viernes, 29 de septiembre de 2017

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA PROMOCIÓN DE ACTUACIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS E INCLUSIÓN SOCIAL

SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Finalidade
Establecer as bases reguladoras e convocar as axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento BS623D).
Estas axudas destinaranse a realizar actividades de interese xeral que obtivesen financiamento estatal con cargo á asignación tributaria do IRPF na convocatoria do ano 2016 no marco dos seguintes programas:
a) Programas para a atención ás persoas con necesidades de atención integral sociosanitaria.
b) Programas para a atención ás persoas con necesidades educativas ou de inserción laboral.
c) Programas para o fomento da seguridade cidadá e a prevención da delincuencia.
O contido dos programas citados axustarase ao previsto na relación que se xunta como anexo I da orde de convocatoria.
Entidades beneficiarias
Entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas, polo menos con dous anos de antelación á data da convocatoria e, cando proceda, debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico ou estatal. Este último requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes establecido no artigo 8.2.
b) Carecer de ánimo de lucro.
c) Ter entre os seus fins institucionais recollidos nos seus estatutos a realización das actividades consideradas subvencionables de acordo co establecido no artigo 4.
d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e por reintegro de subvencións, impostas polas disposicións vixentes.
e) Ter obtido axuda con cargo á asignación tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas na convocatoria do ano 2016 para o desenvolvemento dos programas obxecto de subvención de maneira real e efectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. No suposto de que a axuda para o desenvolvemento do/s programa/s fose obtida por unha estrutura de ámbito nacional e forme parte dela unha análoga de ámbito autonómico, só poderá obter a condición de beneficiaria esta última.
Dentro dos límites da lexislación autonómica, tamén poderán ser beneficiarias destas subvencións as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica. Estas agrupacións deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención que se deberá aplicar a cada un deles. Así mesmo, deberán nomear unha persoa en representación con poderes suficientes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
No caso de que algunha destas entidades sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo varias entidades, poderá propor de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓN PARA FINANCIAMENTO DAS BOLSAS ÁS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL QUE REALIZAN PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas das persoas novas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que realizan prácticas non laborais nestas empresas (procedemento TR363A).
As subvencións previstas nesta orde tramitaranse de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con persoas novas para a realización de prácticas non laborais.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

miércoles, 27 de septiembre de 2017

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAIS E PEZAS DE MOBILIARIO DE COCIÑA E BAÑO (REFORMA17)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto incrementar e incentivar a demanda interna de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño en Galicia, e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais e comerciais galegos.
O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/reforma17 a relación actualizada en todo momento dos establecementos de venda adheridos ao programa.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, maiores de idade, consumidores individuais, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os bens subvencionables descritos no artigo 3 das bases reguladoras se adquiran nunha entidade colaboradora adherida ao programa Reforma17 e se destinen ao dito inmoble.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará aos 10 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 17 de novembro de 2017, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

martes, 26 de septiembre de 2017

SUBVENCIÓNS PARA CONTRATAR AXENTES DE EMPREGO E UNIDADES DE APOIO POR ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais, a través da concesión de axudas e subvencións para a contratación ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2016 de axentes de emprego e unidades de apoio (procedemento TR352B), que colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego no ámbito das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.
Entidades beneficiarias
Entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais que establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción, preferentemente, das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

lunes, 25 de septiembre de 2017

AXUDAS DO PLAN FOEXGA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
1. Aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape para o desenvolvemento e execución do Plan de fomento das exportacións galegas (en diante, Plan Foexga), coa finalidade de incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas (procedemento IG422B), así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión (procedemento IG422A).
2. O obxectivo principal do Plan Foexga é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.
3. As actuacións que engloban o Plan Foexga están dirixidas a:
a) Aumentar a base de empresas exportadoras.
b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.
Entidades beneficiarias
As empresas que cumpran os seguintes requisitos:
Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.
Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.
As beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser consideradas empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
Que cumpran a normativa de axudas de minimis segundo o previsto no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28.6.2014) e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).
Que estean ao día dos pagamentos que deben ás cámaras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza aos 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2017, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO E INCREMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Artigo único. Modificación da Orde do 19 de xullo de 2017, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017
A Orde do 19 de xullo de 2017, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, queda modificada como segue:
O punto 3 do artigo 7 queda redactado do seguinte modo:
«3. O prazo para a presentación das solicitudes das axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde rematará o 30 de setembro de 2017».
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 21 de septiembre de 2017

PREMIOS COOPERA GALICIA 2017

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA



Obxecto
Estas bases teñen por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria dos premios Coopera Galicia para o ano 2017, instituídos para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública de proxectos de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os traballos consistirán en proxectos, incluso proxectos piloto, para a mellora dos sistemas xa implantados ou para o desenvolvemento de novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos.
Para os efectos desta orde, terán a consideración de servizo os derivados da xestión das competencias municipais recollidas no artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Entidades beneficiarias
Poderán optar a estes premios as agrupacións de concellos de Galicia, as mancomunidades de concellos de Galicia, os consorcios locais galegos e as áreas metropolitanas, se as houber, que presenten un proxecto, incluso piloto, de xestión compartida de servizos para a mellora dos sistemas xa implantados ou para o desenvolvemento de novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos.
Para os efectos desta orde, considérase agrupación de concellos unha candidatura subscrita por dous ou máis concellos.
Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais adscritos ou dos cales forma parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último.

lunes, 18 de septiembre de 2017

PROBAS DE CAPACITACIÓN PARA O ADESTRAMENTO DE CANS PARA GARDA E DEFENSA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO


Obxecto das probas e modalidades
1. As probas que deben superarse para a obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento administrativo: MT420B) rexeranse pola bases contidas neste anexo.
2. As probas para obter o certificado de capacitación consitirán na realización dun exercicio teórico escrito e dun exame práctico con cans.
Requisitos das persoas aspirantes
En consonancia co disposto no artigo 14.2 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deben reunir no momento da presentación da solicitude, os seguintes requisitos:
a) Ser maiores de idade.
b) Non estar incapacitadas física nin psiquicamente.
c) Ausencia de antecedentes penais por delictos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade, ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico.
d) Ausencia de sancións por infraccións en materia de protección animal ou en materia de tenza de animais potencialmente perigosos.
e) Antecedentes e experiencia acreditada durante un mínimo de 5 anos no adestramento de cans.
Solicitudes e prazo de presentación
1. As solicitudes para a realización das probas para a obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia axustarase ao modelo normalizado que se recolle como anexo III desta resolución, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código MT420B.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. A solicitude inclúe a declaración da persoa solicitante de que todos os datos contidos nela e os documentos que achegan son certos.
4. O prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

viernes, 15 de septiembre de 2017

MODIFICACIÓN.- AXUDAS Á ACTUACIÓNS EN MATERIA DE ARQUIVOS

AXUDAS A DESEMPREGADOS PARA A MATRÍCULA NUN MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Persoas beneficiarias
Persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas no curso 2017/18 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

miércoles, 13 de septiembre de 2017

MODIFICACIÓN AXUDAS APOIO INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA OS AGRIGULTORES MOZOS E PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

MODIFICACIÓN DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE POR ESTRADAS

AMPLIACIÓN DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO PROGRAMA DE BOLSAS FORMATIVAS REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE MELLORA DAS PEMES

viernes, 8 de septiembre de 2017

CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN E RENOVACIÓN HABILITACIÓN DO PERSOAL DE CONTROL DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
O obxecto desta orde é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.
As probas rexeranse polo establecido nesta orde e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).
Os códigos dos procedementos regulados son PR471A e PR472A.
Lugar e prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medio electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.


Obxecto
O obxecto desta orde é a aprobación das bases xerais e convocatoria das probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.
Os códigos do procedemento regulados nesta orde son PR473A e PR473B.
Lugar e prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO E INCREMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL

lunes, 4 de septiembre de 2017

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS DESTINADAS A INCENTIVAR O EMPREGO AUTÓNOMO E A CONTRATACIÓN DE MOZOS INSCRITOS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE INSTALACIÓN DE ASCENSORES E OUTROS DISPOSITIVOS DE ACCESIBILDADE

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
Mediante esta orde convócanse, a través dun procedemento de concorrencia non competitiva, as subvencións para a instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex, así como en vivendas unifamiliares que carezan deles.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as comunidades de persoas propietarias, as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas, as persoas físicas propietarias dun dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e as persoas físicas propietarias dunha vivenda unifamiliar.
Para os efectos desta orde, considerarase como persoa propietaria única do edificio a persoa física titular do pleno dominio do edificio.
Para o caso de vivenda dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e de vivenda unifamiliar, exixirase que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria non excedan 3,5 veces o índice público de renda de efectos múltiples.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 2 de novembro de 2017 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.