martes, 31 de enero de 2017

PLAN RENOVE DE FIESTRAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Subvencionar a rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
Beneficiarias
Persoas físicas propietarias ou titulares de calquera dereito sobre vivendas de uso residencial e comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable se realice en inmobles sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Contía
A dotación orzamentaria é de 1.500.000 €.
A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 €/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso ou edificios de vivendas. Para o caso de comunidades de propietarios, a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso, co máximo de 50.000 € por edificio.
En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do custo total da obra.
Prazo de adhesión de entidades colaboradoras e de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día 1 de febreiro de 2017 incluído (código de procedemento IN412A).
O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará o día 1 de marzo e finalizará o 29 de setembro de 2017, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web da Dirección Xeral de Enerxía e Minas e no Diario Oficial de Galicia (código de procedemento IN412B).

viernes, 27 de enero de 2017

AXUDAS AO ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTADO MEMBRO DA UE DURANTE O VERÁN 2017

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2017, co obxecto de coñecer a lingua dese país.
Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2017.




jueves, 26 de enero de 2017

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E CATÁSTROFES EN M.V.M.C. E SOFOR

AXUDAS AO ALUMNADO UNIVERSITARIO NO CURSO ACADÉMICO 2016/17

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia non competitiva axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.
Persoas beneficiarias
O alumnado que curse estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, no curso académico 2016/17, nas universidades do Sistema universitario de Galicia que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar estudos.
Prazo de presentación de solicitudes
– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2017, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b) da orde.





miércoles, 25 de enero de 2017

AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR CONXUNTA DAS E

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto, favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas os organismos intermedios empresariais de Galicia. Por organismos intermedios empresariais enténdense as asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústers empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31 de decembro de 2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal, e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).
Enténdese por clúster empresarial para os efectos destas bases as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación clúster.
Consideraranse, así mesmo, beneficiarias as empresas –que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión e que teñan o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia– que participen directamente nas accións subvencionadas e ás cales se lles imputará a axuda de minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.


CORRECCIÓN DE ERROS.-AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE MEDIDAS DE PROMOCIÓN DO SECTOR VITIVINÍCOLA EN MERCADOS DE TERCEIROS PAÍSES

lunes, 23 de enero de 2017

PREMIOS CAMIÑO DE SANTIAGO

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
Concesión dos Premios Camiño de Santiago como un recoñecemento institucional e social ás iniciativas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago, así como a aqueloutras que supoñan novos servizos ou a mellora daqueles que se prestan aos peregrinos, e ás accións específicas de divulgación e promoción, de xeito que se contribúa a un aumento da conservación, promoción e difusión, así como á posta en valor do Camiño de Santiago, da cultura xacobea e do seu patrimonio.
Os Premios Camiño de Santiago constarán das seguintes categorías:
1ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións presentadas polos concellos, as agrupacións de concellos, as mancomunidades, os consorcios locais, as áreas metropolitanas, se as houber, ou outras entidades locais, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia e polos que discorra calquera das rutas do Camiño de Santiago.
2ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións presentadas polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago.
3ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades desenvolvidas polas persoas físicas ou as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).
4ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades de carácter académico, investigador ou educativo, con dúas modalidades:
a) Os traballos de investigación e estudo do Camiño de Santiago e da peregrinación e/ou cultura xacobea, e/ou do patrimonio cultural ligado ao Camiño de Santiago desenvolvidos por centros de investigación, universidades ou similares.
b) Os traballos de carácter educativo relacionados coa temática do Camiño de Santiago levados a cabo polos centros de ensino de educación primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
 Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de aceptación ou renuncia ao premio
O prazo para a aceptación ou renuncia ao premio será de 10 días hábiles desde a notificación da resolución da concesión.

PREMIOS GALICIA PARABÉNS

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
Concesión dos Premios Galicia Parabéns como un recoñecemento institucional e social ás iniciativas destinadas a conservar, mellorar e embelecer as paisaxes, os núcleos poboacionais e os Camiños de Santiago dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios
Concellos, agrupacións de concellos de Galicia, mancomunidades de concellos de Galicia, consorcios locais galegos e áreas metropolitanas galegas, se as houber.
Para os efectos desta resolución, considérase agrupación de concellos aquela candidatura subscrita por dous ou máis concellos, e deberá observarse o disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán participar nesta convocaoria as sete grandes cidades galegas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, e as entidades locais nas que están integradas.
Os Premios Galicia Parabéns constarán das seguintes categorías:
1ª categoría:
Destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións realizadas nos últimos dez anos para conseguir unha mellora da paisaxe, unha integración axeitada nela de elementos antrópicos (arquitecturas, estradas, industrias, canteiras...), ou da propia mellora estética dos núcleos poboacionais. Así mesmo, inclúense nesta categoría as iniciativas ou actuacións de embelecemento realizadas nos lindes das rutas dos Camiños de Santiago.
2ª categoría:
Destinada a premiar os mellores proxectos dirixidos á realización de obras de revalorización e embelecemento, tanto para promover unha mellora da paisaxe como para intervencións nos núcleos poboacionais ou nos lindes dos Camiños de Santiago.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de xustificación da documentación
Os prazos para presentar a documentación xustificativa serán:
Fase 2017: 15 de decembro de 2017.
Fase 2018: 30 de novembro de 2018.

CONVOCATORIA PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA


Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro, tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan Formativo Ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.
Destinatarios
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.
Organización do curso
Número de prazas: 180.
Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
Datas de realización: do 15 de febreiro ao 26 de maio de 2017.
Presentación de solicitudes e prazo
1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal)
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
4. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base sexta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como un número adecuado de reservas.
5. As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco (5) días hábiles desde a data da súa publicación a taxa de dez (10 €) euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.
6. Unha vez rematado o prazo para que as persoas admitidas aboen os dereitos de exame, e no caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes. As persoas admitidas por esta quenda deberán aboar a taxa correspondente aos dereitos de exame de dez (10) euros no prazo de 5 días naturais desde a data do dito chamamento.
Probas de avaliación presencial
1. As persoas que completen a totalidade do curso de preparación dentro do prazo establecido poderán optar voluntariamente á proba da avaliación final convocada pola Amtega, a través da rede CeMIT, para acreditar as capacidades, as destrezas e os coñecementos globais en ofimática co fin de obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tal e como se recolle no artigo 6.1 do Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a dita certificación.
O acceso aos contidos ou o seguimento deste curso de preparación por teleformación non outorga dereito á expedición de ningún tipo de certificación.
2. As probas presenciais celebraranse no mes de xuño en Santiago de Compostela e, polo menos, nunha aula CeMIT de cada provincia segundo a dispoñibilidade e datas que se establezan na posterior convocatoria que será publicada na plataforma de teleformación da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal/ema), xunto coas condicións de realización e demais características da dita proba.
3. A non comparencia no lugar e na data sinalado para a realización das probas suporá a perda dos dereitos que se poidan derivar desta convocatoria, non sendo tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

SUBVENCIÓNS Á COOPERACIÓN ENTRE PEQUENOS OPERADORES TURÍSTICOS PARA ORGANIZAR PROCESOS DE TRABALLO CONXUNTO E COMPARTIR INSTALACIÓNS E RECURSOS

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
O fomento da cooperación entre pequenos operadores turísticos para colaborar na organización de procesos de traballo conxuntos e compartir recursos de cara ao desenvolvemento e á comercialización do turismo.
Os proxectos subvencionables consistirán no deseño, creación, promoción e comercialización de produtos turísticos de Galicia.
Os produtos turísticos terán carácter innovador e deberán axustarse a algunha das liñas temáticas seguintes:
a) Produtos cabeceira de marca de Galicia.
– Camiño de Santiago.
– Bosques de Galicia (natureza).
– Mananciais de Galicia (termalismo).
– Paseando entre viñedos (enogastronomía).
– Turismo mariñeiro.
– Ruta das camelias (xardíns de Galicia).
– Faros e praias salvaxes.
– Patrimonio oculto.
– Santuarios máxicos.
b) Produtos destinados á creación de oferta de turismo familiar.
c) Produtos destinados á creación de oferta para o turismo sénior.
d) Produtos destinados á xeración dunha oferta distintiva que se acomode ao concepto «que facer en Galicia cando chove».
e) Produtos innovadores e de descubrimento de novos nichos de mercado.
f) Creación de rutas turísticas innovadoras.
g) Produtos construídos baixo a idea da cultura celta de Galicia.
h) Produtos baseados na creación de fins de semana, pontes ou outros períodos temporais de carácter temático.
i) Produtos que se desenvolvan e valoricen turisticamente os núcleos históricos de Galicia.
Beneficiarios
Empresas do sector turístico de Galicia que se agrupen para colaborar e que estean inscritas, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), de acordo cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, que teñan a condición de microempresas e sexan entidades privadas autónomas galegas situadas no ámbito rural de Galicia, constituídas baixo calquera forma xurídica admisible, co obxecto de practicar de maneira efectiva a colaboración na súa actividade comercial, con domicilio social ou sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tamén poderán ser beneficiarios/as das subvencións os consorcios, as asociacións e calquera outra forma de personificación xurídica xa constituída, nas cales estean asociadas as empresas do sector turístico de Galicia, e que estean inscritas no REAT (a inscrición neste caso terá que ser do consorcio, asociación ou da persoa xurídica que solicite as axudas).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de xustificación da subvención
O prazo para a xustificación da subvención será o 1 de outubro de 2017.

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO E SE CONVOCAN PARA O ANO 2017

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO


Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos/das titulares de actividades gandeiras afectados/as polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017.
Persoas beneficiarias
Poderanse acoller a estas axudas os/as propietarios/as do gando que se especifica no anexo I da orde de convocatoria e que foi afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma.
Prazo de presentación de solicitudes
Para aos danos comunicados entre o 1 de outubro de 2016 e a entrada en vigor da orde de convocatoria, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados a partir da entrada en vigor da orde.
Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor da orde de convocatoria, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da comunicación do dano.
Outros datos
Comunicar o dano nas vinte e catro horas seguintes á constatación do ataque. Os/as propietarios/as das reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará unha chave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.
O horario hábil de atención telefónica é das 8.00 ás 20.00 horas, de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 horas, os sábados.
Para os danos constatados entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación da constatación do ataque realizarase nas vinte e catro horas seguintes contadas desde as 20.00 horas do domingo.
A partir do 1 de outubro de 2017, poderanse realizar comunicacións por danos de lobo de acordo co establecido nos parágrafos anteriores, e a concesión de axudas queda condicionada a unha nova convocatoria no ano 2018.

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, COMUNIDADES DE USUARIOS DE AUGAS E ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS DE GALICIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade veciñal ou sobre os cales a entidade solicitante ten un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles vinculados a acadar unha eficaz prestación dos servizos de interese veciñal, análogos aos encadrados como servizos básicos municipais na lexislación de réxime local, e a mellora da vida local nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, incluídos os camiños veciñais e as traídas de augas xestionadas polas comunidades de usuarios de augas.
Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

jueves, 19 de enero de 2017

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 2.015 prazas nas unidades de competencia que se indica no anexo I e cun total de 7.566 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 536 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 29 de decembro de 2015): 336.

– Novas prazas: 200.

• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 356 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 29 de decembro de 2015): 156.

– Novas prazas: 200.

• Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 108 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 29 de decembro de 2015): 58.

– Novas prazas: 50.

• Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.

• Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 207 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 29 de decembro de 2015): 7.

– Novas prazas: 200.

• Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 438 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 29 de decembro de 2015): 188.

– Novas prazas: 250.

• Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 100 prazas.

• Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 29 de decembro de 2015): 39.

– Novas prazas: 111.

• Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 70 prazas.

Unidades de competencia convocadas
1. As unidades de competencia convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria son as recollidas no anexo I desta orde. No anexo I recóllese a relación de unidades de competencia das cualificacións profesionais convocadas, con indicación dos títulos de formación profesional e/ou certificados de profesionalidade en que se inclúen e do número prazas convocadas en cada unidade de competencia.
2. No caso de que nalgunha das unidades de competencia convocadas as persoas candidatas admitidas non cubran o número de prazas convocadas, o Instituto Galego das Cualificacións poderá asignar estas prazas a outras unidades de competencia doutras cualificacións profesionais, atendendo prioritariamente a aquelas cualificacións profesionais que estean afectadas por unha regulación profesional.

miércoles, 18 de enero de 2017

BASES REGULADORAS DAS AXUDAS QUE SE TRAMITEN AO ABEIRO DA MEDIDA LEADER

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL


Obxecto
O obxecto destas bases reguladoras é establecer as regras para a concesión e xustificación das axudas encadrables na submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a Estratexia de desenvolvemento local participativo) do PDR de Galicia 2014-2020 que se tramiten en réxime de concorrencia competitiva, a través dos grupos de desenvolvemento rural (GDR) seleccionados como entidades colaboradoras de Agader na xestión da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020.
Tamén é obxecto destas bases reguladoras establecer o réxime de xustificación dos gastos en custos correntes e de funcionamento da Estratexia de desenvolvemento local (submedida 19.4A do PDR), así como establecer as bases reguladoras para a concesión e xustificación dos proxectos de animación promovidos polos GDR (submedida 19.4B do PDR).
O capítulo VII destas bases reguladoras (fichas de elixibilidade) detalla polo miúdo as especificidades propias de cada tipoloxía de operacións financiables.

Beneficiarios
1. Con carácter xeral, e tendo en conta as particularidades que se establecen nas fichas de elixibilidade incluídas no capítulo VII destas bases, poderán ser beneficiarios das axudas tramitadas ao abeiro deste réxime de axudas:
a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
2. Os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Non estar incurso en ningún dos supostos previstos nos parágrafos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG), e, en particular, non ter
sido condenado mediante sentenza firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.
c) Cumprir os requisitos de pequena empresa, nos termos regulados no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea:
1º. Empregar menos de 50 persoas.
2º. Ter un volume de negocio anual ou un balance xeral anual que non supere os 10 millóns
de euros.
Para a definición de empresa, así como para o seu cálculo dos efectivos e importes financeiros, tomarase en consideración o disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014
De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
Este requisito exceptúase para as entidades públicas locais, así como para os beneficiarios das axudas a proxectos non produtivos que sexan elixibles ao abeiro do disposto no capítulo VII destas bases (fichas de elixibilidade).
d) Cumprir os demais requisitos que, en función da tipoloxía de proxectos, se especifican nas fichas de elixibilidade do capítulo VII destas bases.
3. Cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar, en nome e por conta deste, a totalidade ou parte das actividades que fundamenten a concesión da subvención, terán igualmente a consideración de beneficiarios da subvención, polo que tamén deberán cumprir e acreditar os requisitos exixidos para cada tipo de beneficiario.
4. Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia.
Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
Tampouco poderán ser beneficiarias de axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as empresas que operen no sector da pesca, da acuicultura e/ou da transformación e comercialización de produtos pesqueiros.

PROGRAMA DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHAVITA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Finalidade
1. As subvencións do Programa do bono de alugueiro social están destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:
a) Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estaren inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
b) As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
c) Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
d) Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, rematasen o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono de alugueiro social.
e) Aquelas que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da entrada en vigor desta orde.
f) Aquelas a que, por concorreren circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
2. De conformidade co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, estas axudas concederanse polo procedemento de concorrencia non competitiva, a través de convocatoria pública, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que estean empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia durante, polo menos, os 12 meses anteriores á data da presentación da solicitude da axuda.
b) Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente.
d) Que a renda do contrato de arrendamento que se subvencione non supere os importes sinalados no artigo 6.
e) Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, computados conforme establece o artigo 4, sexan inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples.
f) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata segundo grao, coa persoa arrendadora. Esta mesma exixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios ou partícipes.
g) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto. Exceptúase o caso de que, dispoñendo dela, non a use e desfrute ou se trate dunha vivenda insuficiente ou inadecuada, por razóns de habitabilidade e mobilidade.
Para os efectos anteriores:
– Considerarase unha vivenda insuficiente aquela en que a cada ocupante lle correspondan menos de 10 m2 de superficie útil. Non se computará neste suposto a superficie correspondente a baños, corredores e tendais.
– Considerarase vivenda inadecuada por razóns de habitabilidade aquela que se atope en situación legal de ruína, así como aqueloutra que teña deficiencias que afecten de forma notoria a súa habitabilidade.
– Considerase vivenda inadecuada por razóns de mobilidade aquela que pola súa configuración arquitectónica e/ou accesos implique unha grave perda de funcionalidade para unha persoa con mobilidade reducida.
h) Que non poden ser arrendatarias de vivendas xestionadas polo IGVS.
i) Que os membros da unidade de convivencia estean ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Ademais, non deben estar incursos en ningún dos outros supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. No caso de persoas afectadas pola interposición dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no número 1 do artigo 3 da orde, os seguintes:
a) Que entre a comunicación da interposición da demanda e a presentación da solicitude da axuda non transcorresen máis de 6 meses.
b) Que o contrato de arrendamento que motivou o procedemento de desafiuzamento tivese unha duración superior aos 12 meses.
3. No caso de mulleres pertencentes ao colectivo de vítimas de violencia de xénero, deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no número 1 do artigo 3 da orde, os seguintes:
a) Que a situación de violencia de xénero se producise no seo dunha relación de convivencia.
b) Que teña cesado a dita convivencia dentro dos doce meses anteriores á presentación da solicitude.
c) Que na data de presentación da solicitude leven residindo polo menos dous meses nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para mulleres que sofren violencia de xénero e adscrito a unha Administración pública.
d) Que o documento acreditativo da situación de violencia sinalado no artigo 9 desta orde fose emitido dentro dos 6 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
e) Que a orde de protección ou calquera outra medida cautelar adoptada estea vixente na data de presentación da solicitude e se manteña na data da resolución desta axuda.
4. No caso de unidades de convivencia privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc., ademais dos requisitos sinalados no número 1 do artigo 3 da orde, será necesario que a circunstancia imprevisible e sobrevida acaecese dentro dos 6 meses anteriores á presentación da solicitude.
5. No caso de unidades de convivencia que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do alugamento de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, rematasen o período de desfrute desta axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono de alugueiro social, deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no número 1 do artigo 3 da orde, os seguintes:
a) Que non se lles interpuxese unha demanda por danos causados na vivenda alugada a través do citado programa.
b) Que non teñan débedas derivadas de subministracións dos recibos de auga, electricidade e/ou gas da vivenda alugada a través do Programa Aluga por un período superior aos dous meses.
6. No caso de unidades de convivencia que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do seu contrato, ademais dos requisitos sinalados no número 1 do artigo 3 da orde, será necesario que entre a finalización do contrato de arrendamento e a presentación da solicitude de axuda non transcorresen máis de tres meses.
7. No caso de unidades de convivencia en que, por concorreren circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa, ademais de cumprir os requisitos sinalados no número 1 do artigo 3 da orde, será necesario que a circunstancia excepcional que motiva a proposta de adxudicación da comisión de seguimento e coordinación do Programa de vivendas baleiras resulte acreditada en virtude do informe dos servizos sociais do respectivo concello a que se refire o número 10. X) do artigo 9.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgote a partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o día 20 de novembro de 2017.

martes, 17 de enero de 2017

BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN DIVERSAS ÁREAS DURANTE 2017-2018

AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas durante os anos 2017-2018 e se procede á súa convocatoria.

Obxecto
As bolsas en oficinas de turismo permitiranlles ás persoas tituladas acceder a prácticas tuteladas co fin de actualizar e mellorar os seus coñecementos e as habilidades en materias vinculadas co turismo. A bolsa correspondente á Área de Estudos e Investigación da Axencia Turismo de Galicia permitiralles aos titulados/das en diversas materias ampliar a súa experiencia e os coñecementos sobre o turismo de Galicia no campo da investigación e análise de datos deste mercado.
Persoas beneficiarias
Bolsas de formación en oficinas de información turística (8 bolsas) para promoción e información turística: titulados/das con nacionalidade española ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que posúan a titulación Grao en turismo; Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas; Técnico Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos ou titulación homologada equivalente. Deben posuír un certificado B1 ou superior do Marco Común de Referencia para as Linguas.
Bolsas de formación na Área de Estudos e Investigación: bolsa A, especialidade de estatística (1 bolsa) para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística: titulados/as con nacionalidade española ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que posúan calquera titulación superior.
Para calquera das dúas modalidades de bolsa, as persoas beneficiarias deben ter obtido a titulación nos catro anos naturais inmediatamente anteriores á finalización do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria e deben estar en posesión do título Celga 4 de lingua galega.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN OFICINAS DE TURISMO EN MERCADOS EMISORES

