cine comunitario e doutras cinematografías con baixa cota de pantalla en España, e fortalecer a actividade empresarial, e convocalas para o ano 2021.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, titulares ou arrendatarios de salas de exhibición cinematográfica independentes, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para a exhibición comercial de películas cinematográficas.
2. Só se poderá presentar un único proxecto por local. As empresas titulares de máis dun local poderán presentar un máximo de tres proxectos.
3. As salas deberán estar en funcionamento un mínimo de tres meses durante o período subvencionable, salvo por imposibilidade derivada da COVID-19.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

MODIFICACIÓN.- APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 20 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da Orde do 20 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 15 de xaneiro de 2021, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación da solicitude única
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2021, iníciase o 1 de febreiro e finalizará o día 15 de maio, ambos incluídos.

Segundo. Prazo de presentación da modificación da solicitude única
Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o día 15 de xuño incluído.

XXII PREMIO ELÍAS VALIÑO PARA DISTINGUIR O LABOR REVITALIZADOR DOS VALORES PROPIOS DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 15 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, do Premio Elías Valiña para distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago, e se convoca a súa XXII edición para o ano 2021 (código de procedemento CT141A).

Finalidade
Esta orde ten por obxecto a convocatoria e o establecemento das bases reguladoras da concesión do Premio Elías Valiña para distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago como un recoñecemento institucional e social ao esforzo protector e de fomento do coñecemento e dos valores propios dos Camiños de Santiago por parte das asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que inclúan estes fins no seu obxecto social. Inclúese, así mesmo, a posibilidade de que o xurado propoña unha mención especial, sen dotación económica, a unha persoa física que, pola súa traxectoria vital, teña contribuído ao fomento dos valores culturais dos Camiños de Santiago. Esta mención só poderá outorgarse de xeito individual.

Persoas beneficiarias
Poderán participar as asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro cunha traxectoria que acredite o seu labor na protección, revitalización, fomento do coñecemento e dos valores propios do Camiño de Santiago, e que desenvolvan a súa actividade tanto dentro como fóra de Galicia.
Estas entidades deberán ter acreditada unha traxectoria de cando menos cinco anos de funcionamento efectivo na consecución dos obxectivos establecidos na convocatoria.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas nas cales se dean algunhas das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin as que fosen premiadas nas cinco convocatorias anteriores co Premio Elías Valiña.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

martes, 27 de abril de 2021

II PREMIO DE INVESTIGACIÓN CARLOS G. OTERO DÍAZ

 CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do 18 de marzo de 2021 que convoca o II Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz.

Obxecto
Distinguir aqueles traballos de investigación cuxo contido garde relación coa prevención da corrupción nas administracións públicas.

Persoas beneficiarias
Autores ou coautores de traballos de investigación, que teñan o seu domicilio en calquera dos Estados membros da Unión Europea, que poderán ter a condición de persoa física ou grupo de investigación composto por persoas físicas, baixo a coordinación dun dos seus integrantes, que actuará como representante do grupo e responsable do traballo para os efectos oportunos.

Importe
A dotación económica do I Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz é de 4.500 euros, distribuídos da seguinte forma:
Primeiro premio: 3.000 euros.
Segundo premio: 1.500 euros.
Accésits: no caso de seren declarados desertos o primeiro e o segundo premios, poderanse conceder ata tres accésits de 1.000 euros cada un.

Prazo de presentación
O prazo iníciase o día seguinte ao da publicación da convocatoria e remata o 31 de outubro de 2021.

BOLSAS DE FORMACIÓN PARA OS/AS TITULADOS EN CICLOS FORMATIVOS DE ACUICULTURA

 CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 16 de abril de 2021 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PE601C).

Obxecto
Formación en réxime de empresa tutelada de catro persoas tituladas nos ciclos formativos de acuicultura.

Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun país membro da Unión Europea ou estranxeiro con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estean en posesión do ciclo formativo de acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria e que teñan cursados os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma de Galicia. Podendo presentarse aqueles/as alumnos/as titulados/as como técnicos/as medios en Operacións de Cultivo Acuícolas/técnicos/as medios en Cultivos Acuícolas e/ou técnicos/as superiores en Produción Acuícola/técnicos/as superiores en Acuicultura.

Contía
O financiamento destas bolsas farase con cargo ás partidas orzamentarias 15 03 422K 4800 (86.400 €) e 15 03 422K 4840 (6.680 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2021-2023 que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social respectivamente.
O importe bruto mensual de cada bolsa será de novecentos euros (900 €).
O número de bolsas é de catro.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

NOVA CONVOCATORIA " TU EMPLEO EN EL RURAL" E " GENTE JOVEN EN EL RURAL"

 EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO-ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E SOCIAL

APROBACIÓN DE NOVA CONVOCATORIA DAS SEGUINTES MEDIDAS DENTRO PROGRAMA PRENDE BOTA

RAÍCES NO RURAL

• MEDIDA 8.2.3.4 “TU EMPLEO EN EL RURAL” MEDIDAS PARA FAVORECER O AUTOEMPREGO E O

EMPRENDEMENENTO COLECTIVO NO MARCO DA ECONOMÍA SOCIAL.

• MEDIDA 8.2.4.2 “GENTE JOVEN EN EL RURAL” AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA.

Na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o 23 de abril do 2021, acordase:

− Aprobar unha nova convocatoria para dúas medidas dentro do Programa Prende! Bota raíces no rural , cun período de solicitude ininterrompido que abrangue dende o dia seguinte a publicación do extracto da convocatoria no BOP, previa publicación na Base Nacional de Subvencións e ata 30 de setembro de 2021, ou ben ata que se esgote as bolsas de axuda ofertadas por cada unha das Medidas:

• Medida 8.2.4.2 “GENTE JOVEN EN EL RURAL”, 18 prazas

• Medida 8.2.3.4 “TU EMPLEO EN EL RURAL”, 2 prazas

Con esta nova convocatoria pretendese crear un revulsivo na provincia xa que o impacto pode afectar a crear novas contratacións de carácter indefinido entre poboación moza da provincia de Lugo, fomentar o emprendemento de economía social e fortalecer tecido empresarial existente na provincia.

Sendo de aplicación na súa regulación as bases aprobadas xunto coa primeira convocatoria, publicadas no BOP núm. 148 do 30 de xuño de 2020 , así como a modificación posterior, publicada no BOP núm. 062 do dia 17 de marzo de 2021.


lunes, 26 de abril de 2021

2º PROGRAMA DE MENTORING TRABALLO AUTÓNOMO

 

A consellería de Emprego e Igualdade e a Fundación Ronsel veñen de asinar o convenio para pór en marcha o 2º programa de Mentoring Traballo Autónomo desta entidade.

 

Este programa está dirixido a que as persoas profesionais autónomas de Galicia consoliden os seus negocios, estando orientado este ano de xeito especial a reducir o impacto negativo da COVID-19 nas empresas.

 

Esta nova edición iníciase coa expectativa de chegar a 200 persoas traballadoras autónomas: 70 na provincia da Coruña, 70 en Pontevedra, 30 en Lugo e 30 en Ourense.

 

Arranca co triplo obxectivo de reducir os riscos das persoas autónomas na súa actividade profesional, acompañalas na consolidación dos seus negocios e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión, ao incremento dos seus contactos e actividade económica. O actual contexto fai que o enfoque da nova edición se redirixa a paliar ademais o impacto negativo da pandemia no traballo autónomo.

 

Nesta edición terán un acceso preferente ao programa as persoas traballadoras autónomas que teñan recibido algunha axuda dos dous Plans de Rescate da Xunta e, nun segundo grupo, as persoas beneficiarias de calquera outra axuda da Administración autonómica. Darase prioridade ademais a profesionais cunha antigüidade mínima de 42 meses de actividade profesional, que contan cunha base para aproveitar con maior éxito os coñecementos que lle poidan aportar os mentores.

