martes, 31 de marzo de 2015

BEN EMPREGADO II

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E DEMOGRAFÍA
Anuncio

CONVOCATORIA E BASES QUE REGULAN O PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO E A ECONOMÍA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DA PROVINCIA DE LUGO- BEN EMPREGADO II.

OBXECTO
O obxecto da presente convocatoria ten como finalidade articular as condicións polas que rexerá a convocatoria publica en réxime de concorrencia competitiva para a selección de Entidades da provincia de Lugo, susceptibles de percibir subvencións para o fomento do emprego e a economía dos sectores estratéxicos da provincia de Lugo a través da contratación por 12 meses de traballadores en situación de desemprego. A finalidade do plan é seleccionar ás entidades máis capacitadas para acadar o obxectivo das bases que é a incorporación o mercado de traballo de desempregados e crear un incentivo económico que redunde nunha mellora das perspectivas de empregabilidade.
BENEFICIARIOS
Nesta convocatoria poderán ser entidades beneficiarias da subvención, pequenas empresas e microempresas (segundo a definición recollida na Recomendación 2003/361 da U.E), calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís, así como asociacións, federacións, fundacións, e outras entidades sen ánimo de lucro que reúnan os seguintes requisitos.
- Dispoñer de capacidade e solvencia técnica.
- Estar inscritas no rexistro público correspondente.
- Dispor dos medios técnicos necesarios para que o traballador desempeñe ás súas tarefas.
- Contar cun centro de produción ou que realicen a prestación de servizos na provincia de Lugo. Para o caso de entidades que dispoñan de máis dunha sede, só será beneficiaria aquela situada no ámbito provincial de Lugo quedando automaticamente excluída calquera outra.
- Atoparse en actividades encadradas dentro do sectores estratéxicos definidos no Plan Estratéxico da Deputación provincia de Lugo publicado na páxina web www.deputacionlugo.org
- Non ter realizado despedimentos calificados como improcedentes ou nulos de traballadores nos seis meses
anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de realizar contratos en prácticas e para a formación e aprendizaxe ter capacidade de xestión suficiente para a execución dos proxectos formativos de práctica laboral solicitados así coma deseñar un proxecto ou programa formativo de práctica laboral por medio do cal os traballadores poidan adquirir competencias para o exercicio de actividades profesionais que faciliten a súa empregabilidade tal e como establece a normativa laboral
- Estar relacionada a súa actividade cos perfís de traballadores solicitados.
- Dispoñer de persoal cualificado que se encargue de exercer as funcións de coordinador e interlocutor coa
Deputación de Lugo.
 Prazo de solicitude: O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais (15) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. 

viernes, 27 de marzo de 2015

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓN PARA O FINANCIAMENTO DAS BOLSAS PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DE EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS MIXTOS DE EMPREGO E FORMACIÓN

SELECCIÓN PERSOAL PARA PROXECTO LUGO-PACTO PROVINCIAL POLO EMPREGO II

DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO-SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS



ACORDO:
 1º.- Aprobar as Bases que rexerá o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso - oposición libre para a cobertura provisional, con funcionarios interinos (art. 10.1.c do EBEP), de seis empregos de Técnicos de Xestión de Programas de Emprego. Estando previsto que o período de execución, no seu aspecto formativo, do Programa Lugo-Pacto Provincial polo Emprego II”, remate o 30 de setembro de 2015, os funcionarios interinos nomeados para tal fin cesarán nesa data, ou con anterioridade no momento en que os servizos dos ditos Técnicos deixen de ser necesarios, urxentes e prioritarios.
 2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar no proceso selectivo ao obxecto de cubrir seis empregos de: Nº EMPREGOS DENOMINACIÓN GRUPO / SUBGRUPO TITULACIÓN 6 Técnicos de xestión de programas de emprego. A/A2 Titulo universitario de grao ou Diplomatura universitaria ou equivalentes. 
3º.- Ordenar que se realicen cantos trámites sexan necesarios para desenvolver os procedementos selectivos. 
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
Os interesados dirixirán as solicitudes, no modelo oficial que se publica como Anexo I destas bases e que tamén se facilitará na Unidade de Selección, Promoción e Carreira e na páxina Web da Entidade, ao Presidente da Deputación Provincial.
A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo, ou a través das formas establecidas no artigo 38 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos, deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
O prazo límite de presentación de solicitudes alcanzará ata o 10 día a contar dende o día seguinte da publicación destas bases no BOP.
A solicitude de participación no proceso selectivo, deberá ser cumprimentada debidamente polos aspirantes
e nela relacionarán, nos apartados correspondentes, os méritos que aleguen. Os méritos relacionados acreditaranse conforme se establece na base 10. 

miércoles, 25 de marzo de 2015

AXUDAS Á HABILITACIÓN E MELLORA DE INFRAESTRUTURAS DOS PARQUES EMPRESARIAIS DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Obxecto e réxime das subvencións
1. Estas bases teñen por obxecto a mellora dos servizos e o acondicionamento de infraestruturas existentes ou de nova incorporación co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas para desenvolveren a súa actividade económica.
2. Os proxectos que se subvencionen ao abeiro desta convocatoria deberán desenvolverse ao longo do ano 2015.
3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Beneficiarios
Os beneficiarios das axudas serán os concellos que realicen investimentos dentro do seu ámbito territorial de acordo co obxecto desta orde, para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais implantados no seu termo municipal ou nos termos municipais limítrofes. As solicitudes poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar), para os efectos do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiario as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 25 de abril de 2015.

martes, 24 de marzo de 2015

OFERTA DE EMPREGO PUBLICO COMPLEMENTARIA ESTADO 2015

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ESTADO 2015

CONVOCATORIA PRAZAS PERSOAL FUNCIONARIO OFERTA EMPREGO 2015

jueves, 19 de marzo de 2015

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DE SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA

BOLSAS DE ESTADÍA NA CASA VELAZQUEZ EN MADRID

CONSELLO DA CULTURA GALEGA


Obxecto
Esta resolución ten como obxecto aprobar as bases e proceder á convocatoria de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid, que se inclúen como anexos a esta resolución, coa finalidade de contribuír ao estudo e investigación da proxección da cultura galega, notablemente no mundo francófono.
As bolsas regulamentadas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia. Cada bolsa estará dotada con mil euros (1.000,00) de estadía mensual por un período de tres (3) meses.
Duración
A duración de cada unha das bolsas será de tres (3) meses e desenvolverase preferentemente entre os meses de abril e novembro de 2015. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa; en calquera caso, a data límite de finalización das bolsas será o 31 de decembro de 2015.
As bolseiras e os bolseiros que non se incorporen no prazo establecido perderán os dereitos inherentes á bolsa concedida, agás causa xustificada de atraso apreciada polo presidente do Consello da Cultura Galega.
Requisitos xerais
Poderán solicitar estas bolsas ou ser beneficiarias delas as persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que para cada bolsa se sinalen nos anexos desta resolución, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.
b) Estar en posesión da titulación académica requirida para a bolsa para a cal presente solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega.
d) Non incorrer nalgunha das causas de prohibicións para ser beneficiario/a, ás cales se refire o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 20 de abril de 2015.

martes, 17 de marzo de 2015

SUBVENCIÓN PROGRAMA REENCONTROS NA TERRA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa Reencontros na Terra para o ano 2015, orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra, mediante un período de estadía nunha residencia e posteriormente coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
As axudas consistirán no financiamento do custo da viaxe, de ida e volta desde os seus países de residencia ata Galicia e da estadía en residencia, das persoas emigrantes galegas que carezan de recursos.
2. Así mesmo, é obxecto desta resolución proceder á convocatoria das devanditas axudas para o ano 2015.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1.1. Ser emigrante galega.
1.2. Ter a nacionalidade española.
1.3. Residir en América de xeito continuado, como mínimo, durante os últimos 10 anos.
1.4. Ter, ao menos, 65 anos feitos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
1.5. Non ter participado nos últimos 15 anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral ou do Estado español.
1.6. Valerse por si mesmas e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, circunstancias que deberán acreditar mediante os correspondentes certificados médicos.
1.7. Ter ingresos inferiores a 1,5 veces o importe das bases de cálculo da prestación económica por ancianidade do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Estado español para o ano desta convocatoria, segundo o país de residencia. Se a persoa solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 % da devandita cifra polo número de persoas que convivan menos unha.
2. As persoas solicitantes poderán vir acompañadas polas unidas a elas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga de afectividade, sempre e cando estas cumpran os requisitos establecidos nos puntos 1.3, 1.5 e 1.6 e acheguen a documentación xustificativa.
3. Entenderase como unidade económica familiar a integrada pola persoa solicitante e, de ser o caso, o seu cónxuxe, parella de feito ou relación análoga de afectividade, así como os/as fillos/as e parentes por consanguinidade ou adopción ata o segundo grao, sempre que convivan coa persoa solicitante.
4. No caso das relacións de feito análogas ao matrimonio, as persoas solicitantes terán que acreditar que levan convivindo polo menos un ano, e tal circunstancia poderase probar por medio da inscrición no rexistro correspondente, por manifestación expresa mediante acta de notoriedade ou por calquera outro medio admisible en dereito. No caso de teren descendencia en común, chegará con acreditar a convivencia.
Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

lunes, 16 de marzo de 2015

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS E DE MÚSICA

AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DA MAQUINARIA EN RÉXIME ASOCIATIVO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas en réxime de concorrencia competitiva para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 (procedemento MR351A), así como convocalas para o ano 2015.
2. Esta axuda ten como finalidade:
a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.
3. As solicitudes desta axuda tramitaranse de acordo coa presente orde.
 Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios da axuda regulada nesta orde:
a) As cooperativas agrarias que teñan como obxecto social prioritario a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (en diante CUMA), as sociedades agrarias de transformación (en diante SAT), que teñan como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola segundo o artigo 9 da Lei 5/1998, do 18 de decembro (DOG nº 251, do 30 de decembro), de cooperativas de Galicia, así como outras agrupacións con personalidade xurídica propia, e soamente para investimentos directamente relacionados coa súa actividade: as comunidades de regantes, asociacións de viticultores en terreos con pendentes superiores ao 15 % e asociacións de faba e castaña.
b) O resto das cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario para prestaren servizos aos seus socios.
c) As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos 5 anos posteriores á súa constitución.
Prazo de resolución:
O prazo para resolver e notificar as subvencións será de 2 meses desde a publicación desta orde. Se, transcorrido o prazo para resolver, ao interesado non lle é notificada a resolución, entenderase desestimada por silencio negativo.

PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave. Así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.
Competencias clave que se convocan
1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en Lingua Galega.
• Comunicación en Lingua Castelá.
• Comunicación en Lingua Estranxeira (inglés).
• Competencia Matemática.
2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3, son Competencia Matemática, Comunicación en Lingua Castelá e Comunicación en Lingua Galega.
A competencia de Comunicación en Lingua Estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de Lingua Estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.
Presentación de solicitudes e prazo
1. A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.
2. O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 10 de abril de 2015.

viernes, 13 de marzo de 2015

SUBVENCIÓN PARA A REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS DE EDIFICACIÓNS DE VIVENDA EXISTENTES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente á vez que se mellora a eficiencia enerxética
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas illadas ou edificios de vivenda colectiva, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas físicas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
3. En ningún caso o obxecto da subvención se destinará nin se adscribirá a ningunha actividade empresarial ou profesional.
4. Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Prazo de solicitude: 
 O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará aos tres meses do día seguinte da publicación da presente orde.

SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE CUBERTAS DE LOUSA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA



 Obxecto 
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de cubertas con lousa para obter melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas físicas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
3. En ningún caso o obxecto da subvención se destinará nin se adscribirá a ningunha actividade empresarial ou profesional.
4. Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Prazo de solicitude:
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará aos tres meses do día seguinte ao da publicación da presente orde.

SUBVENCIÓN PARA RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA



Obxecto e réxime das subvencións
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de cubertas con tella cerámica para obter melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.
 Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
3. En ningún caso o obxecto da subvención se destinará nin se adscribirá a ningunha actividade empresarial ou profesional.
4. Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Prazo de solicitude:
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará aos tres meses do día seguinte á publicación da presente orde.

SUBVENCIÓN PROXECTOS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E PARA A CONSOLIDACIÓN

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


 Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións para proxectos desenvolvidos dentro dalgunha das catro dimensións seguintes:
a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
c) Investigación sobre o desenvolvemento.
d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.
Tamén son obxecto as subvencións para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento, con domicilio social ou sede permanente en Galicia. Coa convocatoria espérase, dunha banda, mellorar a capacidade de planificación, xestión e avaliación nas áreas internas da organización, e doutra, mellorar a xestión da base social da organización en Galicia.
Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento que estean inscritas na sección A do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e as agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación definidos na Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.
Prazo de solicitude: ata o 13 de abril de 2015.

miércoles, 11 de marzo de 2015

APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto e ámbito
1. Esta orde ten por obxecto regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2015 os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.
2. Así mesmo, ten por obxecto aplicar na Comunidade Autónoma de Galicia o sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axudas comunitarios, incluída a solicitude única de axudas, de acordo co previsto no Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento e o Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos  (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello.
Liñas de axuda
1. As liñas de axuda están integradas polos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, en concreto, os seguintes réximes de axuda comunitarios establecidos no Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e no Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural:
a) Un pagamento básico aos agricultores («réxime de pagamento básico»).
b) Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente.
c) Un pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola.
d) Un réxime de axuda asociada:
1ª. Axuda asociada aos cultivos proteicos.
2ª. Axuda asociada aos legumes de calidade.
3ª. Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.
4ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de ceba.
5ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite.
6ª. Axuda asociada para as explotacións de ovino.
7ª. Axuda asociada para as explotacións de cabrún.
8ª. Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de ceba e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico.
9ª. Tamén poderá solicitarse calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
e) Un réxime simplificado para os pequenos agricultores.
Todas as axudas citadas anteriormente son financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).
2. Tamén se inclúen as solicitudes de axuda e pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, que na Comunidade Autónoma de Galicia son:
a) Solicitudes de axuda e pagamento das seguintes medidas do Programa de desenvolvemento rural (en diante PDR) de Galicia 2007-2013:
1ª. Axudas destinadas a indemnizar os agricultores polas dificultades naturais en zonas de montaña e axudas destinadas a indemnizar os agricultores polas dificultades naturais en zonas distintas ás de montaña (en diante, indemnización compensatoria).
2ª. Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias.
b) Solicitudes de axuda e pagamento das seguintes medidas do PDR de Galicia 2014-2020:
1ª. Agroambiente e clima.
2ª. Agricultura ecolóxica.
Nas axudas incluídas nas alíneas 2.a) e 2.b) anteriores, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) contribuirá cunha participación do 75 % ao seu cofinanciamento.
Solicitude única (procedemento MR250A)
1. As persoas que desexen obter algún dos pagamentos directos ou das axudas de desenvolvemento rural citadas no artigo 2 deberán presentar unha solicitude única.
2. Para os efectos dos controis da condicionalidade, tamén deberán presentar unha solicitude única os beneficiarios que recibisen o primeiro pagamento á colleita en verde en 2014 ou da prima á arrinca ou á reestruturación e reconversión da viña nos anos 2012, 2013 ou 2014. Estes beneficiarios presentarán unha solicitude única en que declaren todas as parcelas da súa explotación, aínda que non soliciten ningún dos pagamentos directos ou axudas de desenvolvemento rural indicados no artigo 2 desta orde.
Lugar e prazo de presentación da solicitude única
1. A solicitude única presentarase na Comunidade Autónoma de Galicia dirixida á persoa titular da dirección do Fogga, cando a explotación estea situada completamente neste territorio ou se, estando situada en máis dunha comunidade autónoma, se atopa na Comunidade Autónoma de Galicia a maior parte da superficie agraria ou o maior número de animais, no caso de non dispoñer de superficie.
2. A presentación da solicitude única realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Os solicitantes poderán optar por:
a) Realizar persoalmente a súa solicitude, para o que precisan dispoñer dun certificado dixital con vixencia.
b) Realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para tal efecto co Fogga.
3. O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2015, iniciarase o 1 de marzo e finalizará o día 15 de maio, ambos inclusive.
4. Non obstante o disposto no parágrafo anterior, admitiranse solicitudes de axudas ata os 25 días naturais seguintes á data de finalización do prazo establecido; nese caso e fóra dos casos de forza maior e circunstancias excepcionais, os importes reduciranse un 1 % por cada día hábil en que se exceda a dita data. A redución mencionada neste parágrafo tamén será aplicable respecto da presentación de contratos ou declaracións e outros documentos ou xustificantes que sexan elementos constitutivos da admisibilidade da axuda de que se trate, segundo o previsto na normativa comunitaria. No ano en que se asignen dereitos de pagamento básico esa redución será dun 3 % por cada día hábil en que se exceda a dita data para ese réxime de axudas. Se o atraso é superior a 25 días naturais, a solicitude considerarase inadmisible.

martes, 10 de marzo de 2015

CORRECCIÓN DE ERROS.- BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA DA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA


Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro, tras a superación dunha proba presencial na que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.
Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.
Contidos da proba
1. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e criterios de avaliación do dito módulo formativo poden consultarse no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de administración e xestión (BOE número 109, do 7 de maio).
2. A rede CeMIT ten publicado na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.es/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de «Autoformación» como material de apoio para a preparación destas probas:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.
Solicitudes de participación
1. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.es.
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. O prazo para a inscrición será de 7 días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
4. A inscrición poderá realizarse desde as 9.00 horas do día de inicio e ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
5. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídos automaticamente aqueles solicitantes que figuren inscritos en máis dunha localidade ou horario.
6. Unha vez que remate o prazo de inscrición, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.es), así como a listaxe de reservas e de excluídos.
7. As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco días naturais desde a data da súa publicación a taxa de 10 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.
8. Unha vez rematado o prazo para que as persoas admitidas aboen os dereitos de exame, e no caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes.

OEP 2015 CORPOS DOCENTES QUE IMPARTEN AS ENSINANZAS REGULADAS NA LEI 2/2006 DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2015 COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

lunes, 9 de marzo de 2015

CONVOCATORIA DE PRAZAS COMO FUNCIONARIOS INTERINOS DA DEPUTACION DE LUGO

OFERTA DE EMPREGO DEPUTACION PROVINCIAL LUGO

CORRECCIÓN DE ERRO.- PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO E A ECONOMÍA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DA PROVINCIA DE LUGO

CORRECCIÓN DE ERRO SUBVENCIÓN PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO E A ECONOMÍA DOS SECTORES EXTRATÉXICOS DE LUGO

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E DEMOGRAFÍA


Mediante Decreto de presidencia de data 19 de febreiro de 2015, ratificado pola Xunta de Goberno acordouse aprobar as seguintes modificacións nas bases do programa de fomento do emprego e a economía
dos sectores estratéxicos da provincia de Lugo publicado no BOP de data 22/12/2014.
Onde Di:
“.......entidades con domicilio fiscal en calquera concello da provincia de menos de 5000 habitantes ( 5 puntos)
.........”
Debe dicir:
“.......entidades con domicilio fiscal en calquera concello da provincia de menos de 5000 habitantes ( 10 puntos)
.........”
On de di:
“… total máximo de puntuación obtida na suma de tódolos items será de 50 puntos .”
.........”
Debe dicir:
“… total máximo de puntuación obtida na suma de tódolos items será de 55 puntos .”
.........”
Onde di:
“…. para a valoración das solicitudes presentadas establecese unha puntuación máxima de 50 puntos…”
.........”
Debe dicir:
“…para a valoración das solicitudes presentadas establecese unha puntuación máxima de 55 puntos…”
.........”
Lugo, 02 de marzo de 2015.- Vicepresidenta 2ª da Excma. Deputación Provincial de Lugo e delegada da Área de Emprego, Economía Sostible e Demografía, Lara Méndez López

