jueves, 30 de diciembre de 2010

PRESIDENCIA

Lei 14/2010, do 27 de decembro de orzamentos xerais da Comunidade Autónomo de Galicia para o ano 2011.

Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE E MEDIO RURAL E MARIÑO

Orden ARM/3367/2010, de 22 de decembro, pola que se establece a organización da Rede Rural Nacional

XEFATURA DO ESTADO

Ley 41/2010, de 29 de decembro, de protección do medio mariño

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominación de calidade agroalimentarias. Obxecto: actuacións relacionadas coa implantación e o desenvolvemento de programas de mellora e control de calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade, ou acollidos á produción ecolóxica.
Beneficiarios: os consellos reguladores das distintas denominacións de calidade agroalimentaria existentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: 01/03/2011.

PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Obxecto: establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2011 das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, para actividades de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de desenvolvemento.
Beneficiarios: organizacións non gobernamentais, universidades, empresas e organizacións empresariais, sindicatos e comunidades galegas no exterior que teñan a condición de axentes de cooperación.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31/01/2011.

BANDO

BANDO

D. JOSE LUIS COEDO NOVO, Alcalde-Presidente do Concello de AS NOGAIS (Lugo),

F A G O     S A B E R:

·        Que se abriu o prazo para a presentación de solicitudes para o PROGRAMA DE TERMALISMO
Este programa vai dirixido ós pensionistas de xubilación e invalidez en todo caso, e para os pensionistas de viuvez e outras pensións no caso de ser maiores de 60 anos.

PRAZOS DE SOLICITUDE:
- Para os que desexen ir entre os meses de febreiro e agosto o prazo rematará o 17 de xaneiro de 2011.
 - Para os que desexen ir entre os meses de setembro e decembro o prazo rematará o 16 de maio de 2011.

Para máis información achegarse ós Servizos Socias do Concello en horario de 9 a 15h de luns a venres.



Dado en As Nogais a 30 de decembro de 2010

O ALCALDE


miércoles, 29 de diciembre de 2010

PRESIDENCIA

Lei 13/2010, do 17 de decembro do Comercio Interior de Galicia.

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Corrección de Erros. Axudas para implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas expoltaciós agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Axudas para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Obxecto: establecer as bases reguladoras e a convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2011 das liñas de axudas para a implantación de servizos de asesoramento xestión e substitución nas explotacións agrarias.
Beneficiarios:
-No caso de implantación de servizos de asesoramento, poderán ser beneficiarias as entidades privadas sen ánimo de lucro ou cooperativas ou, en ambos supostos as súas unións ou federacións, agás as agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG), as agrupacións de agricultores para tratamentos integrados na agricultura (Atria) e as agrupacións de defensa fitosanitaria (ADF), así como as súas unións ou agrupacións.
-No caso de implantación de servizos de xestión, poderán ser beneficiarias as empresas, cooperativas e entidades asociativas do sector agrario, que teñan a autorización previa do organismo competente da Consellería do Medio Rural para exercer esa actividade.
Prazo de presentación de solicitudes: do 03/01/2011 ata o 31/01/2011.
SOLICITUDE

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Bases reguladoras e convocatoria para a concesión de subvencións para o PLAN RENOVE DE EQUIPOS DE CLIMATIZACIÓN e se regula a selección de entidades colaboradoras.
Obxecto: fomentar a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios existentes que se renoven, de forma que cumpran, polo menos, coas esixencias mínimas que fixa a normativa vixente, reducindo o seu consumo de enerxía.
Beneficiarios: as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado propietarias de vivendas ou edificios do sector terciario, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo das actuacións subvencionables: as realizadas a partir dos 30 días hábiles computados desde o 29/12/2010 e ata o 30/06/2011, ou ata esgotarse os fondos dispoñibles.
SOLICITUDE

IGAPE

Axudas á reorientación e competitividade das pemes galegas.

Obxecto: fomentar a reorientación e competitividade das pemes galegas a través dos seguintes procedementos:
IG108.- Estudos e análise para a toma de medidas específicas.
IG176.- Proxectos de titorización de innovación e competitividade nas pemes.
IG103.- Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes entre 100.000 € e 500.000 € de investimento subvencionable.
IG174.- Proxectos de mellora dos equipamentos das pemes do sector servizos cun investimento subvencionable superior a 30.000 € e ata 200.000 €
Beneficiarios: as pemes galegas.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31/01/2011
SOLICITUDE

Enlace Relacionado: Bases reguladoras das axudas á reorientación e competitividade das pemes galegas.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

IGAPE


MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN


Obxecto: concesión de subvencións ás actividades de promoción da economía social, da responsabilidade social das empresas e do traballo autónomo, e para sufragar os gastos de funcionamento das asociacións de cooperativas, de sociedades laborais, de empresas de inserción, de traballadores autónomos e outros entes representativos da economía social de ámbito estatal.
Beneficiarios:a) As entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de empresas de inserción, de traballadores autónomos de carácter intersectorial, outros entes representativos da economía social que integren ás devanditas entidades, as asociacións e fundacións sen ánimo de lucro, así como as universidades, para as actuacións de ámbito estatal de promoción da economía social, da responsabilidade social das empresas e do traballo autónomo.
b) As entidades asociativas, todas elas de ámbito estatal, de cooperativas e de sociedades laborais, de empresas de inserción, de traballadores autónomos de carácter intersectorial así como outros entes representativos da economía social que integren a asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para os gastos de funcionamento relacionados cos fins propios da entidade.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/01/2011

Enlace Relacionado: Bases reguladoras da Subvención

viernes, 17 de diciembre de 2010

BECAS DE FORMACIÓN

RESOLUCIÓN DO 13 DE DECEMBRO DE 2010 POLA QUE SE CONVOCA UNHA BOLSA DE FORMACIÓN NA ÁREA DE DOCUMENTACIÓN E BIBLIOTECONOMÍA.
Obxecto: convocatoria dunha bolsa de formación na área de documentación e biblioteconomía mediante colaboración titoriada na xestión de fondos documentais e bibliográficos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Beneficiarios:
- Titulados en diplomatura ou licenciatura en biblioteconomía e documentación que acrediten ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002.
- Non concorrer en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10º da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación: ata o 17 de xaneiro de 2011.

Obxecto: convocatoria dunha bolsa destinada a formar especialistas en aspectos técnicos relativos ao ámbito da teleformación, tales como sistemas informáticos e telemáticos, desenvolvementos, bases de datos e contornos de desenvolvemento cliente/servidor, dentro das tarefas de formación que ten encomendada a EGAP.
Beneficiarios:
-Titulación en FP de ciclo superio ou FP II, en calquera especialidade relacionada coa informática.
- Non concorrer en ningunha das circunstancias especificads no artigo 10º da ley 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación: ata o 17 de xaneiro de 2011.

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO 2011(BASES REGULADORAS)
Obxecto: Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos gandeiros afectados polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensalos polos danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2011. As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos producidos polo lobo desde o 1 de outubro de 2010 ata o 30 de setembro de 2011.
Beneficiarios: Propietarios de gando, especificado no anexo I, afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.
Prazo de presentación de solicitudes: As solicitudes de axuda correspondentes aos danos producidos entre o 1 de outubro de 2010 e a entrada en vigor desta orde cursaranse no prazo dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, a presentación das solicitudes de axuda deberase de facer dentro do mes seguinte ao de produción do dano.

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

AXUDAS PARA A CONSERVACIÓN DAS POBOACIÓNS DE CAZA MENOR 2011

Obxecto: establecemento dun réxime de axudas aplicable aos terreos cinexéticos para:
Modalidade A: recuperación das poboacións de perdiz rubia (Alectoris rufa) a través da mellora da calidade do seu hábitat.
Modalidade B: conservación e recuperación do coello de monte (Oryctolagus cuniculus), mediante a construción das instalacións necesarias para a súa cría en semiliberdade e a súa reintrodución no medio natural.
Beneficiarios: titulares de tecores galegos como as agrupacións destes que, aínda carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta. Neste último caso os terreos cinexéticos deberán ser lindeiros e estaren situados nunha mesma provincia. Para cada Tecor, só será admisible unha única solicitude.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 18 de xaneiro do 2011.

jueves, 16 de diciembre de 2010

OFERTA DE EMPREGO

A Deputación de Lugo fai unha convocatoria para a selección do persoal necesario para a execucción do “Plan extraordinario de obra pública: Deputación de Lugo”, que prestaran os seus servizos como funcionarios interinos.
Postos:
Enxeñeiro/a de Edificacións: Grao en Enxeñería de edificación ou equivalente
Enxeñeiro/a Técnico de Telecomunicacións: Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións ou equivalente
Enxeñeiro/a Técnico de Obras Públicas: Título de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e equivalente
Responsable Xestión Administrativa: Título de Enxeñeiro Técnico, Diplomado Universitario, Arquitecto Técnico, Formación Profesional de Terceiro Grao ou equivalente ou Título de Grao Administrativo reservado discapacitados: Título de Bacharelato o Técnico ou equivalente. Ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de decembro de 2010.
Máis información no BOP de Lugo do 9 de decembro de 2010 e en www.deputacionlugo.org

PRESIDENCIA

Lei 9/2010, do 4 de novembro de augas de Galicia

PRESIDENCIA

IGAPE

 Correción de Erros.Modificación das axudas a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos para o ano 2010.(Plan Remóvete Galicia)

Enlaces relacionados:
Plan Remóvete Galicia
Correción de Erros.Plan Remóvete Galicia
Modificación Plan Remóvete Galicia

miércoles, 15 de diciembre de 2010

IGAPE

Modificación das axudas a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos para o ano 2010.(Plan Remóvete Galicia)
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/12/2010

Enlaces Relacionados:
Plan Remóvete Galicia
Correción Erros Plan Remóvete Galicia

IGAPE

Modificación das axudas a particulares para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan remóblate Galicia) Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/12/2010

Enlace Relacionado: Plan Remóblate

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Axudas para a prevención de ataques do lobo ao gando

 Obxecto: convocar unha liña de axudas para fomentar a aplicación de medidas de protección do gando saneado en explotacións extensivas ou semiextensivas, para o cal se incentivará a adquisición de elementos preventivos e disuasorios dos ataques do lobo ao gando saneado das especies vacúa, cabrúa e ovina
Beneficiarios: os gandeiros con explotacións en Galicia das especies ovina, vacúa e cabrúa
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15/01/2011

SOLICITUDE

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Enlaces Relacionados:

PRESIDENCIA

Lei 10/2010, de 11 de novembro de modificación da lei 2/2001 de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia.

viernes, 10 de diciembre de 2010

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

Plan de Continuidad Empresarial.
Programa dirixido a pequenos/as e medianos/as empresarios/as que desexen transmitir a súa actividade, e a emprendedores que desexen iniciar unha actividade económica no mundo da empresa, a través dun negocio consolidado.

jueves, 9 de diciembre de 2010

IGAPE

Liña de financiamento subsidiado para producións audiovisuais que realicen as pemes galegas.
Obxecto: convocatoria de axudas consistentes nunha liña de financiamento subsidiado para producións audiovisuais participadas por produtoras galegas, entendendo como tales producións as longametraxes, películas para a televisión, documentais, animación, mini-series de ficción, programas piloto e producións de contidos interactivos.
Beneficiarios: as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOCE L/214, do 9 de agosto de 2008), as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. En todo caso deberán exercer ou ter intención de exercer a actividade de produción audiovisual e ter radicado o centro da súa actividade económica en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30/06/2011

martes, 7 de diciembre de 2010

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

AXUDAS DESTINADAS AO SECTOR EQUINO PARA O SEU FOMENTO E DESENVOLVEMENTO.
SOLICITUDE
Obxecto: convocatoria de axudas para o fomento e desenvolvemento do sector equino, a través das seguintes liñas:
- Axudas aos investimentos en pequenas e medianas empresas equinas ou explotacións agrarias dedicadas á produción e cría de équidos
- Axudas ás asociacións ou agrupacións de produtores
- Axudas aos investimentos en pequenas e medianas empresas agrarias equinas dedicadas á transformación e comercialización de carne de cabalo
- Axudas ás pequenas e medianas empresas non agrarias e outras institucións
- Axudas á formación
Beneficiarios: Segundo a liña de axuda, poderán ser beneficiarios:
- Os titulares de pequenas e medianas empresas agrarias equinas ou explotacións agrarias destinadas á produción e cría de équidos
- As entidades asociativas ou as súas agrupacións, agrupacións de produtores da especie equina, as CMVMC cun Plan de aproveitamento de pastos que inclúa a especie equina e as agrupacións de defensa sanitaria
- As pequenas e medianas empresas agrarias equinas dedicadas á transformación e comercialización de carne de cabalo ou as súas asociacións legalmente recoñecidas
- As pequenas e medianas empresas non agrarias e aquelas outras institucións que ofrezan servizos a terceiros con participación de équidos. En particular, os centros de aluguer ou pupilaxe de animais da especie equina, centros de lecer nos que se leven a cabo actividades ecuestres, empresas de turismo rural, centros de ensino públicos ou privados, centros deportivos ecuestres que desenvolvan a súa actividade no ámbito rural, así como fundacións, empresas e as súas asociacións, sempre que o seu obxecto sexan as actividades económicas relacionadas coa utilización de équidos e, en especial, co fomento da equitación
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 07/01/2011

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Axudas para o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción 
SOLICITUDE

Obxecto: convocatoria de axudas para o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción, que teñen como finalidade:
- O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.
- A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.
- A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.
- A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.
Beneficiarios: organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 07/01/2011

viernes, 3 de diciembre de 2010

RESUMO SUBVENCIÓNS NOVEMBRO

Consellería de Traballo e Benestar
Ø  AUTOEMPREGO
o    Iniciativas de emprego: ILES-IER. Procedemento de cualificación e inscrición rexistral.
Prazo de presentación: Indefinido.
DOG Nº 18, do 27 de xaneiro do 2000.
Instituto de Crédito Oficial
Ø  LIÑAS DE FINANCIACIÓN
o    Liña ICO – Inversión Nacional 2010.
Vixencia: Ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.
o    Liña ICO – Inversión Internacional 2010.
Vixencia: Ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.
o    Liña ICO - Liquidez 2010.
Vixencia: Ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.
o    Liña ICO – Economía sostible 2010.
Vixencia: Ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.
Instituto Galego de Promoción Económica
Ø  IMPULSA LUGO. Plan de axudas para proxectos empresariais.
DOG Nº 231, do 25 de novembro de 2009.
Ø  LIÑAS DE FINANCIAMENTO
o    Liña Microempresas 2009.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 (Bases reguladoras).
DOG Nº 128, do 7 de xullo de 2010 (Modificación prazo solicitudes).
o    Liña PEME Xove 2009.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 (Bases reguladoras).
DOG Nº 128, do 7 de xullo de 2010 (Modificación prazo solicitudes).
o    Liña PEME Competitiva 2009.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 (Bases reguladoras).
DOG Nº 128, do 7 de xullo de 2010 (Modificación prazo solicitudes).

Ø  SUBVENCIÓN EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA
o    RE-EMPRENDE 2010 - Proxectos de creación de empresas ou investimentos en empresas novas promovidas por novos emprendedores.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de novembro de 2011.
DOG Nº 65, do 8 de abril de 2010.
Ø  PRÉSTAMOS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA
o    RE-SOLVE+: Apoio ó circulante.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 182, do 21 de setembro de 2010.
o    RE-SOLVE+: Refinanciamento de pasivos.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 182, do 21 de setembro de 2010.

jueves, 2 de diciembre de 2010


Xa está publicado o listado provisional de admitidos aos cursos do Pacto Provincial polo emprego.


miércoles, 1 de diciembre de 2010

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Corrección Errores.

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

Orde ITC/3109/2010, do 26 de novembro, pola que se efectúa a convocatoria de axudas correspondente ao ano 2011 para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade dos sectores estratéxicos industriais para o período 2010-2011, no ámbito do sector de automoción
Obxecto: convocatoria de axudas para a realización de actuacións industriais cuxa finalidade sexa o mantenemento e mellora da competitividade do sector da automoción
Beneficiarios:a) Empresas do sector de automoción: Entidade privada, calquera que sexa a súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica e que estea validamente constituída no momento de presentar a solicitude de axuda, e que cumpra polo menos unha das seguintes condicións:
1. Empresas cuxa actividade principal estea comprendida nos códigos CNAE-2009: 29.
2. Empresas industriais cuxa actividade principal non está comprendida nos códigos CNAE anteriores, que poidan acreditar que polo menos o 60 por cento da súa facturación procede de empresas cuxa actividade principal está comprendida no código CNAE 29.
3. Centros técnicos de automoción que teñan personalidade xurídica propia dependentes das empresas referidas nos puntos 1 e 2 anteriores.
b) Agrupacións de interese económico, formadas por empresas das sinaladas como beneficiarias.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31/12/2010

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

Axudas para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade dos sectores estratéxicos industriais para o período 2010-2011, no ámbito dos sectores de bens de equipo, químico e farmacéutico, metalúrxico e siderúrxico, fabricación de produtos metálicos, outros produtos minerais non metálicos e material ferroviario
Obxecto: convocatoria de axudas para a realización de actuacións industriais cuxa finalidade sexa o mantenemento e mellora da competitividade dos seguintes sectores estratéxicos industriais:
a) Sector de bens de equipo (eléctrico-electrónico, telecomunicacións, mecánico, etc.).
b) Sector químico e farmacéutico.
c) Sector metalúrxico e siderúrxico.
d) Fabricación de produtos metálicos e fabricación doutros produtos minerais non metálicos.
e) Sector ferroviario.
Beneficiarios:- Empresas cuxa actividade principal estea comprendida nos códigos CNAE-2009: 20, 21, 22, 23, 24 (agás 24.46), 25, 26, 27, 28 y 30.2.
- Agrupacións de interese económico (AIE), formadas por empresas das sinaladas como beneficiarias.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31/12/2010

martes, 30 de noviembre de 2010

MINISTERIO DE ECONOMÍA E FACENDA

AXUDAS DO IGAPE PARA O APOIO FINANCEIRO AOS INVESTIMENTOS DE PEMES

Axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do instituto de crédito oficial ao amparo de determinadas liñas ICO 2010.
Obxecto:  regular o contido e procedemento de tramitación das axudas consistentes nunha liña de subsidiación ao financiamento obtido, mediante a modalidade de préstamos, polas pequenas e medianas empresas que, cumprindo os requisitos destas bases, promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, mediante algunha das liñas ICO 2010 do Instituto de Crédito Oficial (ICO), seguintes:
-Liña ICO-Economía sustentable.
-Liña ICO-Investimento.
-Liña ICO-Internacional.
-Liña ICO-Emprendedores.
Beneficiarios:  autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa ou pequenas ou medianas empresas (pemes), que formalizasen operacións de préstamo, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor destas bases, con cargo a algunha das liñas do Instituto de Crédito Oficial (ICO) sinaladas por un importe igual ou superior a 25.000 € e que cumpran coas condicións específicas establecidas nestas bases.
Prazo de presentación de solicitudes: 21 de xaneiro de 2011.

jueves, 25 de noviembre de 2010

PLAN RENOVE DE FIESTRAS

O fin deste plan é o de fomentar a redución do consumo de enerxía no sector doméstico a través da rehabilitación dos ocos acristalados de fachada, tanto no referente ó acristalamento como ós marcos ou perfís.

PLAN REMÓBLATE GALICIA

  • Para ser subvencionable unha operación de compra deberá acadar un custo mínimo de 600 € (excluíndo impostos).
  • A subvención máxima a percibir por persoa física será de 280 € nunha ou varias operacións.

PLAN DE VEHÍCULOS EFICIENTES 2010

RESUMO SUBVENCIÓNS OUTUBRO 2010

  • CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
    • Autoemprego
      • Iniciativas de emprego ILES-IER. Procedemento de cualificación e inscripción rexistral. Prazo de presentación : indefinido (DOG Nº18, do 27 de xaneiro do 2000)
    • Apoio a colectivos desfavorecidos
      • Programa de apoio ás traballadoras e traballadores afectados por expedientes de suspensión de contratos do sector textil e da confección. Prazo de presentación: data límite o 1 de novembro de 2010. (DOG Nº147, do 3 de agosto do 2010)
      • Subvención para os/as traballadores/as excedentes do sector textil  e da confección. Prazo de presentación: 3 meses contados desde o día seguinte da publicación da orde no DOG. (DOG Nº 149, do 5 de agosto de 2010)
    • Programas de cooperación
      • Subvencións para a contratación, por órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, de traballadores para a realización de obras e servizos de interese xeral e social. Prazo de presentación: finalizará o 22 de abril, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítimas de violencia, que poderán presentarse ata o 15 de novembro de 2010. (DOG Nº54, do 22 de marzo do 2010).
      • Subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais. Prazo de presentación: finalizará o 3 de abril, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítimas de violencia, que poderán presentarse ata o 15 de novembro do 2010. (DOG Nº40, do 1 de marzo do 2010).

  • INSTITUTO DE CRÉDITO OFICIAL
    • LIÑAS DE FINANCIACIÓN
      • Liña Ico-Inversión Nacional 2010.Vixencia ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.
      • Liña Ico-Inversión Internacional 2010. Vixencia ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.
      • Liña Ico-Liquidez 2010. Vixencia ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.
      • Liña Ico-Economía Sostible 2010.Vixencia ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.

  • IGAPE
    • IMPULSA LUGO.Plan de axudas para proxectos empresariais.(DOG Nº231, do 25 de novembro de 2009)
    • LIÑAS DE FINANCIAMENTO
      • Liña Microempresas 2009. Prazo de presentación finaliza o 30 de decembro 2010. (DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 Bases reguladoras) ( DOG Nº128, do 7 de xullo de 2010 Modificación prazo solicitudes).
      • Liña PEME Xove 2009. Prazo de presentación finaliza o 30 de decembro 2010. (DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 Bases reguladoras) ( DOG Nº128, do 7 de xullo de 2010 Modificación prazo solicitudes).
      • Liña PEME Competitiva 2009. Prazo de presentación finaliza o 30 de decembro 2010.  (DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 Bases reguladoras) ( DOG Nº128, do 7 de xullo de 2010 Modificación prazo solicitudes).
    • RE-EMPRENDE 2010- Proxecto de creación de empresas ou investimentos en empresas novas promovidas por novos emprendedores. Prazo de presentación finaliza o 30 de novembro de 2011. (DOG Nº65, do 8 de abril de 2010)
    • PRÉSTAMOS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA.
      • RE-SOLVE+: Apoio ao circulante. Prazo de presentación finaliza o 30 de decembro de 2010.(DOG Nº 182, do 21 de setembro de 2010)
      • RE-SOLVE+: Refinanciamento de pasivos. Prazo de presentación finaliza o 30 de decembro de 2010 (DOG Nº182, do 21 de setembro de 2010)