viernes, 29 de marzo de 2019

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PERSOAL ESTATUTARIO DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 2019

AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS A EMPRESAS XORNALÍSTICAS E DE RADIODIFUSIÓN 2019

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer subvencións ás empresas xornalísticas que, estando debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda segundo a forma empresarial que adopten, realicen a súa actividade informativa orientada a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura, e efectuar a convocatoria para o ano 2019.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Entidades beneficiarias
1. De acordo co establecido no Decreto 71/1999, do 18 de marzo, as beneficiarias destas axudas serán as empresas xornalísticas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións que cumpran co obxecto destas axudas e co resto de requisitos establecidos nesta resolución.
2. As empresas beneficiarias deben acreditar un cadro medio de traballadores en alta de polo menos cinco traballadores, e elaborar e difundir toda ou parte da súa produción informativa de forma específica no territorio da comunidade autónoma no ano natural anterior ao da convocatoria.
3. Quedan excluídos da concesión de axudas:
a) Os boletíns interiores de institucións, as publicacións de partidos políticos, asociacións relixiosas ou entidades públicas.
b) As empresas que emitan a través do sinal de televisión.
c) As que, ao longo do ano anterior ao da convocatoria, incluísen publicidade que non se ateña ao disposto no artigo 10 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, en materia de toponimia.
d) As empresas radiofónicas cun modelo de programación secuencial e repetitivo cuxas emisións se baseen en contidos musicais.
e) As entidades sen personalidade xurídica e/ou sen ánimo de lucro.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS A SALAS DE ARTES ESCÉNICAS DE TITULARIDADE PRIVADA E SE CONVOCAN PARA O ANO 2019

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
A finalidade desta resolución é establecer e aprobar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para o fomento da estabilidade e consolidación das salas de artes escénicas de titularidade privada e para o desenvolvemento das súas programacións artísticas de carácter profesional e aprobar a súa convocatoria para o ano 2019.

Persoas beneficiarias
Poderán acceder ás axudas as persoas físicas e xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 150 localidades que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2019, debendo probar a dispoñibilidade da sala mediante copia de escritura, contrato de alugamento ou calquera documento válido en dereito, así como estar en posesión da licenza de apertura para a cal solicita a axuda e que realizasen un mínimo de 60 representacións no ano 2018.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

miércoles, 27 de marzo de 2019

MODIFICACIÓN.- AXUDAS A ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAIS PARA A REFORMA DOS ESTABLECEMENTOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes
Ampliar ata o 30 de maio de 2019 o prazo de presentación de solicitudes, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito

PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA


Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial en que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.
Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.

Contidos da proba
1. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e criterios de avaliación do dito módulo formativo poden consultarse no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de Administración e Xestión (BOE núm. 109, do 7 de maio).
2. A rede CeMIT ten publicado na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de «Autoformación» como material de apoio para a preparación destas probas:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

Solicitudes de participación
1. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da intenet na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal.
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
4. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.
5. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base quinta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídos.

Taxas de exame
1. Segundo o anexo 1 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 240, do 11 de decembro), o importe da taxa para inscribirse nas probas de obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática será de dez euros con trinta e sete céntimos (10,37 euros).
2. Estarán exentas do pagamento da dita taxa as persoas con dereito a matriculación incluídas dentro dos supostos de exencións recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003 de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. O xustificante de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, así como calquera documentación complementaria no caso de exención, deberá presentarse electrónicamente no enderezo formacion-cemit@xunta.gal, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para a comprobación da validez da copia electrónica presentada.

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA E IMPULSO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR ARTESÁN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega para actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2019 e, excepcionalmente a organización e participación en feiras do Nadal 2018-2019 e os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2018 derivados destas.
Considéranse actuacións subvencionables:
– Para titulares de obradoiros artesáns:
a) A participación como expositor/a en feiras profesionais nacionais ou internacionais en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.
Tícket de feira profesional cun importe máximo de axuda cada un de 500 euros, 1.500 euros e 3.000 euros (IVE excluído). O tícket de 3.000 euros concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa superior a 3.000 euros.
b) A participación como expositor/a en feiras non profesionais de artesanía, nacionais ou internacionais, celebradas fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Tícket de feira non profesional cun importe máximo de axuda de 750 euros (IVE excluído) cun máximo de seis tíckets por obradoiro.
c) Feiras non profesionais de artesanía, nacionais ou internacionais, do Nadal 2018-2019.
Tícket de feira non profesional de Nadal cun importe máximo de axuda de 2.000 euros (IVE excluído) cun máximo de dous tíckets por obradoiro.
A porcentaxe subvencionable por cada feira será do 80 % do investimento subvencionable.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas estas actuacións subvencionables non poderá superar 8.000 euros, IVE excluído.
– Para concellos:
a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional, cun número mínimo de 15 edicións, incluíndo a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por feira.
b) Feiras non monográficas de distintos oficios cun número mínimo de 5 edicións, incluíndo a edición en curso. O importe máximo de subvención será de 3.000 euros por feira se contan cun mínimo dun 80 % de expositores/as, sobre o total de postos, de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). Para as que non acaden o 80 % dos expositores mencionados, o importe máximo de subvención será de 1.500 euros por feira.
No caso de concellos fusionados, as contías da subvención incrementaranse nun 15 %.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá ser superior aos 15.000 euros.
– Para asociacións profesionais e empresariais de artesáns/ás:
a) Organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia de distintos oficios cun número de 15 edicións, incluíndo a edición en curso, e que conten cun mínimo de 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns).
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 30.000 euros de subvención por certame.
b) Participación como expositor/a en feiras profesionais nacionais ou celebradas no extranxeiro nas cales non se realice venda directa con retirada de mercadoría.
A axuda consistirá nun tícket de impulso á comercialización a través de asistencia á feira profesional cun importe máximo de axuda de 7.000 euros.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento e o importe máximo de subvención para estas actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 45.000 euros.

Beneficiarias/os
Titulares de obradoiros artesanais que figuren inscritos/as no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Asociacións profesionais e empresariais de artesáns/ás de Galicia.
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que organicen feiras de artesanía.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación.

martes, 26 de marzo de 2019

SUBVENCIÓNS PARA O IMPULSO DUNHA REDE DE MERCADOS EXCELENTES DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto a concesión das subvencións para actuacións en mercados e prazas de abastos de Galicia que teñan concedido o selo de Mercado Excelente ou estean no proceso previo á súa obtención.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os concellos galegos que conten cun mercado co selo de Mercado Excelente outorgado de conformidade coa Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia, ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2019, salvo esgotamento de crédito, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria e que suporá o peche do prazo e a inadmisión das solicitudes que se presenten con posterioridade.

PREMIOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA AOS PROXECTOS SOBRE CONSUMO RESPONSABLE GALICONS-NET

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto regular e convocar os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net, para difundir e promover os valores do consumo responsable nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento IN116A).

Participantes
Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2018/19 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do Plan Proxecta; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Presentación das solicitudes
1. Cada centro docente deberá presentar a correspondente solicitude de participación para o proxecto realizado. O/a director/a ou a persoa a quen lle corresponda a representación legal do centro presentarán as solicitudes.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Debido á actividade profesional, económica e social que desempeñan as persoas físicas que sexan titulares dun centro docente, tanto no ámbito da educación como na xestión dos servizos vinculados á propia actividade educativa, considérase que as persoas físicas que sexan titulares de centros educativos teñen acceso e dispoñibilidade suficiente aos medios electrónicos necesarios para realizar todos os trámites electronicamente no presente procedemento.
3. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Prazo de presentación
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 2 de xullo de 2019.

CONCURSO SOBRE CONSUMO RESPONSABLE E CALIDADE DE VIDA CONSUMÓPOLIS-14

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar e regular a fase autonómica do concurso escolar 2018-2019 Consumópolis-14 sobre consumo responsable e calidade de vida, que leva por título «Pola túa seguridade, Sabes o que consomes?» (código do procedemento IN114A).
2. O concurso consta de dúas partes: o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis e o deseño, elaboración e exposición dun traballo en equipo sobre consumo responsable.
3. A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es.
4. A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.

Participantes
1. Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en calquera centro docente da Comunidades Autónoma de Galicia.
2. Cada alumno ou alumna participante só poderá formar parte dun equipo. Os equipos deben procurar a paridade, polo que se procurará que cada equipo non teña máis de tres membros do mesmo sexo.
3. Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro.
4. Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.

 Prazo de presentación
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 29 de abril de 2019.

SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DO AUDIOVISUAL GALEGO EN FESTIVAIS E MOSTRAS NACIONAIS E INTERNACIONAIS, 2019

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
Esta resolución ten por finalidade fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a promoción e difusión do cine a través da participación de filmes galegos en festivais e mostras de cine de prestixio nacional e internacional que se realicen fóra de Galicia, dentro do marco das competencias deste organismo, e realizar a súa convocatoria para o ano 2019.

Persoas beneficiarias
1. Poderán optar a estas axudas as persoas físicas e xurídicas, dedicadas profesionalmente á actividade de creación e produción no ámbito audiovisual galego, que leven a cabo algunha das actividades descritas como subvencionables.
Só poderán participar nesta convocatoria aquela persoas físicas ou xurídicas que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual. En canto á participación de entidades produtoras, será preciso que a empresa estea dada de alta no IAE na epígrafe 96.1.1.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes para os eventos que xa tiveron lugar será dun mes desde o día seguinte á publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Para os que teñan lugar con posterioridade á publicación da presente convocatoria, será dun mes contado desde que se produza a comunicación oficial por parte do festival da selección da obra e, en calquera caso, non poderá exceder o 15 de novembro de 2019.

SUBVENCIÓNS PARA A ASISTENCIA A MERCADOS E FOROS INTERNACIONAIS DE CONTIDOS AUDIOVISUAIS, 2019

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
A finalidade destas axudas é promover a comercialización exterior de produtos de contido audiovisual galego en mercados e foros de negocio de carácter internacional realizados entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 15 de novembro de 2019, dentro do marco das competencias deste organismo, e realizar a súa convocatoria para o ano 2019.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora e/ou distribuidora audiovisual e que leven a cabo algunha actividade de creación e produción no campo audiovisual galego ou algunha das actividades descritas na cláusula seguinte que motiven a subvención e cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata o esgotamento do crédito, e como máximo ata o 1 de novembro de 2019. Para cada evento deberase presentar unha solicitude.

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA 1,2,3 E 4 NO ANO 2019

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019, con código de procedemento PL500C.

Persoas destinatarias
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar no mes de xuño de 2019. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), cun mínimo de 15 días naturais antes da data fixada para o primeiro exame.

Localidades onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela:Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4; en Ponferrada: Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
As sedes e horarios de realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

Presentación de solicitudes e prazo.
5.1. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I desta resolución, e aboar a taxa que se indica na convocatoria.
O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. Deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
5.2. As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita) poderán solicitar motivadamente a exención da realización da proba ou probas referidas a esas destrezas.
De necesitar algún tipo de axuda para a realización das probas por mor dunha discapacidade, a persoa indicará na súa solicitude o apoio concreto que precisa (lectura fácil –para persoas con discapacidade intelectual–, máis tempo, maior tamaño de letra...).
En todo caso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística valorará se a discapacidade alegada dá lugar á exención e/ou ao apoio solicitados.
5.3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
5.4. O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

viernes, 22 de marzo de 2019

AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e o funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Poderán ser obxecto de subvención na liña 1 os gastos xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, ambos os dous incluídos.

Poderán ser obxecto de subvención na liña 2 os gastos e actuacións realizadas no período comprendido entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019, ambos os dous incluídos.

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres as asociacións de mulleres e as federacións constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, que teñan domicilio social en Galicia e estean inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

jueves, 21 de marzo de 2019

AXUDAS PARA A ORGANIZACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS NON REGRADAS E DE DIVULGACIÓN QUE IMPULSEN O COÑECEMENTO, A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN DA INDUSTRIA FORESTAL DE GALICIA

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras que rexerán a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica da industria forestal, a competitividade, o deseño e a innovación e o desenvolvemento sustentable, en concordancia coa Estratexia de formación da industria forestal (código de procedemento IN501A).
2. A finalidade desta resolución é mellorar e reforzar as habilidades profesionais para incrementar a competitividade e o coñecemento en todas as fases da cadea de valor, así como colaborar coa finalidade das asociacións do sector. Estas axudas teñen como obxectivo estratéxico contribuír a unha concienciación colectiva baseada na percepción da industria forestal como unha industria estratéxica, innovadora, moderna e reconciliada co ambiente, favorecendo a participación dos axentes clave na divulgación da utilidade da madeira.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta resolución:
a) Asociacións, organizacións e entidades sen ánimo de lucro representativas ou relacionadas co sector forestal.
b) Agrupacións empresariais innovadoras (AEI).
c) Colexios profesionais, cando as accións subvencionables se correspondan co seu obxecto e fins sociais, segundo o teor do disposto nos seus estatutos.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

INSTRUCIÓN 3/2019 SOBRE RECUALIFICACIÓN DE VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA

miércoles, 20 de marzo de 2019

CORRECCIÒN DE ERROS.- PRORROGA DAS MEDIDAS FITOSANITARIAS NAS ZONAS INFESTADAS E AS ZONAS TAMPÓN E SE IMPLEMENTAN AS MEDIDAS PARA A ERRADICACIÓN E CONTROL CON RESPECTO AO ORGANISMO DA CORENTENA TECIA SOLANIVORA POVOLNY OU COUZA GUATEMALTECA DA PATACA

PROGRAMA DE INCENTIVOS A CONTRATACIÓN DAS PERSOAS DESEMPREGADAS PARADAS DE LONGA DURACIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

ORDE do 4 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR349R).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2019, coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten persoas desempregadas de longa duración por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.
2. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 16 de outubro de 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.
As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención.
As solicitudes dos bonos de contratación e formación deberán presentarse no prazo dun mes desde a data de formalización do contrato.
3. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

PROGRAMA CONECTA CON GALICIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
O obxecto da resolución é regular as axudas correspondentes ao programa Conecta con Galicia para o ano 2019, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias deste programa os mozos e mozas que cumpran os requisitos sinalados no artigo 3 da resolución.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO PROGRAMA DE AXUDAS ECONÓMICAS INDIVIDUAIS PARA RESIDENTES EN VENEZUELA, ARXENTINA E URUGUAI

lunes, 18 de marzo de 2019

PROGRAMA ESCOLAS ABERTAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Establécense as bases reguladoras polas cales se rexerá a realización de obradoiros culturais de especialización de carácter presencial dirixidos a persoas responsables de impartir docencia nas entidades galegas do exterior e a persoas galegas residentes fóra de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para este programa as persoas responsables de impartir docencia naquelas entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e de conformidade co disposto no artigo 2 da resolución.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

viernes, 15 de marzo de 2019

BOLSA DE FORMACIÓN NA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA


Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación titorial de profesionais no campo da docencia e o seu ámbito. Estas bolsas desenvolveranse dentro do programa formativo establecido pola Escola Galega do Consumo e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta bolsa de formación as persoas que estean en posesión dalgunha das titulacións universitarias de licenciatura ou de grao: Márketing e Comunicación Dixital, Publicidade, Xornalismo, Comunicación, Márketing, Relacións e Comunicación Institucional ou equivalentes, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

BOLSA DE FORMACIÓN PARA O PROGRAMA DE TRABALLO DO CONSELLO GALEGO DE CONSUMIDORES E USUARIOS

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA


Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. As ditas bolsas desenvolveranse dentro do programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta bolsa de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciatura ou de grao en Dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA REENCOTROS NA CASA PARA PERSOAS RESIDENTES NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Establecer as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa Reencontros na casa para o ano 2019, orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra e coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Persoas beneficiarias
As persoas emigrantes galegas que reúnan os requisitos establecidos nos números 1, 2 e 3 do artigo 2 da resolución da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

jueves, 14 de marzo de 2019

AXUDAS DE INDEMNIZACIÓN ECONÓMICA DIRIXIDAS ÁS FILLAS E FILLOS MENORES DE 30 ANOS DAS VÍTIMAS MORTAIS POR VIOLENCIA DE XÉNERO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Estas axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e a súa finalidade é proporcionar apoio económico ás persoas beneficiarias citadas no punto anterior, cunha indemnización de axuda directa, co obxecto de garantir que o feito causante (morte da nai ou lesións graves, por mor dunha agresión por violencia de xénero) supoña un menor prexuízo económico para os fillos e fillas orfos e para as propias vítimas gravemente feridas.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como aquelas mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, que no momento dos feitos residan na Comunidade Autónoma de Galicia, e cumpran os seguintes requisitos, segundo o caso:
a) Cada un dos fillos e fillas da vítima mortal da violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, sempre que na data do falecemento da súa nai cumprisen algún dos seguintes requisitos:
– Ser menores de idade e convivir coa nai, independentemente da renda familiar.
– Ser maiores de idade ata 30 anos inclusive, e depender economicamente da nai e/ou do pai agresor. Entenderase que existe dependencia económica cando na data do falecemento as persoas beneficiarias convivisen coa nai e non percibisen rendas, de calquera natureza, que en cómputo anual, superasen 12 mensualidades do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.
b) As mulleres feridas gravemente, con lesións que requiran hospitalización como consecuencia dunha agresión de violencia de xénero, sempre que na data en que producisen os feitos se cumprisen os seguintes requisitos:
– Ser muller, maior de idade ou emancipada.
– Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
– Atoparse nunha situación de precariedade económica. Entenderase que se produce unha situación de precariedade económica cando os ingresos da unidade familiar de convivencia a que pertenza a beneficiaria divididos polo número de membros que a compoñen non superen o importe do IPREM vixente.
– Resultar gravemente ferida, con lesións que requiran hospitalización por causa de violencia de xénero.
2. Estas axudas de indemnización recollidas recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2018.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2019.

miércoles, 13 de marzo de 2019

VOLUNTARIADO XUVENIL EN ESPAZOS NATURAIS DE GALICIA

BASES REGULADORAS OBRADOIROS DE FOLCLORE, ARTESANÍA, COCIÑA E SEMINARIOS DE CULTURA GALEGA NAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Establecer as bases reguladoras e a convocatoria para a realización de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas no exterior, dirixidos ás persoas asociadas galegas e aos seus descendentes, así como a aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia ou que participen nas actividades da asociación.

Entidades beneficiarias
Poderán solicitar a organización dos obradoiros as entidades galegas que estean inscritas no Rexistro da Galeguidade dentro das seccións das comunidades galegas, centros colaboradores, federacións ou aquelas entidades que estean en proceso de unión ou fusión.
Excepcionalmente, por resolución da persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración, poderase conceder a organización dun destes obradoiros a aquelas entidades que, estando incluídas dentro do Rexistro da Galeguidade, non se atopen en ningunha das seccións antes mencionadas, sempre que xustifiquen debidamente que contan cun grupo folclórico consolidado.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

lunes, 11 de marzo de 2019

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT

CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2019

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 21 de febreiro de 2019 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2019, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Obxecto
Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2019, co código de procedemento ED523A, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.

Persoas beneficiarias
Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Estar matriculado no curso 2018/19 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

Importe
A dotación total para os premios será de 12.000 €.
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

1. Modalidade A: ciclos de grao superior.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.

2. Modalidade B: ciclos de grao medio.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

PLAN DE INSPECCIÓN DE COMERCIO DIXITAL DA XUNTA DE GALICIA PARA 2019

viernes, 8 de marzo de 2019

BONO COIDADO 2019

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso para cubrir as necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e das responsabilidades familiares que se produzan entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019 (código de procedemento BS412A), así como realizar a súa convocatoria.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios/as das axudas do programa Bono coidado os pais/nais, titores/as ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que estean nos supostos seguintes:
a) Ter unha nena ou un neno nada/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 cando o servizo para o cal se solicita axuda se recibise no último trimestre do ano 2018, e con posterioridade ao 31 de decembro de 2007 para aqueles que se reciban durante o período subvencionable do ano 2019.
b) Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do ano 2017.
Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 31 de agosto de 2019.
Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

CORRECCIÓN DE ERROS.- PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR DE GALICA CURSO 2017/18

jueves, 7 de marzo de 2019

PREMIO EMPREGADOS PÚBLICOS INNOVADORES 2019

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Obxecto
A finalidade do premio é recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia, xa que fan posible unha Administración pública máis eficiente, moderna e innovadora capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía (código do procedemento IN822D).

Persoas beneficiarias
Poderá participar nesta convocatoria todo o persoal ao servizo da Xunta de Galicia e dos seus entes instrumentais, incluídos no ámbito de aplicación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (https://boe.es/boe/dias/2015/05/23/pdfs/BOE-A-2015-5677.pdf).

A forma de participación poderá realizarse a título individual ou conformando un equipo de traballo. O número máximo de persoas para conformar unha candidatura é de cinco persoas e, neste caso, indicarase expresamente a persoa física designada como portavoz do equipo, que será a encargada das comunicacións.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

miércoles, 6 de marzo de 2019

lunes, 4 de marzo de 2019

PARLAMENTO XOVE NA UNIVERSIDADE

BOLSA DE FORMACIÓN PARA A XESTIÓN DE PROCESOS DE AVALIACIÓN E CALIDADE

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA


Obxecto
A convocatoria dunha bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade. A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan os seguintes requisitos no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes:
– Ter rematado os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditada a titulación de licenciatura ou grao en Socioloxía ou Ciencias Políticas.
– Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que se declarará de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo I.
– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que sexa esta ou, no caso de ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, manifestar un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade ao momento de incorporación a esta escola, segundo o modelo que se inclúe como anexo I.
– Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

Outros datos
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR DE GALICIA PARA O CURSO 2017/18

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2017/18 na Comunidade Autónoma de Galicia e rematou en 2018. O alumnado premiado poderá concorrer, logo da súa inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

Persoas beneficiarias
Alumnado que cursou estudos de formación profesional de grao superior en 2017/18 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematou en 2018, cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Obxecto
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR306A).
Así mesmo, cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.

Competencias clave que se convocan
1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3, son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.
A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.

Presentación de solicitudes e prazo
1. A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.
2. O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 29 de marzo de 2019.
3. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365). Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https.//sede.xunta.gal./chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0145.html).
4. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presenciamente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
5. As persoas interesadas con discapacidade recoñecida cun grao igual ou superior ao 33 %, no caso de solicitaren adaptacións, teñen que indicalo na solicitude de inscrición no recadros do bloque de persoas con algunha discapacidade.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE AXUDAS ECONÓMINCAS INDIVIDUAIS PARA PERSOAS RESIDENTES NO EXTERIOR PARA 2019

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Artigo único. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes
Ampliar, para as persoas residentes en Venezuela, Arxentina e Uruguai o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 13 da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se regulan e se convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para residentes no exterior durante o ano 2019 (DOG núm. 14, do 21 de xaneiro de 2019), ata o 20 de marzo de 2019, inclusive.

viernes, 1 de marzo de 2019

AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL


Obxecto
1. Poderán ser subvencionables os proxectos de investimento realizados polas pequenas e medianas empresas descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental.
2. Considéranse subvencionables os seguintes investimentos:
a) Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de produción da empresa, así como para os procesos de secado da madeira.
b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
c) Tecnoloxías da información e comunicación (TIC).
d) Outros bens de equipamento que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.
e) Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada, de normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.

 Entidades beneficiarias
1. Poderán ser entidades beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas do sector da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outras materias de orixe forestal, exceptuando os produtos agroalimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos. A estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
2. As empresas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida na conta por importe do investimento.
3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria –modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano–, segundo proceda).
4º. Estudo de viabilidade asinado por profesional independente cualificado, que contará, como mínimo, cun plan económico financeiro, que inclúa conta de resultados previsional na que se analice o impacto dos novos investimentos, plan de tesouraría previsional e balances previsionais, incluíndo unha descrición das hipóteses que sustenten as previsións.
b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.
c) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou dados de alta nalgún código CNAE que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria.
3. Así mesmo, as persoas solicitantes con persoal contratado por conta allea en número igual ou superior a tres traballadores, deberán ter, polo menos, na data de publicación da convocatoria o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por conta allea e tempo indefinido. Para as empresas de nova creación, entendendo como tales as creadas dentro dos 12 meses anteriores á data de publicación da convocatoria, bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, de ser o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione. O persoal en réxime de autónomos non computará para os efectos do cálculo das porcentaxes de estabilidade de emprego recollidas nesta resolución.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

PREMIOS DE EXCELENCIA ACADÉMICA AO ALUMNADO DE GRAO UNIVERSITARIO OFICIAL

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar os premios de excelencia académica de grao co obxecto de incentivar o alumnado do Sistema universitario de Galicia con aproveitamento académico excelente.

Persoas destinatarias
Estes premios destínanse ao alumnado universitario de grao oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2017/18 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Requisitos para obter os premios
1. Concederase un premio por cada titulación oficial de grao ao alumnado que finalizase os estudos de primeiro, segundo e terceiro curso nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Para o alumnado dos graos oficiais con máis de catro cursos, segundo o plan de estudos das ditas titulacións, estenderase o premio ata o cuarto curso para os graos de 5 anos e ata o quinto curso para o grao de 6 anos.
Para o alumnado dos programas de simultaneidade estenderase o premio ata o penúltimo curso da organización docente.
2. O alumnado deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Non estar en posesión dunha titulación universitaria oficial.
b) Nos graos oficiais será necesario:
• Ter superado no curso académico 2017/18 con aproveitamento excelente a totalidade dos créditos correspondentes ao curso completo, segundo o plan de estudos de cada titulación de grao, e estar matriculado nos mesmos estudos no curso 2018/19 do seguinte curso completo que corresponda segundo o plan de estudos.
• Ter no curso académico 2017/18 a nota media igual ou superior a 8 puntos.
c) Nos programas de simultaneidade de graos para os efectos da obtención deste premio será necesario:
• Ter superado no curso académico 2017/18 con aproveitamento excelente a totalidade dos créditos correspondentes ao curso completo, segundo o seu programa de simultaneidade, e estar matriculado nos mesmos estudos no curso 2018/19 do seguinte curso completo que corresponda segundo o programa de simultaneidade.
• Ter no curso académico 2017/18 unha nota media igual ou superior a 8 puntos.
d) A nota media do curso completo obterase de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito con data 27 de xuño de 2011 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos, cuxa publicación no DOG foi acordada pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG do 30 de setembro) e na Resolución do 13 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se dispón a publicidade do acordo da Comisión de seguimento do protocolo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración de expedientes académicos.
Para a obtención desta nota media non se valorarán as cualificacións recoñecidas, convalidadas ou adaptadas.
e) Para os efectos da obtención do premio non terán a consideración de materias recoñecidas as superadas en condición de mobilidade regulada a través dun convenio onde conste o recoñecemento para efectos plenos.

Dotación do premio
Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
Procedemento para a determinación dos premios: obrigas das universidades
Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.
A Secretaría Xeral de Universidades requirirá ao órgano competente en materia de xestión académica de cada unha das universidades do Sistema universitario de Galicia, a remisión dos datos correspondentes á persoa coa nota media máis alta en cada un dos cursos da titulación de grao, así como dos programas de simultaneidade de grao, que cumpra os requisitos fixados nesta orde, debidamente certificados.
As universidades, unha vez determinadas as persoas que cumpren os requisitos establecidos, comunicaranlle a súa condición de premiadas, e deberán manifestar estas a súa aceptación expresa segundo o modelo que se publica como anexo a esta orde.
O prazo de remisión do requirimento xunto coa aceptación expresa, aos que se fai referencia nos parágrafos anteriores, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa recepción.