jueves, 24 de enero de 2013

PROBAS CUALIFIACION INICIAL CONDUTOR PROFESIONAL DE DETERMINADOS VEHÍCULOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Con sometemento ás bases previstas na Orde do 19 de novembro de 2009, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, realizaranse oito convocatorias, que se desenvolverán nos meses que a continuación se detallan, tanto para as categorías D1, D1+E, D e D+E, como para as categorías C1, C1+E, C e C+E.
As probas correspondentes a cada un dos indicados procesos terán lugar consonte o seguinte calendario:
Primeira convocatoria: entre o 27 de febreiro e o 13 de marzo de 2013.
Segunda convocatoria: entre o 10 e o 24 de abril de 2013.
Terceira convocatoria: entre o 22 de maio e o 5 de xuño de 2013.
Cuarta convocatoria: entre o 26 de xuño e o 10 de xullo de 2013.
Quinta convocatoria: entre o 31 de xullo e o 14 de agosto de 2013.
Sexta convocatoria: entre o 18 de setembro e o 2 de outubro de 2013.
Sétima convocatoria: entre o 6 e o 20 de novembro de 2013.
Oitava convocatoria: entre o 11 e o 22 de decembro de 2013.
Os prazos para inscribirse nas probas previstas no punto anterior serán os seguintes:
Primeira convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá
desde o día de publicación da presente convocatoria ao 11 de febreiro de 2013,
ambos inclusive.
Segunda convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día 12 de febreiro ao 21 de marzo de 2013, ambos inclusive.
Terceira convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes quecomprenderá desde o día 22 de marzo ao 2 de maio de 2013, ambos inclusive.
Cuarta convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día 3 de maio ao 7 de xuño de 2013, ambos inclusive.
Quinta convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día 8 de xuño ao 12 de xullo de 2013, ambos inclusive.
Sexta convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día 13 de xullo ao 30 de agosto de 2013, ambos inclusive.
Sétima convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día 31 de agosto ao 18 de outubro de 2013, ambos inclusive.
Oitava convocatoria: abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá desde o día 19 de outubro ao 22 de novembro de 2013, ambos inclusive.

Máis información:

jueves, 3 de enero de 2013

TIPO DE XURO 2013 CONTRATOS ARRENDAMENTO FINANCEIRO PEMES

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Primeiro. O tipo de xuro máximo que se aplicará durante o ano 2013 aos contratos de arrendamento financeiro formalizados, a tipo variable, ao abeiro dos convenios de apoio financeiro aos investimentos das pemes dos anos 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005 e do convenio ao sector transporte público por estrada de Galicia para a renovación da frota de vehículos dos anos 2004, 2005 e 2006 será de 1,55 %. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,15 puntos, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de engadirlle ao tipo de referencia (0,412) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo. As entidades de crédito deberán comunicarlles aos beneficiarios dos contratos de arrendamento financeiro subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro. O tipo de xuro do contrato de arrendamento financeiro resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ao límite fixado nos citados convenios e na resolución de concesión de axuda. No caso de que sexa inferior, limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual ou inferior ao límite suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro que se aplicará ao contrato de arrendamento financeiro será o que lle corresponda segundo o establecido no punto primeiro da presente resolución.

TIPO XURO 1º SEMESTRE 2013

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

O tipo de xuro de referencia para o primeiro semestre do ano 2013 para as operacións acollidas aos  convenios e programas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) será o seguinte: 0,360 %