viernes, 28 de agosto de 2020

MODIFICACIÓN.- AXUDAS GALICIA EXPORTA EMPRESAS

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2020 pola que se modifica a Resolución do 10 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

4ª CONVOCATORIA. AXUDAS PROGRAMA FÁBRICA DO FUTURO, FÁBRICA INTELIXENTE E SUSTENTABLE DA INDUSTRIA 4.0

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN854A).

Finalidade

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da cuarta convocatoria do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0. Este programa, incluído no plan de acción da RIS3 Galicia, ten por obxectivo o fomento do investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais clave para acadar un modelo produtivo innovador. Estes proxectos deberán estar en liña coas tendencias internacionais da Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0.
Os proxectos deberán ser estratéxicos para a renovación do modelo produtivo e actuar como tractores nos ámbitos máis destacados da economía de Galicia, cun efecto de arrastre ou fervenza do tecido industrial galego cara a unha competitividade baseada na innovación, contribuíndo a conseguir unha «Industria intelixente». Ademais, caracterizaranse por un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras (TFE) para obter procesos e produtos de alto valor engadido en liña coas tendencias internacionais da Fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0, sempre aliñados co reto 2 da RIS3 galega.
Poderán estar centrados:
– Na mellora de procesos, buscando avanzar na súa eficiencia e flexibilidade, nos compromisos ambientais e no emprego de enerxías limpas.
– Na mellora de produtos, de forma que se xeren produtos novos ou con novas funcionalidades para adaptalos ás novas tendencias.
– No desenvolvemento de novos modelos de negocio, a través das tecnoloxías que conecten o mundo físico co dixital, as tecnoloxías que permitan a comunicación e o tratamento dos datos e as tecnoloxías que faciliten a xestión intelixente das operacións, así como o traballo colaborativo con outras empresas.
Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2020, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código procedemento IN854A), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) Empresas do sector industrial cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico. As empresas poderán ser grandes ou pemes.
b) Agrupacións dunha empresa ou empresas do sector industrial e un ou varios organismos de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, que realicen proxectos en cooperación.
c) Agrupacións entre unha grande empresa e unha ou varias pemes que, en ambos os casos, deberán pertencer ao sector industrial.
Recóllense dúas modalidades de participación: individual ou en cooperación. Os organismos de investigación só poderán participar na modalidade en cooperación.
Poderán participar na modalidade de proxectos individuais unha peme ou unha grande empresa, no caso de proxectos de I+D. No caso de proxectos de innovación en materia de organización e de procesos, para a modalidade de participación individual, só poderá participar unha peme.
As entidades participantes en proxectos en cooperación deberán formar unha agrupación xurídica, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007. Esta agrupación estará constituída por:
No caso de proxectos de I+D:
– Por empresas, pemes ou grandes.
– Por empresa/s, pemes ou grandes, e un ou varios organismos de investigación e difusión.
No caso de proxectos de innovación en materia de organización e procesos:
Empresas, sendo necesario que unha delas sexa unha peme.
Deberán ser proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e de procesos, e terán un orzamento subvencionable mínimo de 2.000.000 de euros e máximo de 30.000.000 de euros.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes a esta cuarta convocatoria do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACIÓN PARCIAL DE DISTINTAS ORDES DE CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓN NO ÁMBITO DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO COMO CONSECUENCIA DA SITUACIÓN E EVOLUCIÓN DO COVID-19

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

ORDE do 14 de agosto de 2020 pola que se procede á modificación parcial de distintas ordes de convocatorias de subvencións financiadas por esta consellería no ámbito da formación profesional para o emprego como consecuencia da situación e evolución do COVID-19.

MODIFICACIÓN DOS PRAZOS DE XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA A CONSOLIDACIÓN DE UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN ALIÑADAS COS RESTOS ESTRATÉXICOS E PRIORIDADES IDENTIFICADAS NA RIS3

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2020 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 26 da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN853B).

ACORDO PARA LEVANTAR A SUSPENSIÓN DAS PRÁCTICAS QUE SE REALICEN EN CALQUERA CENTRO SANITARIO SITUADO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2020 pola que se acorda levantar a suspensión das prácticas que se realicen en calquera centro sanitario situado na Comunidade Autónoma de Galicia.

miércoles, 26 de agosto de 2020

SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE FUNCIÓNS DE ARTES ESCÉNICAS E MÚSICA DURANTE O ANO 2020

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2020 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a realización de funcións de artes escénicas e música durante o ano 2020 (código de procedemento CT406A).

Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a representación de funcións de artes escénicas e música producidas e realizadas por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais que desenvolvan a maior parte da súa actividade en territorio galego, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro (código de procedemento CT406A).

Persoas beneficiarias
Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as persoas que a continuación se sinalan:

Artes escénicas.

Modalidade A.1: subvencións para a realización de funcións de artes escénicas fóra de Galicia.
Persoas beneficiarias: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á realización de funcións de espectáculos de artes escénicas que desenvolvan a maior parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Modalidade A.2: subvencións para a realización de funcións de artes escénicas en Galicia.
Persoas beneficiarias: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á realización de funcións de espectáculos de artes escénicas que desenvolvan a maior parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

B. Música.

Modalidade B.1: subvencións para a realización de funcións musicais fóra de Galicia.
Persoas beneficiarias: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á realización de funcións de espectáculos musicais que desenvolvan a maior parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

SUBVENCIÓNS AO IMPULSO DO SECTOR ESCÉNICO GALEGO 2020

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ao impulso do sector escénico galego, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT403D).

Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic de apoio ao sector escénico, dentro do marco das competencias deste organismo, a través de distintas liñas de subvención e proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT403D).

Persoas beneficiarias
Poderán acceder a estas axudas segundo as distintas modalidades:

Modalidade 1: persoas físicas (autónomas) ou xurídicas dedicadas profesionalmente á xestión de salas de artes escénicas de titularidade privada na Comunidade Autónoma de Galicia con capacidade igual ou inferior a 150 localidades.

Modalidades 2 e 3: persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será de un (1) mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

CONVOCATORIA PREMIOS FIN DE CARREIRA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ALUMNADO QUE REMATOU OS SEUS ESTUDOS UNIVERSITARIOS NO ANO 2019 NAS UNIVERSIDADES DO SUG

 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 12 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2019 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A).


Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que rematou os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2018/19.

Persoas beneficiarias
Estudantes que remataron brillantemente os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2018/19 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

martes, 25 de agosto de 2020

AMPLIACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDE PARA REDE DE LIVING LABS DE SAÚDE DE GALICIA

 AXENCIA GALEGA PARA A XESTIÓN DO COÑECEMENTO EN SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2020 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Resolución do 3 de marzo de 2020 pola que se pon en marcha a Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (denominada Labsaúde) e se aproban e se publican as bases reguladoras para o procedemento de selección das entidades que participarán no Living Lab de Ourense, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SA304B).

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA AXUDAS A MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 20 de novembro de 2019 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

SUBVENCIÓNS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL DIRIXIDOS Á PROMOCIÓN DA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES E DE PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2020 (código de procedemento SI452A).


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas para o ano 2020 destinadas á realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionada pola Secretaría Xeral da Igualdade.
As subvencións destinaranse a programas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, para lograr a eliminación de estereotipos de xénero que conducen a que as mulleres padezan unha situación de desvantaxe no eido laboral, social, persoal, económico, político e cultural. Así mesmo, subvencionaranse determinados programas que teñan por obxecto a prevención de todas as formas de violencia contra as mulleres, segundo o recollido na Lei 11/2007, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Serán obxecto de subvención os seguintes tipos de programas:
a) Acollemento, atención e asesoramento para mulleres en situación de vulnerabilidade.
b) Acollida e aloxamento que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e das súas fillas e fillos.
c) Programas de información e formación para o empoderamento e participación activa dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade e a mulleres do medio rural, que impulsen o emprendemento, o autoemprego, a formación e a mellora da súa capacitación de cara a mellorar a súa empregabilidade.
d) Programas de conciliación dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade que consistan en actividades de coidado e atención a menores de doce anos, persoas con discapacidade e/ou dependentes e persoas maiores.
e) Actuacións de información e de formación para o empoderamento e participación activa das mulleres, en especial as que sofren situacións de vulnerabilidade e/ou as que residen no medio rural.
f) Programas para o tratamento da saúde integral das mulleres e/ou sobre a sexualidade das mulleres.
g) Programas de apoio e tratamento integral dirixidos a grupos de mulleres vítimas da violencia de xénero especialmente vulnerables: mozas e adolescentes, mulleres con discapacidade, mulleres maiores, mulleres que residen no medio rural, mulleres inmigrantes, mulleres pertencentes a minorías étnicas, etc.
h) Programas de que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e das súas fillas e fillos.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico. As entidades solicitantes deberán estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración.
b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos, acreditarase que non reparten beneficios, que, no caso de liquidación ou disolución, o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu labor con carácter gratuíto, de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
c) Ter o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Ter entre os seus fins institucionais recollidos nos seus estatutos a realización dos programas e actuacións subvencionables de acordo co establecido no artigo 5.
Os fins e obxectivos das entidades solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre mulleres e homes, potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social e atender as mulleres en situación de vulnerabilidade. Estes fins e obxectivos deberán estar recollidos nos seus estatutos ou desprenderse da súa actuación xeral.
f) Desenvolver as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materiais necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.
2. Dentro dos límites da lexislación autonómica, tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica nos seguintes termos:
a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no número 1 anterior.
b) Deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención aplicable a cada un deles.
c) Deberán nomear unha persoa en representación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
d) Non se poderán disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
3. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.




lunes, 24 de agosto de 2020

AXUDAS PARA O RESCATE DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN GALEGOS PRESENTADOS Á CONVOCATORIA DE EXPRESIÓNS DE INTERESE DO ISCIII PARA O FINANCIAMENTO DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE O SARS-COV-2 E A ENFERMIDADE COVID-19

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de axudas para o rescate de proxectos de investigación galegos presentados á convocatoria de expresións de interese do ISCIII para o financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19 con cargo ao Fondo COVID-19, susceptible de financiamento Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN845D).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases e convocatoria para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega de Innovación a proxectos sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade do COVID-19 que foron presentados á convocatoria de expresións de interese realizada pola Resolución do 19 de marzo da Dirección do Instituto de Saúde Carlos III e que non acadaron financiamento (código de procedemento administrativo IN845D).

Beneficiarios
Poderán ter a condición de beneficiarios os organismos de investigación e difusión do Sistema galego de I+D+i, públicos ou privados, que presentaron un proxecto á convocatoria de expresións de interese do ISCIII para a financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19 con cargo ao Fondo COVID-19.

Cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos das ditas actividades deberanse contabilizar por separado. Ademais, as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xere.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como derradeiro día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Outros datos
Poderase anticipar ata o 100 % do importe da subvención concedida para cada anualidade.

viernes, 21 de agosto de 2020

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2020 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador/a por conta allea ou autónomo, empresario/a e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Requisitos do persoal participante

Poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal.

Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será do 24 de agosto ao 2 de setembro de 2020.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibiren mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web co plugin de flash.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

MODIFICACIÓN DE PROCEDEMENTO DE XUSTIFICACIÓN E O RÉXIME DE REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POLA CONSELLERÍA DE POLITICA SOCIAL NA ANUALIDADE 2020 A ESCOLAS INFANTÍS DE 0-3 E CASAS NIÑO

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 14 de agosto de 2020 pola que se modifica o procedemento de xustificación e o réxime de reintegro das subvencións concedidas pola Consellería de Política Social na anualidade 2020 a escolas infantís 0-3 e casas niño para o período de suspensión da actividade presencial como consecuencia da evolución da COVID-19.

CORRECCIÓN DE ERROS.- CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS CELGA

 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS A INVESTIMENTOS NON PRODUTIVOS VINCULADAS Á REALIZACIÓN DE OBXECTIVOS AGROAMBIENTAIS E CLIMÁTICOS EN CONCELLOS INCLUÍDOS NA REDE NATURA 2000

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 17 de agosto de 2020 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT814A).

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DO PROGRAMA EMEGA

 VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 17 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2020 (código de procedemento SI429A).

SISTEMA DE INFORMACION PASSCOVID.GAL

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 18 de agosto de 2020 pola que se regula o sistema de información Passcovid.gal como medida complementaria na xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

martes, 18 de agosto de 2020

MODIFICACIÓNS.- AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2020 pola que se amplían os prazos máximos de execución dos proxectos e de presentación da xustificación e solicitude de cobramento da Resolución do 17 de setembro de 2018, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.


RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2020 pola que se amplían os prazos máximos de execución dos proxectos e de presentación da xustificación e solicitude de cobramento da Resolución do 19 de decembro de 2018, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.


RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2020 pola que se modifican os créditos orzamentarios da Resolución do 13 de xaneiro de 2020, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.



lunes, 17 de agosto de 2020

MODIFICACIÓN.- PLAN FOEXGA 2019-2020

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2020 pola que se modifica a Resolución do 30 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2019-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS DO PROGRAMA SINERXIA DA INTERNACIONALIZACIÓN

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2020 pola que se modifica a Resolución do 19 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Programa Sinerxía da Internacionalización, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG423A).

SUBVENCIÓNS ESTATAIS ÁS EXPLOTACIÓNS OVINAS E CAPRINAS CON DIFICULTADES DE COMERCIALIZACIÓN DE AÑOS E CABRITOS

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 6 de agosto de 2020 pola que se regula a concesión das subvencións estatais destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos, durante os meses de marzo e abril, como consecuencia das limitacións impostas polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e as súas prórrogas (código de procedemento MR242B).

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer o desenvolvemento da normativa básica que regula o Real decreto 508/2020, do 5 de maio, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións estatais destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos, durante os meses de marzo e abril, como consecuencia das limitacións impostas polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e as súas prórrogas.

Persoas beneficiarias

As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que cumpran todos os requisitos que se indican a continuación:
a) Que presentasen ou presenten en 2020 a solicitude única prevista na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, dentro do prazo establecido pola norma.
b) Que sexan beneficiarias do pagamento das liñas de axuda por ovella e cabra que regula o artigo 2.1.c), 6ª, 7ª ou 8ª da Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.
c) Que sexan persoas titulares dunha explotación inscrita no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) cos requisitos que se indican nalgún dos guións seguintes:
– Explotacións de ovino cunha clasificación zootécnica de «reprodución para a produción de carne», «reprodución para a produción de leite» ou «reprodución para produción mixta» con máis de 10 femias reprodutoras conforme a última declaración censual obrigatoria establecida no artigo 11.4 do Real decreto 685/2013, do 16 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa.
– Explotacións de caprino cunha clasificación zootécnica de «reprodución para a produción de carne», «reprodución para a produción de leite» ou «reprodución para produción mixta» con máis de 10 femias reprodutoras conforme a última declaración censual obrigatoria establecida no artigo 11.4 do Real decreto 685/2013, do 16 de setembro.

Solicitude e prazo
1. A solicitude da axuda entenderase realizada pola presentación no ano 2020 da solicitude única regulada na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, dentro do prazo establecido para a presentación da dita solicitude.
2. As persoas solicitantes deberán efectuar unha declaración responsable sobre se teñen concedidas axudas en réxime de minimis (Regulamento (UE) nº 1408/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola), neste ano e nos dous anteriores, segundo o modelo que figura no anexo desta orde no prazo máximo de 10 días hábiles desde a entrada en vigor desta orde.
3. A remisión ao Fogga da declaración responsable poderá efectuala a persoa interesada na concesión da axuda ou ben as entidades colaboradoras que teñan asinado un convenio de colaboración co Fogga para a tramitación da solicitude única das axudas da política agrícola común (PAC) e outras solicitudes relacionadas con esta. Neste caso a persoa solicitante deberá autorizar a entidade colaboradora mediante a súa indicación na epígrafe correspondente da declaración responsable que figura no anexo desta orde.

REAPERTURA DOS SERVIZOS E CENTROS DE ATENCIÓN Á INFANCIA

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020 pola que se acorda a reapertura dos servizos e centros de atención á infancia.

viernes, 14 de agosto de 2020

PRÉSTAMOS PEMES GALICIA

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534C).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto poñer á disposición das pemes liñas de financiamento directo que melloren o seu acceso ao crédito, e faciliten a execución de proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios aquelas pequenas, medianas ou microempresas conforme a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme os requisitos que se detallan no anexo I das bases reguladoras.
c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I das bases reguladoras, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do punto 1 anterior.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:
a) Que conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) O 30 de decembro de 2020.

CORRECCIÓN DE ERROS.- GALICIA EXPORTA DIXITAL 2020

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG401D).

CORRECCIÓN DE ERROS.- GALICIA EXPORTA EMPRESAS

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG622A).

CORRECCIÓN DE ERROS E MODIFICACIÓN.- GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG421A).


MODIFICACIÓN.- Resolución do 5 de agosto de 2020 pola que se modifica a Resolución do 10 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

AMPLIACIÓN DE PRAZO DE ESTREA E DE XUSTIFICACIÓN DAS MODALIDADES 1, 2 E 3 DAS SUBVENCIÓNS Á CREACIÓN ESCÉNICA

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2020 pola que se amplía o prazo de estrea e de xustificación das modalidades 1, 2 e 3 das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 10 de xaneiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica, e se convocan para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 35, do 20 de febreiro).


jueves, 13 de agosto de 2020

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO

 CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2020, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT238A).

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

ORDE do 31 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR352A).

