viernes, 31 de diciembre de 2021

EMPLEO JOVEN LUGO


El Programa de "Acompañamento á Inserción laboral da mocidade", tiene como objetivo el favorecer la inserción en el mercado de trabajo a los jóvenes desempleados de la provincia de Lugo, con edad entre 16 y 30 años e inscritos en el Sistema de Garantía Juvenil.

 Dicho programa ofrece la posibilidad de una formación completamente gratuita y con prácticas en empresas y entidades de la provincia.

 Para más información no dudes en contactar con nosotros a través del teléfono 627281418 o  en nuestra página web   https://empleojovenlugo.es 

ORDE DO 29 DE DECEMBBRO 2021 DE MEDIDAS CUALIFICADAS DEPREVENCIÓN E MODIFICAICÓN DA ORDE DO 14 DE SETEMBRO DE 2021 NOVO PLAN DE HOSTALARÍA SEGURA EN GALICIA

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

jueves, 30 de diciembre de 2021

RENOVACIÓN DAS AXUDAS AO ALUGAMENTO DE VIVENDA 2022

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021 pola que se convoca a renovación das axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 de 2021 para o ano 2022 (código de procedemento VI432B).

Obxecto
Convocar para o ano 2022 a renovación dos seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021) que foron concedidas na anualidade 2021, que se tramitarán co código de procedemento VI432B:
a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.
b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.
A concesión inicial das axudas que se prorrogan mediante esta resolución foi tramitada mediante o procedemento de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas ao alugamento de vivenda as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude de renovación da axuda cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter obtido a condición de persoa beneficiaria da axuda na convocatoria de 2021 das axudas ao alugamento ao abeiro da Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021 (DOG núm. 60, do 30 de marzo) e non ter perdido o dereito á subvención.
b) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
c) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día de prazo de presentación de solicitudes.
d) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo cal se conceda a axuda. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento na data da presentación da solicitude.
e) Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os importes establecidos no artigo 10 das bases reguladoras.
f) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicadores previstos no artigo 12.4 das bases reguladoras.
g) Que os ingresos das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a dúas veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM). Este límite será de catro veces o IPREM se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a seguir. O límite será de cinco veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
– Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
– Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
2. Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atope nalgunha das situacións que a continuación se indican:
a) Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito as persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade de convivencia.
b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.
c) Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
d) Ser inquilina dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera Administración pública.
e) Ter sido beneficiaria das axudas de calquera das dúas liñas deste programa ao abeiro de convocatorias anteriores realizadas con financiamento do Plan 2018-2021. Exceptúanse deste suposto as persoas que xa non forman parte da unidade de convivencia da persoa beneficiaria da axuda.
f) Non atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
g) Estar incurso nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e/ou no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como ser obxecto dunha resolución de revogación ou reintegro dunha axuda deste plan de vivenda ou doutro anterior, por causa imputable a algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 1 de marzo de 2022 e rematará o 31 de marzo de 2022.

AXUDA COMPLEMENTARIA Á DO PROGRAMA DE BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL 2022

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2021 de concesión directa da axuda complementaria á do Programa de bono de alugueiro social durante o ano 2022.

Obxecto e finalidade
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar a concesión directa das subvencións complementarias á do programa do bono de alugueiro social.
2. Estas axudas son complementarias ás subvencións concedidas ás persoas beneficiarias do programa de bono de alugueiro social e teñen a finalidade de subvencionar, conxuntamente con estas, o importe mensual da renda do alugueiro da vivenda, satisfacendo deste xeito unha solución habitacional a colectivos especialmente vulnerables.

Persoas beneficiarias e requisitos
1. Serán beneficiarias destas axudas complementarias todas as persoas que na data publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia teñan unha resolución de concesión inicial ou, de ser o caso, de prórroga do Programa de bono de alugueiro social, así como aquelas outras que resulten beneficiarias do citado programa en virtude da convocatoria correspondente á anualidade 2022.
2. Será requisito necesario para ser persoa beneficiaria destas axudas que no expediente de concesión conste o correspondente contrato de alugamento da vivenda achegado pola persoa interesada.
3. Non poderán ser beneficiarias desta axuda as persoas a quen lles fose declarada a perda do dereito ou revogación da subvención concedida no marco do anterior programa ou nas que concorra algunha das situacións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Tampouco poderán ser beneficiarias destas subvencións complementarias aquelas persoas beneficiarias do programa do bono de alugueiro social cando a renda do seu contrato de alugamento sexa satisfeita integramente coa axuda do citado programa.

Procedemento de concesión
1. O procedemento de concesión destas axudas iníciase de oficio mediante esta resolución.
2. A tramitación deste procedemento realizaraa a Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda, sen que sexa necesario que as persoas interesadas teñan que presentar ningunha solicitude.
3. Os datos necesarios para tramitar o procedemento son os que figuran no expediente do Programa do bono de alugueiro social.
4. A resolución de concesión específica da axuda complementaria será ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
5. Contra a resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Presidencia do IGVS, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Xustificación da subvención
A subvención xustificarase mediante a presentación, dentro dos dez primeiros días naturais de cada mes, dunha declaración responsable en que a persoa beneficiaria indique que continúa residindo na vivenda alugada, a cal deberá ir dirixida á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda. Esta declaración responsable poderá presentarse por vía electrónica accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada ou en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pagamento da subvención
O pagamento da subvención complementaria será mensual e realizarase mediante transferencia bancaria na conta da persoa arrendadora que conste no expediente do bono de alugueiro social.

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2021 pola que se convocan para o ano 2022, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social (código de procedemento VI482A).

Obxecto
Convocar as axudas do Programa do bono de alugueiro social, para o ano 2022, con financiamento plurianual, que se tramitarán co código de procedemento VI482A .
A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias deste programa as unidades de convivencia enumeradas no artigo 2 das bases reguladoras contidas na Orde do 18 de decembro de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 4, do 7 de xaneiro de 2019, modificada pola Orde do 16 de decembro de 2019 (DOG núm. 248, do 31 de decembro), sempre que cumpran os requisitos previstos no artigo 3 das devanditas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o día 3 de xaneiro de 2022 e terminará o día 31 de maio de 2022 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.
2. Este prazo poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.

AXUDAS PARA INVESTIMENTOS RELACIONADOS COA ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS VITIVINÍCOLAS

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos relacionados coa elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2022 (código de procedemento MR361A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas no programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2022.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos recollidos no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, producidos en territorio español, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comencen esa produción ou comercialización. Para estes efectos, entenderase como empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan actividades a título individual, as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular. As comunidades de bens quedan incluídas na definición de empresa. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.
b) As organizacións de produtores vitivinícolas, recoñecidas consonte o artigo 152 do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. As asociacións deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.
d) As organizacións interprofesionais.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comeza o día seguinte ao de publicación desta orde e remata o 31 de xaneiro de 2022.

REASIGNACION DE CRÉDITOS DO BONO CONSOLIDA ECONOMIA SOCIAL

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (código de procedemento TR802L).

PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR341Q).

Obxecto
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:
1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.
2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.
b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na declaración referida ao ano 2020.
c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano ano 2020 inferior a 30.000 euros (segundo a casilla 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros refirirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.
3. Quedan excluídos desta orde:
a) Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea, conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
b) As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas (código de procedemento TR341Q) nalgunha das anteriores convocatorias.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 14 de xaneiro de 2022 e remata o 14 de febreiro de 2022.

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao financiamento do Programa de primeira experiencia profesional nas administracións públicas, de contratación de persoas mozas desempregadas no seo dos servizos prestados pola Administración pública galega, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento TR349U).

Obxecto
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria pública en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2022 das subvencións do Programa de primeira experiencia profesional nas administracións públicas (código de procedemento TR349U).

Persoas beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias da subvención os órganos da Administración da Xunta de Galicia e os seus organismos autónomos, así como as demais entidades que integran o sector público autonómico de Galicia segundo o artigo 3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que se obriguen a contratación de persoas mozas traballadoras desempregadas, maiores de 16 e menores de 30 anos.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de solicitude de axudas desta orde iníciase o 3 de xaneiro de 2022 e remata o 3 de febreiro de 2022.

SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FINANCIAMENTO DO PROGRAMA INVESTIGO

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento TR349V).

Obxecto
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria pública en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2022 das subvencións do Programa Investigo (código de procedemento TR349V).

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as seguintes entidades radicadas en Galicia que realicen ou teñan como actividade principal a I+D+i:
– Universidades públicas e privadas.
– Centros, institutos de investigación e institucións de carácter sanitario públicos e privados.
– Centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, integrados nalgunha consellería, así como outros centros e organismos públicos de investigación de Galicia.
– Empresas pertencentes ao sector público autonómico, así como empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica e outras empresas pertencentes ao sector privado.
– Centros tecnolóxicos, centros de apoio á innovación tecnolóxica e outros centros privados de I+D+i.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de solicitude de axudas desta orde iníciase o 3 de xaneiro de 2022 e remata o 3 de febreiro de 2022.

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO 2022

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR341D).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Persoas beneficiarias
Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral de presentación de solicitudes desta orde finalizará o 30 de setembro de 2022.

ORDE DO 29 DE DECEMBRO DE 2021 POLA QUE SE MODIFICAN A ORDE DO 22 DE OUTUBRO 2021 DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS , A ORDE DO 14 DE SETEMBRO DE 2021 NOVO PLAN DE HOSTALARÍA SEGURA E A ORDE DO 29 DE SETEMBRO DE 2021 NOVO PLAN DE LECER NOCTURNO

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se modifican a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

miércoles, 29 de diciembre de 2021

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EXPLOTACIÓNS AGROPECUARIAS

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 7 da Resolución do 2 de xuño de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias (Diario Oficial de Galicia número 112, do 15 de xuño de 2021).

AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADA EN GALICIA

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, e se convocan para 2022, por tramitación anticipada (código de procedemento IF318A).

Obxecto
O outorgamento de subvencións da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia, ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que teñan acreditada e recoñecida a súa representatividade no marco do sector profesional por resolución da Dirección Xeneral de Mobilidade, con anterioridade ao vencemento do prazo para presentar as solicitudes previstas nesta orde para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte.
As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue, ou poida outorgar, cando menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial en que desenvolven a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da Comunidade Autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo II desta orde e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF318A.
Entre outra documentación, a solicitude deberá ir acompañada dunha descrición detallada dos cursos que se pretenden ofertar, que deberá presentarse necesariamente en formato xls, xlsx ou compatible, e de acordo co modelo facilitado para tal fin pola Dirección Xeral de Mobilidade.

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL NOS CULTIVOS AGRÍCOLAS PARA O ANO 2022

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 20 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MT809E).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022.

Persoas beneficiarias
a) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
b) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

Prazo de presentación de solicitudes
a) Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2021 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
b) Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012, de acordo co establecido no artigo 6 da orde.

Outros datos
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen desde o 11 de outubro de 2021 ata o 10 de outubro de 2022.
No prazo máximo de tres días desde a produción dos danos en cultivos agrícolas, as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias, e os de autoconsumo deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código de identificación que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.
O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata as 17.30, os sábados.

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO PARA O ANO 2022

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 20 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MT809B).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MT809B).

Persoas beneficiarias
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes
a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2021 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se comunicase previamente o ataque do xeito e no prazo previsto na Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2021.
b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

martes, 28 de diciembre de 2021

REASIGNACIÓN DE CRÉDITOS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA PARA 2021-2022

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para os anos 2021-2022, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421S).

SUBVENCIÓNS Á MODERNIZACIÓN E XESTIÓN SUSTENTABLE DAS INFRAESTRUTURAS DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

 RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404E).

Finalidade
Determinar as condicións polas cales regularase a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) nº 2021/241 e convócanse para o ano 2022.

Persoas beneficiarias
Establécense dúas categorías de posibles entidades beneficiarias desta convocatoria:
Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e/ou musicais abertos ao público, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.
Categoría 2. As entidades públicas que integran a Administración local, de conformidade co disposto no artigo 3, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DA APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020, pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Primeiro. Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios

De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da devandita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á chegada, nos seguintes territorios:
a) En calquera dos países do continente africano.
b) Nos seguintes países e territorios de América: Anguila, Barbados, Bonaire, Santo Eustaquio e Saba, Dominica, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Honduras, Illas Caimán, EE.UU., Nicaragua, O Salvador, Paraguai, Venezuela, Haití, Nicaragua, Trindade e Tobago e Xamaica.
c) Nos seguintes países e territorios de Asia: Bangladesh, India, Irán, Iraq, Líbano, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Mianmar, Nepal, Paquistán, Siria, Iemen e Xordania.
d) En todos os países europeos, con excepción de: Albania, Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Finlandia, Islandia, Italia, Letonia, Moldavia, Montenegro, Macedonia do Norte, Romanía, Rusia, Serbia, Turquía, Ucraína, Vaticano.
e) Nos seguintes países e territorios de Oceanía: Illas Marianas do Norte.
f) En todas as comunidades e cidades autónomas de España excepto: Andalucía e Castilla-La Mancha.

Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase recorrer en alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

REASIGNACIÓN DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DAS AXUDAS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL (EIL)

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021(códigos de procedemento TR356A e TR356C).

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA NOS PROGRAMAS II E III DE AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO (CEE)

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 23 de decembro de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas nos programas II e III da Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (códigos de procedemento TR341E, TR341N e TR341M).

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHICULOS ADAPTADOS A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA (EUROTAXI), VEHICULOS TAXI DE EMISIÓNS CERO E VEHÍCULOS TAXI ECO E SE CONVOCAN PARA O EXERCICIO 2022

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco e se convocan para o exercicio 2022 (tramitación anticipada) (código de procedemento IF303A).

Obxecto
1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas ás persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi de tipo eco.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2022.
3. En concreto, poderán ser obxecto de subvención os vehículos novos que se adquiran entre o 1 de outubro de 2021 e a data establecida nesta orde para xustificar a axuda (31 de outubro de 2022).
4. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes.
Para que xeren dereito á axuda, as autorizacións deberán axustarse ás seguintes regras:
a) As autorizacións terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) As ditas autorizacións deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular o solicitante.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de outubro de 2022.

Outros datos
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado co código de procedemento IF303A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Este modelo irá acompañado ademais da documentación relacionada no artigo 6 que, necesariamente, deberá anexarse en formato electrónico. Para isto, no proceso de presentación electrónica permitirase anexar á solicitude os arquivos informáticos necesarios (en formato pdf, odt, ods, doc, xls, docx, xlsx, jpg, png, tiff e bmp).

lunes, 27 de diciembre de 2021

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS PARA O ANO 2021

 UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2021 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal de administración e servizos para o ano 2021.

AMPLIACIÓN DA DOTACIÓN ORZAMENTARIA SUBVENCIÓNS DESTINADAS A PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL DIRIXIDOS Á PROMOCIÓN DA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES E DE PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 15 de setembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta secretaría xeral no ano 2021 (código de procedemento SI452A) (Diario Oficial de Galicia número 186, do 27 de setembro).

AXUDAS DE INDEMNIZACIÓN ECONÓMICA DIRIXIDAS ÁS FILLAS E FILLOS MENORES DE 30 ANOS DAS VÍTIMAS MORTAIS POR VIOLENCIA DE XÉNERO, ASÍ COMO A MULLERES QUE RESULTASEN GRAVEMENTE FERIDAS COMO CONSECUENCIA DUNHA AGRESIÓN POR VIOLENCIA DE XÉNERO

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica, dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento SI460A).

Obxecto

Estas axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e a súa finalidade é proporcionarlles apoio económico ás persoas beneficiarias citadas no punto anterior, cunha indemnización de axuda directa, co obxecto de garantir que o feito causante (morte da nai ou lesións graves, por mor dunha agresión por violencia de xénero) supoña un menor prexuízo económico para os fillos e fillas orfos, e para as propias vítimas gravemente feridas.


Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como aquelas mulleres que resultasen gravemente feridas con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, que no momento dos feitos residan na Comunidade Autónoma de Galicia, e cumpran os seguintes requisitos, segundo o caso:
a) Cada un dos fillos e fillas da vítima mortal da violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, sempre que na data do falecemento da súa nai cumprisen algún dos seguintes requisitos:
– Ser menores de idade e convivir coa nai, independentemente da renda familiar.
– Ser maiores de idade ata 30 anos inclusive, e depender economicamente da nai e/ou do pai agresor. Entenderase que existe dependencia económica cando, na data do falecemento, as persoas beneficiarias convivisen coa nai e non percibiran rendas, de calquera natureza que, en cómputo anual, superasen 12 mensualidades do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.
b) As mulleres feridas gravemente, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión de violencia de xénero, sempre que na data en que producisen os feitos se cumprisen os seguintes requisitos:
– Ser muller, maior de idade ou emancipada.
– Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
– Atoparse nunha situación de precariedade económica. Entenderase que se produce unha situación de precariedade económica cando os ingresos da unidade familiar de convivencia a que pertenza a beneficiaria divididos polo número de membros que a compoñen non superen o importe do IPREM vixente.
– Resultar gravemente ferida, con lesións que requiran hospitalización por causa de violencia de xénero.
2. Estas axudas de indemnización recollidas recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2020.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2022.

SUBVENCIÓNS ÁS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS 2022

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 9 de decembro de 2021 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais e se procede á súa convocatoria para o ano 2022, tramitada por anticipado de gasto (códigos de procedemento TR807A e TR807B).

Obxecto
A convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Emprego e Igualdade ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento das súas actividades ordinarias durante o ano 2022, para o funcionamento dos seus gabinetes técnicos e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais, co fin último da mellora das condicións de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarias
Organizacións sindicais con representación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

APERTURA INSCRICIÓN NO CATÁLOGO LER CONTO MOITO 2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se abre o prazo de inscrición no catálogo Ler conta moito 2022 de actividades de dinamización da lectura en bibliotecas públicas.

Obxecto
O obxecto desta resolución é abrir o prazo e establecer as condicións para que as persoas físicas ou xurídicas dedicadas profesionalmente á dinamización cultural poidan inscribirse no catálogo Ler conta moito 2022.
Este catálogo incorporará actividades de dinamización bibliotecaria e cultural que se porán á disposición dos titulares de bibliotecas públicas, co obxecto de que poidan seleccionalas para a súa programación de dinamización da lectura durante o ano 2022, promovendo así a mellora da oferta, a igualdade de acceso e a transparencia.

Destinatarios
Poderán formar parte do catálogo Ler conta moito 2022 aquelas persoas físicas ou xurídicas dedicadas profesionalmente á dinamización cultural, que pretendan desenvolver actividades deseñadas de acordo co sinalado nesta resolución.
As persoas físicas ou xurídicas que desexen participar no catálogo Ler conta moito 2022 deberán estar dadas de alta no imposto de actividades económicas (IAE), nunha epígrafe das relacionadas no anexo I, ou noutra adecuada ao tipo de actividade que se vaia desenvolver.

Procedemento para a inclusión no catálogo e prazo de inscrición
1. As persoas e entidades interesadas deben acceder á plataforma do programa Ler conta moito 2022 a través da páxina web da Rede de bibliotecas de Galicia http://rbgalicia.xunta.gal, e cubrir o formulario de alta de actividades do catálogo, sinalando os datos identificativos do solicitante e as características das actividades con que desexa participar.
Cada persoa ou entidade poderá participar cun máximo de tres actividades.
2. Pasarán a formar parte do catálogo as actividades que a persoa ou entidade interesada dea de alta e cumpran as condicións establecidas nesta resolución. As actividades incluídas en edicións anteriores do catálogo non se incorporarán de oficio.
3. O prazo para inscribirse e solicitar a inclusión de actividades no catálogo comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xaneiro de 2022.
4. Rematado o prazo de inscrición, a Secretaría Xeral de Cultura publicará na páxina web da Rede de bibliotecas de Galicia, http://rbgalicia.xunta.gal, a lista provisional de admitidos e excluídos e dará un prazo de 10 naturais para que as persoas físicas e xurídicas que figuren na lista de excluídos poidan emendar as súas solicitudes.
5. Á vista das alegacións formuladas, a Secretaría Xeral de Cultura publicará a lista definitiva de profesionais e actividades que conformarán o catálogo Ler conta moito 2022.

viernes, 10 de diciembre de 2021

AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS INNOVADORAS DE GALICIA

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais (clústers) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG410A).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto o fomento da competitividade, a innovación e a cooperación empresarial en distintos sectores da actividade económica en Galicia mediante a concesión de axudas ás entidades xurídicas xestoras de agrupacións empresariais (clústers) innovadoras galegas para a realización de actividades neses eidos.

Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións empresariais (clústers) innovadoras, segundo a definición do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño), que cumpran todas estas condicións:
a) Que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster.
b) Que representen un ámbito de actividade/sector definido como prioritario segundo a orientación sectorial do documento Axenda da Competitividade Industrial Galicia: Industria 4.0:
1º. Estratéxicos: agroalimentación, produtos do mar e acuicultura, automoción, enerxías renovables, madeira/forestal, naval/industria marítima, pedra natural, téxtil-moda.
2º. Emerxentes e de alto potencial: aeronáutico/aeroespacial, industria da saúde e do benestar, industrias creativas, biotecnoloxía, novos materiais, ecoindustria, TIC.
3º. De soporte da nova industria: telecomunicacións, enerxía, loxística.
c) Que colaboren e desenvolvan proxectos en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Que representen a un ámbito de actividade cuxa facturación conxunta en Galicia supere o valor do 1 % no PIB da Comunidade Autónoma no ano 2020.
e) Que, cando menos, o 60 % dos seus asociados directos sexan empresas e, destas, que o 50 % ou máis dispoñan dun centro de traballo en Galicia.
f) Que teñan como socios directos un número de empresas que cumpra cando menos con dous dos tres seguintes requisitos:
1º. 30 % da facturación do ámbito de actividade englobado.
2º. 10 % das empresas do ámbito de actividade.
3º. 20 % do emprego do ámbito de actividade.
g) Capacidade tecnolóxica e de innovación. O clúster deberá contar con centros tecnolóxicos propios ou postos á súa disposición mediante colaboración con outras entidades. Neste último caso, só se considerarán válidos a estes efectos os acordos de colaboración con contidos específicos respecto da innovación e a tecnoloxía, rexeitándose os acordos con contidos de carácter xeral, de xestión ou administrativos aínda que estean asinados con centros ou institucións tecnolóxicas.
h) Proxección internacional. O ámbito de actividade do clúster deberá ter vocación e proxección cara a mercados internacionais pola súa propia natureza e non representar un negocio de proximidade ou local.
i) Capacidade de execución de proxectos implicando os seus asociados. O clúster deberá acreditar esta capacidade mediante memoria de actividades realizadas nos últimos 3 anos, enumerando e describindo brevemente os proxectos desenvolvidos xunto cos seus asociados ou promovendo a súa participación, tivesen ou non financiamento público. Considerarase que ten esta capacidade se acredita a execución de polo menos dous proxectos por ano.
2. Tamén poderán ser beneficiarias as entidades que, sen cumprir calquera das condicións d), e), f) ou g) do número anterior, teñan en vigor á data da solicitude o recoñecemento como AEI (agrupación empresarial innovadora) dentro do programa de excelencia do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo ou ben que posúan a etiqueta Gold de excelencia na xestión de clústeres expedida pola ESCA (European Secretariat for Cluster Analysis).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes condado desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNS AO SECTOR DA HOSTALARÍA PARA A PROMOCIÓN DA DIXITALIZACIÓN E O MARKETING DIXITAL 2021

AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2021 pola que se amplía o prazo de xustificación previsto na Resolución do 23 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ao sector da hostalaría para a promoción da dixitalización e o márketing dixital, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503C).

AMPLIACIÓN DE PRAZO XUSTIFICACIÓN SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS EN EQUIPAMENTOS POST COVID DOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2021 pola que se amplía o prazo de xustificación previsto na Resolución do 4 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para investimentos en equipamentos post covid dos establecementos hostaleiros financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503E).

PRÓRROGA DAS MEDIDAS FITOSANITARIAS ESTABLECIDAS PARA A ERRADICACIÓN E CONTROL DA TECIA SOLANIVORA POVOLNY OU COUZA GUATEMALTECA DA PATACA DE GALICIA

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se prorrogan todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia Solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia.

MODIFICACIÓN DA ORDE DO 24 DE SETEMBRO DE 2021 POLA QUE SE ESTABLECEN OS DOMINGO E FESTIVOS EN QUE SE AUTORIZA A APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS DURANTE O 2022

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2021 pola que se dá publicidade dos cambios producidos na Orde do 24 de setembro de 2021 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2022, de acordo co disposto no artigo 6.2 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia.


jueves, 9 de diciembre de 2021

LIÑA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE INFRAESTRUTURAS COLABORATIVAS DE APOIO INDUSTRIAL

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2021 pola que se invitan as empresas e outros operadores económicos para que manifesten o seu interese en acceder a unha liña de axudas para a realización de infraestruturas colaborativas de apoio industrial.

Primeiro
Anunciar que o Igape está estudando a convocatoria de axudas dirixidas a que as empresas, especialmente as industriais, así como outros operadores económicos, poidan desenvolver as infraestruturas abertas e colaborativas que necesiten para mellorar a súa actividade económica e a do seu contorno.

Segundo
Sen prexuízo de restricións ou consideracións adicionais, prevese incardinar estas axudas no disposto no artigo 56 do Regulamento (UE) 651/2014, de exención por categorías, que establece os seguintes requirimentos:
1. As infraestruturas que se constrúan ou melloren deben contribuír a nivel local a mellorar a contorna das empresas e dos consumidores e a modernizar e desenvolver a base industrial.
2. Non serán aplicables a infraestruturas de investigación, de agrupacións empresariais innovadoras, sistemas urbanos de calefacción e refrixeración enerxeticamente eficientes, infraestruturas de enerxía, reciclaxe e reutilización de residuos, infraestruturas de banda larga, cultura e conservación do patrimonio, infraestruturas deportivas e recreativas multifuncionais, infraestruturas portuarias ou aeroportuarias.
3. As infraestruturas poñeranse á disposición dos usuarios interesados dunha forma aberta, transparente e non discriminatoria. O prezo que se cobre polo uso ou a venda das infraestruturas deberá corresponder ao prezo de mercado.
4. Calquera concesión ou outro tipo de atribución a terceiros para explotar as infraestruturas realizarase sobre unha base aberta, transparente e non discriminatoria, tendo debidamente en conta as normas de contratación pública aplicables.
5. Serán custos subvencionables os custos de investimento en activos materiais e inmateriais, excluídos custos de adquisición de solo. A intensidade da axuda podería chegar ata o 100 % destes custos, cos límites que se expresan nos seguintes puntos.
6. O importe da axuda non deberá exceder a diferenza entre os custos subvencionables e o beneficio de explotación do investimento.
7. Entenderase como beneficio de explotación a diferenza entre os ingresos actualizados e os custos de explotación actualizados mentres dure o investimento de que se trate, se esta diferenza é positiva.
8. Entenderase como custos de explotación custos de persoal, materiais, servizos contratados, comunicacións, enerxía, mantemento, alugueres ou administración, pero exclúense, para efectos do presente regulamento, os gastos de amortización e os custos de financiamento se se cubriron mediante axudas ao investimento.
9. A contía máxima por proxecto estipulada no regulamento chega ata os 10.000.000 € de axuda (e máximo 20.000.000 € de investimento), pero en función da dispoñibilidade de fondos e outras consideracións, poderanse establecer outros límites de custos máximos de infraestrutura equipada, por baixo destes límites regulamentarios.
10. Exclusión como beneficiarias da axuda ás empresas pertencentes ao sector da pesca e da acuicultura, ao sector do aceiro, ao sector do carbón, ao sector da construción naval, ao sector das fibras sintéticas, ao sector dos transportes, así como a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.
De todos os xeitos, a expresión de interese poderá referirse a infraestruturas que non encaixen nos parámetros do artigo 56, sempre que se xustifique a súa necesidade.

Terceiro
Con carácter previo á adopción da decisión de convocatoria das axudas ábrese un prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os operadores económicos que así o desexen poidan comunicar ao Igape propostas de proxectos que poderían impulsar e suxestións sobre o marco de axudas que poidan deseñar.
As manifestacións de interese axustaranse ás condicións e aos contidos recollidos no anexo desta resolución e deberán entregarse telematicamente ao Igape (Área de Competitividade) mediante a utilización dun dos seguintes procedementos:
– https://sede.xunta.gal (servizo PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).
– http://tramita.igape.es (procedemento PE001.2017.1-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).

Cuarto
A participación neste proceso non implica para a Administración ningunha obriga de financiamento ou aceptación das propostas presentadas. Os custos derivados desta participación serán por conta dos interesados. As condicións e características das futuras convocatorias de subvencións que se poidan efectuar virán dadas polo que se determine no seu día nas correspondentes bases reguladoras.

Quinto
A participación neste procedemento, os contactos mantidos cos participantes ou os intercambios de información non poderán dar lugar a infraccións dos principios comunitarios de transparencia, igualdade de trato e non discriminación, nin ter como efecto restrinxir ou limitar a competencia nin outorgar vantaxes ou dereitos exclusivos. A participación neste procedemento non outorgará dereito nin preferencia ningunha respecto das convocatorias de subvencións que poidan ter lugar con posterioridade no ámbito do obxecto desta resolución.

Sexto
O Igape revisará as manifestacións de interese entregadas e poderá convocar os interesados co fin de obter máis información sobre as propostas.

Sétimo
Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa finalidade de tramitar este procedemento, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue para comprobar a exactitude destes, levar a cabo as actuacións administrativas que deriven e informar sobre o estado de tramitación. Así mesmo, os datos persoais incluiranse na Carpeta cidadá de cada persoa interesada para facilitar o acceso á información, tanto persoal como de carácter administrativo.
O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable (artigos 6.1, letras c) e e) do RXPD e 8 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais). En concreto, a competencia e as obrigas previstas nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que as persoas interesadas poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.
As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos ou retirar, de ser o caso, o consentimento outorgado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

SUBVENCIÓNS RELATIVAS AO PLAN DE TRANSICIÓN A UNHA MOBILIDADE EFICIENTE 2022

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2022 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).

Obxecto
1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a adquisición no ano 2022 de vehículos de transición a unha mobilidade eficiente por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
2. A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As solicitudes presentaranse a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a seguir:
a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
2. Non serán beneficiarios destas axudas:
a) Non poderán ser destinatarios últimos das axudas os concesionarios ou puntos de venda cuxa epígrafe da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobada polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa o 615.1 ou 654.1.
b) Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) As empresas en crise están excluídas, excepto cando se trate de réximes de axudas destinados a reparar os prexuízos causados por determinados desastres naturais.
d) Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias as empresas en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola e no artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xullo de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.
3. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, o máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 15 de setembro de 2022 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).
2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 17 de xaneiro de 2022 ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos.
3. As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

PREMIOS FIN DE CARREIRA DE GALICIA DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES NO CURSO 2020/201

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 25 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2020/21 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2020/21 nos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias
Estudantes que remataron brillantemente os seus estudos conducentes a unha titulación superior de ensinanzas artísticas no curso 2020/21, nos centros dependentes da Xunta de Galicia, cunha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

CONVOCATORIA PROBAS DE CONSTATACIÓN DA CUALIFICACIÓN INICIAL DE CONDUTOR/A PROFESIONAL DE VEHÍCULOS DESTINADOS AO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS OU DE VIAXEIROS/AS POR ESTRADA

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2022, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (códigos de procedemento IF310D/IF310E).

Convocatoria.
Convócanse para o ano 2022, as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución. Os procedementos asociados a esta norma son o de inscrición ás ditas probas (anexo I-IF310D) e o de devolución de taxas en relación á dita inscrición (anexo II-IF310E).

Calendario.
No ano 2022 realizaranse seis convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:


Convocatoría           Intervalo de celebración                                            Prazo de inscrición
1ª                              19.12.2021 a 9.2.2022                                            Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 7.1.2022

2ª                              16.2.2022 a 6.4.2022                                   Desde o 8.1.2022 ata o 28.2.2022

3ª                              13.4.2022 a 11.5.2022                                 Desde o 1.3.2022 ata o 15.4.2022

4ª                              18.5.2022 a 27.7.2022                                 Desde o 16.4.2022 ata o 10.6.2022

5ª                              3.8.2022 a 12.10.2022                                 Desde o 11.6.2022 ata o 30.8.2022

6ª                             19.10.2022 a 14.12.2022                              Desde o 31.8.2022 ata o 31.10.2022

En atención á evolución da situación sanitaria provocada pola pandemia da COVID-19, as anteriores datas poderán ser obxecto de ulterior modificación, incluso unificando a celebración de convocatorias de exame, información que sería obxecto de publicación na web oficial da Dirección Xeral de Mobilidade, sección de Formación, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

4. Inscrición.

4.1. Solicitudes.
a) As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica do Ministerio de Fomento. Con esta finalidade poderase acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento IF310D (anexo I), onde se amosará o enlace á sede electrónica do Ministerio de Fomento en que se deberá realizar a inscrición cubrindo os datos requiridos para tal efecto.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
b) As persoas aspirantes excluídas ou non admitidas á realización das probas poderán solicitar a devolución das taxas que aboasen, de ser o caso, a través do procedemento IF310E, presentando para o efecto unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución.
c) As solicitudes de devolución de taxas (IF310E-anexo II) presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
d) Ao abeiro do establecido no artigo 10.4 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, nos procedementos regulados nesta resolución é obrigatoria a presentación electrónica, tanto das solicitudes como da documentación complementaria, dada a necesidade de inscrición na sede electrónica do Ministerio de Fomento para a comprobación de requisitos de acceso ás probas en todo o territorio estatal e tendo en conta tamén que está dirixido a un colectivo profesional de transportistas de mercadorías e de viaxeiros que, para o exercicio de traballos asociados coa dita profesión, deberán dispoñer de medios para a tramitación electrónica, especialmente nos casos de traballo por conta propia, nos que xa resulta obrigatoria de acordo coa lexislación vixente.

4.2. Documentación complementaria.
A documentación complementaria do procedemento de inscrición ás probas (IF310D-anexo I) presentarase obrigatoriamente por vía electrónica, para o cal deberá achegarse na opción habilitada para tal efecto dentro da mesma aplicación do Ministerio de Fomento utilizada para a inscrición.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
A documentación complementaria que se deberá presentar será o impreso de liquidación das taxas, que estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou poden recollerse nas Oficinas de Atención á Cidadanía e de Rexistro, polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Deberase aboar unha taxa por cada unha das actividades mencionadas a que cada interesado se presente, e por cada convocatoria. O pagamento da taxa ten que realizarse durante o período de inscrición da correspondente convocatoria.
O ingreso da/das taxa/s efectuarase en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos pola Comunidade Autónoma de Galicia.
Os códigos que deberán cubrir nos impresos de autoliquidación son os seguintes:
Consellería: 06-Infraestruturas e Mobilidade.
Delegación: 13-Servizos Centrais.
Servizo: 02-Mobilidade.
Taxa: 310120-Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte, a cualificación profesional para a condución de determinados vehículos dedicados á actividade de transporte, e/ou cualificación como conselleiros de seguridade en transporte de mercadorías perigosas.

Na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, tamén se dará información dos códigos que correspondan para cubrir os impresos de autoliquidación.