jueves, 28 de abril de 2011

CHARLA INFORMATIVA “AUTOEMPLEO FEMININO: AXUDAS, BÚSQUEDA DE FINANCIACIÓN E PLAN DE EMPRESAS”

CHARLA INFORMATIVA “AUTOEMPLEO FEMININO: AXUDAS, BÚSQUEDA DE FINANCIACIÓN E PLAN DE EMPRESAS”

Organiza Casa da Muller.
Destinatario
Emprendedores
Data
O día 3 de maio
Horario De 11.00 a 13.00 horas
Lugar No Aula do CEI-NODUS
           Avenida da Coruña 490-Lugo
Notas Impartido por Francisco Javier Alonso Núñez, licenciado en económicas.
Máis información
ACADAR, Mónica Álvarez , Telf 982253332
http://www.lugo.es/ws/casadamuller/index.jsp

IGAPE- PROGRAMA RE-SOLVE+


Enlaces relacionados:

martes, 19 de abril de 2011

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DE COOPERACIÓN EMPRESARIAL PARA O FOMENTO DA EMPRESA DIXITAL

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMÓNS. PÚBLICAS E XUSTIZA

Subvencións aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital
Obxecto: convocatoria de axudas dirixidas a proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital, para os anos 2011 e 2012, mediante as seguintes liñas de actuación:
Liña A) Demanda empresarial en solucións TIC.
     A1) Demanda en solucións TIC polas empresas.
     A2) Demanda en solucións TIC polas asociacións empresariais.
Liña B) Resposta tecnolóxica en solucións TIC.
     B1) Resposta tecnolóxica en solucións TIC, para empresas.
     B2) Resposta tecnolóxica en solucións TIC, para asociacións empresariais .
Beneficiarios:- as empresas privadas, con personalidade xurídica, que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais, que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo en Galicia.
- as asociacións empresariais e os colexios profesionais con personalidade xurídica, que realicen actividades sen ánimo de lucro, que teñan a súa sede social e o seu ámbito territorial dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19/05/2011

miércoles, 13 de abril de 2011

AXUDAS PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS EN MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN


Obxecto: Establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas previstas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2011, no réxime de concorrencia competitiva.
De acordo co devandito obxecto establécense dúas liñas de subvencións:
a) Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible.
b) Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga.
O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión do dito consorcio ou o seu paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde. No caso de montes consorciados coa Xunta de Galicia poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.
Beneficiarios:Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común así como as súas agrupacións e mancomunidades, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
No caso de agrupacións deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación. Cando se trate de agrupacións sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.
Requisitos:
As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas subvencións.
A superficie forestal mínima por expediente será de duascentas cincuenta hectáreas (250 ha). Para acadar a superficie as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) poderán formar agrupacións, as cales terán que ser estremeiras ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre pertencer a unha mesma provincia.
Excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estivese localizada nalgún espazo declarado como zona de especial protección dos valores naturais, segundo o recollido no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG nº 69, do 12 de abril) a superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo sería de 100 ha.
Prazo de presentación de solicitudes: 14/04/2011 ao 13/05/2011

martes, 5 de abril de 2011

BOLSAS DE FORMACIÓN RELACIONADAS CO SECTOR AGROFORESTAL E ALIMENTARIO


Obxecto: Convocar de 75 bolsas de prácticas, en réxime de concorrencia competitiva, en unidades dependentes da Consellería do Medio Rural e en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, distribuídas da seguinte maneira:
-10 bolsas de formación de tecnólogos, coa seguinte repartición por titulacións: 2 bolsas para licenciados en enoloxía, 2 bolsas para licenciados en ciencias químicas, 2 bolsas para licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos, 2 bolsas para enxeñeiros agrónomos e 2 bolsas para enxeñeiros técnicos agrícolas.
-15 bolsas de formación de persoal de apoio á investigación coa seguinte repartición: 2 bolsas para o ciclo superior de industria alimentaria, 3 bolsas para o ciclo medio de elaboración de viño e outras bebidas, 2 bolsas para os ciclos formativos de grao medio e/ou superior da familia agraria e 8 bolsas para os ciclos formativos de grao medio e/ou superior da familia química.
-9 bolsas de prácticas ás que poderán optar estudantes do 2º curso ou recentemente titulados en ciclos da familia agraria e 6 bolsas de prácticas para os alumnos do primeiro curso dos ciclos da familia agraria, nos centros de formación e experimentación agroforestal, dependentes da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, da Consellería do Medio Rural.
-35 bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades dependentes da Consellería do Medio Rural, para os recentemente titulados como enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en veterinaria, licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos e licenciados en bioloxía.
Duración e contía económica.1. As bolsas para a formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación terán unha duración de cinco meses, no período de xuño a novembro, salvo renuncia ou incumprimento dos beneficiarios. O seu importe económico, por mes de prácticas, será de 1.000 euros para os tecnólogos e de 800 euros para o persoal de apoio.
2. As bolsas de prácticas nos centros de formación e experimentación agroforestal para os titulados e alumnos de segundo curso en ensinanzas de formación profesional, terán unha duración de tres meses, no período de agosto a novembro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 800 euros. As de alumnos do primeiro curso do ciclo formativo terán unha duración de 2 meses, durante agosto e setembro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 600 euros.
3. As bolsas de prácticas para os recentemente titulados en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Consellería do Medio Rural, terán unha duración de tres meses, no período de xullo a novembro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 1.000 euros.
4. No caso de que o número de solicitudes admitidas fose inferior ao de bolsas convocadas para algunha das categorías ou titulacións recollidas nesta orde, poderase ampliar a oferta das outras sempre que non se modifique o montante global orzamentado.

Beneficiarios:1. Poderán solicitar as bolsas para a formación de tecnólogos e de persoal de apoio á investigación os recentemente titulados nas especialidades e para os destinos que se relacionan no anexo I desta orde.
2. As bolsas de prácticas nos centros de formación e experimentación agroforestal que se relacionan no anexo I para estudantes en ensinanzas de formación profesional agraria, reguladas por esta orde, poderán ser solicitadas por alumnos que durante o curso 2009-2010 estean realizando ensinanzas profesionais dos ciclos medio ou superior nalgún dos centros de formación e experimentación agroforestal da Consellería do Medio Rural, ou en calquera outro dos que figuran como autorizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na súa oferta educativa da familia agraria. Tamén poderán solicitar estas bolsas os recentemente titulados en ciclos da familia agraria.
3. As bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Consellería do Medio Rural, poderán ser solicitadas por enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en veterinaria, licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos e licenciados en bioloxía.

Requisitos:-Para todas as categorías de bolsas entenderase por recentemente titulado aquela persoa que obtivese a titulación entre o mes de xuño do ano 2009 e a data de remate do prazo de presentación de solicitudes destas bolsas.
-Estas bolsas son incompatibles con calquera outra e co traballo remunerado de carácter fixo ou temporal durante o seu periodo de duración.

CONSELLERÍA TRABALLO E BENESTAR

Corrección de erros.-Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo

ENLACES RELACIONADOS: Programa para a promoción do emprego autónomo

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Subvencións para a mellora da competitividade mediante o apoio á creación e consolidación dos clusters empresariais galegos.

SOLICITUDE

Obxecto: Teñen por obxecto as tres seguintes liñas:
Reforzamento: Dentro desta liña consideraranse subvencionables os servizos de consultoría, contratados polo clúster e prestados por consultores externos, que teñan por finalidade procurar a mellora competitiva do conglomerado empresarial que represente o clúster.
Formación: Dentro desta liña consideraranse subvencionables aquelas accións formativas desenvolvidas ou contratadas polo clúster, que teñan por finalidade procurar a mellora da capacitación do capital humano pertencente ao conglomerado empresarial que represente o clúster.
Constitución: Dentro desta liña consideraranse subvencionables aquelas accións desenvolvidas ou contratadas pola entidade promotora dun novo clúster empresarial galego durante o proceso de constitución deste.
Beneficiarios: Para as liñas de reforzamento e formación poderán ser beneficiarios das  subvencións os clústers empresariais galegos. O Cluster ven definido no artigo 3 das bases.
Para a liña de constitución poderán ser beneficiarios das subvencións, as entidades que
promovan a constitución dun novo clúster empresarial galego, naquelas cadeas económicas ou conglomerados empresariais que non estean representados por un clúster empresarial galego xa constituído.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 05/05/2011 para a presentación telemática e 06/05/2011 para a presentación en papel.
 

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Decreto 55/2011, do 31 de marzo, polo que se proba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

lunes, 4 de abril de 2011

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO


Obxecto: incentivar a implantación e desenvolvemento de boas prácticas en materia de RSE nas estratexias empresariais das pequenas e medianas empresas co obxectivo de mellorar a súa competitividade.
Beneficiarios: as organizacións e asociacións empresariais, así como outros organismos intermedios. Para os efectos da convocatoria de 2011, consideraranse organismos intermedios:
a) As entidades sen ánimo de lucro, privadas ou públicas de carácter autonómico ou local e con personalidade xurídica propia, que de xeito habitual presten servizos de apoio ás pequenas e medianas empresas (PEME) para a integración da RSE nas súas prácticas empresariais e dispoñan, polo tanto, dos recursos materiais e humanos necesarios para iso.
b) As entidades con participación maioritaria de capital público autonómico ou local que de xeito habitual presten servizos empresariais de apoio á RSE das pequenas e medianas empresas e promovan proxectos que se axusten ás actuacións subvencionables sen perseguir nos devanditos proxectos a obtención de beneficios.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 05/05/2011

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Correción de erros-Bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia
ENLACES RELACIONADOS:

Axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA/PLAN RENOVE TALLERES DE REPARACIÓN DE VEHÍCULOS


Obxecto: Aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para incentivar actuacións de investimento en equipamento e/ou instalación en establecementos dedicados á reparación de vehículos en Galicia (epígrafe do IAE 691.2) (código de procedemento IN530C), Plan Renove para talleres de reparación de vehículos.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das subvencións, sempre que cumpran cos requisitos  e microempresa: as persoas xurídicas validamente constituídas no momento da presentación de solicitudes, as persoas físicas e as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade, sempre que teñan o centro de traballo, ao que destinen os bens e/ou as instalacións obxecto de subvención, radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que acrediten a inscrición da súa actividade, no epígrafe 691.2 Reparación de vehículos automóbiles, bicicletas e outros vehículos do IAE (Imposto sobre Actividades Económicas).
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 07/10/2011