lunes, 29 de noviembre de 2021

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR PARA OS ANOS 2021,2022 E 2023

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 19 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 22 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento BS212A).

REASIGNACIÓN DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DO III PLAN DE RESCATE

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

viernes, 26 de noviembre de 2021

INFORMACION XUVENIL: SEMANA DO 20 AO 26 NOVEMBRO

 


 

 

Rematar coa Violencia de xénero: un compromiso compartido

xuventude.xunta.es

Campaña de Quérote+ polo día internacional contra a Violencia de xénero. Violencia de xénero: "Todo acto violento b...

22 de novembro, día internacional da música

xuventude.xunta.es

O 22 de novembro foi o día internacional da Música...  podes alongar a celebración escoitando aos gañadores e ga...

Sábado 27 de novembro:

Xuventude Crea. Final da especialidade de DANZA MODERNA!

xuventude.xunta.es

Nesta edición de 2021, presentáronse ao certame Xuventude Crea na modalidade de Danza Moderna un total de 9 solicitudes de grupos/solist...

Domingo 28 de novembro:

Xuventude Crea. Final da especialidade de MÚSICA!

xuventude.xunta.es

Nesta edición de 2021, presentáronse ao certame Xuventude Crea na modalidade de Música un total de 19 solicitudes de grupos/...

 

Axudas a Entidades Locais 2021-2022 da FEMP

xuventude.xunta.es

O Instituto da Mocidade (INJUVE) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) convocan as Axudas a Entidades Locais 2021-20...

Enquisa de Información á Mocidade Eurodesk 2021

xuventude.xunta.es

Eurodesk é unha fonte de información europea para as persoas mozas sobre voluntariado, formación, estudos e oportunidades laborai...

 

On the Green Track

xuventude.xunta.es

On the Green Track é unha campaña da Unión Europea sobre biodiversidade e natureza dirixida á mocidade e organizada en col...

 

 

Correspondentes Xuvenís no CIFP A Granxa de Ponteareas

xuventude.xunta.es

Luis, Lucía, Brais, Gabriel, Carmen, Uxía e Clara son o equipo de Correspondentes Xuvenís do CIFP A Granxa de Ponteareas.  E...

Correspondentes Xuvenís do EPAPU de Ourense

xuventude.xunta.es

Ana, Disahamely, Noel, Marta, María Laura, Rubén, Ángel e Jennifer son o equipo de Correspondentes Xuvenís do EPAPU de Our...

 

 

 



http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico

ORDE DO 25 DE NOVEMBRO DE 2021, MODIFICACIÓN DA ORDE DO 14 DE SETEMBRO DE 2021 NOVO PLAN DE HOSTALARIA SEGURA DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 25 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

AXUDAS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS/AS PARA A REPARACIÓN, A REHABILITACIÓN E/OU ADAPTACIÓN DOS EDIFICIOS DE VIVENDAS PROTEXIDAS 2022

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento VI420A).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán o procedemento de concesión das subvencións para a reparación, a rehabilitación e/ou adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) (código de procedemento VI420A).

Entidades beneficiarias
Poderán ter a condición de beneficiarias destas subvencións as comunidades de propietarios/as dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo IGVS sometidos a réxime de protección que, no momento de presentar a correspondente solicitude, teñan máis de dez anos de antigüidade e aqueles en que o dito réxime se extinguise nos tres anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes previsto na correspondente convocatoria de axudas, sempre que non recibisen outra axuda do IGVS para a realización de obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria correspondente e, ademais, cumpran cos seguintes requisitos:
a) Que o seu edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. De non ser o caso, a comunidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garantan que o edificio terá as condicións necesarias de seguridade estrutural.
b) Que non incurran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da LSG.
c) Que sexan seleccionadas conforme a prelación realizada en aplicación do baremo de criterios de valoración previstos nesta resolución e conforme a disposición orzamentaria existente.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria será desde o día 3 de xaneiro de 2022 ata o día 4 de abril de 2022.

ORDE DO 25 DE NOVEMBRO DE 2021, PRORROGA E MODIFICACIÓN DA ORDE DO 22 DE OUTUBRO DE 2021 DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS E SE MODIFICA A ORDE DO 14 DE SETEMBRO 2021 NOVO PLAN DE HOSTALARÍA SEGURA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 25 de novembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 22 de outubro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

jueves, 25 de noviembre de 2021

DATA, HORA E LUGAR DAS PROBAS DE CONSTATACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL PARA O DESEMPEÑO DAS FUNCIÓNS DE XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANPORTE POR ESTRADA

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2021, do tribunal designado para cualificar as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das función de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización dos exercicios.

Primeiro. Os exercicios da segunda convocatoria do ano 2021 das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada terán lugar o 11 de decembro de 2021, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, San Lázaro, Santiago de Compostela).

Segundo. Os/as aspirantes que sexan admitidos/as serán citados/as en chamamento único, en horario de mañá ou tarde, segundo a seguinte distribución:
a) Transporte interior e internacional de mercadorías: a partir das 9.00 horas, consonte co horario que se asigne a cada aspirante na correspondente relación de admitidos e sempre que a situación sanitaria o permita.
b) Transporte interior e internacional de viaxeiros: a partir das 16.15 horas, consonte co horario que se asigne a cada aspirante na correspondente relación de admitidos e sempre que a situación sanitaria o permita.
Ás horas indicadas nas listaxes, procederase a chamar as/os aspirantes en grupos de quince, pola orde estricta da listaxe, que entrarán na zona de acceso. Os chamamentos realizaranse en intervalos de 5 minutos, coa máxima puntualidade. Non obstante, non se comezará un novo chamamento se aínda quedan aspirantes do anterior na zona de acceso. No exterior do recinto ofrecerase máis información sobre as medidas de seguridade para o acceso e abandono do recinto, e durante a realización das probas, e será obrigatorio, en todo caso, o uso de máscara facial.

Terceiro. Una vez situadas as persoas aspirantes dentro da aula, non se permitirá a súa saída, agás no suposto de entrega do exercicio. Non obstante, o tribunal poderá apreciar a concorrencia de circunstancias médicas debidamente acreditadas, como no suposto de mulleres embarazadas, toma de medicamentos, ou similares, que fagan necesario que o/a aspirante teña que ir ao baño.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán presentarse provistos/as de DNI en vigor ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, tamén en vigor; a súa falta dará lugar á non admisión do/da aspirante á realización das probas. Recoméndase igualmente aos/ás aspirantes que concorran provistos/as da copia da solicitude de admisión e da xustificativa do pagamento das taxas de exame.
Así mesmo, deberán dispoñer dun lapis do número 2 e goma de borrar para realizar o exame, de maneira que se poida efectuar a súa corrección mediante mecanismos automatizados. Poderán tamén levar máquinas calculadoras sen memoria RAM para realizar as operacións matemáticas que resulten necesarias.

Quinto. Non se permitirá o acceso ao recinto con teléfonos móbiles nin ningún outro dispositivo análogo como reloxos intelixentes tipo smartwatch ou similares.
Igualmente, tampouco se permitirá o acceso e tenza de axendas ou outros dispositivos de carácter electrónico, excepto o indicado no punto anterior respecto das máquinas calculadoras. Do mesmo modo, queda prohibido o acceso con calquera outro material ou instrumento do que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización das probas.
Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

viernes, 19 de noviembre de 2021

INFORMACION XUVENIL: SEMANA DO 13 AO 19 DE NOVEMBRO

 

Prazas vacantes nas residencias xuvenís de Xuventude

xuventude.xunta.es

Unha vez resolta a adxudicación de prazas e bolsas de acordo co previsto na devandita orde, e esgotadas as correspondentes listas de agarda, re...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

    Consulta aquí as últimas ofertas de emprego publicadas