martes, 30 de junio de 2020

PROGRAMA FOMENTO DA REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA E RURAL, ANUALIDADE 2020

CORRECCIÓN DE ERROS.- RÉXIME DE ANTICIPOS, MODIFICACIÓNS E RENUNCIA EN RELACIÓN COAS AXUDAS COFINANCIADAS POLO FEADER NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-20

AMPLIACIÓN DURACIÓN E CRÉDITO DAS AXUDAS VIXENTES DE APOIO Á ETAPA POSTDOUTORAL

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DOS PRÉSTAMOS IFI INNOVA

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS DE CREACIÓN AUDIOVISUAL PARA O DESENVOLVEMENTO E A PROMOCIÓN DO TALENTO AUDIOVISUAL GALEGO

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DE ACTUACIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS E INCLUSIÓN SOCIAL PARA 2018, 2019 E 2020

REGULACIÓN DO USO DAS RESIDENCIAS XUVENÍS PARA FAVORECER A PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE DURANTE A CAMPAÑA DE VERÁN 2020

III PREMIO CGAC

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto e finalidade
Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.

Beneficiarias
Pode participar no Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea calquera persoa física, maior de idade, que presente un texto inédito en galego, relacionado con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2020. Con todo, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario oficial de Galicia.

REDISTRIBUCIÓN DE ANUALIDADES E MODIFICACIÓN DE PRAZOS DE XUSTIFICACIÓN EN DIVERSAS CONVOCATORIAS DE AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS E OUTRAS ACCIÓNS DE FOMENTO

viernes, 26 de junio de 2020

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR PARA 2020 DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

MODIFICACIÓN.- CHEQUE BREXIT

ORDE DO 22 DE XUÑO RELATIVA AO RÉXIME DE ANTICIPOS, MODIFICACIÓNS E RENUNCIA EN RELACIÓN COAS AXUDAS COFINANCIADAS POLO FEADER NO MARCO DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA 2014-2020

jueves, 25 de junio de 2020

AXUDAS AOS PROXECTOS DE EMPRESAS GALEGAS PARA GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NO CONSUMIDOR

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:
a) Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de traballo.
b) A adaptación dos espazos de traballo para reducir o contacto do cliente con elementos ou superficies e evitar a súa contaminación.
c) A adquisición de medios de protección e hixiene para empregados e clientes.
d) A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.
e) A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica.
f) A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento.
g) Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante o COVID-19 implementadas no establecemento.
h) De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde das persoas empresarias, empregadas e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.
i) Capacitación específica das persoas traballadoras para aplicar os protocolos adaptados ás normativas e recomendacións sanitarias fronte ao COVID-19.
j) Gastos externos (consultoría, análises, custo da certificación e similares) aplicados á obtención de certificacións para cumprimento de protocolos e medidas.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica (inclúe autónomos), polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións: desenvolver a súa actividade en Galicia polo menos nun centro de traballo; tendo a condición de peme, conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores; estar dadas de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo I das bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DE AXUDAS Á APICULTURA 2020

MODIFICACIÓN.- AXUDAS DE APOIO Á ETAPA PREDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO SUG

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE ORIENTACIÓN LABORAL NO EXERCICIO 2020

PREMIOS Á EXCELENCIA DE CALIDADE HIXIÉNICO-SANITARIA DE PRODUTORES DE LEITE CRU DE VACA DE GALICIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


 Convocatoria
1. A presente orde ten por obxecto convocar para o ano 2020 os premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia nas condicións establecidas pola Orde do 22 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases que regulan a concesión dos premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia e se convocan para o ano 2017.
2. A presente orde publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural.

Beneficiarias
Poderán optar a estes premios todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), de tal xeito que consten na base de datos deste laboratorio os resultados das mostras de leite correspondentes ao período de referencia.

Disposición adicional única. Réxime supletorio
No non previsto nesta orde será de aplicación o disposto na Orde do 22 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases que regulan a concesión dos premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia e se convocan para o ano 2017.

PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS PARA O CURSO 2020/21

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Esta dirección xeral resolve convocar as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020/21, que se rexerán polas seguintes instrucións:

I. Modalidades de acceso.
1. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio.

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:
a) Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispor do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo. Para o acceso ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación (en diante «proba de madureza de grao medio») que se establece no anexo I desta resolución, ademais de cumprir os outros requisitos de carácter xeral e específico establecidos. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.
c) A superación da dita proba de madureza de grao medio dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel I a que se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela.
d) A proba de madureza de grao medio poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
• Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
• Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
• Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio de Artes Plásticas e Deseño.
• Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño.
• Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
• Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

2. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior.
Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Dispor do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir, ademais, a superación dunha proba de carácter específico, acreditar un mérito deportivo ou cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos:
– Bacharelato.
– Técnico superior.
– Título universitario.
– Certificado de ter superadas todas as materias do bacharelato.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharelato, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos, ou algún dos títulos establecidos no punto anterior, deberá ter 19 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación (en diante, «proba de madureza de grao superior») que se establece no anexo I desta resolución, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel ao que se desexa acceder. Tanto nun coma noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización das probas.
c) A superación da proba de madureza de grao superior dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel III ás cales se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela.
d) A proba de madureza de grao superior poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
• Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
• Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño.
• Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
• Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

Inscrición para as probas.
1. A inscrición para realizar as probas farase nas secretarías dos centros que se relacionan no anexo IV, preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico.
2. O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 8 de xullo de 2020.

SEN EFECTO.- STEMweek 2020

AXUDAS DESTINADAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AFECTADAS, CON 55 OU MÁIS ANOS DE IDADE, POLA EXTINCIÓN DOS SEUS CONTRATOS DE TRABALLO POR PROCEDEREN DE EMPRESAS EN CRISE

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
As presentes bases teñen como obxecto regular a convocatoria de axudas para paliar a situación económica de persoas traballadoras afectadas, con 55 ou máis anos de idade, pola extinción dos seus contratos de traballo por proceder dunha empresa en crise.
Así mesmo, con esta orde procédese á convocatoria das citadas axudas para o ano 2020.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras que cumpran, no momento da presentación da solicitude da axuda regulada na presente orde, os seguintes requisitos:
A) Respecto ao programa I: axudas destinadas a financiar as cotas que ingresarán polo convenio especial que teñan subscrito ou subscriban coa Seguridade Social.
1. Que a persoa traballadora estea incluída nalgún dos supostos seguintes:
a) Que se teña extinguido os seu contrato de traballo por despedimento ou conforme os artigos 50, 51 e 52 do Estatuto dos traballadores, por proceder dunha empresa declarada insolvente. A declaración de insolvencia da empresa deberá afectar os créditos laborais da persoa traballadora, recoñecidos como consecuencia da sentenza, auto, acto de conciliación ou resolución administrativa a favor dos solicitantes. Para os efectos destas axudas, tamén se considerará que o contrato se extinguiu nunha empresa insolvente, aínda que non se producise tal declaración de insolvencia, cando a extinción da relación laboral tivese lugar con anterioridade á declaración de concurso de acredores da empresa, sempre que os créditos laborais da persoa traballadora se tivesen incorporado ao procedemento concursal.
b) Que se teña extinguido o seu contrato de traballo por despedimento ou, conforme os artigos 50, 51 e 52 do Estatuto dos traballadores, por proceder dunha empresa declarada en concurso. Neste suposto a extinción do contrato deberá producirse dentro do período entre o auto que declara o concurso de acredores e a conclusión deste por algunha das causas que recolle o artigo 176 da Lei 22/2003, de 9 de xullo, concursal.
c) Que se teña extinguido o seu contrato de traballo por algunha das causas do artigo 49.1.g) do Estatuto dos traballadores; este aspecto debe estar expresamente recollido na carta de despedimento ou sentenza declarativa.
d) Que se teña extinguido o seu contrato de traballo como consecuencia do peche da empresa fundamentado nalgunha das causas contidas nos artigos 51 e 52.c) do Estatuto dos traballadores, sempre que ambos os aspectos, peche da empresa e causa de extinción do contrato, se recollan expresamente na sentenza declarativa do despedimento ou carta de despedimento; esta última debe vir acompañada, en todo caso, pola autorización da persoa representante da empresa para consultar os datos do seu peche ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
2. Que a persoa traballadora cumpra un dos seguintes requisitos:
a) Que no momento da presentación da solicitude da axuda o derradeiro contrato de traballo sexa algún dos sinalados no artigo 3.1 da presente orde.
b) Que no momento da presentación da solicitude non transcorresen máis de 4 anos desde que se producise a extinción do contrato de traballo dos sinalados no artigo 3.1 da presente orde, aínda que con posterioridade tivese algún contrato de traballo. Nestes casos a finalización do derradeiro contrato non debera producirse por dimisión da persoa traballadora, prevista no artigo 49.1.a) e d) do Estatuto dos traballadores.
3. Que o centro de traballo da empresa a que se fai referencia no artigo 3.1 da presente orde estea situado en Galicia.
4. Que a antigüidade na empresa a que se fai referencia no artigo 3.1 da presente orde sexa dun mínimo de tres anos.
5. Que conte con 55 ou máis anos de idade.
6. Ter esgotado a prestación contributiva por desemprego.
7. Que a base de cotización media por continxencias comúns dos últimos seis meses de ocupación cotizada na empresa a que se fai referencia no artigo 3.1 da presente orde non supere o importe de 2.600 €.
Nos supostos do artigo 3.2.b) da presente orde, para o cálculo da cotización media por continxencias comúns, ademais do anterior, tomaranse tamén as bases de cotización pola dita continxencia correspondentes á ocupación cotizada do derradeiro contrato de traballo.
8. Ter subscrito, ou comprometerse a subscribir no período subvencionable, convenio especial coa Seguridade Social, conforme o disposto na Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, pola que se regula o convenio especial co sistema da Seguridade Social, nos termos establecidos no artigo 4.2 da presente orde.
B) No caso do programa II: axudas de pagamento único dirixidas a compensar as persoas traballadoras da diminución do importe da indemnización recoñecida como consecuencia de sentenza, auto, acto de conciliación xudicial ou resolución administrativa a favor daquelas, a causa dos referidos despedimentos ou extincións de contratos, cando esta é aboada polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), por proceder dunha empresa en crise, ao ter sido declarada insolvente ou en concurso.
a) Que durante o período a que se estende a axuda que figurará na convocatoria se teña extinguido o seu contrato de traballo por despedimento ou conforme os artigos 50, 51 e 52 do Estatuto dos traballadores, por proceder dunha empresa en crise, ao ter sido declarada insolvente ou en concurso.
Para os efectos destas axudas tamén se considerará que o contrato se extinguiu nunha empresa insolvente, aínda que non se producise tal declaración de insolvencia, cando a extinción da relación laboral tivese lugar con anterioridade á declaración de concurso de acredores da empresa, sempre que os créditos laborais procedentes da indemnización pendente de cobramento da persoa traballadora se tivesen incorporado ao procedemento concursal.
Cando se trate de empresas en procedemento concursal a extinción do contrato deberá producirse dentro do período comprendido entre o auto que declara o concurso de acredores e a conclusión deste por algunha das causas que recolle o artigo 176 da Lei 22/2003, de 9 de xullo, concursal.
b) Que o importe de indemnización aboado polo Fogasa sexa inferior ao recoñecido en sentenza, auto, acto de conciliación xudicial ou resolución administrativa a favor da persoa solicitante.
c) Que o centro de traballo da empresa onde prestaba servizos a persoa traballadora estea asentado en Galicia.
d) Ter feitos 55 anos ou máis.
e) Que a antigüidade na empresa de que procede sexa dun mínimo de tres anos.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde, xunto coa convocatoria do ano 2020, e permanecerá aberto, con carácter permanente, ata o 31 de outubro de 2020.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHAVITA

AXUDAS AO INVESTIMENTO PARA INFRAESTRUTURAS LOCAIS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
Apoiar os proxectos de creación de infraestruturas en Galicia que contribúan a nivel local a mellorar o contorno das empresas e os consumidores e a modernizar e desenvolver a base industrial.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as sociedades mercantís con domicilio social ou centro de actividade en Galicia, coa forma xurídica de sociedade limitada ou sociedade anónima que excedan a definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Ademais deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable en territorio galego.
b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 40% dos investimentos subvencionables, sexa mediante recursos propios sexa mediante financiamento externo.
c) Que teñan sede social ou algún centro de actividade en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA PRAZAS DE RESIDENCIA PARA PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS NOS CENTROS RESIDENCIAIS DA CORUÑA, OURENSE E VIGO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 5 de xuño de 2020 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2020/21 (código de procedemento ED308A).

Obxecto e ámbito de aplicación
1. A presente orde ten por obxecto regular o procedemento (ED308A) para adxudicar prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2020/21.
2. O número de prazas ofertadas é o seguinte:
Centro residencial docente da Coruña: 18 prazas.
Centro residencial docente de Ourense: 6 prazas.
Centro residencial docente de Vigo: 6 prazas.
3. As persoas adxudicatarias de prazas de colaborador bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta, durante o período de funcionamento en que estea aberta aos residentes.

Requisitos persoais e dispoñibilidade
1. A persoa solicitante deberá ter os seguintes requisitos:
a) Dezaoito anos feitos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2020.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
2. A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teña que realizar o devandito labor de apoio.

Requisitos académicos
1. A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2020/21.
2. Considéranse estudantes en réxime de dedicación académica a tempo completo os matriculados no número de créditos indicado a seguir:
a) Estudos de grao: 60 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o número de créditos que resulte de dividir o total dos que integran o plan de estudos (agás os de libre elección) entre o número de anos que o compoñan.
Estes solicitantes terán preferencia na adxudicación de prazas.
3. Non obstante, as persoas solicitantes en situación de matrícula parcial poderán obter praza cando estean matriculadas no número mínimo indicado a seguir:
a) Estudos de grao: entre 30 e 59 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o 50 % dos créditos indicados na epígrafe 2.b).

Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 7 de agosto de 2020.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL

SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMAS DE DESEÑO E IMPLEMENTACIÓN DE ITINERARIOS PERSONALIZADOS E ACCIÓN ESPECÍFICAS QUE FAVOREZAN A INSERCIÓN SOCIOLABORAL DE MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar, para o ano 2020 e 2021, subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta en moitas ocasións a ruptura da situación de violencia

Entidades beneficiarias
Poderán ser destinatarias das subvencións para o desenvolvemento das actuacións reguladas nesta convocatoria as entidades sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e os requisitos exixidos nesta resolución; de xeito particular, deben cumprir os seguintes requisitos:
– Carecer de ánimo de lucro.
– Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
– Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
– Cumprir os requisitos e condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS AOS PROXECTO DOS COMERCIOS RETALLISTAS GALEGOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:
a) Medidas de protección dos empregados e clientes no establecemento comercial.
b) A adaptación do establecemento comercial para reducir o contacto do cliente con elementos e superficies e evitar a súa contaminación.
c) A adquisición de medios de protección e hixiene para comerciantes e clientes.
d) A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.
e) A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica.
f) A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento comercial.
g) Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante o COVID-19 implementadas no establecemento comercial.
h) De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde dos comerciantes, empregados e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións: desenvolver a súa actividade en Galicia polo menos nun centro de traballo, tendo a condición de peme, conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empregar menos de dez (10) traballadores e non ter a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable; estar dadas de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo I das bases reguladoras; desenvolver a actividade comercial nun ou varios establecementos, que individualmente non superen unha superficie total de 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653 do IAE.

 Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

INSTRUCCIÓN PARA O ACCESO E ADMISIÓN DO ALUMNADO NAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO PARA O CURSO 2020/21

MODIFICACIÓN.- ORDE 17 DE ABRIL 2019 REGULADORA DO PROCEDEMENTO TR301K DE ACCIÓNS FORMATIVAS DO PLAN FORMATIVO PARA O EMPREGO E ORDE DO 17 DE ABRIL DE 2020 DE MEDIDAS DE FLEXIBILIDADE PARA IMPARTICIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS COMO CONSECUENCIA DA SITUACIÓN E EVOLUCIÓN DO CORONAVIRUS.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

ORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se modifican parcialmente a Orde do 17 de abril de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento TR301K de accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2019-2021, a Orde do 17 de abril de 2019, pola que se procede á primeira convocatoria do procedemento TR301K de subvención ás accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020, e a Orde do 17 de abril de 2020, pola que se establecen medidas de flexibilidade para a impartición de accións formativas financiadas por esta consellería no ámbito da formación profesional para o emprego, ante a suspensión temporal das accións de formación presenciais como consecuencia da situación e evolución do coronavirus (COVID-19).

SUBVENCIÓNS PARA A REVITALIZACIÓN DO COMERCIO DE PROXIMIDADE E A INCENTIVACIÓN DO CONSUMO A TRAVÉS DO TÍCKET DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, de ámbito superior ao municipal, ou federacións, para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial.

Entidades beneficiarias
Asociacións de comerciantes, de ámbito superior ao municipal, ou federacións, sen fins de lucro, que desenvolvan actuacións para a revitalización do comercio de proximidade e incentivación da demanda comercial, a través de fórmulas conxuntas e integrais que superen a capacidade de actuación das asociacións de comerciantes de ámbito municipal.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA A DINAMIZACIÓN DOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia.

Entidades beneficiarias
As asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
As agrupacións de persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica, constituídas só para os efectos de compartir a unidade xerencial prevista nos puntos 3.1.1.f) e 3.1.2.f) do artigo 1 e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

GALICIA EXPORTA DIXITAL 2020

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitvidade nos mercados internacionais, considerando que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercuten nas posibilidades de negocio, posibilitando a presenza en mercados, facilitando o aceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permiten abrir canles comerciais novas, achegando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións. Sendo o obxecto último destas bases o desenvolvemento e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa, e as necesidades específicas en materia de márketing dixital internacional do comercio retallista.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Tamén poderán ser beneficiarias aquelas pemes dedicadas ao comercio retallista, que non precisan estar dadas de alta en programas do punto anterior.
e) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

PROGRAMA CHEQUES DIXITALIZACIÓN COVID-19

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:
• Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
• Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
• Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
• Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
• Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
• Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.
• Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
• Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …).
• Sistemas de balizas.
• Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
• Adaptación da presenza na internet ao efecto do COVID-19, mediante elementos como bots de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
• Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
• Solucións de mellora da ciberseguridade.
• De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.
Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 € e os 12.000 € de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5 das bases reguladoras.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:
a) Microempresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa) que desenvolvan a súa actividade nalgún dos seguintes sectores:
i. Hostalaría e turismo – CNAE 55 (servizos de aloxamento), 56 (servizos de comidas e bebidas), 7711 (alugamento de automóbiles e vehículos de motor lixeiros), 7721 (alugamento de artigos de ocio e deportes), 79 (actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes), 9004 (xestión de salas de espectáculos), 91 (actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais), 93 (actividades deportivas, recreativas e de entretemento).
ii. Comercio polo miúdo – CNAE 45 (venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas) e 47 (comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas).
iii. Transporte – Rama H da CNAE (transporte e almacenamento).
iv. Perrucaría e estética persoal, tinturarías, servizos de reparación e outros – CNAE 95 (reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico), 9601 (lavado e limpeza de pezas de roupa téxtiles e de pel), 9602 (perrucaría e outros tratamentos de beleza), 9603 (pompas fúnebres e actividades relacionadas), 9604 (actividades de mantemento físico) e 9609 (outros servizos persoais n.c.n.).
v. As seguintes epígrafes de formación: 8532 (educación secundaria técnica e profesional) e 855 (outra educación).
b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014. Quedan excluídas desta epígrafe as entidades dedicadas aos sectores da pesca e da acuicultura, regulados polo Regulamento (CE) núm. 104/2000 do Consello e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.
c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clústers, colexios profesionais ou cámaras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

MOFICACIÓN.- PROGRAMA DE ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS EN MATERIA DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

MODIFICACIÓN.- GALICIA EXPORTA DIXITAL

REDISTRIBUCIÓN DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DE SUBVENCIÓNS DA AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA








miércoles, 17 de junio de 2020

AMPLIACIÓN DE PRAZOS AXUDAS "GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS".

