miércoles, 31 de mayo de 2023

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2023 DE PRAZAS DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2023 pola que se publica a oferta de emprego público de prazas de persoal de administración e servizos para o ano 2023.


Acceso libre:

Denominación                                   Escala        Subescala                                     Subgrupo     Nº prazas

Técnico/a en química                      Técnica       Química de materiais plásticos           A1/A2          1

Técnico en prevención de riscos laborais      Técnica   Prevención riscos laborais       A1/A2          1

Arquitecto/a técnico/a                    Técnica         Arquitecto/a técnico/a                        A1/A2          1

Auxiliar técnico/a de biblioteca      Axudante/auxiliar       ---                                        A2/C1          5

Técnico/a de laboratorio                  Técnica                Química                                   A2/B/C1       1

Posto base de relacións internacionais    Xeral                ---                                           C1/C2        3
     
Posto base                                               Xeral                ---                                           C1/C2        13

Auxiliar de servizos                      Técnica                Auxiliar de servizos                         C2           3

Total de acceso libre                                                                                                                          28

Promoción interna:

Denominación                            Escala     Subescala           Promoción subgrupo     Nº prazas
 
Auxiliares de servizo-C2          Técnica    Conserxe                         C1                           4

Técnico/a audiovisual-C1         Técnica    Medios audiovisuais       A2                           1

Analista-programador/a-C1       Técnica    Informática                     B                            2

Técnico/a de laboratorio-C1       Técnica    Sanitaria                         B                           1
 
Técnico/a informático-C1          Técnica    Informática                     B                          11

Técnico/a de laboratorio-C1       Técnica    Electricidade                  B                           3

Técnico/a de laboratorio-C1       Técnica    Física                             B                           1

Técnico/a de laboratorio-C1       Técnica    Mecánica                       B                           3

Técnico/a de laboratorio-C1       Técnica    Química                         B                           9

Técnico/a de laboratorio-C1       Técnica    Mecánica/eléctrica        B                             1

Total promoción interna persoal de administración e servizos UDC 2023                                    36


PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR790A).

Obxecto
Establécese unha modalidade de axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.
A súa finalidade é facilitar a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou diferente sector.
O programa ten como apoio o Bono alta nova oportunidade para axudar a posta en marcha do novo negocio.

Persoas beneficiarias e requisitos
Serán beneficiarias destas axudas tanto as persoas autónomas que queren volver emprender de novo como as persoas autónomas que queiran cambiar de sector de actividade:
1. Persoas que teñan sido autónomas con anterioridade e que queren volver emprender:
Serán beneficiarias das axudas as persoas que se dean de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2022 ao 30 de outubro de 2023, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2022 ao 30 de outubro de 2023.
b) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
c) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral.
d) Transcorrer un período mínimo de tres meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.
e) Ter o domicilio fiscal nalgún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.
f) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.
2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude e non con anterioridade ao período subvencionable.
3. Quedan excluídas das axudas reguladas nesta orde as persoas traballadoras autónomas que xa foran beneficiarias con anterioridade desta axuda (TR790A), así como as persoas traballadoras autónomas membros de entidades de economía social e as persoas autónomas administradoras que non acrediten participación na empresa ou negocio. Tamén quedan excluídas as persoas autónomas colaboradoras e os membros das sociedades mercantís e sociedades laborais.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iníciase o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o 31 de outubro de 2023.

BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802L).

Obxecto
Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.

Entidades beneficiarias
1. As sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter presentado as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.
c) No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobados o balance e a conta de resultados pola súa asemblea xeral.
d) Acreditar unha antigüidade de corenta e dous (42) meses na data de solicitude.
e) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

PROGRAMA ES-TRANSFORMA EN COOPERATIVAS OU SOCIEDADES LABORAIS 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802R).

Obxecto e finalidade
Apoiar a transformación de cooperativas e sociedades laborais, por parte de persoas traballadoras de entidades con negocios sen remuda xeracional, por parte de persoas traballadoras autónomas ou mediante a transformación de sociedades.

Entidades beneficiarias
As sociedades laborais e cooperativas que xurdan dalgún dos procesos regulados no número 1 do artigo 5 da orde e, ademais, cumpran os requisitos regulados nos números 2 e 3 do mesmo artigo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito orzamentario.

INSTRUCCIÓNS PARA A PREINSCRICIÓN, ADMISIÓN, MATRÍCULA E ORGANIZACIÓN ACADÉMICA NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS DE GALICIA NO CURSO 2023-24

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2023/24.

martes, 30 de mayo de 2023

MODIFICACIÓN.- APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 29 de maio de 2023 pola que se modifica a Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos a agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedimiento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLOXICA (IEBT) 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR340E).