Obxecto

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e das condicións polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións que, baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación institucionais, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro sinaladas no artigo 3, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas e mulleres vítimas de violencia de xénero desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social (código de procedemento TR352A), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas na presente orde as entidades sen ánimo de lucro que, na data de publicación da presente convocatoria, estean inscritas na categoría de iniciativa social do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), cuxa actividade principal estea dirixida a desenvolver ou fomentar accións específicas para a inserción das persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, servizos comunitarios, igualdade, maiores, familia, infancia, menores ou mulleres, de conformidade coas áreas de actuación recollidas no RUEPSS (comunidade, dependencia, discapacidade, inclusión, maiores, familia, infancia, menores e igualdade), sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As entidades deberán dispoñer dun centro de traballo, entendendo por tal unha oficina ou delegación permanente que poida ser habilitada para o efecto, na Comunidade Autónoma de Galicia, distinta da sede social da entidade cando coincida co domicilio das persoas físicas que dirixen a entidade, en propiedade, arrendada ou cedida formalmente a esta.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA PROBAS DIRIXIDAS Á OBTENCIÓN E RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE CONSELLEIRO DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS POR ESTRADA E POR FERROCARIL

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (códigos de procedemento IF310A, IF310B e IF310C).

Obxecto das probas, modalidades e programa
1. Rexeranse polas bases contidas neste anexo:
a) As probas para obter o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310A).
b) As probas para renovar o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310B).
c) A devolución das taxas de dereitos de exame das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310C).
Participarán nas probas da modalidade a) aquelas persoas que aspiren a obter por vez primeira o certificado. Participarán na modalidade b) aquelas persoas que xa sexan titulares do certificado e precisen renovalo de conformidade coa normativa vixente; en concreto, o dito certificado estará en vigor e dentro do seu último ano de validez o día da realización das probas.
2. As probas indicadas no punto anterior abranguerán as seguintes especialidades:
a) Todas as clases.
b) Clase 1 (materias e obxectos explosivos).
c) Clase 2 (gases).
d) Clase 7 (materias radioactivas).
e) Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9 (materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo europeo para o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada –ADR– e no Regulamento relativo ao transporte internacional por ferrocarril de mercadorías perigosas –RID–).
f) Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).
3. As persoas aspirantes poderán presentarse a unha ou varias das probas convocadas, tanto para cada modalidade –transporte por estrada ou por ferrocarril– como para unha das especialidades indicadas no punto anterior. Cada unha das probas para as cales se solicite a inscrición dará lugar, en calquera caso, ao aboamento da correspondente taxa, de acordo co establecido na base sexta.
4. A normativa sobre a cal versarán os exercicios será o ADR, o RID e demais lexislación estatal, comunitaria e internacional que afecte o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril. A referida normativa será a vixente na data de remate do prazo de presentación de solicitudes
De conformidade co establecido no anexo do Real decreto 1566/1999, do 8 de outubro, sobre os conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable, os coñecementos que se terán en conta para a expedición do correspondente certificado referiranse, como mínimo, ás materias que no dito anexo se relacionan.

Solicitudes
1. As solicitudes para tomar parte nas probas para obter o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade axustaranse ao modelo normalizado que se recolle como anexo II desta resolución, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF310A.
Así mesmo, as solicitudes para tomar parte nas probas para renovar o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade axustaranse ao modelo normalizado que se recolle como anexo III desta resolución, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF310B.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
4. A non presentación da solicitude e o non pagamento da taxa en tempo e forma suporá a exclusión da persoa aspirante; igualmente, a consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación presentada polas persoas aspirantes dará lugar á súa exclusión, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.
O enderezo que se faga constar na solicitude considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, e será responsabilidade exclusiva da persoa solicitante tanto o erro na súa consignación como a comunicación de calquera cambio del á Dirección Xeral de Mobilidade.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA

 VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 19 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018.



miércoles, 12 de agosto de 2020

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA SUBVENCIÓN PROGRAMA INFRAVIVENDA DO PLAN REHAVITA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións do programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, para o exercicio 2020.


SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA PARA 2020-21

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2020-2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (códigos de procedemento IN421Y e IN421S).

Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións, para proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, para o exercicio 2020-2021, que se xuntan á resolución como anexo I (código de procedemento IN421Y e IN421S).
2. Seleccionar, en réxime de concorrencia non competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.
3. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2020-2021 que se xuntan á resolución como anexos II a VIII.
4. Publicar o convenio de colaboración para poder tramitar as axudas ás entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos para proxectos de enerxía fotovoltaica, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo III).
5. Convocar para o ano 2020-2021, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións dirixidas a proxectos de enerxía fotovoltaica.

Entidades beneficiarias
1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.
As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases.
2. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.
3. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, o máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
4. As entidades sen ánimo de lucro non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo para presentar as solicitudes
1. Cando o beneficiario sexa unha entidade sen ánimo de lucro ou ben unha empresa ou autónomo, a solicitude de axudas presentaranse a través de entidade colaboradora que estea dada de alta na Consellería de Economía, Emprego e industria como empresa con actividade de instalación de baixa tensión (código de procedemento IN609A).
Cando o beneficiario sexa unha Administración local, a solicitude faraa directamente o seu representante.
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal) , ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Se a entidade interesada presenta a solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
2. As entidades colaboradoras contarán cun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a súa adhesión, cubrindo e confirmando o formulario de adhesión (anexo II) (código de procedemento IN421Y).
3. O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará o 21 de setembro ás 9.00 horas e finalizará o 1 de decembro de 2020 (código de procedemento IN421S).

VII XORNADA DE FORMACIÓN PRÁCTICA DIXITAL (E-MARTES)

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a VII Xornada de formación práctica dixital (E-martes).

Obxectivos.
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, a autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Contidos.
A VII Xornada de formación práctica dixital (E-martes), que terá lugar o vindeiro 1 de setembro, abordará o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:
– Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
– Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.
A formación constará dunha introdución xurídica e posterior práctica nas aulas de informática da escola.

Persoas destinatarias.
As persoas destinatarias desta actividade son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. No caso das empregadas e empregados públicos priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

Número de prazas:
Persoal empregado público: 16.
Cidadanía: 13.

Inscrición.
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deben introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo cos requisitos de selección establecidos no punto 3 desta convocatoria. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica» para o persoal empregado público da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais ou «outros» para a cidadanía).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. O prazo para a inscrición nesta actividade estará aberto dende as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 do día 25 de agosto de 2020.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39-981 54 62 41.

CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA

 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Obxecto
Convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2020/21, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.
Os cursos impartiranse entre outubro de 2020 e maio de 2021, en horario de mañá ou de tarde.

Solicitudes e prazos de inscrición

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O alumnado con necesidades educativas especiais indicará na súa solicitude a acreditación do seu grao de discapacidade. A EOI poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva para que se determinen as adaptacións pertinentes.

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude ou sexan presentadas fóra de prazo.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2020, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 5 ata o 15 de xaneiro de 2021, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.

Cursos que se ofertan
Os cursos de linguaxe administrativa galega ofertados nas distintas escolas oficiais de idiomas de Galicia figuran no anexo I desta resolución.
A oferta dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, figura no anexo II.
A oferta de cursos recollida nesta resolución poderá ser modificada en función da organización académica de cada escola, caso en que as escolas oficiais de idiomas farán pública a nova oferta con anterioridade suficiente ao inicio dos cursos.

SUBVENCIÓNS PARA O IMPULSO DA COMERCIALIZACIÓN DIXITAL PARA O ANO 2020

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

ORDE do 30 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o impulso da comercialización dixital, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN201G).

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización dixital para actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 30 de outubro de 2020 e, excepcionalmente, a organización e participación en feiras do Nadal 2019-2020 e os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2019 derivados destas.

Persoas e entidades beneficiarias
Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de vinte (20) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Titulares de obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata a data límite de presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.
3. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas en que cando menos o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na Sección Segunda (obradoiros artesanais) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
4. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir coa obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de setembro de 2020 ou ata o esgotamento do crédito.

martes, 11 de agosto de 2020

BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS NO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2020/21 (código de procedemento TU200A).

Obxecto
O establecemento de bolsas de matrícula, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o CSHG para o curso 2020/21.
Clases e contías das bolsas:
As bolsas consistirán no desconto dunha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.
Segundo a contía, establécense dúas modalidades:
Tipo I: supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
Tipo II: supoñen un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
Conforme as titulacións que se imparten no CSHG, a través da presente convocatoria outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2020/21:
a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de Diploma Superior en Xestión Hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de Diploma Superior en Xestión Hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2020/21, no seu primeiro curso.
No caso de que non se outorgue a totalidade das bolsas incluídas para a convocatoria do curso 2020/21, poderán outorgarse ao alumnado do resto de cursos, sempre que reúnan os requisitos establecidos para a obtención das bolsas no artigo 4 destas bases, salvo o de cursar o primeiro curso.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Importe
Bolsas tipo I: supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
Bolsas tipo II: supoñen un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.

Aboamento e xustificación
A bolsa non supón a entrega efectiva de diñeiro ao/á alumno/a a quen lle foi concedida. A concesión da bolsa supón a posibilidade de matricularse nas titulacións sen necesidade de aboar o importe que lle foi concedido segundo o tipo de bolsa.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA DESENVOLVEMENTO DE CINCO PROXECTOS AUDIOVISUAIS E PARA A POSTERIOR AXUDA Á PRODUCIÓN DUNHA OBRA AUDIOVISUAL QUE FOMENTE A DIFUSIÓN DOS VALORES CULTURAIS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 14 de xuño de 2018 pola que se aproban as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para o desenvolvemento de cinco proxectos audiovisuais e para a posterior axuda á produción dunha obra audiovisual de contido específico que fomente a difusión dos valores culturais do Camiño de Santiago de cara á celebración do Xacobeo 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT208A).

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA SUBVENCIÓNS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E CATÁSTROFES EN MVMC E SOFOR

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 3 de agosto de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).



MODIFICACION.- AXUDAS PARA ESTUDOS E INVESTIMENTOS VINCULADOS Á CONSERVACIÓN, RECUPERACIÓN E REHABILITACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL E Á SENSIBILIZACIÓN ECOLÓXICA NA REDE DE RESERVAS DA BIOSFERA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA


ORDE do 4 de agosto de 2020 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT724A).

MODIFICACIÓN.- AXUDAS A INVESTIMENTOS NON PRODUTIVOS VINCULADOS Á REALIZACIÓN DE OBXECTIVOS AGROAMBIENTAIS E CLIMÁTICOS NO ÁMBITO DOS PARQUES NATURAIS DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 4 de agosto de 2020 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT819A).

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS A PRODUCIÓNS E COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS DE CONTIDO CULTURAL GALEGO 2019

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT207A).

CORRECCIÓN DE ERROS. 

MODIFICACIÓN.- AXUDAS ECONÓMICAS PARA GASTOS FUNCIONAMENTO A ENTIDADES PRIVADAS TITULARES DE RECURSOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA DURANTE A SITUACIÓN DE SUSPENSIÓN DESTES SERVIZOS COMO CONSECUENCIA DO COVID-19

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 3 de agosto de 2020 pola que se modifica a Orde do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas económicas para gastos de funcionamento a entidades privadas titulares de recursos de atención á infancia durante a situación de suspensión destes servizos como consecuencia do COVID-19 (código de procedemento BS900D).

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA A ACREDITACIÓN, ESTRUTURACIÓN E MELLORA DE CENTROS DE INVESTIGACIÓN DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 9 de outubro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (código de procedemento ED431G).

BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

ORDE do 29 de xullo de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2020, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).

Obxecto
Contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que se sinalan nos anexos desta orde, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
b) Estar en posesión do título universitario de licenciatura ou de grao exixido no proxecto para o cal presente a solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2007/08 ou posterior.
c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.
d) Non resultar beneficiario dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados na Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 15 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro).
f) As persoas solicitantes que cursasen os seus estudos en universidades non pertencentes ao Sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán deberán xuntar a correspondente tradución xuramentada. A certificación do expediente académico indicará a data de iniciación e remate dos estudos, os créditos superados e as cualificacións obtidas, e deberá axustarse aos criterios estatais, tanto aos do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE núm. 224, do 18 de setembro), como aos que deben incluírse no suplemento europeo ao título (SET), e a nota media do expediente académico calcularase de acordo cos parámetros fixados pola Resolución do 15 de setembro de 2011.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

Outros datos
As solicitudes formalizaranse no modelo que se xunta como anexo II a esta convocatoria e deberán ir acompañadas da documentación indicada na base sexta da orde.

Proxectos de investigación

Os dez proxectos de investigación nos que poderán formarse son os seguintes:
Dicionario galego-italiano; Bibliografía da literatura galega; Fraseoloxía galega; Corpus de referencia do galego actual; Cantigas de Santa María; Prosa literaria medieval; Terminoloxía científico-técnica; Recursos para o desenvolvemento de tecnoloxías da fala; Bases de datos do ALIR; Dicionarios de Literatura.

AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PRIVADAS DEPENDENTES DE INSTITUCIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 27 de xullo de 2020 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (código de procedemento ED314D).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a subvencionar o funcionamento de escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que non conduzan a títulos académicos ou profesionais.

Requisitos
1. Poderán solicitar estas axudas os titulares das entidades sinaladas no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
2. Estes centros deberán estar radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas destinaranse ao desenvolvemento das súas actividades docentes desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2020.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA POSTA A PUNTO PARA O EMPREGO DIRIXIDO A PERSOAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL PERCEPTORES DE RISGA

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

ORDE do 28 de xullo de 2020 pola que se reaxusta a dotación orzamentaria por anualidades e se modifica a Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria plurianual 2020 a 2022.


AMPLIACIÓN DE PRAZOS SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DOS SECTORES INDUSTRIA E SERVIZOS PARA 2020

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2020 sobre ampliación dos prazos establecidos no artigo 25 da Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 12, do 20 de xaneiro de 2020).


AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.2 DA MEDIDA LEADER DO PDR 2014-2020

 AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR de Galicia 2014-2020), para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

AXUDAS ÁS LIBRARÍAS DE GALICIA PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN DO LIBRO E DA LECTURA EN 2020

 CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

ORDE do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ás librarías de Galicia para a realización de actividades de difusión do libro e da lectura en 2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT224C).

Obxecto
Esta orden ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de seren titulares de libraría, con domicilio social en Galicia, de acordo co establecido na presente orde (código de procedemento CT224C).
As axudas van dirixidas a apoiar o sector libreiro galego, no que se refire aos gastos derivados das actividades destinadas ao fomento da promoción da lectura e de difusión do libro e de creadores galegos (escritores/as, ilustradores/as e tradutores/as) ou de fóra de Galicia, no 2020.
Para os efectos da presente orde, considéranse actividades de promoción da lectura e de difusión do libro e dos/das creadores/as, entre outras, as presentacións, encontros, lecturas ou actividades similares, levadas a cabo no espazo físico do establecemento libreiro, así como actos de difusión dos libros a través da páxina web e redes sociais da libraría, difusión en prensa, radio, internet ou a través doutros medios.

Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de titulares de librarías e teñan o seu domicilio social en Galicia, de acordo co establecido na presente orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

PROGRAMA PILOTO SÉNIOR DIXITAL

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

ORDE do 28 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 de axudas para a realización dun programa piloto de formación en formato non presencial de recualificación profesional dixital, dirixido a persoas desempregadas paradas de longa duración maiores de 45 anos, Programa piloto sénior dixital (código de procedemento TR303A).

Obxecto

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2020, de subvencións a entidades de formación para a realización dun programa piloto de recualificación profesional dixital, a través da modalidade en liña, de persoas desempregadas paradas de longa duración maiores de 45 anos para a súa capacitación, tanto en competencias dixitais orientadas ao novo mercado laboral como en competencias brandas, co fin de mellorar a súa empregabilidade e a súa inserción laboral.
Consistirá, por tanto, na impartición de programas de formación, a través dunha plataforma de aprendizaxe interactiva, de 70 horas distribuídas ao longo de 3 semanas de formación sobre:
1. Competencias dixitais orientadas ao novo mercado laboral (ferramentas esenciais para desenvolverse con fluidez na era tecnolóxica. Isto é, coñecementos sobre dispositivos electrónicos, redes, seguridade cibernética, sistemas de comunicación, traballo na nube..., etc.).
2. Competencias brandas (motivación, boa comunicación, boa organización, traballo en equipo, puntualidade, pensamento crítico, sociable, ser creativo, habilidades interpersoais de comunicación, facilidade de adaptación, personalidade amigable, etc).

Entidades beneficiarias
Poden beneficiarse das subvencións recollidas nestas bases reguladoras as empresas cuxo obxecto social estea orientado á impartición de formación e teñan experiencia demostrable no ámbito da formación, e que na data de publicación desta convocatoria cumpran as seguintes condicións:
– Ter recollido no seu obxecto social as actividades de formación.
– Ter desenvolvido programas dirixidos especificamente á formación.
– Dispoñer ou por á disposición unha plataforma de aprendizaxe interactiva.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO 2020

 CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

ORDE do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2020, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT238A).

 Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, con domicilio social en Galicia, de acordo co establecido na presente orde (código de procedemento CT238A).

As axudas van dirixidas a apoiar o sector editorial galego galego, no que se refire aos gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións, nos idiomas cooficiais en Galicia ou noutros idiomas, editadas e/ou distribuídas entre o 1.9.2019 e o 31.10.2020.

Para os efectos da presente orde, considéranse gastos de edición os de autoría, tradución, corrección, revisión, maquetación, custos de preimpresión e de impresión, dixitalización...

Distribución: transporte.

Comercialización: campañas de márketing e/ou publicidade en diferentes medios ou canles.

Persoas e entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras e teñan o seu domicilio social en Galicia, de acordo co establecido na presente orde.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.