miércoles, 26 de febrero de 2020

CONVOCATORIA DISTINTAS LIÑAS DE SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN XESTIONADAS POLO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


VI422E Programas de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-21

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade 2020, con carácter plurianual, as subvencións dos seguintes programas (código de procedemento VI422E) previstos no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021):
a) Liña A, Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade, con especial atención á envolvente edificatoria.
b) Liña B, Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade.
2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta resolución:
a) As persoas físicas, xa sexan propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios.
b) As comunidades de persoas propietarias, así como as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As agrupacións de persoas propietarias.
d) As persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan a cambio do pagamento da renda.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará, en todo caso, no momento de se esgotar o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

VI426C Subvencións do Programa Rehaluga

Obxecto
Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio ás persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas nas cales se realizaron actuacións para a súa incorporación ao Programa de vivendas baleiras, no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

Persoas beneficiarias
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas e, pola súa vez, promotoras das actuacións subvencionables. Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Encontrarse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia no momento da concesión da subvención.
b) Non estar incursa nalgunha das circunstancias previstas nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará no momento de esgotamento do crédito orzamentario –que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS– e, en todo caso, o día 10 de novembro de 2020.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Obxecto
Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2020.

Beneficiarios
Alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que estea a cursar durante o curso 2019/20, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º da educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

Nº de prazas: 1.600.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento TR306A ).
Así mesmo, cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.

Competencias clave que se convocan
1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3 son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.
A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.

Requisitos de acceso á formación de certificados de profesionalidade
O artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 establece os requisitos para acceder á formación dos certificados de profesionalidade.
No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional.

PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Establécense as bases reguladoras polas cales se rexerá a realización de obradoiros culturais de especialización de carácter presencial dirixidos a persoal directivo e docente das entidades galegas no exterior.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para este programa as persoas responsables de impartir docencia naquelas entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e de conformidade co disposto no artigo 2 da resolución.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.


lunes, 24 de febrero de 2020

AXUDAS PARA A REDUCIÓN DO IMPACTO BREXIT NAS EMPRESAS GALEGAS CON INTERESE NO MERCADO DO REINO UNIDO

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar as empresas galegas mediante a realización de servizos de consultoría para a elaboración dun diagnóstico empresarial e/ou un plan de continxencia co fin de minorar os efectos do Brexit sobre as empresas galegas.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran algún dos seguintes requisitos:
a) Que Reino Unido sexa un dos seus 5 principais mercados intracomunitarios de exportación.
b) Que exportasen ao Reino Unido máis de 100.000 € nos tres últimos exercicios.
c) Que Reino Unido supoña un mínimo do 10 % da súa exportación intracomunitaria total.
Ademais deberán: a) estar constituídas como sociedade mercantil; b) ter algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia e c) estar ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de outubro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA O APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA AS PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS, E PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

PROBAS DE CONSTATACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL DE XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE PRO ESTRADA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE


Convocatoria.
Convócanse para o ano 2020 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución (procedementos IF312A e IF312B).

Calendario.
a) No ano 2020 realizarase unha convocatoria entre o 30 de marzo e o 30 de xuño.
b) As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para presentárense ás probas poderán presentarse á modalidade de xestor de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor de transporte para empresas de transporte de persoas viaxeiras por estrada, ou só a unha delas.

Requisitos das persoas aspirantes.
Para poder participar nas probas de xestor de transporte será preciso reunir os seguintes requisitos no momento de fin do prazo de presentación de solicitudes:
a) Ter residencia habitual en Galicia.
Para tal efecto, presumirase que a residencia habitual da persoa aspirante está no lugar en que figure o seu domicilio no documento nacional de identidade en vigor; só se admitirá que o domicilio sexa distinto ao que apareza no referido documento cando se dea algunha das seguintes circunstancias:
– Que a persoa aspirante acredite que tivo o seu domicilio en Galicia, cando menos, durante cento oitenta e cinco (185) días naturais do último ano, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes para concorrer aos exercicios.
– Que a persoa aspirante acredite que, sen cumprir o requisito do punto anterior, se viu obrigada por razóns familiares ou profesionais a cambiar a súa residencia en Galicia; non obstante, non se entenderá cumprida esta exixencia nin cando se trate de estadías temporais nunha localidade para a realización dunha actividade de duración determinada, nin cando se trate de supostos de asistencia a unha universidade, escola ou centro docente.
b) Xustificar estar previamente en posesión dalgún dos seguintes títulos de formación:
– Título de bacharel ou equivalente.
– Título de técnico, acreditativo de superar os ensinos dunha formación profesional de grao medio, sexa cal for a profesión a que se atope referido.
– Título de técnico superior, acreditativo de ter superado as ensinanzas dunha formación profesional de grao superior, sexa cal for a profesión a que se atope referido.
– Calquera título acreditativo de ter superado unhas ensinanzas universitarias de grao ou posgrao.

 Inscrición.
A presentación da solicitude de inscrición, a achega de documentación complementaria e máis o pagamento da taxa deberán realizarse de forma telemática, por aplicación do artigo 56 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, de acordo co establecido nos puntos seguintes. Seguirase, para o efecto, o procedemento dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código IF312A.

CORRECCIÓN DE ERROS.- NORMAS DE PESCA NAS AUGAS CONTINENTAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

PROGRAMA DE AXUDAS PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Estas axudas, que se conceden en réxime de concorrencia competitiva, teñen por obxecto proporcionarlles ás persoas beneficiarias citadas no punto anterior estadías de tempo libre, que se desenvolverán preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro, incluíndo servizos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias, que serán gratuítos para as persoas beneficiarias, cun máximo de 90 prazas. A súa finalidade é facilitarlles un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como modelo de convivencia.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias desta convocatoria as mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
a) Ter fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
b) Non convivir con parella afectiva.
c) Estar empadroadas e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
d) Que os ingresos brutos mensuais da solicitante non superen o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente, nos seis meses anteriores á data de presentación da solicitude.
e) Non padecer ela, nin as fillas/os menores e/ou menores en acollida que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.
2. Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/os menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, ambas incluídas, na data de presentación da solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

PROGRAMA CONECTA CON GALICIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
O obxecto da resolución é regular as axudas correspondentes ao programa Conecta con Galicia para o ano 2020, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias deste programa os mozos e as mozas que cumpran os requisitos sinalados no artigo 3 da resolución.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

viernes, 21 de febrero de 2020

MODIFICACIÓN.- AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

AXUDAS PARA A ATRACCIÓN E RETENCIÓN DE TALENTO INVESTIFADOR

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
A incorporación ás universidades do SUG, mediante a figura de persoal investigador distinguido do artigo 23 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, de persoal investigador posdoutoral que amose un relevante currículo investigador que permita reforzar e/ou iniciar novas liñas de investigación en áreas de coñecemento/liñas de investigación definidas nesta convocatoria de acordo coas declaracións de interese realizadas previamente polas propias universidades.
– Modalidade de atracción: destinada á atracción e incorporación aos centros de investigación do SUG con acreditación vixente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, agrupacións estratéxicas acreditadas pola Xunta de Galicia na modalidade A no ano 2018, unidades de excelencia María de Maeztu e centros de excelencia Severo Ochoa radicados en Galicia e con acreditación vixente, de persoal investigador de recoñecida traxectoria.
– Modalidade de retención: orientada á contratación e promoción de persoal investigador vinculado ás universidades do SUG, nos campus de especialización do SUG e/ou áreas de coñecemento fixadas previamente como estratéxicas polas universidades e definidas no anexo III desta convocatoria.

Beneficiarias
As universidades do SUG que presenten como candidatas persoas que cumpran na data de peche da convocatoria as condicións que se indican para cada tipo de axuda nos anexos I e II, segundo a modalidade a que opten, sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de persoal investigador distinguido de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.

Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Bolsas de formación que teñen como obxectivo unha formación práctica no campo da actividade comercial.

Persoas beneficiarias
Persoas que teñan unha titulación universitaria de licenciada/o ou de grao para que complementen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS EN MATERIA DE ECOINNOVACIÓN COMERCIAL E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2020

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Subvencións para a execución de proxectos ecoinnovadores no desenvolvemento da actividade comercial.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nos solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
1. Comerciantes retallistas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal do solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberán estar dados de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, terán ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para a inscrición no dito rexistro.
3. As asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
4. As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.
Para estes efectos, terán a consideración de centros comerciais abertos as agrupacións de establecementos comerciais definidas no artigo 24 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, que conten, en todo caso, cunha unidade de xestión profesionalizada e que teñan a condición de centro comercial aberto de acordo cos criterios establecidos no artigo 3.1.3 das bases reguladoras da Orde do 13 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CO300A) (DOG núm. 64, do 2 de abril de 2019).

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA A INNOVACIÓN, A DIXITALIZACIÓN E A IMPLANTACIÓN DE NOVAS FÓRMULAS DE COMERCIALIZACIÓN E EXPANSIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
A concesión de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e de expansión do sector comercial e artesán.

Persoas beneficiarias
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio; p. 36), empreguen menos de vinte (20) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable. Para as actuacións de expansión comercial previstas no artigo 4.3 e para as actuacións de participación ou posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up, previstas no artigo 4.4, comerciantes que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio; p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
No caso de actuacións de posta en marcha de expansión comercial previstas no artigo 4.3, deberán exercer a actividade comercial de forma ininterrompida nos últimos dous anos, contados a partir da data da fin do prazo de presentación de solicitudes.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata o último día do prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA REENCONTROS NA CASA PARA PERSOAS RESIDENTES NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Establecer as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa Reencontros na casa para o ano 2020, orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra e coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Persoas beneficiarias
As persoas emigrantes galegas que reúnan os requisitos establecidos nos números 1, 2 e 3 do artigo 2 da resolución da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

SUBVENCIÓNS PARA A CONSOLIDACIÓN DE UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN ALIÑADAS COS RETOS ESTRATÉXICOS E PRIORIDADES IDENTIFICADAS NA RIS3 PARA GALICIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a consolidación das unidades mixtas de investigación xurdidas ao abeiro das convocatorias de axudas de Gain dos anos 2016 e 2017.

O obxectivo das axudas convocadas é a consolidación, o fortalecemento e o mantemento da actividade investigadora e innovadora destas unidades mixtas de investigación, dando así continuidade e evolución ás expectativas, obxectivos e resultados das súas liñas de investigación e traballo co desenvolvemento de novas actividades e novos proxectos no marco destas.

Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2020 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN853B). As axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Beneficiarias
As agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que teñan constituída unha unidade mixta de investigación beneficiaria dunha axuda da Axencia Galega de Innovación, para a súa creación e posta en marcha, das convocatorias dos anos 2016 e 2017 e que non desfrutasen ou estean a desfrutar de axudas para a súa consolidación.

Estas unidades mixtas de investigación son as beneficiarias das axudas da Axencia Galega de Innovación concedidas polas resolucións do 23 de novembro de 2016 (DOG nº 237, do 14 de decembro) ou do 31 de outubro de 2017 (DOG nº 213, do 9 de novembro), coa excepción daquelas beneficiarias que renunciasen á axuda e as unidades que recibisen ou estean recibindo axudas de Gain para a súa consolidación.

Prazo de presentación de solicitudes
ntado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no DOG e, se é inhábil, o primeiro día hábil seguinte.

SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN E POSTA EN MARCHA DE UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN ALIÑADAS COS RETOS ESTRATÉXICOS E PRIORIDADES IDENTIFICADAS NA RIS3 PARA GALICIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.
Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse estas axudas para o ano 2020 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN853A), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) 651/2014.