SUBVENCIÓN A PROMOVER O AUTOEMPREGO E ACTIVIDADE EMPRENDEDORA PERSOAS GALEGAS RETORNADAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto e réxime das axudas
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que leva consigo o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar as devanditas subvencións para o ano 2015.
3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao non ser necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas, e concederanse a todas aquelas persoas solicitantes que reúnan os requisitos exixidos no artigo 3 desta resolución.
A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Secretaría Xeral da Emigración publicará no Diario Oficial de Galicia a indicada circunstancia, o que levará consigo a non admisión das solicitudes posteriores, sen prexuízo de que se poida incrementar o crédito orzamentario nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. No caso de que o crédito establecido para esta subvención non for suficiente para proceder ao pagamento de todas as subvencións solicitadas aplicarase, como criterio de prioridade, a data de presentación das solicitudes con toda a documentación relacionada no artigo 9.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia que residindo fóra de España retornen á Comunidade Autónoma galega.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas relacionadas no punto 1 con residencia no estranxeiro que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos do establecido neste punto, terá a condición de parella de feito a que figure inscrita como tal no correspondente Rexistro de Parellas de Feito de Galicia regulado polo Decreto 248/2007, do 20 de decembro.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2015.

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA CONECTA CON GALICIA

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS

miércoles, 4 de marzo de 2015

SUBVENCIÓN Á PRODUCCIÓN ESCÉNICA

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto, finalidade e principios de xestión
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da produción da actividade escénica, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para este ano 2015.
A finalidade das subvencións é o fomento da produción escénica, en calquera das súas modalidades e disciplinas artísticas, por parte de compañías profesionais con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, estreada entre o 1 de abril de 2015 ata o 31 de marzo de 2016. A produción deberá iniciarse no exercicio 2015.
2. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá dos 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
3. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e dos seus organismos dependentes.
4. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do evento.
Beneficiarios
1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas, físicas ou xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, quedando exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
No suposto da modalidade 1 (empresas de nova creación), ademais dos requisitos anteriores, é preciso que a antigüidade da compañía non sexa superior aos 5 anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizarase desde a última data da alta no IAE, na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.
Modalidades, orzamento e imputación de créditos e contía
1. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:
Modalidade 1. Subvencións á produción de espectáculos de empresas de nova creación, e con proxectos que non superen os 20.000 euros de orzamento.
• Modalidade 2. Subvencións á produción de espectáculos de pequeno formato, que son aqueles compostos por un máximo de tres actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena, e que non superen os 30.000 euros de orzamento.
Modalidade 3. Subvencións á produción de espectáculos de mediano formato, que son aqueles compostos por entre catro e sete actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena, e que non superen os 60.000 euros de orzamento.
• Modalidade 4. Subvencións á produción de espectáculos de gran formato, que son aqueles compostos por máis de sete actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena, e que non superen os 80.000 euros de orzamento.
Prazo de solicitude: ata o 4 de abril de 2015

SUBVENCIÓN TICKET ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Convocatoria e bases reguladoras
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía e Industria en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o segundo semestre do ano 2014 e primeiro semestre do ano 2015.
Obxecto e réxime das subvencións
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto subvencionar parte da factura eléctrica ás familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (indicador público de renda de efectos múltiples).
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Actuacións e gastos subvencionables
1. Os gastos subvencionables serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea incluído dentro do segundo semestre do 2014 ou primeiro semestre do 2015, segundo corresponda. No caso de que unha factura abranga un período que saia parte do semestre correspondente, considerarase subvencionable o custo prorrateado dos días incluídos no semestre.
Beneficiarios
Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan ao seu cargo fillos menores de 18 anos e un gasto derivado da subministración de enerxía eléctrica na súa vivenda habitual. Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios da axuda son:
1. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Ter fillos menores a cargo.
3. Estar aboando a correspondente factura de enerxía eléctrica a unha comercializadora e figurar como pagador na correspondente factura.
4. Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (indicador público de renda de efectos múltiples). A estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade de convivencia, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio 2013 de cada un dos membros da unidade de convivencia, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.
5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.
6. Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes para as axudas ao pagamento das facturas eléctricas do segundo semestre de 2014 comezará ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de abril de 2015. Para as axudas ao primeiro semestre do 2015 o prazo de presentación de solicitudes comezará o 1 de xullo de 2015 e rematará o 15 de setembro de 2015. Terá que facerse unha solicitude distinta para cada semestre.

CORRECCIÓN DE ERROS.- LEI 12/2014 DE MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS

lunes, 2 de marzo de 2015

BOLSAS DE FORMACIÓN NA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto e finalidade
Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a concesión de 9 bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, en áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia. Así mesmo, procédese a convocar as devanditas bolsas para o ano 2015, que se distribuirán da seguinte maneira:
1.1. Sete (7) bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na oficina de turismo de Santiago de Compostela, 1 bolsa na oficina de turismo da Coruña, 1 bolsa na oficina de turismo de Pontevedra, 1 bolsa na oficina de turismo de Vigo, 1 bolsa na oficina de turismo de Lugo, 1 bolsa na oficina de turismo de Ourense.
O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2015 cunha duración máxima de seis (6) meses, contados desde a data da incorporación das persoas bolseiras.
1.2. Dúas (2) bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística:
– Bolsa A: especialidade estatística.
– Bolsa B: especialidade turismo.
O lugar de realización das prácticas tuteladas na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (Estrada Santiago-Noia, km 3, 15896 Santiago de Compostela). O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2015, cunha duración máxima de nove (9) meses contados desde a data da incorporación dos bolseiros.
Para poder ser beneficiario das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 7.2 das bases reguladoras.
Beneficiarios
Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Ser española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliada na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Posuír as seguintes titulacións universitarias:
a) Bolsas de formación nas oficinas de información turística: licenciados ou grao en turismo; diplomados en turismo; técnicos superiores en información e comercialización turística; técnicos superiores en axencias de viaxes.
b) Bolsas de formación na Área de Estudos Turísticos. Ofértanse dúas bolsas de formación con diferentes requisitos.
I. Bolsa A. Licenciados ou grao en matemáticas, economía, administración e dirección de empresas, enxeñaría ou estatística e diplomados en estatística.
II. Bolsa B. Diplomados ou licenciados en turismo, grao ou postgrao en turismo, economía, administración e dirección de empresas e na rama de ciencias sociais e humanidades.
3. Estas titulacións deben estar finalizadas nos 3 anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria.
4. Os solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
5. En ningún caso poderán ser beneficiarios desta bolsa aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios dela en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios das bolsas en edicións anteriores e que renunciaran a elas con posterioridade.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS AUDIOVISUAIS GALEGOS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto, 
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, que contribúa a asegurar a madurez dos produtos audiovisuais galegos, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para este ano 2015.
A finalidade das subvencións é o fomento dos traballos previos á produción audiovisual, nas modalidades establecidas na base seguinte, que se atopen en fase inicial de desenvolvemento, e que se prevexa que se levará a cabo nos exercicios 2015 e 2016.
2. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
3. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas para a mesma finalidade polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e dos seus organismos dependentes.
4. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do evento.
Beneficiarios
1. Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade dun ano, con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, logo desta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a área económica europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.
2. Os beneficiarios deberán ter un contrato cun director e/ou un guionista para desenvolver algún proxecto dos tipos sinalados na base terceira.
3. Non poderán acceder ás subvencións os solicitantes que se encontren afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Así mesmo, quedan excluídos aqueles solicitantes que fosen beneficiarios de axudas nas convocatorias de subvencións da Agadic nos dous exercicios anteriores aos da presente convocatoria e incumprisen as bases ou as finalidades establecidas nela, sempre e cando fosen sancionados por iso. As condicións exixidas no punto 1 deste artigo deberanse manter durante todo o período de execución do proxecto subvencionado. A perda dalgunha destas condicións suporá a perda da condición de beneficiario e, se é o caso, o reintegro das cantidades percibidas.
Prazo de solicitude: ata o 4 de abril de 2015.

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA CONECTA CON GALICIA