viernes, 29 de septiembre de 2023

AXUDAS SUSCEPTIBLES DE SEREN COFINANCIADAS POLA UNION EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA GALICIA FEDER 2021-2027

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxecto é a concesión de axudas ou de préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:
I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.
I.2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas e préstamos as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia considerado subvencionable ao abeiro destas bases.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiaria as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes da axuda e, de ser o caso, préstamo comezará ás 8.00 horas do día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14.00 horas do 31 de outubro de 2023, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.



CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE INCENTIVOS PARA A IMPLANTACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ENERXIAS RENOVABLES TÉRMICAS EN DIFERENTES SECTORES DA ECONOMÍA

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422N).

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE INCENTIVOS 6 VENCELLADO Á REALIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS NO SECTOR RESIDENCIAL

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).

MODIFICACIÓN.-INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL EN GALICIA, 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 28 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 16 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR350C).

BONOS ACTIVA COMERCIO 2023

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 13 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).

Obxecto
O obxecto é a concesión de axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Data de activación dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 2 de outubro ata o 31 de decembro de 2023, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.
Mediante orde da Consellería de Economía, Industria e Innovación poderase modificar a devandita data se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellasen, do que se dará a publicidade oportuna.

jueves, 28 de septiembre de 2023

PROGRAMA DE CENTROS DE FABRICACIÓN AVANZADA: AXUDAS AO INVESTIMENTO PARA INFRAESTRUTURAS LOCAIS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa centros de fabricación avanzada), susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408C).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e o seu obxecto é apoiar a posta en marcha de proxectos de creación de infraestruturas en Galicia que contribúan a nivel local a mellorar o contorno das empresas e os consumidores e a modernizar e desenvolver a base industrial, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estarán á disposición dos usuarios interesados dunha forma aberta, transparente e non discriminatoria. O prezo que se cobrará polo uso ou venda das infraestruturas será o prezo de mercado.
b) Deberán permitir a utilización por parte dos seus destinatarios mediante unha estrutura de servizos tarificables en función do uso ou consumo que se realice. Non serán subvencionables os proxectos en que o solicitante ou un terceiro utilice de xeito exclusivo ou moi maioritario a infraestrutura para si ou para a execución de proxectos para terceiros. Para os efectos destas bases, considerarase utilización moi maioritaria por parte dun terceiro á que supere o 75 % da facturación da infraestrutura.
c) A concesión ou outro tipo de atribución a terceiros para explotar as infraestruturas realizarase sobre unha base aberta, transparente e non discriminatoria, tendo debidamente en conta as normas de contratación pública aplicables.
d) Deberán prestar servizos que non estean dispoñibles localmente no momento da solicitude, ou servizos cuxa oferta local non se axuste ás necesidades das empresas.
O investimento subvencionable deberá ser superior a 100.000 € e inferior a 20.000.000 €.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, que adopten a forma xurídica de sociedade limitada ou sociedade anónima, preexistentes ou que se constitúan especificamente para a explotación da infraestrutura proposta, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable en Galicia.
b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 20 % dos investimentos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
c) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e/ou un centro de traballo en Galicia. O centro de traballo poderá ser a propia infraestrutura que se vai crear.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será de dous meses contados desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo de dous meses.

SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN COAS ENTIDADES SEN ANÍMO DE LUCRO PARA A CONTRATACIÓN DE AXENTES DE EMPREGO E UNIDADES DE APOIO 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 18 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR352B).

Obxecto
Financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais, a través da concesión de axudas e subvencións para a contratación ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2022 de axentes de emprego e unidades de apoio (código de procedemento TR352B), que colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego no ámbito das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.

Entidades beneficiarias
Entidades sen ánimo de lucro que establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, e que estean a desenvolver actividades de promoción e implantación de políticas activas de emprego, relacionadas fundamentalmente coa promoción do emprego, o autoemprego e o desenvolvemento local.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

lunes, 25 de septiembre de 2023

AMPLIACIÓN PRAZO EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA BONO ENERXÍA PEME

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2023 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecidos na Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2023 (código de procedemento IN417Z).

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DAS AXUDAS BONOS TALENTO EMPRESA 2023-24

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 18 de setembro de 2023 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das axudas Bonos Talento empresa previsto na Orde do 3 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR302D).

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE EMPREGO PARA PERSOAS MOZAS INCLUIDAS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 13 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 12 de abril de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 e 2024, cofinanciada polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento TR353B).

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DAS CASAS DO MAIOR E SE PROCEDE A SÚA CONVOCATORIA PARA 2021, 2022, E 2023

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 18 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 22 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento BS212A).

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR E A CONTINUIDADE DE CASAS DO MAIOR EN FUNCIONAMENTO PARA OS ANOS 2022 E 2023

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 18 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS212A e BS212B).

CONVOCATORIA PREMIOS FIN DE CARREIRA DE GALICIA PARA O ALUMNADO QUE REMATOU ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES NO CURSO 2022-23

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2022/23 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).

Obxecto
1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores conducentes a unha titulación superior de ensinanzas artísticas no curso 2022/23, nos centros dependentes da Xunta de Galicia (código de procedemento ED311G).
2. Estes premios, ademais de ter asignada unha dotación económica, supoñen un recoñecemento de carácter oficial para o alumnado que conta co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes.

Número e dotación dos premios
1. Poderanse conceder ata seis premios coa seguinte distribución: 2 premios nas ensinanzas artísticas superiores de Música, 2 premios nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño, 1 premio nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, e 1 premio nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
2. As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción. O importe do premio estará suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.
3. Só se poderá recibir un premio por persoa. Na simultaneidade de estudos superiores de ensinanzas artísticas no caso de que unha persoa resulte seleccionada en máis dun deles, deberá escoller en cal desexa recibir o premio.

Requisitos das persoas solicitantes
Poderá optar a estes premios o alumnado de ensinanzas artísticas superiores que cumpra os seguintes requisitos:
a) Que teña finalizados, no curso académico 2022/23, os estudos da titulación artística superior pola que opta ao premio nun centro de ensinanzas artísticas superiores de titularidade da Xunta de Galicia, e cuxa data de presentación e defensa do traballo fin de estudos (TFE), estea comprendida entre o día 1 de setembro de 2022 e o día 31 de agosto de 2023.
b) Que teña unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5000 sen arredondamento.

Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, xa que as persoas solicitantes teñen capacidade suficiente e acceso a estes medios, a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes subscribiraas electronicamente a persoa interesada ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
3. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda, que deberán observar en todo momento as persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal
Se as dúbidas están relacionadas con esta convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico sereap@edu.xunta.gal
4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

viernes, 22 de septiembre de 2023

AXUDAS A PERSOAS TITULADAS UNIVERSITARIAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO PARA A MATRÍCULA NUN MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL OFERTADO POLAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2023/24 (código de procedemento ED421A).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia.

Persoas beneficiarias
Persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas no curso 2023/24 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE EUROTAXI, VEHICULOS TAXI DE EMISIÓNS CERO E VEHICULOS TAXI ECO 2023

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 15 de setembro de 2023 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 14 de novembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio de 2023 (tramitación anticipada) (código de procedemento IF303A).

miércoles, 20 de septiembre de 2023

SUBVENCIÓNS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL DIRIXIDOS Á PROMOCIÓN DA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES E DE PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades no ano 2023 (código de procedemento SI452A).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas para o ano 2023 destinadas á realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, cuxo obxecto sexa o sinalado no artigo 5.
Os programas desenvolveranse no ano 2024. Subvencionaranse programas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, para lograr a eliminación de estereotipos de xénero que conducen a que as mulleres padezan unha situación de desvantaxe no eido laboral, social, persoal, económico, político e cultural. Así mesmo, subvencionaranse determinados programas que teñan por obxecto a prevención de todas as formas de violencia contra as mulleres, segundo o recollido na Lei 11/2007, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Serán obxecto de subvención os seguintes tipos de programas:
a) Acollemento, atención e asesoramento para mulleres en situación de vulnerabilidade.
b) Acollida e aloxamento que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e das súas fillos e fillas.
c) Programas de información e formación para o empoderamento e participación activa dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade e a mulleres do medio rural, que impulsen o emprendemento, o autoemprego, a formación e a mellora da súa capacitación de cara a mellorar a súa empregabilidade.
d) Programas de conciliación dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade que consistan en actividades de coidado e atención a menores de doce anos, persoas con discapacidade e/ou dependentes e persoas maiores.
e) Actuacións de información e de formación para o empoderamento e participación activa das mulleres, en especial as que sofren situacións de vulnerabilidade e/ou as que residen no medio rural.
f) Programas para o tratamento da saúde integral das mulleres e/ou sobre a sexualidade das mulleres.
g) Programas de apoio e tratamento integral dirixidos a grupos de mulleres vítimas da violencia de xénero especialmente vulnerables: mozas e adolescentes, mulleres con discapacidade, mulleres maiores, mulleres que residen no medio rural, mulleres inmigrantes, mulleres pertencentes a minorías étnicas, etc.
h) Programas que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e dos/das seus/súas fillos e fillas.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social e a Cruz Vermella Española sempre que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico. As entidades solicitantes deberán estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración.
No caso de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de recente creación, entenderase cumprido o requisito sempre que o cumpra cada unha das entidades que a integran e a dita agrupación presente a solicitude de inscrición no rexistro dentro do prazo de presentación de solicitudes.
No caso de entidades de nova creación legalmente constituídas que se subroguen nos dereitos e obrigas de entidades constituídas legalmente, entenderase cumprido o requisito se o cumpría a entidade transmitente. A nova entidade, en todo caso, deberá solicitar a súa inscrición no rexistro dentro do prazo de presentación de solicitudes.
b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos, acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu cometido con carácter gratuíto, de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
c) Ter o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Ter entre os seus fins institucionais recollidos nos seus estatutos a realización dos programas e actuacións subvencionables de acordo co establecido no artigo 5.
Os fins e obxectivos das entidades solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre mulleres e homes, potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social e atender ás mulleres en situación de vulnerabilidade. Estes fins e obxectivos deberán estar recollidos nos seus estatutos ou desprenderse da súa actuación xeral.
f) Desenvolver as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materias necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Acreditar experiencia e especialización durante un prazo mínimo de 2 anos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, na xestión e execución de programas dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, e que se posúen os medios persoais e materias necesarios para iso mediante declaración responsable do representante legal.
Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.
No caso de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de recente creación, entenderase cumprido o requisito sempre que o cumpra cada unha das entidades que a integran. No caso de entidades de nova creación legalmente constituídas que se subroguen nos dereitos e obrigas de entidades constituídas legalmente, entenderase cumprido o requisito se o cumpría a entidade transmitente.
2. Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica nos seguintes termos:
a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no punto 1 anterior.
b) As entidades agrupadas deberán de achegar un acordo en que se indiquen os compromisos e o orzamento correspondente a cada un dos membros para a execución conxunta das actuacións, así como a porcentaxe da subvención que corresponderá a cada un dos membros, de ser o caso.
c) Deberán nomear unha persoa en representación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
3. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DE SUBVENCIÓNS PARA O PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DO COMERCIO: FONDO TECNOLÓXICO

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da Orde do 15 de maio de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).


martes, 19 de septiembre de 2023

BOLSA DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PROMOCIÓN E DEFENSA DA COMPETENCIA 2023

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación en materia de promoción e defensa da competencia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO400F).

Obxecto
Bolsa de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que ten por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de defensa da competencia. Esta bolsa desenvolveranse dentro do programa de traballo da Comisión Galega da Competencia, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que transmita o/a titor/a asignado/a.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta bolsa de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en dereito, en económicas ou en administración e dirección de empresas, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 18 de septiembre de 2023

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS Á MODERNIZACIÓN E XESTIÓN SUSTENTABLE DAS INFRAESTRUTURAS DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 20 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404E)

PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2023

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de estadías en prazas de establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do programa Benestar en balnearios e axudas para o ano 2023, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS607A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de estadías de dez días en establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do programa Benestar en balnearios para o ano 2023 (código do procedemento BS607A) e da axudas en especie, así como proceder á súa convocatoria.

Persoas beneficiarias e requisitos
1. Poderán ser persoas beneficiarias do programa Benestar en balnearios para o ano 2023 aquelas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b) Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e ás quendas solicitadas.
g) Deben cumprir cos requisitos e obrigas sinalados no artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
2. A persoa solicitante poderá participar na convocatoria da oferta de estadías e tratamentos do programa acompañadas das seguintes persoas:
a) Polo seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados no número 1, excepto o sinalado na letra a).
b) Por un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este poida acudir sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras solicitantes e cumpra os requisitos citados no número 1, agás o da letra a).
c) Por unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados no número 1.
3. As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Terceiro. Servizos e prestación ofertados
1. A estadía inclúe os seguintes servizos e prestacións:
a) Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres, de uso compartido ou, no caso de existir dispoñibilidade, en cuartos individuais.
b) Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada establecemento balneario no anexo IV, que comprenderán:
1º. O recoñecemento médico, ao ingresar no establecemento balneario, para a prescrición do tratamento.
2º. O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do establecemento balneario.
3º. O seguimento médico do tratamento.
c) Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento balneario.
d) Póliza colectiva de seguro turístico.
2. As persoas solicitantes que estean interesadas en aloxarse en habitación individual, no caso de que houber dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza entre o prezo aboado e o prezo total desa habitación.
3. As persoas solicitantes que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude, nos termos do anexo I, e acreditalo ao incorporarse á quenda.
4. As persoas solicitantes que estean interesadas en participar nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento balneario, non incluídas no número 1, terano que facer polos seus propios medios e ao seu cargo.
5. O desprazamento desde o domicilio ata o establecemento balneario, así como o de regreso, será por conta das persoas solicitantes, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que ofertar o establecemento balneario, se for o caso.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Cando o ultimo día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da axuda.

viernes, 15 de septiembre de 2023

SELECCIÓN DAS PERSOAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA DA ACELERADORA CULTURAL DE PROXECTOS MUSICAIS

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023 pola que se convoca, para o ano 2023, o procedemento para a selección, en réxime de concorrencia competitiva, das persoas participantes no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 (código de procedemento CT402H).

Finalidade
Teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a selección, por parte da Agadic, das persoas físicas e/ou xurídicas para participar no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais, coa finalidade de incentivar e estimular a profesionalización empresarial do sector musical e impulsar a carreira de artistas emerxentes.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias as persoas profesionais rexistradas no réxime especial de traballadores autónomos e as microempresas, sempre que reúnan os requisitos deste artigo, así como as persoas físicas maiores de idade, co compromiso de constituírse en empresa ou persoa autónoma de no momento de adquiriren tal condición sempre que cumpran os requisitos deste artigo no momento da súa constitución.
Deberán:
a) Ter a condición de empresa no ámbito musical con menos de seis anos de antigüidade e desenvolver a súa actividade profesional e/ou empresarial de forma habitual e maioritariamente en Galicia.
b) Desenvolver un proxecto musical que non leve máis de 6 anos no mercado da música.
c) Estar dadas de alta nas epígrafes do IAE 032 (intérpretes de instrumentos musicais) ou 033 (actividades relacionadas coa música, cantantes). Para os efectos destas bases, non se computará como antigüidade a alta noutras epígrafes do IAE distintas das anteriormente descritas.
d) Contar cunha sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
e) Estar dentro da definición de microempresa segundo o anexo I do Regulamento número 651/2014 da Comisión Europea.
f) Realizar o seu traballo habitual e maioritariamente na Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiarias da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
2. De acordo co artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, nesta convocatoria poderán ser beneficiarias as empresas que non estean en crisis no momento da presentación da solicitude, circunstancia que será comprobada pola Agadic.
3. Esta convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
4. Non poderán ser solicitantes desta convocatoria as persoas beneficiarias no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais do ano 2022. Enténdese por persoas beneficiarias aquelas que desenvolveron todo o programa da aceleración previsto na convocatoria. Para o caso das bandas de música, o concepto de persoa beneficiaria refírese a todas as persoas que formaban a banda ou grupo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

EMERXENCIA CINEXÉTICA TEMPORAL POLOS DANOS OCASIONADOS POLO XABARIL

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas dos Ancares, Chantada, Lugo, A Mariña Central, A Mariña Occidental, A Mariña Oriental, Sarria, Terra Chá e Terra de Lemos.

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a emerxencia cinexética temporal nas comarcas sinaladas no anexo I desta resolución en que se inclúen os tecores e zonas libres indicados no anexo II, debido ás circunstancias especiais derivadas dos danos á agricultura, ao perigo de accidentes de tráfico e previsibles riscos ambientais ocasionados polo xabaril, coa finalidade de axilizar a aplicación de medidas conducentes ao control das poboacións desta especie, a través de distintas modalidades e procedementos de captura.

Segundo. A vixencia desta declaración de emerxencia cinexética temporal estenderase desde a entrada en vigor da presente resolución ata o 25.2.2024, abranguendo o período hábil de caza establecido para o xabaril no artigo 16.2 da Resolución do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.


Terceiro. Durante a vixencia da declaración de emerxencia cinexética temporal, nas comarcas incluídas no anexo I poderanse adoptar as medidas que se relacionan a continuación para o control da poboación de xabaril, e permitirase abater ou capturar sen límite de exemplares, xabarís de ambos sexos, prioritariamente femias adultas e subadultas en todas as súas idades. Nestas zonas permitirase, así mesmo, abater crías e femias seguidas de crías, logo de autorización especial da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 13/2013, do 23 de decembro.

jueves, 14 de septiembre de 2023

BOLSAS DESTINADAS AO ALUMNADO DAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS DO SISTEMAS UNIVERSITARIO DE GALICIA QUE PARTICIPA EN PROGRAMAS DE MOBILIDADE CON PAÍSES EXTRACOMUNITARIOS CURSO 2023/24 FÓRA DO ÁMBITO DO PROGRAMA ERASMUS+

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 5 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2023/24, fóra do ámbito do programa Erasmus+ (código de procedemento ED441B).

Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva bolsas destinadas ao ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2023/24 en programas de intercambio con países extracomunitarios, realizados fóra de ámbito do programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.

Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2023/24 en programas de intercambio con países extracomunitarios, realizados fora de ámbito do programa “Erasmus+”

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL 2023

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 7 de setembro de 2023 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 23 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300C).

MODIFICACIÓN.-SUBVENCIÓNS PARA O PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DO COMERCIO: FONDO TECNOLÓXICO PARA 2023

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 7 de setembro de 2023 de modificación da Orde do 15 de maio de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

miércoles, 13 de septiembre de 2023

AMPLIACIÓN DE PRAZOS DA SUBVENCIÓN PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DOS SECTORES DE INDUSTRIA E SERVIZOS 2022-23

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023 sobre a ampliación dos prazos establecidos no artigo 26 da Resolución do 23 de marzo de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores de industria e servizos para o ano 2022-2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA DE IMPULSO DE ESCOLARIZACIÓN NO 1º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 6 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

lunes, 11 de septiembre de 2023

AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO 2023

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 24 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

Programa I: subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional (código de procedemento TR341K).

Obxecto e finalidade
O obxecto deste programa é subvencionar os custos salariais e da Seguridade Social por conta da empresa derivados da contratación indefinida do persoal das unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos CEE.
A finalidade é promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoal destinatario final do programa
As persoas traballadoras dos CEE con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral. Defínense así as persoas que estean nalgún dos seguintes supostos:
a) Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
b) Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo II das bases reguladoras e, en particular:
a) Que formen parte do seu cadro de persoal persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2 da orde que establece as bases reguladoras destas axudas e que se define no punto terceiro deste extracto.
b) Que dispoña de unidades de apoio á actividade profesional e que estas teñan a composición establecida no artigo 31 das bases reguladoras.

Persoal destinatario final do programa
As persoas traballadoras dos CEE con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral. Defínense así as persoas que estean nalgún dos seguintes supostos:
a) Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
b) Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado como se indica no artigo 8.5 da orde.

Período subvencionable e xustificación da axuda
O período subvencionable comprende desde o 1 de xullo de 2023 ata o 30 de novembro de 2023.
A data máxima de xustificación será o 31 de decembro de 2023.

Programa II: axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica para os CEE (códigos de procedemento TR341E e TR341N).

Obxecto
O obxecto deste programa é incentivar a creación de postos de traballo estables e financiar as adaptacións dos postos de traballo que precisen os CEE no seu proceso de creación ou de mellora e diversificación produtiva.

Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo III desta orde.
Igualmente, os centros de traballo para os cales se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do dito Decreto 200/2005.
No caso das axudas de asistencia técnica sinaladas no artigo 40.1.a, b, c) para seren beneficiarios, os CEE deberán estar cualificados como centros de iniciativa social ou sen ánimo de lucro no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de conformidade co artigo 10 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado como se indica no artigo 8.5 da orde.


Período subvencionable e xustificación das axudas
O período subvencionable comprende desde o 1 de xullo de 2023 ata o 30 de novembro de 2023.
A data máxima de xustificación será o 31 de decembro de 2023.

Programa III: axudas ao mantemento do custo salarial nos CEE (código de procedemento TR341M).

Obxecto
O obxecto deste programa é axudar os CEE a financiaren o custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas en centros de traballo do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo IV desta orde.


Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado como se indica no artigo 8.5 da orde.

Período subvencionable e xustificación das axudas
O período subvencionable comprende desde o 1 de xullo de 2023 ata o 30 de novembro de 2023.
A data máxima de xustificación será o 31 de decembro de 2023.
A xustificación mensual do programa III establecida no artigo 47 das bases reguladoras presentarase no prazo máximo de corenta (40) días contados desde o último día do mes de referencia.

viernes, 8 de septiembre de 2023

XORNADA GRATUÍTA: AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN ACTIVA INDUSTRIA 4.0


 

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE COMERCIO CIRCULAR 2023

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 16 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións do programa de comercio circular e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300D).

Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a execución de proxectos do programa de comercio circular.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
1.1. Comerciantes retallistas:
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño), incluídas as persoas en situación de autoemprego.
Para a consideración de pequena e mediana empresa, observarase o disposto na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE nº L 124/36, do 20 de maio de 2003).
c) Que estean dadas de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal.
No suposto de que nun mesmo establecemento comercial se realicen actividades comerciais subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal.
1.2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
1.3. Asociacións de comerciantes:
Que teñan a condición de centro comercial aberto ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300A) (DOG número 28, do 9.2.2023).
En todo caso, as asociacións de comerciantes deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola Xunta Directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 7 de septiembre de 2023

MODIFICACIÓN.-AXUDAS DESTINADAS Á ELABORACIÓN DE INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL 2022

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 25 de agosto de 2023 pola que se modifica a Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestal, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR462B).

AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO "VIA kÜNIG IV" DE BECERREÁ, BARALLA E AS NOGAIS

 AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “VÍA KÜNIG IV” DE BECERREÁ, BARALLA E AS NOGAIS.

Primeiro.- Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas
empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, as cales desempeñan actividades que están directamente relacionadas coa formación impartida no Obradoiro Dual de Emprego de Becerreá, Baralla e As Nogais, no que se impartiu a formación necesaria para obter o Certificado de Profesionalidade EOCB0109 Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, que contraten traballadores/as por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dosConcellos de Becerreá, Baralla e As Nogais.

Segundo.- Obxecto: Os incentivos a contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no Obradoiro Dual de Emprego Vía Künig IV, financiados a través da convocatoria de 2022 de axudas e subvencións a obradoiros duais de emprego, pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, e promovido polos Concellos de Becerreá, Baralla e As Nogais, sendo neste caso o Concello de Becerreá a entidade promotora.

Terceiro.- Bases Reguladoras: As bases completas e os modelos de solicitude están publicados no taboleiros de anuncios da sede electrónica do Concello de Becerreá https://concellodebecerrea.sedelectronica.gal

Cuarto.- Contía: Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada
traballador/a, correspondente a un contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.

Quinto.- Prazo de presentación de solicitudes: Quince días naturais (15) contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP de Lugo.


miércoles, 6 de septiembre de 2023

OFERTA DE EMPREGO

 


Auxiliar de tienda para lugo

Telepizza | Lugo, Lugo |


Telepizza es una marca líder en pizza delivery, fundada en España en 1987. Desde hace más de 35 estamos entregando momentos de felicidad a nuestros clientes.

¿Quieres ser auxiliar y formar parte de nuestro equipo?

Buscamos auxiliares de tienda que se encarguen de elaborar nuestras Telepis, dar una excelente atención a nuestros clientes y apoyar en las tareas de tienda. Personas positivas, dinámicas y que sepan guardar nuestro mejor secreto.

¡Únete a nuestro equipo! Te ofrecemos:

* Contrato parcial indefinido desde el primer día.

* Jornada desde 15 horas semanales

* Te damos flexibilidad. Ofrecemos la oportunidad de compatibilizar el trabajo con tus estudios u otras actividades.

* Creemos y fomentamos la conciliación

* Formacion continua

* Desarrollo dentro de la compañía ¿Sabías que varios de nuestros directivos empezaron siendo repartidores?

* ¡Estamos en todas partes! Buscaremos un centro de trabajo cercano a tu casa, para que tengas la mayor comodidad.

Ya sabes!!!! Si te gusta trabajar en equipo y tienes disponibilidad y buena energía, te queremos conocer.



*Es posible que recibas un mensaje con un enlace que te indicará los pasos para que te presentes brevemente en vídeo y te contemos las condiciones del puesto. Si tu candidatura sigue avanzando, te contactaremos personalmente.¡Te esperamos!

Requisitos mínimos:

* Edad.
* Permiso de trabajo en regla.
* Experiencia en Atención al Cliente










 

SUBVENCIÓNS PARA FACILITAR A MOBILIDADE XEOGRÁFICA DAS MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI451B).

Obxecto
Estas axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e a súa finalidade é facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero cando, a causa desa situación, se vexan obrigadas a cambiar a súa residencia habitual como consecuencia da súa contratación por conta allea ou establecemento por conta propia.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta resolucións as mulleres vítimas de violencia de xénero que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que acrediten a súa situación por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
En todo caso, a documentación acreditativa da situación de violencia de xénero debe estar emitida no prazo dos 24 meses anteriores ao cambio de residencia.
Para os efectos desta resolución tamén terán a condición de vítima de violencia de xénero as mulleres que padeceran violencia vicaria ou violencia por interposita persona.
b) Que cesasen a relación de convivencia co seu agresor.
c) Que a media dos ingresos brutos mensuais da solicitante non supere o límite do importe de 3,5 veces o IPREM vixente nos 6 meses anteriores á data de presentación da solicitude.
2. As axudas recollidas na presente resolución recoñeceranse cando o traslado se producise con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2023.

lunes, 4 de septiembre de 2023

OBRADOIRO DE EMPRENDEMENTO COOPERATIVO NO MEDIO RURAL: OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

 

Achegamos unha nova convocatoria do Obradoiro de Emprendemento Cooperativo no medio rural: Oportunidades de Negocio que comezará o vindeiro 26 de setembro e remata o 10 de outubro. Este Obradoiro, realizado mediante videoconferencia, é demandado polas persoas que están a avaliar as oportunidades de negocio que ofrece o medio rural del Galicia, será impartido polos técnicos de AGACA e dará acceso a un acompañamento a todos os interesados en constituír cooperativas ou empresas de economía social na contorna rural de Galicia. Neste Obradoiro defínense aspectos xerais e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural.

