martes, 28 de junio de 2022

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DE AXUDAS PARA MELLORA DAS INSTALACIÓNS DE CAPTACIÓN, POTABILIZACIÓN E ALMACENAMENTO DE COMUNIDADES DE USUARIOS DE ABASTECEMENTO PARA CONSUMO HUMANO

 AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2022 pola que se amplía o crédito da Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU232A).

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DO PROGRAMA EXTRAORDINARIO DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS CON ACTIVIDADES ESPECIALMENTE PARALIZADAS POLA CRISE COVID-19

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 27 de xuño de 2022 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR760A).

CONVOCATORIA DE PRAZAS NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS PARA 2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 13 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2022 (código de procedemento PL500F).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 5 prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades españolas e estranxeiras.

Persoas beneficiarias
Españois/españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

BOLSAS DE FORMACION NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS PARA 2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 13 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2022 (código de procedemento PL500E).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.

Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

PREMIOS Á EXCELENCIA DA CALIDADE HIXIÉNICO-SANITARIA DE PRODUTORES DE LEITE CRU DE VACA DE GALICIA

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 16 de xuño de 2022 pola que se convocan para o ano 2022 os premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia.

Obxecto
1. A presente orde ten por obxecto convocar para o ano 2022 os premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia.
2. A presente orde publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural.

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estes premios todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), de tal xeito que consten na base de datos deste laboratorio os resultados das mostras de leite correspondentes ao período de referencia, que comprende desde o mes de agosto de 2021 ao mes de xullo de 2022.

Xurado responsable da concesión dos premios
O xurado responsable da concesión dos premios estará constituído por: en representación da Consellería do Medio Rural, polas persoas titulares da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e da Subdirección Xeral de Gandería e, en representación do LIGAL, pola directora xerente e o presidente da Xunta Directiva.

Disposición adicional única. Réxime supletorio
No non previsto nesta orde, será de aplicación o disposto nas bases que regulan a concesión dos premios de excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca e se convocan para o ano 2017 establecidas na Orde do 22 de agosto de 2017, modificada pola Orde do 10 de maio de 2021.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN DO CRÉDITO DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á CREACIÓN DE VIVEIROS INDUSTRIAIS DE EMPRESAS EN PARQUES EMPRESARIAIS, 2022

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 16 de xuño de 2022 pola que se amplía o crédito da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN541A).

SUBVENCIÓNS PARA A REVITALIZACIÓN DO COMERCIO DE PROXIMIDADE E A INCENTIVACIÓN DO CONSUMO A TRAVÉS DO TICKET DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL., 2022

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO300B).

Obxecto
A incentivación da demanda comercial e o incremento das vendas do comercio retallista a través do tícket de dinamización comercial.

Entidades beneficiarias
a) As asociacións de comerciantes sen fins de lucro que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia e supere o municipal.
b) As federacións de asociacións de comerciantes que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA A DINAMIZACIÓN DOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS EN GALICIA, 2022

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO300A).

Obxecto
A dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.

Persoas beneficiarias
a) As agrupacións de persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica, constituídas para os únicos efectos de compartir a unidade xerencial prevista nos artigos 3.1.b) e 4.1.d) das bases reguladoras e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 23 de junio de 2022

BOLSAS DE ESTADÍA NA CASA DE VELÁZQUEZ EN MADRID

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR970A).

Obxecto
O establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá a convocatoria das bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid, na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao e que rematasen os seus estudos no curso académico 2011/12 ou posterior.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS NA MODALIDADE DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS PROFESIONAIS CURSO 2021/22

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311F).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño para o alumnado que finalizou as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño, no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias
Alumnado que finalizou as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño no curso 2021/22, nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de Música ou de Danza ou cunha nota media final igual ou superior a 8,75 no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño cursado.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

AXUDAS A ENTIDADES PRIVADAS PARA O FOMENTO DA GRATUIDADE DA ATENCION EDUCATIVA DOS NENOS EN ESCOLAS INFANTÍS DE 0-3 ANOS.

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 20 de xuño de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3 para o curso 2022/23 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS420C).

Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, o procedemento de concesión de axudas económicas a entidades privadas para promover a aplicación, nas escolas infantís 0-3 anos da súa titularidade, dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa prestada aos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023 (código de procedemento BS420C).
2. Así mesmo, serán destinatarias da concesión de axudas económicas as entidades privadas xestoras destes recursos que acrediten a aplicación dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa prestada desde o inicio do dito curso.
3. Para os efectos desta orde, entenderase por atención educativa o conxunto de atencións e coidados profesionais de carácter integral prestados baixo unha perspectiva educativa aos nenos e ás nenas durante a súa estancia nunha escola infantil, segundo a modalidade de xornada pola que opten. A opción elixida implica a asistencia regular e continuada á escola infantil durante un máximo de 8 e un mínimo de 3 horas diarias, respectivamente.
Exceptúanse da actuación subvencionable o custo do servizo de comedor e as actividades extras á atención educativa que supoñan un custo adicional cuantificable para a escola infantil.
4. Para ter dereito ás axudas reguladas nesta orde os nenos e nenas deben ter a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.
5. Para os efectos desta orde, considérase que as nenas e os nenos con necesidades específicas de apoio educativo ocupan dúas prazas. Neste caso, a axuda que resulte segundo o establecido neste artigo multiplicarase por dous.

Entidades beneficiarias
1. Poderán optar a estas axudas as entidades privadas que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, non accedan á bonificación a través doutras liñas de axuda da Consellería de Política Social e Xuventude, apliquen a gratuidade da atención educativa nas escolas infantís 0-3 e cumpran os seguintes requisitos:
a) Estaren debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e Xuventude, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
b) Que a escola infantil 0-3 pola que solicita as axudas dispoña do permiso de inicio de actividades para a prestación do servizo de escola infantil outorgado pola Consellería de Política Social e Xuventude.
c) Que a escola infantil 0-3 pola que solicita as axudas dispoña da documentación que acredita que os nenos e nenas que asisten a ela seguen o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.
d) Que a escola infantil 0-3 pola que solicita as axudas teña as súas tarifas desagregadas por tipo de gasto e actualizadas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e Xuventude.
2. Quedan excluídas do previsto no número anterior as entidades privadas que xestionan escolas infantís 0-3 de titularidade da Axencia Galega de Servizos Sociais, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e de titularidade municipal.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. No caso de escolas infantís que obteñan o permiso de inicio de actividades con posterioridade á publicación desta convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da data de notificación do dito permiso e, en todo caso, finalizará o 30 de novembro de 2022.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación ou, de ser o caso, do día da notificación do permiso de inicio de actividades. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

PROGRAMA REENCONTROS CO XACOBEO 2022

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Reencontros co Xacobeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código do procedemento PR926E).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes ao programa Reencontros co Xacobeo, destinado a promover que persoas maiores de 65 anos vinculadas ás entidades galegas do exterior fomenten os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago, de xeito que, unha vez vivida esta experiencia, poidan colaborar como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que as entidades teñen a súa sede (código de procedemento PR926E).
2. Así mesmo, é obxecto desta resolución proceder á convocatoria destas axudas para o ano 2022.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
2. Non poderán ser beneficiarias as entidades nas cales concorra algunha das prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

ACTUALIZACION DAS OFERTAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL, FORMACION PROFESIONAL DUAL E OFERTA MODULAR DE FORMACIÓN PROFESIONAL

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2022/23.


ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se actualiza a oferta de formación profesional dual en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2022/23.


ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se actualiza a oferta modular de formación profesional do sistema educativo polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2022/23.

SUBVENCIÓN REFORZO DA CONECTIVIDADE EN POLIGONOS INDUSTRIAIS E CENTROS LOXÍSTICOS 2022-2023

 AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (código de procedemento PR603B).

Finalidade
Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (Programa UNICO-Industria e empresas) previstas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro).
As subvencións reguladas nas presentes bases enmárcanse no investimento C15.I2 do Compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Beneficiarias
As persoas físicas ou xurídicas que teñan a condición de operador debidamente habilitado, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes é dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará o mesmo día en que se producise a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que se inicie o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.

AMPLIACION PRAZO SOLICITUDE DAS AXUDAS DO PROGRAMA CONSOLIDA BIO

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

INCREMENTO DO CRÉDITO DAS AXUDAS DA TARXETA BENVIDA

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 15 de xuño de 2022 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados/as en situación de garda con fins adoptivos no ano 2022 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B).

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DO PROGRAMA II, AXUDAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS, 2021

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego,Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito do Programa II (código de procedemento TR349F) da Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto).

MODIFICACIÓN DA PRIMEIRA CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 9 de xuño de 2022 pola que se modifica parcialmente a Orde do 6 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2022-2024 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2022-2023 (código de procedemento TR301P).

AXUDAS ECONOMICAS PARA O ALUMNADO QUE REALIZA FORMACIÓN PRÁCTICA EN CENTROS DE TRABALLO OU FP DUAL

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP Dual (código de procedemento ED202A).

Obxecto
Convocar axudas económicas para a realización en empresas do módulo profesional de FCT e da FP Dual en réxime de concorrencia non competitiva.

Persoas beneficiarias
Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP Dual.

Prazo de presentación de solicitudes.
Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. Primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. O segundo prazo será o comprendido entre o 15 de outubro e o 15 de novembro de 2022.

jueves, 16 de junio de 2022

AXUDAS PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA CONECTA CO XACOBEO PARA O ANO 2022

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta co Xacobeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR938A).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes ao programa Conecta co Xacobeo, destinado a promover que persoas entre os 18 e os 64 anos de idade, vinculadas ás entidades galegas do exterior, fomenten os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago co obxectivo de que, unha vez vivida esta experiencia, colaboren como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que as entidades teñen a súa sede (código de procedemento PR938A).
2. Así mesmo, é obxecto desta resolución convocar estas axudas para o ano 2022.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, do 13 de xuño.
2. Non poderán ser beneficiarias as entidades nas cales concorra algunha das prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

miércoles, 15 de junio de 2022

PROGRAMA EMPRENDE MAKERS

 

 

El programa está dirigido a personas que quieran aprender a emprender o ya tengan un proyecto y quieran mejorarlo.

La web del proyecto : https://academiamakers.pildorasdigitales.es/

 No tiene requisitos de acceso, ni límite de edad, ni localidad de residencia. Es totalmente gratuito y pretende ayudar a las personas emprendedoras a tener un proyecto de éxito. 

 Se conectarán desde donde quieran en directo con los/las profes y tendrás acceso a contenido útil para seguir avanzando en tu proyecto.

 Las líneas claves del programa

Contenidos:

1.      Conceptos básicos para emprender – Lunes 20 junio

2.      Crea un proyecto de innovación ágil – Martes 21 junio

3.      Elegir una buena idea de negocio – Miércoles 22 junio

4.      Equipo de trabajo y ecosistema de confianza – Jueves 23 junio

5.      Crear una cultura innovadora – Viernes 24 junio

6.      Modelos de negocio escalables – Lunes 27 junio

7.      Finanzas para emprendedores – Martes 28 junio

8.      Imprescindibles de la gestión – Miércoles 29 junio

9.      Gestión digital de la empresa – Jueves 30 junio

10.  Creación y gestión de documentos en la nube – Viernes 1 junio

11.  Ciberseguridad y protección de datos – Lunes 4 julio

12.  Encuentro en la 3a Fase: Brainstorming – Jueves 7 julio


Horarios:

·         De lunes a viernes, de 16:00 a 17:00

·         Videoconferencia desde dónde tu quieras

·         Desde el 20 de Junio hasta el 7 de Julio

·         Podrás asistir sólo a las formaciones que te interesen.

 

Ediciones:

·         Junio

·         Octubre


Formadores:

 Dani Diéguez , Pablo Osorio y Ana Adán.

 Información extra:

EL PROYECTO EMPRENDE MAKERS ESTÁ COFINANCIADO AL 75% POR EL FONDO EUROPEO DE DESARROLLO REGIONAL (FEDER) A TRAVÉS DEL PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020

 Si quieres saber más, rellena este formulario y me pondré  en contacto contigo: pincha aqui

CAMPAMENTO RURALEZA 2022


 

CURSO DE FORMACIÓN ONLINE: "EMPRENDIMIENTO EN EL MEDIO RURAL"

 

Desde la Red Rural Nacional nos complace comunicar que se ha abierto el periodo de inscripción para las dos nuevas ediciones de nuestro curso de formación online: “Emprendimiento en el medio rural”, con las siguientes fechas:

 

·       5 ª edición del curso: entre el 21 de junio y el 14 de julio de 2022.

·       6ª edición del curso: entre el 29 de junio al 21 de julio de 2022.

 

Ambos cursos son completamente gratuitos.

 El curso está formado por cuatro módulos, cada uno de ellos de una semana de duración, y está impartido por profesionales del mundo empresarial, del emprendimiento y de la comunicación con una amplia experiencia en formación y asesoramiento:

 ·       MÓDULO I: Emprendimiento en el medio rural: de la idea a la realidad.

·       MÓDULO II: Desarrolla tu plan de negocio.

·       MÓDULO III: Mejora tus herramientas de comunicación.

·       MÓDULO IV: (TALLER PRÁCTICO). Puesta en común de tu proyecto de emprendimiento en el medio rural.

 El curso está dirigido tanto a emprendedores cuyo proyecto esté en fase de análisis (o a punto de iniciarse), con una idea de negocio ya muy avanzada, como a aquellos que hayan iniciado recientemente su propio negocio pero que quieran mejorarlo o diversificar su actividad.

 Aquellas personas interesadas pueden consultar el programa y realizar su solicitud de inscripción a través de los espacios web de la 5ª edición y de la 6ª edición. El contenido del programa para ambas ediciones es el mismo, cambiando únicamente las fechas en las que se realizan. Asimismo, queremos aclarar que el formulario de inscripción que aparece en ambos espacios web es el mismo. Y, en dicho formulario, se da la opción de especificar la preferencia entre asistir a una edición u otra

 El periodo de inscripción finaliza, para ambas ediciones, el 15 de junio a las 23:59h. Tras la valoración de las solicitudes se notificará vía correo electrónico el resultado de la selección a todas las personas inscritas.

 Para más información o cualquier duda al respecto del curso, pueden dirigirse a: at_rrn@tragsa.es

 Esperamos que esta información les resulte de utilidad. Agradeceríamos enormemente que contribuyeran a su difusión.

ÉPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENDIOS

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 9 de xuño de 2022 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.

Época de perigo alto de incendios

Decláranse como época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2022 as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase o director xeral de Defensa do Monte para ditar cantas instrucións sexan precisas para modificar as ditas datas e declarar como perigo alto outras épocas do ano, cando as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incendios.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

XXV PREMIO MANUEL COLMEIRO

 CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XXV edición do Premio Manuel Colmeiro para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia (código de procedemento PR771A).

Obxecto
O obxecto do premio é fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma (código de procedemento PR771A).

Persoas destinatarias
Poderán participar nesta convocatoria persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea. Gardarase reserva sobre a identidade de cantas persoas participen no premio, e unicamente serán obxecto de publicidade o nome e os apelidos da persoa ou persoas gañadoras.
No suposto de que se trate de grupos de traballo, acreditarase expresamente a persoa física responsable da dirección do equipo, que será a persoa que figure como solicitante no modelo normalizado de solicitude, así como a porcentaxe de participación de cada integrante do grupo no traballo presentado.
Non poderán acceder a este premio as persoas afectadas por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos comezará coa entrada en vigor desta orde e finalizará o 15 de outubro de 2022.

Outros datos
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude e/ou traballo de investigación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A solicitude deberá ser asinada electronicamente pola persoa solicitante ou representante ou por aquela que se responsabilice da dirección do grupo de traballo, se é o caso.
Co obxecto de garantir o anonimato, nos traballos de investigación presentados non figurará ningún dato persoal da persoa autora deles, senón unicamente o título na primeira páxina. Así mesmo, o dito traballo será presentado nun arquivo independente ao do resto da documentación. No mesmo sentido, a Dirección da EGAP facilitáralle ao xurado, para o desenvolvemento das súas funcións, unicamente o documento que conteña o texto dos traballos presentados e manterá custodiada a identidade do/da autor/a ou dos/das autores/as ata que se resolva o procedemento.

lunes, 13 de junio de 2022

MODIFICACIÓN DO PROGRAMA RE-ACCIÓNA

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2022, conxunta do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se modifica a distribución dos servizos ofertados na Resolución conxunta do 2 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade do acordo que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A).

AXUDAS PARA A CONSERVACIÓN, PROTECCIÓN E MELLORA DAS ÁRBORES E FORMACIÓNS INCLUÍDAS NO CATÁLOGO GALEGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS, 2022

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 31 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 (código de procedemento MT804C).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MT804C).

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, distintas das entidades locais, ou entidades sen personalidade xurídica, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde.

Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que fosen realizados desde a certificación de non inicio ata o 30 de setembro de 2022.

viernes, 10 de junio de 2022

PROGRAMA DE ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS EN MATERIA DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2022 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG414A).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a convocatoria de 37 prazas, 25 para o estranxeiro e 12 para Galicia, para a capacitación de profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

Persoas beneficiarias
As persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1995.
2. Posuír a nacionalidade española e ser nacidas en Galicia, ser nacidas en Galicia e estar nacionalizadas nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia con dous anos de antigüidade á data de publicación destas bases.
3. Estar en posesión dalgunha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de máster universitario de acordo co establecido no Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización do ensino universitario e o procedemento de aseguramento da súa calidade: i. Título universitario oficial de graduada ou graduado español; ii. Títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivallan ao título de grao. Así mesmo, é imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos.
4. Coñecementos de inglés (falado e escrito).
5. Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007 para ser considerada persoa beneficiaria de subvencións.
6. Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa do Igape relacionada coa internacionalización empresarial. Quedarán tamén excluídas da convocatoria aquelas persoas solicitantes que fosen adxudicatarias deste tipo de bolsas en edicións anteriores e que renunciasen a elas con posterioridade ou lles fose determinado un incumprimento total.
7. Non ter gozado dunha bolsa concedida por outros organismos distintos do Igape, relacionada coa internacionalización empresarial ou con prácticas en empresas fóra de España. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios.
8. Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS A SALAS DE EXHICIÓN CINEMATOGRÁFICA

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a salas de exhibición cinematográfica establecidas en Galicia para proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT207M).

Finalidade
Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para impulsar proxectos dirixidos a innovar e mellorar o funcionamento dixitalizado e sustentable das salas de exhibición cinematográfica establecidas en Galicia, e fomentar medidas de captación de público e de adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual nestes espazos, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) nº 2021/241, e convocalas para o ano 2022.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que teñan como obxecto social a exhibición comercial de películas cinematográficas e estean dadas de alta na epígrafe 963.1 do imposto de actividades económicas no momento da publicación da presente convocatoria e que sexan titulares ou posuidoras, por calquera título válido en dereito, da sala ou salas de exhibición cinematográfica situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán ser beneficiarias das subvencións aquelas agrupacións de titulares e/ou posuidoras, por calquera título válido en dereito, de exhibición cinematográfica situadas na Comunidade Autónoma, sempre que se constitúan como agrupación, todos os membros cumpran cos requisitos necesarios para obter a condición de persoa beneficiaria e designen unha persoa representante con capacidade para actuar en nome e por conta de todas as persoas titulares ou arrendatarias que conformen a agrupación.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN DAS EMPRESAS EN GALICIA

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN848F).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas galegas (pemes), mediante bonos de innovación, código de procedemento IN848F:
– Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación, para o financiamento das actividades destinadas á protección da innovación e o coñecemento, transferencia tecnolóxica, comercialización e que permitan o desenvolvemento de novos produtos e servizos ou mellora da competitividade empresarial.
– Liña 2. Bonos para xestión do financiamento da innovación, para a subvención dos custos de actividades de xestión, contratadas cos axentes da innovación, encamiñadas á:
Tipo A. Tramitación de incentivos e beneficios fiscais para a I+D+i.
Tipo B. Solicitude de financiamento a proxectos ou actuacións de I+D+i en convocatorias de axudas estatais, europeas ou internacionais.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2022 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva; as axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido na normativa europea do réxime de minimis, Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda. Cada unha das liñas que compoñen esta axuda vai dirixa ás seguintes entidades:

Bonos                                                                        Beneficiarios

Liña 1. Servizos de apoio á innovación                    Microempresas e pequenas empresas
Liña 2. Xestión do financiamento da innovación     Microempresas, pequenas e medianas empresas

