miércoles, 31 de agosto de 2022

PROGRAMA NEOTEC

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos establecidos na Resolución do 7 de maio de 2021, da Presidencia do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial, E.P.E. (CDTI), pola que se aproba a convocatoria para o ano 2021 do procedemento de concesión de axudas destinadas a novos proxectos empresariais de empresas innovadoras (programa Neotec), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN870A).

Obxecto
1. Axudas dirixidas a aquelas empresas que, presentándose á convocatoria aprobada pola Resolución do 7 de maio de 2021, da Presidencia do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial, E.P.E. (CDTI), de concesión de axudas destinadas a novos proxectos empresariais de empresas innovadoras (programa Neotec), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e do Subprograma estatal de I+D+i empresarial no marco do Plan estatal de investigación científica e técnica e de innovación 2017-2020 (en diante, convocatoria de referencia ou convocatoria Neotec de 2021), e superando os limiares mínimos recollidas nela, non adquiriron a condición de beneficiarias por insuficiencia de crédito nela (código de procedemento IN870A).
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2022 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva. As axudas concedidas no marco desta resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado publicado no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE núm. 187, do 26.6.2014).
3. As axudas financiarán a posta en marcha de novos proxectos empresariais que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos cales a estratexia de negocio se basee no desenvolvemento de tecnoloxía. Así mesmo, prímase a incorporación de persoas con grao de doutor á empresa para reforzar as súas capacidades de absorción e xeración de coñecemento.
As axudas poderán destinarse a proxectos empresariais en calquera ámbito tecnolóxico e/o sectorial. Con todo, non se adecúan a esta convocatoria os proxectos empresariais cuxo modelo de negocio se basee primordialmente en servizos a terceiros, sen desenvolvemento de tecnoloxía propia. Tampouco serán obxecto de axuda aquelas iniciativas que non reflictan claramente no seu plan de empresa a continuidade no desenvolvemento de tecnoloxía.

Beneficiarios
1. Terán a consideración de beneficiarias as pequenas empresas innovadoras que, presentando unha solicitude de axuda á convocatoria de referencia, resultasen desestimadas por insuficiencia de orzamento dispoñible para financiar o proxecto con cargo á dita convocatoria, conforme a Resolución definitiva da Presidencia do CDTI da convocatoria do programa Neotec do ano 2021.
Conforme a devandita resolución, os beneficiarios desta convocatoria son pequenas empresas que poden considerarse empresa innovadora conforme os artigos 2 e 3 da convocatoria de referencia, e que dando cumprimento aos requisitos de elixibilidade e superados os limiares mínimos do artigo 11.4 da convocatoria de referencia non alcanzaron a puntuación requirida para ser financiables.
2. Os beneficiarios en función da sede e localización do centro de traballo indicado na convocatoria de referencia deberán cumprir unha das seguintes condicións:
i) Ter sede social e centro de traballo principal en Galicia na data de presentación da solicitude.
ii) Presentar, xunto coa solicitude, unha declaración aclaratoria da motivación de trasladar a súa sede social, sede fiscal e centro de traballo a Galicia no prazo dun mes desde a data de resolución da presente convocatoria.
3. Así mesmo, os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Non estar cotizadas, nin que se engada nunha bolsa de valores, excepto as plataformas de negociación alternativa.
b) Estar constituídas como máximo nos cinco anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de axuda á presente convocatoria, contado desde a data de outorgamento da escritura de constitución da empresa.
c) Non distribuír beneficios.
d) Ter sido rexistradas ou iniciada a súa actividade económica desde hai 5 anos como máximo.
4. Non poderán adquirir a condición de beneficiario as seguintes entidades:
a) As pemes nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
b) As empresas en crises conforme a definición contida no artigo 2.
c) As entidades do sector público institucional comprendidas no artigo 2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, fóra das sociedades mercantís públicas.
d) As empresas que resultasen beneficiarias, con carácter previo á presente convocatoria, de anteriores axudas do programa Neotec, así como dos convenios de colaboración subscritos entre a Axencia Galega de Innovación e pequenas empresas de Galicia para a execución de proxectos de desenvolvemento empresarial presentados ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliados de forma favorable, pero non financiados no marco do programa Neotec (convocatoria de 2020), do Subprograma estatal de I+D+i empresarial.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.3 (COOPERACIÓN NO ÁMBITO LEADER).

 AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2022 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2022 e 2023, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR710A).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) e con cargo ás anualidades 2022 e 2023, as subvencións que se corresponden coa submedida 19.3 do PDR (cooperación no ámbito de Leader).

Beneficiarios
Os grupos de desenvolvemento rural (GDR) seleccionados polo Consello de Dirección da Agader, do 16 de novembro de 2016, ao abeiro do Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección, publicado mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2016, do director xeral da Agader (DOG núm. 42, do 2 de marzo).

Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

martes, 30 de agosto de 2022

AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA EN RÉXIME ASOCIATIVO EN GALICIA

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR351A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas en réxime de concorrencia competitiva para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, dentro da medida 4 (investimentos en activos físicos), submedida 4.18 (apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas), código de procedemento MR351A, así como convocalas para o ano 2022.
Para iso, serán subvencionables os seguintes investimentos:
a) Maquinaria agrícola.
b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.
Non se subvencionarán:
a) A mera reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
b) O IVE e outros impostos.
c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin as máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.
e) Colleitadoras de forraxes cun uso previsto menor de 500 horas anuais.
f) A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
• Cooperativas agrarias con sección/servizo de maquinaria.
• Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).
• Cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
• SAT procedente de fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS INDIVIDUAIS DESTINADAS AO PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL GALEUROPA

                                                CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 10 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS324A).


Obxecto
O obxecto é a concesión de subvencións individuais para o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, para a realización de prácticas formativas non laborais por persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (en diante, SNGX) en entidades ou empresas públicas ou privadas en países europeos, con cargo ao programa operativo de emprego xuvenil. O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.
A duración das prácticas formativas non laborais nas empresas ou entidades de países europeos será como mínimo de dous (2) meses e como máximo de tres (3) meses consecutivos, cun mínimo de 100 horas formativas mensuais e un mínimo de catro días semanais de prácticas.
O período de realización das prácticas formativas non laborais nas empresas ou entidades deberá finalizar, como data límite, o 30 de novembro de 2022.

Beneficiarios/as
1. Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
a) Ter feito os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia na data de presentación da solicitude.
2. Serán excluídas as persoas mozas solicitantes que se encontren nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Outros datos
Todas as persoas ás cales se lles conceda a subvención recibirán un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida, se así o solicitan.
A concesión da subvención tramítase en réxime de concorrencia competitiva e efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.
As subvencións están suxeitas ao réxime de custos simplificados baseados en custos unitarios. Na convocatoria establécense unhas táboas con importes que varían en función do país de destino, do número e da duración das mobilidades.
Serán gastos subvencionables para a realización das prácticas os relativos a manutención e aloxamento, seguros, gastos de desprazamento e transporte local no país de destino de prácticas das persoas mozas participantes, incluíndo a subvención para o apoio lingüístico.
Para os efectos da subvención non son subvencionables os días de viaxe (ida e volta) da persoa moza participante.
O prazo para xustificar a acción subvencionada será o 15 de decembro de 2022.

lunes, 29 de agosto de 2022

AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, financiadas con fondos REACT-UE, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI440A).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto avanzar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como medida de fomento da corresponsabilidade e da conciliación da vida familiar e laboral, mediante incentivos para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo para a atención e coidado das súas fillas e fillos, así como para as familias monoparentais, homes ou mulleres, que precisan dun apoio específico para compaxinar a vida laboral, persoal e familiar.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2021 e o 31 de xullo de 2022, ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
No suposto de adopción ou de acollemento familiar, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou adopción e, en todo caso, a filla ou fillo terá que ser menor de 12 anos.
2. Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións: a) Estar empadroado en Galicia; b) Convivir coa filla ou fillo; c) Se é o caso, o cónxuxe ou parella debe estar traballando; d) Ter uns ingresos non superiores a 7 veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo co prazo de presentación vencido (2021).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 25 de agosto de 2022

E-MARTES SOBRE NOTIFICACIÓNS ELECTRÓNICAS

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas.

Obxectivos
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, á autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Contidos
A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 13 de setembro de 2022 abordará os seguintes contidos:
• Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal
• Notificacións por comparecencia.
• Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
• Sede electrónica.
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo de destinatarios/as.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
• O persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

Número de prazas
Cincuenta (50).

Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava, respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área na que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a Xornada de formación práctica dixital (E-martes): notificacións.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 8 de setembro de 2022.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

AXUDAS Á DOTACIÓN DE EQUIPAMENTOS E ACTIVOS QUE FOMENTEN A INNOVACIÓN E A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA CULTURAL E CREATIVA GALEGA

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207N).

Finalidade
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as persoas físicas (autónomos) e as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, con sucursal, ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea. Estas entidades deberán desenvolver a súa actividade principal de xeito habitual en Galicia e nalgunha das epígrafes da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE 2009) que se establecen nas bases, e o investimento realizado obxecto da subvención ten que estar localizado nun centro de traballo en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

BOLSAS PARA PERSOAS COLABORADORAS NA RESIDENCIA DO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA PARA O CURSO 2022-23

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 8 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2022/23, e se realiza á súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

Obxecto
Establecer, mediante o procedemento con código DE400A, as bases reguladoras e proceder á convocatoria de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade. Estas bolsas estarán destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior que colaborarán na residencia do CGTD, co fin de dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial a residencia para a atención dos deportistas menores de idade. Os/as beneficiarios/as das bolsas completan a súa formación como estudantes á vez que se familiarizan con actividades relacionadas coas saídas profesionais dos estudos que están a cursar.

Persoas beneficiarias
As persoas que cumpran os requisitos seguintes: ter entre 18 e 30 anos no momento de presentar a solicitude; estar empadroadas en Galicia no momento de presentar a solicitude; estar cursando estudos universitarios nunha facultade, nunha escola universitaria ou nun ciclo formativo; non ser beneficiarias dunha bolsa como deportista no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante, CGTD) no momento da solicitude; estar en disposición de cumprir co establecido na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, que modificou a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor. Supletoriamente, no caso de non cubrir as prazas cos requisitos anteriores, poderanse ter en conta solicitudes de persoas que fosen bolseiras no CGTD con anterioridade e que estean cursando estudos non oficiais.

Prazo para presentar as solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

miércoles, 24 de agosto de 2022

MODIFICACIÓN.- AXUDAS A INVESTIMENTOS EN BIOSEGURIDADE PARA MELLORA OU CONSTRUCCIÓN DE CENTROS DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN DE VEHICULOS DE TRANSPORTE DE GANDO

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 12 de agosto de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DO PROGRAMA EXTRAORDINARIO DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS CON ACTIVIDADES ESPECIALMENTE PARALIZADAS POLA CRISE DA COVID-19

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR760A), e da Orde do 27 de xuño de 2022 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 28 de abril de 2022.

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DAS SUBVENCIÓNS AO FOMENTO DA CONTRATACIÓN POR ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DE MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se fai público o esgotamento do crédito da Resolución do 15 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación por parte de entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero, financiadas con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI461B).

REDISTRIBUCIÓN DOS CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DO PROGRAMA DE INCENTIVOS PARA A IMPLANTACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2022 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneratiónEU (código de procedemento IN422N).

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTONOMAS

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 8 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR790A).

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA MULLER 22

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 20 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Muller 22, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento TR770A).

MODIFICACIÓN.- AXUDAS FINANCEIRAS DO PROGRAMA DE PRESTAMOS CUALIFICADOS PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2022 pola que se modifica a Resolución do 11 de maio de 2022 pola que se convocan para a anualidade 2022 as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, para os efectos de ampliar o prazo de presentación de solicitudes (código de procedemento VI406B).

CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Requisitos do persoal participante
1. Poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
2. Ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.

Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal

Solicitudes e prazos
1. O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día 22 de agosto ata as 23.55 horas do día 31 de agosto de 2022.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 63 35 e 981 54 62 57 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

martes, 23 de agosto de 2022

2ª CONVOCATORIA INDEMNIZACIÓNS POLO SACRIFICIO OBRIGATORIA DE ANIMAIS

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 4 de agosto de 2022 pola que se realiza a segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades (código de procedemento MR553C).

PROGRAMA INICIATIVA XOVE 2022

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 1 de agosto de 2022 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa xove, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento BS306B).

CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

PROGRAMA RETORNA MOCIDADE

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 4 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna mocidade, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional no curso académico 2022/23 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases e convocar o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cincuenta e catro prazas (54) para o acceso da mocidade galega do exterior, ás ensinanzas formación profesional relacionadas no anexo III que se desenvolverán en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2022/23. Xunto coa praza na ensinanza solicitada, concederase unha bolsa para a viaxe, o aloxamento e a manutención.
Este procedemento habilitarase na Guía de procedementos e servizos co código ED333B.

Persoas beneficiarias
Poderá concorrer a esta convocatoria a cidadanía galega residente no exterior e que cumpra o disposto no artigo 3. Requisitos.
Quedan excluídas desta convocatoria as persoas que xa fosen beneficiarias, así como aquelas persoas beneficiarias que causasen baixa ou renunciasen á bolsa convocada pola Orde do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2019/20 nun centro de Galicia con ensinanzas sostidas con fondos públicos (código de procedemento ED333B), ou a outras bolsas de edicións anteriores.
Quedan excluídas desta convocatoria aquelas persoas que xa fosen beneficiarias das bolsas de excelencia para a mocidade exterior (Beme), convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes será de 45 días naturais, que se contarán desde o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) e finalizará ás 23.59.59 horas (hora peninsular española) do día no que finalice o dito cómputo.

AMPLIACION PRAZO XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTO PAISAXÍSTICO DESTINADO A PERSOAS FÍSICAS

 INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2022 pola que se amplía o prazo establecido no ordinal vixésimo da Resolución do 20 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MT402A), tramitado como expediente anticipado de gasto.

CORRECCIÓN DE ERROS.- MODIFICACIÓN DAS AXUDAS PARA O PAGAMENTO DA COMISION DE APERTURA ÁS PERSOS BENEFICIARIAS DOS PRÉSTAMOS PARA O ADIANTO DAS AXUDAS DIRECTAS DA PAC

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se modifica a Orde do 25 de maio de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (código de procedemento MR242A).

PROGRAMA UNICO-BONO SOCIAL

 AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a inscrición de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o período 2022-2023 (códigos de procedemento AP400A e AP400B).

Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras, recollidas como anexo I, do Programa de emisión de bonos dixitais (Programa ÚNICO-Bono Social) previsto no Real decreto 989/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro) e enmarcado no investimento C15.I3 «Bonos dixitais para pemes e colectivos vulnerables» do Compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento AP400A), así como da inscrición de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento AP400B).
2. Aprobar o formulario para a solicitude dos bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables, que se inclúe como anexo II, e proceder a convocatoria para as anualidades 2022 e 2023.
3. Aprobar o formulario para a solicitude de inscrición como entidade colaboradora, que se inclúe como anexo VI, e convocar o procedemento de inscrición.
4. Publicar o convenio de colaboración para a xestión dos bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo IX).
5. Habilitar o rexistro de operadores-colaboradores da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias do bono dixital as persoas que xa sexan beneficiarias das prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (Risga) da Xunta de Galicia ou do ingreso mínimo vital (IMV) do Goberno de España.
2. Así mesmo, tamén poderá ser beneficiaria calquera outra persoa física maior de idade con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que se atope en situación ou risco de exclusión social. No caso da exclusión social, verificarase a concorrencia adicional de algún dos factores de exclusión establecidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento.
3. Considerarase ausencia ou déficit grave de recursos económicos cando na unidade familiar o nivel de renda sexa igual ou inferior a:
a) 1,25 veces o IPREM, se non existe unidade familiar ou non hai menores nesta.
b) 1,75 veces o IPREM, se hai menores na unidade familiar.
4. En calquera caso os beneficiarios deberán estar empadroados e ter residencia constatada polos servizos sociais comunitarios básicos en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
5. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que efectúe o órgano xestor.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo inicial para que as entidades interesadas presenten as solicitudes de inscrición como entidades colaboradoras é dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, sen prexuízo do disposto no artigo 7.6.b) das bases reguladoras recollidas no anexo I. O prazo rematará o mesmo día en que se producise a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que se inicie o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.
2. O prazo para presentar as solicitudes dos bonos dixitais comezará o día seguinte ao da publicación no DOG da relación de entidades colaboradoras adheridas e rematará o 16 de decembro de 2022.

AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS INDIVIDUAIS

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2022 (código de procedemento CT207B).

Finalidade
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais que favorezan a recuperación económica do sector ao amparo do programa Hub da industria creativa galega, para o ano 2022.

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes, dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano na epígrafe IAE 961.1, e con sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia e cumpran os requisitos establecidos nestas bases.
Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).
Quedan excluídas desta convocatoria as agrupacións de interese económico.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DE FP PARA O EMPREGO 2021 E 2022

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 8 de agosto de 2022 pola que se modifica parcialmente e se publica a ampliación de crédito da Orde do 21 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR301V).



AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDA DO PLAN ESTATAL PARA O ACCESO Á VIVENDA 2022-25, CONVOCATORIA 2022

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento VI435A).

Obxecto e réxime de concesión das axudas
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas para a adquisición de vivenda previstas no Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono alugueiro mocidade e o Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, que se tramitarán co código de procedemento VI435A.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para a anualidade 2022.
3. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
1. Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso de persoas estranxeiras non comunitarias, deberán contar con autorización de estadía ou residencia en España.
b) Ter menos de 35 anos, incluída a idade de 35 anos, no momento de solicitar a axuda ou no momento da subscrición do contrato privado ou da escritura pública de compravenda, cando esta se realice antes da publicación da correspondente convocatoria.
c) Ter subscrito a partir da data sinalada na correspondente convocatoria un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que reúna os seguintes requisitos:
– Que a vivenda estea localizada nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data de entrada en vigor do Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro.
– Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
– Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 120.000,00 €.
d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con anterioridade á referida data.
e) Que as rendas anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM.
Este límite será de 4 veces o IPREM se na unidade de convivencia existen persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O referido límite será de 5 veces o IPREM cando na composición da unidade de convivencia existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
– Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental, persoas con discapacidade intelectual ou persoas con discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
– Persoas con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
f) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
g) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como que non se lles revogase nin fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista neste ou no anterior plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa imputable a aquelas.
h) Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.
2. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada unha das persoas propietarias deberá cumprir os requisitos sinalados no parágrafo anterior para poder ser beneficiaria da axuda.
3. Tamén poderán ser persoas beneficiarias destas axudas, nos termos que se especifiquen na correspondente convocatoria, aquelas ás que, tendo presentado unha solicitude de subvención para a adquisición de vivenda ao abeiro de convocatorias inmediatamente anteriores, lles fose denegada por esgotamento do crédito previsto.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 30 de setembro de 2022 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

AXUDAS E PRÉSTAMOS PARCIALMENTE REEMBOLSABLES PARA FINANCIAMENTO DE PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2022 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

Obxecto
A concesión de axudas e, se é o caso, de préstamos parcialmente reembolsables, para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:
I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.
I.2. Proxectos de investimento empresarial no sector de aloxamento.
I.3. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas e préstamos as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas presentes bases.
2. Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
No caso das agrupacións, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2022.

INDEMNIZACIÓNS EN MATERIA DE SANIDADE VEXETAL PARA 2022

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR465A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto:
a) Establecer, no marco dos programas de control e loita contra pragas de corentena e outras pragas regulamentadas, as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polas medidas fitosanitarias adoptadas sobre os vexetais afectados polos organismos de corentena.
b) Convocar a concesión de indemnizacións para o ano 2022 (código de procedemento MR465A).

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica cuxos produtos vexetais fosen afectados polas medidas fitosanitarias adoptadas en virtude dunha declaración de presenza de praga pola autoridade competente, orixinada polo desenvolvemento dun programa oficial de erradicación dos organismos de corentena dos determinados na correspondente convocatoria. As empresas poderán ser beneficiarias sempre que teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria, segundo o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal para o período 2014-2020 e no Regulamento (UE) nº 702/2014, da Comisión, do 25 de xuño.
2. No caso de produtores de plantas de viveiro, estes deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, polo que non será posible o outorgamento de indemnización se no momento da inspección inicial o viveiro non cumpre este trámite.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

LEI 1/2022 MELLORA DA XESTIÓN DO CICLO INTEGRAL DA AUGA

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga.


PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORA AUTÓNOMAS PARA 2022

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 8 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR790A).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas do programa Nova oportunidade para as persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR790A).
2. Establécense dous tipos de apoio ás persoas traballadoras autónomas:
1ª. Para as que cesaron na súa actividade e van volver emprender.
2ª. Para as que cambian de actividade e queren volver emprender noutro sector.

Persoas beneficiarias e requisitos
Serán beneficiarias destas axudas tanto as persoas autónomas que queren volver emprender de novo como as persoas autónomas que queiran cambiar de sector de actividade:
1. Persoas autónomas ou que teñan sido autónomas con anterioridade, e que queren volver emprender:
Serán beneficiarias das axudas as persoas que se dean de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 1 de xaneiro de 2022 ao 30 de outubro de 2022, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante tres (3) meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
b) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e estar en tal situación na data inmediatamente anterior á do inicio da actividade laboral.
c) Ter transcorrido un período mínimo de dous meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.
d) Ter o domicilio fiscal nalgún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.
2. Persoas autónomas que queren cambiar de sector de actividade:
Tamén serán beneficiarias das axudas deste programa as persoas que estean de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, e iniciasen unha nova actividade nun sector distinto ao anterior, no período do 1 de xaneiro de 2022 ao 30 de outubro de 2022, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter cotizado, anteriormente a esta nova alta polo menos durante seis (6) meses ininterrompidos na súa vida laboral, no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
b) Ter un alta como persoa traballadora autónoma nun sector diferente ao anterior, para o que se terá en conta o CNAE e o IAE (modelos 036 ou 037).
c) Ter o domicilio fiscal nalgún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.
En ambos casos os requisitos deberán cumprise ben na data da solicitude ou ben na data do inicio da actividade, segundo o caso.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iníciase o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o 31 de outubro de 2022.

BOLSAS DE FORMACIÓN PARA 2022 DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento VI440D).

Obxecto e réxime de concesión das axudas
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión de bolsas de formación en materia de vivenda no Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS). Código de procedemento VI440D.
As persoas ás que se lle conceda a bolsa recibirán a súa formación de acordo a un plan formativo elaborado especificamente para cada convocatoria pola Dirección Xeral do IGVS. Este plan de formación versará sobre materias relacionadas coas función propias do citado organismo e indicará as actividades prácticas que se van realizar.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas liñas de axudas para a anualidade 2022, con carácter plurianual.
3. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia competitiva, de acordo co artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas que no momento de presentar a súa solicitude reúnan os seguintes requisitos:
– Ter rematado o grao exixido na correspondente convocatoria, dentro do prazo indicado nela.
– Ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior.
– Non ter sido con anterioridade beneficiario/a doutra bolsa de formación do IGVS.
– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao inicio da formación.
– Non estar incursa en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

AXUDAS AO INVESTIMENTO PARA INFRAESTRUTURAS LOCAIS PROMOVIDAS POR GRANDES EMPRESAS

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa Infraestruturas estratéxicas abertas), promovidas por grandes empresas galegas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408D).

BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS NO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA CURSO 2022/23

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2022/23 (código de procedemento TU200A).

Obxecto e réxime
Estas bases teñen por obxecto o establecemento de bolsas de matrícula, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o CSHG, para o curso 2022/23, código de procedemento TU200A.

Persoas beneficiarias
1. Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza.
2. No caso de que non se outorguen a totalidade das bolsas incluídas para a convocatoria do curso 2022/23, poderán outorgarse ao alumnado do resto de cursos, sempre que reúnan os requisitos establecidos para a obtención das bolsas no artigo 4 destas bases, salvo o de cursar o primeiro curso.
En todo caso, só poderán obter bolsa neste suposto os/as alumnos/as que non obtivesen bolsa en ningunha ocasión anterior e superen o curso nas convocatorias de xuño a excepción do stage.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

lunes, 22 de agosto de 2022

AXUDAS Á IMPLANTACIÓN DA LOXÍSTICA AVANZADA E SUSTENTABLE PARA 2022

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á implantación da loxística avanzada e sustentable para o ano 2022, susceptibles de ser financiadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300G).

ESGOTAMENTO DE CRÉDITO AXUDAS ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DESTINADOS A PERSOAS FÍSICAS

INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da convocatoria efectuada pola Resolución do 20 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas e se establece a súa convocatoria para o ano 2022, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento MT402A).

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS NOS CONCELLOS DE GALICIA POLOS QUE DISCORREN OS DIFERENTES CAMIÑOS DE SANTIAGO

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Resolución do 18 de maio de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 107, do 6 de xuño) pola que se establecen as bases das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago, con motivo do Xacobeo 21-22: Cultura no Camiño, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT302B).

FESTAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DO CALENDARIO LABORAL PARA 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

DECRETO 139/2022, do 21 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2023.

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO PARA 2022

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da aplicación 11.04.322C.470.6, prevista na Orde do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 30 de decembro de 2021).

jueves, 18 de agosto de 2022

AMPLIACIÓN E REDISTRIBUCION CRÉDITO ORZAMENTARIO PROGRAMA 1,2 E 3 AUTOCONSUMO E ALMACENAMENTO NO SECTOR SERVIZOS E NOUTROS SECTORES PRODUTIVOS

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 29 de setembro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN421W), modificada previamente pola Resolución do 9 de febreiro de 2022.


AMPLIACIÓN E REDISTRIBUCIÓN DO CRÉDITO ORZAMENTARIO PROGRAMAS 4 E 5 AUTOCONSUMO E ALMACENAMENTO NO SECTOR RESIDENCIAL, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E O 3º SECTOR

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K), modificada previamente pola Resolución do 9 de febreiro de 2022.


AMPLIACIÓN E REDISTRIBUCIÓN DO CRÉDITO ORZAMENTARIO PROGRAMA 6 REALIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS NO SECTOR RESIDENCIAL

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondente ao programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M), modificada previamente pola Resolución do 9 de febreiro de 2022.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS Á APICULTURA PARA 2022

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 29 de xullo de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 10 de maio de 2022 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2022.

OBRADOIROS E AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0 PARA 2022

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2022, cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas, ou entre dúas ou máis pemes galegas, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación e procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Beneficiarias
As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), calquera que sexa a súa forma xurídica e que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 8 de setembro de 2022.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA O PAGAMENTO DA COMISIÓN DE APERTURA DESTINADAS ÁS PERSOAS BENEFICIARIAS DE PRÉSTAMOS PARA O ADIANTO DAS AXUDAS DIRECTAS DA P.A.C. E AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL 2022

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 28 de xullo de 2022 pola que se modifica a Orde do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (código de procedemento MR242A).

AXUDAS Á IMPLANTACIÓN DE SOLUCIÓNS AVANZADAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA ECONOMÍA CIRCULAR PARA 2022

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e van destinadas á posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento da economía circular cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, acadando reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e diminucións na xeración de refugallos, subprodutos ou desfeitos, coa tendencia de converter os refugallos en recursos de uso en outros procesos produtivos.
Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:
a) Proxectos colectivos de simbiose industrial en que un grupo de empresas (cun mínimo de dúas empresas independentes, opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda un proxecto de economía circular para mellorar o uso dos recursos e reducir os impactos ambientais de maneira conxunta. A simbiose industrial facilita o intercambio de enerxía, materiais, auga e subprodutos para pechar os ciclos de materiais e enerxía, maximizar o uso de residuos e minimizar o uso de materia prima.
b) Proxectos individuais en que unha peme aborda a implantación dun sistema de economía circular, parcial ou integral, especificamente deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo os empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.
As pemes poderán solicitar axudas á tipoloxía de proxectos individuais descritos no artigo 1.b) das bases reguladoras. Para poder solicitar as axudas á tipoloxía de proxectos colectivos descritos no artigo 1.a), os interesados deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que terá que estar constituída, polo menos, por dúas pemes con centro de traballo en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 8 de setembro de 2022.