AMPLIACIÓN DE PRAZOS DAS AXUDAS "GALICIA EXPORTA EMPRESAS"

AMPLIACIÓN DE PRAZOS DOS PREMIOS E AXUDAS AOS PROXECTOS PILOTO INDUSTRIA 4.0

INSTRUCCIÓNS PARA ACCESO E ADMISIÓN DO ALUMNADO A ENSINANZAS SUPERIORES

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL








PROGRAMA DE AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS REMUDISTAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
A través da incentivación do contrato de remuda, este programa ten a finalidade de favorecer a substitución nos cadros de persoal das empresas, das persoas traballadoras próximas á xubilación por persoas mozas menores de 30 anos desempregadas ou cun contrato formativo na mesma empresa, ou menores de 35 anos cun contrato temporal na mesma empresa ou persoas desempregadas maiores de 45 anos, garantindo a non destrución de postos de traballo unha vez que as persoas traballadoras que os ocupaban rematen a súa vida activa.

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas que teñan a condición de peme, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que realicen contratos de remuda para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.
As solicitudes de axudas polos contratos de remuda subvencionables realizadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.
As axudas previstas polas contratacións de remuda subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola que se solicita subvención.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

martes, 16 de junio de 2020

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA A EXTENSIÓN DE REDES DE BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA EN ENTIDADES SINGULARES DE POBOACIÓN

SUBVENCIÓN A EMPRESAS PRIVADAS QUE SE DEDIQUEN Á ELABORACIÓN DE ROCHA ORNAMENTAL, PARA A LOITA CONTRA A ENFERMIDADES PROFESIONAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria ás empresas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental, así como a súa convocatoria para o ano 2020, que teñen por obxecto incentivar a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades beneficiarias
Empresas privadas con centros de traballo de elaboración de rocha ornamental localizados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que a subvención solicitada teña por obxecto mellorar as condicións laborais nos ditos centros de traballo localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.
En calquera caso, para os efectos de esta orde, considéranse actividades de elaboración de rocha ornamental aquelas actividades incluídas na sección C e, en concreto, na clase 23.70 do CNAE.
Para os efectos do disposto nesta orde considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará o décimo día hábil posterior a aquel en que se publique esta orde no DOG, e concluirá no mes de vencemento o día ordinal anterior ao día en que comezou o prazo.


lunes, 15 de junio de 2020

BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA NO PARLAMENTO DE GALICIA

PARLAMENTO DE GALICIA


A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 4 de xuño de 2020, acordou aprobar as bases da convocatoria para a concesión das seguintes bolsas individuais para contribuír á formación práctica de persoas graduadas universitarias e relacionadas coa actividade da institución:
a) Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) Unha bolsa de formación en comunicación institucional.
c) Dúas bolsas de formación en publicacións.
d) Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación.
e) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.
E unha bolsa de formación adicional nunha das modalidades anteriores, reservada para
persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % co fin de contribuír a súa integración
laboral.

As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina
web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).

As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao
da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DE SUBVENCIÓNS DOS PROGRAMAS DE FOMENTO DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA E SUSTENTABILIDADE E DE FOMENTO DA CONSERVACIÓN, MELLORA DA SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E DA ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021, PARA O ANO 2020

CAMPAÑA DE VERÁN 2020

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 9 de xuño de 2020 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2020 e se procede á súa convocatoria.

Obxecto
1. Para facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2020 que se detalla no anexo I (códigos de procedemento: BS303A, BS303F, BS303G e BS303H).

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.
2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web http://xuventude.xunta.es/.

Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

viernes, 12 de junio de 2020

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA RE-ACCIONA

AXUDAS PARA O PAGAMENTO DA COMISIÓN INICIAL DE APERTURA DESTINADAS AOS BENEFICIARIOS DOS PRÉSTAMOS DE ADIANTO DAS AXUDAS DA PAC 2020

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia as bases para a concesión das axudas de minimis para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas asinantes dos préstamos de adianto das axudas da PAC no ano 2020.

Persoas beneficiarias
As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que cumpran todos os requisitos que se indican a seguir:
a) As persoas agricultoras e gandeiras solicitantes das axudas (directas e Feader SIXC) correspondentes á política agraria común (PAC), que presenten ou presentasen a súa solicitude consonte co previsto na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.
b) Que subscriban ou teñan subscrito un préstamo persoal do anticipo da PAC 2020 con algunha das entidades financeiras asinantes do convenio entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a través da Consellería do Medio Rural e diversas entidades financeiras para a formalización de préstamos preferentes para o anticipo das axudas (axudas directas e axudas Feader SIXC) correspondentes á política agraria común (PAC), relativas á Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control e que presenten xustificación destes préstamos ante o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), a través das entidades colaboradoras.

Solicitude e prazo
1. A solicitude da axuda entenderase realizada pola presentación no ano 2020, da solicitude única regulada na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, sempre que se xustifique a subscrición dun préstamo entre a persoa solicitante da PAC da campaña 2020 e as entidades financeiras asinantes do convenio, xa fosen subscritos os préstamos antes da sinatura do convenio como con posterioridade á súa entrada en vigor, e que recollan o préstamo para o adianto dunha porcentaxe da PAC na campaña 2020.
2. As entidades colaboradoras deberán remitir a documentación regulada na orde antes de 15 días hábiles desde a finalización de cada mes natural, en relación cos préstamos formalizados nese mes, e non poderán superar o día 30 de agosto as citadas comunicacións. Respecto dos préstamos asinados con anterioridade á publicación desta orde, o envío de toda a documentación deberá facerse no primeiro envío que efectúen as entidades colaboradoras.

SUBVENCIÓNS A EMPRESAS PRIVADAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, PARA A LOITA CONTRA AS ENFERMIDADES PROFESIONAIS NO SECTOR MINEIRO EN GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


LIÑA DE AXUDA A

Obxecto
Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria ás empresas mineiras que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a súa convocatoria para o ano 2020, que teñen por obxecto incentivar a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po e ao ruído, no sector mineiro de Galicia, a través de dúas liñas de actuación:
As axudas que correspondan a actuacións encadradas na liña A serán para financiar os investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante a redución das emisións de po e ruído.

Entidades beneficiarias
Empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración.
Considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará o décimo día hábil posterior a aquel en que se publique esta orde no DOG, e concluirá no mes de vencemento o día ordinal anterior ao día en que comezou o prazo.

LIÑA DE AXUDA B

Obxecto
Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria ás empresas mineiras que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a súa convocatoria para o ano 2020, que teñen por obxecto incentivar a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po e ao ruído, no sector mineiro de Galicia, a través de dúas liñas de actuación:
As axudas que correspondan a actuacións encadradas na liña B serán para financiar os investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, especialmente as relativas á redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.

Entidades beneficiarias
Empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración.
Considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará o décimo día hábil posterior a aquel en que se publique esta orde no DOG, e concluirá no mes de vencemento o día ordinal anterior ao día en que comezou o prazo.

1ª EXPANSIÓN TERRITORIAL DO ÁMBITO DE APLICACIÓN DA TARÍFA ESPECÍFICA XENTE NOVA NO TRANSPORTE PÚBLICO INTERURBANO

AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, POR REDUCCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto avanzar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como medida de fomento da corresponsabilidade e da conciliación da vida familiar e laboral, mediante incentivos para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo para a atención e coidado das súas fillas e fillos, así como para as familias monoparentais, homes ou mulleres, que precisan dun apoio específico para compaxinar a vida laboral, persoal e familiar.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, homes e mulleres (neste último caso só se son familias monoparentais) que no período comprendido, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020 ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos ou menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
No suposto de adopción ou de acollemento familiar, para ter dereito a axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou adopción e, en todo caso, a filla ou fillo terá que ser menor de 12 anos.
2. Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións: a) Estar empadroado en Galicia, como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2019 e manter esa situación durante todo o período subvencionado; b) Convivir coa filla ou fillo; c) Se é o caso, a persoa cónxuxe ou parella debe estar traballando; d) Ter uns ingresos non superiores a 7 veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo con prazo de presentación vencido (2018).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 11 de junio de 2020

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS 2020

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
Establecer e aprobar as bases reguladoras das subvencións para o apoio a festivais de artes escénicas de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e aprobar a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT213A).

Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas, domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e os criterios establecidos nestas bases.
2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.