viernes, 23 de septiembre de 2016

PROGRAMA DE PRÉSTAMOS CUALIFICADOS PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar o programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas e establecer as bases reguladoras das axudas deste programa.
Actuacións protexibles polo programa de préstamos cualificados
1. Serán actuacións susceptibles de acollerse ao programa de préstamos cualificados as previstas no anexo II desta orde.
No caso de obras consistentes no remate en edificios ou vivendas cuxos paramentos de fachada e/ou cubertas non estivesen rematadas, deberanse cumprir as seguintes condicións para acceder ao programa:
a) Incluír o remate de todas as fachadas e/ou cubertas da edificación.
b) Xustificar que a edificación ten unha antigüidade mínima de dez anos e que foi habitada durante un mínimo de cinco anos.
2. Non se poderán acoller a este programa as obras que afecten elementos decorativos, ornamentais ou instalacións ou reforma de mobiliario, electrodomésticos ou similares.
3. As actuacións deberán axustarse ao proxecto de execución das obras presentado coa solicitude ou, de ser o caso, á memoria subscrita polo/a técnico/a competente e deberán dispor de licenza municipal ou, de ser o caso, someterse ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, así como dispoñer de todas as autorizacións sectoriais preceptivas.
4. No caso de realizarse actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva, será requisito necesario contar co correspondente informe de avaliación de edificios, cuxo contido debe axustarse ao modelo tipo previsto no anexo II do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, así como co acordo validamente adoptado da comunidade de propietarios/as ou agrupación de comunidades de propietarios/as.
5. As obras de rehabilitación non poderán estar iniciadas no momento de presentar a solicitude das axudas.
 Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble. Non obstante, no caso de actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as só poderán ser beneficiarias as persoas que sexan membros da dita comunidade e en función da súa porcentaxe de participación nas obras, todo isto sen prexuízo do sinalado no artigo 4.3.
2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas propietarias de locais, agás os casos en que se pretenda a súa conversión en vivenda.
3. Para acceder aos préstamos, os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non deberán superar 6,5 veces o indicador público de rendas de efectos múltiples (en diante, IPREM), definido no Real decreto lei 3/2004, do 25 de xuño, para a racionalización da regulación do salario mínimo interprofesional e para o incremento da súa contía, que se considera unidade de medida para a determinación da contía dos ingresos das unidades de convivencia, no seu cómputo anual, incluídas as dúas pagas extras.
Para estes efectos, entenderase por unidade de convivencia o conxunto das persoas que habitan e gozan dunha vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares.
3. Para poder acollerse ás axudas económicas directas os ingresos non poderán ser superiores a 5,5 veces o IPREM.
4. Non poderá obter a condición de persoa beneficiaria quen incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

jueves, 22 de septiembre de 2016

SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DAS BOLSAS ÁS PERSOAS NOVAS QUE REALIZAN PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas das persoas novas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que realizan prácticas non laborais nestas empresas.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con persoas novas para a realización de prácticas non laborais.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas comezará o día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG e rematará o 15 de novembro de 2016.

miércoles, 21 de septiembre de 2016

BOLETÍN SEMANAL PARA A XUVENTUDE

CORRESPONDENTES XUVENÍS 3.0

Iniciamos o programa Correspondentes Xuvenís 3.0 curso 2016/2017, para todos/as as persoas que participastes o curso pasado e tamén para os que non o fixestes pero vos apetece apuntarvos agora.

Para inscribiros en Correspondentes Xuvenís tendes dúas opción:

- a través do Plan Proxecta da consellería de Educaciónque se publica hoxe no DOG
- directamente coa Dirección Xeral de Xuventude

Neste enlace podedes encontrar información do programa:

http://xuventude.xunta.es/2016091920704/xuventude-dentro-do-plan-proxecta.html

jueves, 15 de septiembre de 2016

AXUDAS PARA A MATRÍCULA NUN MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL, DESTINADAS A TITULADOS UNIVERSITARIOS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO, CURSO 2016-17

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Persoas beneficiarias
Personas desempregadas con titulación universitaria matriculadas no curso 2016/17 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia
Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

RELACIÓN ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, DATAS, LUGAR E HORARIOS PROBAS OBTENCIÓN E RENOVACIÓN CERTIFICADO PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS POR ESTRADA E FERROCARRIL

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


En sesión do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante Resolución do 24 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 9 de xuño), acordouse, de conformidade co disposto nas bases sexta punto 5 e oitava punto 1 da mencionada resolución:
Primeiro. Facer pública a relación definitiva de admitidos e excluídos para a realización das mencionadas probas e proceder á exposición pública da referida lista definitiva na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais da dita consellería, na Dirección Xeral de Mobilidade.
Segundo. As correspondentes probas terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.
Os ditos exercicios realizaranse na data e nos horarios que a seguir se indican:
– Martes 18 de outubro de 2016.
Modalidade por estrada: certificado de conselleiro de seguridade ADR.
Obtención todas as clases: 15.15 horas.
Renovación todas as clases: 16.15 horas.
Obtención clase 1: 15.15 horas.
Renovación clase 1: 16.15 horas.
Obtención clase 2: 15.15 horas.
Renovación clase 2: 16.15 horas.
Obtención clase 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 17.15 horas.
Renovación clase 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 18.15 horas.
Obtención materias líquidas: 19.15 horas.
Renovación materias líquidas: 20.15 horas.
Modalidade por ferrocarril: certificado de conselleiro de seguridade RID.
Obtención todas as clases: 17.15 horas.
Renovación todas as clases: 18.15 horas.
Terceiro. Para os efectos de proceder á realización dos correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.
Cuarto. Os interesados serán convocados para cada exercicio en chamamento único, resultando excluído da súa realización quen non compareza.
Quinto. Os aspirantes excluídos por non comparecer no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.
Sexto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En caso contrario, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.
Sétimo. Os interesados deberán levar bolígrafo e, para a realización do suposto práctico, poderán ir provistos do ADR ou RID e de máquina calculadora sen memoria RAM.

miércoles, 14 de septiembre de 2016

AXUDAS A PROGRAMACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS EFECTUADAS POLAS ENTIDADES COLABORADORAS DESTA CONSELLERÍA PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN MATERIA DE APLICADOR/ MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


 Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas cales se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas para a programación de accións formativas efectuadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua en materia de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao exercicio de 2016.
2. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.
 Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas as entidades colaboradoras, públicas ou privadas, inscritas no rexistro administrativo de entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural, que presten servizos de formación continua en materia de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Só serán elixibles aqueles cursos de formación e capacitación dirixidos a impartir formación de base en materias relacionadas coa aplicación/manipulación de produtos fitosanitarios.
 Prazo de presentación das solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes remata nun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

martes, 13 de septiembre de 2016

SUBVENCIÓNS ÁS ORGANIZACIÓNS AGRARIAS PARA ACTIVIDADES DE INTERESE AGRARIO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.
Persoas beneficiarias
Serán beneficiarias as organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións a cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002 segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA OS AGRICULTORES MOZOS E CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL NOS CULTIVOS AGRICOLAS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO


Obxecto
Compensar os danos causados polo xabaril nos cultivos agrícolas, que sexan comunicados desde a entrada en vigor desta orde ata o 10 de outubro de 2016.
Beneficiarios/as
Toda persoa que exerza a actividade agraria e estea inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) como titular dunha explotación, e as explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo onde se constatasen os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.
Outros datos
Comunicar o dano, no prazo máximo dos tres días seguintes a aquel en que se produciu, chamando ao teléfono 012 das 8.00 ás 20.00 horas de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 horas os sábados.
O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha mesma persoa beneficiaria antes da colleita.

jueves, 8 de septiembre de 2016

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS A PROXECTOS DE FORMACION INDUSTRIA 4.0

SUBVENCIÓNS PROXECTOS REDES DISTRIBUCION ENERXÍA TÉRMICA CON EQUIPAMENTOS DE XERACIÓN CON BIOMASA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións de equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible cun esquema de funcionamento baseado nunha xeración térmica centralizada e nunha distribución desta enerxía aos puntos de consumo mediante redes.
Beneficiarias
a) As entidades locais de Galicia e entidades delas dependentes.
b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) As universidades do Sistema universitario galego.
d) As entidades sen ánimo de lucro.
e) As empresas legalmente constituídas.
Poderá existir unha diferenciación entre o titular da instalación solicitada e a titularidade dos centros consumidores de enerxía. Nestes casos, se o solicitante forma parte do sector público, deberase xustificar o desenvolvemento do proxecto con convenios ou acordos asinados cos titulares dos centros consumidores de enerxía, e acadar o 50 % do consumo enerxético previsto na súa solicitude. Por outra banda, o solicitante tamén poderá ser unha empresa de servizos enerxéticos que subministre enerxía térmica a distintos consumidores (sector público, empresas, residencial, entidades sen ánimo de lucro…).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no DOG.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

SUBVENCIÓNS PROXECTOS REDES DISTRIBUCION ENERXÍA TÉRMICA CON EQUIPAMENTOS DE XERACIÓN CON BIOMASA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións de equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible cun esquema de funcionamento baseado nunha xeración térmica centralizada e nunha distribución desta enerxía aos puntos de consumo mediante redes.
Beneficiarias
a) As entidades locais de Galicia e entidades delas dependentes.
b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) As universidades do Sistema universitario galego.
d) As entidades sen ánimo de lucro.
e) As empresas legalmente constituídas.
Poderá existir unha diferenciación entre o titular da instalación solicitada e a titularidade dos centros consumidores de enerxía. Nestes casos, se o solicitante forma parte do sector público, deberase xustificar o desenvolvemento do proxecto con convenios ou acordos asinados cos titulares dos centros consumidores de enerxía, e acadar o 50 % do consumo enerxético previsto na súa solicitude. Por outra banda, o solicitante tamén poderá ser unha empresa de servizos enerxéticos que subministre enerxía térmica a distintos consumidores (sector público, empresas, residencial, entidades sen ánimo de lucro…).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no DOG.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

SUBVENCIÓNS REALIZACIÓN AUDITORÍAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN, MOBILIDADE ALTERNATIVA E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DO SECTOR INDUSTRIAL E DE SERVIZOS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
A realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial e de servizos
Beneficiarios
1. As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos ou da industria. Para os efectos desta resolución consideraranse sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, K, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industria serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D do CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
2. As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e cando o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no DOG.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e na páxina web do Inega (www.inega.es).
Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

miércoles, 7 de septiembre de 2016

MODIFICACIÓN DAS AXUDAS PARA O ESTABLECECEMENTO DE SISTEMAS AGROFORESTAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Artigo único

Modifícanse os artigos 17, 18 e 21, da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016, que queda redactado como segue:

Artigo 17.1 «Na resolución de concesión, indicarase o prazo para a execución dos traballos que, con carácter xeral, non será inferior a dous meses. A data límite de xustificación da subvención será o 30 de decembro para a anualidade de 2016 e o 15 de xuño para a anualidade de 2017».

Engádeselle a alínea k) ao artigo 18.3, que queda redactada como segue:

«Poderán realizarse pagamentos á conta que se aboarán por contía equivalente á xustificación presentada.

De acordo co suposto previsto no artigo 65 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios destas axudas cun importe subvencionado superior aos 18.000 € deberán constituír unha garantía bancaria ou unha garantía equivalente que corresponda ao 110 % do importe do pagamento á conta. A dita garantía liberarase cando a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal comprobe que o beneficiario cumpre todos os requisitos exixidos na convocatoria para o pagamento da axuda e o importe dos gastos considerados finalmente como elixibles supera o importe do pagamento á conta».

No artigo 21 modifícanse os puntos seguintes:

«21.1. As accións previstas nesta orde financiaranse do seguinte xeito:

Ano 2016: con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.713B.770.0 por un importe de 264.042,70 €.

Ano 2017: con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.713B.770.0 por un importe de 2.376.384,30 €.

21.2. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. No suposto de procederse á dita ampliación, terase en conta o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia».

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


viernes, 2 de septiembre de 2016

PROGRAMA IGNICIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2016 pola que se establecen as condicións xerais do Programa Ignicia proba de concepto e se procede á súa convocatoria.

 Convocatoria e condicións xerais
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as condicións xerais polas que se rexerá o Programa Ignicia proba de concepto, que ten como finalidade poñer en valor e apoiar o desenvolvemento das aplicacións comerciais da investigación xerada polos centros de coñecemento, de acordo co previsto no artigo 31 da Lei galega 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación.
Constitúese, polo tanto, cos seguintes obxectivos:
a) Facilitar a transferencia de resultados de investigación desde organismos de investigación ao mercado.
b) Acelerar e aumentar os éxitos nos procesos de transferencia tecnolóxica.
c) Contribuír á rendabilización económica e social do investimento público en investigación.
d) Internacionalizar a función de transferencia na tecnoloxía.
e) Detectar cedo proxectos con potencial innovador e de mercado.
2. Así mesmo, por medio desta resolución, procédese á súa convocatoria para o ano 2016 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento INXXX).
Solicitantes
Poderán ser promotores de proxectos e participar na presente convocatoria os organismos de investigación e difusión de coñecementos (públicos e/ou privados sen ánimo de lucro) con centros radicados en Galicia.
Considéranse organismos de investigación e difusión de coñecementos, segundo a definición do artigo 2.83 do Regulamento (UE) nº 651/2014, toda entidade (por exemplo, universidades, fundacións de investigación, centros tecnolóxicos ou de investigación...), independentemente da súa personalidade xurídica ou forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar de xeito independente investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental ou difundir amplamente os seus resultados mediante o ensino, a publicación ou a transferencia de coñecementos; cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos das ditas actividades deberán contabilizarse por separado.
O prazo de presentación de solicitudes será o seguinte:
a) Solicitudes de acceso ao Programa Ignicia proba de concepto (maduración+investimento):
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
b) Solicitudes de acceso exclusivamente á fase de investimento:
Só para aqueles proxectos que participasen con anterioridade noutros programas de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación ou similares, ou ben, aqueles proxectos que presenten un grao de evolución e de maduración que lles posibilite solicitar o acceso exclusivamente á fase de investimento, o prazo para a presentación das solicitudes a esta fase estará aberto ata o 10 de setembro de 2018.

jueves, 1 de septiembre de 2016

PLAN FOEXGA 2016-2017

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
1. Aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape para o desenvolvemento e a execución do Plan de fomento das exportacións galegas (en diante, Plan Foexga), coa finalidade de incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
2. O obxectivo principal do Plan Foexga é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.
3. As actuacións que engloban o Plan Foexga están dirixidas a:
a) Aumentar a base de empresas exportadoras.
b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
c) Conseguir unha maior diversificación tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.
Beneficiarias
As empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que sexan sociedades mercantís que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non seren consideradas empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento núm. 651/2014, da Comisión.
e) Que cumpran a normativa de axudas de minimis segundo o previsto no Regulamento (UE) núm. 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro), para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) núm. 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño) e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro).
f) Que estean ao día nos pagamentos debidos ás cámaras.
g) Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará aos 5 días hábiles despois da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2016 agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

CORRECCIÓN DE ERROS.- BOLSAS PERSOAS COLABORADORAS NA RESIDENCIA DO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA