viernes, 29 de noviembre de 2013

AXUDAS PLAN PRIMEX

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto: facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a presenza non mercados exteriores senón que a incrementes, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, e ampliando o número de países receptores das exportacions galegas e a diversificación dos sectores exportadores.
Prazo de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2014 e rematará o 3 de marzo de 2014.

AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES IGAPEX DE INTERNACIONALIZACIÓN

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA 


Obxecto: Facilitarlles ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados poñendo ao seu alcance axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización empresarial conseguindo ao mesmo tempo , a formación de especialistas en comercio exterior e a súa incorporación ao mercado laboral.
Prazo de solicitude: Desde o 2 de xaneiro de 2014 ata o 3 de febreiro de 2013.

SUBVENCIÓN FINANCIAMENTO DE FORMACIÓN ASOCIADA ÓS CONTRATOS DE FORMACIÓN E APRENDIZAXE

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento da formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe regulados polo Real Decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato de formación e aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, que exceda o 25% da xornada laboral.
Prazo de solicitude: ata o 29 de decembro de 2013.

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS TRABALLADORAS

jueves, 28 de noviembre de 2013

BASES PREMIO OTERO PEDRAYO 2013

BASES PREMIO OTERO PEDRAYO 2013

 Convocatoria 
 1.1. Convócase o Premio “Otero Pedrayo 2013”, dotado con dezaseis mil euros (16.000,00 €), segundo as disposicións do regulamento correspondente. 

1.2. Esta convocatoria corresponde ao ano 2013, de acordo co disposto no regulamento, no que se establece o seu ámbito autonómico e o seu carácter anual; convócaa cada ano unha das deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, por esta mesma orde. 

1.3. Atendendo ás razóns expostas, a convocatoria e a concesión do premio, na edición de 2013, atribúeselle á Deputación de Pontevedra, que consignará na aplicación 13/330.334.461.00 do seu orzamento de gastos o importe do premio (16.000,00 €) mais os gastos correspondentes á súa organización, e no de ingresos, as sumas que deberán achegar cada unha das demais deputacións de Galicia, cotitulares do premio, cunha contía de 2.000,00 €, e a Xunta de Galicia, con 8.000,00 €. 

 Obxecto do premio 
 - Perpetuar e honrar a memoria da persoa egrexia no campo das letras e do coñecemento 
- Premiar un labor que constituía unha contribución eminente á cultura galega 
- Promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións 

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA EMEGA 2013

martes, 26 de noviembre de 2013

3 BOLSAS FORMATIVAS MUSEO PROVINCIAL LUGO


OBXECTO E FINALIDADE. 
 Por medio destas bases establécense os criterios reguladores para proceder á convocatoria de tres bolsas 
formativas para colaborar na Rede Museística Provincial de Lugo (RMP) para 2013-2014: 
• “Educador/a de Museos” ao fin de apoiar o deseño, posta en marcha e mailo seguimento do programa de actividades culturais e didácticas da Rede Museística Provincial de Lugo para 2013-2014. 
• “Arquivos/ Biblioteca”, ao fin de colaborar nas tarefas do Departamento de Arquivos e Biblioteca da Rede Museística Provincial con especial incidencia no inventariado e catalogación e informatización dos fondos. 
• Unha bolsa de “Investigación Ceramolóxica” dos materiais castrexos existentes na 
provincia de Lugo.- ao fin de coñecer e investigar unha parte do noso pasado tan importante para o noso país como a época castrexa.
 REQUISITOS XERAIS. 
 a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea. 
b) Estar en posesión da titulación académica requirida. 
c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de iniciación e no de perfeccionamento (celga 4) 
d) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda no momento da notificación 
e) Non ter sido separado/a do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario. 
f) As demais establecidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e aplicables no presente caso. 
 PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES E PRAZO. 
 As solicitudes, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme o modelo oficial que figura nos anexos (I,II para Educador/a de Museos. III,IV para Arquivos e Biblioteca. V,VI para Investigación Ceramolóxica. Anexo VII) respectivamente, debendo dirixila ao Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial de Lugo ou ben a través dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, no prazo de DEZ DÍAZ naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación 
destas bases no Boletín Oficial da Provincia. Igualmente se inserirán no taboleiro de anuncios da Deputación Provincial. 
O modelo de solicitude estará a dispor dos interesados na Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico, e tamén na páxina web da Deputación de Lugo (Servizo de Cultura ) e no Museo Provincial de Lugo 

viernes, 15 de noviembre de 2013

CONVOCATORIA PROBAS CUALIFICACIÓN INICIAL CONDUTOR PROFESIONAL DE DETERMINADOS VEHÍCULOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS 


Polo exposto e con sometemento ás bases previstas na Orde do 19 de novembro de 2009, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se establecen as bases e as regras de desenvolvemento das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional  de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, convócanse, por medio desta resolución, as probas que se van realizar no ano 2014.
Realizaranse nove convocatorias para as categorias: D1, D1+E, D, D+E, C1, C1+E, C, C+E.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓN PARA CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN NOS CENTROS TECNOLÓXICOS CONSOLIDADOS

MODIFICACION.- SUBVENCIÓN PARA CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN NOS CENTROS TECNOLÓXICOS NON CONSOLIDADOS

martes, 12 de noviembre de 2013

CONVOCATORIA PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto e ámbito de aplicación: Esta resolución ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 500 prazas
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 500 prazas
- Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 100 prazas
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 300 prazas
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas
- Información Xuvenil (SSC567_3): 100 prazas.