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
O obxecto das bolsas é fomentar o perfeccionamento profesional dos/das bolseiros/as mediante a realización de prácticas formativas de especialización en mercados turísticos emisores nas oficinas de Turespaña situadas nas cidades de Londres, París, Berlín, Os Ánxeles e São Paulo, con suxeición ao plan de formación que se lles entregará ao comezo das súas prácticas e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.
Persoas beneficiarias
Bolsas de formación práctica especializada en mercados emisores, en réxime de concorrencia competitiva, nas cidades de Londres, París, Berlín, Os Ánxeles e São Paulo (cinco bolsas). Os solicitantes deberán estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes dun grao universitario ou titulación homologada equivalente (calquera). As titulacións deben estar finalizadas nos catro anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de presentación das solicitudes da convocatoria. Os solicitantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
As persoas beneficiarias deberán acreditar o dominio oral e escrito da lingua oficial do país de destino:
– Acreditarase cun certificado B2 ou superior do Marco común europeo de referencia para as linguas para os destinos de Londres, Berlín, Os Ánxeles e París.
– Acreditarase cun certificado B1 ou superior do Marco común europeo de referencia para as linguas para o destino de São Paulo.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIONS PARA PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


 Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, coa finalidade de que poidan acadar unha maior autonomía e independencia para mellorar a súa situación persoal, social e laboral, mediante o apoio a programas de recursos integrais de atención personalizada e especializada que respondan a un dos seguintes tipos:
a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.
b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade, pertencentes a un ou varios colectivos en que concorra a dita situación.
Son subvencionables os gastos e as actuacións realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na convocatoria as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que teñan domicilio social ou delegación en Galicia e que estean inscritas na Área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

lunes, 16 de enero de 2017

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA O FINANCIAMENTO DE ACTIVIDADES DE DEMOSTRACIÓN E ACCIÓNS DE INFORMACIÓN PARA O SECTOR AGROFORESTAL E AGROALIMENTARIO

AXUDAS AO ALUMNADO UNIVERSITARIO DO SUG NO CURSO 2016-17

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula no curso académico 2016/17.
Persoas beneficiarias
O alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE número 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.



SUBVENCIÓNS A TRAVÉS DO TÍCKET ELÉCTRICO SOCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 euros/ano).
Persoas beneficiarias
Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia no superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 euros/ano).
Prazo de presentación de solicitudes
Comezará o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de xullo de 2017.

viernes, 13 de enero de 2017

CORRECCIÓN DE ERROS.- LIÑAS DE APOIO AO ACCESO E ADECUACIÓN DO FINANCIAMENTO DAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA RE-SOLVE 2017

AXUDAS DE COMPENSACIÓN COMPLEMENTARIAS E AXUDAS PARA A REPOSICIÓN DOS ANIMAIS EN EXPLOTACIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2017:
1. As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nas explotacións de gando bovino e de gando ovino e cabrún, rexistradas en Galicia, con motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levados a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.
2. As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teñan por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados e os casos de morte/sacrificio deses animais en consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.
2. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
3. As persoas solicitantes das axudas establecidas nesta orde, para seren beneficiarias delas, deberán ter a condición de pemes, de acordo co disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
4. No cumprimento do artigo 1.6.b) ii) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, as pemes beneficiarias do presente réxime de axudas non terán a consideración de empresas en crise, segundo a definición destas establecida no artigo 2.14 deste regulamento, agás que a empresa se convertese nunha empresa en crise por mor dos danos ou perdas causadas polas enfermidades animais recollidas na lista da Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) ou nos anexos I e II do Regulamento (UE) nº 652/2014 do Parlamento Europeo e do Consello.
 Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación, será desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de novembro de 2017, incluíndo ambas as dúas datas no cómputo do prazo.

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE ATENCIÓN SOCIAL INTEGRAL DIRIXIDOS A PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXPLOTACIÓN SEXUAL E/OU LABORAL.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


 Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar para o ano 2017 as subvencións ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas.
Beneficiarias
Poderán ser destinatarias das subvencións para o desenvolvemento das actuacións reguladas nesta convocatoria as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e requisitos exixidos nesta resolución e a normativa xeral de subvencións, e de xeito particular deben cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
b) Carecer de ánimo de lucro.
c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Cumprir os requisitos e condicións establecidos nesta resolución e na normativa xeral de subvencións.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.



AXUDAS PARA ACCIÓNS SILVÍCOLAS DE PREVENCIÓN DE DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E PARA INCREMENTO DA CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN E DO VALOR AMBIENTAL DOS ECOSISTEMAS FORESTAIS.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva, a través de dúas liñas de axuda.
2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención, que se corresponden co procedemento MR605A, son as seguintes:
a) Liña I: axudas para realizar prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas, coa finalidade de prevención de incendios.
b) Liña II: axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques.
3. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1.c), 21.1.d), 24 e 25 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC).
2. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
3. Unha mesma persoa poderá solicitar unha ou varias liñas de axuda se non coinciden na mesma superficie.
4. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poderen acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda. Así mesmo, deberán ter presentadas as comunicacións dos ingresos e reinvestimentos no prazo establecido no capítulo III do Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal.
6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:
a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise, salvo que cumpran a condición establecida na letra c).
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non están en situación de crise conforme a normativa comunitaria e comprobarase a veracidade desta declaración nos controis sobre o terreo que se realicen.
7. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Intensidade da axuda
A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 %. A axuda calcularase sobre o custo real do investimento determinado no correspondente proxecto técnico e tendo en conta o anexo VIII en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada tipo de actuación.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de corenta e cinco días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXÍAS FORESTAIS, PROCESAMENTO, MOBILIZACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


