jueves, 28 de abril de 2022

AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS PARTICIPANTE NO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO "VIA KÜNIG III" DE AS NOGAIS, BARALLA E BECERREÁ

Primeiro.- Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, as cales desempeñan actividades que están directamente relacionadas coa formación impartida no Obradoiro Dual de Emprego de As Nogais, Baralla e Becerreá, no que se impartíu a formación necesaria para obter o Certificado de Profesionalidade EOCH0108 Operacións de formigón, que contraten traballadores/as por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos Concellos de As Nogais, Baralla e Becerreá.


Segundo.- Obxecto: Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no Obradoiro Dual de Emprego de Becerreá, Baralla e As Nogais, financiados a través da subvención para os obradoiros duais de emprego da comunidade Autónoma de Galicia, pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Terceiro.- Bases Reguladoras: As bases completas e os modelos de solicitude están publicados na sede electrónica do Concello de As Nogais (https://concelloasnogais.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello.

Cuarto.- Contía: Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500€ por cada traballador/a, correspondente a un contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.

Quinto.- Prazo de presentación de solicitudes: Quince días naturais (15) contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP de Lugo.

miércoles, 27 de abril de 2022

V PREMIO CGAC DE INVESTIGACIÓN E ENSAIO SOBRE ARTE CONTEMPORÁNEA E SE CONVOCAN PARA 2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 11 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento CT143A).

Obxecto e finalidade
Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea, a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.

Beneficiarias
Pode participar no Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea calquera persoa física, maior de idade, que presente un texto inédito en galego, relacionado con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2022.

martes, 26 de abril de 2022

AXUDAS PARA PROGRAMAS DE CALIDADE

 AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentaria e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR302B).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas que, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, vai conceder a Axencia Galega da Calidade Alimentaria para actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade das reguladas no capítulo II do título III da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, ou acollidos á produción ecolóxica, así como efectuar a convocatoria para o ano 2022.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas os consellos reguladores das distintas denominacións de calidade agroalimentaria existentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir os requisitos do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

GALICONS-NET, PREMIOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA AOS PROXECTOS SOBRE CONSUMO RESPONSABLE

 INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (código de procedemento IN116A).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto regular e convocar os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net, para difundir e promover os valores do consumo responsable nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN116A).

Participantes
Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2021/22 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do plan Proxecta; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Categorías de participación
1. Establécense catro categorías de participación:
– Categoría A: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
– Categoría B: alumnado de educación secundaria obrigatoria.
– Categoría C: alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional e de educación de persoas adultas.
– Categoría D: alumnado de educación especial.
2. Non se establece un número mínimo de alumnos/as para cada categoría de participación.
3. Cada centro docente só poderá presentar un único proxecto, correspondente a unha das categorías de participación sinaladas. Os centros con alumnado pertencente a varias categorías de participación deberán seleccionar unha das categorías sinaladas, segundo aquela que mellor represente o traballo realizado no centro. No caso de que non se seleccione ningunha categoría de participación, entenderase que o centro se presenta na categoría de participación máis elevada.

Premios
Concederase un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto en cada unha das categorías de participación.

Prazo de presentación
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 6 de maio de 2022.

CONCURSO CONSUMÓPOLIS-17, FASE AUTONÓMICA

 INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis-17: dálle gústame ao consumo circular e responsable (código de procedemento IN114A).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar e regular a fase autonómica do concurso do curso escolar 2021/22 Consumópolis-17 sobre consumo responsable e calidade de vida, que leva por título: Dálle gústame ao consumo circular e responsable (código de procedemento IN114A).
2. O concurso consta de dúas partes: o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis e o deseño, elaboración e exposición dun traballo en equipo sobre consumo responsable.
3. A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es
4. A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.

Participantes
1. Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de 5º ou 6º de educación primaria ou de 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou formación profesional básica en calquera centro público, concertado ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Cada alumno ou alumna participante só poderá formar parte dun equipo. Os equipos deben procurar a paridade, polo que se procurará que cada equipo non teñan máis de tres membros do mesmo sexo.
3. Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro.
4. Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.

Categorías de participación
Establécense tres categorías de participación:
– Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.
– Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.
– Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria ou de formación profesional básica.

Premios
1. Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación.
2. Os equipos gañadores de cada un dos tres niveis de participación representarán a Comunidade Autónoma de Galicia na fase estatal.

