martes, 29 de abril de 2014

MODIFICACIÓN PROGRAMA i2C INN

SUBVENCIÓN A FAMILIAS PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DE TDT MEDIANTE RECEPCIÓN SATELITAL

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto: As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto posibilitar o acceso ao servizo público e ao servizo de interese xeral da televisión dixital terrestre vía satélite nas zonas con deficiencia de cobertura das redes terrestres aos beneficiarios definidos no artigo 4 das presentes bases.
Estas axudas xestionaranse a través de entidades colaboradoras, encargadas da subministración do equipamento e os trámites necesarios para a activación do servizo, actuando tamén como canle entre os beneficiarios solicitantes e a Secretaría Xeral de Medios. Para estes efectos, os solicitantes destas subvencións, pola simple presentación da solicitude, prestan o seu consentimento á entidade colaboradora correspondente para que esta efectúe no seu nome todos os trámites encamiñados á obtención da subvención nos termos previstos nestas bases. Os beneficiarios terán completa liberdade para elixir a empresa instaladora que prefira de entre as adheridas á convocatoria para actuar como entidade colaboradora. A relación de entidades colaboradoras, así como o orzamento de referencia de cada unha delas, está dispoñible na páxina web oficial da secretaría:
http://medios.xunta.es
Estas bases reguladoras establecen a tramitación do procedemento por medios electrónicos, a través das entidades colaboradoras seleccionadas, nos termos previstos no título III da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e no capítulo V do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
O procedemento de concesión das devanditas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
Beneficiarios: Os destinatarios das subvencións son as familias titulares ou residentes en vivendas e edificacións situadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia.
Para os efectos do previsto neste punto, terán a consideración de familias as constituídas por un ou máis membros. No caso de que a familia estea constituída por máis dun membro solicitarase a axuda por un dos membros da unidade familiar en representación de todos eles, de acordo co establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Así mesmo, e segundo o sinalado no artigo 1 da Lei 7/2009, do 3 de xullo, de medidas urxentes en materia de telecomunicacións, o servizo de televisión dixital terrestre por satélite, está limitado aos cidadáns que residan en zonas nas que, unha vez concluída a transición á televisión dixital terrestre, non vaia existir cobertura do servizo de televisión dixital terrestre de ámbito estatal.
Prazo de solicitude: O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2014.

MODIFICACIÓN ANUALIDADES DE BOLSAS DE FORMACIÓN EN TEMAS DE INVESTIGACIÓN MARIÑA

SUBVENCIÓN PARA FINANCIAMENTO DAS BOLSAS ÁS PERSOAS NOVAS QUE REALIZAN PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas dos mozos e mozas que realizan prácticas non laborais nestas empresas.
2. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde tramitaranse de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con mozos e mozas para a realización de prácticas non laborais.
Prazo de solicitude: O prazo para a presentación das solicitudes de axudas comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 15 de novembro de 2014.

SUBVENCIÓN PARA A PROGRAMACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS A PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS MENORES DE 30 ANOS E CON BAIXA CUALIFICACIÓN

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


 Obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas menores de 30 anos e con baixa cualificación correspondentes ao exercicio de 2014, xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar.
2. As accións formativas subvencionables serán aquelas en que se impartan especialidades vinculadas a certificados de profesionalidade de nivel 1 ou competencias clave de nivel 2 en lingua castelá (FCOV22), matemáticas (FCOV23) e comunicación en lingua galega (FCOVXX01).
3. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.
Entidades beneficiarias
Poderán participar os centros e entidades colaboradoras inscritos ou acreditados no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, que poderán solicitar especialidades do catálogo de familias da formación profesional para o emprego vinculadas a certificados de profesionalidade de nivel 1 ou ás competencias clave de nivel 2 en lingua castelá (FCOV22), matemáticas (FCOV23) e comunicación en lingua galega (FCOVXX01) en que estean inscritas ou acreditadas na data de publicación da orde.
Prazo de solicitude: ata o 28 de maio de 2014.

viernes, 25 de abril de 2014

SUBVENCIÓN PARA CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURA DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN EN CENTROS TECNOLÓXICOS.

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Obxecto: aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación dirixidas aos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia co fin de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros ao mercado.
 Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2014 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN845A).
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas os centros de innovación e tecnoloxía da Comunidade Autónoma que teñan a consideración de consolidados.
Teñen a consideración de centros tecnolóxicos consolidados aqueles que figuran inscritos (ou teñan resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal) no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.
Prazo de solicitude: ata o 26 de maio de 2014.

CORRECIÓN DE ERROS.- PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA

miércoles, 23 de abril de 2014

AXUDAS PARA MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto, réxime e finalidade
1. O obxecto desta resolución é establecer as bases, que se inclúen como anexo, que rexerán a concesión das axudas previstas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2014.
2. A finalidade das axudas establecidas na antedita lei orgánica é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.
Prazo de solicitude: ata o 30 de novembro de 2014.

martes, 22 de abril de 2014

CURSOS DIRIXIDOS A DESEMPREGADOS

CURSOS SOLICITADOS COMPRENDIDOS DENTRO DO ÁMBITO DA OFICINA DE EMPREGO DE BECERREÁ DIRIXIDOS A DESEMPREGADOS/AS:

CÓDIGO                        DENOMINACIÓN DO CURSO
AGAO0208                     Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes

IFCX02                           Iniciación á rede internet

SANC01                         Atención especializada para enfermos de alzheirmer

SANC3007                     Auxiliar de enfermería en xeriatría

SEAG0110                     Ax. Ténico prevención de incendios

SSCZ80                          Curso Básico de loita contra o lume

SSCS0108                      Atención sociosanitaria a persoas no domicilio

As persoas interesadas, que deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego, poden facer a solicitude na Oficina de Emprego de Becerreá.

SUBVENCIÓNS Á ASISTENCIA AO MICSUR

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto, finalidade
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a asistencia ao MICSUR (Mercado de Industrias Culturais do Sur), en Mar del Plata, Arxentina, no ano 2014.
A finalidade da presente convocatoria é o fomento da internacionalización das industrias culturais galegas, en especial en mercados con vínculos culturais comúns con Galicia, como é o mercado de América do Sur.
2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e dos seus organismos dependentes.
3. Estas subvencións son compatibles con outras axudas para o mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do evento.

4. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Beneficiarios
1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado, con ou sen ánimo de lucro, dedicadas profesionalmente á produción ou distribución de bens ou servizos culturais, domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, con establecemento operativo en Galicia, que asistan como invitados ao mercado MICSUR, Mercado de Industrias Culturais do Sur.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo II desta convocatoria.
Prazo de solicitude: ata o 22 de maio de 2014.

lunes, 21 de abril de 2014

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DA INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial establecida pola Consellería de Traballo e Benestar para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, e realizar a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o período desde o 1 de decembro de 2013 ata o 30 de xuño de 2015.
A finalidade desta subvención é axudar aos centros especiais de emprego a manter os postos de traballo dos traballadores e das traballadoras con discapacidade mediante o financiamento parcial dos seus custos salariais.
 Entidades beneficiarias das subvencións
1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta orde os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, a súa organización e funcionamento (DOG número 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde.
2. Poderán solicitar a subvención establecida nesta orde aquelas entidades que solicitasen a súa cualificación como centro especial de emprego. A subvención poderá concederse desde a data da solicitude de cualificación e, en todo caso, para o seu pagamento será necesario acreditar a dita cualificación e inscrición da entidade no Rexistro de Centros Especiais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 21 de maio de 2014.

miércoles, 16 de abril de 2014

NOVE BOLSAS DE FORMACIÓN NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto e destinatarios: Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria de nove bolsas de formación nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que se inclúen como anexos á presente orde e nos cales se detallan os requisitos específicos que deben reunir os/as solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non-discriminación, eficacia e eficiencia.
Requisitos xerais dos/as solicitantes
Poderán solicitar estas bolsas ou ser beneficiarios/as delas os licenciados/as ou graduados/graduadas universitario/as en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que para cada proxecto se sinalan nos anexos desta orde os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
b) Estar en posesión do título universitario de licenciado ou licenciada ou de grao exixido no proxecto para o cal presente a solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2007-2008 ou posterior.
c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os/as que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega.
d) Non resultar beneficiario/a dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 7 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro).
f) Os/as solicitantes que teñan cursado os seus estudos en universidades non pertencentes ao sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán deberán xuntar a correspondente tradución xurada.
Prazo de solicitude: ata o 16 de maio de 2014.

martes, 15 de abril de 2014

AXUDAS Á MELLORA E IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE RASTREXABILIDADE EN ENTIDADES ASOCIATIVAS DO SECTOR HORTIFRUTÍCOLA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o exercicio orzamentario 2014 a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á mellora e implementación dos sistemas de rastrexabilidade en determinadas entidades asociativas do sector hortofrutícola.
Beneficiarios
1. Poderán beneficiarse das axudas reguladas nesta orde, e sempre que estean recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia:
a) As organizacións e agrupacións de produtores de froitas e hortalizas, recoñecidas de conformidade co Regulamento (CE) nº 2200/1996 do Consello, do 28 de outubro, polo que se establece a organización común de mercados no sector de froitas e hortalizas, e co Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/1972, (CEE) nº 234/1979, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007.
b) As cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación (SAT) dos sectores de froitas e hortalizas.
2. Para que ás entidades citadas no punto 1 deste artigo se lles poidan conceder as axudas establecidas por esta orde terán que acreditar a súa viabilidade económica e o cumprimento das normas mínimas en materia de ambiente e hixiene de conformidade co previsto no Real decreto 326/2003, do 14 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 117/2001, do 9 de febreiro, polo que se establece a normativa básica de fomento dos investimentos para a mellora das condicións de transformación e comercialización dos produtos agrarios, silvícolas e da alimentación.
3. As axudas só poderán concederse ás explotacións agrarias que non estean na categoría de empresas en crise, segundo o establecido no artigo 2.16) do Regulamento (CE) nº 1857/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, sobre aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas estatais para as pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de produtos agrícolas e polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 70/2001.
Prazo de solicitude: ata o 15 de maio de 2014.

PROGRAMA INICIATIVA XOVE

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que deberán rexer os procedementos de concesión de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2014, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas, e convocar estas axudas.
Para os efectos desta orde, considéranse áreas de atención prioritarias que se desenvolverán mediante as iniciativas xuvenís as seguintes:
a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade concretar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de lecer.
c) Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos.
d) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
e) Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
2. A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Persoas destinatarias
Poderán solicitar a axuda, ao abeiro destas bases reguladoras:
a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e que reúnan os requisitos establecidos no artigo 4 desta orde.
b) As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.
Prazo de solicitude: ata o 15 de maio de 2014.

PROGRAMA REENCONTROS NA TERRA PARA RESIDENTES NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


 Obxecto: A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas correspondentes ao programa Reencontros na Terra para o ano 2014, que ten por finalidade promover o contacto dos/as galegos/as residentes no exterior coa súa terra, mediante un período de estadía en residencia e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
As axudas consistirán no financiamento do custo da viaxe, de ida e volta e da estadía en residencia, dos/as emigrantes galegos/as que carezan de recursos desde os seus países de residencia ata Galicia.
Persoas beneficiarias:
1. Poderán ser beneficiarias deste programa, como solicitantes, aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1.1. Ser emigrante galego/a.
1.2. Ter a nacionalidade española.
1.3. Residir en América.
1.4. Ter 65 ou máis anos de idade, cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
1.5. Non ter participado nos últimos 15 anos naturais en programas de viaxes transatlánticos a Galicia desta secretaría xeral ou do Estado español.
1.6. Valerse por si mesmo, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.
1.7. Ter ingresos inferiores a 1,5 veces o importe das bases de cálculo da prestación económica por ancianidade do Ministerio de Emprego e Seguridad Social para o ano da convocatoria, segundo os países de residencia. Se a persoa solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 por cento da devandita cifra polo número de convivintes menos un.
2. As persoas solicitantes poderán vir acompañadas polas persoas unidas a elas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga, sempre e cando estas cumpran os requisitos establecidos nos puntos 1.3, 1.5 e 1.6 deste artigo.
3. Entenderase como unidade económica familiar a integrada pola persoa solicitante e, de ser o caso, o seu cónxuxe, parella de feito ou relación análoga, así como os/as fillos/as e parentes por consanguinidade ou adopción ata o segundo grao, sempre que convivan co solicitante.
4. As relacións de feito análogas ao matrimonio terán que acreditar que levan convivindo polo menos un ano, e tal circunstancia poderase probar por medio da inscrición no rexistro correspondente, por manifestación expresa mediante acta de notoriedade ou por calquera outro medio admisible en dereito. No caso de teren fillos/as en común, será suficiente acreditar a convivencia.
Prazo de presentación das solicitudes: ata o 16 de xuño de 2014.

jueves, 10 de abril de 2014

AXUDAS PARA O PROGRAMA CONECTA CON GALICIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto: Esta resolución ten por obxecto regular e convocar as axudas correspondentes ao programa Conecta con Galicia para o ano 2014, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.
Modalidades, número de prazas convocadas e características: O programa Conecta con Galicia desenvolverase nas seguintes modalidades:
1. Actividades de aire libre: convócanse 170 prazas, para mozos e mozas residentes fóra de Galicia, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos, en dúas quendas de 12 días de duración cada unha, durante o mes de xullo, en residencias e albergues xuvenís situados en Galicia dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, xunto con mozos e mozas residentes en Galicia, para a realización das seguintes actividades:
a) Cultura e camiño. Os participantes aloxaranse seis días, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas e percorrerán o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.
b) O mar de Galicia. Os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil Gandarío en Bergondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño.
A distribución do número de prazas para cada país de orixe, idades e quendas detállase no anexo I da presente resolución.
2. Campos de traballo: convócanse 20 prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos. As instalacións e datas concretas adaptaranse ao disposto na convocatoria do programa de campos de traballo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de formación, de lecer e tempo libre.
A distribución do número de prazas para cada país de orixe, detállase no anexo II da presente resolución.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter residencia habitual fóra de Galicia.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de galego/a ata o segundo grao de consanguinidade.
c) Ter nacionalidade española.
d) Estar vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aquelas persoas solicitantes que teñan 18 ou máis anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Este requisito non será exixible aos participantes procedentes do resto de España.
e) As persoas participantes en actividades de aire libre deberán ter, o 30 de xuño de 2014, unha idade comprendida entre os 14 e os 20 anos.
f) As persoas participantes nos campos de traballo deberán ter, o 30 de xuño de 2014, unha idade comprendida entre os 20 e os 30 anos.
g) Non ter participado na mesma modalidade en edicións anteriores deste programa.
h) Para as prazas financiadas ao 100 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán contar con ingresos superiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano 2014. Para as persoas solicitantes residentes en Cuba, os ingresos non poderán ser superiores á prestación económica por ancianidade establecida polo Estado español para o ano 2014.
Prazo de solicitude: ata o 10 de maio de 2014.

miércoles, 9 de abril de 2014

BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS NA ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E DEMOGRAFÍA

ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E DEMOGRAFÍA 


Obxecto 
 O obxecto da presente convocatoria é conceder, en réxime de publicidade, obxectividade, transparencia, 
igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia e concorrencia competitiva, dúas axudas: 
• Unha para licenciados en xornalismo ou ben alumnos que estean cursando último ano do grao da devandita licenciatura de calquera universidade española. 
• E outra para licenciados en publicidade e relacións públicas ou ben alumnos que estean cursando último ano do grao da devandita licenciatura de calquera universidade española. 
 E que desexen ampliar a súa formación práctica na Área de Emprego, Economía Sostible e Demografía, nalgunha das materias que son da competencia da Deputación Provincial de Lugo. 
Presentación das solicitudes e prazo. 
 A solicitude, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme ao modelo oficial que figura nos anexos I e III, dirixíndoa ao Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa, preferentemente no Rexistro Xeral da Deputación ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro e a Lei 4/99 de modificación da anterior, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no prazo de oito días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP. As solicitudes presentadas fóra de prazo, en ningún caso, serán admitidas para participar na convocatoria. 
Calquera requerimento ou notificación posterior á convocatoria, que se faga no presente procedemento selectivo publicárase no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación de Lugo. 

martes, 8 de abril de 2014

AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DOS SEGUROS AGRARIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto e beneficiarios
1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2014 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.
2. A Consellería do Medio Rural e do Mar concederá estas axudas en réxime de concorrencia e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2014 e liñas gandeiras dos plans 2013 e 2014, formalizadas no 2014, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de piscifactorías de troitas.
3. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.
Procedemento e prazos de execución
A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición establecidos pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e, ademais, se cumpran os distintos puntos referentes á subvención que se conteñan na declaración do seguro. En todo caso, na declaración do seguro especificarase, na parte de subvencións para comunidades autónomas, a expresión literal de «subvención da Comunidade Autónoma de Galicia».
As datas de inicio e o prazo de subscrición e formalización da correspondente póliza de seguro sinálanse de forma particular para cada liña de contratación no plan anual para o ano 2014, onde constan as datas de inicio para a subscrición das pólizas de seguro de que se trate.

CONVOCATORIA DE PROBAS DE COMPETENCIA PROFESIONAL DE XESTOR DE TRANSPORTE

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS 


Primeiro. Os exercicios da primeira convocatoria do ano 2014 das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada terán lugar o 26 de abril de 2014, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, San Lázaro, Santiago de Compostela).
Segundo. Os/as aspirantes que fosen admitidos/as para a realización das probas serán citados/as en chamamento único segundo a seguinte distribución:
a) Transporte interior e internacional de viaxeiros/as: todos/as eles/as ás 9.00 horas.
b) Transporte interior e internacional de mercadorías:
• Aqueles/as aspirantes cuxa primeira letra do seu primeiro apelido estea comprendida entre as letras A-L (ambas as dúas inclusive): 9.00 horas. Non obstante, todos/as aqueles/as aspirantes incluídos/as nesta relación que estean admitidos/as tamén para as probas de viaxeiros/as quedan convocados/as para as 16.15 horas.
• Aqueles/as aspirantes cuxa primeira letra do seu primeiro apelido estea comprendida entre as letras M-Z (ambas as dúas inclusive): 16.15 horas.
Terceiro. Unha vez situados/as os/as aspirantes dentro da aula, non se permitirá a súa saída, agás no suposto de entrega do exercicio. Non obstante, o tribunal poderá apreciar a concorrencia de circunstancias médicas, como no suposto de mulleres embarazadas, toma de medicamentos, ou similares, que fagan necesario que o/a aspirante teña que ir ao baño.
Cuarto. Os/as aspirantes deberán presentarse provistos/as de DNI en vigor ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, tamén en vigor; a súa falta dará lugar á non admisión do/a aspirante á realización das probas. Recoméndase igualmente aos/ás aspirantes que concorran provistos/as da copia da solicitude de admisión e da folla xustificativa do pagamento das taxas de exame.
Así mesmo, deberán dispor dun lapis do número 2 e goma de borrar para realizar o exame, de xeito que se poida efectuar a súa corrección mediante mecanismos automatizados. Poderán tamén levar máquinas calculadoras sen memoria RAM para realizar as operacións matemáticas que resulten necesarias.
Quinto. Non se permitirá o acceso á sala onde se realizarán os exercicios con teléfonos móbiles.
Igualmente, tampouco se permitirá o acceso e tenza de axendas ou outros dispositivos de carácter electrónico, agás o indicado no punto anterior respecto das máquinas calculadoras. Do mesmo xeito, queda prohibido o acceso con calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización das probas.
Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

miércoles, 2 de abril de 2014

SELECCION DEPERSOAL TEMPORAL: 1 AXUDANTE-MECÁNICO

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO 
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS 



CONVOCATORIA. 
As presentes bases teñen por obxecto establecer o procedemento de selección á empregos temporais da 
Deputación Provincial de Lugo para o acceso: 
1.1.- Á condición de funcionario interino nos supostos previstos no artigo 10 da Lei 7/2007, de 12 de abril 
do Estatuto Básico do Empregado Público. 
1.2.- Á condición de contratado laboral temporal, nos supostos previstos no artigo 11 do EBEP, mediante 
contrato de interinidade ou calquera outra modalidade contractual diferente á sinalada anteriormente, de acordo coa lexislación laboral. 
As prazas/postos/empregos que se convocan así como as funcións a desempeñar se sinalan no Anexo I das 
presentes Bases. 
O persoal seleccionado prestará servizos nas unidades que se indiquen no Anexo I das presentes bases, sen 
prexuízo de que por necesidades motivadas do servizo poidan prestalos en unidades diferentes da Deputación Provincial, conforme ás normas contidas no Regulamento de Acceso, Promoción e Provisión de Postos de Traballo da Deputación (BOP, 30-09-2006). 
A convocatoria e as bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios da Entidade e na súa páxina web (www.deputacionlugo.org.). 
Prazo de solicitude: O prazo de presentación será de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. 



BOLSAS FORMATIVAS EN MATERIA DE ASESOR ENERXÉTICO

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO 
ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E DEMOGRAFÍA 



Obxecto:  O obxecto da presente convocatoria é conceder, en réxime de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia e concorrencia competitiva, tres axudas para técnicos do sector eléctrico, que desexen ampliar a súa formación práctica na Axencia Provincial da Enerxía, así como efectuar labores de asistencia no traballo cotiá da Axencia, nalgunha das materias que son da súa competencia. 
Características e duración da axuda: O número de bolsas convocadas será de tres, con data límite para o remate das bolsas o 30 de xuño de 2015, cunha duración máxima de 12 meses, que se contarán a partir da data de incorporación do bolseiro/a na Axencia Provincial da Enerxía de Lugo, extinguíndose polo transcurso deste tempo máximo. 
A data de incorporación será a data na que se lle notifique ao adxudicatario/a da bolsa. A non incorporación no prazo establecido implicará a perda automática dos dereitos inherentes á bolsa concedida, agás causa xustificada e acreditada de atraso na incorporación. Neste caso requirirá autorización expresa da Axencia Provincial da Enerxía de Lugo para o aprazamento ata un máximo de 15 días naturais na incorporación á bolsa. 
 Presentación das solicitudes e prazo: A solicitude, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme ao modelo oficial que figura nos anexos I e III, dirixíndoa ao Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa, preferentemente no Rexistro Xeral da Deputación ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro e a Lei 4/99 de modificación da anterior, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP. As solicitudes presentadas fóra de prazo, en ningún caso, serán admitidas para participar na convocatoria. Calquera requerimento ou notificación posterior á convocatoria, que se faga no presente procedemento 
selectivo publicárase no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación de Lugo

AXUDAS Á IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE AUTOCONTROL NOS MERCADOS DE GANDO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto: O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas destinadas á implantación de sistemas de autocontrol nos mercados de gando da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva mediante o sistema de rateo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2014.
Definicións: Para os efectos desta orde, entenderase por mercado de gando a concentración pública de gando vivo, con fins comerciais, celebrada en lugares destinados para tal efecto, en datas determinadas e con carácter regular, e autorizada como tal pola autoridade competente.
Beneficiarios e requisitos: Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas xurídicas, públicas ou privadas, que sexan titulares dun mercado de gando, segundo o establecido na base de datos do Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras creada polo Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.
Como requisitos para a concesión da axuda, os mercados de gando deberán:
1. Estar autorizados como centros de concentración para intercambios intracomunitarios segundo o Real decreto 1716/2000, do 13 de outubro, sobre normas sanitarias para o intercambio intracomunitario de animais das especies bovina e porcina, ou o Real decreto 1941/2004, do 27 de setembro, polo que se establecen as normas de policía sanitaria que regulan os intercambios intracomunitarios e as importacións de terceiros países de animais das especies ovina e caprina.
2. Celebrarse cunha periodicidade, polo menos, semanal.
Prazo de solicitude: ata o 2 de maio de 2014.

SUBVENCIÓN A INVESTIMENTOS NO ÁMBITO DA ACUICULTURA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto: Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a mellorar a competitividade do sector acuícola en Galicia, así como proceder á súa convocatoria para o exercicio 2014.
Estas axudas poderán financiar:
a) Investimentos produtivos en acuicultura.
b) Medidas hidroambientais.
Para o obxecto desta orde, entenderase por acuicultura a cría ou cultivo de organismos acuáticos con técnicas encamiñadas a aumentar, por riba das capacidades naturais do medio, a produción dos organismos en cuestión. Estes serán, durante toda a fase de cría ou de cultivo e ata o momento da súa colleita, propiedade dunha persoa física ou xurídica de acordo co artigo 4 desta orde.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde as persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos de cultivos mariños ou de establecementos en augas continentais inscritos no Rexistro de Centros de Acuicultura, de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Medio Ambiente do 25 de outubro de 1999, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia e aquelas que establezan nela novos centros. Tamén poderán ser beneficiarias das axudas as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, sempre que subscriban todos e cada un dos seus membros a solicitude, estean constituídas por titulares de establecementos de acuicultura e as súas federacións, teñan a sede en Galicia e realicen a súa actividade nesta comunidade. Estas entidades non se poderán disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 2 de maio de 2014.

martes, 1 de abril de 2014

PRAZO DE SOLICITUDE DE PAGAMENTO DA PRIMA DE MANTEMENTO 2014 DAS AXUDAS CONCEDIDAS DAS ORDES RELATIVAS Á FORESTACION DE TERRANS NON AGRÍCOLAS E FOMENTO DE FRONDOSAS CADUCIFOLIA.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto: O obxecto de esta orde é dar publicidade ao prazo de presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento para o ano 2014, dos expedientes de axudas que foron concedidas ao abeiro das seguintes ordes:
a) Orde do 9 de maio de 2007 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, unicamente para os expedientes en que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación a partir do 1 de xaneiro de 2009 e que lles corresponda no ano 2014,
b) Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cuxa execución foi aboada a partir do ano 2009, unicamente para os expedientes en que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación a partir do 1 de xaneiro de 2009 e que lles corresponda no ano 2014,
c) Orde do 28 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas,
d) Orde do 30 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias,
e) Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009,
f) Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009,
g) Orde do 17 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011.
 Prazos
1. A data de apertura para presentación de solicitudes das axudas que foron concedidas ao abeiro da Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e que lles correspondan no ano 2014, comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. O prazo para a presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento 2014, dos expedientes de axudas concedidas polas ordes relacionadas no artigo 1 desta orde, remata o día 29 de xuño de 2014.
3. O prazo para resolver será de cinco meses contados a partir do seguinte á finalización do prazo de presentación das solicitudes de pagamento. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.