martes, 27 de febrero de 2018

BOLSA DE FORMACIÓN NA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA


Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación titorial de profesionais no campo da docencia e o seu ámbito. Estas bolsas desenvolveranse dentro do programa formativo establecido pola Escola Galega do Consumo e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta bolsa de formación as persoas que estean en posesión dalgunha das titulacións universitarias de licenciatura ou de grao en Maxisterio; Ciencias da Educación, especialidade de Educación Infantil, Primaria e Social; Pedagoxía; Psicoloxía; Socioloxía, ou equivalentes, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

BOLSA DE FORMACIÓN PARA O PROGRAMA DE TRABALLO DO CONSELLO GALEGO DE CONSUMIDORES E USUARIOS

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA


Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. As ditas bolsas desenvolveranse dentro do programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta bolsa de formación as persoas que estean en posesión dun título universitario de licenciado/a ou de grao en Dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 26 de febrero de 2018

CONCURSO SOBRE CONSUMO RESPONSABLE E CALIDADE DE VIDA CONSUMÓPOLIS-13 NA PUBLICIDADE: TODO VALE?

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar e regular a fase autonómica do concurso escolar 2017/18 Consumópolis-13 sobre consumo responsable e calidade de vida que leva por título: «Na publicidade: todo vale?» (código do procedemento IN114A).
2. O concurso consta de dúas partes: o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis e o deseño, elaboración e exposición dun traballo en equipo sobre consumo responsable.
3. A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es.
4. A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.
Participantes
1. Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en calquera centro docente da Comunidades Autónoma de Galicia.
2. Cada alumno ou alumna participante só poderá formar parte dun equipo. Os equipos deben procurar a paridade, polo que se procurará que cada equipo non teña máis de tres membros do mesmo sexo.
3. Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro.
4. Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.
Categorías de participación
Establécense tres categorías de participación:
– Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.
– Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.
– Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
Premios
1. Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación.
2. Os traballos clasificados en primeiro lugar en cada unha das categorías de participación representarán a Comunidade Autónoma de Galicia na fase estatal, que terá lugar en Madrid.
Certificación e recoñecemento
1. Todos os membros do equipo recibirán, ademais dos premios, un diploma do Instituto Galego do Consumo e da Competencia que os acredita como gañadores.
2. Os docentes que participasen como coordinadores dos equipos premiados recibirán da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria un certificado de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 12 horas de formación do profesorado.
Características do traballo en equipo
1. Cada equipo participante deberá deseñar, elaborar e presentar un traballo sobre consumo responsable en relación coa publicidade dun produto ou servizo concreto. Este traballo realizarase de xeito colaborativo entre todos os membros do equipo.
O traballo consistirá nun cartel ou valo publicitario (mural), e estará composto por unha imaxe (debuxo, fotografía, colaxe, etc.) e un lema ou slogan, cuxo público destinatario serán alumnos e alumnas incluídos no mesmo rango de idade que os participantes.
2. Na elaboración do cartel ou valo publicitario deberán respectarse os principios da educación en valores, de forma que o alumnado reflexione sobre o que está permitido e non permitido na publicidade e tome conciencia daquelas técnicas publicitarias constitutivas de publicidade ilícita.
O resultado final debe consistir nun modelo de boa práctica, de xeito que o traballo reflicta un anuncio non sexista, non discriminatorio, non denigrante nin enganoso, con información clara e veraz, que non induza a erro no público destinatario, e que respecte a dignidade e os dereitos dos menores.
Prazo de presentación
O prazo para a presentación dos traballos á fase autonómica comezará o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 27 de abril de 2018.

PREMIOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto regular e convocar os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net, para difundir e promover os valores do consumo responsable nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento IN116A).
Participantes
Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2017/18 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do Plan Proxecta; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
Categorías de participación
1. Establécense catro categorías de participación:
– Categoría A: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
– Categoría B: alumnado de educación secundaria obrigatoria.
– Categoría C: alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional e de educación de persoas adultas.
– Categoría D: alumnado de educación especial.
2. Non se establece un número mínimo de alumnos/as para cada categoría de participación.
3. Cada centro docente só poderá presentar un único proxecto, correspondente a unha das categorías de participación sinaladas. Os centros con alumnado pertencente a varias categorías de participación deberán seleccionar unha das categorías sinaladas, segundo aquela que mellor represente o traballo realizado no centro. No caso de que non se seleccione ningunha categoría de participación, entenderase que o centro se presenta na categoría de participación correspondente ao alumnado de maior nivel académico.
Premios
Concederase un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto en cada unha das categorías de participación.
Certificación e recoñecemento
1. Ademais dos premios, os centros recibirán un diploma do Instituto Galego do Consumo e da Competencia que os acredita como gañadores.
2. A persoa coordinadora e o profesorado participante nos proxectos premiados recibirán da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria unha certificación de 1º premio de innovación educativa cunha equivalencia de 30 horas de formación do profesorado para o profesorado coordinador e 20 horas para o resto do profesorado participante.
Prazo de presentación
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 2 de xullo de 2018.

CONVOCATORIA PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEIS 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento TR306A).
Así mesmo, cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.
Competencias clave que se convocan
1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3 son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.
A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.
Requisitos de acceso á formación de certificados de profesionalidade
O artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 establece os requisitos para acceder á formación dos certificados de profesionalidade.
No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional.
Exencións e validacións ás probas de avaliación
No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentos de presentarse a esta proba as persoas que cumpran algún dos requisitos establecidos no anexo IV.
No anexo V desta resolución establécense as validacións por ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo para as competencias clave que se convocan.
Presentación de solicitudes e prazo
1. A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.
2. O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 23 de marzo de 2018.
3. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https.//sede.xunta.gal./chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave).
4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
5. As persoas interesadas con discapacidade recoñecida cun grao igual ou superior ao 33 %, no caso de solicitaren adaptacións, teñen que indicalo na solicitude de inscrición no recadros do bloque de persoas con algunha discapacidade.

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS Á PRODUCCIÓN ESCÉNICA E SE CONVOCAN PARA O ANO 2018

SUBVENCIÓN A EMPRESAS PRIVADAS PARA A LOITA CONTRA O PO NO SECTOR MINEIRO EN GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Regulación das bases para a concesión de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria ás empresas mineiras que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de favorecer a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas dispoñibles para a loita contra o po no sector mineiro de Galicia a través de dúas liñas de actuación:
Liña A para o financiamento dos investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico mediante a redución das emisións de po.
Liña B dirixida á subvención dos investimentos destinados a reducir a exposición ao po dos traballadores nos seus postos de traballo.
Entidades beneficiarias
Persoas xurídicas que sexan empresas privadas e realicen actividades do ámbito da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación, ambos inclusive.

viernes, 23 de febrero de 2018

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS

AXUDAS ÁS ACTIVIDADES DAS CONFEDERACIÓNS E FEDERACIÓNS DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO E DAS ASOCIACIÓNS DE PAIS E NAIS DE CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL PARA 2018

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
As axudas teñen como obxecto apoiar e incrementar a realización de actividades por parte das entidades antes sinaladas, mediante a subvención dos gastos ocasionados por elas, así como dos derivados da xestión administrativa, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2018.
Entidades beneficiarias
As confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Finalidade
Para impulsar a formación do futuro persoal técnico en materia de museos e posibilitar a dita aprendizaxe, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca oito (8) bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego en museos propios e xestionados pola consellería cunha duración de seis (6) meses.
A finalidade das bolsas é proporcionar unha formación teórico-práctica que, engadida á formación académica, contribúa a completar o currículo académico. As bolsas concederanse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas bolsas os/as solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
1. a) Solicitantes de bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble:
– Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a seguir:
• Historia ou Antropoloxía.
• Historia da arte.
• Arqueoloxía.
b) Solicitantes de bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia:
– Diplomatura universitaria en Conservación e Restauración de Bens Culturais ou equivalente, nas especialidades de:
• Arqueoloxía.
• Pintura ou Escultura.
2. Acreditar dominio da lingua galega, nivel iniciación, mediante certificación oficial ou certificado Celga 3.
3. Non ter desfrutado, con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria, de bolsas dun período de tempo igual ou superior a vinte e catro (24) meses das convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para inventario, catalogación e restauración de fondos de patrimonio moble.
4. Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda.
5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a formación en materia de patrimonio moble galego.
6. Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude para unha bolsa como máximo.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 22 de febrero de 2018

BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA NO PARLAMENTO DE GALICIA

PARLAMENTO DE GALICIA


A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 5 de febreiro de 2018, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:

a) Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.

b) Unha bolsa de formación en comunicación institucional.

c) Dúas bolsas de formación en publicacións.

d) Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación.

e) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.

E unha bolsa de formación de asistencia administrativa e servizos comúns para persoas con discapacidade intelectual.

As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

martes, 20 de febrero de 2018

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS Á ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN PRODUTOS VITIVINÍCOLAS

SUBVENCIÓNS AOS PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL E ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS ÁS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto

A concesión de subvencións ás entidades galegas no exterior para realizar os programas seguintes:

– Programa A. Axudas para obras de ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e/ou do seu patrimonio cultural.

– Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Entidades beneficiarias

1. Entidades galegas asentadas fóra de Galicia que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

2. Federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, que conten con local social diferenciado do das entidades asociadas.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

SUBVENCIÓNS PROGRAMAS DE ACTUACIÓN EN FAVOR DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA 2018

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA




 Obxecto

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, en favor das entidades galegas do exterior para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos seus fins, sinaladamente nas áreas sociais, de xuventude, formativas, culturais, que persigan o mantemento ou fomento dos lazos con Galicia.
Entidades beneficiarias
Programa 1:
a) As entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
b) As federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.
Programa 2:
a) As entidades inscritas no Rexistro da Galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
b) As federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.
Programas 3:
a) As entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
b) As federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

viernes, 16 de febrero de 2018

BOLSAS DE FORMACIÓN EN BIBLIOTECONOMÍA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas de formación en biblioteconomía, con acompañamento de titor, para o tratamento técnico dos fondos, así como calquera outra actividade que permita a súa formación e coñecemento dos diversos servizos bibliotecarios.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
– Titulación universitaria de licenciatura ou diplomatura en Biblioteconomía ou Documentación; grao en Información e Documentación; licenciatura ou grao en Historia ou Xeografía e Historia, Filoloxía ou Lingua e Literatura, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e Humanidades.
– Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio da orde.
– Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos seis (6) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, a xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia.
– Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Non poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberán achegar, para estes efectos, unha declaración responsable de que non concorre ningunha das circunstancias previstas no referido artigo.
A concesión da bolsa será incompatible con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, de acordo co disposto no artigo 14.1.p) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2016/17 na Comunidade Autónoma de Galicia e rematou en 2017. O alumnado premiado poderá concorrer, logo da súa inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.
Persoas beneficiarias
Alumnado que teña cursados estudos de formación profesional de grao superior en 2016/17 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematados no 2017, cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE DETERMINADOS CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS NO ANO 2018

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2018 nas seguintes especialidades:
Carnés profesionais:
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
Habilitacións profesionais:
– Operador/a industrial de caldeiras.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
O procedemento obxecto desta orde articularase en dúas convocatorias independentes, denominadas ordinaria e extraordinaria, en atención ao período do ano en que se desenvolvan.
Requisitos das persoas aspirantes
Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
Prazo de presentación de solicitudes
1. Para a convocatoria ordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 14 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
2. Para a convocatoria extraordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 ao día 13 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

miércoles, 14 de febrero de 2018

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN NA EMPRESA ORDINARIA

PROGRAMA RESPONSABILÍZATE

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
É obxecto da presente resolución establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás que se prestarán os servizos do programa Responsabilízate, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2018 (TR320B).
Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia.
2. Ademais do especificado no punto anterior, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.
Servizos aos que optarán as empresas beneficiarias do Programa
1º. Unha diagnose ou análise do estado e potencial da Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Para esta diagnose e análise, utilizarase a plataforma software XUNTA PRO-RSE e consistirá en analizar a situación da empresa seleccionada desde o punto de vista da RSE.
2º. Un programa de formación, no que se tratarán aspectos referidos á sensibilización, grupos de interese e ferramentas de xestión existentes no contexto da RSE.
3º. Plan de implantación: a cada empresa participante, unha vez realizados e superados os servizos anteriores e que expresamente manifeste continuar no Programa, elaboraráselle un Plan de RSE específico que finalizará coa implantación das primeiras accións do dito plan.
Prazo para presentación de solicitudes
1. O prazo estará aberto a partir da publicación destas bases no DOG e ata que se acade o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria.
2. Unha vez cuberto o número de prazas máximo, pecharase a inscrición, o que será comunicado a través da páxina web https://rse.xunta.gal e da sede electrónica da Xunta de Galicia.

AXUDAS AO ALUMNADO DO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
Outorgamento, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á matrícula para os/as alumnos/as que teñan finalizados os estudos de gran diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hosteleiras ou diploma superior en Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e vaian realizar estudos complementarios para a obtención, no curso 2017/18, dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.
Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos que establece esta resolución e teñan formalizada a matrícula para realizar estudos complementarios para a obtención, no curso 2017/18, dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de aceptación ou renuncia á axuda
O prazo para a aceptación ou renuncia á axuda será de 10 días hábiles desde a notificación da resolución da concesión.


SUBVENCIÓNS Á COOPERACIÓN ENTRE PEQUENOS OPERADORES PARA ORGANIZAR PROCESOS DE TRABALLO E COMERCIALIZACIÓN DO TURISMO

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
Fomento da cooperación entre pequenos operadores turísticos para colaboraren na organización de procesos de traballo conxuntos e compartiren recursos de cara ao desenvolvemento e á promoción do turismo.
Os proxectos subvencionables consistirán no deseño, na creación e na promoción de produtos turísticos de Galicia.
Os produtos turísticos terán carácter innovador e deberán axustarse a algunha das liñas temáticas seguintes:
a) Produtos cabeceira de marca de Galicia.
Os produtos cabeceira de marca de Galicia, que poden ser consultados na páxina web oficial de Turismo de Galicia, na epígrafe denominada «experiencias» http://www.turismo.xunta.gal.
– Camiño de Santiago.
– Bosques de Galicia (natureza).
– Mananciais de Galicia (termalismo).
– Paseando entre viñedos (enogastronomía).
– Turismo mariñeiro.
– Ruta das camelias (xardíns de Galicia).
– Faros e praias salvaxes.
– Patrimonio oculto.
– Santuarios máxicos.
b) Produtos destinados á creación de oferta de turismo familiar.
c) Produtos destinados á creación de oferta para o turismo sénior.
d) Produtos destinados á xeración dunha oferta distintiva que se acomode ao concepto «que facer en Galicia cando chove».
e) Produtos innovadores e de descubrimento de novos nichos de mercado.
f) Creación de rutas turísticas innovadoras.
g) Produtos construídos baixo a idea da cultura celta de Galicia.
h) Produtos baseados na creación de fins de semana, pontes ou outros períodos temporais de carácter temático.
i) Produtos que se desenvolvan e valoren turisticamente os núcleos históricos de Galicia.
Entidades beneficiarias
Empresas do sector turístico de Galicia que se agrupen para colaborar e que, polo menos unha delas, estean inscritas, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), de acordo cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, que teñan a condición de microempresas e sexan entidades privadas autónomas galegas situadas no ámbito rural de Galicia, constituídas baixo calquera forma xurídica admisible, co obxecto de practicar de maneira efectiva a colaboración na súa actividade comercial, con domicilio social ou sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tamén poderán ser beneficiarios das subvencións os consorcios, as asociacións e calquera outra forma de personificación xurídica xa constituída, en que estean asociadas as empresas do sector turístico de Galicia e que, polo menos unha delas, estea inscrita no REAT.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de xustificación da subvención
O prazo para a xustificación da subvención rematará o 1 de outubro de 2018.

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS 2018

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2018 (código BS410A).
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) e que, durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2016 e o 31 de decembro de 2017, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.
2. Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
3. Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia do ou da menor por que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.
4. En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.
5. As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais, deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas, e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.
6. As persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de trinta e cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

SUBV. PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
A realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industria, servizos e agrícola primario.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos, agrícola primario ou da industria. Para os efectos desta resolución, consideraranse sector servizos as actividades incluídas nas seccións H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Para os efectos desta resolución, consideraranse sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 á 02.40 do CNAE-2009, ambas as dúas incluídas. Dentro do sector industria serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D do CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
Tamén serán subvencionables as actividades recollidas no IAE que se correspondan con estas seccións do CNAE 2009.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que teñan como obxecto destes contratos a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no parágrafo anterior e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no Diario Oficial de Galicia.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN, MELLORA E AMPLIACIÓN DE PEQUENAS INFRAESTRUTURAS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DESTINADOS A PARTICULARES

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


 Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións, para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, para o exercicio 2018, que se xuntan a esta resolución como anexo I. No caso das tipoloxías de proxectos cofinanciadas con fondos Feader irán destinadas exclusivamente a zonas rurais (IN421H, IN421I).
2. Seleccionar, en réxime de concorrencia competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.
3. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2018 que se xuntan a esta resolución como anexos II a IX.
4. Publicar o convenio de colaboración para as axudas a particulares para proxectos de enerxías renovables, ao cal se deben adherir as entidades colaboradoras (anexo X).
5. Convocar para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, segundo o disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións dirixidas a proxectos de enerxías renovables e a mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas zonas rurais para equipos térmicos de biomasa.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, non podendo estas disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes de axudas presentaranse polas entidades colaboradoras segundo o modelo do anexo III desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido nos artigos 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Se a entidade colaboradora presenta a solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
2. As entidades colaboradoras contarán cun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitar a súa adhesión, cubrindo e confirmando o formulario de adhesión (anexo II).
3. O prazo de presentación das solicitudes de axudas será de un (1) mes contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES 2018

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica (código de procedemento IN421G).
Beneficiarios
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro e as comunidades de montes.
c) As empresas legalmente constituídas e autónomos.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e na páxina web do inega, www.inega.gal
Xunto coa solicitude presentaranse electronicamente, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN DIVERSAS ÁREAS DURANTE 2018-19

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
As bolsas en oficinas de turismo permitiranlles ás persoas tituladas acceder a prácticas tuteladas co fin de actualizar e mellorar os seus coñecementos e as habilidades en materias vinculadas co turismo. A bolsa correspondente á área de estudos e investigación da Axencia Turismo de Galicia permitiralles aos titulados/das en diversas materias ampliar a súa experiencia e os coñecementos sobre o turismo de Galicia no campo da investigación e análise de datos deste mercado.
Persoas beneficiarias
Bolsas de formación en oficinas de información turística (8 bolsas) para promoción e información turística: titulados/das con nacionalidade española que posúan a titulación de grao en Turismo; mestrado relacionado con turismo; técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas; técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos ou titulación homologada equivalente. Deben posuír certificado B1 ou superior en lingua inglesa.
Bolsa de formación na área de estudos e investigación (1 bolsa) para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística: titulados/das con nacionalidade española que posúan calquera titulación superior.
Para calquera das dúas modalidades de bolsa, as persoas beneficiarias deben ter obtido a titulación nos catro anos naturais inmediatamente anteriores á finalización do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria e deben estar en posesión do título Celga 4 de lingua galega.
Importe e duración
Oito bolsas para a formación práctica en oficinas de turismo: a dotación de cada bolsa será de 4.500,00 euros en total e terá unha duración máxima de cinco meses.
Unha bolsa na área de estudos turísticos: a dotación será de 13.800,00 euros en total, e terá unha duración máxima de doce meses.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

PROGRAMA RE-ACCIONA TIC

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto conceder axudas ás pemes destinatarias dos seguintes servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0, para a súa realización en empresas galegas, dentro do programa Re-accionaTIC, integrados nas seguintes categorías:
a) Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións de Industria 4.0. Neste servizo analizarase a situación actual da empresa e farase unha detección das súas capacidades para orientarse cara a unha industria 4.0. Tras a elaboración deste diagnóstico inicial, a contratista identificará as necesidades organizativas e tecnolóxicas que permitan á empresa incorporar novas tecnoloxías e preparará un itinerario de implantación tecnolóxico.
b) Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións de Industria 4.0. Trátase de xestionar o proxecto de implantación dun mínimo de 2 medidas de solucións de Industria 4.0 consideradas de maior relevancia pola empresa, procedentes dun diagnóstico de capacidades que pode ser realizado dentro deste programa ou ben pode ser resultado doutra análise que ofreza similares resultados.
c) Servizo de xeración de modelos e simulación industrial. Consiste en executar un proxecto de xeración de modelos e simulacións sobre eles. Deste xeito, debe existir un produto, prototipo ou proceso que sexa susceptible da súa modelización, así como un problema que resolver para o cal se necesite realizar procesos de simulación sobre o modelo xerado.
As axudas configúranse como axudas en especie da disposición adicional terceira da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A dita axuda confórmase como a diferenza entre o custo aboado polo Igape pola prestación do servizo e o importe exixido ás pemes beneficiarias en concepto de cofinanciamento.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).
Prazo de presentación de solicitudes
Convocatoria 2018.1: desde o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 1.3.2018.
Convocatoria 2018.2: desde o 5.3.2018 ata o 19.4.2018.
Convocatoria 2018.3: desde o 23.4.2018 ata o 7.6.2018.
Convocatoria 2018.4: desde o 11.6.2018 ata o 31.7.2018.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL



Obxecto
Apoio á ampliación e modernización de pequenas empresas mediante a adquisición de equipamentos produtivos destinados a actividades non agrícolas, e a execución de obras e/ou instalacións necesarias para o funcionamento da maquinaria adquirida.
Beneficiarias
a) Microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais. Para estes efectos, a definición de pequena empresa é a que resulta do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, pola que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
c) Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Outros datos
A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de axuda do 45 % dos gastos subvencionables.
As axudas concedidas están amparadas no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013 (DO L352, do 24 de decembro), referente á aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE.


AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS PARA A ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS VITIVINÍCOLAS 2019-23

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas no programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2018.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos incluídos no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, producidos en territorio español, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comencen esa produción ou comercialización. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.
b) As organizacións de produtores vitivinícolas recoñecidas consonte o artigo 152 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
d) As organizacións interprofesionais.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS ÁS ENTIDADES RECOÑECIDAS COMO AGRUPACIÓNS DE DEFENSA SANITARIA GANDEIRAS

lunes, 12 de febrero de 2018

PROGRAMAS PARA O FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


 Programa I, para as pequenas empresas de nova creación

Obxecto
Xerar emprego estable para as persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres; as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, e as unidades familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego, mediante os seguintes tipos de axuda:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para a formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Entidades beneficiarias
1. As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
2. As empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
3. As persoas promotoras para a axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas dos programas regulados nesta orde finalizará o 31 de xullo de 2018.
2. Para a axuda de xeración de emprego, o prazo para as actuacións realizadas ata a publicación desta orde será de dous meses desde a súa publicación.

Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica

Obxecto
Impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a convocatoria do Programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Axuda para o inicio e a posta en marcha da actividade.
Entidades beneficiarias
As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2018.

PROGRAMAS PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Programa I, de axudas á promoción do emprego autónomo

Obxecto
Este programa ten por obxecto a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
Persoas beneficiarias
Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral de presentación de solicitudes para o Programa I regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2018.

Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas

Obxecto
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar, para o ano 2018, os incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade e pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
Prazo de presentación de solicitudes
a) As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2017 e a data da publicación desta orde deberanse presentar no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
b) As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberanse solicitar ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
c) O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2018, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

AXUDAS DESTINADAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS (GALICIA RURAL EMPRENDE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.
b) As microempresas e pequenas empresas, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.
c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta da que tiña no momento da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 1.1 destas bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.