viernes, 28 de marzo de 2014

MODIFICACIÓN.- AXUDAS DE APOIO ÁS INICIATIVAS ABERTAS DE DIFUSIÓN

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTO TECNOLÓXICO DAS PEMES NO SECTOR SERVIZOS

AXUDAS DESTINADAS A ACCIÓNS DE FOMENTO DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións por que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais en Galicia, correspondentes ao exercicio de 2014, xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.
2. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.
Entidades beneficiarias
1. As entidades beneficiarias das axudas recollidas nesta orde de convocatoria serán:
Na liña 1, programas de formación intersectorial en materia de prevención de riscos laborais de ámbito galego:
• As asociacións patronais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, que recollan expresamente nos seus fins o fomento da prevención de riscos laborais e as organizacións sindicais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de carácter intersectorial en ambos os casos.
Na liña 2, outras accións de fomento da prevención de riscos laborais:
• Fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguranza e saúde laboral, nadas da negociación colectiva ou de acordos sectoriais, con sede e actividade en Galicia.
• Organizacións sindicais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de carácter sectorial como intersectorial.
• Asociacións empresariais de ámbito galego, provincial ou autonómico, sectoriais ou intersectoriais, constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, que recollan expresamente nos seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.
• Asociacións profesionais de traballadores e traballadoras autónomas rexistradas segundo o establecido no Decreto 406/2009, do 22 de outubro, que recollan expresamente nos seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.
2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas:
• Aquelas entidades en que concorra algunha das circunstancias a que se refire o artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
• As administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
Prazo de solicitude: ata o 28 de abril de 2014.

martes, 25 de marzo de 2014

SUBVENCIÓN PARA GARANTIR O ACCESO A INTERNET DE BANDA LARGA VÍA SATÉLITE

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL


Obxecto: A presente resolución ten por obxecto:
a) Convocar para o ano 2014, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para garantir o acceso á internet de banda larga a través de tecnoloxía satélite bidireccional no medio rural, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, de acordo coas bases reguladoras establecidas mediante Resolución do 29 de abril de 2013 (DOG nº 89, do 10 de maio. Corrección de erros, DOG nº 95, do 21 de maio).
b) Aprobar os formularios para xestionar esta convocatoria, que se xuntan a esta resolución como anexo I, para solicitantes de axuda, e como anexos II e III para entidades colaboradoras.
Beneficiarios.
1º. As actuacións deberán levarse a cabo no territorio de Galicia, exceptuando as zonas incluídas nos perímetros urbanos definidos como tales no planeamento urbanístico vixente das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.
2º. Os beneficiarios (persoas físicas ou pemes) deberán, ademais, reunir as seguintes condicións:
– Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Non dispoñer de cobertura de banda larga de calidade de, polo menos, 2Mbps en sentido rede-usuario mediante outra tecnoloxía.
– Solicitar a axuda para a instalación da nova conexión no enderezo de residencia ou, no caso dunha empresa, domicilio fiscal.
– Manter o novo contrato de conexión á internet por un período mínimo de doce meses, contado desde a data de alta no servizo.
– Non ter sido beneficiario doutra subvención para o mesmo obxecto.
– Tramitar a solicitude exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que sexan seleccionadas por Agader en procedemento público e aberto.
3º. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que efectúe o órgano xestor.
4º. Igualmente, non poderán ser beneficiarias das axudas as empresas exceptuadas do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/3013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e mais do Regulamento (UE) nº 1408/3013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da agricultura.
Entidades colaboradoras.
1º. Poderán obter a condición de entidades colaboradoras, nos termos previstos no artigo 9 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, as empresas privadas con personalidade xurídica propia, validamente constituídas e empresarios individuais. En ambos os casos, deben ter a condición de operadores de telecomunicacións, que oferten servizos da internet na Comunidade Autónoma de Galicia coas características técnicas especificadas no artigo 4 das bases reguladoras (Resolución do 29 de abril de 2013. DOG nº 89, do 10 de maio. Corrección de erros, DOG nº 95, do 21 de maio), e acreditar os seguintes requisitos:
1. Identificación da situación censual de alta da entidade colaboradora nunha epígrafe do imposto de actividades económicas relacionada co desenvolvemento do tipo de actividades recollidas nesta resolución.
2. Ser operador de telecomunicacións e estar dado de alta no rexistro público de operadores da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT).
3. Ofrecer servizos de conexión á internet de banda larga a través de satélite ao público en xeral.
4. Existencia de sede e/ou puntos de venda ao público na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se poidan desenvolver as actividades recollidas neste réxime de axudas.
5. Dispoñibilidade e emprego de certificado electrónico de usuario así como de sinatura electrónica avanzada por parte do representante legal da entidade e por parte do interlocutor único que designe a entidade colaboradora.
2º. Non poderán obter a condición de entidades colaboradoras aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Esta circunstancia acreditarase mediante a oportuna declaración responsable contida no anexo II.
Prazo para presentar as solicitudes e a documentación xustificativa.
a) As empresas colaboradoras seleccionadas ao abeiro da Resolución do 29 de abril de 2013 (DOG nº 89, do 10 de maio) e recollidas nas resolucións do 16 de xullo e do 13 de setembro de 2013 (DOG nº 140, do 24 de xullo, e DOG nº 185, do 27 de setembro) continúan tendo a calidade de entidades colaboradoras, segundo o convenio subscrito con cada unha delas, e o prazo de presentación de solicitudes a través delas comezará ao día seguinte da entrada en vigor da presente convocatoria.
b) O prazo inicial para que novas entidades presenten as solicitudes para a obtención da calidade de entidades colaboradoras é dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, sen prexuízo do disposto no artigo 7.b) das bases reguladoras recollidas no anexo II da Resolución do 29 de abril de 2013 (DOG nº 89, do 10 de maio).
O prazo para presentar as solicitudes de axuda a través destas novas entidades colaboradoras comezará o día seguinte ao da publicación no DOG da relación de entidades colaboradoras adheridas.
c) O prazo de presentación de solicitudes de axuda a través das entidades colaboradoras remata o 30 de agosto de 2014.
d) O prazo para que as entidades colaboradoras presenten a documentación xustificativa dos gastos subvencionados remata o 31 de outubro de 2014.



lunes, 24 de marzo de 2014

BOLSA DE XESTIÓN DOCUMENTAL EN CONTORNAS DIXITAIS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA


Obxecto: Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa de xestión documental en contornas dixitais para a realización na EGAP de estudos e prácticas nesta materia.
A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Requisitos dos/das solicitantes: Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan o seguinte requisito no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
– Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e acreditadas algunha das seguintes titulacións universitarias: diplomatura en biblioteconomía e documentación ou licenciatura en documentación.
Prazo de solicitude: ata o 24 de abril de 2014.

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS A ESTABLECEMENTOS DE TURISMO RURAL, CAFETARÍAS, BARES, RESTAURANTES, ETC.

AXENCIA TURISMO DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 4 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, TP 5.57.2, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

jueves, 20 de marzo de 2014

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓN A AXENCIAS DE VIAXE PARA PROMOCIÓN DO DESTINO GALICIA

SUBVENCIÓNS ÁS ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS PARA ACTIVIDADES DE INTERESE AGRARIO E SE PROCEDE A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2014

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

ORDE do 10 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias para actividades de interese agrario e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Obxecto e finalidade
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto establecer a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, da Consellería do Medio Rural e do Mar con cargo aos seus orzamentos, ás organizacións profesionais agrarias para actividades de interese agrario.
2. A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.
Entidades beneficiarias
Serán beneficiarias as organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia e nas cales concorran as circunstancias previstas nesta orde, e non incorran nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 21 de abril de 2013.




martes, 18 de marzo de 2014

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA PROMOVIDOS POR MICROEMPRESAS PARA O USO DAS TIC

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL


Obxecto
1. Convocar para o ano 2014, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións para o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións promovidas por microempresas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.
2. Manter a vixencia para a presente convocatoria das bases reguladoras aprobadas mediante a Resolución do 22 de abril de 2013 (DOG nº 87, do 7 de maio).
3. Aprobar os formularios para xestionar esta convocatoria, que se xuntan a esta resolución como anexo.
Requisitos para solicitar a subvención
Todos os proxectos subvencionables deberán cumprir os requisitos seguintes:
a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda.
b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia exceptuando as zonas incluídas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.
c) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os que se lle concedeu a axuda.
d) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
e) Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.
f) Que o promotor do proxecto non teña sido sancionado pola Consellería do Medio Rural e do Mar pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate de presentación das solicitudes.
 Prazo para presentar as solicitudes e a documentación xustificativa
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para a xustificación dos gastos será o 30 de agosto de 2014.

viernes, 14 de marzo de 2014

CONVOCATORIA DE PROBAS DE AVALIACION DE COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave. Así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.
Competencias clave que se convocan
Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
Competencia matemática.
Así mesmo, no anexo IV desta resolución especifícanse as competencias clave requiridas para acceder aos certificados de profesionalidade por familias profesionais.
Prazo de solicitude: ata o 10 e abril de 2014.

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE OBRADOIROS EN COLABORACIÓN COAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto: Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e as entidades galegas no exterior para á realización de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega, dirixidos aos seus socios galegos e aos seus descendentes, así como a aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia ou que participen nas actividades da asociación.
 Así mesmo, por medio desta resolución, procédese á convocatoria deste programa no ano 2014.
 Entidades beneficiarias: Poderán solicitar a organización destes obradoiros as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de pór en común os medios e recursos dispoñibles.
Os obradoiros de folclore están dirixidos ás entidades que teñan grupos ou escolas de folclore constituídas da modalidade solicitada.
Os obradoiros artesanais están dirixidos ás entidades que teñan un taller no cal un grupo de persoas se dedique a desenvolver esas actividades.
Os obradoiros de cociña e os seminarios de cultura galega están dirixidos a entidades que conten con instalacións e equipamentos axeitados para o seu desenvolvemento e teñan entre os seus obxectivos a promoción e difusión dos costumes e cultura de Galicia.
Prazo de solicitude: ata 14 de abril de 2014.

AXUDAS A EMPRESAS XORNALÍSTICAS E DE RADIODIFUSIÓN

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto e réxime das subvencións
1. As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto establecer subvencións ás empresas xornalísticas e de radiodifusión que, estando debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda segundo a forma empresarial que adopten, realicen a súa actividade informativa orientada a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
Prazo de solicitude: ata o 14 de abril de 2014

SUBVENCIÓNS A AXENCIAS DE VIAXE PARA PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA DO DESTINO GALICIA

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


 Convocatoria e bases reguladoras.
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, para a concesión das subvencións da Axencia Turismo de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, a axencias de viaxe para o desenvolvemento das actividades de promoción e comercialización turística do destino Galicia que se especifican nas citadas bases, así como a súa convocatoria para o ano 2014.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao Regulamento (CE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro).
Estas axudas axústanse ao obxecto establecido no eixe 5: Desenvolvemento sustentable local e urbano, tema prioritario 57: Axudas á mellora dos servizos turísticos, coordinación e promoción do turismo, e á actuación 2: Actuacións do fomento do turismo, dentro do programa operativo de Galicia Feder 2007-2013.
Prazo de solicitude: ata o 14 de abril de 2014.

SUBVENCIÓNS A ESTABLECEMENTOS DE TURISMO RURAL, HOTELEIROS, CAFETARIAS, BARES, RESTAURANTES, E OUTROS.

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto e réxime das subvencións
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
2. Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística (procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE), correspondentes ao ano 2014 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2014.
3. Os conceptos obxecto desta axuda son aqueles procedentes de colaboracións externas e servizos asociados aos procesos de certificación cuxos custos sexan soportados directamente polos establecementos
4. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias e os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
5. Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 18.000,00 euros no suposto de prestación de servizos por empresas de auditoría acreditadas polo ICTE, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
Cando a oferta elixida non recaia na proposta económica máis vantaxosa, presentarase tamén unha memoria xustificativa da elección realizada.
6. Poderá subcontratarse a actividade obxecto da subvención nun 100 %, de conformidade co previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 14 de abril de 2014.

SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES SUPERIOR AO MUNICIPAL OU FEDERACIÓNS PARA REVITALIZACIÓN DO COMERCIO DE PROXIMIDADE

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Convocatoria e bases reguladoras
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria destinadas ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro, de ámbito superior ao municipal ou federacións, para levar a cabo actuacións para a revitalización do comercio de proximidade e incentivación da demanda comercial.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2014.
Prazo de solicitude: ata o 14 de abril de 2014.

miércoles, 12 de marzo de 2014

MODIFICACIÓN.- AXUDAS AOS PROXECTOS DE CREACIÓN DE PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS OU DE REALIZACIÓN DE INVESTIMENTOS EN PEMES NOVAS.

BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE ARQUIVOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto e finalidade
1. Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria correspondente ao programa 2014 de bolsas de formación en arquivos de Galicia.
2. As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos a que sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.
3. As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
4. A formación comprenderá unha parte teórica impartida polo persoal técnico designado pola Secretaría Xeral de Cultura.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas bolsas os solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na que predomine a formación en Historia e/ou Arquivística.
2. Ter acreditado dominio da lingua galega a nivel iniciación mediante título oficial.
3. Non ter gozado con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria de bolsas de ningunha bolsa das convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a organización e descrición de arquivos galegos.
4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego.
Prazo de solicitude: ata o 12 de abril de 2014.

martes, 11 de marzo de 2014

BANDO


CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto.
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2014.
Destinatarios.
As persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2014, nacionais ou estranxeiras.
Datas de realización das probas.
Celga 4: 14 de xuño de 2014.
Celga 2: 15 de xuño de 2014.
Celga 3: 21 de xuño de 2014.
Celga 1: 22 de xuño de 2014.
Se o número de aspirantes non permite rematar as probas orais no día sinalado nesta resolución, a comisión de avaliación continuará con elas no día seguinte.
Lugares onde se van realizar as probas e niveis.
Probas Celga Nivel
Galicia Santiago de Compostela Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4
A Coruña ------- Celga 2 Celga 3 Celga 4
Lugo ------- Celga 2 Celga 3 Celga 4
Ourense ------- Celga 2 Celga 3 Celga 4
Vigo ------- Celga 2 Celga 3 Celga 4
España Barcelona Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4
Madrid Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4
Ponferrada Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4
Prazo de solicitude: O prazo para presentar as solicitudes e aboar a taxa que se indica na convocatoria será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 11 de abril de 2014 (inclusive). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.


AXUDAS PARA O LIBRO GALEGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto: Convócanse axudas á produción editorial para apoiar o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.
O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Co fin de cumprir co principio de concorrencia sinalado, as solicitudes serán examinadas por unha comisión de avaliación que se axustará aos preceptos contidos no título II, capítulo II, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As axudas establecidas nesta orde para apoiar o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, quedan suxeitas ao Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).
Requisitos das entidades solicitantes: Poderán optar a estas axudas todas aquelas entidades que acrediten a súa condición de editoras, de acordo co establecido no artigo 4.b) desta orde.
En todo caso estarán suxeitas as limitacións que establece o punto seguinte deste artigo.
Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se encontren nos supostos previstos nos puntos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude:ata o 11 de abril de 2014.

lunes, 10 de marzo de 2014

CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto e ámbito de aplicación: Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2014.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Requisitos das persoas participantes:Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
Datas e lugares de inscrición: A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2013/14. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
Realización da proba:  As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 4 de xuño de 2014 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Requisitos das persoas participantes: Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e estean nalgunha das seguintes situacións:
a) Ter dezanove anos ou facelos no ano natural de realización da proba.
b) Facer ou ter feitos os dezaoito anos no ano natural de realización da proba, e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que se opta, consonte o que se establece no anexo VII.
Datas e lugares de inscrición: A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2013/14 (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro). O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos.
Realización da proba: A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 39.3 do Decreto 114/2010. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 7 de maio de 2014 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 10.15 ás 13.30 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).
– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII desta resolución).
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

SUBVENCIÓNS AOS TITULARES DE AUTORIZACIÓNS DE TRANSPORTE DA SERIE VT-N

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Obxecto
1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza, de transparencia na información e facilidade no cobramento, e de localización da frota nos seus vehículos.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2014.
3. En concreto, consideraranse gastos subvencionables os seguintes:
a) Sistema GPS debidamente instalado no taxi, o cal debe permitir que, ante unha situación de emerxencia en que perigue a integridade física do taxista, este poida activar un sinal que se reciba no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia. Debe tratarse, por tanto, de equipamentos que estean homologados no dito centro.
b) Taxímetro con impresora e TPV para o cobramento con tarxetas compatible cun sistema GPS que debe estar homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.
c) Sistema de control de frotas con elementos de xestión, localización e control por satélite que estean conectados a un centro de control a través da tecnoloxía GPS.
4. En todo caso, a adquisición efectiva e pagamento dos sistemas para os que se solicita a axuda deberá realizarse no ano 2014.
5. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Prazo de solicitude: ata o 10 de abril de 2014.

