jueves, 31 de enero de 2019

APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2019 os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Beneficiarios
Os pagamentos directos indicados no título II e as axudas de desenvolvemento rural recollidas no capítulo III e na sección 3ª do capítulo IV do título III desta orde só se concederán a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria. O requisito da actividade agraria tamén será exixible aos solicitantes das axudas de agroambiente e clima recollidas na sección 2ª do capítulo IV do título III.

Prazo de presentación da solicitude única
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2019, iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o 30 de abril, ambos incluídos.

CERTAME COOPERATIVISMO NO ENSINO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e finalidade
O certame ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Poden presentarse traballos nas seguintes modalidades:
a) Actividades artísticas, tales como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías ou vídeos, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.
b) Actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
c) Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

Beneficiarios
Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 30 de abril de 2019. Non obstante, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes e os traballos poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Os importes dos premios correspondentes ás modalidades de actividades artísticas e de actividades cooperativizadas serán aboados aos centros de ensino, que deberán destinalos á adquisición de material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, ou á realización dunha actividade formativa, deportiva ou cultural dirixida ao alumnado do centro.
Os importes dos premios correspondentes á modalidade de proxectos empresariais cooperativos serán aboados ás persoas autoras do proxecto.

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA AXUDAS PARA IMPLANTAR A RESPONSABILIDAD SOCIAL EMPRESARIAL, A IGUALDADE LABORAL E A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL

AXUDAS ECONÓMICAS A EMPRESAS QUE REALICEN PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS ESCRITAS INTEGRAMENTE EN GALEGO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. De acordo co artigo 2 do Decreto 103/1994, do 21 de abril, polo que se establecen axudas dirixidas ás publicacións periódicas escritas integramente en galego normativizado, estas axudas económicas teñen por obxecto a expansión e difusión do galego normativizado e da cultura nas tarefas de información xornalística.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Entidades beneficiarias
1. As entidades beneficiarias destas axudas serán as empresas xornalísticas inscritas no Rexistro Mercantil que realizasen publicacións periódicas escritas integramente en galego durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.
2. Quedan excluídas da concesión de axudas:
a) Os boletíns de información interior ou de institucións.
b) As publicacións de organizacións políticas, empresariais, profesionais, sindicais ou de entidades públicas.
c) As publicacións que se distribúan como suplemento ou de forma conxunta con outra publicación.
d) As publicacións que, estando sometidas ao control da Oficina de Xustificación da Difusión (OXD), non presenten o certificado acreditativo da difusión expedido polo dito organismo.
e) As publicacións que durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria non se publicasen en galego normativizado.
f) Aquelas publicacións que non se editasen durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria ou non manteñan a súa actividade no momento da concesión da subvención.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

miércoles, 30 de enero de 2019

CONVOCATORIA PROBA PARA OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Condicións das persoas aspirantes.
1º. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2019.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2018/19.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
2º. As persoas aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais, as persoas aspirantes que teñan superadas as materias xerais e as materias troncais de opción propias da modalidade de Artes.

Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes.
1º. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2019.
2º. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, nos centros educativos sinalados no apartado 3 desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (anexo I desta resolución) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
3º. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.

Celebración da proba.
A proba celebrarase o día 26 de abril de 2019 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:
Modalidade A. Grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que, pola súa produción científica e a súa actividade de I+D, constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
Modalidade B. Grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que, pola súa produción científica e a súa actividade de I+D, amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do Sistema galego de I+D+i.

Beneficiarios/as
As seguintes entidades: a) as universidades do SUG; b) os organismos públicos de investigación de Galicia; c) as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur); no caso dos institutos de investigación sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do Servizo Galego de Saúde que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades; d) os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia, segundo os requisitos establecidos nos anexos I, II, para cada caso.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA PREDOUTURAL

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
O apoio á etapa predoutoral con dúas modalidades:

Modalidade A: axudas cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 destinadas ao apoio á etapa predoutoral para investigadoras e investigadores que desenvolvan un proxecto de investigación en liña cos retos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 e que teñan unha persoa designada para dirixir ou codirixir a tese que cumpra os requisitos indicados no artigo 1 da convocatoria.
Modalidade B: axudas de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral, mediante as cales se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento nesta convocatoria.
Para ambas as modalidades prevese a posibilidade de realizar estadías de tres meses de duración no estranxeiro que favorezan unha mellora na formación das investigadoras e dos investigadores e que posibiliten que consigan a mención de doutora ou doutor internacional.

Beneficiarios
As universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato predoutoral de duración determinada e con dedicación a tempo completo, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á institución onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

martes, 29 de enero de 2019

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA RE-ACCIONA TIC 2019

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA



Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

Modifícase a data de fin de prazo de presentación de solicitudes da convocatoria 2019.3 das bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Resolución do 21 de decembro de 2018, DOG núm. 7, do 10 de xaneiro de 2019), que queda do seguinte xeito:

«Convocatoria 2019.3: desde o 25.3.2019 ata o 30.4.2019».



SUBVENCIÓNS A PRODUCIÓNS E COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS DE CONTIDO CULTURAL GALEGO

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
A finalidade da resolución é fixar as bases que regularán o réxime de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, establecidas pola Agadic para contribuír ao fomento da produción da actividade audiovisual galega, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019.

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 961.1), e con sucursal ou oficina permanente, polo menos, durante un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.
Por produtor independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canle televisiva privada, nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).
Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos polas empresas que a integran no momento da súa constitución.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL (PROGRAMA APROL-ECONOMIA SOCIAL)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e finalidade
Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través dos seguintes programas:
Programa I, dirixido a fomentar a incorporación, como persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, de persoas desempregadas, de traballadores e traballadoras con carácter temporal e de persoas socias a proba.
Programa II, dirixido a fomentar o acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como o fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas, a través do financiamento das achegas económicas ao capital social.

Entidades beneficiarias
As cooperativas e sociedades laborais para o programa I e as persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 1 de outubro de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Outros datos
Os incentivos a que se refire esta convocatoria están sometidos ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos regulamentos da Comisión (UE) 1407/2013, 1408/2013 ou 717/2014, segundo proceda.

CORRECCIÓN DE ERROS.- BASES REGULADORAS PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO A TRAVÉS DO PROGRAMA I E PROGRAMA II

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias
Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

Segundo. Obxecto
Este programa ten por obxecto a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2019.

Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínanse dez millóns setenta mil seiscentos corenta e sete euros (10.070.647 €).

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral de presentación de solicitudes para o programa I regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2019.

XXII EDICIÓN DO PREMIO MANUEL COLMENEIRO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto e réxime xurídico
1. O obxecto do premio é fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma (código do procedemento PR771A).
2. A concesión do premio rexerase por estas bases; pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e, subsidiariamente, pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións.

Persoas destinatarias
1. Poderán participar nesta convocatoria persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea. Gardarase reserva sobre a identidade de cantas persoas participen no premio, e unicamente serán obxecto de publicidade o nome e apelidos da persoa ou persoas gañadoras.
2. No suposto de que se trate de grupos de traballo, acreditarase expresamente a persoa física responsable da dirección do equipo, que será a persoa que figure como solicitante no modelo normalizado de solicitude, así como a porcentaxe de participación de cada integrante do grupo no traballo presentado.
3. Non poderán acceder a este premio as persoas que se atopen afectadas por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes e traballos
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e que figura como anexo I a esta orde.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude e/ou traballo de investigación presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A solicitude deberá ser asinada electronicamente pola persoa solicitante ou representante ou por aquela que se responsabilice da dirección do grupo de traballo, se é o caso.
Co obxecto de garantir o anonimato, nos traballos de investigación presentados non figurará ningún dato persoal da persoa autora deles, senón unicamente o título na primeira páxina. Así mesmo, o dito traballo será presentado nun arquivo independente ao do resto da documentación. No mesmo sentido, a Dirección da EGAP faciliará ao xurado, para o desenvolvemento das súas funcións, unicamente o documento que conteña o texto dos traballos presentados e manterá custodiada a identidade do/a autor/a ou dos/as autores/as ata que se resolva o procedemento.
3. O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos comezará coa entrada en vigor desta orde e finalizará o 15 de outubro de 2019.

lunes, 28 de enero de 2019

AXUDAS A ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAIS PARA A REFORMA DOS ESTABLECEMENTOS (REFORMA-TUR 19)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto incentivar a adquisición de materiais para a reforma de establecementos hoteleiros en Galicia, co fin de incrementar e incentivar a compra e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais, comerciais e turísticos galegos.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares de:
a) Establecementos hoteleiros cun máximo de 40 prazas, definidos no capítulo II, artigo 4 (concepto de hoteis), artigo 6 (concepto de hoteis balneario) e artigo 7 (hotel talaso) do Decreto 57/2016, do 12 de maio, situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Os establecementos de Turismo Rural segundo o Decreto 191/2004, do 29 de xullo, situados no Camiño de Santiago.
c) Os albergues privados situados no Camiño de Santiago.
Que estean autorizados ou clasificados conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT), cunha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o que se solicita a subvención non inferior a cinco anos na data de publicación da convocatoria de axuda e que adquiran os bens subvencionables descritos no artigo 3.1.d) das bases reguladoras nunha entidade colaboradora adherida ao Programa Reforma-Tur 19 e os instalen no seu establecemento no prazo indicado no devandito artigo 3.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ao mes desde o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30.4.2019, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

CORRECCIÓN DE ERROS.- BOLSA DE FORMACIÓN EN ESTUDOS RELACIONADOS CO DEREITO ADMINISTRATIVO

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA


Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG número 18, do 25 de xaneiro de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 4919, onde di: «Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en economía. (...)», debe dicir: «Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditada a titulación de licenciatura ou grao en Dereito (...)».

Advertido un erro no extracto da citada resolución, publicado no Diario Oficial de Galicia número 18, do 25 de xaneiro de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 4.937, no punto primeiro, Persoas beneficiarias, onde di: «Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en economía», debe dicir: «Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditada a titulación de licenciatura ou grao en Dereito.».

SUBVENCIÓNS PARA MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
A mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas de establecementos de aloxamento turístico.
Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2019.
Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:
1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de calidade turística.
3. Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
4. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.
5. Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións, así como embelecemento do contorno.
6. Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento.

Persoas beneficiarias
As persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base nos art. 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20 de maio), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Prazo de xustificación da subvención
O prazo para a xustificación da subvención será ata o 31 de outubro de 2019

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ADQUISICIÓN DE MAQUINARIA E EQUIPAMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL


Obxecto
Apoio á ampliación e modernización de pequenas empresas mediante a adquisición de equipos produtivos destinados a actividades non agrícolas.

Persoas beneficiarias
a) Microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais. Para estes efectos, a definición de pequena empresa é a que resulta do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, pola que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
c) Titulares dunha explotación agraria ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Outros datos
A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de axuda do 45% dos gastos subvencionables.
As axudas concedidas están amparadas no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013 (DO L352, do 24 de decembro), referente á aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE.

AXUDAS AO ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA QUE POR CAUSAS SOBREVIDAS IMPREVISTAS TEÑA DIFICULTADES PARA CONTINUAR ESTUDOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

Persoas beneficiarias
O alumnado que curse estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2018/19, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Prazo para presentar as solicitudes
– Se a causa sobrevida e imprevista acontecese con anterioridade á publicación desta orde, o prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida e, nestes casos, a data límite para presentar as solicitudes será o 31 de xullo de 2019, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b) da orde.

PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL, A IGUALDADE LABORAL E A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Establecer as bases reguladoras, para o ano 2020, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarias
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.
No caso da liña II (plans de igualdade) terán que contar como mínimo con 10 persoas traballadoras.
Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia que deberán ter contratado nesta comunidade autónoma un mínimo de 8 persoas ou de 10, no caso de plans de igualdade.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será de 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS A ACCIÓNS DE FOMENTO DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 da concesión de subvencións, pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, Secretaría Xeral de Emprego, mediante o réxime de concorrencia competitiva co fin de levar a cabo accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia (procedemento TR852A).

Entidades beneficiarias
Na liña 1:
As asociacións empresariais e as organizacións sindicais, intersectoriais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.

Na liña 2:
a) As asociacións empresariais galegas sectoriais ou intersectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
b) As organizacións sindicais con representatividade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de carácter sectorial como intersectorial.
c) As fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral, nadas da negociación colectiva ou de acordos sectoriais, con sede e actividade en Galicia.
d) Asociacións profesionais de traballadores e traballadoras autónomos/as rexistradas segundo o establecido no Decreto 406/2009, do 22 de outubro, que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.

 Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

viernes, 25 de enero de 2019

CORRECCIÓN DE ERRROS. PROGRAMA RE-ACCIONA TIC 2019

BOLSA DE FORMACION RELACIONADOS CO DEREITO ADMINISTRATIVO

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018 pola que se convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

Obxecto
Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo (PR770F).
A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Requisitos das persoas solicitantes
Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan os seguintes requisitos no momento de terminar o prazo de presentación de solicitudes:
– Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en economía.
– Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que se declarará de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo I.
– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta ou, no caso de ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, manifestar un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade ao momento de incorporación a esta escola, segundo o modelo que se inclúe como anexo I.
– Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.
– Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da EGAP para a formación en estudos relacionados co dereito administrativo en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da lista de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

CONVOCATORIA PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL DO SISTEMA EDUCATIVO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio (código de procedemento ED312C) e de grao superior (código de procedemento ED312D) de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2019.

Finalidade e persoas destinatarias das probas de acceso
1. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

Datas e lugares de inscrición
A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2018/19. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.

Presentación de solicitudes e documentación
1. As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.
2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude no formulario normalizado do anexo I e que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Presentación de solicitudes e documentación
1. As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.
2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude no formulario normalizado do anexo I e que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

AXUDAS AO ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTADO MEMBRO DA UNION EUROPEA DURANTE O VERÁN DE 2019 PARA COÑECER A LINGUA DESE PAÍS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, cento corenta e dúas (142) axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Orzamento e contía das bolsas
O importe global previsto na orde é de 142.000 euros.
A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes
Será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2019.


BASES REGULADORAS PARA O FOMENTO E A CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO A TRAVÉS DO PROGRAMA I PARA PEMES DE NOVA CREACIÓN E PROGRAMA II INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO IEBT

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Programa I

Obxecto
Xerar emprego estable para as persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social e as unidades familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego, mediante os seguintes tipos de axuda:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para a formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Entidades beneficiarias
1. As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
2. As empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
3. As persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das propias persoas promotoras.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas de programa regulado nesta orde finalizará o 31 de xullo de 2019.

Programa II

Obxecto
Impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a convocatoria do Programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Axuda para o inicio e a posta en marcha da actividade.

Entidades beneficiarias
As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e as condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2019.

BASES REGULADORAS PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Programa I. Axudas á promoción do emprego autónomo

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa de promoción do emprego autónomo e realizar a súa convocatoria para o ano 2019.
2. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
3. Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidos nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019, ambos inclusive.
4. Este Programa I está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 %, a través do programa operativo do FSE de Galicia 2014-2020 e, en particular, no eixe 1. Promover a sustentabilidade e a calidade e o emprego e favorecer a mobilidade laboral; prioridade de investimento 8.3. Promover o traballo por conta propia, o espírito emprendedor e a creación de empresas, incluíndo as microempresas e as pequenas e medianas empresas innovadoras, e obxectivo específico 8.3.1. Aumentar as competencias emprendedoras e incrementar o número de empresas e iniciativas de traballo por conta propia sustentables creadas, facilitando o seu financiamento e mellorando a calidade e eficiencia dos servizos de apoio e de consolidación. Liña de actuación 114.- Programa de promoción do emprego autónomo.

Persoas beneficiarias
1. Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:
a) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.
b) Ter iniciada a actividade segundo definición do artigo 5.2 con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.
c) Que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
d) Que non percibisen subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade. Este prazo computarase desde a data de notificación da resolución de concesión da anterior subvención.
e) Que non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará cando a actividade desenvolvida fose realizada por persoas autónomas colaboradoras.
2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
3. Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais e os autónomos colaboradores.
4. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Dar lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aquelas que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non acharse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non acharse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por se atoparen indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.
5. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
6. A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 4 e 5 anteriores para obter a condición de persoa beneficiaria realizarase mediante declaración responsable, con excepción do previsto no punto 4.e), que se xustificará de conformidade co disposto no artigo 24.1.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo para presentar as solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo será contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2019. Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
2. Para garantir que os cidadáns que carecen de medios para relacionarse telematicamente coa Administración, e de acordo co previsto no artigo 13.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poidan presentar no rexistro electrónico a solicitude referente a este procedemento, a persoa solicitante poderá contar, entre outros, coa asistencia efectiva da Rede de técnicos de emprego de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria.


Programa II. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalaridas.

Obxecto
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar, para o ano 2019, os incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade e pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Prazo de presentación de solicitudes
a) As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e a data da publicación desta orde deberanse presentar no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
b) As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberanse solicitar ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita a subvención. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
c) O prazo para presentar as solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, coa finalidade de que poidan acadar unha maior autonomía e independencia de cara a mellorar a súa situación persoal, social e laboral, mediante o apoio a programas de recursos integrais de atención personalizada e especializada que respondan a un dos seguintes tipos:
a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.
b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade, pertencentes a un ou varios colectivos en que concorra a dita situación.
Son subvencionables os gastos e as actuacións realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na convocatoria as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que teñan domicilio social ou delegación en Galicia e que estean inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

jueves, 24 de enero de 2019

PREMIOS GALICIA PARABÉNS

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto e réxime
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios Galicia Parabéns como un recoñecemento institucional e social ás iniciativas destinadas a conservar, mellorar e embelecer as paisaxes, os núcleos poboacionais e os Camiños de Santiago dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. (TU201A).
Os premios Galicia Parabéns constarán das seguintes categorías:
1ª categoría:
Destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións realizadas, nos últimos dez anos, para conseguir unha mellora da paisaxe, unha integración axeitada nela de elementos antrópicos (arquitecturas, estradas, industrias, canteiras, etc), ou da propia mellora estética dos núcleos poboacionais. Así mesmo, inclúense nesta categoría as iniciativas ou actuacións de embelecemento realizadas nos lindeiros das rutas dos Camiños de Santiago.
2ª categoría:
Destinada a premiar os mellores proxectos dirixidos á realización de obras de revalorización e embelecemento, tanto para promover unha mellora da paisaxe como para intervencións nos núcleos poboacionais ou nos lindeiros dos Camiños de Santiago.

Entidades beneficiarias
Poderán participar nesta convocatoria, segundo as categorías que se establecen no artigo anterior, os concellos, as agrupacións de concellos de Galicia, as mancomunidades de concellos de Galicia e os consorcios locais galegos.
Para os efectos desta resolución, considérase agrupación de concellos aquela candidatura subscrita por dous ou máis concellos, e deberá axustarse ao disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Os concellos non poderán solicitar o premio en máis dunha candidatura. A infracción deste criterio dará lugar á non admisión de todas as candidaturas de que formen parte.
Non poderán participar nesta convocatoria as sete grandes cidades galegas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, e as entidades locais en que están integradas.
Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forme parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.

Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e segundo se establece no artigo 5 das bases reguladoras.

Prazo de xustificación da subvención
Os prazos para presentar a documentación xustificativa serán:
Fase 2019: 15 de decembro de 2019.
Fase 2020: 30 de novembro de 2020.

AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DOS SEGUROS AGRARIOS N A COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2019 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma de Galicia axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

Persoas beneficiarias
1. A Consellería do Medio Rural concederá estas axudas en forma directa aos agricultores e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2019 e liñas gandeiras dos plans 2018 e 2019, formalizadas en 2019, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de acuicultura continental.
2. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.

Prazo de presentación de solicitudes
Nos anexos I, II e III da orde establécense as datas de inicio de subscrición de pólizas de seguro correspondentes ás diferentes liñas de seguro que compoñen o Plan de seguros agrarios.
A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición estipulados pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e, ademais, se cumpran os distintos puntos referentes á subvención que se conteñan na declaración do seguro. En todo caso, na declaración do seguro especificarase, na parte de subvencións para comunidades autónomas, a expresión literal de «subvención da Comunidade Autónoma de Galicia».
A contratación da póliza de seguro constitúe unha declaración do asegurado de que reúne os requisitos exixidos nas normas reguladoras sobre subvencións e axudas públicas, de acordo cos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de que non foi obxecto de resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro ou que, de ser o caso, se realizou o correspondente ingreso, e que dispón dos documentos que xustifican o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde para a concesión das subvencións.
En aplicación da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a contratación da póliza de seguro polo solicitante implica a autorización deste para que o órgano concedente obteña a acreditación do cumprimento dos ditos requisitos a través de certificados telemáticos, salvo denegación expresa daquel.

CONVOCATORIA PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE GRADUADO EN E.S.O. PARA MAIORES DE 18 ANOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Primeira. Condicións das persoas aspirantes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2018/19 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2018/19 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre, ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Segunda. Forma, lugar e prazos de presentación
1. Os prazos de matrícula serán:
Convocatoria de maio: 11 de marzo ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A) que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
3. As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros que constituirán tribunais para a avaliación das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria:
a) A Coruña:
– Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15011 A Coruña.
b) Ferrol:
– Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
c) Santiago de Compostela:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
d) Carballo:
– IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.
e) Lugo:
– Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
f) Ourense:
– Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
g) Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.
h) Vigo:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.
i) O Porriño:
– IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.
j) Tui:
– IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.
k) Vilagarcía de Arousa:
– IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.
4. Cando nos centros autorizados o número de persoas matriculadas exceda o aforo dos espazos dispoñibles para realizar a proba, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que corresponda establecerá o centro ou centros nos que os matriculados realizarán a proba.
5. No suposto anterior, o centro no que se formalice a matrícula elaborará listaxes definitivas de admitidos diferenciadas para cada centro no que deben presentarse para realizar as probas. As listaxes organizaranse seguindo criterios de orde alfabética, por grupos de letras.
6. Para a realización das probas, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá agrupar nun único tribunal os aspirantes inscritos en dous ou máis centros, en caso de que o seu número non xustifique a creación dun tribunal.

Décima. Realización das probas
1. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 24 de maio e 6 de setembro para as respectivas convocatorias.
2. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, de 9.30 horas ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
Na segunda parte, de 12.15 horas ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.
Na sesión da tarde, de 16.00 horas ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:
a) Lingua galega e literatura.
a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
a.2) Cuestións de Lingua galega e literatura.
b) Lingua castelá e literatura.
b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua galega e literatura.
b.2) Cuestións de Lingua castelá e literatura.
c) Lingua estranxeira (inglés ou francés).
3. Seguindo as indicacións do equipo directivo dos centros onde se realizan as probas, o profesorado terá que colaborar nas tarefas de vixilancia dos exames.