2. Quedan excluídos da presente convocatoria e non poderán adquirir a condición de beneficiarios destas axudas:
a) As pemes en crise conforme a definición contida no artigo 2.3 desta convocatoria.
A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, e que se cumpren as condicións establecidas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión, para considerar a unha empresa en crise.
b) As pemes nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
c) As pemes vinculadas ou asociadas e/ou pertencentes ao mesmo grupo empresarial, nos seguintes casos:
• Que fosen beneficiarias doutras convocatorias do programa Innovapeme nas condicións do punto 2 deste artigo.
• Que sexan beneficiarias simultaneamente na presente convocatoria nunha mesma liña. Neste caso, as pemes beneficiarias deberán determinar cal é o expediente que continúa no procedemento.
d) As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.
e) As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das administracións públicas, así como aquelas pertencentes á administración institucional, calquera que sexa a Administración en que se integren.
f) Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia, que se teñan creado especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia, de acordo co establecido no artigo 3.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
3. De xeito específico, quedan excluídas:
a) Para a liña 1, bonos para servizos de apoio á innovación:
• As microempresas e pequenas empresas, que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Innovapeme na súa convocatoria do ano 2017 (Resolución do 27 de novembro de 2017, DOG núm. 232, do 7 de decembro), do ano 2019 (Resolucións do 29 de xullo de 2019, DOG núm. 153, do 13 de agosto e Resolución do 29 de outubro de 2019, DOG núm. 226, do 27 de novembro), do ano 2020 (Resolución do 15 de setembro de 2020, DOG núm. 196, do 20 de setembro) e no ano 2021 (Resolución do 8 de outubro de 2021, DOG núm. 203, do 21 de outubro).
• As microempresas e pequenas empresas que, no momento da publicación desta resolución, inclúan como rúbricas exclusivas da Clasificación nacional de actividades económicas-CNAE-2009 algunha das seguintes:
– Sección J: información e comunicacións: quedan excluídas como beneficiarias as empresas das divisións 61: telecomunicacións; 62: programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática; e 63: servizos de información.
b) Para a liña 2, bonos para a xestión do financiamento da I+D+i:
• As pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Innovapeme na súa convocatoria do ano 2020 (Resolución do 15 de setembro de 2020, DOG núm. 196, do 20 de setembro) e no ano 2021 (Resolución do 8 de outubro de 2021, DOG núm. 203, do 21 de outubro).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 30 de maio de 2022 pola que se convocan os Premios da Cultura Galega para o ano 2022 (código de procedemento CT142A).

Convocatoria
Convócanse os Premios da Cultura Galega en todas as súas modalidades para o ano 2022 (código do procedemento CT142A).

1. Premio Cultura Galega de Letras.
Dirixido a persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada coa literatura galega, con méritos especiais ao desenvolvemento de novos recursos e no plano expresivo, na construción dunha linguaxe propia, na creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas, tanto nos soportes convencionais como nos virtuais e outras formas experimentais coa escrita, así como calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer o sistema literario galego e a súa imaxe pública.

2. Premio Cultura Galega de Artes Visuais.
Dirixido a persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada ás artes visuais galegas, con méritos especiais no que atinxe ao desenvolvemento de recursos expresivos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo a partir de materiais convencionais ou de soportes virtuais e experimentais, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a enriquecer a creación plástica galega e a súa imaxe pública.

3. Premio Cultura Galega de Artes Escénicas.
Dirixido a persoas, colectivos ou entidades cunha traxectoria vinculada ás artes escénicas galegas meritoria en canto a recursos escénicos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a ampliar a representación escénica de Galicia e a súa imaxe pública. Nesta categoría terase en conta a obra realizada en soporte físico ou virtual, e incluiranse propostas teóricas ou proxectos de especial interese creativo ou innovador, que sirvan de referencia para a evolución escénica de Galicia.

4. Premio Cultura Galega de Música.
Dirixido a persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada á creación ou á promoción da música galega. Valorarase especialmente a achega para reforzar a imaxe desta arte como creadora dunha linguaxe galega de calidade, con personalidade propia e con capacidade para se integrar nos escenarios internacionais.

5. Premio Cultura Galega de Audiovisual.
Dirixido a persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada á creación, á promoción ou á difusión da creación audiovisual galega, con méritos especiais no desenvolvemento de novos recursos e no plano expresivo, na construción de linguaxes propias e na capacidade de intercambio con outras sociedades e culturas.

6. Premio Cultura Galega de Lingua.
Dirixido a persoas, colectivos ou entidades de ampla traxectoria no ámbito da promoción da lingua galega. Valorarase o desenvolvemento de obras e de iniciativas destinadas a afianzar o uso e a valoración social do idioma propio de Galicia.

7. Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural.
Dirixido a persoas, colectivos ou entidades que presenten unha traxectoria meritoria vinculada á protección, conservación e difusión do patrimonio cultural galego, material e inmaterial, en calquera medio ou campo de actuación.

8. Premio Cultura Galega de Proxección Exterior.
Dirixido a persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada á difusión cultural de Galicia no exterior, que contribúan a proxectar, dentro e fóra do territorio galego, a riqueza e valor da cultura galega en calquera campo e a través de calquera medio convencional ou virtual.

Obxecto e contido dos premios
1. Concederase un único premio en cada unha das modalidades descritas no artigo anterior e non poderá recaer máis dun premio na mesma persoa ou entidade en modalidades distintas.
2. O premio consistirá nunha peza artística ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo.

Candidaturas
1. Poderán ser candidatas as persoas, colectivos ou entidades que se distingan pola súa traxectoria vinculada ao obxecto da modalidade correspondente de acordo co sinalado no artigo 1.
Na data de formalización da candidatura as persoas propostas como candidatas teñen que estar vivas, e os colectivos e entidades obxecto das candidaturas deben ter actividade.
2. As candidaturas só poderán ser presentadas por institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada premio, sen que os candidatos se poidan postular a si mesmos.

Forma e lugar de presentación das solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. É preceptivo engadir no formulario normalizado de solicitude (anexo I) da orde os méritos das candidaturas cunha xustificación de entre 15 e 20 liñas descritivas.

AXUDAS PARA O PAGAMENTOS DA COMISIÓN DE APERTURA ÁS PERSOAS BENEFICIARIAS DOS PRÉSTAMOS PARA O ADIANTO DAS AXUDAS DIRECTAS DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN E AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (código de procedemento MR242A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar e establecer as bases para a concesión de axudas de minimis para o pagamento da comisión inicial de apertura pola concesión dos préstamos para o adianto das axudas directas da PAC da campaña 2022, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que cumpran todos os requisitos que se indican a seguir:
a) As persoas agricultoras e gandeiras solicitantes das axudas correspondentes á política agrícola común (PAC) que presenten ou presentasen a súa solicitude conforme o previsto na Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.
b) Que subscriban ou subscribisen un préstamo persoal do anticipo da PAC 2022 con algunha das entidades financeiras que se relacionan no anexo IV, asinantes do convenio entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, e diversas entidades financeiras para formalizar préstamos preferentes para o anticipo das axudas directas, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control correspondentes á PAC, relativas á Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Solicitude e prazo
As entidades colaboradoras deberán comunicar, antes do 15 de setembro de 2022, a acreditación da formalización do préstamo do adianto da PAC 2022, segundo o modelo que figura no anexo I da orde, xunto coa documentación complementaria indicada no artigo 6.




A comunicación do punto anterior efectuarana as entidades colaboradoras exclusivamente a través de medios electrónicos. Para a comunicación empregarase o formulario normalizado cuxo modelo se inclúe como anexo I da orde, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, accedendo ao procedemento MR242A.

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA PARA PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS

                                           CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2022/23 (código de procedemento ED308A).

Obxecto e ámbito de aplicación
1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e o procedemento (ED308A) para adxudicar prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2022/23.
2. O número de prazas ofertadas é o seguinte:
Centro Residencial Docente da Coruña: 18 prazas.
Centro Residencial Docente de Ourense: 6 prazas.
Centro Residencial Docente de Vigo: 6 prazas.
3. As persoas adxudicatarias de prazas de colaborador bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta, durante o período de funcionamento en que estea aberta aos residentes.

Requisitos persoais e dispoñibilidade
1. A persoa solicitante deberá ter os seguintes requisitos:
a) Dezaoito anos cumpridos, ou facer esta idade dentro do ano natural 2022.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
2. A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teñan que realizar o devandito labor de apoio.

Requisitos académicos
1. A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2022/23.
2. Considéranse estudantes en réxime de dedicación académica a tempo completo os matriculados no número de créditos indicado a seguir:
a) Estudos de grao: 60 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o número de créditos que resulte de dividir o total dos que integran o plan de estudos (agás os de libre elección) entre o número de anos que o compoñan.
Estes solicitantes terán preferencia na adxudicación de prazas.
3. Non obstante, as persoas solicitantes en situación de matrícula parcial poderán obter praza cando estean matriculadas no número mínimo indicado a seguir:
a) Estudos de grao: entre 30 e 59 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o 50 % do créditos indicados no punto 2.b).

Incompatibilidades
1. As persoas beneficiarias de praza de colaboradora bolseira non poderán realizar, mentres gocen desta, ningún tipo de traballo remunerado.
2. Así mesmo, será incompatible con estar en posesión ou reunir os requisitos necesarios para obter un título académico de nivel igual ou superior ao dos estudos que pretende realizar.
3. A condición de persoa beneficiaria será compatible coa obtención de axudas na convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia.

Presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A solicitude deberá estar asinada pola persoa solicitante e implicará que acepta as bases da convocatoria, que reúne os requisitos exixidos nela e que son certos todos os datos que constan na solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 5 de agosto de 2022.