miércoles, 31 de marzo de 2021

XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 


No Servizo de Estudantes-SAPE, estamos preparando a  Xornada Virtual de Portas Abertas que terá lugar o vindeiro xoves 8 de abril de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h: https://udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/

 Co esforzo de todos/as, poderemos dar a coñecer a nosa ampla oferta de Graos, a Vida Universitaria e a UDC ao Futuro Estudante para #ENTRAR NO FUTURO.

 As persoas visitantes poderán seguir e participar activamente nas vídeoconferencias e chats dos Graos e facer consultas no Punto de Información que estará atendido por persoal do Servizo de Estudantes.

 Na ficha de cada Grao, o Futuro Estudante atopara:

  • Ligazón activa á vídeoconferencia no horario indicado
  • Vídeo curto do Centro no que se imparte (elaborado polo Gabinete de Comunicación)
  • Ligazón á web e ao portal de estudos de cada Centro, para que o Futuro Estudante poda completar a información
  • Material visual adicional remitido por vostedes: testemuños de alumnado matriculado / egresado
  • Vídeos da Vida Universitaria: Residencias, Cultura, Deporte, Cooperación e Voluntariado, Emprego, Centro de Linguas, Oficina de Relacións Internacionais, Unidade de Atención á Diversidade, UDC Saudable, Oficina de Medioambiente, Asociacións Universitaria

 Ligazóns

·         Facebook: 
Xornada Virtual de Portas Abertas na UDC.
Queres coñecernos? Temos moito que ensinarche.
Entra no futuro!
https://www.udc.gal/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/


INFORMACION XUVENIL

 


Premios Talento Mozo Galicia

xuventude.xunta.es

A Consellería de Política Social convoca os premios Talento Mozo Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxec...

E desde o Instituto de Vivenda convocan axudas ao alugamento para menores de 35 anos:

AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR PARA OS ANO 2021, 2022 E 2023

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 22 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento BS212A).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, en situación de dependencia moderada e severa, grao I e grao II, respectivamente, e para persoas maiores sen dependencia, como recurso de promoción da autonomía persoal, mediante o establecemento da casa do maior nos concellos que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores ou naqueles concellos en que, existindo un único destes recursos de atención diúrna a persoas maiores, se teña presentado ante a Consellería de Política Social a solicitude do seu cesamento total e permanente de actividade.
Para efectos da orde considérase que no concello existen recursos de atención diúrna cando, de acordo cos datos que figuran no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais adscrito á Consellería de Política Social, conten con centros de día ou centros de día de alzhéimer con permiso de actividades.
O código do procedemento regulado na orde é o BS212A.
2. Por medio da presente orde convócanse as ditas axudas para a posta en marcha do proxecto piloto casas do maior durante os anos 2021, 2022 e 2023.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa do maior as persoas físicas que se establezan como empresarios autónomos ou que constitúan cooperativas de traballo asociado que, ademais do cumprimento do establecido na artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión ou contar, polo menos, cunha persoa socia que o estea, no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a seguir, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguinte:
1º. Grao en medicina.
2º. Grao en enfermaría.
3º. Título de técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría establecido polo Real decreto 546/1995, do 7 de abril, polo que se establece o título de técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría e as correspondentes ensinanzas mínimas, ou os títulos equivalentes de técnico auxiliar de Clínica, técnico auxiliar de Psiquiatría e técnico auxiliar de Enfermaría que se establecen no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo ou, se for o caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.
4º. Título de técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, regulado polo Real decreto 1593/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e se fixan as súas ensinanzas mínimas, ou o título equivalente de técnico de Atención Sociosanitaria ou, se for o caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.
5º. Título de técnico superior en Integración Social, establecido polo Real decreto 1074/2012, do 13 de xullo, polo que se establece o título de técnico superior en Integración Social e se fixan a súas ensinanzas mínimas, ou o título equivalente para aqueles profesionais que na data de publicación da presente convocatoria se atopen traballando na categoría profesional de asistente persoal ou auxiliar de axuda a domicilio.
6º. O Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, regulado polo Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen dous certificados de profesionalidade da familia profesional Servizos socioculturais e á comunidade que se engaden no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, ou, se for o caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
7º. O Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, regulado polo Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, ou o equivalente Certificado de profesionalidade da ocupación de auxiliar de axuda a domicilio ou, se for o caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
8º. Diploma que acredite a realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior. O curso terá unha duración de 30 horas e será impartido pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.
9º. Habilitación para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, regulada pola Orde do 19 de novembro de 2018, pola que se regula o procedemento de obtención das habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (códigos de procedemento BS800A e BS800B).
b) Residir en concellos que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores, no que se promova o establecemento da casa do maior, ou telo feito nos cinco anos anteriores á posta en marcha da experiencia piloto.
c) Contar cun inmoble en condicións de accesibilidade nunha das poboacións mencionadas na letra anterior, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto, nos termos establecidos na orde.
d) Acreditar unha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado esta revisión médica deberá estar referida á/s persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.
e) Dispoñer dun certificado de manipulador de alimentos.
2. Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas que concorresen á Orde do 31 de decembro de 2019, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2020 (código de procedemento BS212A), de conformidade co establecido na disposición adicional primeira.

Tipos de axuda e contías
1. As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100 % dos gastos elixibles, cun límite máximo global por casa do maior de 15.000 euros. Consideraranse coma elixibles aqueles gastos en que o promotor incorra para a reforma e adaptación da vivenda destinada a servir de casa do maior, así como o seu equipamento e dotación material, sempre que sexan necesarios.
2. A axuda polo desenvolvemento do proxecto piloto consistirá nunha achega económica de 19.600 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora ao comezo da súa andaina, que se liquidará nos termos previstos no artigo 23.
3. Adicionalmente, no caso de que os promotores optaran por asumir o desprazamento das persoas usuarias, os beneficiarios das axudas da orde percibirán un máximo de 5 euros por persoa e día. Para estes efectos o beneficiario da axuda deberá acreditar o número de usuarios deste servizo mediante a cobertura do anexo VI.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como última día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Permanencia mínima da actividade subvencionada
O período mínimo de permanencia da actividade empresarial subvencionada será de 5 anos contados desde a data de posta en marcha da experiencia piloto. Entenderase como data de posta en marcha a data da resolución de concesión da axuda. Exceptúanse deste requisito aqueles supostos en que causas de forza maior allea á vontade do/da profesional ou cooperativa que o leve a cabo ou a falta de demanda impidan o desenvolvemento da actividade nas condicións establecidas no artigo 2.7.

SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA E ENTIDADES LOCAIS ENMARCADAS NO PROGRAMA SERVIZO DE VOLUNTARIADO XUVENIL PARA O ANO 2021

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 18 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS320A).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a realización de actividades enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021. O dito programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia mozas/os galegas/os para a súa colaboración como persoas voluntarias na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten dentro dos sectores de actuación de acordo con esta convocatoria.

Entidades beneficiarias
Entidades de acción voluntaria e entidades locais que realicen proxectos de voluntariado ao abeiro do programa Servizo de voluntariado xuvenil, desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de outubro de 2021.

Outros datos
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Coa solicitude presentarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de persoas beneficiarias. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias con que se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada unha das persoas voluntarias e do número de días que participará cada unha delas, así como dun orzamento desagregado do custo de todas as actividades. Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso doutra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requirirase unha puntuación mínima de 50 puntos e a concesión efectuarase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA E ENTIDADES LOCAIS ENMARCADAS NO PROGRAMA VOLUNTARIADO SÉNIOR PARA O ANO 2021

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 17 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento BS508C).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais para a realización de actividades enmarcadas no programa Voluntariado sénior, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro, e realizar a súa convocatoria para o ano 2021. O dito programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia persoas maiores de 55 anos para a súa colaboración como persoas voluntarias na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten e dentro dos sectores de actuación de acordo con esta convocatoria.

Entidades beneficiarias
Entidades de acción voluntaria e entidades locais que realicen proxectos de voluntariado ao abeiro do programa Voluntariado sénior desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de outubro de 2021.

Outros datos
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Coa solicitude presentarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de persoas beneficiarias. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias coas cales se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada unha das persoas voluntarias e do número de días que participará cada unha delas, así como do custo que correspondería por número de persoas voluntarias e días, e dun orzamento desagregado do custo das demais actividades. Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso de haber outra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva seguindo a orde de prelación pola puntuación obtida. Requirirase unha puntuación mínima de 50 puntos e a concesión efectuarase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA DE CARÁCTER PRIVADO PARA O FOMENTO E A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE VOLUNTARIADO PARA O ANO 2021

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 16 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS508B).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de outubro de 2021 e proceder á súa convocatoria. Os programas e as actividades de acción voluntaria presentados polas entidades de carácter privado e sen ánimo de lucro deberán desenvolverse no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades beneficiarias
Entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de outubro de 2021.

Outros datos
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Coa solicitude presentarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, obxectivos, identificación de problemas e número aproximado de persoas beneficiarias. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias con que se pretende executar o proxecto e do número de días que participará cada unha delas, así como dun orzamento desagregado do custo de todas as actividades. Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso doutra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. A contía da axuda por proxecto calcularase de forma proporcional á puntuación obtida, de acordo cos criterios de valoración do artigo 12 da orde de convocatoria, ata esgotar o crédito dispoñible.

martes, 30 de marzo de 2021

AXUDAS AO ALUGAMENTO DE VIVENDA DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021 (código de procedemento VI432A).

Réxime de concesión das axudas
A concesión das axudas recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A, axudas ao alugamento de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día de prazo de presentación de solicitudes.
c) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo que se conceda a axuda. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento na data da presentación da solicitude.
d) Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os importes establecidos no artigo 10 das bases reguladoras.
e) Que os ingresos das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a dúas veces o Indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM). Este límite será de catro veces o IPREM se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
i) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
ii) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
f) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicadores previstos no artigo 12.4 das bases reguladoras.
2. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña B, axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, as persoas físicas maiores de idade que non teñan feitos os 35 anos na data de presentación da solicitude e cumpran o resto de requisitos sinalados no punto 1 deste ordinal.

Duración das axudas
As axudas de ambas as dúas liñas concederanse por un prazo máximo dun ano e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2021, prazo de remate da vixencia do Plan 2018-2021.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.


Código: CV21023.
Área de coñecemento: coñecementos transversais.
Nome do curso: Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga.


Obxectivos.
Proporcionar a formación que establece o anexo IV-A) do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.

Destinatarios/as.
Poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as que se encontren en servizo activo, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación.
Duración: 60 h.
Edicións: unha.
Datas: do 20 de abril ao 17 de xuño de 2021.
Proba final: o día 17 de xuño ás 10.00 horas.
A proba final do curso realizarase ben de xeito telemático a través da aula virtual ou ben de forma presencial descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e na sede da EGAP en Santiago de Compostela (Rúa Madrid, 2-4. Polígono das Fontiñas). A elección dunha ou outra forma de realización das probas dependerá da evolución da situación derivada da COVID-19 e será comunicada a través das canles de comunicación do curso coa debida antelación.
Prazas: 100.

Contido.
1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
2. Riscos xerais e a súa prevención.
3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
5. Primeiros auxilios.
6. Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será do 31 de marzo ao 9 de abril de 2021.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.30 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

AXUDAS Á REESTRUCTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA E SE CONVOCAN PARA 2021

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 24 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR446A).

Obxecto
1. Establecer as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e realizar a súa convocatoria para 2021, en réxime de concorrencia competitiva.
2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións para calquera das superficies de viña das súas explotacións.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas viticultoras e futuros viticultores cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación.
2. Non poderán ser beneficiarios:
a) Aquelas persoas viticultoras que contraveñan a normativa vixente en materia de plantacións de viña, para calquera das superficies de viña da súa explotación.
b) Aquelas persoas viticultoras que renunciasen á axuda dunha operación solicitada en convocatorias anteriores no marco do PASVE 2019-2023, unha vez aprobada, excepto que comunicasen a súa renuncia no prazo de 10 días desde a súa notificación.
c) Aquelas persoas viticultoras que non solicitasen o pagamento dunha operación, unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude de pagamento dentro do segundo exercicio financeiro posterior ao que se solicitou a axuda, salvo causas de forza maior e circunstancias excepcionais que poden recoñecerse conforme os casos previstos no punto 2 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013.

Prazo para presentar as solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

PREMIOS TALENTO MOZO DE GALICIA 2021


 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 16 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS327A).


Obxecto
Regular o procedemento de concesión dos premios ao talento mozo na Comunidade Autónoma de Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.
Cos premios Talento Mozo Galicia tratarase de recoñecer e visibilizar o talento e as capacidades da xuventude galega, nas modalidades de ciencia, rural, deporte, empresa e cultura e creación.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas mozas que teñan entre 18 e 35 anos e estean domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, e que conten cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorran. Para estes efectos, os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
A concesión da axuda tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Para a valoración dos expedientes constituirase un xurado cuxos membros serán designados entre persoas destacadas no ámbito institucional e/ou social pola súa relevancia profesional e persoal en cada unha das modalidades dos premios.
O premio é compatible con outros outorgados coa mesma finalidade por todo tipo de organismos públicos ou privados.

lunes, 29 de marzo de 2021

SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS E SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2021 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan galego de eficiencia enerxética nas familias (código de procedemento IN414C), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN414B), recollidas como anexo I desta resolución e proceder á convocatoria para a anualidade 2021.
2. Seleccionar, en réxime de concorrencia non competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (anexos II e III).
3. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2021 que se xuntan a esta resolución como anexos IV a VI.
4. Publicar o convenio de colaboración para as axudas do Plan galego de eficiencia enerxética nas familias, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo III).
5. Convocar para o ano 2021, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes de axudas serán presentadas polas entidades colaboradoras segundo o modelo de formulario normalizado do anexo IV desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.
2. As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Se a entidade colaboradora presenta a solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 30 de xuño de 2021, e para solicitar a adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).
4. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 20 de abril de 2021 ás 9.00 e rematará o 30 de setembro de 2021 ou cando se esgoten os fondos.

SUVBENCIÓNS A ESTABLECEMENTOS E SERVIZOS TURÍSTICOS DE XESTIÓN PÚBLICA E/OU PRIVADA CO OBXECTO DA OBTENCIÓN E/OU MANTEMENTO DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), que serán susceptibles de financiamento no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU970A).

Obxecto e réxime
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á obtención ou ao seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE (código de procedemento administrativo TU970A).
As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas poderán ser cofinanciadas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), caso en que deberán cumprirse as obrigas específicas e demais disposicións que se establecen ao respecto nestas bases reguladoras.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións:
Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local recollidas no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos
As persoas solicitantes da categoría 2ª deberán reunir os requisitos establecidos nestas bases e ter inscrita a actividade turística para a que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), de conformidade cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Prazo de xustificación da subvención
Para xustificar a realización da actividade subvencionada, as persoas ou entidades beneficiarias destas subvencións terán ata o 30 de novembro de 2021.

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA E DE SUBVENCIÓNS COVID-19 PARA O MANTEMENTO DO AUTOEMPREGO DAS PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS EN GALICIA 2021

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR937A).

Obxecto
Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das dúas liñas de subvencións dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma galega:
– Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
– Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: destinadas a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia.

Persoas beneficiarias
As persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2021.

ORDE DO 26 DE MARZO DE 2021, MODIFICACIÓN DA ORDE DO 17 DE MARZO DE 2021 POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DERIVADA DA COVID-19 EN GALICIA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 26 de marzo de 2021 pola que se modifica a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.


DECRETO 51/2021, DE 26 DE MARZO, MODIFICACIÓN DO DECRETO 45/2021 DO 17 DE MARZO, POLO QUE SE ADOPTAN MEDIDAS EN GALICIA PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

DECRETO 51/2021, do 26 de marzo, polo que se modifica o Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

viernes, 26 de marzo de 2021

INFORMACION XUVENIL SEMANA DO 22 AO 28 DE MARZO

 


 

 



 





Talento Mozo. Charla con Xosé González

xuventude.xunta.es

O venres 26 de marzo ás 18:00 h podes seguir a conversa que manterá, dentro do programa Talento Mozo, a Directora xeral de Xuventude, Cr...

 

Xuventude co día das letras galegas

xuventude.xunta.es

A programación das Letras Galegas 2021 contará con medio cento de actividades para divulgar o legado de Xela Arias &nbsp; Propostas no e...

Autocoidados. O camiño para o benestar

xuventude.xunta.es

Xa podes no IGTV de QUÉROTE&#43; a charla de Nuria, psicóloga do centro Quérote&#43; de Coruña, dando tips para o autocuidado emoc...



 

Medidas de prevención específicas nas escolas de tempo libre e nas actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil

xuventude.xunta.es

Consulta neste mapa as medidas de prevención específicas para as ETL e para as actividades de educación no tempo libre en Galicia...

Premios Nacionais de Xuventude 2021 convocados polo Injuve

xuventude.xunta.es

O Instituto da Xuventude, INJUVE, convoca os Premios Nacionais de Xuventude para o ano 2021. Os Premios Nacionais de Xuventude 2021, supoñen un...

 

Reto lector: Enderezo descoñecido

xuventude.xunta.es

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol propóñennos un reto lector. Propoñen compartir refl...

 

 

Residencia Literaria Cidade da Cultura

xuventude.xunta.es

A Xunta de Galicia lanza a Residencia Literaria Cidade da Cultura, un novo programa deseñado para o apoio e acompañamento de escritores...

MUV. Museo virtual

xuventude.xunta.es

A Fundación María José Jove inaugura o que sería o primeiro museo 100% virtual de España. Consiste nunha plataforma...

 

Videos educativos da Comisión Europea

xuventude.xunta.es

A Comisión Europea lanza catro vídeos educativos, co obxectivo de capacitar aos mozos e mozas da UE para que se convertan en consumidore...

As necesidades da Mocidade nunha Europa pospandémica: o papel da información e o asesoramento para a Mocidade

xuventude.xunta.es

Seminario web: as necesidades dos mozos e mozas nunha Europa pospandémica: o papel da información e o asesoramento para a Mocidade En li...

 

 

 

 

 

 




 



 

 



 

 

 








 

 

 

 




Ofertas de emprego:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico