martes, 30 de diciembre de 2014

SUBVENCIÓN PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS E MICROPROXECTOS DE COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA



Axudas a proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación (PR 803D)

Obxecto
1. O obxecto destas bases é a regulación da concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais, ás universidades, ás empresas e organizacións empresariais, aos sindicatos e ás comunidades galegas no exterior que teñan a condición de axentes de cooperación, para a execución de proxectos no exterior.
2. Exclúense destas bases os proxectos que teñan como obxecto a acción humanitaria e os de carácter asistencial que non poidan asegurar a súa viabilidade cando cese o financiamento externo.

Axudas a microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e polos Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento (PR 804B)

Obxecto
1. Estas bases teñen como obxecto a regulación da concesión de subvencións, a través dun procedemento de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos no exterior.
2. Exclúense destas bases os proxectos que teñan como obxecto a axuda humanitaria e os de carácter asistencial que non poidan asegurar a súa viabilidade cando cese o financiamento externo.

LEI DE ORZAMENTOS XERAIS DE GALICIA E LEI DE MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS 2015

lunes, 29 de diciembre de 2014

PROGRAMA DE BOLSAS FORMATIVAS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE MELLORA DAS PEMES GALEGAS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto: O obxecto destas axudas é a concesión do número de bolsas indicado na resolución de convocatoria para a realización de prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas pemes galegas, segundo o Plan formativo do anexo III destas bases, coa finalidade de formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa, entre outros:
• Optimización financeira/mellora do circulante.
• Profesionalización da produción.
• Relanzamento comercial.
• Xestión por procesos.
• Imaxe e comunicación empresarial.
• Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
• Desenvolvemento de plans de acción.
• Identificación e desenvolvemento de redes de cooperación e socios.
• Innovación na empresa.
• Desenvolvemento do capital humano.
• Execución de vixilancia tecnolóxica/intelixencia competitiva.
• Asesoramento integral ao proceso emprendedor.
Os titulados incorporaranse en primeiro lugar a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa e a continuación realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora de pequenas e medianas empresas, apoio ao emprendedor ou proxectos colaborativos de asociacións ou clústers empresariais, período durante o que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.
Requisitos dos solicitantes
Poderán presentar solicitude para acollerse a estas bolsas aqueles titulados que cumpran os seguintes requisitos:
4.1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea e estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
4.2. Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser considerado beneficiario de subvencións.
4.3. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes: Física, Enxeñaría, Matemáticas, Química, Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Empresariais, Economía, Dereito, Bioloxía/Biotecnoloxía e Farmacia. A titulación deberá terse obtido con posterioridade á data indicada na resolución de convocatoria.
Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
4.4. Non ter concedida mediante resolución ou ter desfrutado con anterioridade ningunha outra bolsa do Igape, así como non estar desfrutando durante o proceso de selección dunha bolsa no Igape concedida a través doutras institucións.
4.5. Non ter desfrutado doutra bolsa concedida por outros organismos. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios.
4.6. Non ter desempeñado con anterioridade ningún traballo profesional para o que se requirise a mesma titulación exixida nesta convocatoria, en virtude de calquera tipo de contrato laboral de duración igual ou superior a seis meses, o cal se acreditará mediante informe de vida laboral da Seguridade Social.
4.7. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
4.8. Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O cumprimento deste requisito acreditarase cubrindo no formulario telemático a declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 11.g) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 10 de febreiro de 2015.

AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Proxectos obxecto de apoio
1.1. Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, entre eles:
a) Que non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Que presenten un custo subvencionable superior a 25.000 € e non superior a 150.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 150.000€, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
1.2. Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda. Considerarase que non se cumpre esta condición cando unha persoa no momento da solicitude figure de alta no RETA cunha antigüidade superior a 42 meses ou teña unha participación igual ou superior ao 25 % noutra sociedade mercantil.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) e cumpran as seguintes condicións:
1. Composición do capital, no caso de sociedades mercantís:
a) O seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia na data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels. Cando da documentación e datos que consten no expediente se observe que se produce continuidade empresarial por baixa recente (antigüidade menor a un ano) nunha actividade que é igual ou similar á que se propón como nova ou por razóns que permiten concluír unha continuidade de empresa preexistente, poderase denegar motivadamente a axuda.
b) A participación no capital da empresa de persoas físicas ou xurídicas que si estean desenvolvendo outras actividades económicas na data de solicitude non poderá exceder conxuntamente o 49 %. Polo menos unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20 % no capital e sen outra actividade económica por conta propia na data de solicitude deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta allea desde a alta de actividade da nova empresa (ou, no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude) e ata o fin do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión.
2. Antigüidade na actividade empresarial:
i) No caso dos autónomos, a data de alta censual non poderá ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude).
ii) No caso de sociedades, tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.
3. Contribución financeira exenta de axudas públicas:
Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 25 % do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
4. Actividades:
4.1. Están excluídas das axudas as seguintes actividades, segundo o Regulamento (UE) 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño):
a) As actividades nos sectores da pesca e da acuicultura regulamentadas polo Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, se modifican os Regulamentos (CE) nº 1184/2006 e (CE) nº 1224/2009 do Consello e se derroga o Regulamento (CE) nº 104/2000 do Consello.
b) As actividades do sector da produción agrícola primaria.
c) As actividades do sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas.
d) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, do sector dos transportes, así como a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.
4.2. Nos subsectores de hostalaría, restauración e hospedaxe unicamente serán subvencionables as actividades de restaurantes e de hoteis de dúas estrelas ou superiores.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 2 de febreiro de 2015.



AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto: Estas bases teñen como obxectivo final facilitar ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados poñendo ao seu alcance axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización empresarial, conseguindo, ao mesmo tempo, a especialización de cadros de persoal e facilitar o acceso ao mercado laboral dos profesionais.
Beneficiarios
4.1. Poderán ser beneficiarios deste programa de axudas as sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), sexan ou non pemes, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, que teñan como proxecto iniciar ou consolidar a internacionalización da propia empresa solicitante.
4.2. Os solicitantes que non teñan experiencia exportadora previa terán que dispor dun diagnóstico positivo do potencial de internacionalización da empresa realizado a través de programas de Igape a partir de 2012. Os solicitantes que teñan un diagnóstico realizado a través de programas de Igape anterior a 2012 deben actualizar a súa información, e os solicitantes que non dispoñan do diagnóstico pero teñan experiencia exportadora previa, deberán acreditar a dita experiencia exportadora que deberá ser validada polo Igape.
A solicitude do diagnóstico, así como a actualización da información do diagnóstico anterior a 2012 ou a validación da experiencia exportadora deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda (a través do procedemento do Igape IG192 - Prestación de servizos: diagnósticos de internacionalización).
4.3. Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.2 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras (DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014) e que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 3 de febreiro de 2015.
No caso de que en virtude das solicitudes presentadas e resoltas favorablemente se esgote o crédito orzamentario, poderase pechar anticipadamente a convocatoria. O esgotamento do crédito e a non admisión de solicitudes posteriores publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape.

AXUDAS DE APOIO ÁS INICIATIVAS ABERTAS DE DIFUSIÓN

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Proxectos obxecto de apoio
1.1. Co obxectivo de incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido ás iniciativas abertas de difusión, entendendo por tales:
a) Xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade.
b) Celebración en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels).
c) Celebración en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional. O alcance internacional do evento proposto será determinado en función do seu historial previo de congresistas e relatores no caso de congresos ou de asistentes e expositores no caso de eventos expositivos, non podendo, por tanto, ser considerados como tales as primeiras edicións dun determinado congreso ou evento, aqueles cuxa periodicidade sexa inferior a un ano, nin aqueles cuxo carácter internacional estea exclusivamente determinado por unha asistencia transfronteiriza ou pola presenza de relatores estranxeiros.
1.2. Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa capacidade económica para organizar o evento (o orzamento anual da entidade non debe ser inferior ao custo do proxecto).
1.3. Non se concederá axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, recibirían unha axuda inferior a 3.000 €.
Beneficiarios
4.1. Poderán ser beneficiarias as entidades sen fin de lucro, con personalidade xurídica propia (organismos intermedios), que cumpran as seguintes condicións:
a) Que estean domiciliadas en Galicia ou que tendo algún centro de actividade en Galicia desenvolvan en Galicia, na súa totalidade, o proxecto obxecto de apoio.
b) Que a súa actividade estea dirixida eminentemente ao mundo empresarial.
4.2. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 6 de febreiro de 2015.

PLAN VISION 2020, AXUDAS ÁS EMPRESAS DO SECTOR TÉXTIL-MODA-CONFECCIÓN

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


 Proxectos obxecto de apoio e exclusións
Co obxectivo de incentivar a realización de actuacións de difusión e promoción xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector téxtil moda confección nos mercados externos a Galicia, tanto estatais coma internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:
1.1. Actuacións de difusión:
a) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de campañas ou insercións en prensa, revistas, internet e valos publicitarios, sempre que a súa difusión se realice fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través da elaboración de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e coñecemento dos seus produtos fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
1.2. Actuacións de promoción:
a) Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que teñan lugar fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto a participación en feiras incluídas no Plan Foexga (publicado na web do Igape) a non ser que non se poida participar na acción Foexga por exceso de cota ou outras causas non imputables ao beneficiario.
b) Eventos promocionais, realizados fóra de España, tanto se teñen por obxecto a presentación da marca e/ou produto ao mercado, como a propia empresa a potenciais clientes, socios ou investidores. Podendo tratarse de actuacións levadas a cabo de forma individual ou conxunta con outras empresas galegas, sexan ou non do sector téxtil-moda.
1.3. Só se concederá un expediente por beneficiario, no que se poderá incluír varios proxectos dos mencionados.
1.4. Non se concederá nin liquidará axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, presenten un gasto subvencionable inferior a 5.700 € (8.000 € no caso de grandes empresas).
Beneficiarios
4.1. Poderán ser beneficiarios, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), sexan ou non pemes, pertencentes ao sector téxtil moda confección con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que figuren dadas de alta nas agrupacións 43, 44 e/ou 45 do imposto de actividades económicas ou no grupo 613, en Galicia.
4.2. Os solicitantes que non teñan experiencia exportadora previa terán que dispor dun diagnóstico positivo do potencial de internacionalización da empresa realizado a través de programas de Igape a partir de 2012. Os solicitantes que non dispoñan do diagnóstico citado anteriormente pero teñan experiencia exportadora previa, deberán acreditar dita experiencia exportadora que deberá ser validada por Igape.
A solicitude do diagnóstico, así como a actualización da información do diagnóstico anterior a 2012 ou a validación da experiencia exportadora deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda (a través do procedemento do Igape IG 192 - Prestación de servizos: diagnósticos de internacionalización).
4.3. Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
4.4. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.2 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras (DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014) e que para as pemes aparece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 2 de febreiro de 2015.

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS DAS PEMES EN EQUIPAMENTOS PRODUTIVOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Proxectos obxecto de apoio
O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos investimentos das pemes en equipamentos produtivos na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran os seguintes requisitos:
1.1. O proxecto de investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 150.000 €, excluíndo impostos, taxas e arbitrios, e deberá estar relacionado coa creación dun novo establecemento empresarial, ampliación da capacidade dun establecemento existente, diversificación da produción en novos produtos adicionais ou un cambio esencial no proceso xeral de produción dun establecemento existente.
1.2. Que a axuda solicitada supoña un efecto incentivador para o proxecto presentado. Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto o solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados, sobre os cales se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, o proxecto, no seu conxunto, sería non subvencionable. Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para o pedido de equipamentos produtivos, entendéndose por proxecto os investimentos comprendidos na solicitude da axuda.
1.3. Os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos non serán subvencionables, excepto os correspondentes ás actividades que tradicionalmente se viñan prestando empresas privadas, a risco e ventura destas e cuxos clientes son tamén empresas privadas.
Beneficiarios
4.1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as sociedades mercantís con tamaño de pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
4.2. Que desenvolvan un proxecto de investimento para algunha das actividades subvencionables que se sinalan no anexo II destas bases.
4.3. Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25 % do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
4.4. Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
4.5. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise. Para estes efectos, terase en conta a definición de empresa en crise establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.
4.6. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
Prazo de solicitude: O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 5 de febreiro de 2015.

AXUDAS A PROXECTOS COLABORATIVOS DE CAPACITACIÓN SECTORIAL

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Proxectos obxecto de apoio e exclusións
1.1. Co obxectivo de incentivar a formación do capital humano, favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas, o Igape poderá concederlles subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de proxectos promovidos e desenvolvidos por organismos intermedios para mellorar a capacitación do equipo humano nas empresas ás cales representan:
a) Proxectos de capacitación en tecnoloxías, metodoloxías ou técnicas aplicables a un determinado sector ou ámbito de negocio.
b) Proxectos de capacitación en deseño de produto, packaging, novos modelos de negocio, comercialización ou acceso a mercados que sexan específicos dun determinado sector ou ámbito de negocio.
c) Proxectos de capacitación dirixidos a acadar competencias necesarias de cara a abordar no futuro a implantación de certificacións de calidade sectoriais.
d) Proxectos de capacitación en xestión empresarial e de capacitación directiva nun determinado sector ou ámbito de negocio.
En todos os proxectos deben participar un mínimo de 10 persoas pertencentes a 5 ou máis empresas galegas ou con centro de actividade en Galicia que, necesariamente, deberán participar no financiamento cun mínimo conxunto do 10 % do custo total subvencionable do proxecto e co máximo na porcentaxe non cuberta pola subvención. Os proxectos terán unha duración presencial mínima de 30 horas para cada asistente, que se deberá levar a cabo en Galicia. Poderanse realizar varias edicións dos proxectos formativos con distintos asistentes.
1.2. Cada solicitude de axuda debe ser relativa a só un dos tipos de proxectos de capacitación admisibles, e pode comprender unha ou varias edicións sempre que sexa para distintos participantes (na mesma ou distintas localizacións). Cada organismo intermedio poderá presentar varias solicitudes (unha por cada proxecto distinto para o cal solicite axuda).
1.3. Non se concederá axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, resulten cun gasto subvencionable inferior a 8.000 €.
Beneficiarios
4.1. Poderán ser beneficiarios destas axudas:
– Os organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderase como tal unha entidade con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliada en Galicia, que pertenza a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, consellos reguladores de denominacións de orixe ou clústers empresariais apoiados no ámbito das axudas do Igape ás agrupacións (clústers) innovadoras ou que teñan a cualificación de AEI outorgada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.
– Os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2014 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros; BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).
4.2. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren na categoría de empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.2 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras (DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014), e que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
4.3. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 3 de febreiro de 2015.

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DO SECTOR AUDIOVISUAL

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o apoio a festivais de cine de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e proceder á súa convocatoria para o ano 2015.
2. Para os efectos desta convocatoria, entenderase por festivais aqueles certames, semanas e mostras que teñan por obxecto a promoción e difusión da produción cinematográfica e audiovisual e se celebren en Galicia.
3. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto de calquera organismo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
4. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do evento.
Beneficiarios
1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.
As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar). Quedarán excluídas as solicitudes conxuntas nas cales non se acredite a realización conxunta do festival e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.
Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.
3. Será requisito para a concesión de subvencións ás entidades locais que estas cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.
4. Non poderá ser beneficiaria de máis dunha subvención derivada desta resolución unha entidade local, incluíndo as entidades vinculadas ou dependentes dela. No suposto de presentar máis dunha solicitude, deberán enviar unha prelación entre elas.
Prazo de solicitude: ata o 29 de xaneiro de 2015.

SUBVENCIÓNS ÁS ACTIVIDADES DE DISTRIBUCIÓN PARA INDUSTRIAS CULTURAIS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto 
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro.
2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou de calquera organismo dependente
3. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo da actividade subvencionada.
4. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 (DOUE 24.12.2013, L352/1), relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis.
 O importe total das axudas de mínimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá dos 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Beneficiarios e modalidades da subvención. Requisitos
1. Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as entidades que a continuación se sinalan, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2014 e o 31 de outubro de 2015:
Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións/concertos e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.
Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos e/ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.
Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega.
Modalidade A.4: subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da comunidade autónoma. Beneficiarios: persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas. En ningún caso máis de catro representacións nun mesmo espazo.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.
Prazo de presentación das solicitudes
1. O prazo para a presentación das solicitudes será dende o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e ata o 31 de agosto de 2015.
2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o interesado será requirido para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei, segundo o previsto no artigo 71.

viernes, 26 de diciembre de 2014

AXUDAS ÁS PERSOAS INQUILINAS DAS VIVENDAS ARRENDADAS NO MARCO DO PROGRAMA ALUGA 2015

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Obxecto: O obxecto desta resolución é proceder á convocatoria no exercicio 2015 en réxime de concorrencia non competitiva, da axuda ás persoas inquilinas para o financiamento parcial da renda prevista no Decreto 84/2010, do 27 de maio, vixente –de conformidade coa disposición derrogatoria única do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro– para o suposto de adxudicación directa de vivendas no marco do programa de realoxamento para as persoas afectadas por execucións hipotecarias e respecto dos contratos de arrendamento en vigor de vivendas incorporadas ao programa Aluga.
Beneficiarias: Serán beneficiarias da axuda as persoas inquilinas das unidades familiares ou de convivencia que reúnan os requisitos e condicións sinalados no artigo 43.2 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, vixente –de conformidade coa disposición derrogatoria única do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro– para o suposto de adxudicación directa de vivendas no marco do programa de realoxamento para as persoas afectadas por execucións hipotecarias e respecto dos contratos de arrendamento en vigor de vivendas incorporadas ao programa Aluga.
Prazo de presentación: As solicitudes de axuda ás persoas inquilinas deberán presentarse antes do día 10 do mes da data de efectos do contrato de arrendamento formalizado ao abeiro do programa Aluga.
No caso de prórroga do contrato de arrendamento, a solicitude deberá presentarse antes do día 15 do segundo mes anterior ao do vencemento da vixencia do período inicial ou da correspondente prórroga do contrato de arrendamento.

AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS E DE TRANSFERENCIA TECNOLÓXICA POR ENTIDADES ASOCIATIVAS VINCULADAS AO SECTOR AGROFORESTAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para 2015 de subvencións destinadas a financiar accións formativas e de transferencia tecnolóxica realizadas por entidades asociativas do sector agroforestal da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e dirixidas ás persoas asociadas, aos directivos e ao persoal das ditas entidades.
 Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as sociedades cooperativas agrarias e forestais, as sociedades agrarias de transformación, as asociacións de cooperativas e as de produtores, os consellos reguladores de produtos de calidade diferenciada, as asociacións profesionais do ámbito agroforestal, alimentario ou ligadas ao desenvolvemento rural, e as organizacións de produtores agroforestais, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 26 de xaneiro de 2015.


martes, 23 de diciembre de 2014

AXUDAS PARA O FINANCIAMENTO DE ACCIÓNS DE COOPERACIÓN PARA DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS, PROCESOS E TECNOLOXÍAS NO ÁMBITO AGROALIMENTARIO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para a realización de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario e forestal e convocar estas axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o ano 2015.
2. Por novo produto enténdese a obtención dun ben anteriormente inexistente; o novo proceso implica a obtención dun novo uso transformado para unha materia prima preexistente e por nova tecnolóxica, a mellora da eficiencia dun proceso produtivo.
Beneficiarios das axudas e outros axentes cooperantes
1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións obxecto da presente orde:
a) Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura.
b) Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.
2. Na realización da actividade subvencionada poderán participar ademais dos beneficiarios regulados no punto 1 os axentes cooperantes, podendo adquirir tal condición as seguintes entidades:
a) Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria.
b) Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e do Mar e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da comunidade autónoma.
O orzamento das actividades de ningún dos axentes cooperantes poderá ser inferior ao 10 % do orzamento total da proposta de cooperación.
3. Segundo a nova redacción do artigo 29 do Regulamento 1698/2005, do 20 de setembro de 2005, dada polo Regulamento 74/2009, do 19 de xaneiro de 2009, na acción de cooperación deberán intervir como mínimo dous actores e, cando menos, un deles deberá ser un produtor primario ou pertencer á industria da transformación a que se fai referencia no número 1 deste artigo, outro deberá ser un dos axentes cooperantes a que se fai referencia no número 2 deste artigo.
Prazo de solicitude: ata o 23 de xaneiro de 2015.

lunes, 22 de diciembre de 2014

MODIFICACIÓN AXUDAS DE APOIO A MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO E A ECONOMÍA DOS SECTORES EXTRATÉXICOS DA PROVINCIA

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E DEMOGRAFÍA



OBXECTO
O obxecto da presente convocatoria ten como finalidade articular as condicións polas que rexerá a convocatoria publica en réxime de concorrencia competitiva para a selección de Entidades da provincia de Lugo,
susceptibles de percibir subvencións para o fomento do emprego e a economía dos sectores estratéxicos da
provincia de Lugo a través da contratación por 12 meses de traballadores en situación de desemprego.
A finalidade do plan é seleccionar ás entidades máis capacitadas para acadar o obxectivo das bases que é a
incorporación o mercado de traballo de desempregados e crear un incentivo económico que redunde nunha
mellora das perspectivas de empregabilidade. 
BENEFICIARIOS
Nesta convocatoria poderán ser entidades beneficiarias da subvención, pequenas empresas e microempresas (segundo a definición recollida na Recomendación 2003/361 da U.E), calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís, así como asociacións, federacións, fundacións, e outras entidades sen ánimo de lucro que reúnan os seguintes requisitos.
-Dispoñer de capacidade e solvencia técnica.
-Estar inscritas no rexistro público correspondente.
-Dispor dos medios técnicos necesarios para que o traballador desempeñe ás súas tarefas.
-Contar cun centro de produción ou que realicen a prestación de servizos na provincia de Lugo. Para o caso de entidades que dispoñan de máis dunha sede, só será beneficiaria aquela situada no ámbito provincial de Lugo quedando automaticamente excluída calquera outra.
-Atoparse en actividades encadradas dentro do sectores estratéxicos definidos no Plan Estratéxico da Deputación provincia de Lugo publicado na páxina web www.deputacionlugo.org
-Non ter realizado despedimentos calificados como improcedentes ou nulos de traballadores nos seis meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
-No caso de realizar contratos en prácticas e para a formación e aprendizaxe ter capacidade de xestión suficiente para a execución dos proxectos formativos de práctica laboral solicitados así coma deseñar un proxecto ou programa formativo de práctica laboral por medio do cal os traballadores poidan adquirir competencias para o exercicio de actividades profesionais que faciliten a súa empregabilidade tal e como establece a normativa laboral
-Estar relacionada a súa actividade cos perfís de traballadores solicitados.
-Dispoñer de persoal cualificado que se encargue de exercer as funcións de coordinador e interlocutor coa Deputación de Lugo.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación.
Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
Para poder ser entidade beneficiaria das axudas reguladas nesta orde deberá presentarse unha solicitude
axustada aos modelos normalizados que figuran como anexos destas Bases e que se porán a disposición dos
interesados na páxina web institucional da Deputación de Lugo (www.deputacionlugo.org).
A solicitude (Anexo I-VI) poderá presentarse na oficina do Rexistro Xeral da Deputación de Lugo (rúa san
Marcos, 8- 27001 Lugo) ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Para tal efecto e co fin de determinar a data de presentación, deberá figurar no modelo oficial de solicitude o
selo de entrada da oficina de rexistro correspondente.
Non se admitirá máis dunha solicitude por entidade aínda que na mesma solicitude pódese optar a varios perfís por orde de preferencia e xustificando a súa necesidade.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles (15) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.
Non axustarse aos termos desta convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos
artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 

jueves, 18 de diciembre de 2014

CONVOCATORIA DE TRES BOLSAS FORMATIVAS DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL

REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL

ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO EN RELACIÓN A ACEPTACIÓN PARCIAL DE DIVERSAS RECLAMACIÓNS PRESENTADAS FRONTE ÁS BASES E A CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE TRES BOLSAS FORMATIVAS EN MATERIA DE “EDUCADOR/A MUSEOS”, “ARQUIVOS/BIBLIOTECA” E “INVESTIGACIÓN CERAMOLOXÍCA” PARA A REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO. ÁREA DE CULTURA, TURISMO, ENSINO NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PATRIMONIO HISTORICO 2013-2014.

OBXECTO E FINALIDADE:Por medio destas bases establécense os criterios reguladores para proceder á convocatoria de tres bolsas formativas para colaborar na Rede Museística Provincial de Lugo (RMP) para 2013-2014:
• “Educador/a de Museos” ao fin de apoiar o deseño, posta en marcha e mailo seguimento do programa de actividades culturais e didácticas da Rede Museística Provincial de Lugo para 2013-2014.
• “Arquivos/ Biblioteca”, ao fin de colaborar nas tarefas do Departamento de Arquivos e Biblioteca da Rede Museística Provincial con especial incidencia no inventariado e catalogación e informatización dos fondos.
• Unha bolsa de “Investigación Ceramolóxica” dos materiais castrexos existentes na provincia de Lugo.- ao fin de coñecer e investigar unha parte do noso pasado tan importante para o noso país como a época castrexa.
REQUISITOS XERAIS:
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.
b) Estar en posesión da titulación académica requirida.
c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de iniciación e no de perfeccionamento (celga 4), posibilitando que a acreditación do coñecemento do nivel de galego esixido (Celga 4) tamén se xustifique ademais de co respectivo certificado coa posibilidade de realización dunha proba específica correspondente ao nivel especificado nas bases
d) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda no momento da notificación
e) Non ter sido separado/a do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario.
f) As demais establecidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e aplicables no presente caso. 
 PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES E PRAZO: As solicitudes, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme o modelo oficial que figura nos anexos (I,II para Educador/a de Museos. III,IV para Arquivos e Biblioteca. V,VI para Investigación Ceramolóxica. Anexo VII) respectivamente, debendo dirixila ao Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial de Lugo ou ben a través dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, no prazo de DEZ DÍAZ naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. Igualmente se inserirán no taboleiro de anuncios da Deputación Provincial.
O modelo de solicitude estará a dispor dos interesados na Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización
Lingüística e Patrimonio Histórico, e tamén na páxina web da Deputación de Lugo (Servizo de Cultura ) e no Museo Provincial de Lugo.

lunes, 15 de diciembre de 2014

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2014 DA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE FACENDA


Prazas correspondentes á oferta para o ingreso nas escalas de administración xeral e especial do ano 2014
1. Administración xeral                                                            Discapac. (7 %)
Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2)
– Escala técnica de finanzas                                      7                                 1
Corpo administrativo da Xunta de Galicia (subgrupo C1)
– Escala de subinspectores/as de consumo                3
2. Administración especial
Corpo facultativo superior da Xunta (subgrupo A1)
– Escala de biólogos/as                                             9                                2
– Escala de químicos/as                                            3
– Escala de enxeñeiros/as industriais                          4
– Escala de veterinarios/as                                        6                                1
Corpo facultativo de grao medio da Xunta (subgrupo A2)
– Escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais        7
Corpo axudantes facultativos (subgrupo C1)
– Escala de axentes facultativos ambientais               10
Total                                                                        49                               4
Total xeral                                                                53

miércoles, 10 de diciembre de 2014

PLAN I2C.-AXUDAS Á ETAPA PREDOUTORAL DO PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de novembro de 2014 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, e se procede á súa convocatoria.

Obxecto
Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C), e procede á súa convocatoria. O obxecto do Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos seus centros, nas seguintes modalidades:
– Modalidade A: Axudas de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral.
– Modalidade B: Axudas de carácter específico de apoio á etapa predoutoral no ámbito do Campus de Excelencia Internacional «Campus do Mar».
– Modalidade C: Axudas de carácter específico de apoio á etapa predoutoral no ámbito do Campus de Excelencia Internacional «Campus Vida».
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarias das axudas desta convocatoria as universidades do SUG que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato predoutoral de duración determinada e con dedicación a tempo completo, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á universidade onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as dúas partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda. A duración do contrato será dun ano, prorrogable ata un máximo de tres, logo do informe favorable da comisión académica do programa de doutoramento.
2. Poderán acceder a estas axudas as universidades do SUG que presenten como candidatas a ser destinatarias delas persoas que cumpran na data de peche da convocatoria os seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Non obstante, as persoas non comunitarias poderán ser candidatas á axuda aínda que para formalizar o contrato deberán contar cos permisos necesarios de permanencia no país. O número máximo de axudas que se concedan a cidadáns non comunitarios é o que se indica no artigo 3 desta orde para cada unha das diferentes modalidades.
b) Estar matriculadas nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do SUG para o curso 2014/15. No caso da modalidade B unicamente serán válidas as matrículas no Programa de doutoramento en Ciencia, Tecnoloxía e Xestión do Mar (Do*Mar). No caso da modalidade C só serán válidas as matrículas nun programa de doutoramento dos definidos polas universidades para o Campus Vida.
c) A data de finalización dos estudos para a obtención do título universitario de licenciado/a, graduado/a ou equivalente que deron acceso aos estudos de máster universitario debe ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2010. Enténdese como data de finalización dos estudos a de superación da última materia para os completar. Esta data poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2008 nos seguintes casos:
– Os/as licenciados/as ou graduados/as en Medicina, Farmacia, Bioloxía, Química ou Psicoloxía que na data de peche do prazo de presentación de solicitudes estean en posesión do título oficial de especialidade médica (MIR) ou farmacéutica (FIR) ou conten co certificado oficial de especialidade en Bioloxía (BIR), Química (QUIR) ou Psicoloxía (PIR).
– As persoas candidatas que acrediten fidedignamente que se atopaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de tres anos entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2009.
– As persoas candidatas que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 50 por cento.
No caso dos estudantes que accedan ao doutoramento cunha titulación oficial española dunha ordenación universitaria anterior ao Real decreto 1393/2007 (licenciado, graduado ou equivalente) e que teñan superado 300 ECTS, dos cales 60 ECTS do segundo ciclo sexan recoñecidos polas súas universidades como equivalentes á formación de máster universitario, segundo os acordos sobre recoñecemento da equivalencia das titulacións anteriores ao Real decreto 1393/2007 para os efectos do acceso aos estudos oficiais de doutoramento aprobados polas universidades do SUG, a data de finalización dos estudos deste título universitario de licenciado/a, graduado/a ou equivalente debe ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2012. Enténdese como data de finalización dos estudos a de superación da última materia para os completar. Esta data poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2010 nos seguintes casos:
- Os/as licenciados/as ou graduados/as en Medicina, Farmacia, Bioloxía, Química ou Psicoloxía que, na data de peche do prazo de presentación de solicitudes, estean en posesión do título oficial de especialidade médica (MIR) ou farmacéutica (FIR) ou conten co certificado oficial de especialidade en Bioloxía (BIR), Química (QUIR) ou Psicoloxía (PIR).
- As persoas candidatas que acrediten fidedignamente que se atopaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de tres anos entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2011.
- As persoas candidatas que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 50 por cento.
d) Contar no expediente académico da titulación con que se accede á presente convocatoria cunha nota media igual ou superior a 7. Para as titulacións de Enxeñaría e Arquitectura a media deberá ser igual ou superior a 6. Esta media calcularase segundo as indicacións do artigo 4.4.e).
3. Non se admitirán como candidatas a ser destinatarias destas axudas persoas que estean en posesión do título de doutor nin persoas que fosen seleccionadas ou contratadas noutras convocatorias de recursos humanos homologables (bolsas/contratos predoutorais ou equivalentes), agás as axudas predoutorais da propia universidade, ás cales terán que renunciar no caso de resultar seleccionadas.
Prazo de solicitude:  O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG e finalizará o día 16 de xaneiro de 2015.

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE AXUDA AO ALUGAMENTO DE VIVENDAS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto aprobar a bases polas que se rexerá na Comunidade Autónoma de Galicia a concesión das subvencións ao abeiro do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, establecidas no Real decreto 233/2013, do 5 de abril (en diante, Plan estatal 2013-2016).
2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) consonte o previsto no artigo 6.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As bases reguladoras terán a vixencia ata o 31 de decembro de 2016, data en que rematará o Plan estatal 2013-2016.
Requisitos que deberán cumprir as persoas beneficiarias
1. Poderán solicitar as subvencións aquí reguladas as persoas físicas, maiores de idade que posúan a nacionalidade española, ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso dos estranxeiros non comunitarios, deberán ter residencia legal en España.
2. Así mesmo, deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado, en calidade de persoa arrendataria, nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
b) Que a vivenda arrendada ou que se vai arrendar constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.
c) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia que teñan, ou vaian ter, o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de arrendamento, sexan en conxunto inferiores ao límite de ingresos establecido nas correspondentes convocatorias de axudas e nestas bases reguladoras.
d) Que a renda do contrato de arrendamento non supere a cantidade prevista nas correspondentes convocatorias de axudas, que en ningún caso poderá superar os 600 euros mensuais.
e) As persoas membros da unidade de convivencia deberán acreditar que se atopan ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non teñen pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, do Estado e da Seguridade Social.
3. Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante o algunha das que teña a súa residencia habitual e permanente na vivenda obxecto do contrato de arrendamento se atopen nalgunha das situacións indicadas no artigo 11.2 do Plan estatal 2013-2016. O cumprimento das citadas condicións acreditarase mediante a achega da documentación que, para tales efectos, se determine na resolución da convocatoria.
4. Non poderá obter a condición de persoa beneficiaria quen incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, nin a quen se lle revogase algunha axuda deste ou dos anteriores plans de vivenda por causa imputable á persoa solicitante.
Prazos de resolución
O prazo máximo establecido para resolver e notificar a concesión das subvencións será de tres meses, contados desde a data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Vencido o prazo máximo establecido sen que se dite e notifique a resolución, as persoas solicitantes poderán entender desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo.

martes, 9 de diciembre de 2014

MODIFICACIÓN SUBVENCIÓNS DA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR

AXUDAS PARA PARLIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos/as titulares de actividades gandeiras afectados/as polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2015.
Beneficiarios/as:
1. Poderanse acoller a estas axudas os/as propietarios/as do gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios/as das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que se produza algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou os/as propietarios/as de gando vacún leiteiro que teñan tres ou máis animais mortos por ataques de lobo nun mesmo ano ou máis de cinco nos tres últimos e nos casos en que se poida demostrar unha clara neglixencia na protección dos animais contra os ataques do lobo.
Ámbito temporal:Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015.
Prazo de presentación de solicitudes:Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:
a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2014 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de corenta e cinco (45) días naturais contados a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o ataque do xeito e no prazo previsto na Orde do 16 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2014.
b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de corenta e cinco (45) días naturais contados desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

viernes, 5 de diciembre de 2014

MODIFICACION.- SUBVENCIÓN PARA O MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO OCUPADOS POR DISCAPACITADOS

CONVOCATORIA PROBAS 2015 PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE DE CONDUTOR PROFESIONAL DE TRANSPORTE DE MERCADORIAS OU VIAXEIROS POR ESTRADA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Esta resolución dítase ao abeiro da base décima da Orde do 19 de novembro de 2009 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por medio da cal se habilita o titular da Dirección Xeral de Mobilidade para ditar as convocatorias e calendarios das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.
Realizaranse nove convocatorias, que se desenvolverán nos meses que a seguir se detallan, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E.
– As probas correspondentes a cada un dos indicados procesos terán lugar consonte o seguinte calendario:
– Primeira convocatoria: entre o 21 de xaneiro e o 4 de febreiro de 2015.
– Segunda convocatoria: entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2015.
– Terceira convocatoria: entre o 8 de abril e o 22 de abril de 2015.
– Cuarta convocatoria: entre o 20 de maio e o 3 de xuño de 2015.
– Quinta convocatoria: entre o 24 de xuño e o 8 de xullo de 2015.
– Sexta convocatoria: entre o 29 de xullo e o 12 de agosto de 2015.
– Sétima convocatoria: entre o 16 de setembro e o 30 de setembro de 2015.
– Oitava convocatoria: entre o 4 de novembro e o 18 de novembro de 2015.
– Novena convocatoria: entre o 9 de decembro e o 23 de decembro de 2015.
Os prazos para inscribirse ás probas previstas no punto anterior serán os seguintes:
– Primeira convocatoria, abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá do 24 de novembro de 2014 ata o 2 de xaneiro de 2015, ambos inclusive.
– Segunda convocatoria, abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá do día 3 de xaneiro de 2015 ao 6 de febreiro de 2015, ambos inclusive.
– Terceira convocatoria, abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá do día 7 de febreiro ao 20 de marzo de 2015, ambos inclusive.
– Cuarta convocatoria, abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá do día 21 de marzo ao 29 de abril de 2015, ambos inclusive.
– Quinta convocatoria, abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá do día 30 de abril ao 5 de xuño de 2015, ambos inclusive.
– Sexta convocatoria, abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá do día 6 de xuño ao 10 de xullo de 2015, ambos inclusive.
– Sétima convocatoria, abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá do día 11 de xullo ao 28 de agosto de 2015, ambos inclusive.
– Oitava convocatoria, abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá do día 29 de agosto ao 16 de outubro de 2015, ambos inclusive.
– Novena convocatoria, abrirase un prazo de presentación de solicitudes que comprenderá do día 17 de outubro ao 20 de novembro de 2015, ambos inclusive.

 Para inscribirse nas probas será necesario presentar, dentro do prazo previsto no punto anterior, unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I desta resolución, acompañada do impreso de autoliquidación de taxas polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 29 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso de non prestar o consentimento para que a Administración consulte telematicamente os seus datos de identidade e residencia, o aspirante deberá achegar tamén copia do DNI e, se for o caso, da documentación que acredite a súa residencia habitual en Galicia de conformidade co disposto na Orde do 19 de novembro de 2009.

jueves, 4 de diciembre de 2014

CONVOCATORIA PÚBLICA DO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Esta resolución ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 2.110 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:

– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 598 prazas.
– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 562 prazas.
– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.
– Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.
– Información xuvenil (SSC567_3): 50 prazas.
– Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 100 prazas.
– Transporte sanitario (SAN025_2): 200 prazas.

Procedemento nas cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

1. Para estas cualificacións profesionais o procedemento realizarase en dous períodos: o primeiro para aquelas persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria e o segundo para todas aquelas persoas que non estean nestas listas de espera e queiran inscribirse nesta nova convocatoria.
2. As persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Resolución do 6 de novembro de 2013; e que son un total de 398 persoas na cualificación profesional de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e de 362 persoas na cualificación profesional de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; de acordo co disposto no punto 1 da base décimo primeira da citada resolución:
▪ Non teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación.
▪ Só terán que formalizar o pagamento das taxas.
▪ A partir do día 15 do mes decembro de 2014, a través da páxina web da consellería, no seguinte enderezo web: http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional, indicarase o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento para cada persoa candidata.
Estas listas definitivas de persoas en lista de espera están dispoñibles para a súa consulta na páxina web da consellería, no seguinte enderezo web: http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional
3. Todas aquelas persoas que non estean nestas listas de espera e queiran inscribirse nesta nova convocatoria deberán cumprir os requisitos que se sinalan nas bases desta convocatoria. O prazo de inscrición para estas persoas será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia
Prazos de inscrición no procedemento

Prazos de inscrición no procedemento
O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2); atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2); servizos para o control de pragas (SEA028_2), xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3), socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2), socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2) e información xuvenil (SSC567_3) será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.