 

O prazo para a solicitude permanecerá aberto ata o 30 de abril e a inscrición é a través do portal da Oficina do emprego autónomo dispoñible a través deste enlace.

OFERTAS DE EMPREGO

 

Agente comercial autonomo/a

Denemax Consulting | Toda España |

Consultora nacional dedicada a la oferta e integración de servicios obligatorios para las pymes, selecciona por necesidades de demanda, asesores/as comerciales para la oferta de estos servicios a empresas...

ANUNCIO

Mecánico/a de maquinaria en alemania

Toda España |

Importante cliente es una Multinacional del sector de Telecomunicaciones, necesita MECÁNICO/A DE MAQUINARIA EN ALEMANIA, Funciones: Llevar a cabo los trabajos que requieran el mantenimiento preventivo...

ANUNCIO

Mozo/atrezzista

Faster | Lugo, Lugo |

Faster Empleo ETT selecciona para empresa del sector audiovisuales a Mozos/Atrezzistas en grabación de serie de TV. Disponibilidad para trabajar en Lugo (Zona Rozas) los días 26, 27 y 28 de Abril ...

ANUNCIO

SERVIZO PARA A CONSTITUCIÓN DE PEQUENAS EMPRESAS EN 48 HORAS AFORRANDO CUSTOS E XESTIÓNS DA XUNTA

 

A XUNTA OFRECE UN SERVIZO PARA A CONSTITUCIÓN DE PEQUENAS EMPRESAS EN 48 HORAS AFORRANDO CUSTOS E XESTIÓNS

 ·         O proceso é telemático e o Igape encárgase da tramitación necesaria ante os distintos organismos

 Lugo, 21 de abril de 2021.- A Xunta de Galicia ofrece aos emprendedores un servizo para a constitución de pequenas empresas nun prazo non superior a 48 horas, con tarifas reducidas e evitando desprazamentos e xestións en distintos organismos públicos.

 O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) conta cun Punto de Asesoramento ao Emprendedor (PAE) para constituír mediante esta fórmula Sociedades de Responsabilidade Limitada e Sociedades Limitadas Nova Empresa cun capital social a partir de 3.000 euros -o importe mínimo esixido para a constitución dunha sociedade limitada-, así como comunidades de bens ou tamén para a incorporación de traballadores autónomos.

 Este servizo do Igape axudou a crear nos últimos meses 10 empresas en Lugo, todas elas coa figura de Sociedade de Responsabilidade Limitada. O procedemento é telemático, e o emprendedor só ten que acudir presencialmente ao PAE e ao notario, evitando así desprazarse para realizar os trámites restantes, sen necesidade de utilizar formularios en papel e pagando tarifas reducidas. O Igape pon en marcha a tramitación e envía a comunicación da alta censual e a documentación a Facenda, Seguridade Social, Notaría e Rexistro Mercantil.

 Toda a información sobre este e outros recursos está accesible na web do Igape. Ademais, a Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación está a reforzar as vías de comunicación co empresariado e conta co programa de asesoramento gratuíto online Igape Responde.

 Asesoramento en liña

Na web responde.igape.es os emprendedores e empresarios poden formular preguntas concretas sobre os seus negocios e recibir asesoramento en liña en diversos ámbitos: xeral, financeiro, de negocio, operacións ou de recursos humanos.

 Tamén se ofrecen vídeos, algúns de escasos minutos, de temática empresarial ou consellos de “coach” expertos en distintos aspectos de xestión, como as finanzas ou o persoal. Igualmente, o canal de youtube Igape Responde tamén ofrece material audiovisual de interese para as empresas.