 Obxecto
1. Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento, transformación e comercialización dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais), a excepción dos referidos no artigo 5 das bases reguladoras. Os investimentos destinados a biomasa e outros produtos forestais distintos da madeira só serán subvencionables cando estes produtos teñan a súa orixe e se recollan no monte. No caso de produtos forestais alimentarios, poderanse subvencionar unicamente investimentos de recolla e manexo no monte. Os investimentos subvencionables deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de axuda nin antes de que se realice a inspección comprobatoria a que se fai referencia no artigo 12 das bases reguladoras.
Poderá ser obxecto de axuda a implementación de plans empresariais con criterios de xestión forestal sustentable e as cadeas de custodia dos sistemas de certificación forestal, excluída a adquisición de maquinaria.
2. Estas axudas serán compatibles con outras que non teñan fondos da Unión Europea ata un máximo de axuda global do 50 % do custo do investimento.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes) do sector forestal radicadas en Galicia. Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
2. Deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
1. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70 % do importe deste.
2. Vendas por importe superior ó triplo do investimento (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
3. Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
4. Contratos de venda ou de prestación de servizos por importe superior ao investimento.
5. Estudo de viabilidade asinado por un profesional cualificado.
b) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este e unha declaración xurada do solicitante de que a empresa cumpre coa normativa ambiental.
c) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e un contrato de prevención de riscos laborais.
d) Deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na data do fin do prazo de solicitude. As empresas con instalacións fixas deberán estar inscritas no Rexistro Industrial na anterior data.
e) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao final do prazo concedido para xustificar o investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas axudas inferiores a 60.102 euros. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se for o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.
f) Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, número 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. Conforme este regulamento, unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:
1. Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
2. Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
3. Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia a pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida no punto 3º.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria; a veracidade desta declaración comprobarase nos controis sobre o terreo que se realicen.
g) Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
h) Deberán estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
4. Así mesmo, as persoas beneficiarias deben cumprir os seguintes requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Non incorrer nalgunha das circunstancias seguintes:
b) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
c) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
d) Ter dado lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
e) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non acharse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
h) Ter sido sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo esta lei ou a Lei xeral tributaria.
i) Non poderán acceder á condición de persoas beneficiarias as agrupacións previstas no segundo parágrafo do número 3 do artigo 8 da Lei 9/2007 cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
j) En ningún caso poderán obter a condición de beneficiarias as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
k) Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por térense atopado indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, en tanto non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de corenta e cinco días, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL EN DETERMINADAS UNIDADES DE COMPETENCIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto e ámbito de aplicación
O obxecto desta orde é realizar a convocatoria e establecer o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, mediante a acreditación de unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Estrutura organizativa
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa será a encargada da organización e do desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias adquiridas pola experiencia laboral e por vías non formais de formación, a través da Subdirección Xeral de Formación Profesional.
Lugar de realización (sedes)
O desenvolvemento do proceso terá lugar nos centros integrados de formación profesional (CIFP) recollidos no anexo II desta orde.
Convocatoria do procedemento
1. As unidades de competencia e o número de prazas obxecto desta convocatoria, así como a súa relación cos títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade, son os recollidos no anexo I desta orde.
2. A convocatoria será publicada integramente no Diario Oficial de Galicia, e un extracto no BOE.
Requisitos de participación no procedemento
1. Para acceder a este procedemento, os candidatos e as candidatas deberán cumprir os requisitos seguintes:
a) Posuír a nacionalidade española, atoparse incluido como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito da aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE, ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter feitos no momento de realizar a inscrición 18 anos, para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I, e 20 anos, para as unidades de competencia de nivel II e III.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.
c.1) No caso de experiencia laboral, xustificaranse polo menos tres (3) anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III, e para unidades de competencia de nivel I, xustificaranse, cando menos 2, anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
c.2) No caso de formación, xustificaranse polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos en que os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que se pretendan acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.
d) As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou estar realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición. Tampouco poderán estar en posesión dun título de formación profesional ou dun certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita. Ademais, non poderán estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración u organismo público, conducente a acreditación das mesmas unidades de competencia. Para todo isto presentarán declaración responsable que farán constar na solicitude.
2. As persoas maiores de 25 anos que cumpran os requisitos de experiencia laboral ou formativa indicados no número anterior e que non poidan xustificalos mediante os documentos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento, sempre e cando presentasen a xustificación mediante algunha proba admitida en dereito, da súa experiencia laboral ou das aprendizaxes non formais de formación. A comisión de coordinación recollida no artigo 5 da presente orde será a encargada de estudar estes casos, e emitirá un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva como solicitante na correspondente sede.
Presentación de solicitudes e inscrición
1. As solicitudes deberán presentarse en papel na secretaría do centro integrado de formación profesional (CIFP) onde se vaia desenvolver o procedemento segundo o recollido no anexo II desta orde. A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion. A solicitude, conforme o modelo que figura como anexo III desta orde, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para a súa presentación, xunto coa documentación indicada na solicitude. Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo alegados e dos requisitos de participación no procedemento segundo o establecido nos artigos 6 e 7 desta orde cargaranse tamén na dita aplicación informática.
En caso de enviarse por correo, o envío da solicitude, deberá ser certificado, co selo de Correos no encabezamento da primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á finalización do prazo de presentación. Deberase xuntar copia compulsada da documentación que se precise.
De non presentar a solicitude e documentación consonte o establecido anteriormente, as solicitudes serán excluídas do proceso de admisión.
2. Os solicitantes que participaron en convocatorias anteriores dentro dos últimos cinco anos, e pasaron á fase de asesoramento e/ou de avaliación ou quedaron como reservas por non dispor de prazas vacantes, de participar na presente convocatoria e na mesma sede non terán que presentar a documentación xa achegada. Tamén poderán acollerse na aplicación informática á opción de recuperar os datos cargados para actualizalos, ou cargar unha solicitude de novo.
3. O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017, ambos os dous incluidos.