viernes, 30 de agosto de 2013

AXUDAS PARA AGRICULTORES MEMBROS DE AGRUPACIÓNS DE DEFENSA FITOSANITARIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2013 das axudas para agricultores membros de agrupacións de defensa fitosanitaria.
Beneficiarios: Poderán acollerse a esta axuda os agricultores que desenvolvan a súa actividade nos sectores de produción de horta, froiteira e/ou vide, que estean inscritos no rexistro de explotacións agrarias, segundo o Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, e que pertenzan a unha ADF e empreguen os seus servizos para o desenvolvemento dun programa de defensa fitosanitaria.
Prazo de solicitude: ata o día 30 de setembro.

martes, 27 de agosto de 2013

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto: As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto promover o retorno das persoas emigrantes e dos seus familiares a través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e dos seus familiares na Comunidade Autónoma galega, subvencionando os gastos iniciais que leva consigo o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado. 
Persoas beneficiarias: Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia que residindo fóra de España retornen á Comunidade Autónoma galega.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e fillos/as, das persoas galegas e nacidas en Galicia con residencia no estranxeiro, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos do establecido neste punto, terá a condición de parella de feito a que figure inscrita como tal no correspondente Rexistro de Parellas de Feito de Galicia regulado polo Decreto 248/2007, do 20 de decembro.
Gastos subvencionables: Serán gastos subvencionables os gastos de primeiro establecemento tales como gastos de notario e rexistro, taxas, licenzas administrativas, material de oficina non inventariable e honorarios profesionais xerados no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 e a finalización do prazo de xustificación recollido nesta resolución. Quedan excluídos do ámbito de aplicación destas bases os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
Para estes efectos, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do referido prazo de xustificación.
Contía máxima da subvención e concorrencia de axudas
1. O importe da subvención concedida será dun 80 % do gasto subvencionable segundo o orzamento presentado, ata unha contía máxima de 3.000 euros, para o caso de traballadores/as autónomos/as ou por conta propia e de 5.000 euros, para o caso de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado. As ditas contías máximas incrementaranse en 1.000 euros máis cando a persoa solicitante teña 39 ou menos anos.
2. A obtención desta axuda é compatible con outras para o mesmo fin, sen que en ningún caso, o seu importe poida ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de novembro de 2013. 

PROGRAMAS DE PROMOCION DA INTEGRACION LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE E PROGRAMA DE EMPREGO CON APOIO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR



PROGRAMA DE PROMOCIÒN DA INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA EMPRESA ORDINARIA

1. Este programa ten por obxecto incentivar a contratación de traballadores e traballadoras con discapacidade nas empresas ordinarias, coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo.
2. Neste programa recóllense os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención pola contratación indefinida.
b) Subvención pola contratación indefinida de traballadores/as con discapacidade dun enclave laboral.
c) Subvención pola contratación temporal.
d) Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.
3. Ao abeiro da orde de convocatoria para o ano 2013, subvencionaranse contratacións que teñan data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2012 e o 30 de setembro de 2013, ambas inclusive.
4. Neste programa subvencionase a contratación a tempo completo e a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo. A contía das subvencións e os incentivos adicionais, se é o caso, será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.
5. Os contratos e as transformacións de contratos temporais en indefinidos para que poidan ser obxecto de subvención deberanse formalizar e comunicar á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

PROGRAMA DE EMPREGO CON APOIO, COMO MEDIDA DE FOMENTO DO EMPREGO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE NO MERCADO ORDINARIO DE TRABALLO.

O obxecto deste programa é subvencionar as entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.

PROGRAMA PARA A PROMOCION DO EMPREGO AUTÓNOMO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa de promoción do emprego autónomo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2013.
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
Beneficiarios:
1. Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que, cumpran as condicións establecidas para cada tipo de axuda.
Tipos de axuda
1)Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia.
2)Subvención financeira.
O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo finalizará o 30 de setembro de 2013, aínda que non transcorresen os prazos específicos previstos para cada tipo de axuda.

PROGRAMA DAS INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E)

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2013 do programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego coa finalidade de xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre a mocidade e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.
Entidades beneficiarias: Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que como mínimo o 50 % do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas constituídas e que iniciasen a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que 
adopten, incluídos autónomos ou autónomas e as sociedades civís e as comunidades de 
bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que obtivesen a cualificación como 
iniciativa local de emprego, e non transcorrese máis dun ano desde a notificación da resolución de cualificación ou, de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda. 
No caso de sociedades civís e comunidades de bens, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. 
En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación.
Tipos de axuda
O programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E) inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable. 
b) Subvención financeira
c) Subvención para asistencia técnica.
d) Subvención para o inicio da actividade.
e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
O prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas deste programa finalizará o 30 de setembro de 2013 e respectaranse, en todo caso, os prazos específicos previstos para cada tipo de subvención.

AXUDAS ÁS EMPRESAS DO SECTOR TEXTIL-MODA-CONFECCION

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA 


Obxecto: Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil, Visión 2020, e convocar para o exercicio 2013 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva.
Prazo de presentación de solicitudes:O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día final do prazo coincidise en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte.

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

lunes, 26 de agosto de 2013

PROGRAMA DE INCENTIVOS PARA PROMOVER A AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL DAS MULLERES COTITULARES OU TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: establecer as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das mulleres cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia, coa finalidade de promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a súa alta na Seguridade Social, e proceder a súa convocatoria para o ano 2013.

PRAZAS DE COLABORADORES BOLSEIROS EN CENTROS RESIDENCIAIS DA CORUÑA, OURENSE E VIGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


1. Convócanse 30 prazas de colaboradores bolseiros nos centro residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, dependentes da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da forma que a seguir se relaciona:
CRD A Coruña: 18 prazas.
CRD Ourense: 6 prazas.
CRD Vigo: 6 prazas.
2. A duración da praza concedida comprenderá o período correspondente ao curso escolar 2013/14.
3. O beneficiario da praza de bolseiro non poderá realizar, mentres a desfrute, ningún tipo de traballo remunerado, aínda que poderá facela compatible con outras axudas.

SUBVENCION A TITULARES DE AUTORIZACION DE TRANSPORTE SERIE VT-N

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS 


Obxecto 
O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza, de transparencia na información e facilidade no cobramento, e de localización da frota nos seus vehículos.
En concreto, consideraranse gastos subvencionables os seguintes:
a) Sistema GPS debidamente instalado no taxi, o cal debe permitir que, ante unha situación de emerxencia en que perigue a integridade física do taxista, este poida activar un sinal que se reciba no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia. Debe tratarse, por tanto, de equipos que estean homologados no dito centro.
b) Taxímetro con impresora e TPV para o cobramento con tarxetas compatible cun sistema GPS que debe estar homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.
c) Sistema de control de frotas con elementos de xestión, localización e control por satélite que estean conectados a un centro de control a través da tecnoloxía GPS.
En todo caso, a adquisición efectiva e pagamento dos sistemas para os que se solicita a axuda deberá realizarse no ano 2013.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

MODIFICACION.- SUBVENCIONS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL

AXUDAS PLAN I2C

C.ERROS.- AXYDAS PARA CONSTITUIR E INICIAR ACTIVIDADES DE SOFOR

AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS INNOVADORAS EN GALICIA

MODIFICACION.- AXUDAS PARA O FOMENTO DA SILVICULTURA EN BOSQUES NO MEDIO RURAL

INSTRUCCIONS DA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR