lunes, 27 de mayo de 2019

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNA PROXECTOS DE BIOMASA DESTINADOS A PARTICULARES

INSTRUCCIÓNS PARA O ACCESO E ADMISIÓN DO ALUMNADO ÁS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO CURSO 2019/20

ACTIVIDIDADES DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA INGLESA, ENGLISH WEEK

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Regular a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios para participar en actividades de inmersión en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o ano 2019.

 Ámbito de aplicación
Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos cales se impartan ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 1 de xullo de 2019.

miércoles, 22 de mayo de 2019

REDISTRIBUCIÓN DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DE SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORIAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE SECTORRES INDUSTRIA E SERVIZOS

AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL POR REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto avanzar na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como medida de fomento da corresponsabilidade e da conciliación da vida familiar e laboral, mediante incentivos para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo para a atención e coidado das súas fillas e fillos, así como para as familias monoparentais, homes ou mulleres, que precisan dun apoio específico para compaxinar a vida laboral, persoal e familiar.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, homes e mulleres (neste último caso só si son familias monoparentais) que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019 , ambos incluídos, se acollan á medida de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos ou menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
No suposto de adopción ou de acollemento familiar, para ter dereito a axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou adopción e, en todo caso, a filla ou fillo terá que ser menor de 12 anos.
2. Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións: a) Estar empadroado en Galicia, como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2018 e manter esa situación durante todo o período subvencionado; b) Convivir coa filla ou fillo; c) Se for o caso, a persoa cónxuxe ou parella debe estar traballando; d) Ter uns ingresos non superiores a 7 veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo con prazo de presentación vencido (2017).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

martes, 21 de mayo de 2019

PRAZAS NAS RESIDENCIAS DE XUVENTUDE DURANTE O CURSO 2019-2020

AXUDA ECONÓMICA PARA O ALUMNADO QUE REALIZA FORMACIÓN PRÁCTICA EN CENTROS DE TRABALLO OU FP DUAL

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 6 de maio de 2019 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

Obxecto
Convocar axudas económicas para a realización en empresas do módulo profesional de FCT e da FP dual en réxime de concorrencia non competitiva.

Persoas beneficiarias
Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.

Prazo de presentación de solicitudes
Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. Primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2019.

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, PARA A POSTA EN MARCHA DE LABORATORIOS COOPERATIVOS NO RURAL, ANOS 2019-2020

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 30 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural, e se convocan para os anos 2019 e 2020.

Obxecto e finalidade
Dinamizar a economía local, identificando oportunidades de negocio no territorio e seleccionando un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica no dito sector a través da constitución dunha cooperativa ou unha sociedade laboral, a través dos seguintes programas:
Programa I, dirixido á dinamización da economía local mediante fórmulas de economía social, a través de entidades mentoras que identifiquen oportunidades de negocio no seu territorio e seleccionen un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica nun determinado sector, ao cal lle impartirán a formación específica necesaria nesa área de actividade, así como asesoramento e acompañamento.
Programa II, dirixido a fomentar e promover o emprendemento colectivo baixo fórmulas de economía social no ámbito da Comunidade Autónoma, concederanse axudas económicas que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais resultantes dos laboratorios cooperativos no rural previstos no programa I.

Entidades beneficiarias
Os concellos de Galicia, mancomunidades de municipios, áreas metropolitanas e consorcios locais; asociacións de entidades de economía social, asociacións e fundacións que teñan entre os seus fins a promoción do cooperativismo e da economía social, do emprendemento ou o desenvolvemento económico ou local; e empresas privadas (entidades tractoras) para o programa I e cooperativas ou sociedades laborais de nova creación constituídas como resultado dun laboratorio cooperativo no rural, para o programa II.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia para o programa I, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito. Para o programa II comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 1 de outubro de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

lunes, 20 de mayo de 2019

CORRECIÓN DE ERROS .-2 BOLSAS CASA VELÁZQUEZ MADRID

AXUDAS PARA O APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA AGRICULTORAS MOZAS E PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2019 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (incorporación de persoas mozas á actividade agraria, procedemento MR404A).
– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).
Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Persoas beneficiarias
En función do tipo de axuda solicitada, poderán ser beneficiarias as seguintes persoas:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).
a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.
b. Agricultores mozos que se instalan nunha explotación de nova creación.
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (procedemento MR404A).
a. Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, non teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación.
– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).
a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS DESTINADAS AO FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS EN COMÚN EN RÉXIME ASOCIATIVO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de explotación conxunta de instalacións e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, e convocalas para o ano 2019 (procedemento MR323C).

Beneficiarias
a) Cooperativas agrarias titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓN PARA A EDICIÓN EN LINGUA GALEGA DE RECURSOS DIDÁCTICOS CURRICULARES PARA NIVEIS NON UNIVERSITARIOS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


 Obxecto
Edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios.

 Beneficiarias
Empresas mercantís do sector editorial, sexan persoas físicas ou xurídicas, sempre que, estando legalmente constituídas, cumpran os requisitos establecidos nesta orde e non estean incursas nalgún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e elaboren os recursos didácticos curriculares obxecto desta orde.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

SUBVENCIÓN PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA ANO 2019

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


 Obxecto
1. O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos (código de procedemento IN421S).
2. O procedemento administrativo para a concesión de subvencións será o de concorrencia competitiva e axustarase ao disposto nas propias bases sen prexuízo do establecido na seguinte normativa de alcance xeral: Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, do 18 de novembro); Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño); Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro); Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
3. As axudas recollidas nesta bases reguladoras, a excepción daquelas en que os beneficiarios sexan administracións públicas locais ou entidades xurídicas sen ánimo de lucro que non poidan emprender actividades económicas que repercutan en terceiros, están suxeitas ás condicións que se establecen no artigo 41 e no capítulo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (Regulamento xeral de exención por categorías) publicado no DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014.
As entidades xurídicas sen ánimo de lucro cando realicen actividades económicas de forma regular estarán suxeitas ás condicións que se establecen no citado capítulo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

 Entidades beneficiarias
1. Poderán acceder á condición de beneficiarias das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades delas dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.
d) Universidades públicas de Galicia.
2. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.
3. Os requisitos para obter a condición de beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
4. As entidades sen ánimo de lucro non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
1. A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 31 de outubro de 2019.
2. A documentación xustificativa do investimento realizado presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

SUBVENCIÓN PARA SUFRAGAR GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS GALEGAS DE AUTÓNOMOS

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos.

Entidades beneficiarias
Programa de entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas. Serán beneficiarias aquelas entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial que estean inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral de presentación de solicitudes do programa regulado nesta orde será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDA PARA A CONCILIACIÓN DA MATERNIDADE E PATERNIDADE DA PERSOA AUTÓNOMA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
1. Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.
2. Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomos que, segundo o anexo I, teñan o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de careceren deste) na Comunidade Autónoma de Galicia, que gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e que no prazo dos quince días seguintes ao da súa finalización contraten unha persoa traballadora por conta allea.
2. Tamén serán beneficiarias as sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto ás persoas autónomas societarias.

Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables presentaranse desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2019.

CONVOCATORIA DE PRAZAS NAS RESIDENCIAS XUVENIS DA CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL PARA O CURSO 2019-20

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e convocar para o curso académico 2019/20, en réxime de concorrencia competitiva, 216 prazas para persoas mozas, de 16 a 30 anos, nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social (procedementos BS303B, prazas de residencias xuvenís para estudantes, e BS303D, prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras).
Con esta oferta póñense as residencias xuvenís ao servizo da mocidade que, por razóns de estudo ou traballo, se vexa obrigada a permanecer fóra do concello onde ten a súa residencia habitual.

2. O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade                     Residencia                                        Núm. prazas

Lugo                 Centro Residencial Xuvenil LUG       74 Home/muller

Ourense              Florentino López Cuevillas                55 Home/muller

Vigo                              Altamar                                    87 Home/muller

3. Do total de prazas resérvase un 9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional, tanto se é por conta propia como allea, distribuídas do seguinte xeito:

Cidade                      Residencia                                        Núm. prazas

Lugo                Centro Residencial Xuvenil LUG          7 Home/muller

Ourense              Florentino López Cuevillas                 5 Home/muller

Vigo                           Altamar                                        8 Home/muller

No suposto de que non se cubran todas as prazas reservadas a persoas que desenvolvan unha actividade profesional coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.

4. Así mesmo, do total de prazas resérvase tamén un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen. A distribución de prazas é:

Cidade                       Residencia                                       Núm. prazas

Lugo                Centro Residencial Xuvenil LUG          7 Home/muller

Ourense                Florentino López Cuevillas               5 Home/muller

Vigo                                  Altamar                                 8 Home/muller

Ao igual que no caso de reserva para a mocidade traballadora, no suposto de que non se cubran todas as prazas coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.

5. Cando o número de solicitudes supere a reserva establecida, para a adxudicación das prazas aplicaranse os criterios de selección establecidos no artigo 9.

Requisitos das persoas solicitantes
1. Poderán optar ás prazas obxecto da presente convocatoria as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos xerais:
a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
b) Non ter perdido a condición de residente por causa imputable á persoa solicitante.
c) Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2019.
2. Requisitos específicos para as persoas mozas estudantes:
a) Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales a persoa solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.
b) Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante.
3. Requisitos específicos para as persoas mozas traballadoras:
a) Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
b) No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, que teña unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
c) No caso de ser unha persoa traballadora por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Solicitude, presentación e prazo
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, anexo I para as solicitudes de prazas de residencias xuvenís para estudantes e o anexo II para as solicitudes de prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras.
2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde.
O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.
5. As solicitudes que non se presenten na forma, no lugar e no tempo sinalados nos números 1 e 4 serán inadmitidas, agás que o número de solicitudes fose inferior ao número de prazas ofertadas, caso en que poderían admitirse e baremarse segundo o establecido no artigo 9.
6. Con carácter excepcional, poderanse presentar solicitudes fóra do prazo establecido no número 4 no caso de cambio de concello de residencia da unidade familiar. As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ir xunto coa xustificación acreditativa da circunstancia que as motiva. Así mesmo, a súa admisión estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles no centro onde se solicite a praza.
7. Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, a xefatura territorial correspondente requirirá a persoa solicitante para que nun prazo de 10 días hábiles emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixera, se considerará desistida da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de resolución que será ditada nos termos do artigo 21 desa lei.

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA , CELGA 1,2,3 E 4 NO ANO 2019

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Mediante a Resolución do 20 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019 (código de procedemento PL500C) (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Segundo o sinalado no seu punto terceiro, as datas concretas das probas, que serán no mes de xuño de 2019, serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), cun mínimo de 15 días naturais antes da data fixada para o primeiro exame.

De acordo con isto,

RESOLVO:

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) convocadas mediante a Resolución do 20 de marzo de 2019:

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

1 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C e D.

2 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O e P.

– Celga 3, en Santiago de Compostela:

8 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B e C.

9 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: D, E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O e P.

– Celga 3, en Ponferrada:

8 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

15 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas.

– Celga 1, en Santiago de Compostela:

16 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas.

No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio para que poidan levar a cabo as probas, a data de realización destas seralles comunicada directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As sedes e horarios de realización das probas, así como as listaxes de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

As persoas admitidas deberán presentarse 30 minutos antes da hora de inicio da proba provistas do documento que acredite a súa personalidade (DNI, NIE ou pasaporte) e mais dun bolígrafo. Lémbrase, ademais, respecto da proba oral de cada nivel Celga, que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase na sede correspondente unha vez que remate a proba escrita.

SUBVENCIÓN PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS DE ACCIÓN HUMANITARIA NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior (procedemento PR811A).
Enténdese por proxectos de acción humanitaria, consonte a iniciativa da Boa Doazón Humanitaria (GHD, nas súas siglas en inglés), aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises provocadas por seres humanos ou por desastres naturais, así como os destinados á prevención e reforzo da capacidade de resposta e á resiliencia para cando se produzan estas situacións.
A acción humanitaria debe guiarse polos principios de humanidade, imparcialidade, neutralidade e independencia, e executarse baixo o enfoque de vulnerabilidade.

Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias serán as organizacións non gobernamentais que estean inscritas na sección A: organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, e que teñan entre os seus fins o desempeño de actuacións de acción humanitaria ou que demostren contrastada experiencia neste sector.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 13 de mayo de 2019

SUBVENCIÓNS NOS PROCESOS DE CERTIFICACIÓN, SEGUIMENTO E RENOVACIÓN DAS NORMAS UNE QUE CONDUZAN Á OBTENCIÓN E/OU MANTEMENTO DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á obtención, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE (código de procedemento TU970A).
2. Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE, correspondentes ao ano 2019 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2019. Concretamente, serán subvencionables:
• Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación. Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior, quedando excluídos os gastos xerados polo persoal dependente dos establecementos, así como aqueles gastos en que incorra o solicitante durante o proceso de implantación da correspondente norma UNE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría do ano 2019.
• Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2019, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.
3. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos ou servizos turísticos que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrita a actividade turística para a cal se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), de conformidade cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20.5.2003), en función dos seus efectivos, do seu volume de negocio e do seu balance anual.
Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.
Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos indicados polo solicitante na solicitude de subvención.
En caso contrario, deberase achegar coa solicitude a documentación acreditativa da titularidade e/ou representación. Neste caso, a Axencia de Turismo de Galicia instará de oficio a actualización desa información no REAT.
2. Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución pola que se establecen as bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Prazo de xustificación
Para xustificar a realización da actividade subvencionada, as persoas beneficiarias terán de prazo ata o 30 de novembro de 2019.

AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA EN RÉXIME ASOCIATIVO EN GALICIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas en réxime de concorrencia competitiva para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, dentro da medida 4 (investimentos en activos físicos), submedida 4.11 (apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas), procedemento MR351A, así como convocalas para o ano 2019.
Para iso, serán subvencionables os seguintes investimentos:
a) Maquinaria agrícola.
b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.
Non se subvencionarán:
a) A mera reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
b) Non se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos.
c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais nin as máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.
e) Colleitadoras de forraxes cun uso previsto menor de 500 horas anuais.
f) A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias, as cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA), as cooperativas de explotación comunitaria da terra ou as sociedades agrarias de transformación.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

INSTRUCIÓNS PARA O ACCESO E A ADMISIÓN DO ALUMNADO Á ENSINANZAS SUPERIORES PARA O CURSO 2019/20

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL











viernes, 10 de mayo de 2019

2 BOLSAS DE ESTADÍA NA CASA DE VELÁZQUEZ EN MADRID

CONSELLO DA CULTURA GALEGA


 Obxecto
O establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá a convocatoria das bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid, na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao e que rematasen os seus estudos no curso académico 2007/08 ou posterior.

Contía
Financiaranse estas bolsas con cargo ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.480.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, por un importe total de seis mil euros (6.000,00 €), que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro será de mil euros mensuais (1.000,00 €).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, e empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 9 de mayo de 2019

PREMIOS Á EXCELENCIA DA CALIDADE HIXIÉNICO-SANITARIA DE PRODUTORES DE LEITE CRU DE VACA DE GALICIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Convocatoria
1. A presente orde ten por obxecto convocar para o ano 2019 os premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia nas condicións establecidas pola Orde do 22 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases que regulan a concesión dos premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia e se convocan para o ano 2017.
2. A presente orde publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural.

Beneficiarios
Poderán optar a estes premios todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) de tal xeito que consten na base de datos deste laboratorio os resultados das mostras de leite correspondentes ao período de referencia.
Xurado responsable da concesión dos premios
O xurado responsable da concesión dos premios estará constituído: en representación da Consellería do Medio Rural, polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e o subdirector xeral de Gandaría; e en representación do LIGAL, polas persoas directora xerente e presidente da Xunta Directiva.

Disposición adicional única. Réxime supletorio
No non previsto nesta orden, será de aplicación o disposto na Orde do 22 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases que regulan a concesión dos premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia e se convocan para o ano 2017.

Disposición derradeira única. Comenzo dos efectos
A presente orde producirá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario oficial de Galicia.

AXUDAS DE MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS ÁS ACHEGADAS POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA ERASMUS+

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2018/19.

Requisitos
Cidadáns/cidadás da Unión Europea ou estranxeiros/as non comunitarios/as con residencia legalizada no Estado español, matriculados/as no curso 2018/19 en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas artísticas superiores, que obtivesen unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2018/19 e non gozasen desta axuda en convocatorias anteriores.

Contía das axudas
195 €/mes, 165 €/mes ou 125 €/mes, dependendo do país de destino e, de ser o caso, adicionalmente, 500 € para os expedientes académicos que posúan unha maior nota media, cun orzamento máximo total de 40.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

martes, 7 de mayo de 2019

1ª CONVOCATORIA DAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PLAN FORMATIVO PARA O EMPREGO DE GALICIA PARA OS EXERCICIOS 2019 E 2020

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e ámbito de aplicación
Con esta orde procédese á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o financiamento das accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través das súas xefaturas territoriais, para os exercicios 2019 e 2020 (procedemento TR301K).

Entidades beneficiarias
Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refire a presente convocatoria as entidades que, na data de entrada en vigor desta orde, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados no correspondente certificado de profesionalidade ou tivesen solicitado a inscrición mediante declaración responsable nesa data na correspondente especialidade formativa, na Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día da súa entrada en vigor. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa entrada en vigor. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

BASES REGULADORAS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PLAN FORMATIVO PARA O EMPREGO DE GALICIA PARA O PERÍODO 2019-2021

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través das súas xefaturas territoriais (procedemento TR301K).
Para o exercicio das funcións que lle corresponden segundo estas bases reguladoras, as xefaturas territoriais poderán actuar a través das unidades administrativas competentes en materia de formación profesional para o emprego, das oficinas de emprego e dos centros de formación profesional para o emprego a elas adscritos.
2. As convocatorias das subvencións previstas nesta orde realizaranse mediante réxime de concorrencia competitiva.
3. As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2019-2021.
4. As convocatorias públicas que se realicen no marco destas bases regularán os aspectos do financiamento e da execución das accións formativas que se subvencionen, con relación aos exercicios orzamentarios que indiquen expresamente e respectando o contido que se establece no capítulo IV, así como no resto da normativa aplicable.

Entidades beneficiarias
1. Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases, as entidades que, na data de entrada en vigor da correspondente convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados no correspondente certificado de profesionalidade ou tivesen solicitada a inscrición mediante declaración responsable nesa data na correspondente especialidade formativa non vinculada a certificado de profesionalidade, na Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para o caso de que a convocatoria o recolla, poderanse realizar accións formativas a través de centros móbiles e homologacións provisionais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que non contan con centros acreditados ou inscritos (formación á porta).
2. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.
A xustificación polas entidades solicitantes de non estar incursos en ningunha das anteditas circunstancias, realizarase mediante unha declaración responsable que deberá incluír no modelo de solicitude que se contén no anexo VI de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como referirse á capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, e de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir a xestión da totalidade dos cursos que solicita, que dispón da documentación que acredita tal cumprimento e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.
A presentación dunha declaración responsable que falsee as condicións requiridas para a concesión da subvención ou oculte as circunstancias que a impedisen ou limitasen, poderá ter a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
3. Coa finalidade de garantir o cumprimento das exixencias deste artigo, as aplicacións informáticas de rexistro de centros/entidades de formación e SIFO contarán con controis específicos e poderá procederse a unha comprobación por mostra estatística por parte de persoal técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria (servizos periféricos e Servizo de Verificación) ou da entidade contratada para o efecto, durante calquera das fases, da que poderán derivarse, de ser o caso, as consecuencias sinaladas no número 2 para os supostos de falseamento do contido das declaracións responsables.
4. Será requisito para a concesión de subvencións a entidades locais titulares de entidades ou centros de formación, que teñan cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas as contas xerais de cada exercicio.

Solicitudes, documentación e prazo
1. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes mediante a aplicación SIFO, ou no enderezo directo https://sede.xunta.gal
As ditas solicitudes dirixiranse á xefatura territorial en cuxa provincia se imparta a correspondente acción formativa.
Cada entidade de formación so poderá formular, como máximo, unha solicitude en cada unha das provincias do territorio galego, e incluirá nela todas e cada unha das accións formativas para as que solicita subvención nos correspondentes centros de cada provincia, dentro da súa capacidade real de execución e con respecto aos límites e requisitos que se determinan nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria.
Para os posibles efectos de desempate as accións formativas para as que se solicita subvención deberán ir ordenadas en función da prioridade de impartición que lles outorgue a entidade solicitante, de xeito que os centros que se consideren prioritarios figuren en primeiro lugar na solicitude e, dentro de cada centro, as accións formativas se ordenen tamén de maior a menor priorización.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365.).
A documentación complementaria, tanto a presentada na solicitude como noutras fases do procedemento, presentarase electrónicamente, mediante a presentación do documento orixinal de se tratar dun documento dixital, ou da imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica, e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma técnica de interoperabilidade de dixitalización de documentos.
As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma técnica de interoperabilidade do catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou escada de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).
A Administración actuante poderán solicitar o cotexo das copias achegadas pola entidade, para o cal poderase requirir a exhibición do documento ou da información orixinal. Para estes efectos, a entidade interesada deberá conservar o documento orixinal por un prazo de 5 anos desde a presentación da imaxe electrónica.
As imaxes electrónicas que acheguen as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia exclusivamente no ámbito da actividade das administracións públicas.
As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Para cada número de censo poderanse solicitar, como máximo, o número de edicións por especialidade que se determinen na correspondente convocatoria, na cal tamén poderán indicarse excepcións ao dito límite.
No caso de que se solicite impartir máis dunha especialidade por aula deberá manifestarse expresamente na declaración responsable que, de acordo co disposto no artigo 5.3 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego e se regula o procedementos para a súa inscrición e, se for o caso, a acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as especialidades poden impartirse cos mesmos medios.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras e/ou correspondente convocatoria ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a solicitante para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, considerarase desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.

3. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os aspectos seguintes:
a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
– Non se solicitaron nin se concederon ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención.
– De se solicitar e/ou conceder outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención, deberán relacionarse.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.
c) Que non está incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.
d) Que non está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Que os lugares de impartición dos cursos serán aqueles que están inscritos ou acreditados para tal fin, nos termos do artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro e do artigo 6.1 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e que cumpren e manterán as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable á correspondente especialidade formativa, nomeadamente, a obriga de impartir a formación nos espazos e cos medios formativos acreditados e/ou inscritos para tal fin, así como a de manter as exixencias técnico-pedagóxicas, de instalacións, equipamento e medios humanos tidas en conta para a acreditación ou inscrición da especialidade.
g) Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.
h) Que a entidade conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, así como de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir na súa totalidade a execución completa dos cursos que solicita.
i) Que a entidade dispón da documentación que acredita o cumprimento dos anteriores aspectos e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.
j) Que a entidade asume que a presentación das declaracións responsables a que se refire a presente orde falseando ou ocultando circunstancias que impedisen ou limitasen a concesión da subvención ou o seu pagamento, así como que alterasen a puntuación obtida na baremación, poderá ter a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

lunes, 6 de mayo de 2019

CORRECCIÓN DE ERROS. AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019

AXUDAS PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA CAMPOS DE TRABALLO DIRIXIDO A MOZOS E MOZAS DE ORIXE GALEGA OU DESCENDENTES DE PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RESIDENTES NO EXTERIOR

                                                                      VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Regular as axudas correspondentes ao programa Campos de Traballo para o ano 2018, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Persoas beneficiarias

Os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Teren a súa residencia habitual fóra de Galicia.
b) Teren nacido en Galicia ou seren descendentes de persoa emigrante galega.
c) Teren a nacionalidade española.
d) Atopáranse vinculados con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes. Este requisito non será exixible ás persoas participantes procedentes do resto de España.
e) As persoas participantes no programa deberán ter, o 30 de xuño de 2019, unha idade comprendida entre os 20 e os 30 anos.
f) Non teren participado na mesma modalidade en edicións anteriores deste programa.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

viernes, 3 de mayo de 2019

GALEUROPA 2019

PROXECTO EMPRURAL: EMPRENDEMENTO XUVENIL NO RURAL 2019

CAMPOS DE VOLUNTARIADO E OFERTA CONCERTADA




CAMPOS DE VOLUNTARIADO E OFERTA CONCERTADA

O xoves 25 de abril, ás 9:00 abrirase o formulario para solicitar Campos de Voluntariado.A oferta inclúe campos en Galicia, España e estranxeiro.Idade: 18-30 anos... pero na oferta de España hai algún desde 14 anos...




1ª FEIRA DA XUVENTUDE




1ª FEIRA DA XUVENTUDE (RECINTO FERIAL DA ESTRADA-PONTEVEDRA)

1ª Feira da Xuventude, a celebrar no Recinto Feiral da Estrada (Pontevedra), os vindeiros días 11 e 12 de Maio do presente ano.

A Feira da Xuventude, é unha experiencia integral con formato de “Feira Expositiva” na que se compartirán espazos de convivencia e sinerxias entre os distintos sectores participantes. É o lugar idóneo para dar a coñecer os programas e proxectos que sexan de interese para os xoves e motivar a súa participación de forma activa. A Feira ten unha vertente lúdica pero igualmente contará cun apartado formativo e informativo para todos os xoves. Os ámbitos que abarca este certema son: Xuventude, voluntariado, educación, cultura, deporte, sanidade, benestar, natureza, artesanía, emprego, emprendemento, turismo, tecnoloxía, innovación, etc…

Este certame conta co apio da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado), Excmo. Concello da Estrada, Organización Internacional da Xuventude, ACNUR, Forzas Armadas, etc…