Obxecto
Impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a convocatoria do Programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas, dentro do primeiro ano de actividade:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
c) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
d) Apoio á función xerencial.

Persoas e entidades beneficiarias
As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada modalidade de axuda.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de solicitude das axudas desta orde iníciase o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o 29 de setembro de 2023.

PROGRAMA DE EMPREGO CON APOIO 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR342A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2023, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas establecidas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ás entidades promotoras de programas de emprego con apoio para financiar os custos laborais e da seguridade social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio, tanto no caso de novas contratacións como no caso de persoas preparadoras laborais que veñen prestando servizos na entidade (código de procedemento TR342A).

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das correspondentes subvencións reguladas nesta orde, sempre que cumpran os requisitos nela establecidos, as seguintes entidades:
– As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que subscriban o correspondente convenio de colaboración coa empresa que vai contratar as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social ás cales se lles vai prestar o emprego con apoio.
– Os centros especiais de emprego, calificados e inscritos como tales no rexistro administrativo de centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban un convenio de colaboración, segundo o previsto co artigo 9, coa empresa que vai contratar persoas traballadoras con discapacidade procedentes do cadro de persoal do mesmo centro ou doutros centros especiais de emprego.
Tamén as empresas de inserción, debidamente inscritas no rexistro de empresas de inserción da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban convenio de colaboración coa empresa que vai contratar persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social procedentes do cadro de persoal da mesma empresa ou doutras empresas de inserción.
– As empresas do mercado ordinario de traballo incluídas as persoas traballadoras autónomas, con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que poidan ser beneficiarias das accións de apoio, sempre que conten no seu cadro de persoal con persoas preparadoras laborais especializadas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de solicitude das axudas desta orde iníciase o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o 29 de setembro de 2023.

SUBVENCIÓNS PARA O PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DO COMERCIO: FONDO TECNOLÓXICO

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

Obxecto
O financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes ao retallo fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia. As páxinas web deberán cumprir os requisitos que figuran no anexo XIII da orde.
b) Que teña a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño).
Para a consideración de pequena e mediana empresa observarase o disposto na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE núm. L 124/36, do 20 de maio de 2003).
c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009) aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009).
En todo caso, requirirase que a actividade principal estea dada de alta nalgunha epígrafe do imposto de actividades económicas que se corresponda coas actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47, agás as epígrafes 616, 654 e 655 así como calquera outra actividade económica que non se considere subvencionable de acordo co disposto nestas bases reguladoras.
No caso de que no establecemento se exerzan de maneira simultánea actividades subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal.
1.2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.
As asociacións e federacións de comerciantes sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan entre os seus fins estatutarios a defensa dos intereses do sector comercial.
b) Que teñan a sede social e ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que teñan unha antigüidade mínima de tres anos na data da publicación desta orde.
d) No caso de asociacións de ámbito municipal, que teñan o número mínimo de comercios asociados dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE establecidas na liña 1.1.c) deste artigo, en función da poboación do concello, que se indica a continuación:
Poboación concello                                         Mínimo comercios asociados
Menos de 5.000 habitantes                                                 10
De 5.000 a 20.000 habitantes                                             20
Máis de 20.000 habitantes                                                  50
En todo caso, o número de comercios asociados debe representar, como mínimo, o 40 % do número de socios da asociación.
No caso de federacións, que teñan ámbito provincial ou autonómico e teñan asociadas un mínimo de 15 asociacións de comerciantes que cumpran, ademais, os requisitos establecidos na letra d).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

lunes, 29 de mayo de 2023

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DA CONVOCATORIA DAS AXUDAS DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL PARA OS EXERCICIOS DE 2023-24

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria das axudas do bono de alugueiro social para os exercicios de 2023 e 2024.

SUBVENCIÓNS PARA A ACELERACIÓN CULTURAL NO ÁMBITO DAS ARTES ESCÉNICAS 2023

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para a aceleración cultural no ámbito das artes escénicas ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT207O).

Finalidade
A aceleración cultural no ámbito das artes escénicas ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) nº 2021/241.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias as persoas profesionais rexistradas no réxime especial de traballadores autónomos, as pemes e as microempresas, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
a) A actividade empresarial debe desenvolverse de forma habitual e maioritariamente en Galicia.
b) Que conten cunha sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
c) Estar dadas de alta nas correspondentes epígrafes do imposto de actividades económicas e ter un obxecto ou fin social acorde con algún dos subsectores que compoñen as industrias culturais e creativas en Galicia no ámbito das artes escénicas. Para os efectos destas bases, o ámbito das artes escénicas queda restrinxido ás disciplinas de teatro, en calquera das súas manifestacións, de danza e artes do movemento, de circo e de maxia.
2. Ademais, para seren persoas beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para seren persoas beneficiarias da axuda, e cumpriren as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

AXUDAS AOS GANDEIROS AFECTADOS POLOS DANOS OCASIONADOS POLA RATA TOUPA

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 19 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos gandeiros afectados polos danos ocasionados pola rata toupa (Arvicola scherman) en determinados concellos da provincia de Lugo, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR465D).

Obxecto
A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas aos titulares de explotacións gandeiras de determinados concellos da provincia de Lugo afectados polos danos ocasionados polo incremento poboacional da rata toupa (Arvicola scherman) nos pastizais das súas explotacións (procedemento MR465D), en réxime de concorrencia non competitiva, establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Para iso, será subvencionable:
– Toda a superficie dos recintos declarados con uso Pastizal (PS) declarada na Solicitude Unificada de axudas PAC da convocatoria 2022 sitos dentro da zona de afección, e afectadas polos danos causados pola rata toupa.
– As parcelas para as que se presente a solicitude e non figuren dentro da zona demarcada pola afección da rata toupa poderán ser obxecto de inspección por parte do persoal do Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo. Se se considera que existe un dano evidente producido pola rata toupa poderán ser incluídas dentro das parcelas subvencionadas.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
– Os titulares de explotacións gandeiras situadas nos concellos das Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos ou Triacastela. A explotación non poderá ter a cualificación de autoconsumo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

viernes, 26 de mayo de 2023

AXUDAS PARA PALIAR AS PERDAS DE PRODUCIÓN DAS EXPLOTACIÓNS APÍCOLAS AFECTADAS POLOS GRANDES INCENDIOS FORESTAIS DE 2022, PARA 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 25 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar as perdas de produción das explotacións apícolas afectadas polos grandes incendios forestais que se produciron en Galicia durante o ano 2022, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR506C).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para paliar as perdas de produción das explotacións apícolas afectadas polos grandes incendios forestais que se produciron en Galicia durante o ano 2022, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento MR506C).
2. A axuda consistirá nun pagamento a tanto global destinado a compensar as perdas de produción destas explotacións apícolas.
3. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Ámbito de aplicación
Esta orde será de aplicación ás explotacións apícolas que teñan asentamentos nas zonas afectadas polos incendios que se produciron en Galicia no ano 2022, pertencentes aos concellos que, segundo os rexistros da Dirección Xeral de Defensa do Monte, presentaron máis de 1.000 hectáreas queimadas no dito ano, e que se recollen no anexo I da orde.

Persoas beneficiarias e requisitos
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións apícolas, con exclusión das administracións ou entidades do sector público e as explotacións de autoconsumo, segundo a capacidade produtiva que figura na base de datos oficial do rexistro de explotacións apícolas, que teñan asentamentos nos concellos afectados polos grandes incendios que se produciron en Galicia no ano 2022, e que se relacionan no anexo I.
As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Ter a explotación apícola rexistrada no rexistro oficial de explotacións apícolas de Galicia con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2023, fóra de quen iniciase a actividade a través dun cambio de titularidade de explotacións en estado de alta con anterioridade a esa data.
En caso de fusións de explotacións xa existentes, considerarase a data de inicio da actividade a do titular con maior antigüidade.
2. Que a explotación permaneza en estado de alta no rexistro oficial no momento da solicitude da axuda.
3. Ter realizada á base de datos oficial a declaración de censo de colmeas nos asentamentos localizados nos concellos afectados, con data de referencia a 31 de decembro de 2022, ou posterior a esa data.
4. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

Solicitudes e prazo de presentación das mesmas
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS POR DANOS CAUSADOS POLOS INCENDIOS QUE SE PRODUCIRON EN GALICIA EN XULLO DE 2022, PARA A RECUPERACIÓN DE SOUTOS DE CASTIÑEIROS 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR616D e MR616E).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a recuperación de soutos danados polos incendios forestais do mes de xullo de 2022; previstas no Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 e convocar para o ano 2023 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; con código de procedemento MR616E.
Tamén é obxecto desta orde regular o procedemento de selección de entidades colaboradoras que participarán na súa execución e xestión e convocar a súa elección en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2023, con código de procedemento MR616D.

Liñas de axuda
1. As liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:
a) Axuda para a corta, recollida e estelado ou retirada de pés de árbores danados polos incendios, roza do souto e a plantación de novos pés de castiñeiros en substitución dos exemplares danados (liña I-S).
b) Axuda para a reparación dos danos causados polos incendios nas pistas forestais estremeiras ou interiores e/ou nos cerramentos dos soutos (liña II-S).
A petición desta liña está condicionada a que se solicite a liña I-S e, unicamente, está dirixida ás persoas beneficiarias sinalados no artigo 16.4.
c) Axuda para a reparación dos danos causados polos incendios nos equipamentos inmobiliarios auxiliares da explotación do souto para castaña (liña III-S). A petición desta liña está condicionada a que se solicite a liña I-S.

Persoas beneficiarias
1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares, arrendatarios ou que teñan un dereito de explotación e/ou xestión dos soutos, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.
Poderán ser beneficiarias as agrupacións forestais de xestión conxunta, incluídas as Sociedades de fomento forestal (Sofor) que estean inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta ou no Rexistro das Sofor, e os axentes promotores produtivos que, ao abeiro do establecido na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, sexan adxudicatarios de propostas de actuación nos polígonos agroforestais de iniciativa pública ou nos polígonos cortalumes ou que sexan promotores de polígonos agroforestais de iniciativa privada.
Tamén serán persoas beneficiarias aquelas cuxas propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas á aldeas modelo resulten seleccionadas, segundo o establecido na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia. Tanto os polígonos agroforestais como as aldeas modelo deberán estar rexistrados, respectivamente, no Rexistro Público de Polígonos Agroforestais ou no Rexistro de Aldeas Modelo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC).
2. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as persoas beneficiarias non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
3. No caso das comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC), deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, con xunta reitora ou equivalente actualizada, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no momento da solicitude da axuda.
4. No caso de danos causados polos incendios nas pistas forestais estremeiras ou interiores e/ou cerramentos dos soutos (liña II-S), as persoas beneficiarias só poderán ser asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, comunidades de bens, montes de varas, comunidade de montes veciñais e man común, Sofor, axentes promotores produtivos adxudicatarios de propostas de actuación nos polígonos agroforestais de iniciativa pública ou nos polígonos cortalumes ou que sexan promotores de polígonos agroforestais de iniciativa privada e outras persoas xurídicas.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde 40 días hábiles seguintes ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

PREMIOS DE ARTESANÍA DE GALICIA 2023

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN200A).

Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.
Os premios Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:
a) Premio Artesanía de Galicia 2023.
b) Premio Traxectoria 2023.
c) Premio Bolsa Eloy Gesto 2023.

Beneficiarias/os
Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 18 de setembro de 2023 e remata ás 14.30 horas do 29 de setembro de 2023.

jueves, 25 de mayo de 2023

LET'S GO 2023




 

AXUDAS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE CERTAMES DE GANDO BOVINO SELECTO 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 22 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á realización de certames de gando bovino selecto e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR562A).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia non competitiva, as bases reguladoras das axudas para a celebración de certames de gando bovino selecto na Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento MR562A).
2. O procedemento de concesión das axudas recollidas nesta orde, de xeito excepcional, non requirirá a comparación nin a prelación das solicitudes presentadas, senón que se tramitarán todas as solicitudes a medida que os concellos interesados as presenten, ata esgotar o crédito orzamentario, e en cumprimento do artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Entidades beneficiarias
1. Poderán acollerse ás axudas descritas nesta orde os concellos de Galicia que organicen certames de gando selecto e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
b) Non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
c) Cumprir o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
d) Dispoñer de instalacións axeitadas adaptadas ao tipo de certame, que garantan unhas condicións sanitarias e de benestar animal óptimas.
e) Dispoñer de medios técnicos e de persoal para a celebración deste tipo de eventos.
f) Dispoñer dun regulamento interno no que se establezan as condicións mínimas de presentación, benestar animal, sanidade e calidade xenética que deben cumprir os animais participantes, que deberá ser supervisado polos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural.
g) Contar coa colaboración da correspondente asociación de gandeiros oficialmente recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia para a xestión do Libro Xenealóxico ou a realización do control de rendementos, que participarán no desenvolvemento do evento e asesorarán sobre as datas idóneas de celebración do certame.
2. Para poder participar nos certames, os animais:
a) Procederán de explotacións galegas cualificadas sanitariamente, e cumprirán os requisitos sanitarios mínimos establecidos no regulamento interno.
b) Estarán inscritos nos Libros Xenealóxicos das razas correspondentes.
3. Os concellos beneficiarios deberán facer constar na publicidade e promoción do evento que se trata de actuacións celebradas en colaboración coa Xunta de Galicia, e facendo constar os símbolos de identidade corporativa.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será de:
a) Para os certames celebrados desde o 1 de xaneiro de 2023 ata á data de publicación desta orde: un mes desde o día seguinte ao da súa publicación.
b) Para os certames que se celebren despois da publicación desta orde: un mes a contar desde o día seguinte da celebración do evento e coa data límite do 31 de outubro de 2023.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A CREACIÓN DE SUPERFICIES FORESTAIS 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 16 de maio de 2023 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Orde do 23 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR670B).

PREMIOS Á EXCELENCIA DA CALIDADE HIXIÉNICO-SANITARIA DE PRODUTORES DE LEITE CRU

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 15 de maio de 2023 pola que se convocan para o ano 2023 os premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia.

Obxecto
1. A presente orde ten por obxecto convocar para o ano 2023 os premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia.
2. A presente orde publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural.

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estes premios todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), de tal xeito que consten na base de datos deste laboratorio os resultados das mostras de leite correspondentes ao período de referencia, que comprende desde o mes de agosto de 2022 ao mes de xullo de 2023.

Xurado responsable da concesión dos premios
O xurado responsable da concesión dos premios estará constituído: en representación da Consellería do Medio Rural, polas persoas titulares da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e da Subdirección Xeral de Gandería e, en representación do LIGAL, pola directora xerente e o presidente da Xunta Directiva.

Réxime supletorio
No non previsto nesta orden, será de aplicación o disposto nas bases que regulan a concesión dos premios de excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca e se convocan para o ano 2017 establecidas na Orde do 22 de agosto de 2017, modificada pola Orde do 10 de maio de 2021.

Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACIÓN.- CONVOCATORIA DAS PROBAS DE CONSTATACIÓN DE CUALIFICACÓN INICIAL PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE DE CONDUTOR/A PROFESIONAL DE DETERMINADOS VEHICULOS DESTINADOS AO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS OU DE VIAXEIROS/AS POR ESTRADA 2023

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 2 de novembro de 2022 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2023, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (códigos de procedemento IF310D/IF310E).

miércoles, 24 de mayo de 2023

OFERTA DE EMPREGO

 

Administrativo/a

Faster | Oleiros, Lugo |

FASTER EMPLEO selecciona, para empresa ubicada en Oleiros, a un/a administrativo/a para el apoyo en la gestión diaria.

Se ofrece contrato a jornada completa e incorporación inmediata.

Sus funciones principales serán:

* Tareas administrativas facturación, albaranes, etc.
* Atención y trato con clientes.
* Contacto y negociación con proveedores.
* Gestión documental.

Requisitos mínimos:

* Ciclo superior de "Adminsitración y Finanzas", Ade o similar.
* Nivel avanzado de ofimática.
* Experiencia de, al menos un año, realizando funciones similares.
* Dispobilidad de incorporación inmediata. Proactividad y trabajo en equipo.

https://insertia.net/ver-oferta/2418048c-0797-42cb-b2c9-d9f700e63394 

martes, 23 de mayo de 2023

OFERTA DE EMPREGO

 

Comercial lugo

Reca Hispania Sau | Lugo, Lugo |

Buscamos un/a comercial para la zona de Lugo, su función principal será la venta directa de productos de la División de Auto. Para ello deberá realizar visitas, tanto a clientes activos como potenciales y hacer un seguimiento de la venta desde la realización del pedido hasta el cobro de los mismos, comprobando la correcta entrega de lo productos y la satisfacción de los clientes. Facilitaremos tu incorporación a través de una formación teórico-práctica inicial en la que se adquieren los conocimientos de producto y herramientas básicas para la venta. Una vez en la zona, el jefe/a de zona seguirá formándote en el día a día. Únete a una empresa joven, dinámica y con proyección de futuro.

Requisitos mínimos:
Permiso de conducir en vigor. Vocación por la venta y trato con los clientes. Orientación a los logros Capacidad de superación. Que sea optimista, luchador/a y trabajador/a.

https://insertia.net/ver-oferta/ac7f4ae4-f963-44f0-b8e5-ec596b18f520 

XORNADA TRANSFORMACIÓN DIXITAL DESDE O RURAL


 

Desde la OAPR Asime Lugo, en colaboración con Verónica Ramallal Trevin, CEO de Pekecha, organizamos la jornada gratuita "Transformación Digital desde el Rural" el próximo 25 de mayo a las 16:00 horas en la Casa de Cultura de A Pontenova. El evento está dirigido a pymes, autónomos y emprendedores, y tiene como objetivo explicar la importancia de tener una presencia en línea efectiva y concienciar a las comunidades rurales sobre la relevancia de la digitalización.

 

Más información sobre el evento aquí.

Inscripción a través de este formulario de registro.

CONDICIONS XERAIS DE PARTICIPACIÓN NAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DE ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023 pola que se fan públicas as bases e as condicións xerais de participación nas actividades formativas.

lunes, 22 de mayo de 2023

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE AVAIS PARA A MOCIDADE 2023

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de abril de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de avais para a mocidade, se dá publicidade ao convenio que asinarán este instituto e as entidades financeiras para a concesión destes avais e se procede á convocatoria do programa para o ano 2023 (código de procedemento VI402B).

AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 5 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TR341R).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública das axudas á conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR341R).
Mediante as axudas reguladas nesta orde permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade e consolidación do seu proxecto empresarial.
Así mesmo, subvencionarase unha parte do custo dos centros e/ou servizos para o coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.

Persoas e entidades beneficiarias
Estas bases establecen os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que contraten unha persoa traballadora, ben sexa no caso de finalizado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, ou ben en calquera momento en que o precisen para apoiar o coidado de menores e/ou maiores e dependentes, e segundo o disposto nesta orde.
As axudas irán dirixidas á contratación dunha persoa traballadora para apoiar a persoa autónoma no seu negocio, nos casos de maternidade ou paternidade unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento (bono autónomo Concilia I).
Tamén se dirixen as axudas á contratación dunha persoa traballadora para apoiar a persoa autónoma no coidado de menores e/ou maiores e dependentes (graos I, II e III) ao seu cargo, independentemente de que existisen ou non situacións de maternidade ou paternidade ou asimiladas (bono autónomo Concilia II).
Igualmente, apoiaranse os gastos dos servizos de coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia (graos I, II e III) a cargo da persoa autónoma, realizados no período subvencionable, que comprende do 1 de outubro de 2022 ao 29 de setembro de 2023 (bono autónomo Concilia III).

Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables presentaranse desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 29 de setembro de 2023.

ACCIÓNS FORMATIVAS DO PLAN FORMATIVO PARA O EMPREGO 2023-2025, 1ª CONVOCATORIA EXERCICIO 2023-2024

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2023-2025, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2023-2024 (código de procedemento TR301K).

Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas cales se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2023-2025, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas), xestionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e realizar a súa primeira convocatoria para os exercicios 2023-2024 (código de procedemento TR301K).

Entidades beneficiarias
Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refire esta orde as entidades que, na data de entrada en vigor desta convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados e/ou inscritos para impartiren formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas conducentes á obtención de certificados de profesionalidade ou naquelas competencias clave para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.
As entidades deberán dispor, no ámbito territorial de Galicia, das instalacións debidamente acreditadas e/ou inscritas que permitan a impartición das accións formativas solicitadas.
Así mesmo, os centros presenciais vencellados a entidades acreditadas e/ou inscritas para impartiren especialidades formativas na modalidade de teleformación deberán estar homologados na correspondente especialidade na data de entrada en vigor da convocatoria e situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Accións formativas
A acción formativa está constituída polo contido específico da especialidade formativa que se vai impartir e polos módulos formativos transversais a que se refire a orde de bases.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia..

Execución da primeira convocatoria
As accións formativas correspondentes á primeira convocatoria non poderán comezar antes do 1 de agosto de 2023, polo que non se admitirá ningunha solicitude que formule datas anteriores.
A data límite para o remate das accións formativas que se desenvolvan exclusivamente durante a anualidade 2023 será o 20 de decembro de 2023.
Para as accións formativas que se desenvolvan durante as anualidades 2023 e 2024, ou exclusivamente durante a anualidade 2024, a data límite para a súa finalización será o 30 de setembro de 2024.
Non poderá comezar ningunha acción formativa sen a validación previa, a través da aplicación informática SIFO, do cumprimento de requisitos e condicións exixidos para o seu inicio por parte de persoal técnico da unidade administrativa competente.

martes, 16 de mayo de 2023

PREMIOS ÁNGELA RUIZ ROBLES Á EXCELENCIA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE GRAO UNIVERSITARIO OFICIAL 2023

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 25 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria dos premios Ángela Ruiz Robles á excelencia académica para o alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2021/22 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar os premios Ángela Ruiz Robles á excelencia académica para o alumnado de grao do curso académico 2021/22 no Sistema universitario de Galicia.

Persoas destinatarias
1. Os premios destínanse ao alumnado universitario de grao oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2021/22 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
2. Concederase un premio por cada un dos cursos en que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao, agás no derradeiro curso, e en cada un dos centros en que se impartan.
Para o alumnado dos programas de simultaneidade de graos estenderase o premio ata o penúltimo curso anual dos ditos programas
No suposto de que o/a alumno/a estea matriculado/a en materias de varios cursos, segundo o programa de estudos, entenderase, para os efectos desta orde, que o curso polo que opta ao premio será aquel en que estea matriculado/a de máis créditos. Se número de créditos é o mesmo, interpretarase que opta ao premio polo curso superior.

Dotación do premio
1. Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.100 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
2. No caso de existir remanente de crédito, as persoas premiadas que teñan unha nota media igual ou superior a 9 puntos recibirán unha contía complementaria de 500 euros, comezando polos expedientes con maior nota media.

Procedemento para a determinación dos premios
1. Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.
2. O órgano competente en materia de xestión académica de cada unha das universidades do Sistema universitario de Galicia deberá:
a) Publicar na páxina web da universidade a relación provisional do alumnado seleccionado de acordo cos requisitos establecidos nesta convocatoria.
b) As persoas interesadas disporán dun prazo de 5 días desde a súa publicación para efectuar as súas reclamacións ante o órgano que publica en cada unha das universidades.
c) A universidade correspondente, unha vez resoltas as reclamacións formuladas, publicará na súa páxina web a relación definitiva do alumnado proposto para o premio.
Nesa publicación informarase que a dita relación será remitida á Secretaría Xeral de Universidades para que, xunto coas listaxes definitivas das outras universidades, sexa publicada na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: www.edu.xunta.gal
Así mesmo, indicarase que, desde a publicación da listaxe definitiva das tres universidades na web da dita consellería, o alumnado proposto terá que manifestar a súa aceptación expresa á Secretaría Xeral de Universidades, no prazo de 10 días, utilizando para iso o anexo II desta orde. Advírtese de que, de non a presentar nese prazo, se entenderá que renuncia ao premio.
d) A proposta de cada universidade remitirase á Secretaría Xeral de Universidades mediante a certificación incluída como anexo I desta orde, na cal constan os datos correspondentes ás persoas coa nota media máis alta en cada un dos cursos dos plans de estudos oficiais de grao de cada centro, así como dos programas de simultaneidade de grao.
e) A proposta presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para remitila será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. A Secretaría Xeral de Universidades, unha vez recibidas as propostas das universidades do Sistema universitario de Galicia, publicará na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: www.edu.xunta.gal unha única listaxe co alumnado proposto.
As persoas propostas para o premio deberán manifestar a súa aceptación expresa á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de 10 días, segundo o indicado no punto 2.c) deste artigo.
A aceptación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

lunes, 15 de mayo de 2023

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE ESTADÍAS E SERVIZOS NAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE POLITICA SOCIAL E XUVENTUDE 2023

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 4 de maio de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería no ano 2023 (código de procedemento BS419A).

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS PARA OS OBRADOIROS DUAIS DE EMPREGO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR353A).

PRAZAS NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS PARA 2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 28 de abril de 2023 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para 2023 (código de procedemento PL500F).

Obxecto
Publícanse as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade, de tres prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para 2023 (código de procedemento PL500F) nos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se relacionan na táboa seguinte:

Destino
                                         Localidade                                     País 
Bangor University                              Bangor                             Reino Unido

University College Cork                    Cork                                 Irlanda
 
Uniwersytet Warszawski                    Varsovia                          Polonia


Prazo de presentación
1. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e o establecido para a súa emenda, publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística e no seu taboleiro de anuncios as listaxes provisionais de admitidos, excluídos, con indicación da causa que orixina esta situación, e desistidos.
Á vista das listaxes anteriores, as persoas interesadas disporán dun prazo de 5 días para presentar reclamación.


BOLSAS DE FORMACIÓN NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS PARA 2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 28 de abril de 2023 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para 2023 (código de procedemento PL500E).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, once bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.

Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS AOS CUSTOS DERIVADOS DA CONTRATACIÓN DE PERSOAS COIDADORAS DO GANDO EN GANDARÍAS

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 27 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en gandarías, como medida de prevención dos danos que poida ocasionar o lobo, e se convocan para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT809G).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas para a contratación de persoas coidadoras de gando en explotacións gandeiras, para pastoreo e manexo do gando como medida preventiva dos danos que poida ocasionar o lobo, procedendo á súa convocatoria para os exercicios orzamentarios dos anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT809G).

Persoas beneficiarias
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).

jueves, 11 de mayo de 2023

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO PERSOAL DOCENTO E INVESTIGADOR PARA O ANO 2023 DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2023 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador para o ano 2023.


FINANCIAMENTO IGAPE-PEMES 2023

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2023 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxectivo é regular as condicións e o procedemento de tramitación do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I ás bases reguladoras.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.
b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I ás bases reguladoras.
2. As pequenas e medianas empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 29 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.


MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIOSANITARIO NO ÁMBITO DOS TRASTORNOS MENTAIS

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 4 de maio de 2023 pola que se modifica o prazo establecido no artigo 16.2 da Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca, polo procedemento de anticipado de gasto, o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (código de procedemento SA500A).

SUBVENCIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN DE PERSOAS ESCRITORAS, ILUSTRADORAS, TRADUTORAS E EDITORAS NAS ACTIVIDADES NO SECTOR DO LIBRO 2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 27 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT221A).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións a persoas físicas ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras e que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega, facilitando a súa participación en actividades do dito sector que se celebren no ano 2023 (código de procedemento CT221A).
Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia, ata un máximo de dúas actividades por solicitante, realizadas no sector do libro de entre as seguintes: feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas. No caso das persoas xurídicas, poderán asistir ás activades subvencionadas dous traballadores, previamente designados pola empresa e que figuren na solicitude, a unha actividade cada un ou ben un traballador a dúas actividades.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2023.

Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas físicas, sexan autónomas ou non, ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega, e que cumpran, ademais, todos os seguintes requisitos debidamente acreditados:
a) Terse inscrito ou ter asistido ou participado nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro e fóra de Galicia, no prazo establecido na presente convocatoria.
b) Acreditaren o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega.
c) Ter publicado obra en Galicia, polo menos unha obra, como persoa escritora, ilustradora, tradutora ou editora, para a cal se solicita a subvención, nos cinco anos anteriores á publicación da presente orde.
2. Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aquelas persoas solicitantes que se encontren nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As persoas xurídicas deben acreditar a condición de editoras ou tradutoras de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2023, na epígrafe 476.1, edición de libros, ou 774, tradutores e intérpretes, do imposto de actividades económicas, e contar, tamén antes da citada data, cun departamento de edición ou tradución en Galicia, de acordo co establecido na presente orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 2 de novembro de 2023 (incluído).

miércoles, 10 de mayo de 2023

SUBVENCIÓNS Á ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA E ENTIDADES LOCAIS ENMARCADAS NO PROGRAMA VOLUNTARIADO SÉNIOR E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA 2023

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 27 de abril de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS508C).

Obxecto e finalidade
Establecer as bases reguladoras polas que se rexerá o procedemento de concesión das subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior, que realicen proxectos do dito programa desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2023, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023. O dito programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia persoas maiores de 55 anos para a súa colaboración como persoas voluntarias na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten ao abeiro desta convocatoria e dentro dos sectores de actuación establecidos na Lei 10/2011, do 28 de novembro.

Entidades beneficiarias
Entidades de acción voluntaria e entidades locais que realicen proxectos de voluntariado ao abeiro do programa Voluntariado sénior desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de outubro de 2023.

Outros datos
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Coa solicitude presentarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de persoas beneficiarias. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias coas cales se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada unha destas persoas e do número de días que participará cada unha, así como do custo que correspondería por número de persoas voluntarias e días e dun orzamento desagregado do custo das demais actividades. Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso de haber outra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.




A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva seguindo a orde de prelación pola puntuación obtida. Requirirase unha puntuación mínima de 50 puntos e a concesión efectuarase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

SUBVENCIÓNS AS ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS E ASOCIACIÓNS AGRARIAS PARA ADQUISICIÓNS DE BENS INFORMÁTICOS E MEDIOS TÉCNICOS

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 26 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR321B).

Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para conceder axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades e convocalas para o exercicio orzamentario 2023.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde as seguintes entidades:
1. As organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións ás cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002, segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.
2. As asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con código de actividade 811 «Agricultura, gandaría, silvicultura, caza, pesca», de acordo co Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.