viernes, 29 de diciembre de 2017

AMPLIACIÓN PRAZO PRESENTACIÓN DAS AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

TIPO DE XURO 1º SEMESTRES 2018 PARA OPERACIÓNS ACOLLIDAS A DIFERENTES CONVENIOS E PROGRAMAS DE AXUDA DESTE INSTITUTO

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Primeiro. Os tipos de xuro de referencia para o primeiro semestre do ano 2018 para as operacións acollidas aos seguintes convenios e programas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) serán os seguintes:

– Préstamos dos convenios de apoio financeiro ás pemes 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006: -0,2743 %.

– Préstamos do convenio de apoio financeiro ao sector pesqueiro de Galicia (DOG núm. 133, do 10 de xullo de 2001): -0,2743 %.

– Programa de apoio financeiro aos establecementos turísticos, hostalaría e comercio retallista nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (DOG núm. 194, do 5 de outubro de 2007): -0,2743 %.

– Programa de préstamos para financiar producións audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 87, do 7 de maio de 2002): -0,2743 %.

– Programa de préstamos para financiar proxectos emprendedores na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 63, do 31 de marzo de 2003): -0,2743 %.

– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG núm. 222, do 15 de novembro de 2004): -0,2743 %.

– Programa de préstamos para financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 84, do 3 de maio de 2005): -0,2743 %.

– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de armadores e agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG núm. 195, do 9 de outubro de 2006): -0,2743 %.

– Convenio entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para emprendedores (DOG núm. 195, do 9 de outubro de 2006): -0,2743 %.

– Convenio entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para proxectos de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 195, do 9 de outubro de 2006): -0,2743 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG núm. 101, do 28 de maio de 2007): -0,2743 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para producións audiovisuais e investimentos en bens de equipamento que realicen pemes do sector audiovisual galego, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG núm. 216, do 8 de novembro de 2007): -0,2743 %.

– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG núm. 244, do 19 de decembro de 2007): -0,2743 %.

– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG núm. 58, do 25 de marzo de 2009): -0,2743 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG núm. 47, do 4 de marzo de 2008): -0,2743 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (programa Re-Imaxina), liñas 2 e 3 (DOG núm. 148, do 30 de xullo de 2009): -0,2743 %.

– Bases reguladoras para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-inviste Ferrol) (DOG núm. 142, do 27 de xullo de 2010, DOG núm. 40, do 28 de febreiro de 2011 e DOG núm. 110, do 7 de xuño de 2012): -0,2743 %.

Segundo. As entidades financeiras deberán comunicar aos beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

TIPO DE XURO DURANTE 2018 DO PROGRAMA DE PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR PROXECTOS DE INVESTIMENTO E CIRCULANTE

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


O tipo de xuro de referencia que se aplicará durante o ano 2018 ás operacións en vigor do Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento e circulante na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG núm. 63, do 30 de marzo) e da Resolución do 22 de outubro de 2015 (DOG núm. 209, do 3 de novembro de 2015) será do -0,1792 %.

SUBVENCIÓNS A PRODUCIÓNS E COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS DE CONTIDO CULTURAL GALEGO


Finalidade
A concesión de axudas, polo procedemento de concorrencia competitiva a proxectos audiovisuais das seguintes modalidades:
1.a) Modalidade A: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de ficción, segundo as seguintes submodalidades:
Modalidade A1: longametraxes de ficción de autoría galega que poñan en valor a diversidade cinematográfica de Galicia e os recursos creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego, posúan unha alta capacidade de internacionalización e o seu orzamento total non supere o importe de 1.200.000 euros.
Modalidade A.2: longametraxes que posúan un especial valor cinematográfico, cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego, teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional e conten cun orzamento total de produción superior a 1.200.000 euros.
1.b) Modalidade B: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de animación que posúan un especial valor cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional.
1.c) Modalidade C: produción e coprodución de longametraxes documentais con especial valor cinematográfico que non empreguen como especial instrumento a recreación de ficción.
1.d) Modalidade D: produción de curtametraxes de ficción, animación e documental de autoría galega e en versión orixinal galega, cunha duración máxima de 30 minutos.
1.e) Modalidade E: producións ou coproducións de autoría galega destinadas a seren emitidas por televisión de acordo coas seguintes submodalidades:
Modalidade E1. Longametraxes e miniseries televisivas de ficción de autoría galega, que promovan a cultura galega, empreguen e salienten os valores creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e teñan un decidido propósito de difusión. Consideraranse longametraxes de ficción para televisión aquelas producións que teñan unha duración mínima de 60 minutos. Consideraranse miniseries de ficción aquelas producións de 2 capítulos que teñan unha duración mínima de 52 minutos cada un.
Modalidade E2. Longametraxes documentais para televisión de autoría galega que contribúan á difusión da cultura galega, a poñer en valor as manifestacións creativas e artísticas galegas ou que aborden calquera aspecto da realidade social galega, pero sen empregar como principal instrumento a recreación de ficción. As longametraxes documentais para TV deberán ter un mínimo de 52 minutos de duración.
Modalidade E3. Series de animación infantil e xuvenil destinadas a seren emitidas por televisión que destaquen polo seu carácter innovador, fomenten a aplicación das novas tecnoloxías da produción e teñan unha clara vocación de comercialización a nivel nacional e internacional. As series de animación deberán ter unha duración mínima global de 80 minutos.
Beneficiarios
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes con unha antigüidade mínima e sen interrupcións de un ano (epígrafe IAE 9611) e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia. Por produtor independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física ou xurídica privada que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular dunha canle televisiva privada, nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS PARA O APOIO ÁS ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN E PROMOCIÓN NO MERCADO INTERIOR

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o ano 2018 das axudas que, en réxime de concorrencia competitiva, vai conceder a Consellería do Medio Rural para actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020.
Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións que, baixo calquera fórmula xurídica, reúnan produtores (entendidos como tales os titulares de explotacións agrarias ou de instalacións de transformación) que participen nun réxime de calidade susceptible de apoio pola submedida 3.10, para accións de promoción no mercado interior relacionadas con produtos cubertos por algún deses réximes.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

TARXETA BENVIDA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2018 teñan un/unha fillo/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena nado/a en 2018 (BS403B), e proceder á súa convocatoria.
2. A axuda farase efectiva a través da tarxeta Benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren nun dos seguintes supostos:
a) Ter fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nadas/os entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.
b) Estar en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.
2. Tamén se poderán beneficiar da axuda as galegas e os galegos e os seus descendentes que se encontren en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2018.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día en que se ditou a resolución de adopción ou de garda con fins adoptivos.
No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2018 e sempre que o fillo ou a filla nacese con anterioridade ao seu regreso, este prazo de dous meses contarase a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España. Así mesmo, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal da data que figure na dita documentación acreditativa.

AXUDAS SOCIAIS DE CARÁCTER EXTRAORDINARIO

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
O presente decreto ten por obxecto o establecemento de axudas sociais extraordinarias a favor das persoas beneficiarias de pensións de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas (PNC), do fondo de asistencia social (FAS) e do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM).
Carácter
Estas axudas sociais, persoais e intransferibles, teñen carácter extraordinario e non se consolidarán para o futuro.
Contía e pagamento
A contía individual destas axudas fíxase en 206 euros, que se aboarán mediante un pagamento único, que se realizará de oficio, sen que se precise solicitude da persoa interesada. Este pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria na conta en que as persoas beneficiarias teñen domiciliado o percibo ordinario da súa pensión.
Requisitos
Serán persoas beneficiarias destas axudas sociais de carácter extraordinario as que perciban pensións de invalidez e xubilación na súa modalidade non contributiva (PNC), as do fondo de asistencia social (FAS) e as do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM), en que concorran os seguintes requisitos:
a) Estar en situación de alta en nómina en data do 1 de xaneiro de 2017 e permanecer nesta mesma situación de alta na data de entrada en vigor deste decreto.
b) Ter a residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2017 e a data de entrada en vigor deste decreto.
Suspensión e perda
A suspensión e perda do dereito á percepción destas axudas de carácter extraordinario producirase nos mesmos supostos previstos para as pensións a que se refire o artigo 1, correspondendo á persoa titular da correspondente xefatura territorial da Consellería de Política Social a declaración das ditas situacións.
Exclusión da axuda extraordinaria no cómputo de rendas ou ingresos
A contía da axuda extraordinaria recoñecida ás persoas beneficiarias estará excluída do cómputo de rendas ou ingresos para efectos de determinar tanto o importe como o mantemento do dereito das pensións non contributivas da Seguridade Social, do fondo de asistencia social e do subsidio de garantía de ingresos mínimos.

AXUDAS A PROXECTOS DE FORMACIÓN INDUSTRIA 4.0 CONVOCATORIA 2018

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incentivar a formación do capital humano, favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas, mediante subvencións a fondo perdido a proxectos promovidos e desenvolvidos por organismos intermedios para mellorar a capacitación do equipo humano nas empresas.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios destas axudas organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderanse como tales, para efectos destas axudas:
a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, colexios profesionais, consellos reguladores de denominacións de orixe ou clusters empresariais que teñan as características recollidas no Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.
b) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses e comezará o 2 de xaneiro de 2018.


OBRADOIRO E AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0. OBRADOIROS E AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA



Obxecto
Os obradoiros concíbense como espazos de encontro entre empresas para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración que dean lugar a proxectos de implementación de ferramentas dixitais colaborativas sectoriais susceptibles de optaren ás axudas establecidas nestas bases ou noutras convocatorias, ou ben oportunidades de hibridación intersectorial.
Entidades beneficiarias
Os organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderase como tal para efectos destas bases:
a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa ou clústeres empresariais.
b) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE nº 20, do 23 de xaneiro de 2009).
Prazo de presentación de solicitudes
Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:
Liña IG239.1 Obradoiros: desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 28.2.2018.
Liña IG239.2 Obradoiros: desde o 2.4.2018 ata o 15.5.2018.

Obxecto
As axudas ás pemes van destinadas á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa o soporte de procesos sectoriais multiempresa, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor e outros que impliquen necesariamente a interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas. Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:
a) Proxectos colectivos, nos que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.
b) Proxectos individuais nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
1º. Desenvolvemento dunha interface dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
2º. Implementación de sistemas especificamente no ámbito da produción e loxística encamiñados á dixitalización de procesos, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados mediante sensórica.
3º. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomos.
Os proxectos da modalidade a) terán preferencia sobre os da modalidade b).
Entidades beneficiarias
As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

As pemes poderán solicitar axudas á tipoloxía de proxectos individuais descritos no artigo 5.b). das bases.
Para poder solicitar as axudas á tipoloxía de proxectos colectivos descritos no artigo 5.a) das bases, os interesados deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que terá que estar constituída polo menos por dúas pemes con centro de traballo en Galicia.
Cada agrupación só poderá presentar un proxecto. As pemes poderán presentar proxectos individuais e participar nunha ou máis agrupacións, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos.
Prazo de presentación de solicitudes
Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:
Liña IG240.1 Axudas: desde o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 15.3.2018.
Liña IG240.2 Axudas: desde o 1.6.2018 ata o 5.9.2018.




CONVOCATORIA PREMIOS XXIV ÁLVARO CUNQUEIRO PARA TEXTOS TEATRAIS, X MANUEL MARIA DE LITERATURA DRAMÁTICA INFANTIL E XIII BARRIGA VERDE DE TEXTOS PARA TEATRO DE MONICREQUES

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria para o ano 2018, baixo o réxime de concorrencia competitiva, da XXIV edición do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, da X edición do premio Manuel María de literatura dramática infantil e da XIII edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en dúas modalidades, para rapaces e para adultos, segundo o público ao que vaian dirixidos os textos (código do procedemento CT214A).
Beneficiarios
Requisitos de participación:
– Poderán optar aos premios as persoas físicas maiores de idade que presenten textos teatrais inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, non representados nin premiados anteriormente noutros concursos ou convocatorias.
– Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo para cada un dos premios.
– Non poderán presentarse textos de teatro de monicreques aos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María.
– Os gañadores da edición inmediatamente anterior non poderán presentarse ao mesmo premio (modalidade, no caso do Barriga Verde) en que resultaron galardoados.
– Non poderá presentarse o persoal da Agadic.
– Non poderán acceder a estes premios os participantes que se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Durante o proceso de resolución desta convocatoria, os participantes teñen a obriga de comunicarlle á Agadic a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do proceso.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo comezará ao día seguinte da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de maio de 2018.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.2 DA MEDIDA LEADER

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL


Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) e con cargo ás anualidades 2018 e 2019, as subvencións que se corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme as estratexias de desenvolvemento local participativas dos grupos de desenvolvemento rural).
Beneficiarias
a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o período de execución da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, coa data límite que determine cada grupo de desenvolvemento rural en función da dispoñibilidade de fondos.
Concorrerán a unha primeira convocatoria as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de 2018. Unha vez tidas en conta as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de 2018 e unicamente no caso de existir crédito orzamentario dispoñible, poderá realizarse unha segunda convocatoria, tendo en conta as solicitudes presentadas ata o 31 de maio de 2018.
Outros datos
Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos e tamén proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo e que careza de finalidade lucrativa.
A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, tanto para os proxectos de natureza produtiva como para os proxectos de natureza non produtiva.
As persoas beneficiarias poderán solicitar un anticipo de ata un importe máximo do 50 % da subvención concedida.

AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS 2018

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2018 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.
Persoas beneficiarias
1. A Consellería do Medio Rural concederá estas axudas en forma directa aos agricultores e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2018 e liñas gandeiras dos plans 2017 e 2018, formalizadas en 2018, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de acuicultura continental.
2. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.
Prazo de presentación de solicitudes
Nos anexos I, II e III da orde establécense as datas de inicio de subscrición de pólizas de seguro correspondentes ás diferentes liñas de seguro que compoñen o Plan de seguros agrarios.
A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición establecidos pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e, ademais, se cumpran os distintos puntos referentes á subvención que se conteñan na declaración do seguro. En todo caso, na declaración do seguro especificarase, na parte de subvencións para comunidades autónomas, a expresión literal de «subvención da Comunidade Autónoma de Galicia».
A contratación da póliza de seguro constitúe unha declaración do asegurado de que reúne os requisitos exixidos nas normas reguladoras sobre subvencións e axudas públicas, de acordo cos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de que non foi obxecto de resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro ou que, se é o caso, se realizou o correspondente ingreso, e que dispón dos documentos que xustifican o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde para a concesión das subvencións.
En aplicación da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a contratación da póliza de seguro polo solicitante implica a autorización deste para que o órgano concedente obteña a acreditación do cumprimento dos ditos requisitos a través de certificados telemáticos, salvo denegación expresa daquel.

MODIFICACIÓN.- PROGRAMACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS ÁS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

miércoles, 27 de diciembre de 2017

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

CONVOCATORIA PÚBLICA PARA O ANO 2018 DO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código do procedemento: TR305A ) para un total de 2.067 prazas nas unidades de competencia que se indica no anexo I e cun total de 7.700 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 553 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 153 prazas.

– Novas prazas: 400 prazas.

• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 435 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 35 prazas.

– Novas prazas: 400 prazas.

• Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 65 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 15 prazas.

– Novas prazas: 50 prazas.

• Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.

• Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 224 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 24 prazas.

– Novas prazas: 200 prazas.

• Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 278 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 78 prazas.

– Novas prazas: 200 prazas.

• Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 162 prazas.

– Prazas lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 162 prazas.

• Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera ( Orde 30 de decembro de 2016): 25 prazas.

– Novas prazas: 125 prazas.

• Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural.( SEA 595_2 ): 100 prazas.

– Prazas lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 100 prazas.

• Confección e mantemento de artes e aparellos ( MAP005_2): 50 prazas.

Unidades de competencia convocadas
1. As unidades de competencia convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria son as recollidas no anexo I desta orde. No anexo I recóllese a relación de unidades de competencia das cualificacións profesionais convocadas, incluíndo o número de prazas en cada unidade de competencia e con indicación dos títulos de formación profesional e/ou certificados de profesionalidade que recollen estas unidades de competencia.
2. No caso de que nalgunha das unidades de competencia convocadas as persoas candidatas admitidas non cubran o número de prazas convocadas, o Instituto Galego das Cualificacións poderá asignar estas prazas a outras unidades de competencia doutras cualificacións profesionais, atendendo prioritariamente a aquelas cualificacións profesionais que estean afectadas por unha regulación profesional.

Prazos de inscrición no procedemento
1. O prazo de inscrición será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2).
• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2).
• Servizos para o control de pragas (SEA028_2).
• Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3).
• Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2).
• Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2).
• Tanatopraxia (SAN491_3).
• Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2).
2. Non necesitan inscribirse novamente, xa que aceden directamente ao procedemento, as persoas que quedaron na lista definitiva de persoas en lista de espera, na anterior convocatoria publicada a través da Orde do 30 de decembro de 2016, nas cualificacións profesionais indicadas no punto 1 onde existan esas listas de espera.
3. Non se abre prazo de inscricións nas cualificacións profesionais de Extinción de incendios e salvamento e Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural xa que accederán directamente ao procedemento as persoas candidatas que figuraban na lista definitiva de persoas en lista de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Orde do 30 de decembro de 2016; por orde de puntuación e ata o total de prazas convocadas, tal e como se indica no artigo 4.3 desta orde.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE VIXENCIA DA TARIFA XENTE NOVA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova, no ámbito do Plan de transporte metropolitano de Galicia, para o ano 2018.

Ampliar o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2018.

BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA PARA PERSOAS TITULADAS SUPERIORES UNIVERSITARIAS E EN FORMACIÓN PROFESIONAL EN ASUNTOS RELACIONADOS COA UE

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto, finalidade e duración
Estas bases regulan as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a concesión de seis bolsas de formación práctica, cinco dirixidas a persoas licenciadas ou posuidoras de grao universitario e unha dirixida a persoas técnicas superiores de formación profesional en Secretariado ou Asistencia á Dirección, para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e en Bruxelas durante o ano 2018 (código de procedemento PR770N).
Condicións xerais
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
As bolsas serán indivisibles e improrrogables. Serán tamén incompatibles con calquera outra bolsa concedida para o mesmo período e con calquera actividade laboral ou remunerada.
As persoas adxudicatarias, no momento de aceptación da bolsa, non poderán ser perceptoras de salarios ou outros ingresos que impliquen vinculación contractual ou estatutaria. As bolsas son incompatibles coa percepción de prestación ou subsidio por desemprego.
As persoas solicitantes non poderán estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para obter subvencións do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.
A concesión e goce da bolsa non supoñerá vinculación civil, laboral ou funcionarial entre a persoa bolseira e a Fundación Galicia Europa.
A estas bolsas non lles será aplicable o Estatuto do persoal investigador en formación.
Persoas beneficiarias
Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
1. Nacionalidade: ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Ser natural de Galicia, ou ser fillo/filla de galegos ou acreditar residencia en Galicia desde antes do 1 de xaneiro de 2015.
3. Titulación: estar en posesión dalgún dos seguintes títulos, todos eles obtidos con posterioridade ao 31 de decembro de 2010:
a) Para as bolsas de formación no seguimento dos asuntos relacionados coas institucións comunitarias e coas súas políticas, así como coa captación de financiamento comunitario e xestión de proxectos europeos: título universitario superior (licenciatura ou grao).
b) Para a bolsa de formación en comunicación e información das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da presenza de Galicia nos organismos europeos: grao ou licenciatura en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
c) Para a bolsa dirixida a titulados de formación profesional: título de técnica/o superior en Secretariado ou técnica/o superior en Asistencia á Dirección.
4. Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da lista de reserva e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a catro meses.
5. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do obxecto desta bolsa.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

martes, 26 de diciembre de 2017

SUBVENCIÓNS Á PRODUCIÓN ESCÉNICA 2018

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da produción da actividade escénica, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2018.
As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:
Modalidade 1. Subvencións á produción de espectáculos de empresas de nova creación e con proxectos que non superen os 20.000 euros de orzamento.
Modalidade 2. Subvencións á produción de espectáculos de pequeno formato, que son aqueles compostos por un máximo de tres actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena, e que non superen os 30.000 euros de orzamento.
Modalidade 3. Subvencións á produción de espectáculos de mediano formato, que son aqueles compostos por entre catro e sete actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena, e que non superen os 60.000 euros de orzamento.
Modalidade 4. Subvencións á produción de espectáculos de gran formato, que son aqueles compostos por máis de sete actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena, e que non superen os 80.000 euros de orzamento.
Persoas beneficiarias
1. Dentro dos límites orzamentarios, e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas, físicas ou xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia; quedan exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
No suposto da modalidade 1 (empresas de nova creación), ademais dos requisitos anteriores, é preciso que a antigüidade da compañía non sexa superior aos cinco anos.
Prazo de presentación de solicitudes
 prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

INCREMENTO DAS AXUDAS DA PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS

LEI 7/2017 DE MEDIDAS DA EFICIENCIA ENERXÉTICA E GARANTÍA DE ACCESIBILIDADE Á ENERXÍA ELÉCTRICA

viernes, 22 de diciembre de 2017

SUBVENCIÓNS A SALAS DE ARTES ESCÉNICAS 2018

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

 Finalidade
Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para fomentar a estabilidade e a consolidación das salas de artes escénicas de titularidade privada que desenvolvan programacións artísticas de carácter profesional.
Beneficiarias
Poderán solicitar as subvencións as persoas físicas ou xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 250 localidades que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2018. Exclúense as salas cuxa titularidade pertenza a asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro. O solicitante deberá probar a dispoñibilidade da sala mediante copia da escritura de propiedade, contrato de alugamento ou outros documentos válidos en dereito, e deberá estar en posesión da licenza de apertura da sala para a cal solicita a axuda na actividade correspondente.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS PARA O FOMENTO DAS RAZAS AUTÓCTONAS 2018

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
As presentes axudas, tramitadas en réxime de concorrencia competitiva, teñen como finalidade:
1. O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.
2. A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.
3. A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.
4. A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.
Entidades beneficiarias
Poderanse acoller ás axudas descritas nesta orde as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas pola Comunidade Autónoma, que cumpran os requisitos seguintes:
a) Carecer de ánimo de lucro.
b) Estar oficialmente recoñecidas para a xestión do libro ou libros xenealóxicos da raza ou razas autóctonas españolas pola Comunidade Autónoma galega.
c) No caso de que existan varias asociacións recoñecidas para unha mesma raza, xa sexa na mesma comunidade autónoma ou en distintas comunidades autónomas, deberán estar integradas nunha única asociación de segundo grao, segundo establece o artigo 13.1 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro, polo que se establece o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras, para poder acceder a estas axudas, e deberá ser a dita asociación de segundo grao a solicitante das axudas.
d) Cumprir os requisitos exixidos polos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e, de ser o caso, o recollido nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Cumprir coas obrigas previstas no artigo 11 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro.
f) Ter a condición de peme de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) núm. 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, definición que se inclúe no anexo II desta orde.
g) Non ter a consideración de empresas en crise, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, de acordo coas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01 da Comisión, do 31 de xullo de 2014).
h) Non estar suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
Así mesmo, os requisitos previstos nas letras d), f), g) e h) tamén deberán ser cumpridos polas explotacións gandeiras en que se realicen as actividades subvencionables.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

OEP UNIVERSIDADE DE VIGO DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR PARA O ANO 2017

UNIVERSIDADE DE VIGO



Oferta de emprego público do persoal docente e investigador

da Universidade de Vigo

Ano 2017

Persoal docente e investigador contratado doutor

Categoría

Prazas

Profesorado Contratado doutor

14

Persoal docente e investigador dos corpos docentes universitarios

Categoría

Prazas

Profesor/a titular de universidade

17

Profesor/a titular de universidade

3

(reserva do 15 % para persoal investigador doutor que finalizase o programa Ramón y Cajal e dispoña da certificación I3)

Total de prazas

20

Quenda de promoción interna

En aplicación do disposto no artigo 62.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, inclúense na OPE para o ano 2017 as seguintes prazas polo procedemento de promoción interna:

Categoría

Prazas

Catedrático/a de universidade

20

AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR CONXUNTA DAS EMPRESAS GALEGAS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os organismos intermedios empresariais de Galicia. Por organismos intermedios empresariais enténdense: as asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústeres empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).
Enténdese por clúster empresarial para os efectos destas bases as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación clúster.
Consideraranse, así mesmo, beneficiarias as empresas –que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión e que teñan o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia– que participen directamente nas accións subvencionadas e, ás que se lles imputará a axuda de minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contado desde o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.


AXUDAS PARA ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d) As beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser consideradas empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para seren beneficiarias da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS PARA O LIBRO EN GALEGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, de acordo co establecido na presente orde (código do procedemento CT235A).
As axudas van dirixidas á produción editorial para apoiar o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas. Tamén se subvenciona a edición dos libros traducidos ao abeiro desta orde financiando os gastos de edición, tales como os de deseño e maquetación, preimpresión, impresión e manipulación.
Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para a tradución e a edición aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido na presente orde.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

ORDEN PAGAMENTOS ANTICIPADOS NAS AXUDAS PARA SUFRAGAR DANOS NAS VIVENDAS E NO SEU ENXOVAL DOMÉSTICO CAUSADOS POLOS INCENDIOS DE OUTUBRO

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Artigo único. Pagamentos anticipados

1. No procedemento contido no artigo 19, relativo ás axudas destinadas a sufragar os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios acontecidos en Galicia durante os días 14, 15 e 16 de outubro de 2017, as persoas beneficiarias, sen necesidade de constituír ningunha garantía, poderán solicitar pagamentos anticipados de ata o 25 % do importe da subvención concedida e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

2. A solicitude do anticipo deberá presentarse, conforme o modelo que se xunta a esta orde, ante a área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) onde estea situada a vivenda, a cal, unha vez examinada esta, elevará unha proposta de concesión á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, quen resolverá motivadamente.

3. Non poderán realizarse pagamentos anticipados a aquelas persoas beneficiarias que estean nalgunha das situacións sinaladas no número 6 do artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

miércoles, 20 de diciembre de 2017

ESGOTAMENTO DE CRÉDITO DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE INSTALACIÓN DE ASCENSORES E OUTROS DISPOSITIVOS DE ACCESIBILIDADE EN EDIFICIOS RESIDENCIAIS COLECTIVOS

SUBVENCIÓNS DE CREACIÓN AUDIOVISUAL

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para fomentar a creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores individuais ou a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e proceder á súa convocatoria para o ano 2018.
Poderán ser obxecto de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais as seguintes modalidades de proxectos:
Modalidade A: subvencións á escrita individual de guión en galego. Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias para longametraxes cinematográficas. A contía adxudicada por proxecto será de 5.000 euros.
Modalidade B: subvencións para a realización de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega cunha duración inferior a 30 minutos. As subvencións terán unha contía de 6.000 euros.
Modalidade C: subvencións a proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega, cunha duración igual ou superior aos 60 minutos e que conten cun realizador que non dirixise ou codirixise máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica. As subvencións terán unha contía de 30.000 euros.
Cada proxecto deberá estar inscrito nunha soa modalidade.
Beneficiarios
1. Poderán optar a estas subvencións referidas nas modalidades A e B todas as persoas físicas residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da Unión Europea ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, sempre que non realicen o proxecto para o que solicitan a subvención de xeito profesional.
2. Poderán optar ás subvencións referidas na modalidade C os directores residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da Unión Europea ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que estean constituídos como produtora individual no momento de presentar a solicitude. Así mesmo, poderán optar aquelas persoas xurídicas constituídas como produtoras con antigüidade ininterrompida de, polo menos, un ano inmediatamente anterior a esta convocatoria, establecidas cando menos durante un ano previo inmediatamente anterior a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da Unión Europea ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DA ORDE DE APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

SUBVENCIÓNS PARA PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E CATÁSTROFES EN MVMC E SOFOR

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e as Sofor poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva.
2. De acordo co devandito obxecto, establécense dúas liñas de subvencións:
a) Liña I. Subvencións para o control selectivo de combustible (código de procedemento MR651A).
b) Liña II. Subvencións para a construción de puntos de auga (código de procedemento MR651B).
3. O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común e ás Sofor da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles montes veciñais en man común que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión ou transformación do dito consorcio.
No caso de montes veciñais en man común consorciados coa Xunta de Galicia, poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.
4. Estas axudas ampáranse nos artigos 21 e 24 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), que establecen as medidas de apoio á prevención e defensa contra os incendios forestais.
5. Estas axudas tramitaranse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades, e as sociedades de fomento forestal (en diante, Sofor) sempre que non incorran en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
2. Serán elixibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia, de acordo co establecido no número 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.
3. As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios, é dicir, que poderá abranguer todo o territorio de Galicia, conforme o disposto na Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.
4. No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.
5. Cando se trate de agrupacións sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.
6. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, corresponden á agrupación. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición establecido nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.
7. No caso da liña II, a porcentaxe de subvención deberá ser proporcional á superficie de cada comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) con respecto á superficie total da agrupación.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DO PROGRAMA DE EMPREGO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE NO MERCADO ORDINARIO DE TRABALLO

viernes, 10 de noviembre de 2017

BONO COIDADO

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018 (código de procedemento BS412A), así como proceder á súa convocatoria.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono coidado os pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
a) Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2005 respecto da anualidade 2017 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 respecto da anualidade 2018.
b) Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do ano 2015 respecto da anualidade 2017 e do ano 2016 respecto da anualidade 2018.
2. Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes de axuda poderanse presentar desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de abril de 2018.