jueves, 30 de abril de 2015

SUBVENCIÓN PARA IMPLANTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E A IGUALDADE NAS PEMES.

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


 Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o ano 2015, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenas e medianas empresas (en diante, pemes), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para implantar a RSE, e para o fomento da igualdade laboral a través da implantación de plans de igualdade, da procura da conciliación da vida familiar e laboral, ou da eliminación da infrarrepresentación feminina.
Liñas e programas
1. Esta orde cobre as accións que se realicen entre o día 1 de xaneiro e o 15 de setembro de 2015.
2. As actuacións subvencionables desagréganse nas liñas I e II, e nos programas que se especifican a continuación:
a) Liña I. Axudas para implantar a RSE nas empresas galegas.
Mediante esta liña subvencionarase a formación do persoal das empresas para a adecuada elaboración dunha memoria de RSE.
b) Liña II. Axudas para o fomento da igualdade laboral.
Esta liña estrutúrase en tres programas:
1º. Programa 1. Axudas para a implantación de plans de igualdade nos termos e nos ámbitos definidos na Lei 2/2007, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa. Polo tanto, este programa non será de aplicación ás empresas coa obriga legal de implantar plans de igualdade segundo o establecido no artigo 45.2 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo.
2º. Programa 2. Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.
3º. Programa 3. Axudas para investimentos tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.
Requisitos xenéricos das empresas beneficiarias desta orde
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas con domicilio social e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Así mesmo, poderán ser beneficiarias as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que teñan contratado un mínimo dun 10 % do seu persoal en Galicia e, cando menos, dez persoas.
3. As empresas beneficiarias deben reunir as seguintes condicións:
a) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
b) Que conten cun número de persoas traballadoras inferior a 250. Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras no momento da presentación da solicitude.
c) Non ser entidades sen ánimo de lucro.
d) Atoparse ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración xeral da comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como, antes das correspondentes propostas de pagamento.
e) Cumprir todos os requisitos exixidos pola normativa en materia de axudas e subvencións e demais normas de aplicación.
f) Cumprir os requisitos específicos exixidos para cada liña das establecidas nesta orde.
4. En todo caso, nas axudas dos programas cofinanciados con FSE respectaranse as condicións da Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo, e a Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo.
5. As empresas que resulten beneficiarias dos programas desta orde que sexan cofinanciados con fondos europeos deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas de contabilidade nacional. De acordo co artigo 60.d) do Regulamento (CE) núm. 1083/2006, que regula as funcións da autoridade de xestión, a dita autoridade deberá asegurarse, no momento da emisión da resolución, de que as empresas beneficiarias das operacións manteñen o citado sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado.
Prazo de solicitude: ata o 30 de maio de 2015.

LEI 1/2015, GARANTÍA DE CALIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS E DA BOA ADMINISTRACIÓN

miércoles, 29 de abril de 2015

BOLSAS DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

CONSELLO DA CULTURA GALEGA


Obxecto
Esta resolución ten como obxecto aprobar as bases e proceder á convocatoria de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación concretos que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e que se inclúen como anexos a esta resolución, na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.
As bolsas regulamentadas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia. Cada bolsa estará dotada con novecentos cincuenta euros (950,00) por un período de seis (6) meses.
Requisitos xerais
Poderán solicitar estas bolsas ou ser beneficiarios/as delas as persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que para cada bolsa se sinalen nos anexos desta resolución, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.
b) Estar en posesión da titulación académica requirida para a bolsa para a cal presente solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos conducentes a el no curso académico 2010/11 ou posterior.
c) Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega.
d) Non incorrer nalgunha das causas de prohibicións para ser beneficiario/a, ás cales se refire o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 29 de maio de 2015.

lunes, 27 de abril de 2015

SUBVENCIÓN AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quentamento dun fluído mediante equipamentos que utilicen como fonte enerxética a xeotérmica, a aerotérmica ou a solar térmica.
Requisitos e regras xerais
Todos os proxectos deberán cumprir os requisitos seguintes:
1. Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude.
2. Que se desenvolvan no territorio de Galicia, exceptuando as zonas incluídas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Esta información pode ser consultada nos propios concellos ou na web http://www.planeamentourbanistico.xunta.es .
3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para que foron aprobados. En ningún caso se admitirán fases de proxectos.
4. Que sexan viables tecnicamente.
5. Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.
6. Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.
7. Que o promotor do proxecto non teña sido sancionado pola Consellería de Economía e Industria pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.
8. O beneficiario, no caso de pagamento indebido, quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, se for o caso, os xuros. Non se aplicará a obriga de reembolso se o pagamento é froito dun erro da autoridade competente ou doutra autoridade, sen que o beneficiario puidese detectar razoablemente ese erro ( artigo 7.1 e 3 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014).
Con carácter xeral, os supostos de retirada total e parcial da axuda e a imposición de sancións administrativas ao beneficiario veñen reguladas no artigo 63 do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014.
9. O investimento para que a actuación sexa subvencionable deberá superar os 3.000 euros (IVE excluído).
Prazo de solicitude: ata o 27 de maio de 2015.

SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DA FORMACIÓN E DA ACTIVIDADE LABORAL DOS CONTRATOS PARA A FORMACIÓN E APRENDIZAXE

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


 Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a convocatoria pública das subvencións para o financiamento da formación e da actividade laboral asociada aos contratos de formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, que se realicen con mozos e mozas menores de 30 anos, a través dos seguintes programas:
a) Programa de incentivos á formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe (TR301Q).
b) Programa de incentivos á actividade laboral do contrato para a formación e a aprendizaxe (TR349G).
2. As solicitudes, tramitación e concesión das subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 11/2004, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015; no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións, e o seu Regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e ao disposto nesta orde.
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás as entidades da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia para os programas establecidos nos capítulos II e III desta orde de convocatoria.
3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02) en relación coas grandes empresas.
4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
6. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de beneficiario realizarase mediante declaración responsable.
Prazo de solicitude
O prazo para a presentación das solicitudes das axudas establecidas no capítulo II y III comezará o día seguinte ao da publicación da presente orde e rematará:
– Para as empresas, o 30 de setembro de 2015.
– Para as entidades da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia, o 15 de novembro de 2015.

miércoles, 22 de abril de 2015

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR

SUBVENCION ÁS ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS PARA ACTIVIDADES DE INTERESE AGRARIO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto e finalidade
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto establecer a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, da Consellería do Medio Rural e do Mar con cargo aos seus orzamentos, ás organizacións profesionais agrarias para actividades de interese agrario.
2. A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.
Entidades beneficiarias
1. Serán beneficiarias as organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións a cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002, segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego, e nas que concorran as circunstancias previstas nesta orde, e non incorran nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Actividades subvencionables
Serán obxecto de subvención os custos derivados das actividades que se relacionan a seguir, que desenvolverán as organizacións profesionais agrarias con implantación en Galicia:
a) Funcións e actuacións que lles son propias conforme a normativa legal.
b) Funcións ordinarias de xestión interna das organizacións profesionais agrarias.
c) Representación perante as institucións.
d) Participación nos órganos colexiados, comisións, mesas sectoriais que, para a defensa dos intereses dos seus representantes, foron constituídos pola Administración galega.
e) Formación dos asociados e dos seus familiares.
f) Impulso do asociacionismo agrario.
Prazo de solicitude: ata o 22 de maio.

CONCURSO DE INICIATIVAS COOPERATIVAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Finalidade
A finalidade deste concurso é estimular o labor das persoas que interveñen nos procesos de asesoramento e impulso de proxectos empresariais, para que fomenten o cooperativismo como fórmula de desenvolvemento local en Galicia.
Con este obxecto premiaranse as persoas impulsoras das mellores iniciativas de proxectos empresariais organizadas baixo a fórmula cooperativa. Os proxectos terán por obxecto o impulso e aproveitamento integral dos recursos locais no ámbito galego de xeito que poidan incentivar o desenvolvemento local, en xeral, e rural, en particular.
Participantes
1. Poderán participar neste concurso as persoas físicas pertencentes a colectivos tales como axentes de desenvolvemento local, de extensión pesqueira, de extensión agraria, técnicos e técnicas de emprego, de grupos de acción local, das oficinas de fomento cooperativo e da Rede Eusumo, das asociacións de cooperativas, das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Traballo e Benestar, orientadores e orientadoras educativos e laborais, así como persoas asesoras e consultoras de cooperativas. Así mesmo, o concurso estará aberto a todas as persoas físicas, maiores de idade e de calquera nacionalidade, impulsoras de proxectos empresariais cooperativos.
2. Non poderán participar as persoas en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Presentación de proxectos
1. Poderán presentarse proxectos individuais ou colectivos. Cada persoa poderá participar nun só proxecto individual e/ou nun só proxecto colectivo. A participación en máis dun proxecto unicamente será admisible cando sexan proxectos de diferente modalidade (individual e colectiva).
2. A solicitude de participación (anexo I) xunto co proxecto presentaranse na Dirección Xeral de Traballo e Economía Social (Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela).
3. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es .
Presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes e dos proxectos remata o 15 de maio de 2015. Non obstante, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes e os proxectos poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 20 de abril de 2015

AXUDAS ÁS ENTIDADES RECOÑECIDAS COMO AGRUPACIÓNS DE DEFENSA SANITARIA GANDEIRAS DE GALICIA (ADSG)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras para a realización das actuacións sanitarias establecidas no anexo IV da presente orde, e efectuar a convocatoria para a anualidade 2015-2016 de conformidade co establecido no Real decreto 81/2015.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na presente orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.
Quedan excluidas da condición de beneficiarios as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.
b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá como mínimo, o Programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo IV da presente orde.
c) Estar integradas por explotacións de productores gandeiros en actividade, e que as ditas explotacións teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agricola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.
As explotacións que integren as agrupacións deberán estar inscritas no Rexistro xeral de explotacións gandeiras, de acordo co Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras.
d) Estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como cumprir o resto dos requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Non estar suxeitas as explotacións a unha orde de recuperación pendente tras a decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
f) Non ter a consideración de empresa en crise, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestructuración de empresas en crise, de acordo coas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financieiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01, da Comisión, do 31 de xullo de 2014).
Prazo de solicitude: ata o 20 de maio de 2015.

PROBAS DE COMPETENCIA PROFESIONAL DE XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE POR ESTRADA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Primeiro. Os exercicios da primeira convocatoria do ano 2015 das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada terán lugar o 9 de maio de 2015, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, San Lázaro, Santiago de Compostela).
Segundo. Os/as aspirantes que fosen admitidos/as para a realización das probas serán citados/as en chamamento único segundo a seguinte distribución:
a) Transporte interior e internacional de viaxeiros/as: todos eles/as ás 9.00 horas.
b) Transporte interior e internacional de mercadorías:
• Aqueles/as aspirantes cuxa primeira letra do seu primeiro apelido estea comprendida entre as letras A-L (ambas as dúas incluídas): 9.00 horas. Non obstante, todos/as aqueles/as aspirantes incluídos/as nesta relación que estean admitidos/as tamén para as probas de viaxeiros/as quedan convocados/as para as 16.15 horas.
• Aqueles/as aspirantes cuxa primeira letra do seu primeiro apelido estea comprendida entre as letras M-Z (ambas as dúas incluídas): 16.15 horas.
Terceiro. Unha vez situados/as os/as aspirantes dentro da aula, non se permitirá a súa saída, agás no suposto de entrega do exercicio. Non obstante, o tribunal poderá apreciar a concorrencia de circunstancias médicas, como no suposto de mulleres embarazadas, toma de medicamentos, ou similares, que fagan necesario que o/a aspirante teña que ir ao baño.
Cuarto. Os/as aspirantes deberán presentarse provistos/as de DNI en vigor ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, tamén en vigor; a súa falta dará lugar á non admisión do/a aspirante á realización das probas. Recoméndaselles igualmente aos/ás aspirantes que concorran provistos/as da copia da solicitude de admisión e da folla xustificativa do pagamento das taxas de exame.
Así mesmo, deberán dispor dun lapis do número 2 e goma de borrar para realizar o exame, de maneira que se poida efectuar a súa corrección mediante mecanismos automatizados. Poderán tamén levar máquinas calculadoras sen memoria RAM para realizar as operacións matemáticas que resulten necesarias.
Quinto. Non se permitirá o acceso á sala onde se realizarán os exercicios con teléfonos móbiles.
Igualmente, tampouco se permitirá o acceso e tenza de axendas ou outros dispositivos de carácter electrónico, agás o indicado no punto anterior respecto das máquinas calculadoras. Da mesma forma, queda prohibido o acceso con calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización das probas.
Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

viernes, 17 de abril de 2015

PROGRAMA SERVIZO DE VOLUNTARIADO XUVENIL

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2015, e proceder á súa convocatoria para o ano 2015. O dito programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia mozos/as galegos/as para a súa colaboración como voluntarias/os na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten ao abeiro desta convocatoria e dentro das áreas prioritarias ás cales se refire o parágrafo 3 deste artigo.
2. Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
3. Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e entidades locais sempre que a dita acción voluntaria a desenvolvan mozos/as de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos -para os menores 18 anos precísase, ademais, autorización do pai/nai ou titor/a legal-, e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade autónoma de Galicia, prioritaria, pero non exclusivamente, nalgunha das seguintes áreas:
– Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.
– Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.
– Actividades con colectivos en situación de risco.
– Actividades xuvenís.
– Actividades ambientais.
– Actividades relacionadas coa igualdade de xénero.
– Posta en marcha de programas de voluntariado no ámbito familiar por parte das entidades.
4. Os proxectos de acción voluntaria subvencionables deberán ter unha duración comprendida entre 15 e 60 días. As xornadas diarias serán de 6 horas como mínimo, e se son inferiores, sumaranse as horas diarias ata completar xornadas de 6 horas.
5. Os proxectos de acción voluntaria deberán contar cunha descrición exhaustiva conforme o anexo I, así como do número de persoas voluntarias con que se conta para a súa realización e a participación destas no desenvolvemento dos proxectos.
6. Non se subvencionarán máis de 8 persoas voluntarias por proxecto, que deberán manter a súa acción voluntaria durante toda a duración deste. Ao finalizar os proxectos, as persoas voluntarias que participasen neles obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de educación non formal acreditativo da acción voluntaria desenvolvida.
7. As axudas poderán ser solicitadas por máis dunha entidade local conxuntamente baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, ou calquera outra similar...). Tamén poderán solicitar axudas as entidades locais que sexan resultado dunha fusión doutras anteriores. Neste caso, poderanse subvencionar ata un máximo de 20 persoas voluntarias.
8. No caso de que a solicitude a presenten varias entidades locais conxuntamente, os ditos concellos non poderán presentar solicitude de subvención a título individual para o mesmo ou distinto proxecto.
9. Se, por causas xustificadas, expresamente e logo de comunicación, algunha das persoas voluntarias tivese que abandonar o proxecto subvencionable antes de que remate este, terá que ser substituída por outra persoa voluntaria polo tempo restante, pero cada unha delas terá dereito ao aboamento dos gastos correspondentes polo tempo dedicado ao proxecto subvencionable de acordo co punto 4 do artigo 5.
Beneficiarias/os
As/os beneficiarias/os das axudas serán as entidades de acción voluntaria e as entidades locais que realicen proxectos de voluntariado enmarcados no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2015.
Prazo de solicitude: ata o 18 de maio de 2015.

miércoles, 15 de abril de 2015

AXUDAS ÁS EXPLOTACIÓNS PORCINAS QUE XESTIONABAN OS XURROS NO CENTRO TECNOLÓXICO AMBIENTAL ATA O SEU PECHE

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto e ámbito de aplicación
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas para subvencionar as actuacións de transporte e aplicación a campo ou por transporte a un centro de xestión de dexeccións gandeiras ou a un xestor autorizado de residuos, dos xurros das explotacións da Comunidade Autónoma de Galicia que se destinaban ás plantas de secado antes do seu peche, en réxime de rateo en virtude do establecido no artigo 19.3 da Lei 9/2013, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Beneficiarios e requisitos xerais
1. Poden ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras, asociacións de defensa sanitaria, agrupacións de produtores, cooperativas, agrupacións de xestión de xurros, sociedades agrarias de transformación, comunidades de bens e outras entidades que sexan titulares dunha explotación porcina, e que en relación co transporte e aplicación dos xurros producidos na súa explotación entregasen os xurros xerados nela á planta de tratamento de secado antes do seu peche e que cumpran os seguintes requisitos xerais:
a) Non terán a consideración de empresa en crise. No caso de empresas intermedias, a consideración de empresa en crise efectuarase de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01), considerándose que unha empresa intermedia está en crise se concorre polo menos unha das circunstancias a que se fai referencia no punto 20, letras a), b), c) e d) das ditas directrices. Mentres que no caso das pequenas ou medianas empresas, aquelas que entren dentro da categoría de empresas en crise son as que concordan coa definición do artigo 2, número 18) do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.
b) Non poderán ser beneficiarias as persoas que se atopen nas circunstancias sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia. Esta condición poderá xustificarse nos termos sinalados no número 7 deste artigo.
c) Estar inscritas en estado de alta no rexistro de explotacións gandeiras previsto no artigo 3.3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, como explotación de produción e reprodución, así como dispor do correspondente libro de rexistro debidamente actualizado.
d) Achegar declaración responsable de que se cumpre a normativa sectorial mínima correspondente en materia de ordenación, benestar, identificación, sanidade animal, ambiente e hixiene.
e) Dispor das instalacións de almacenamento de xurros necesarias e de acordo coa normativa vixente, en particular co Real decreto 324/2000, do 3 de marzo, polo que se establecen normas básicas de ordenación de explotacións porcinas.
f) Cumprir os requisitos para a consideración de peme conforme o anexo I do Regulamento (CE) núm. 702/2014, da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado.
g) Achegar declaración do beneficiario sobre calquera outra axuda de minimis recibidas durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso (artigo 6.1 do Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro).
h) Achegar declaración doutras axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como pendentes de resolución (para os mesmos gastos subvencionables) das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
Prazo de solicitude: ata o 15 de maio de 2015.

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DE EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto e finalidade
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións que, baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación institucionais, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro sinaladas no artigo 3, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro (BOE nº 307, do 20 de decembro), para a realización de servizos de interese xeral e social, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.
Entidades beneficiarias. Requisitos
1. Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas na presente orde as entidades sen ánimo de lucro, sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Para ser beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter personalidade xurídica e capacidade de obrar e estar debidamente inscritas no correspondente rexistro público.
b) Dispoñer de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.
3. Para os efectos do disposto na letra b) do parágrafo anterior, presumirase que as entidades dispoñen de capacidade técnica e de xestión suficiente cando concorran, cando menos, dúas das seguintes circunstancias:
a) Que dispoñan dun centro de traballo, entendendo por tal unha oficina ou delegación permanente que poida ser habilitada para o efecto, na Comunidade Autónoma de Galicia, distinta da sé social da entidade cando coincida co domicilio das persoas físicas que outorgaran a escritura de constitución e/ou dirixen a entidade, en propiedade, arrendada ou cedida formalmente a esta.
b) Que sexan titulares dun contrato de telefonía fixa no citado local.
c) Que tiveran contratado por conta allea por máis de seis meses algún traballador ou traballadora nos últimos tres anos, sen que se poidan computar os contratados, nese período, mediante as axudas e subvencións correspondentes aos programas e medidas das políticas activas de emprego.
4. Para os efectos do disposto na letra b) do parágrafo segundo e sen prexuízo do inicio das actuacións administrativas que correspondan, de conformidade co disposto na orde de convocatoria que en cada momento resulte de aplicación e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, presumirase que as entidades non dispoñen de capacidade técnica e de xestión suficiente cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Que por mor de denuncias ou reclamacións escritas, se teña constancia do incumprimento por parte da entidade solicitante da obriga de satisfacer ao seu vencemento, as obrigas económicas derivadas do funcionamento dos servizos subvencionados en exercicios anteriores, especialmente as de carácter salarial.
b) Que non tivesen presentado a documentación xustificativa prevista no artigo 16 .2.II.c), en relación co cofinanciamento das axudas polo Fondo Social Europeo, correspondente ás subvencións para o fomento do emprego dos programas de cooperación en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de traballadores desempregados, así como axentes de emprego e/ou unidades de apoio, de exercicios anteriores.
Prazo de solicitude: ata o 15 de maio de 2015.

AXUDAS PARA A CONSERVACIÓN, PROTECCIÓN E MELLORA DAS ÁRBORES E FORMACIÓNS SENLLEIRAS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Obxecto
1. O obxecto desta orde é regular a concesión de axudas ás persoas ou entidades propietarias de árbores e formacións senlleiras para a súa conservación, protección e mellora.
2. Estas axudas tramitaranse baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia polo sistema de rateo, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, son de aplicación os preceptos básicos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, incluíndo os concellos, propietarias das árbores incluídas no anexo I ou formacións incluídas no anexo II do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, e sempre e cando estas árbores e/ou formacións estean incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras con anterioridade á entrada en vigor da presente orde.
2. Só se admitirá unha única solicitude por persoa ou entidade solicitante. Cando unha mesma persoa ou entidade solicitante sexa propietaria de máis dunha árbore e/ou formación senlleira, deberá presentar unha única solicitude que abranguerá todas as árbores e/ou formacións para as que se solicita a axuda.
3. En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou que foran sancionadas por infraccións ao Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras.
Prazo de solicitude: ata o 15 de maio de 2015.

viernes, 10 de abril de 2015

SUBVENCIÓN A SALAS DE ARTES ESCÉNICAS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto, finalidade, principios de xestión e ámbito de aplicación
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o fomento da estabilidade e consolidación das salas de artes escénicas de titularidade privada que desenvolvan programacións artísticas de carácter profesional.
2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou de calquera organismo dependente.
3. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo da actividade subvencionada.
4. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Beneficiarios da subvención
Poderán solicitar as subvencións as persoas físicas ou xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 250 localidades que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2015. Exclúense salas cuxa titularidade pertenza á asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro. O solicitante deberá probar a dispoñibilidade da sala mediante copia da escritura de propiedade, contrato de alugamento ou outros documentos válidos en dereito, e deberá estar en posesión da licenza de apertura da sala para a que solicita a axuda na actividade correspondente.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.
Prazo de solicitude: ata o 11 de maio de 2015.

PROGRAMA INICIATIVA XOVE

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que deberán rexer os procedementos de concesión de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2015, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas, e convocar estas axudas.
Para os efectos desta orde, considéranse áreas de atención prioritarias que se han desenvolver mediante as iniciativas xuvenís as seguintes:
a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que permitan á mocidade concretar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de lecer.
c) Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos.
d) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
e) Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
2. A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Persoas destinatarias
Poderán solicitar a axuda, ao abeiro destas bases reguladoras:
a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e que reúnan os requisitos establecidos no artigo 4 desta orde.
b) As asociacións xuvenís e as entidades que presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.
Requisitos
Para seren beneficiarias da axuda a que se refire esta orde, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos no momento da presentación da solicitude:
1. As asociacións xuvenís e as entidades que presten servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, regulado no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de mocidade, modificado polo Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, e cumprir a legalidade vixente no referente ás idades nas asociacións xuvenís (Real decreto 397/1988).
2. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados, e unha destas persoas asumirá o papel de representante único/a do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario/a, corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique.
Ademais, no caso de grupos informais, as persoas que os compoñan deberán de estar empadroados nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.
3. O incumprimento por parte de calquera dos membros do grupo do requisito da idade ou do empadroamento suporá a inadmisión a trámite da solicitude.
4. Non se admitirá que a mesma persoa forme parte ou que pertenza a outro grupo ou asociación solicitante destas axudas.
5. En ambos os casos é requisito para ser beneficiario/a destas axudas non estar incurso/a en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Será requisito imprescindible para poder solicitar a axuda ter xustificadas debidamente as axudas recibidas no último ano. No caso dos grupos informais, non poderá obter subvención o proxecto presentado por un grupo do cal formen parte mozas ou mozos que o ano anterior participasen nun proxecto subvencionado e non xustificado, aínda que o promotor deste fose un grupo distinto. De todos os xeitos, para a disolución dos grupos deberase ter en conta o disposto no artigo 17.k) desta orde en relación co artigo 8.3 da Lei 9/2007, consonte os artigos 35 e 63 da mesma norma.
Prazo de solicitude: ata o 11 de maio de 2015.

PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 27 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán o procedemento de concesión de axudas enmarcadas no programa Deseñando o teu futuro, e proceder á súa convocatoria para o ano 2015.
2. A finalidade das axudas é financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas en empresas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.
3. Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Beneficiarios/as
1. Poderán solicitar estas axudas, ao abeiro destas bases reguladoras:
A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que lle presten servizos á mocidade, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das entidades que as conforman.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as axudas que regula esta orde. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.
B.I. Ningún concello ou entidade local dos sinalados nos puntos anteriores poderá:
a) Presentar a solicitude de subvención se o fixo unha entidade local na que estean integrados ou da cal dependan.
b) Figurar en máis dunha solicitude colectiva.
c) Figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual.
O incumprimento destas normas dará lugar á non admisión de todas as solicitudes individuais de subvención subscritas pola entidade de que se trate, dando validez á solicitude realizada de forma conxunta. No caso de figurar en máis dunha solicitude conxunta, non será admitida ningunha delas.
B.II. Aquelas solicitudes conxuntas presentadas en calquera das modalidades previstas nos puntos anteriores, nas que non se acredite suficientemente a realización conxunta do proxecto obxecto de subvención, e que supoñan realmente actuacións independentes de cada entidade local, non serán admitidas a trámite.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades que non se atopen ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Proxectos subvencionables
1. Os proxectos para os que se solicite axuda deberán responder aos seguintes criterios:
a) Deben ter como persoas destinatarias mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos con autorización do pai, da nai ou titor/a legal.
b) O período do proxecto será de dous meses e terá como data límite de realización o 15 de novembro de 2015.
c) A duración das estadías-visitas será entre 5 e 15 días hábiles. As xornadas diarias nas empresas serán de 4 horas como mínimo.
d) O número de mozos/as participantes non poderá ser superior a 30.
Prazo de solicitude: ata o  11 de maio de 2015.

jueves, 9 de abril de 2015

PREMIOS CAMIÑO DE SANTIAGO 2015

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto e réxime
1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios do Camiño de Santiago como un recoñecemento institucional e social ás iniciativas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago; así como aquela outras que supoñan novos servizos ou a mellora daqueles que se prestan aos peregrinos, as accións específicas de divulgación e promoción, de xeito que se contribúa a un aumento da conservación, promoción e difusión, así como a posta en valor do Camiño de Santiago, da cultura xacobea e do seu patrimonio.
En todo caso as actuacións ou accións premiadas deberán desenvolverse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Os premios do Camiño de Santiago constarán das seguintes categorías:
1ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións presentadas polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e as áreas metropolitanas, se as houber, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia e polos que discorra calquera das rutas do Camiño de Santiago.
2ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións presentados polas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.
3ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades desenvolvidas polas persoas físicas ou as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).
4ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades de carácter académico, investigador ou educativos, con dúas modalidades:
a) Os traballos de investigación e estudo do Camiño de Santiago e da peregrinación e/ou cultura xacobea, e/ou do patrimonio cultural ligado ao Camiño de Santiago desenvolvidos por centros de investigación, universidades ou similares.
b) Os traballos de carácter educativos relacionados coa temática do Camiño de Santiago levados a cabo nos centros de ensinanza de educación primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Aos premios, que serán do importe que cada ano estableza a convocatoria, aplicaráselle a correspondente retención fiscal, e poderán outorgarse de maneira individual ou compartida, ou declararse desertos.
Así mesmo, o xurado poderá outorgar unha ou varias mencións especiais a algúns dos proxectos ou iniciativas participantes, que non terá dotación económica.
4. Os/as premiados/as recibirán un diploma e o importe do premio que lle será pagado mediante transferencia bancaria. No caso de que o premio sexa compartido, serao a partes iguais entre os/as galardoados/as.
5. O procedemento para a concesión dos premios será tramitado no réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consonte os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación.
6. Co fin de cumprir co principio de concorrencia sinalado no parágrafo anterior deste artigo, as candidaturas serán examinadas por un xurado, que terá carácter de comisión avaliadora e que se axustará aos principios contidos no título II, capítulo II, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e da sección 3ª, capítulo I, título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Beneficiarios/as
1. Poderán participar nesta convocatoria segundo as categorías que se establecen no artigo anterior:
a) Os concellos, as agrupacións de concellos de Galicia, mancomunidades de concellos de Galicia, consorcios locais galegos e ás áreas metropolitanas, se as houber, que presenten un proxecto.
Para os efectos desta resolución, considérase agrupación de concellos unha candidatura subscrita por dous ou máis concellos.
b) As asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, legalmente constituídas.
c) As persoas físicas ou as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).
d) As universidades, centros de investigación ou similares.
e) Os centros de ensinanza de educación primaria e secundaria de Galicia.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que se dean algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Os concellos, así como as agrupacións e resto de entidades locais da alínea a) do punto 1 deste artigo deberán cumprir o requisito de ter remitidas ao Consello de Contas de Galicia as contas xerais de cada exercicio. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación e a súa falta de acreditación por parte dalgún dos participantes na candidatura supoñerá a inadmisión desta. No caso de agrupacións de concellos, este requisito deberao acreditar cada un dos concellos integrantes da agrupación.
4. Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forme parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.
O prazo de presentación de candidaturas: Ata o 9 de maio de 2015.

miércoles, 8 de abril de 2015

SUBVENCIÓN DE CREACIÓN AUDIOVISUAL GALEGO

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para fomentar a creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores individuais ou a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e proceder á súa convocatoria para este ano 2015.
Modalidades
1. Poderán ser obxecto de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais as seguintes modalidades de proxectos:
Modalidade A. Subvencións á escrita individual de guión en galego. Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias para longametraxes cinematográficas. A contía adxudicada por proxecto será de 5.000 euros.
Modalidade B. Subvencións para a realización de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega cunha duración inferior a 30 minutos. As subvencións terán unha contía de 6.000 euros.
Modalidade C. Subvencións a proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega, cunha duración igual ou superior aos 60 minutos e que conten cun realizador que non teña dirixido ou codirixido máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica. As subvencións terán unha contía de 30.000 euros.
2. Cada proxecto deberá estar inscrito nunha soa modalidade.
Beneficiarios
1. Poderán optar a estas subvencións referidas nas modalidades A e B todas as persoas físicas residentes, cando menos por un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que formen parte do acordo que establece a Área Económica Europea. sempre que non realicen o proxecto para o que solicitan a subvención de xeito profesional.
2. Poderán optar as subvencións referidas na modalidade C os directores residentes, cando menos por un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que formen parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que estean constituídos como produtora individual no momento de presentar a solicitude. Así mesmo, poderán optar aquelas persoas xurídicas constituídas como produtoras con antigüidade dun ano establecidas, cando menos por un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que formen parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
3. Non poderán acceder ás subvencións os solicitantes que se encontren afectados por algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 8 de maio de 2015.

AXUDAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS PARA COÑECER IDIOMAS EN PAISES DA U.E. NO VERÁN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
O obxecto desta orde é convocar en réxime de concorrencia competitiva 150 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2015, do alumnado universitario matriculado no curso 2014/15 nalgunha das tres universidades do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia coa finalidade de coñecer a lingua dese país.
Período e dotación da axuda
1. As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2015, ambos inclusive.
2. A dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 900 euros.
Requisitos dos/das solicitantes
1. Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2014/15, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de graduado, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data de publicación da orde na titulación que está a realizar.
b) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
2. Quedan excluídos/as desta convocatoria:
a) Os/as alumnos/as que xa resultasen beneficiarios/as desta axuda en anteriores convocatorias.
b) Os/as alumnos/as que durante o curso 2014/15 sexan adxudicatarios/as dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, sempre e cando a estadía que pretendan realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o devandito programa.
Prazo de solicitude: ata o 8 de maio de 2015.



martes, 7 de abril de 2015

SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS DE ACCIÓN HUMANITARIA NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1.1. O obxecto destas bases é a regulación da concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior.
1.2. Enténdense por proxectos de acción humanitaria, consonte a iniciativa da boa doazón humanitaria (GHD, nas súas siglas en inglés), aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises –provocadas por seres humanos ou por desastres naturais–, así como os destinados á prevención e reforzo da capacidade de resposta para cando se produzan estas situacións.
A acción humanitaria debe guiarse polos principios de humanidade, imparcialidade, neutralidade e independencia.
Entidades beneficiarias
2.1. Poderán optar a esta subvención as organizacións non gobernamentais que estean inscritas na sección A do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e que teñan entre os seus fins o desempeño de actuacións de acción humanitaria ou que demostren contrastada experiencia neste sector.
2.2. Poderán ter acceso á subvención as agrupacións de entidades.
Requisitos dos proxectos.
a) Ter unha duración máxima de 12 meses, rematará a súa execución antes do 31 de decembro do 2015 e poderá estar iniciado desde o 1 de xaneiro do 2015.
b) Que se identifiquen contrapartes ou socios locais que participen responsablemente na execución material do proxecto e na xestión dos recursos, e constará expresamente o seu compromiso co proxecto. Poderá considerarse como socio local a propia ONGD en terreo, sempre e cando estea legalizada no país de actuación.
c) Que o proxecto estea deseñado para responder a necesidades humanitarias priorizando a poboación con base na súa vulnerabilidade, sen que se discrimine por razón de raza, sexo, relixión, cultura ou orixe.
d) O orzamento dos proxectos deberá cumprir co que establece o artigo 6 «gastos do proxecto» desta convocatoria.
e) A achega do resto dos financiadores do proxecto (excluída a Xunta de Galicia) non pode ser ao 100 % valorizados.
Prazo de solicitude
Ao ser unha convocatoria de carácter permanente, a solicitude poderá presentarse ao longo do ano, a partir do día seguinte ao da publicación destas bases, de acordo co procedemento excepcional que establece o artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o cal «as bases reguladoras poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 da presente lei».

lunes, 6 de abril de 2015

AXUDAS A CONTRATRACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto e beneficiarios
1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2015 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.
2. A Consellería do Medio Rural e do Mar concederá estas axudas en réxime de concorrencia e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2015 e liñas gandeiras dos plans 2014 e 2015, formalizadas no 2015, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de acuicultura continental.
3. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.
Para os efectos de identificar as grandes empresas, terase en conta a definición de pequena e mediana empresa contida no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
4. Segundo o establecido no número 2 do artigo 19 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, estas axudas exceptúanse do requisito de fixar unha orde de prelación das solicitudes, procedéndose ao pagamento destas ata o esgotamento do orzamento consignado.
5. As subvencións establecidas nesta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por asegurados que, de acordo co artigo 2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, teñan a consideración de administracións públicas.
Entidades aseguradoras autorizadas
1. A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Competitividade e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados, de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, e demais normativa de desenvolvemento.
2. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros. Non obstante, soamente aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación colectiva se establezan.
Procedemento e prazos de execución
1. A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición establecidos pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e, ademais, se cumpran os distintos puntos referentes á subvención que se conteñan na declaración do seguro. En todo caso, na declaración do seguro especificarase, na parte de subvencións para comunidades autónomas, a expresión literal de «subvención da Comunidade Autónoma de Galicia».
2. A contratación da póliza de seguro constitúe unha declaración do asegurado de que reúne os requisitos exixidos nas normas reguladoras sobre subvencións e axudas públicas, de acordo cos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que non foron obxecto de resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro ou que, de ser o caso, se realizou o correspondente ingreso, e que dispón dos documentos que xustifican o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde para a concesión das subvencións.
En aplicación da dita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a contratación da póliza de seguro polo solicitante implica a autorización deste para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento dos ditos requisitos a través de certificados telemáticos, salvo denegación expresa daquel.
3. No caso daquelas pólizas de seguro correspondentes á modalidade «renovable», terá a consideración de solicitude de subvención a póliza de seguro inicialmente subscrita mediante a formalización da declaración do seguro, conxuntamente co recibo de pagamento da correspondente anualidade. Neste senso, presumirase que o pagamento do recibo da póliza constitúe a manifestación da aceptación das condicións do seguro e de reunir os requisitos para a percepción das subvencións correspondentes.
4. As datas de inicio e o prazo de subscrición e formalización da correspondente póliza de seguro sinálanse de forma particular para cada liña de contratación no Plan anual para o ano 2015, onde constan as datas de inicio para a subscrición das pólizas de seguro de que se trate.

SUBVENCIÓN PROGRAMA IMPLANTACIÓN INFORME DE AVALIACIÓN DOS EDIFICIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


ORDE do 9 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Réxime e obxecto
1. A convocatoria das subvencións do programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios para o exercicio 2015 réxese polo establecido nesta orde e pola demais normativa de aplicación.
2. Estas subvencións están destinadas a cubrir parte dos gastos dos honorarios profesionais derivados da emisión do informe de avaliación dos edificios e que debe achegarse no momento da presentación da solicitude da subvención.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as comunidades de propietarios e as agrupacións de comunidades de propietarios, legalmente constituídas, así como as persoas propietarias únicas de edificios de carácter predominantemente residencial, que conten co informe de avaliación do edificio antes de que finalice o ano 2016.
Para os efectos desta orde unicamente se considerarán como persoas propietarias únicas dos edificios as persoas físicas titulares do pleno dominio do edificio.
2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, nin aquelas ás cales se lles revogase algunha axuda deste ou dos anteriores plans de vivenda por causas que lles foran imputables.
3. As persoas beneficiarias deberán de acreditar que se atopan ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non teñen pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, do Estado e da Seguridade Social.
4. Estes requisitos deberanse de cumprir no momento da presentación das solicitudes.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 4 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

miércoles, 1 de abril de 2015

AXUDAS A UNIVERSITARIOS DO SUG, CON DIFICULTADES ECONÓMICAS PARA CONTINUAR ESTUDOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
O obxecto desta orde é convocar axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de graduado, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2014/15, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.
Requisitos dos/as solicitantes
Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2014/15. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de setembro de 2014 e o 31 de agosto de 2015.
c) Estar matriculado, no curso académico 2014/15, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de graduado, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2015 é dicir 5.136,60 euros (428,05 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
Prazo de solicitude
Prazo de presentación das solicitudes:
– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 30 de setembro de 2015, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).

AXUDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto, réxime e finalidade
1. O obxecto desta resolución é establecer as bases, que se inclúen como anexo, que rexerán a concesión das axudas previstas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2015.
2. A finalidade das axudas establecidas na antedita Lei orgánica é proporcionar apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na Lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.
Prazo de solicitude
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2015 no caso da axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e o 31 de outubro de 2015 para a indemnización recollida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.