Entidades beneficiarias
Agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa (excepcionalmente dúas), nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que teñan constituída unha unidade mixta de investigación para o desenvolvemento de forma conxunta e coordinada de actividades de I+D+i. Estas unidades mixtas deberán ter un orzamento mínimo elixible de 2 millóns de euros para o período 2020-2023.
No marco desta resolución consideraranse organismos de investigación:
– Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.
– As universidades do Sistema universitario galego.
– Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.
– Os centros en Galicia do Instituto Español de Oceanografía.
– As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.
– Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.
As empresas integrantes das unidades mixtas de investigación poderán ser pequenas, medianas e grandes, segundo as definicións do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE núm. 187, do 26 de xuño de 2014).

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no DOG e, se é inhábil, o primeiro día hábil seguinte.

SUBVENCIÓNS Á CREACIÓN ESCÉNICA

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da produción da actividade escénica, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

Persoas beneficiarias
Persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

miércoles, 19 de febrero de 2020

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXÍAS FORESTAIS, PROCESAMENTO, MOBILIZACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL
Obxecto
1. Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento, transformación e comercialización dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais), con excepción dos referidos no artigo 4.
2. Poderanse subvencionar investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) ou calquera outra figura análoga, e subvencionarase neste caso unicamente o importe correspondente á opción de compra. A opción de compra deberase realizar no prazo de execución do investimento.
 Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) do sector forestal radicadas en Galicia, en relación cos investimentos realizados en zonas rurais de acordo cos criterios de localización establecidos no ámbito territorial do PDR 2014-2020 e descritos no anexo XIII. Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) núm. 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
2. As entidades beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70 % do seu importe ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento.
3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria –modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda–).
b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.
c) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.
3. Así mesmo, os solicitantes con persoal contratado por conta allea nun número igual ou superior a tres traballadores deberán ter, polo menos na data de publicación da convocatoria, o 40 % do cadro de persoal da empresa con contratos por conta allea e tempo indefinido. Para as empresas de nova creación, entendendo como tales as creadas dentro dos 18 meses anteriores á data de publicación da convocatoria, bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 40 % de estabilidade laboral ao rematar o prazo concedido para xustificar o investimento. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, de ser o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione. O persoal en réxime de autónomos non computará para os efectos do cálculo das porcentaxes de estabilidade de emprego recollidas nesta resolución.
Para os efectos do cálculo das porcentaxes de estabilidade de emprego e de compromisos de creación de postos de traballo recollidas nesta resolución, o persoal contratado a tempo parcial computarase porcentualmente segundo o tempo que conste no contrato de traballo ou na vida laboral da empresa.
4. Non poderán acadar a condición de beneficiarios/as:
a) Aqueles solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) núm. 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
c) Aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN DAS EMPRESAS EN GALICIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de innovación que lles permitan o fortalecemento naquelas áreas que sexan relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa, e estean aliñados coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.
Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as devanditas axudas para o ano 2020 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN848D), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicitan a axuda.
2. Non poderán adquirir a condición de beneficiarias destas axudas:
a) As microempresas, pequenas e medianas empresas que xa resultaran beneficiarias do Programa InnovaPeme nas resolucións de concesión do ano 2017 (Resolución do 11 de novembro de 2017, DOG núm. 232) e do ano 2019 (Resolución do 29 de xullo de 2019, DOG núm. 153).
b) As microempresas, pequenas e medianas empresas incluídas nalgunha das seguintes rúbricas da Clasificación Nacional de Actividades Económicas-CNAE-2009:
Sección J: Información e comunicacións: quedan excluídas como beneficiarias as empresas das divisións 61: Telecomunicacións; 62: Programación, consultaría e outras actividades relacionadas coa informática; e 63: Servizos de información.
c) As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.
d) As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das Administracións públicas, así como aquelas pertencentes á administración institucional, calquera que sexa a Administración na que se integren.
e) Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia, que se teñan creado especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen a máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia, de acordo co establecido no artigo 3.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
f) As microempresas, pequenas e medianas empresas en crise conforme a definición contida no artigo 2.
g) As microempresas, pequenas e medianas empresas que están suxeitas a unha orden de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
h) As microempresas, pequenas e medianas empresas nas que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao día seguinte ao mesmo ordinal do día de publicación ata ás 13.00 horas. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderse que o prazo expira o derradeiro día do mes.

SUBVENCIÓNS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E CATÁSTROFES EN MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN E SOCIEDADES DE FOMENTO FORESTAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e as Sofor poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva.
2. De acordo co devandito obxecto, establécense dúas liñas de subvencións:
a) Liña I. Subvencións para o control selectivo de combustible (código de procedemento MR651A).
b) Liña II. Subvencións para a construción de puntos de auga (código de procedemento MR651B).
3. O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común e ás Sofor da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles montes veciñais en man común que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión ou transformación do dito consorcio.
No caso de montes veciñais en man común consorciados coa Xunta de Galicia, poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.
4. Estas axudas ampáranse nos artigos 21 e 24 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), que establecen as medidas de apoio á prevención e defensa contra os incendios forestais.
5. Estas axudas tramitaranse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades, e as sociedades de fomento forestal (en diante, Sofor), sempre que non incorran en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
2. Serán elixibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia, de acordo co establecido no número 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.
3. As actuacións localizaranse en zonas de risco alto ou medio de incendios, é dicir, que poderá abranguer todo o territorio de Galicia, conforme o disposto na Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.
4. No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.
5. Cando se trate de agrupacións sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.
6. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición establecido nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.
7. No caso da liña II, a porcentaxe de subvención deberá ser proporcional á superficie de cada comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) con respecto á superficie total da agrupación.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

martes, 18 de febrero de 2020

ORDE DO 12 DE FEBREIRO DE 2020 POLA QUE SE REGULA A APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2020 os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Beneficiarios
Os pagamentos directos indicados no título II e as axudas de desenvolvemento rural recollidas no capítulo III e na sección 3ª do capítulo IV do título III desta orde, só se concederán a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria. O requisito da actividade agraria tamén será exixible aos solicitantes das axudas de agroambiente e clima recollidas na sección 2ª do capítulo IV do título III.

Prazo de presentación da solicitude única
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2020, iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o 30 de abril, ambos incluídos.

AXUDAS DE COMPENSACIÓNS COMPLEMENTARIAS E AXUDAS PARA A REPOSICIÓN DOS ANIMAIS EN EXPLOTACIÓNS DE GANDO BOVINO, OVINO E CABRÚN, COMO CONSECUENCIA DO SACRIFICIO OBRIGATORIO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2020:
1. As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nas explotacións de gando bovino e gando ovino e cabrún, rexistradas en Galicia, con motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levados a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.

Esta orde regulará, dentro destas axudas do parágrafo 1, dous procedementos que se atopan na sede electrónica da Xunta de Galicia, e que se corresponden cos dous períodos de tempo nas axudas:

a) Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de baleiro. Código de procedemento MR553A.

b) Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de postautorización á reintrodución. Código de procedemento MR553B.

2. As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados, e os casos de morte/sacrificio deses animais como consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
En relación con este parágrafo 2, a orde regulará o procedemento de “Axudas á reposición de animais: xeral”, que se atopa recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia co código MR550A.

3. O procedemento de concesión das axudas recollidas nesta orde, de xeito excepcional, non requirirá a comparación nin a prelación das solicitudes presentadas, senón que se tramitarán todas as solicitudes a medida que as persoas interesadas as presenten, ata esgotar o crédito orzamentario, e en cumprimento do artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.

2. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas ou entidades titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

3. As persoas ou entidades solicitantes das axudas establecidas nesta orde, para seren beneficiarias delas, deberán ter a condición de pemes, de acordo co disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

4. En cumprimento do artigo 1.6.b).ii) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, as pemes beneficiarias do presente réxime de axudas non terán a consideración de empresas en crise, segundo a definición destas establecida no artigo 2.14 deste regulamento, agás que a empresa se convertese nunha empresa en crise por mor dos danos ou perdas causados polas enfermidades animais recollidas na lista da Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) ou nos anexos I e II do Regulamento (UE) nº 652/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio.

5. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades:

a) Que se atopen en calquera das circunstancias sinaladas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, puntos 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo, será de obrigado cumprimento a apreciación recollida no artigo 14 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, despois dunha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, e en cumprimento do artigo 1.5.a) do Regulamento (UE) núm. 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación complementaria, será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de novembro de 2020.

AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO PARA OS ANOS 2020, 2021, 2020 E 2023

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade (código de procedemento BS403C).

Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa niño as persoas físicas que se establezan como empresarias autónomas e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión, ou contar cando menos cunha persoa socia que o estea no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a continuación, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguintes:
1º. Técnico/a superior en Educación Infantil.
2º. Grao en Mestre/a de Educación Infantil/Educación Primaria.
3º. Grao en Pedagoxía, Psicoloxía ou Educación Social.
4º. Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
5º. Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís, ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.
b) Residir nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou facelo con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.
c) Contar cun inmoble nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.
d) Dispoñer dun plan de actuación cos nenos/as para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa niño.
e) Acreditar unha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado esta revisión médica deberá estar referida á/s persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto piloto.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE ARQUIVOS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto
As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. Os bolseiros serán tutelados, coordinados e dirixidos polos servizos técnicos de arquivos.
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Beneficiarios
1. Licenciados universitarios ou titulación equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na cal predomine a formación en historia e/ou arquivística.
2. Acreditación de dominio da lingua galega no nivel de iniciación mediante título oficial ou certificado Celga 3.
3. Non terse beneficiado anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos doce (12) meses nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral de Políticas Culturais, logo de iniciado o período de vixencia.
4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos.

PROGRAMA DO BONO NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono nova oportunidade das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia na súa convocatoria para o ano 2020.

Persoas beneficiarias
Serán persoas beneficiarias das axudas deste programa as persoas que se dean de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional no período do 1 de xaneiro de 2020 ao 30 de setembro de 2020 e cesaran con anterioridade na súa actividade causando baixa na seguridade social ou na mutualidade correspondente e no imposto de actividades económicas (IAE) por causas económicas e que cumpran os seguintes requisitos na data da solicitude ou data de inicio de actividade segundo o modelo 036 ou 037 para as persoas que xa se deran de alta antes da solicitude:
a) Que o cese da actividade se producira con seis meses de antelación polo menos.
b) Que teña cotizado anteriormente a esta nova alta ininterrompidamente polo menos durante 6 meses durante a súa vida laboral no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
c) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego. Carecer de ocupación efectiva e non ter contrato laboral en vigor segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.
d) Darse de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.
e) Realizar unha formación de mínimo 70 horas sobre formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique, que estea finalizada no prazo de 3 meses antes da alta e ata o 31 de outubro de 2020.
f) Que as persoas desempregadas teñan o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolvan a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2020.

lunes, 17 de febrero de 2020

CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NIVEL BÁSICO

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA


Requisitos do persoal participante
Poderán participar nesta actividade formativa: os empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de febreiro de 2020.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web co plugin de flash.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Criterios de selección
1. Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas no curso solicitado por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas, tendo prioridade aquelas persoas que posúan a condición de delegado/a de prevención, traballador/a designado/a e/ou empresario/a que asuma as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a documentación que o acredite issga.cursoprl@xunta.gal dentro do prazo de presentación de solicitudes).
2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de participantes asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.