viernes, 30 de noviembre de 2018

AMPLIACIÓN PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS DOS PROGRAMAS DE FOMENTO DE MELLORA DA EFICACIA ENERXÉTICA E SUSTENTABILIDADE EN VIVENDAS E DE FOMENTO DA CONSERVACIÓN

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Único
Ampliar o prazo de presentación de documentación xustificativa, parcial ou final, da subvención ata o 20 de decembro de 2018, para o caso de expedientes que teñan anualidade neste exercicio.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO A TRAVÉS DO PROGRAMA I E II

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Artigo 1
Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 26 de xaneiro), que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018:

Programa I: 09.40. 322C 472.0, no código de proxecto 2015 00 564 na contía de 4.000.000 €.

Artigo 2
Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única
Esta orde entrara en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

miércoles, 28 de noviembre de 2018

XORNADAS FORMATIVAS NO EIDO DO TEMPO LIBRE

ENCONTRO XUVENTUDE EMPRENDEDORA

PROGRAMA EXPLORER PARA EMPRENDEDORES DA USC

Nova edición do programa Explorer para emprendedores da USC


 O programa, promovido polo Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinado polo CISE co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, brindará formación e mentoring de forma gratuíta a mozas e mozos de 18 a 31 anos que queiran desenvolver as súas ideas de negocio.

 Explorer premiará ós mellores proxectos de cada Explorer Space da USC (Santiago e Lugo) con un viaxe a Silicon Valley e lles permitirá optar a 60.000 euros en financiación.

Os emprendedores entre 18 y 31 anos poden inscribirse a través de Santander X, ata o 12 de decembro no programa Explorer ‘Jóvenes con Ideas’ que impulsa o talento da mocidade e a xeración de proxectos innovadores nun entorno dixital, aberto e colaborativo.

A plataforma de emprendimiento Santander X abre o periodo de inscrición para a X edición do programa Explorer ´Jóvenes con ideas´, unha iniciativa de impulso ao talento de mozo promovida polo Banco Santander a través de Santander Universidades, coa coordinación do Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE) que nas súas nove edicións anteriores impulsou proxectos de mais de 5.000 emprendedores e xenerou centos de empresas en todo el país. En Santiago e Lugo, Explorer conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, a través da Subdirección Xeral de Emprego.

O prazo de inscrición a través de Santander X, para mozas e mozos de entre 18 e 31 años, finaliza o próximo 12 de decembro. Esta plataforma dixital conecta a emprendedores de todo o mundo e lles ofrece acceso a distintas iniciativas de emprendemento impulsadas por universidades nun entorno dixital, aberto e colaborativo.

Os seleccionados poderán beneficiarse do acceso aos espazos Explorer Space da USC (Santiago e Lugo), centros de coworking de alto rendemento onde desenvolverán as súas ideas de forma colaborativa, conectarán con outros emprendedores e recibirán asesoramento personalizado e formación impartida por unha rede de mais de 200 expertos en innovación e modelos de negocio.
Para esta nova convocatoria, o programa incorpora máis contidos dixitais, fortalecendo a formación cas últimas metodoloxías e reforzando a conexión entre mozos de diferentes Spaces.

Comunidade, impulso e financiación
Ao finalizar os cinco meses de formación e ideación, o proxecto mellor valorado del cada Explorer Space viaxará a Silicon Valley, o maior ecosistema de innovación do mundo, xunto a outros 56 emprendedores de diferentes centros onde recibirán clases maxistrais en empresas tecnolóxicas, asesoramento en internacionalización e contacto con inversores. Ademais, os tres mellores proxectos recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar o seu desenvolvemento.
Gracias á colaboración ca Fundación EY, Explorer conta tamén co premio Woman Explorer Award, que ofrece 20.000 euros para financiar ó mellor proxecto liderado por unha emprendedora e o premio de innovación Disruptive Technology Explorer Award –impulsado por INDRA-, que brindará 3.000 euros e asesoramento por parte de expertos de Indraventures ó proxecto de negocio más innovador.

As entidades colaboradoras locais
O apoio local nos Explorer Space de Santiago de Compostela e Lugo ven da man da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia, en concreto da Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía e Industria.
O USC Santiago de Compostela Space atópase no Edificio Emprendia, núcleo da Transferencia de Coñecemento, Innovación e Emprendemento do Campus de Excelencia Internacional da Universidade de Santiago de Compostela - Campus Vida, proporcionado aos participantes espazo coworking e ferramentas para a incubación e a formación, tanto presencial como virtual, asemade para o traballo colaborativo. Ademais, os proxectos premiados neste centro contarán coa dispoñibilidade dun espazo de incubación para o seu proxecto en UNINOVA.

Pola súa banda, o USC Lugo Space está na Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE), dentro do Campus Terra, que xa conta cun espazo coworking a disposición dos emprendedores. A Facultade de Administración e Dirección de Empresas eríxese como un espazo universitario para a creación de valor económico-social, sendo o emprendemento un dos eixos chave para chegar a tal fin. Todo elo, a través dunha cooperación produtiva entre universidade-empresa-sociedade, para a proxección dos coñecementos, capacidades e resultados xerados no Campus e a súa transformación en fonte de progreso e motor de cambio na súa contorna a nivel social, económico e territorial. Ademais, os proxectos premiados neste centro contarán coa dispoñibilidade dun espazo de incubación para o seu proxecto na Fundación CEL, que colaboran activamente na difusión e desenvolvemento do programa entre o seu texido empresarial.

As actividades destes Explorer Space intégranse no programa de emprendemento da USC que conta como principais axentes a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) e a Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais, S.L., - UNINOVA (Incubadora da USC). O
Este programa é xestionado na USC por parte de persoal técnico da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento, situada no campus de Santiago no Edificio Emprendia, e no Campus Terra no Edificio CACTUS.

Todos os interesados en desenvolver a súa idea de negocio e optar ós premios, deberán presentar a súa candidatura a través dun formulario dispoñible en www.santanderx.com. Para máis información poden contactar nos teléfonos: 881 815 594 (Santiago) e 982 822 854 (Lugo).

viernes, 23 de noviembre de 2018

ADAPTACIÓN DE PRAZOS DE XUSTIFICACIÓN DE GASTOS E PRESENTACION DE SOLICITUDES DE COBRAMENTO DE AXUDAS DO IGAPE

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade á resolución de adaptación de prazo de xustificación de gastos e presentación de solicitude de cobramento establecidos nas bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Diario Oficial de Galicia número 153, do 12 de agosto de 2016) e as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Diario Oficial de Galicia número 154, do 17 de agosto de 2016).



RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade á resolución de adaptación dos prazos de disposición establecidos nas bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións produtoras e transformadoras de uva e de castañas afectadas polas xeadas e sarabias, e as explotacións produtoras de pataca, cereal, horta e froiteiras afectadas pola sarabia, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Diario Oficial de Galicia número 223, do 23 de novembro de 2017) e as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións agrarias de toda a Comunidade Autónoma de Galicia afectadas pola seca do ano 2017, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Diario Oficial de Galicia número 25, do 5 de febreiro de 2018).


SUBVENCIÓNS ÁS ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS E ASOCIACIÓNS AGRARIAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE INTERESE AGRARIO E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2018

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde as seguintes entidades:
1. As organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións ás cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002 segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.
2. As asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con código de actividade «811 Agricultura, gandaría, silvicultura, caza, pesca» de acordo co Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA PROGRAMA A PROL DA CONTRATACIÓN DAS MULLERES DESEMPREGADAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Artigo 1
Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde do 7 de xuño 2018 pola que que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación das mulleres desempregadas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG número 122, do 27 de xuño de 2018), que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018:
09.40.322C 472.0, no código de proxecto 2016 00 313, na contía de 1.874.602,78 €.

Artigo 2
Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para presentar as solicitudes.

Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 22 de noviembre de 2018

AMPLIACION ORZAMENTARIA DAS AXUDAS DO PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


A Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341Q), publicada no Diario Oficial de Galicia nº 105, do 4 de xuño, establece no seu artigo 5 o crédito orzamentario que financia as subvencións reguladas nesta orde para o ano 2018.

Así mesmo, establece no seu artigo 5.4 que poderá ampliarse a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1
Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341Q), publicada no Diario Oficial de Galicia nº 105, do 4 de xuño, que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018: 09.40.322C.770.0, código de proxecto 2017 00 021, contía de 1.000.000 €.

Artigo 2
Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

martes, 20 de noviembre de 2018

DIA DEL NIÑO 2018


MODIFICACIÓN.- PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN NA EMPRESA ORDINARIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou a Orde do 22 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria e se procede a súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia nº 24, do 2 de febreiro).

A concesión das subvencións previstas está suxeita á existencia de crédito orzamentario e realizarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Para os incentivos á contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e en situación de risco de exclusion social a aplicación orzamentaria 09.40.322C 470.9, código de proxecto 2016 00309, cun crédito de 1.172.789 euros, e 09.40.322C.481.9, código de proxecto 2016 00309 cun crédito de 50.000 euros.

Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas de longa duración a aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316, cun crédito de 3.000.000 euros.

Unha vez finalizado, na data do 15 de outubro de 2018, o prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta orde, xorde a necesidade de orzamento para atender o colectivo de persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, aplicación orzamentaria 09.40.322C 470.9, código de proxecto 2016 00309, mentras que existe remanente unha vez atendidos os expedientes de solicitude de incentivos de parados de longa duración, 09.40.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316. Estes remanentes incrementan en 400.000 euros a aplicación 09.40.322C 470.9, código de proxecto 2016 00309, por ser esta aplicación a que ten un maior número de solicitudes.

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

lunes, 19 de noviembre de 2018

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á ELABORACIÓN DE INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


A Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2018 (códigos de procedemento MR462B e MR462C), establece no artigo 42 que a primeira anualidade dos investimentos obxecto das subvencións concedidas a través das liñas 1-Común e 1-Sofor deberán ser executadas, pagadas e xustificadas con data límite do 19 de novembro de 2018, de acordo coa modificación realizada a través da Orde do 26 de outubro de 2018 pola que se modifica a Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2018.

Dado o reducido prazo de tempo existente entre a resolución da concesión das subvencións e o prazo dado, cómpre ampliar novamente o devandito prazo.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do artigo 42 da Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2018

O artigo 42 queda redactado do seguinte modo:
«A primeira anualidade dos investimentos obxecto das subvencións concedidas a través das liñas 1-Común e 1-Sofor deberán ser executadas, pagadas e xustificadas con data límite do 30 de novembro de 2018».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 15 de noviembre de 2018

PREMIOS EMPRENDENDO NO RURAL

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIA DE LUGO _SECCIÓN DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO


BASES DA CONVOCATORIA DOS PREMIOS “EMPRENDENDO NO RURAL” 

OBXECTO E FINALIDADE
A presente convocatoria inclúese dentro do “Plan integral Desenvolvendo o Rural”. Estas bases teñen por obxecto establecer o procedemento de concesión en concorrencia competitiva de premios a iniciativas empresariais en territorios rurais da provincia de Lugo.
A finalidade dos premios é a de impulsar iniciativas empresariais, favorecer proxectos novos, excelentes, orixinais e innovadores que promovan fixar poboación, a economía e o emprego no territorio rural, que incorporen novos modelos de xestión, produtos sistemas ou servizos que contribúan a xeración de riqueza e calidade de vida na provincia de Lugo.

DESTINATARIOS
Poderán participar neste convocatoria o emprendedores/as cunha idea ou proxectos de actividade válido e viable (quedara acreditado na memoria descritiva da actividade) para poñer en marcha, en calquera dos municipios da provincia, agás Lugo.
Os destinatarios dos premios, non terán limitación en canto a idade, debendo cumprir os seguintes requisitos:
• Non ter iniciada a actividade económica presentada no proxecto.
• Estar empadroado en algún concello da provincia.
• Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, de Xeral de Subvencións. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da interesado.
• Estar o corrente no cumprimento das obrigas coa Axencia tributaria ( Estado e CCAA), seguridade social e Deputación de Lugo.
A actividade mercantil poderá realizarse en calquera modalidade legal; empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.
Os requisitos e condicións para ser beneficiarios deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Deberá manterse a actividade durante un período mínimo de 2 anos, agás cesamento por causas alleas á súa vontade, o cal se terá que demostrar de forma fidedigna . O Responsable do premio é o solicitante independentemente da fórmula xurídica elixida para materializar a iniciativa empresarial. 

DOCUMENTACIÓN , FORMA E PRAZOS DE SOLICITUDE
4.1 Documentación xeral a achegar para participar nos premios:
• Solicitude de axuda ( Anexo I)
• DNI ou NIE acreditativa da personalidade do solicitante.
• Declaración responsable (Anexo II)
• C. V actualizado do solicitante, documentación acreditativa estritamente relacionada ca idea do proxecto.
• Memoria descritiva da actividade. Dita memoria denominarase Anexo III, terá unha extensión máxima de 20 follas e achegarase como documento adxunto de forma obrigatoria)
Deberá conter os seguintes apartados:
• DATOS DA PERSOA SOLICTANTE E DE SER O CASO A DO REPRESENTANTE (Nome, apelidos e DNI)
• RESUMEN EXECUTIVO (Breve resumen do Plan de empresa)
• PRESENTACIÓN DO PROXECTO
• ESTUDO DE MERCADO (Análise da oferta, da demanda , publico obxectivo, segmentos de mercado...)
• DAFO (Análise das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades da súa idea de negocio)
• ESTRATEXIA COMERCIAL/PLAN DE MARKETING (Recollendo os obxectivos e estratexias, ademais das accións que se van a realizar para conseguir estes obxectivos. Analizando o produto, prezo,  promoción e lugar de venda)
• ORGANIZACIÓN E EQUIPO DIRECTIVO
• ANÁLISIS ECONÓMICO E FINANCEIRO:
o BALANCE
o CONTA DE PERDAS E GANANCIAS PARA OS DOUS PRIMEIROS ANOS
o PLAN DE TESOURERIA A 2 ANOS DENDE A CONSTITUCIÓN ( MENSUAL)
• APLICACIÓN DE MEDIDAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL (RSE)
• DOUS CRONOGRAMAS DE PLANIFICACIÓN TEMPORAL DE ACTIVIDADES (Detallaranse as actuacións concretas que se levaran a cabo para a posta en marcha e funcionamento durante os 24 meses seguintes para poder analizar a futuro a actividade da empresa)
o CURTO PRAZO ATA O 31/08/2019
o MEDIO E LARGO PRAZO 24 MESES DENDE A CONSTITUCIÓN 
4.2 Forma e prazos de presentación da solicitude.
Co fin de incentivar a utilización de medios electrónicos e no marco dos principios da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes de adhesión presentaranse de maneira telemática, na sede electrónica: http://sede.deputacionlugo.org. A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa enviada dentro do prazo establecido.
Para presentar a solicitude por medios electrónicos a través da sede electrónica da Deputación de Lugo (http://sede.deputacionlugo.org) o solicitante deberá identificarse a través dun certificado dixital dos recoñecidos na Lei 59/2003 de sinatura dixital, no caso de utilizar un certificado persoal deberá achegar un documento no que se acredite que é o representante legal da asociación/entidade. O mesmo certificado utilizado para a identificación utilizarase para o proceso de presentación e sinatura dixital da solicitude, para iso será preciso ter instalada a aplicación Autofirma da Administración Xeral do Estado e que se pode descargar na seguinte ligazón: http://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html 
Non se admitirá máis dunha solicitude por persoa en relación a unha mesma iniciativa empresarial. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais dende a publicación da convocatoria do presente programa no BOP, previa publicación no Base de Datos Nacional de Subvencións.
A Deputación Provincial concederá un prazo de 10 días hábiles, dende a publicación das listaxes de
requirimento, no taboleiro de anuncios electrónico http://tablonanuncios.deputacionlugo.org para a corrección das deficiencias detectadas nas solicitudes da subvención. Mediante acordo da Xunta de Goberno declararase o desestimento daquelas solicitudes que non se axusten ao establecido nas bases ou que non emendaran as deficiencias no devandito prazo. Non axustarse aos termos desta convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia.
4.3. Comunicacións
As comunicacións aos interesados realizaranse de conformidade co establecido no artigo 42 e 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, os actos e comunicacións relativas ao Premios “EMPRENDENDO NO RURAL” que procedan en virtude do procedemento administrativo, faranse públicas no Taboleiro de Anuncios electrónico http://tablonanuncios.deputacionlugo.org, xurdindo a publicación os mesmos efectos que a notificación. Toda comunicación, consulta, achega de documentación dos interesados coa Deputación, farase a través da CARPETA CIDADA na sede electrónica http://sede.deputacionlugo.org (dende o seu expediente) 

CONTIAS E PREMIOS.
5 Premios de 10.000€.
Os premios establecidos nesta convocatoria non están sometidos ao réxime de mínimis segundo o establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. A estes premios aplicaráselles a retencións legais que correspondan.

XUVENTUDE: ENCONTRO MOSTRA ASOCIATIVA XUVENIL GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

XUVENTUDE: INTERCAMBIOS PROFESIONAIS

ASESORAMENTO PERSONALIZADO EN LIÑA-PROXECTO LIDERA

lunes, 12 de noviembre de 2018

DATA, HORA E LUGAR DE REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS DE CONSTATACIÓN DAS FUNCIÓNS DE XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE POR ESTRADA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE


En sesión celebrada o 2 de novembro de 2018, o tribunal designado pola Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 27 de febreiro de 2018 para cualificar as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada

ACORDOU:

Primeiro. Os exercicios da segunda convocatoria do ano 2018 das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada terán lugar o 1 de decembro de 2018, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n, San Lázaro, Santiago de Compostela).
Segundo. Os/as aspirantes que fosen admitidos/as para a realización das probas serán citados/as en chamamento único segundo a seguinte distribución:
a) Transporte interior e internacional de viaxeiros/as: todos eles/as ás 9.00 horas.
b) Transporte interior e internacional de mercadorías:
Aqueles/as aspirantes cuxa primeira letra do seu primeiro apelido estea comprendida entre as letras A-L (ambas as dúas inclusive): 9.00 horas. Non obstante, todos/as aqueles/as aspirantes incluídos/as nesta relación que estean admitidos/as tamén para as probas de viaxeiros/as quedan convocados/as para as 16.15 horas.
Aqueles/as aspirantes cuxa primeira letra do seu primeiro apelido estea comprendida entre as letras M-Z (ambas as dúas inclusive): 16.15 horas.
Terceiro. Unha vez situados/as os/as aspirantes dentro da aula, non se permitirá a súa saída, agás no suposto de entrega do exercicio. Non obstante, o tribunal poderá apreciar a concorrencia de circunstancias médicas debidamente acreditadas, como no suposto de mulleres embarazadas, toma de medicamentos, ou similares, que fagan necesario que o/a aspirante teña que ir ao baño.
Cuarto. Os/as aspirantes deberán presentarse provistos/as de DNI en vigor ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, tamén en vigor; a súa falta dará lugar á non admisión do/da aspirante á realización das probas. Recoméndase igualmente aos/ás aspirantes que concorran provistos/as da copia da solicitude de admisión e da folla xustificativa do pagamento das taxas de exame.
Así mesmo, deberán dispor dun lapis do número 2 e goma de borrar para realizar o exame, de xeito que se poida efectuar a súa corrección mediante mecanismos automatizados. Poderán tamén levar máquinas calculadoras sen memoria RAM para realizar as operacións matemáticas que resulten necesarias.
Quinto. Non se permitirá o acceso á sala onde se realizarán os exercicios con teléfonos móbiles.
Igualmente, tampouco se permitirá o acceso e tenza de axendas ou outros dispositivos de carácter electrónico, agás o indicado no punto anterior respecto das máquinas calculadoras. Do mesmo xeito, queda prohibido o acceso con calquera outro material ou instrumento do que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización das probas.
Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

PROBAS DE CONSTATACIÓN PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE DE CONDUTOR/A PROFESIONAL DE DETERMINADOS VEHÍCULOS DESTINADOS AO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS OU DE VIAXEIROS/AS POR ESTRADA 2019

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE


Convocatoria.
Convócanse para o ano 2019 as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución (IF310D; IF310E).

Calendario.
No ano 2019 realizaranse nove convocatorias, tanto para as categorías D1, D1+E, D e D+E, como para as categorías C1, C1+E, C e C+E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:

Convocatoria               Datas de realización                  Prazo de inscrición

1ª                                16.1.2019 a 6.2.2019                 23.11.2018 a 28.12.2018

2ª                                20.2.2019 a 6.3.2019                 29.12.2018 a 4.2.2019

3ª                                3.4.2019 a 17.4.2019                  5.2.2019 a 15.3.2019

4ª                                15.5.2019 a 29.5.2019                16.3.2019 a 26.4.2019

5ª                                19.6.2019 a 3.7.2019                 27.4.2019 a 31.5.2019

6ª                                17.7.2019 a 7.8.2019                   1.6.2019 a 5.7.2019

7ª                                11.9.2019 a 25.9.2019                 6.7.2019 a 23.8.2019

8ª                                6.11.2019 a 20.11.2019              24.8.2019 a 11.10.2019

9ª                                11.12.2019 a 26.12.2019             12.10.2019 a 15.11.2019

viernes, 9 de noviembre de 2018

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS A EMPRESAS ILLADAS EN ZONAS RURAIS PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA


Obxecto
Por medio desta resolución convócase a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, modificado tras a Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018 (procedemento administrativo PR604A), para o exercicio 2019.
Contía da axuda
1. Os solicitantes deberán indicar no anexo I a porcentaxe de subvención que solicitan sobre os gastos subvencionables, o que será valorable de conformidade co disposto no artigo 19 das bases reguladoras.
2. A intensidade da subvención que se poida conceder a cada beneficiario coincidirá coa indicada na súa solicitude cun máximo de 20.000 € de subvención por proxecto subvencionado e beneficiario, sen menoscabo das limitacións adicionais que estableza o marco normativo de aplicación. Os proxectos subvencionados pertencentes a agrupacións de empresas tamén estarán limitados a este importe máximo por proxecto.
Xustificación da execución
1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2019.
2. A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberá presentarse ata o 31 de outubro de 2019.
3. En todo caso, a execución de investimentos por un solicitante con carácter previo á resolución de concesión da subvención non xerará dereitos no caso de que o solicitante non resulte beneficiario.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes fíxase desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 31 de xaneiro de 2019.
Requisitos das persoas solicitantes:
1. Poderán solicitar e beneficiarse das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, de xeito individual as empresas privadas, xa sexan persoas físicas que realicen actividade económica ou persoas xurídicas legalmente constituídas, así como as agrupacións de empresas privadas que acrediten, coa solicitude de subvención, o cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Ter domicilio fiscal ou polo menos un centro de traballo en Galicia.
b) Non ter contratado nin poder contratar en condicións de mercado, na localización obxecto de solicitude, servizos de banda larga con trinta (30) ou máis megabits por segundo de descarga (fluxo de datos no sentido da rede ao usuario), estando polo tanto illada das redes que prestan estes servizos.
c) Non estar situada a empresa dentro dun polígono industrial ou dentro dunha entidade singular de poboación que xa conte con acceso a redes de banda larga ultrarrápida ou que dispoña de plans de despregamento en curso para estas redes, debendo estar polo tanto a empresa illada destas redes.
Especialmente, consideraranse polígonos con plans de despregamento en curso aos polígonos beneficiados ao abeiro da Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A, DOG do 22 de abril de 2016).
Especialmente, consideraranse entidades singulares de poboación con plans de despregamento en curso a aquelas entidades beneficiadas ao abeiro da Resolución do 11 de xaneiro de 2018, da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (procedemento administrativo PR605A, DOG núm. 10, do 15 de xaneiro de 2018).
d) Solicitar e obter tres ofertas, como mínimo, de diferentes provedores de acordo co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, agás que polas especiais características dos gastos ou a localización en que se pretende levar a cabo o proxecto non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
2. No caso de solicitude presentada por unha agrupación sen personalidade de empresas privadas, sexan persoas físicas ou xurídicas, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En todo caso, deberá nomearse un líder que será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
As agrupacións rexeranse por calquera instrumento xurídico válido en dereito que as regule, onde se acredite un acordo de vontades de todas as empresas participantes na agrupación, e con carácter previo ao remate do prazo de presentación de solicitudes que fixe a convocatoria. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión, e un dos socios, o líder, asumirá a dirección do proxecto e a representación da agrupación ante a Administración, o cal deberá constar expresamente no instrumento xurídico válido que se realice para ese efecto. O líder presentará a solicitude e, de ser o caso, recibirá a subvención concedida e será o responsable da súa distribución entre os socios participantes, de acordo coa repartición establecida no orzamento aprobado na resolución de concesión da subvención, conforme os seus compromisos de participación nel e coa resolución de pagamento tras a xustificación finalmente admitida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Non poderán solicitar nin ser beneficiarias as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, agás as agrupacións xa indicadas, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro aínda que realicen actividade económica, nin as persoas físicas que non realicen actividade económica.
4. Non poderán obter a condición de beneficiarios:
a) As persoas en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.
b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) e o disposto no Regulamento de exención por categorías.
c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común».
Dous. O artigo 12, Comprobación de datos para a tramitación do procedemento, queda redactado no punto 1, do seguinte modo:
«1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos dos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Número de identificación fiscal (NIF) da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.
b) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa representante que asine a solicitude e/ou, de ser o caso, da persoa solicitante. Cando algunha persoa sexa estranxeira residente, consultarase o número de identidade de estranxeiro (NIE).
c) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia».
Tres. Engádese un punto 1.bis no artigo 13, Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento, tal e como segue:
«1.bis. No caso de solicitudes presentadas por unha agrupación de empresas privadas, achegarase a seguinte documentación:
a) Declaración individual, de cada unha das empresas integrantes da agrupación, de conformidade de participación no proxecto e autorización a favor do representante da agrupación.
b) Declaración responsable, de cada unha das empresas integrantes da agrupación, das axudas de minimis, outras axudas solicitadas ou recibidas e cumprimento de requisitos para ser beneficiario.
c) Datos de localización da ubicación para a que se solicita a subvención en todas as empresas».

jueves, 8 de noviembre de 2018

CONVOCATORIA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DA HABILITACIÓN DO PERSOAL DE CONTROL DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA


Obxecto
O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.
As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG nº 78, do 27 de abril).
Os códigos dos procedementos regulados son PR471A e PR472A.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
As persoas interesadas deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:
a) Xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data.
b) Copia do xustificante, de ser o caso, de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto que non fose expedido pola Xunta de Galicia.
c) Dúas fotografías tamaño carné de identidade co nome e apelidos escritos no dorso.
d) Certificación de aptitude dos niveis de lingua galega oral, iniciación ou perfeccionamento ou equivalentes (Celga 1, 2, 3 e 4) cando non fose expedido directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes do procedemento PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos logo da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medio electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.