 

Pregamos a tódolos interesados procedan a INSCRIBIRSE no seguinte enlace https://agaca.coop/gl/emprenderural/ coa finalidade de recibir o enlace ás videoconferencias.

CURSO DE TELEFORMACIÓN AGRICOOPVALUE PARA LA MONETIZACION DEL VALOR SOCIAL

 Disponemos de plazas para desarrollar gratuitamente el "Curso de Teleformación Agricoopvalue para la monetización del valor social", versión en español. Este curso se desarrolla en el marco del proyecto Erasmus+ AgricoopValue y permite conocer y formarse en la metodología para la monetización del valor social de los beneficios que genera una cooperativa o entidad.

Puedes asistir al curso según tu disponibilidad de tiempo, durante las 24 horas de los 7 días de la semana. La conclusión de todo el curso con éxito confiere la emisión de un certificado. La formación online incluye contenidos formativos sobre la contabilidad social en el sector agroalimentario y las peculiaridades de la aplicación de esta metodología. 

Los usuarios finales del curso tienen la oportunidad de acceder a material en formato digital gratuito que les permite utilizar, adaptar o redistribuirlos sin ninguna restricción, dependiendo de la realidad de cada cooperativa o entidad.

Enlace para el registro y desarrollo del curso: https://e-training.agricoopvalue.eu/login/index.php

En el archivo adjunto podéis encontrar algunas indicaciones para un fácil acceso y desarrollo del curso.

El plazo para finalizar el desarrollo del curso vence el 15 de septiembre del 2023. Aprovecha lo que queda de verano.

Para cualquier duda o comentario sobre la materia contacten con nuestros compañeros Loli ( loli@agaca.coop ) y/o Demetrio ( estudos5.agaca@gmail.com ).

2ª CONVOCATORIA: PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4 NO ANO 2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

Obxecto.
Realizar a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4, no ano 2023, con código de procedemento administrativo PL500C.

Persoas destinatarias.
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

Presentación de solicitudes e prazo.
5.1. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente. No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
5.2. As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita) poderán solicitar motivadamente a exención da realización da proba ou probas referidas a esas destrezas.
De necesitar algún tipo de axuda para a realización das probas por mor dunha discapacidade, a persoa indicará na súa solicitude o apoio concreto que precisa (lectura fácil –para persoas con discapacidade intelectual–, máis tempo, maior tamaño de letra...).
En todo caso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística valorará se a discapacidade alegada dá lugar á exención e/ou ao apoio solicitados.
5.3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
5.4. O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

viernes, 1 de septiembre de 2023

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS GALEGOS 2023

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023 pola que se modifica a Resolución do 20 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT207B).

PREMIOS DO PROGRAMA XUVENTUDE CREA 2023

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE 


Obxecto
O obxecto é establecer as bases que rexen a concesión dos premios do programa Xuventude Crea e convocalos para o ano 2023.

Persoas destinatarias
Serán destinatarias da convocatoria as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2023, agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na cal solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de cociña, creación de videoxogos, danza moderna, música, teatro e videocreación, a participación será sempre a título individual.
Aquelas persoas que gañasen o primeiro premio dunha especialidade das convocadas na edición do ano anterior non poderán participar na mesma especialidade na presente convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Especialidades dos premios do programa Xuventude Crea:
a) Artes plásticas.
b) Arte urbana.
c) Banda deseñada.
d) Cociña.
e) Creación de videoxogos.
f) Danza moderna.
g) Deseño de xoias.
h) Fotografía.
i) Moda.
j) Música.
k) Novela curta.
l) Poesía.
ll) Teatro.
m) Videocreación.
Premios por cada unha das especialidades:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música.

Poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades a aquelas obras que conseguisen chegar á fase final en relación coas especialidades que establezan a dita fase a que acceden as persoas concursantes finalistas seleccionadas e que, coa avaliación da Comisión de Selección, acaden a suficiente calidade.