Prazo de presentación
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 6 de maio de 2022.

AXUDAS PARA O FOMENTO E A PROMOCIÓN DE RODAXES AUDIOVISUAIS QUE FAVOREZAN A RECUPERACIÓN ECONÓMICA DO SECTOR

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para o fomento e a promoción de rodaxes audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do Programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207G).

Obxecto
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para o fomento e promoción de rodaxes audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do Programa Hub da industria creativa galega, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento CT207G).

Entidades beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano na epígrafe IAE 961.1 e con sucursal ou oficina permanente de, polo menos, un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 1 de setembro de 2022. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DO PROGRAMA DE APOIO AO PECHE DO LECER NOCTURNO PARA 2022

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 22 de abril de 2022 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 14 de febreiro pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de apoio ao peche do lecer nocturno, financiado con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR750A).

ÉPOCAS HÁBILES DE CAZA, MEDIDAS DE CONTROL POR DANOS E RÉXIMES ESPECIAIS POR ESPECIES DURANTE A TEMPADA 2022/23

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2022/23.

lunes, 25 de abril de 2022

(E-MARTES) SOBRE O REXISTRO ELECTRÓNICO NA XUNTA DE GALICIA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia.

Obxectivos
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, a autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da administración electrónica.

Contidos
A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 10 de maio de 2022 abordará os seguintes contidos:

Parte teórica:
– De rexistro a rexistro electrónico: pezas clave para a administración electrónica.

Parte práctica para o grupo do persoal empregado público:
– Chave365.
– Sede electrónica da Xunta de Galicia.
– Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro:
• Intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica).
• Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas).
• Rexel (recepción electrónica do Sistema único de rexistro).
• SIR (Sistema de intereconexión de rexistros).
• Notificación por comparecencia espontánea.
• Expedición de copias electrónicas auténticas.

Parte práctica para o grupo de cidadanía:
– Chave365.
– Sede electrónica da Xunta de Galicia.
– Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro:
• eServizos.
• Servizos nas oficinas.
◦ Notificación por comparecencia espontánea.
◦ Expedición de copias electrónicas auténticas.
• Sistema de interconexión de rexistros (SIR).
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica adaptarase aos requirimentos específicos de cadanseu grupo de destinatarios.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
• O persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

Desenvolvemento
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: o martes 10 de maio de 2022.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.

Número de prazas
Cincuenta (50).

Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área na cal está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a xornada de formación práctica dixital (E-martes) o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 3 de maio de 2022.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS PARA SUFRAGAR OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS GALEGAS DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS E A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE APOIO, E SE CONVOCAN PARA O ANO 2022

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas das persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento TR358A).


CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CORRESPONDENTES AO CURSO 2021/22

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311A).

Obxecto
Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (código de procedemento ED311A) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

Persoas beneficiarias
Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.

ORDE DO 20 DE ABRIL DE 2022, PRÓRROGA DA ORDE DO 16 DE NOVEMBRO DE 2021 POLA QUE SE APROBA A EXIXENCIA DE DETERMINADAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS NO QUE SE REFIRE AOS CENTROS HOSPITALARIOS, E A ORDE 14 DE DECEMBRO DE 2021, MEDIDAS PREVENTIVAS DE SEGURIDADE SANITARIA NO QUE SE REFIRE AOS CENTROS SOCIOSANITARIOS RESIDENCIAIS DE MAIORES E DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 20 de abril de 2022 pola que se prorrogan a Orde do 16 de novembro de 2021 pola que se aproba a exixencia de determinadas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia no que se refire aos centros hospitalarios, e a Orde do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos, no que se refire aos centros sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con discapacidade.

viernes, 22 de abril de 2022

INFORMACION XUVENIL SEMANA: DO 15 AO 22 DE ABRIL


 

Programa de Voluntariado ambiental interxeracional 2022

xuventude.xunta.es

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, po...

Mensaxes gañadoras de Lingua de Namorar

xuventude.xunta.es

Mensaxes gañadoras do concurso Lingua de Namorar 2022! Parabéns ás persoas gañadoras: Na categoría A:1º premio...

 

 


 

Recursos interesantes:

 

 

 

 

 

Para centros educativos:



 



 



 









 

 

 

 




http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico