miércoles, 30 de mayo de 2012

 
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
ObxectoA concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións de mellora dos campamentos de turismo en Galicia.
Consideraranse proxectos subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2012 e que se encadren nas liñas seguintes:
Liña A) Actuacións relativas á xestión ambiental. - Proxectos relativos á renovación, tecnificación e innovación dos campamentos de turismo que conduzan á implantación de sistemas de protección e mellora ambiental, tales como: mellor uso e depuración de augas, xestión enerxética, emisións atmosféricas, xeración e tratamento de residuos sólidos e non sólidos, contaminación acústica, substitución de materiais, etc.
Liña B) Actuacións relativas á modernización de instalacións e mellora da oferta complementaria.
- Proxectos de accesibilidade: adaptación dos espazos e instalacións do campamento ás normas de accesibilidade física e sensorial.
- Proxectos de modernización e remodelación das instalacións existentes, así como a substitución de equipamentos obsoletos.
- Proxectos de remodelación da oferta complementaria existente e creación de nova oferta, especialmente relacionada co turismo familiar (oferta de gardarías infantís ou alternativas de lecer e animación para os nenos).
Liña C) Actuacións relativas ao aumento de categoría do establecemento.
- Proxectos dirixidos á implantación de instalacións e servizos que teñan como obxectivo cumprir algún ou varios dos requisitos para o aumento de categoría segundo a escala oficial recollida no Decreto 143/2006, do 27 de xullo, polo que se establece a ordenación dos campamentos de turismo en Galicia.
Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarias das subvencións as pequenas e medianas empresas (pemes) autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención, segundo o establecido no artigo 1 destas bases.
Prazo de presentación: ata 30 de xuño.

SUBVENCION PARA INCENTIVAR O TURISMO MEDIANTE A MELLORA DE ALBERGUES TURÍSTICOS EXISTENTES

CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONS PUBLICAS E XUSTIZA

OBXECTO.- A mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación a entidades privadas para a mellora da infraestrutura e equipamento dos albergues turísticos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:

– Liña A) de axudas destinadas a proxectos de mellora, remodelación ou modernización das instalacións existentes nos albergues turísticos da Comunidade Autónoma.

– Liña B) de axudas destinadas a equipamentos dos albergues turísticos.

SUBVENCIONS A ESTABLECEMENTOS TURISTICOS PARA A OBTENCIÓN OU MANTEMENTO DA MARCA "Q" DE CALIDADE

CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS E XUSTIZA

Aprobar as bases reguladoras que se inclúen como anexo I para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios.

Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas subvencións para o ano 2012.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións da Secretaría Xeral para o Turismo, en réxime de concorrencia competitiva para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Considéranse proxectos subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2012.

SOLICITUDE


miércoles, 23 de mayo de 2012

BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE ARQUIVOS

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Requisitos:

1. Ter licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na que predomine a formación en historia e/ou arquivística.
2. Ter acreditado o dominio da lingua galega a nivel iniciación mediante título oficial.
3. Non ter desfrutado con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria de bolsas dun período de tempo superior a vinte e catro meses (24) en bolsas das convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a organización e descrición de arquivos galegos.
4. Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda.
5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego.

PROGRAMA EMEGA


AXUDAS Á MODERNIZACIÓN DAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS E INCORPORACIÓN DE MOZOS Á ACTIVIDADE AGRARIA

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR
ORDE do 8 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

 Obxecto: establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2012 das seguintes liñas de axuda:
Plans de mellora nas explotacións agrarias.
Poderanse presentar os seguintes tipos de solicitudes, segundo o tipo de investimento elixible:
a) Solicitude dun plan de mellora para a reordenación de superficies de pastoreo para uso en común.
b) Solicitude dun plan de adaptación ás normas mínimas para a protección de porcos. Neste caso so se poderán considerar beneficiarios os titulares de explotacións porcinas que non aprobasen un plan de mellora entre os anos 2002-2011, ambos os dous incluídos.
c) Solicitude de plan de mellora distinto aos das alíneas a) ou b).
Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións ou que pretendan selo e que cumpran os requisitos recollidos nesta orde.
Prazo de solicitude: ata 11 de xuño 2012

jueves, 3 de mayo de 2012

AXUDAS A PEMES PARA PREVENCION, PROTECCIÓN, MELLORA E COÑECEMENTO AMBIENTAL

CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Beneficiarios:
Con carácter xeral, poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan na presente orde as pequenas e medianas empresas (pemes) que, cumprindo o establecido neste artigo, teñan o seu domicilio social ou algún dos seus centros no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e sexa neste mesmo ámbito territorial no que desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención.

Para a realización de estudios de análise de riscos ambientais consideraranse beneficiarios unicamente as pemes que, ademais de cumprir o establecido no punto anterior, desenvolvan algunha das actividades enumeradas no anexo III da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental.