miércoles, 30 de septiembre de 2020

CALENDARIO LABORAL COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2021

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

DECRETO 166/2020, do 10 de setembro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2021.

Festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021

De non se producir modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 serán as seguintes:

1 de xaneiro   Aninovo

6 de xaneiro   Epifanía do Señor (Día de Reis)

19 de marzo     Día de San Xosé

1 de abril      Xoves Santo

2 de abril      Venres Santo

1 de maio       Festa do Traballo

17 de maio      Día das Letras Galegas

12 de outubro   Festa Nacional de España

1 de novembro   Todos os Santos

6 de decembro   Día da Constitución Española

8 de decembro   Inmaculada Concepción

25 de decembro  Nadal

As festas mencionadas terán carácter obrigatorio e non recuperable.

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO EXISTENTE DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS ADAPTADOS A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA, VEHÍCULOS TAXI DE EMISIÓNS CERO E VEHÍCULOS ECO

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 17 de setembro de 2020 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi ECO, e se convocan para o exercicio 2020, mediante tramitación anticipada (código de procedemento IF303A).

AMPLIACIÓN PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA DAS PERSOAS GALEGAS RETORNADAS E DOS SEUS DESCENDENTES

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 22 de maio de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na comunidade autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

martes, 29 de septiembre de 2020

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA O APOIO DE PROXECTOS PILOTO PARA O DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS, PRÁCTICAS, PROCESOS E TECNOLOCÍAS NO ÁMBITO AGROFORESTAL

 AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020.

AMPLIACIÓN PRAZOS DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2020 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido no artigo 24 da Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria.

AMPLIACIÓN PRAZOS DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN DOS INVESTIMENTOS DAS SUBV. PARA A CREACIÓN, MELLORA E AMPLIACIÓN DE PEQUENAS INFRAESTRUTURAS PARA PROXECTOS DE BIOMASA DESTINADAS A PARTICULARES

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2020 sobre ampliación do prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido no artigo 5 da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2020 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro).

AMPLIACIÓN DE PRAZO DE EXECUCIÓN DE INSTALACIÓNS DAS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA DIRIXIDA A PARTICULARES 2020

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2020 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 22 da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020).

AMPLIACIÓN PRAZO EXECUCIÓN INSTALACIÓNS DAS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO DIRIXIDAS A PARTICULARES

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2020 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 22 da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares, para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro).

MODIFICACIÓN PRAZOS XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS PARA O FORTALECEMENTO DOS CENTROS DE XERACIÓN DE COÑECEMENTO ALIÑADAS COS RETOS ESTRATÉXICOS E PRIORIDADES IDENTIFICADAS NA RIS3 PARA GALICIA

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2020 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 25.2 da Resolución do 31 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento dos centros de xeración de coñecemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN607E).

MODIFICACIÓN PRAZOS DA ACTIVIDADE SUBVENCIONABLE DO PROGRAMA TALENTO SÉNIOR

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2020 pola que se modifican os prazos da actividade subvencionable establecidos no artigo 4 da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN858A).



 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

DECRETO 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia.

lunes, 28 de septiembre de 2020

AXUDAS DESTINADAS A PERSOAS TITULADAS UNIVERSITARIAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO PARA A MATRÍCULA NUN MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL OFERTADO POLAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA NO CURSO ACADÉMICO 2020/21

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 16 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2020/21 (código de procedemento ED421A).

Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Persoas beneficiarias
Persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas no curso 2020/21 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

jueves, 24 de septiembre de 2020

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE PRAZAS DE PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS 2020

 UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2020 pola que se publica a oferta de emprego público de prazas de persoal de administración e servizos para o ano 2020.


ANEXO 

Acceso libre: 

Escala                                                   Subescala                                       Subgrupo            Nº de prazas 

Escala técnica superior                Equipos informáticos e electrónicos                 A1                             1

Escala técnica de especialistas    Medios audiovisuais (mestre de taller)             C1                             1 

                                                     Informática                                                       C1                             1 

Escala técnica auxiliar                 Mantementos (especialista de oficios)             C2                             2

CURSOS NA ÁREA DE INCENDIOS FORESTAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2020 pola que se convocan cursos na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos do persoal participante
Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal laboral da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e das entidades locais na área de incendios forestais que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar), así como todo aquel profesional e interesado/a na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e ao tratarse de actividades impartidas nunha modalidade que inclúe telepresenza deberán dispor dun equipo informático que deberá contar cos seguintes compoñentes:
1. Ordenador de sobremesa, portátil ou smartphone.
2. Conexión estable á internet.
3. Navegador web google chrome ou mozilla firefox nas últimas versións.
4. Webcam (integrada no caso de portátil, externa no caso de sobremesa, xeralmente USB).
5. Altofalantes (se o monitor ou equipo non dispón deles).
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

CURSOS A REALIZAR: ANEXO II

Código: CV20034
Curso de incendios forestais: categoría xefe/a de brigada

Código: CV20035
Curso de incendios forestais: categoría de técnico/a en terra

Código: CV20036
Curso de incendios forestais: categoría de técnico/a de brigada helitransportada

martes, 22 de septiembre de 2020

AXUDAS AO FOMENTO DE ACTIVIDADES DE CREACIÓN-PRODUCIÓN OU INVESTIGACIÓN CON FINS EXPOSITIVOS NA ÁREA DE ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT403E).

Obxecto e finalidade
Constitúe o obxecto desta orde, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais e, por outra, a convocatoria destas axudas para o ano 2020. Código de procedemento CT403E.

A finalidade da axuda é a realización de actividades de creación-produción ou de investigación no ámbito das Artes Plásticas e Visuais, en ambos os casos cunha finalidade expositiva e divulgativa do traballo artístico realizado.

Para estas axudas, tal como recolle o artigo 3.2 do Regulamento 1407/2013 relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, o importe total concedido a unha única empresa non superará os 200.000 euros durante calquera período dos tres últimos exercicios fiscais.

Persoas beneficiarias
1. Poderán solicitar subvencións con cargo a esta orde as persoas físicas ou xurídicas privadas que, ademais de desenvolver profesionalmente algunha das actividades previstas no artigo 5 e de facelo maioritariamente en Galicia, cumpran os requisitos previstos nesta orde.

2. No poderán acceder ás subvencións previstas nesta orde as entidades públicas nin as privadas cuxo capital, patrimonio fundacional ou participación nos órganos de goberno ou de dirección sexa maioritariamente público.

3. Non se poderán beneficiar das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.


AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A DINAMIZACIÓN DOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

ORDE do 17 de setembro de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 5 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CO300A).

lunes, 21 de septiembre de 2020

SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia (código de procedemento BS623D).

Obxecto
O establecemento das bases reguladoras e a convocatoria de axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden a fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia (código de procedemento BS623D).
O contido dos programas deberá axustarse ás liñas de actuación sinaladas a seguir, segundo a tipoloxía de cada programa:
a) Liña I: actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica.
b) Liña II: actuacións de inclusión social.
c) Liña III: actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio a persoas maiores ou con discapacidade.
d) Liña IV: proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade.
e) Liña V: actuacións destinadas á xuventude.
f) Liña VI: actuacións destinadas ao voluntariado.

Entidades beneficiarias
1. As entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os seguintes requisitos, sen prexuízo de cumpriren os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada liña subvencionada, se é o caso:
a) Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico.
A/as entidade/s solicitantes de programas das liñas I, II, III e IV deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social.
A/as entidade/s solicitantes de programas da liña V deberán estar inscritas no Rexistro de Entidades Xuvenís da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social, agás no caso de entidades solicitantes de natureza fundacional legalmente constituídas que entre os seus fins inclúan actuacións destinadas á xuventude.
A/as entidade/s solicitantes de programas da liña VI deberán estar inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social.
O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio polo órgano da Administración convocante. Este requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes establecido no artigo 7.3. En todo caso, a entidade deberá estar debidamente inscrita no momento de pagamento da subvención.
b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes a entidade solicitante acreditará que non se reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven a súa misión con carácter gratuíto de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
c) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
d) Figurar nos estatutos da entidade solicitante que os seus fins institucionais corresponden á realización e a execución de programas sociais de similar natureza á dos programas para os cales solicita a subvención.
e) No caso de entidades que formen parte de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de entidades sociais de ámbito autonómico, a solicitude das axudas realizarase a través da entidade en que estea integrada.
f) Acreditar experiencia e especialización durante un prazo mínimo de 2 anos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, na xestión e execución de, cando menos, un programa dos definidos na mesma liña do anexo I a que concorre, e que se posúen os medios persoais e materias necesarios para iso mediante declaración responsable do representante legal.
No caso de que se solicite axuda para un proxecto de investimento da liña IV, deberá acreditar a citada experiencia e especialización na xestión e execución de, cando menos, un programa dos definidos na liña III do dito anexo I.
2. Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado, agás o establecido no último parágrafo da alínea a).
3. Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica que recollan nos seus estatutos similares fins institucionais nos seguintes termos:
a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no número un.
b) Deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención que se aplicará a cada un deles.
c) Deberán nomear unha persoa en representación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
4. No caso de que algunha das entidades solicitantes sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo varias entidades, poderá propoñer de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante. En todo caso, cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no número 1.
5. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Consideraranse como gastos subvencionables os que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios e que se efectúen durante o ano 2021 e sexan efectivamente pagados antes do 15 de febreiro de 2022.
O pagamento do 100 % do importe da subvención concedida realizarase dunha soa vez en concepto de anticipo, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución e, en todo caso, na anualidade 2020.
O procedemento será tramitado en réxime de concorrencia competitiva e non se poderá conceder subvención ás solicitudes que non obteñan unha puntuación mínima global de 60 puntos.

PREMIOS GALICIA DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2020

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 9 de setembro de 2020 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2020 e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento BS508D).

Obxecto
Establecer a regulación do procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria coa finalidade de recoñecer publicamente o labor daquelas persoas físicas e xurídicas que, de xeito cotián, desenvolvan programas, accións ou proxectos de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia, así como realizar a súa convocatoria para o ano 2020.

Modalidades e destinatarias/os

Os Premios Galicia de Acción Voluntaria terán as seguintes modalidades:
a) Premio voluntaria/o do ano: modalidade individual, para as persoas físicas.
b) Premio entidade de acción voluntaria do ano: modalidade colectiva, para as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
c) Premio mellor proxecto de acción voluntaria do ano: modalidade para proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, presentados por unha entidade de xeito individual ou por varias entidades de xeito conxunto, que se caractericen pola innovación e a repercusión social.

Premios
Outorgarase un premio en cada unha das modalidades establecidas, cuxa dotación económica será de 4.000 euros por modalidade.

Outros datos
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

viernes, 18 de septiembre de 2020

AMPLIACION DE PRAZO DO ARTIGO 23 DE SUBENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS E A IMPLANTACIÓN DE DOMÓTICA ENERXÉTICA

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2020 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 23 da Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (Diario Oficial de Galicia número 99, de 25 de maio).

Modificar a data límite que figura no artigo 23 das bases reguladoras para executar o proxecto e presentar a solicitude de pagamento coa documentación xustificativa dos investimentos ampliándose o período de execución das actuacións que se subvencionan e o período para presentar a documentación xustificativa dos investimentos, quedando a redacción do artigo do seguinte xeito: «A data límite para executar o proxecto e presentar a solicitude de pagamento coa documentación xustificativa dos investimentos é de 60 días naturais contados desde o día seguinte ao da presentación da solicitude coa data límite do 31 de outubro de 2020.

TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DA APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN PREVISTA NA ORDE DO 27 DE XULLO DE 2020

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na cal se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.
b) Nos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Aruba, Bahamas, Brasil, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Panamá, Paraguai, Perú, Illas Tartarugas, Venezuela, Haití, Xamaica e Nicaragua.
c) Nos seguintes territorios de Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kirguistán, Kuwait, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Vietnam.
d) Nos seguintes territorios de Europa: Acerbaixán, Andorra, Kosovo e Montenegro.
e) Nos seguintes territorios de Oceanía: Guam.
f) Nas comunidades autónomas de Aragón, Cantabria, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Madrid, Melilla, Murcia, Navarra, País Vasco e La Rioja.

Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase recorrer en alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

jueves, 10 de septiembre de 2020

AXUDAS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA ESTATAL DE INCENTIVOS Á MOBILIDADE EFICIENTE E SUSTENTABLE (PROGRAMA MOVES II)

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II), anualidade 2020 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

Finalidade

1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondentes ás anualidades 2020-2021 para a concesión de axudas ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II) -IN421Q-Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras que participen na xestión da Actuación 1 e na Actuación 2 e -IN421R-Procedemento de presentación de solicitudes.
2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.
Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.
Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sustentable ao traballo.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:

Tipo actuación                                                  Beneficiarias

Actuacións 1 e 2                Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.
                                           Persoas físicas.
                                           Comunidades de propietarios.
                                           Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo                                             NIF comece polas letras A, B, C, D,E, F, G, J, R ou W.
                                           Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración                                                 pública.

Actuacións 3 e 4               Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.
                                          Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo                                            NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W.
                                          Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración                                                pública.

Prazo de presentación de solicitudes de adhesión -IN421Q- e de solicitudes de axuda -IN421R-
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando finalice a vixencia do programa MOVES II en Galicia, o cal sucederá transcorrido un ano desde a publicación no DOG da presente convocatoria. Para solicitar a súa adhesión terán que cubrir e presentar o formulario de adhesión (anexo I).
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 9.00 horas do día 1 de outubro de 2020 e rematará un ano despois da publicación no DOG da presente convocatoria.

miércoles, 9 de septiembre de 2020

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1,2,3 E 4 NO ANO 2020

 CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020, que foron convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020 (código de procedemento PL500C).

Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020:
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

26 de setembro de 2020, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E e F.

27 de setembro de 2020, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q e R.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

3 de outubro de 2020, para todas as persoas admitidas.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

4 de outubro de 2020, para todas as persoas admitidas.

– Celga 1, en Santiago de Compostela:

10 de outubro de 2020, para todas as persoas admitidas.

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias). Así mesmo, na web tamén se publicará a porta de acceso ao centro e mais a aula que lle corresponde a cada persoa para a realización da proba escrita. No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente a súa porta de acceso e aula.

Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar esta proba publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias), unha vez que remate a proba escrita.

Debido ás circunstancias excepcionais derivadas da pandemia do COVID-19, co fin de protexer a saúde propia e a dos demais, todas as persoas que se van presentar ás probas deberán respectar as seguintes medidas:

– Tanto o día previo á proba como o día da proba, deberán tomar a súa temperatura e observar se teñen síntomas respiratorios. As que presenten síntomas compatibles con COVID-19, as que fosen diagnosticadas coa enfermidade e as que estean en illamento ou corentena por contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada nos últimos 14 días non poderán acudir á proba.
– Ademais do documento de identificación persoal (DNI, NIE ou pasaporte) e dun bolígrafo, deberán ir provistas de máscara (cirúrxica ou FFP2), tapando o nariz e a boca. Recoméndase o uso de xel hidroalcohólico individual, ben que no centro haberá dispensadores de xel para a hixiene das mans.
– Manterán a distancia de seguridade de 1,5 metros.
– Presentaranse na porta de acceso correspondente entre as 8.00 e as 8.45 horas e dirixiranse á súa aula seguindo os sinais establecidos e as indicacións do persoal da organización. Non se permitirá a entrada de acompañantes nin doutras persoas alleas á proba, agás no caso daquelas que precisen asistencia.
– Respectarán todas aquelas outras medidas establecidas e publicadas na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias), co fin de garantir un desenvolvemento seguro de todo o proceso.