 Por último, o Igape puxo recentemente en marcha outra canle de comunicación a través dos Podcast, onde se poden escoitar os contidos dos webinarios que imparte o organismo. Este novo espazo recolle os aspectos máis destacados dos eventos virtuais que se celebran para mellorar a formación do tecido empresarial galego.

 Os audios do Igape Responde xa están dispoñibles a través de Spotify, Ivoox, Google Podcast, Spreaker, Breaker, Anchor FM, Pocket Casts e Radio Public.

 

 


INFORMACION XUVENIL: SEMANA DO 19 AO 25 ABRIL


 


Volvemos coas novidades desta semana:

 

 



Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional 2021

xuventude.xunta.es

Queres participar nun proxecto de voluntariado na comunidade autónoma de Galicia?Tes interese por coñecer e preservar a nosa biodiversid...

Xuventude co día do libro

xuventude.xunta.es

Celebramos o Día do Libro! Ocasión única para pasar pola túa libraría de sempre e comprar material para unha nova "...

 

Día europeo da información xuvenil

xuventude.xunta.es

Con motivo deste 17 de abril, Día europeo da información xuvenil, saímos á rúa para coñecer de preto o traba...

 

Encontro de Correspondentes Xuvenís

xuventude.xunta.es

A Xunta de Galicia celebrou o Día Europeo da Información xuvenil cun evento en liña con mozas e mozos que forman parte do program...

 

 

Talento Mozo con Manuel Fernández

xuventude.xunta.es

Xa podes disfrutar da conversa que mantiveron Cristina Pichel, Directora xeral de Xuventude e Manuel Fernández da empresa de servizos gandeiros...




Coprpo Europeo de Solidariedade 2021-2027

xuventude.xunta.es

A Comisión Europea puxo en marcha a primeira convocatoria para a presentación de proxectos no marco do novo programa Corpo Europeo de So...

 

Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

xuventude.xunta.es

Por segundo ano consecutivo, a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) colaborará de xeito activo co Salón do Libro Infant...

Programa Xogade

xuventude.xunta.es

A Secretaría xeral para o Deporte convoca o programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2020/21. Poderán inscribi...

 

Cantar do liño e Maneo de Xaviña

xuventude.xunta.es

Vídeo musical de Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo.  O traballo está pensado para promocionar o proxecto...

 

Tecnólogo/a por un día

xuventude.xunta.es

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) activa o programa Tecnólogo/a por un día Junior dirixido a...

 

 

Quérote+ co Día Europeo da Información Xuvenil

xuventude.xunta.es

Quérote+, este ano, para conmemorar o Día da europeo da información xuvenil, céntrase na resposta que deron os servizos de...

Padrón. Voluntariado no Camiño

xuventude.xunta.es

O Concello de Padrón está a buscar mozos e mozas para participar en voluntariado xuvenil nun proxecto sobre o Camiño de Santiago...



Premios extraordinarios de bacharelato

xuventude.xunta.es

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no...

Premios fin de carreira

xuventude.xunta.es

A Consellería de Educación convoca os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou brillantemente o...



 




 

 



Día Internacional das Nenas nas TIC

xuventude.xunta.es

O centro AtlantTIC da Universidade de Vigo celebra o Día Internacional das Nenas nas TIC (23 de abril) cun certame de fotografía e v&iac...

I Premio Asubío de novela Infancia e Mocidade pola Inclusión

xuventude.xunta.es

O I Premio Asubío de novela Fundación María José Jove (FMJJ) Infancia e Mocidade pola Inclusión ten como obxectivos...

 

VIII Concurso nacional de diseño de selos "Disello"

xuventude.xunta.es

Comeza a VIII edición de "Disello", o concurso nacional de deseño de selos organizado por Correos.  A temática desta edici&o...



Correspondentes Xuvenís do CPR Nosa señora do Carme de Betanzos

xuventude.xunta.es

Iria, Carmen, Brais, María, Uxía, Angela del Carmen, Marta, Daniel, Pablo, Candela e Marcos son o equipo de Correspondentes Xuven&iacute...