viernes, 7 de marzo de 2014

PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL E PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria das axudas e subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social e apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación deste tipo de empresas a través dos seguintes programas:
Programa I-Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
Programa II-Fomento do acceso á condición de persoa socia traballadora.
Programa III-Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.
Programa IV-Promoción das cooperativas xuvenís.
Programa V-Intercooperación e integración cooperativa.
Persoas e entidades beneficiarias: Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde:
a) As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I de Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
b) As persoas desempregadas, as demandantes de mellora de emprego, así como as persoas asalariadas das cooperativas e sociedades laborais, nos termos e para as axudas previstas no programa II de Fomento do acceso á condición de persoa socia traballadora.
c) As cooperativas e sociedades laborais de nova creación ou que acometan novos proxectos nos termos e para as actuacións previstas no programa III de Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica, así como as persoas e empresas privadas que presten os servizos de asesoramento e acompañamento nos termos previstos no punto 3.2.1 da base terceira.
d) As cooperativas xuvenís para as actuacións e nos termos previstos no programa IV de promoción deste tipo de entidades.
e) As cooperativas e sociedades laborais que participen conxuntamente en proxectos de integración ou colaboración empresarial, nos termos e para as actuacións previstas no programa V de intercooperación e integración cooperativa.
Prazo de solicitude: O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda non será inferior a un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e respectaranse, de ser o caso, os prazos específicos previstos para cada tipo de axuda, no anexo I das bases.

AXUDAS A UNIVERSITARIOS PARA COÑECER OUTROS IDIOMAS DURANTE O VERÁN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA



Obxecto: Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, 113 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2014, co obxecto de coñecer a lingua dese país, dirixidas ao alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia, para o curso 2013/14.
Requisitos dos/das solicitantes
1. Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as universitarios/as que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado/a no curso 2013/14, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, e ter superado no momento da presentación da solicitude 60 créditos na titulación que está a realizar.
b) Ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnos/as das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos/as da rama de Enxeñaría e Arquitectura. A nota media será calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as universidades galegas.
c) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
2. Quedan excluídos/as desta convocatoria:
a) Os/as alumnos/as que xa resultasen beneficiarios/as desta axuda en anteriores convocatorias.
b) Os/as alumnos/as que durante o curso 2013/14 sexan adxudicatarios/as dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus, sempre e cando a estadía que pretendan realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o devandito programa.
Prazo de solicitude: ata o 7 de abril de 2014.

AXUDAS PARA A FORMACIÓN DO TRANSPORTE POR ESTRADA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá o outorgamento de subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia, ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, que se inclúen como anexo I.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2014.
3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Prazo de solicitude: ata o 7 de abril de 2014.

jueves, 6 de marzo de 2014

AXUDAS ÁS ENTIDADES RECOÑECIDAS COMO AGRUPACIÓNS DE DEFENSA SANITARIA GANDEIRA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR



Obxecto
A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras para a realización das actuacións sanitarias establecidas no anexo IV da presente orde, e efectuar a convocatoria para as anualidades 2014 e 2015 de conformidade co establecido no Real decreto 784/2009.
Finalidade das axudas
1. A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais.
2. Os programas de planificación zoosanitaria comezarán o 1 de marzo de 2014 e rematarán o 28 de febreiro de 2015, e deberán incluír como mínimo os programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo IV.
3. De conformidade coa normativa reguladora, as axudas que se establecen son compatibles co mercado común e están exentas da obriga de notificación.
Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na presente orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento durante todo o período de execución da axuda.
Quedan excluídas da condición de beneficiarios as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.
b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá como mínimo o Programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo IV da presente orde.
c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade, e que as ditas explotacións teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).
d) Estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como cumprir o resto dos requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación: ata o 7 de marzo de 2014.