lunes, 25 de febrero de 2013

BOLSAS FORMATIVAS CULTURAIS

CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE UNHA BOLSA FORMATIVA EN MATERIA DE TEATRO CULTURAL, DE UNHA BOLSA FORMATIVA EN MATERIA DE XESTIÓN CULTURAL E DE UNHA BOLSA DE XESTIÓN CULTURAL, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL PARA ÁREA DE CULTURA, TURISMO, ENSINO, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PATRIMONIO HISTÓRICO 2013 – 2014.

Por medio destas bases establécense os criterios reguladores para proceder á convocatoria de tres bolsas formativas para colaborar nos programas formativos da Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización
Lingüística e Patrimonio Histórico :
* Unha bolsa formativa en materia de Xestión Cultural - ao fin de apoiar o deseño, posta en marcha e
mailo seguimento do Programa de Actividades Culturais para o ano 2013 – 2014.
Nas presentes bases e tamén nos anexos ( I , II e III) para a Bolsa en materia de Xestión Cultural detállanse os requisitos específicos (necesarios e obrigatorios) que deben reunir as persoas solicitantes.
* Unha bolsa de formación en materia de Teatro Cultural, ao fin de apoiar o deseño, a xestión e o
mantemento dos fondos de teatro da Deputación Provincial, a xestión dos cursos de arte dramática (coordinación co profesorado, apertura e peche de sala, seguimento das necesidades técnicas, seguimento da matrícula e alumnado, etc…), o seguimento cos medios de comunicación social, a xestión e seguimento dos traballos de impresión (dípticos, cartelaría relativa á actividade teatral que se despregue ao longo do ano), e en xeral a axuda na xestión do Proxecto Buxiganga e/ou calquera outra xestión - desta natureza - dentro do Programa de Actividades Culturais para o ano 2013 – 2014.
Nas presentes bases e tamén nos anexos (IV, V e VI) – para o caso da Bolsa de teatro Cultural - detállanse os requisitos específicos (necesarios e obrigatorios) que deben reunir as persoas solicitantes.
* Unha bolsa de formación en materia de Xestión Cultural, Normalización Lingüística e Comunicación Audiovisual, ao fin de prestar apoio ao deseño e a xestión do Programa Cultural da Área para o  ano 2013 - 2014, acadando como finalidade a de contribuir á promoción e á difusión do noso rico patrimonio cultural a través de fomento, o impulso, a divulgación e a conservación dos Bens Culturais: Proxecto Lugo Cinema, Proxecto Ben –Cho- Shey, colaborar na organización de xornadas sobre a cultura galega en Lugo, e cantos outros se estimen oportunos ao longo da vixencia da bolsa.
De igual xeito, nestas bases e tamén nos anexos (VII, VIII e IX) – para o caso da bolsa de Xestión Cultural, Normalización Lingüística e Comunicación Audiovisual- detállanse os requisitos específicos (necesarios e obrigatorios) que deben reunir as persoas solicitantes.

jueves, 21 de febrero de 2013

PROGRAMA REENCONTROS NA TERRA 2013

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca o programa Reencontros na Terra para residentes no exterior para o exercicio 2013.

 Obxecto.- convocar as axudas en especie correspondentes ao programa Reencontros na Terra para o ano 2013, que ten por finalidade o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra, mediante un período de estadía en residencia, e cos seus familiares fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
Prazas convocadas.
Arxentina 81
Brasil 9
Cuba 7
Uruguai 34
Venezuela 2
Outros países 2
Total 135
Os/as beneficiarios/as deste programa viaxarán a Galicia preferentemente no mes de outubro.
Prazo de solicitude: ata o 22 de abril

Máis información:

Bases Reguladoras Reencontros na Terra

SOLICITUDE

lunes, 18 de febrero de 2013

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE DETERMINADOS CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS ANO 2013

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de decembro de 2012 pola que se convocan probas para a obtención de terminados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013.

 Obxecto:  establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2013 nas seguintes especialidades:
– Operador/ora industrial de caldeiras.
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Instalador/ora de gas, categoría A.
– Instalador/ora de gas, categoría B.
– Instalador/ora de gas, categoría C.
– Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
– Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/ora de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
Prazo de presentación de solicitudes
Convocatoria ordinaria: o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 25 de febreiro ao día 8 de marzo de 2013, ambos os dous incluídos.
Convocatoria extraordinaria: o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 12 de xullo de 2013, ambos os dous incluídos.

jueves, 14 de febrero de 2013

LEI 1/2013 MODIFICACION DA LEI DE HORARIOS COMERCIAS DE GALICIA

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Obxecto: modificación da Lei 13/2006, do 27 de  decembro, de horarios comerciais de Galicia, que adapte a nova normativa básica establecida polo Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, á realidade comercial galega, procurando a mellora da competitividade do tecido comercial así como a preservación do modelo comercial galego, que se caracteriza pola relevante presenza do comercio retallista e por configurarse como un elemento esencial de vertebración das vilas, cidades e barrios, aos que outorga habitabilidade e seguranza ao tempo que garante o abastecemento das persoas, especialmente as que, por idade e outras circunstancias, teñen dificultade de mobilidade.

Outra Normativa de Interese:


martes, 5 de febrero de 2013

APLICACION DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxeto: Regular os elementos e procedementos, así como a solicitude das axudas que se indican a continuación:
1.1. Os procedementos para a xestión de dereitos do Réxime do Pagamento Único (RPU) que comprende:
a)A comunicación da asignación de dereitos de axuda dos sectores que se desligan.
b)A solicitude de dereitos da reserva nacional.
c)As comunicacións de cesión de dereitos.
1.2. O procedemento para a solicitude, tramitación e concesión dos seguintes réximes de axuda comunitarios para o ano 2012:a)Pagamento único para os/as titulares de dereitos.
b)Réximes de axuda por gando vacún.
c)Axudas específicas aos/ás produtores/as por aplicación do artigo 68 do Regulamento (CE) 73/2009.
1.3. A aplicación en Galicia do sistema integrado de xestión e control.
2. As axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrarias seguintes:
2.1. A indemnización compensatoria de zonas de montaña e outras zonas con dificultades, distintas das de montaña.
2.2. As axudas agroambientais e axudas relativas ao benestar dos animais establecidas no marco do contrato de explotación sustentable (CES).
3. Tamén se establece en relación co Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) o tipo, prazo, lugar e procedemento para a presentación das alegacións e solicitudes de modificacións de certa información contida nel.
4. Así mesmo, de acordo co previsto no Real decreto 486/2009, do 3 de abril, polo que se establecen os requisitos legais e de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais que deben cumprir os/as agricultores/as que reciban pagamentos directos no marco da política agrícola común, os/as beneficiarios/as de determinadas axudas de desenvolvemento rural e os/as agricultores/as que reciban axudas en virtude dos programas de apoio á reestruturación e reconversión e á prima por arrinca de viñedo, establécense os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais que deberán cumprir os/as solicitantes das axudas con relación á condicionalidade, así como o sistema de control e aplicación de reducións e exclusións.
Beneficiarios: Agricultores/as con explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos: Para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia deberá encontrarse nunha das dúas situacións seguintes:
a) No caso de que o/a produtor/a presente unha solicitude de axuda baseada na superficie, cando a maior parte da superficie da explotación se atope nesta comunidade autónoma.
b) Nos demais casos, cando o maior número de animais se atope en Galicia.
Prazo de presentación: 1 de febreiro ao 30 de abril.



lunes, 4 de febrero de 2013

MODIFICACION.- AXUDAS A ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN E PROMOCIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS

CONSELLERIA DE MEDIO RURAL


Obxecto.-Esta orde ten por obxecto modificar a Orde do 17 de febreiro de 2012 (DOG nº 39, do 24 de febreiro) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013 e realizar a convocatoria correspondente ao ano 2013. As axudas, que se convocan en réxime de concorrencia competitiva, financiarán actuacións que se realicen durante o ano 2013 e tamén aquelas que se inicien nese ano e que finalicen, como máis tarde, o 31 de xaneiro de 2014.