viernes, 27 de noviembre de 2015

INCREMENTO DAS AXUDAS DA PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O 2015

PLAN DE INSPECCIÓN COMERCIAL 2016

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA AXUDAS EXTRAORDINARIAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS

OMIX-AS NOGAIS: BOLETÍN SEMANAL E OUTROS

viernes, 20 de noviembre de 2015

CORRECCIÓN ERROS.- BOLSAS FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN CENTRO RAMÓN PIÑEIRO

CORRECCIÓN ERROS.- CONVOCATORIA CURSOS GRATUÍTOS LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CELGAS

CONVOCATORIA PROBAS 2016 PARA CUALIFICACIÓN PROFESIONAL DE VEHÍCULOS DESTINADOS AO TRANSPORTE DE MERCADORIAS OU DE VIAXEIROS POR ESTRADA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Convocatoria
Convócanse para o ano 2016 as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución.

Calendario
No ano 2016 realizaranse nove convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:

Convocatoria                                   Datas de realización                                   Prazo de inscrición
1ª                                                     20.1.2016 a 3.2.2016                               23.11.2015 a 30.12.2015
2ª                                                     24.2.2016 a 9.3.2016                                31.12.2015 a 5.2.2016
3ª                                                     6.4.2016 a 20.4.2016                                 6.2.2016 a 18.3.2016
4ª                                                    18.5.2016 a 1.6.2016                                19.3.2016 a 29.4.2016
5ª                                                    22.6.2016 a 6.7.2016                                  30.4.2016 a 3.6.2016
6ª                                                    27.7.2016 a 10.8.2016                                04.6.2016 a 8.7.2016
7ª                                                   14.9.2016 a 28.9.2016                                09.7.2016 a 26.8.2016
8ª                                                   2.11.2016 a 16.11.2016                            27.8.2016 a 14.10.2016
9ª  
                                                 7.12.2016 a 21.12.2016                           15.10.2016 a 18.11.2016
Inscrición
Para inscribirse ás probas será necesario presentar, dentro do prazo previsto no punto anterior, unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I desta resolución, xunto co impreso de autoliquidación de taxas polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 29 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

lunes, 16 de noviembre de 2015

MODIFICACIÓN.- PLAN REFORMA 15

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓN DA CONSELLERÍA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA










MODIFICACIÓN.- AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL E VIAXES POR RAZÓNS DE INTERESE SOCIAL, ASISTENCIAL OU HUMANITARIO

martes, 10 de noviembre de 2015

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA



Obxecto 
O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16, que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a dita axuda, resultase excluído por unha causa emendable.
Requisitos
1. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16, cando se atope nos supostos indicados no artigo 1.1 desta orde.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
2. Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.



lunes, 9 de noviembre de 2015

BOLSAS PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA DO PARLAMENTO DE GALICIA



PARLAMENTO DE GALICIA


A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 3 de novembro de 2015, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:

a) 3 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.

b) 1 bolsa de formación en comunicación institucional.

c) 2 bolsas de formación en publicacións.

d) 1 bolsa de formación en informática.

e) 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.

As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia ( www.parlamentodegalicia.gal ).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia

MODIFICACION.- SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN COOPERATIVOS E SOCIEDADES LABORAIS E PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO

martes, 3 de noviembre de 2015

PROGRAMA DE PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR CIRCULANTE E INVESTIMENTOS EN GALICIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
Publicar as bases reguladoras do Programa de préstamos do Igape para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), e convocar os devanditos préstamos, que non terán a consideración de axuda de estado, en réxime de concorrencia non competitiva.
Modalidades
O Igape poderá conceder préstamos para financiar actividades empresariais en dúas modalidades:
A) Préstamos Igape-BEI-Circulante, destinados a proporcionar un fondo de manobra estable, que permita ás empresas galegas, industriais ou exportadoras, fortalecer a súa estrutura financeira para desenvolver plans de crecemento.
B) Préstamos Igape-BEI-Investimento, destinados a financiar proxectos de investimento en Galicia, fundamentalmente do sector industrial e estratexicamente relevantes.
Prestameiros.
2.2.1. Poderán ser prestameiros:
a) As sociedades mercantís que poidan ser consideradas peme independente conforme o artigo 2.1 das presentes bases.
b) As sociedades mercantís que poidan ser consideradas peme dependente conforme o artigo 2.1 das presentes bases, dentro da limitación de contía de préstamos para este tipo de prestameiros establecida nos contratos de financiamento asinados entre o Igape e o BEI.
c) Para o programa de préstamos Igape-BEI-Investimento, poderán ser prestameiros empresas que non cumpran a definición de peme, sempre que pertenzan ao sector do automóbil. Neste caso as devanditas operacións de préstamo terán que ser previa e formalmente autorizadas polo BEI.
d) Para o programa de préstamos Igape-BEI-Circulante, as empresas deberán ter o seu domicilio social e fiscal en Galicia. Para o programa Igape-BEI-Investimento, a prestameira deberá ter ou crear cando menos un centro de traballo en Galicia, debendo estar situados os investimentos en Galicia.
2.2.2. As sociedades holding financeiras ou as sociedades de leasing non poderán recibir financiamento mediante os préstamos regulados nestas bases.
2.2.3. Non poderán ter a condición de prestameiros as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2.b) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño): «Solicitar a declaración de concurso, ser declarados insolventes en calquera procedemento, acharse declarados en concurso, estar suxeitos á intervención xudicial ou ser inhabilitados conforme a lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso».
Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte; e rematará o 31 de maio de 2016 ou no momento de esgotamento do crédito orzamentario, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es.